Informe climatolóxico inverno INFORME CLIMATOLÓXICO INVERNO

Documentos relacionados
Informe climatolóxico outono 2016 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2016

Informe climatolóxico outono 2015 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2015

Informe climatolóxico primavera 2013 INFORME CLIMATOLÓXICO PRIMAVERA 2013

Iinforme climatolóxico inverno INFORME CLIMATOLÓXICO INVERNO

Informe climatolóxico outono 2017 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2017

INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MARZO DE 2016

DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES...

Informe climatolóxico novembro 2017 ÍNDICE

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE OUTUBRO DE 2016

INFORME DE PRECIPITACIÓN EN GALICIA OS DÍAS 2/10/2010 e 3/10/2010.

Informe climatológico del invierno

Informe climatolóxico Mes de setembro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE SETEMBRO DE 2013

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE SETEMBRO DE 2012

Boletín Mensual Climatológico. Red de estaciones automáticas de la CMA Año: 2018 Mes: 4 Provincia Estación

O FENÓMENO DE CICLOXÉNESE EXPLOSIVA, QUE AFECTOU A GALICIA O PASADO VENRES, SUPEROU OS REXISTROS HISTÓRICOS DE REFACHOS DE VENTO NA NOSA COMUNIDADE

Informe climatológico Mes de agosto 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

Rachas m $)A (" ximas registradas el 8/11/2010 Racha m $)A (" xima (km/h) Xares A Veiga Cabeza de Manzaneda Manzaneda Lardeira Carballeda

Informe climatológico Mes de septiembre de 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

Informe Climatológico Mes de julio 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

Informe climatológico febrero 2011

O RELEVO DE GALICI C A I

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Informe climatológico enero 2011

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Maquetación: ocumodeseño

Os maiores e as TIC ANO 2011

Índice de Confianza do Consumidor METODOLOXÍA

As empresas culturais en Galicia

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

MFC - Mapas Ferroviarios Comarcales

O libro e a edición en Galicia (2016)

Ourense e Verín 1.- PANORAMA XERAL

Televisión e radio en Galicia

termodinámicos que inflúen clima de España. - Factores xeográficos: latitude, situación, influencia do mar, relevo. - Factores termodinámicos: en

REUNIÓN DO 28 DE MARZO DE 2017

Galicia, a primeira Comunidade en sinistralidade mortal cun índice de incidencia que duplica ao estatal

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

INFORME OFICIAL DE CAMPAÑAS DE CALIDADE DO AIRE

Festas laborais conforme ó establecido no Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no Decreto 128/2011, do 30 de xuño.

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

ZONAS TERRITORIAIS: Municipios de zona territorial 1

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

Expurgo da documentación xudicial en GALICIA

COMENTARIO MAPA DE TEMPO EN SUPERFICIE

Plan Banda Larga

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

DISTRIBUCIÓN POR SEXOS NOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Ano Unidade de Igualdade Ano

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

A música clásica e popular en Galicia

XEOGRAFÍA DE GALICIA 1. O RELEVO DE GALICIA

ABETO BRANCO DE ARCA Abies alba GALICIA

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Datos básicos sobre a evolución do galego

Informe sobre a lingua galega na Educación infantil de 3 a 6 anos no curso 2015/16.

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

XESTUR PLATAFORMAS LOXÍSTICAS

Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.

A R U R T U A D E D A ESMO M R O G R A A A RU R TA T A DE A ESMO M RG R A G

INFORME SOBRE O MERCADO LABORAL NO SECTOR DO TURISMO E A HOSTALARÍA EN GALICIA. 2011

INFORME RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA EN PERIGO DE EXTINCIÓN

BASES XERAIS PARA AUTORIZACIÓN DE REPRODUCCIÓNS DE IMAXES DO ARQUIVO FOTOGRÁFICO PACHECO DO CONCELLO DE VIGO.

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Plan Banda Larga. Lugo, xaneiro de 2015

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

CURSOS GRATUÍTOS Con prácticas en empresas e certificado de profesionalidade oficial Abre novas portas ao teu emprego

VISITA Á ZONA XEOLÓXICA DE CASTRELO, NO CONCELLO DE BURELA

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

OS ELEMENTOS DO CLIMA. Selectividade: Exercicio práctico: Mapas de temperaturas e precipitacións medias.

Biblioteca ÍNDICE DE CONTIDOS

PUBLICAR CONTIDOS NA WEB DO CENTRO

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

REUNIÓN DO 25 DE XULLO DE

XEOGRAFÍA. O ser humano transforma o medio físico en función das súas necesidades e o seu desenvolvemento tecnolóxico. (Xeografía humana)

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

Súmate á boa xente. 2ª fase Campaña de doazón de sangue nas universidades galegas. Curso

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Secretaría Xeral de Política Social 2014

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia. Edición 2016

Convocatoria ordinaria de 2012

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO

ELECTRÓNICA DIXITAL. SISTEMAS DE NUMERACIÓN.

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

Gabinete Técnico-Área Económica do S.N. de CC.OO. de Galicia

Ofértanse un total de 589 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

CASTIÑEIROS XAPONESES E CHINESES DO PAZO DE LOURIZÁN

Unidade de análises e programas INFORME 2016

O emprego cultural en Galicia

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

SITUACIÓN. Zona de Sar. Situada ao leste a carón do río Sar. Zona de Sar. Situada hacia el este a las orillas del río Sar.

Transcripción:

INFORME CLIMATOLÓXICO INVERNO 2017-2018

ÍNDICE 1 INTRODUCCIÓN... 2 2 BALANCE DA TEMPERATURA E PRECIPITACIÓN NO INVERNO 2017-2018 EN GALICIA.... 3 2.1. Temperatura... 3 2.2. Precipitación... 9 3 EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA TEMPERATURA E A PRECIPITACIÓN DE INVERNO.... 13 3.1. Temperatura... 13 3.2. Precipitación... 16 Data edición: 21/03/2018.Corrección Táboas 5 e 6 de precipitación na páxina 10. Páxina 1 de 17

1 INTRODUCCIÓN Inverno húmido e normal en canto á temperatura. Informe climatolóxico inverno 2017-2018 A continuación preséntanse unha descrición climatolóxica que caracterizou á estación de inverno (decembro de 2017 a febreiro de 2018). Así, analízanse os datos de temperatura e precipitación e a súa evolución no tempo considerando o período de referencia 1981-2010. Neste informe estacional considérase o período climático de referencia 1981-2010. Así, as anomalías calculadas nas táboas, mapas e gráficos, e percentiles calcúlanse con respecto a este período de referencia. Para caracterizar a estación en función da temperatura considéranse os seguintes criterios: Percentil Categoría < mínimo en 1981-2010 Extremadamente frío Entre 5% e 20% Moi frío Entre 20% e 40% Frío Entre 40% e 60% Normal Entre 60% e 80% Cálido Entre 80% e 95% Moi cálido >máximo en 1981-2010 Extremadamente cálido. Táboa 0.1. Cualificación do mes en función da temperatura. Para caracterizar a estación en función da precipitación considéranse os seguintes criterios: Percentil Categoría < mínimo en 1981-2010 Extremadamente seco Entre 5% e 20% Moi seco Entre 20% e 40% Seco Entre 40% e 60% Normal Entre 60% e 80% Húmido Entre 80% e 95% Moi Húmido >máximo en 1981-2010 Extremadamente Húmido. Táboa 0.2. Cualificación do mes en función da precipitación. Se falamos de temperatura media, enténdese por anomalía a diferenza entre a temperatura media deste inverno e o valor climático obtido con respecto ó período de referencia 1981-2010. Para a variable precipitación enténdese por anomalía a porcentaxe da precipitación acumulada no inverno respecto do valor da media climática correspondente.. Páxina 2 de 17

2 BALANCE DA TEMPERATURA E PRECIPITACIÓN NO INVERNO 2017-2018 EN GALICIA. 2.1. Temperatura A estación de inverno, en canto as temperaturas máximas, foi fría, cunha anomalía de -0.6 ºC, mentres que as temperaturas mínimas foron normais para a época do ano. Como resultado disto, a temperatura media de inverno, cun valor de 8.1 ºC para a serie representativa de Galicia, pode considerarse normal, cunha anomalía de -0.4 ºC. O inverno comezou cun mes de decembro no que as temperaturas foron lixeiramente frías, pero non estiveron moi afastadas dos valores normais do período de referencia 1981-2010. As oscilacións entre períodos anticiclónicos, nos que predominaron as baixas temperaturas nas madrugadas en puntos do interior e con néboas persistentes, e os períodos de borrascas, con temperaturas moito máis suaves, foron as responsables destas anomalías. Así a anomalía media neste mes de decembro para a serie rexional galega foi de -0.42 ºC. O mes de xaneiro resultou lixeiramente cálido, principalmente debido a un certo predominio das situacións de suroeste. A isto hai que engadir que nas últimas xornadas do mes as temperaturas rexistradas nas horas centrais do días foron moi altas para un mes de xaneiro. Houbo un gran contraste no mapa de anomalías de temperatura media en Galicia, onde as anomalías máis baixas (moi preto da normalidade) déronse en localidades da provincia de Pontevedra e o sur da Coruña, mentres que no norte da Comunidade estas anomalías chegaban case aos -2 ºC. Así, a anomalía de temperatura media para a serie rexional galega foi de +0.7 ºC. Mentres que as temperaturas máximas resultaron normais neste mes, as mínimas presentaron unha anomalía de ata +1.3 ºC. O segundo mes do ano caracterizouse polo predominio das situacións de compoñente norte nos primeiros días e a ausencia de situacións de ventos de suroeste. Isto fixo que as temperaturas fosen moi baixas para un mes de febreiro. O período anticiclónico entre as xornadas do 17 e o 26 permitiu que as temperaturas máximas se normalizasen un pouco, mentres que as mínimas sufrían un acusado descenso. Neste mes destaca a xornada do 24, Páxina 3 de 17

na que as temperaturas mínimas estiveron por debaixo dos 0 ºC de xeito xeneralizado e na provincia de Ourense mesmo chegaron a valores inferiores aos -9 ºC. No conxunto do mes de febreiro a anomalía de temperatura media da serie rexional foi de -1.6 ºC, resultando un mes moi frío. Isto tamén se observa nas anomalías de temperatura mínima e máxima. Así, febreiro resultou o mes máis frío dos últimos 12 anos. Páxina 4 de 17

Nas táboas 1 e 2 móstranse as temperaturas máximas máis altas rexistradas na Comunidade Galega na estación do inverno de 2017-2018 para estacións situadas por debaixo e por enriba dos 1000 metros de altitude respectivamente. O día do inverno máis caloroso foi o 26 de febreiro, con temperaturas en diversos lugares por riba dos 22 ºC. Temperaturas máximas máis altas rexistradas no inverno 2017-2018 por debaixo dos 1000 m de altitude Data Estación Concello Provincia TA (ºC) 26/02/2018 EVEGA Leiro LEIRO Ourense 25.1 26/02/2018 Pontevedra-Campolongo PONTEVEDRA Pontevedra 23.9 26/02/2018 O Viso REDONDELA Pontevedra 22.7 26/02/2018 Remuíño ARNOIA (A) Ourense 22.6 26/02/2018 Barrantes RIBADUMIA Pontevedra 21.9 26/02/2018 Areas TUI Pontevedra 21.8 26/02/2018 Prado CASTRELO DE MIÑO Ourense 21.8 26/02/2018 Ourense-Estacións OURENSE Ourense 21.7 26/02/2018 Torrequintáns MEIS Pontevedra 21.6 26/02/2018 Cespón BOIRO A Coruña 21.5 Táboa 1: Temperaturas máximas máis altas rexistradas no inverno de 2017-2018 a altitude menor de 1000 m. Temperaturas máximas máis altas rexistradas no inverno 2017-2018 por riba dos 1000 m de altitude Data Estación Concello Provincia 26/02/2018 O Invernadeiro VILARIÑO DE CONSO Ourense 17.1 26/02/2018 San Xoán de Río SAN XOÁN DE RÍO Ourense 15.5 20/12/2017 A Mezquita MEZQUITA (A) Ourense 15.1 22/12/2017 Xurés MUÍÑOS Ourense 14.8 26/02/2018 Corzos VEIGA (A) Ourense 14.6 26/02/2018 O Cebreiro PEDRAFITA DO CEBREIRO Lugo 13.3 21/12/2017 Ancares CERVANTES Lugo 12.7 26/02/2018 Serra do Eixe VEIGA (A) Ourense 12.6 26/02/2018 Lardeira CARBALLEDA DE VALDEORRAS Ourense 12.3 20/12/2017 Casaio CARBALLEDA DE VALDEORRAS Ourense 12.3 TA (ºC) Táboa 2: Temperaturas máximas máis altas rexistradas no inverno de 2017-2018 a altitude maior de 1000 m. Páxina 5 de 17

Nas táboas 3 e 4 móstranse as temperaturas mínimas máis baixas rexistradas na Comunidade no inverno de 2017-2018 para as estacións situadas por enriba e por debaixo dos 1000 metros de altitude respectivamente. En febreiro os día 6 e 24 foron os máis fríos deste inverno. Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no inverno 2017-2018 por riba dos 1000 m de altitude Data Estación Concello Provincia TA (ºC) 06/02/2018 Cabeza de Manzaneda MANZANEDA Ourense -10.4 06/02/2018 Xares VEIGA (A) Ourense -10.2 06/02/2018 Lardeira CARBALLEDA DE VALDEORRAS Ourense -9.7 06/02/2018 Corzos VEIGA (A) Ourense -8.3 06/02/2018 O Cebreiro PEDRAFITA DO CEBREIRO Lugo -7.5 08/02/2018 Ancares CERVANTES Lugo -7.3 08/02/2018 Alto do Poio PEDRAFITA DO CEBREIRO Lugo -7.0 06/02/2018 Serra do Eixe VEIGA (A) Ourense -6.5 23/02/2018 O Invernadeiro VILARIÑO DE CONSO Ourense -6.3 08/02/2018 Casaio CARBALLEDA DE VALDEORRAS Ourense -6.0 Táboa 3: Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no inverno de 2017-2018 a altitude superior a 1000m. Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no inverno 2017-2018 por debaixo dos 1000 m de altitude Data Estación Concello Provincia TA (ºC) 06/12/2017 Calvos CALVOS DE RANDÍN Ourense -9.8 24/02/2018 Baltar BALTAR Ourense -9.2 24/02/2018 Verín-Vilela VERÍN Ourense -9.1 24/02/2018 Xinzo XINZO DE LIMIA Ourense -7.3 06/12/2017 Morelle SARRIA Lugo -7.0 06/12/2017 Lanzós VILALBA Lugo -6.7 06/12/2017 Sambreixo GUITIRIZ Lugo -6.5 06/12/2017 Bóveda BÓVEDA Lugo -6.4 24/02/2018 EVEGA Leiro LEIRO Ourense -6.4 24/02/2018 Mouriscade LALÍN Pontevedra -6.0 Táboa 4: Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no inverno de 2017-2018 a altitude inferior a 1000m. Páxina 6 de 17

Na figura 1 móstrase o mapa de temperatura media para a inverno de 2017-2018. Nas zonas da alta montaña ourensá como Cabeza de Manzaneda ou Pena Trevinca acadáronse os valores máis baixos de temperatura. No litoral, principalmente na Ría de Vigo, Costa da Morte e A Coruña, acadáronse valores de máis de 10 ºC. Nas zonas con menor influencia marítima e de interior os valores medios de temperatura movéronse entre os 1 ºC e os 6 ºC. Figura 1: Temperatura media no inverno 2017-2018 Páxina 7 de 17

Na figura 2 pódese ver o mapa das desviacións da temperatura respecto do valor medio 1981-2010 para esta inverno. En xeral, tratouse dun inverno normal cunha anomalía de -0.4 ºC considerando os valores do mapa. Os rexistros de anomalías máis altos acadáronse principalmente nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, mentres que os valores máis baixos, inferiores a -1ºC, déronse nas zonas que resultaron máis frías principalmente no mes de decembro e que o mesmo tempo estiveron en valores normais en xaneiro. Figura 2: Mapa de anomalías da temperatura media no inverno 2017-2018 Páxina 8 de 17

2.2. Precipitación Este inverno, considerando o meses de decembro de 2017 a febreiro de 2018, resultou húmido, cunha porcentaxe de precipitación dun 19% por encima do normal para esta estación do ano. O paso de borrascas con nome propio e que deixaron moita precipitación como Ana e Bruno en decembro e Enma en febreiro, contribuíron a esta situación. A cantidade de chuvia neste período foi moi destacable nas provincias de Lugo e A Coruña, debido a un predomino de situacións con fluxo de compoñente norte. Decembro foi o mes máis chuvioso de 2017 e no que se rexistraron cantidades de precipitación moi significativas. Destacan as xornadas correspondentes ao paso da borrasca Ana, no día 10, onde se acadaron máis de 100 L/m 2 debido a chuvias fortes e persistentes en moitas localidades galegas, e a borrasca Bruno o día 26, que tamén deixou chuvias xeneralizadas na Comunidade. Así, tratouse dun mes húmido, no que destacaron de forma significativas as elevadas porcentaxes de precipitación nas comarcas de Terra Chá e as zonas máis elevadas da Mariña Luguesa. O mes de xaneiro, tipicamente invernal, estivo caracterizado polo achegamento sucesivo de borrascas que circulaban polo Atlántico norte. Tendo en conta a totalidade da Comunidade, o mes resultou normal en canto á precipitación, cunha porcentaxe de 7 % por debaixo do normal para este mes. Neste caso volven destacar as comarcas de Terra Chá e o Eume, onde choveu máis do dobre do esperado. É salientable o número de días de chuvia, que na comarca de Ferrol acadou ata 25 días. No mes de febreiro tamén temos que falar dun mes no que a distribución da precipitación sufriu un gran contraste. Nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra as precipitacións estiveron moi por riba da media, mestres que na provincia de Ourense os rexistros quedaron incluso por debaixo da media climática. O predominio de situacións de ventos de norte e o período de chuvias rexistradas entre as xornadas do 12 e do 16, foi responsable desta distribución da precipitación. No conxunto de Galicia, cunha porcentaxe do 18% por riba do normal, este mes considérase lixeiramente húmido. Cómpre destacar tamén o elevado número de días nos que a precipitación foi en forma de neve, en cotas moi baixas, que mesmo callaron en zonas próximas ao litoral. Páxina 9 de 17

Na táboa 5 móstranse os valores máximos de precipitación acumulada rexistrados neste inverno de 2017-2018. Precipitación máxima estacional no inverno 2017-2018 Estación Concello Provincia Fornelos de Montes FORNELOS DE MONTES Precipitación (L/m 2 ) Pontevedra 1219 Castrove POIO Pontevedra 1098 Xesteiras CUNTIS Pontevedra 1092 Labrada ABADÍN Lugo 1057 Muralla LOUSAME A Coruña 1040 A Capela CAPELA (A) A Coruña 1014 Serra da Faladoira ORTIGUEIRA A Coruña 945 Fontecada SANTA COMBA A Coruña 940 Pereira FORCAREI Pontevedra 938 Ponte Caldelas PONTE CALDELAS Pontevedra 934 Táboa 5: Valores máximos de precipitación acumulada no inverno de 2017-2018. Na táboa 6 móstranse os valores mínimos de precipitación acumulada rexistrados: Precipitación mínima estacional no inverno 2017-2018 Estación Concello Provincia Precipitación (L/m 2 ) Verín-Vilela VERÍN Ourense 197 Lardeira Casaio CARBALLEDA DE VALDEORRAS CARBALLEDA DE VALDEORRAS Ourense 208 Ourense 234 Xinzo XINZO DE LIMIA Ourense 247 Verín-Vilamaior VERÍN Ourense 249 Ourense-Estacións OURENSE Ourense 264 Ourense OURENSE Ourense 264 A Trabe VILARDEVÓS Ourense 288 Viana do Bolo VIANA DO BOLO Ourense 288 Xabrega SOBER Lugo 293 Táboa 6: Valores mínimos de precipitación acumulada no inverno de 2017-2018 Páxina 10 de 17

Na figura 3, móstrase a precipitación total acumulada neste inverno de 2017-2018. Os valores máis rexistráronse na Comarca de O Condado e o sur da de Pontevedra. Nestas zonas acadáronse valores por riba dos 1200 L/m 2. Os valores máis baixos rexistráronse na provincia de Ourense, onde non en localidades coma Verín ou A Comarca de Valdeorras os valores estiveron entorno aos 200 L/m 2. O valor medio de precipitación para o conxunto de Galicia, a partir dos valores do mapa, foi de 573 L/m 2. Figura 3: Mapa de precipitación acumulada no inverno de 2017-2018. Páxina 11 de 17

Na figura 4 móstrase o mapa de anomalías de precipitación en forma de porcentaxe con respecto aos valores normais (1981-2010), sendo 100% a porcentaxe que representa a normalidade. As zonas con menor precipitación respecto ao valor climatolóxico sitúanse na provincia de Ourense. Porén, destacan as comarcas luguesas da Terra Chá, A Fonsagrada ou Os Ancares, polos elevados rexistros con respecto ao normal. Considerando os valores do mapa da figura 4, o valor medio de anomalía de chuvia para Galicia foi un 15% superior ao normal nun inverno. Figura 4: Porcentaxe de precipitación acumulada con respecto á media climática no inverno de 2017-2018. Páxina 12 de 17

3 EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA TEMPERATURA E A PRECIPITACIÓN DE INVERNO. 3.1. Temperatura A temperatura media de inverno para Galicia, considerando once estacións meteorolóxicas representativas, presentou unha anomalía negativa de -0.3 ºC con respecto ao período climático de referencia 1971-2000 e de -0.4 ºC con respecto ao 1981-2010. Como resultado disto tratouse dun inverno normal tendo como referencia o período 1981-2010 segundo a táboa 0.1. Isto pódese observar na seguinte táboa: Temperatura media inverno(ºc) 2017-2018 1971-2000 1981-2010 8.1 8.4 8.5 Táboa 7: Comparación entre a temperatura media en inverno e a media climática galega. Na seguinte táboa móstrase a distribución por meses da temperatura media no inverno de 2017-2018 para esta serie de referencia. Temperatura media mensual (ºC) Mes 2017-2018 1971-2000 1981-2010 decembro 8.3 8.8 8.7 xaneiro 8.7 7.8 8.0 febreiro 7.2 8.8 8.8 Táboa 8: Comparación entre a temperatura media mensual do inverno 2017-2018 e as medias mensuais climáticas nos períodos de referencia mostrados. Pódese dicir que, en canto á temperatura media e considerando o período de referencia 1981-2010, o mes decembro resultou lixeiramente frío, xaneiro cálido e febreiro moi frío. Na táboa 9 pódese observar a temperatura media das máximas na estación de inverno e a comparación cos valores de referencia dos períodos 1971-2000 y 1981-2010. Tendo en conta os percentiles das series, as máximas deste inverno poden cualificarse como normais. Páxina 13 de 17

Temperatura media das máximas en inverno(ºc) 2017-2018 1971-2000 1981-2010 12.1 12.5 12.8 Táboa 9: Comparación entre a temperatura máxima media en inverno e a media climática galega. Mensualmente, decembro e xaneiro resultaron normais e febreiro moi frío con respecto ao período 1981-2010. Temperatura media das máximas por mes (ºC) Mes 2017-2018 1971-2000 1981-2010 decembro 12.4 12.7 12.6 xaneiro 12.3 11.9 12.1 febreiro 11.7 13.3 13.6 Táboa 10: Comparación entre a temperatura máxima media mensual do inverno de 2017-2018 e as medias mensuais climáticas nos períodos de referencia mostrados. En canto ás temperaturas mínimas, o inverno pódese considerar normal, cunha anomalía de tan só -0.2 ºC con respecto ao período de referencia 1981-2010. Temperatura media das mínimas en inverno(ºc) 2017-2018 1971-2000 1981-2010 4.0 4.2 4.2 Táboa 11: Comparación entre a temperatura mínima media en inverno e a media climática galega. A escala mensual, decembro e febreiro foron fríos e xaneiro cálido con respecto ao último período de referencia. Temperatura media das mínimas por mes (ºC) Mes 2017-2018 1971-2000 1981-2010 decembro 4.2 5.0 4.8 xaneiro 5.2 3.6 3.9 febreiro 2.8 4.3 4.0 Táboa 12: Comparación entre a temperatura mínima media mensual do inverno de 2017-2018 e as medias mensuais climáticas nos períodos de referencia mostrados. Páxina 14 de 17

Na figura 5 móstrase a evolución da temperatura media dos invernos dende o ano 1961 ao dec 2017- feb 2018. Figura 5: Evolución da temperatura media no inverno para a serie rexional galega. A temperatura media do inverno acadou un valor de 8.1 ºC. A anomalía da temperatura media para Galicia, obtida a partir das anomalías medias en once estacións meteorolóxicas representativas, foi de -0.46 ºC, o que fai que, segundo os criterios da táboa 0.1, poida considerarse como un inverno normal. O inverno precedente máis frío foi o de 2014-2015. Figura 6: Evolución da anomalía da temperatura no inverno no período 1961-2017-2018. Páxina 15 de 17

3.2. Precipitación Na táboa 13 móstranse os valores medios de precipitación acumulada no inverno de 2017-2018, ademais dos valores climáticos dos períodos 1971-2000 e 1981-2010. A serie rexional constrúese a partir de dezaseis estacións meteorolóxicas representativas. Precipitación acumulada estacional (mm) 2017-2018 1971-2000 1981-2010 523 496 446 Táboa 13: Comparación entre a precipitación acumulada no inverno 2017-2018 e os valores climáticos. A porcentaxe de precipitación neste inverno foi un 5% superior con respecto ao período de referencia 1971-2000 e un 19% superior con respecto ao período de referencia 1981-2010. Segundo os criterios da táboa 0.2, considérase un inverno húmido con respecto ao último período. O estudo mensual da precipitación acumulada neste inverno (táboa 14) mostra que decembro e febreiro foron húmidos, mentres que xaneiro estivo dentro da normalidade. Precipitación acumulada por mes(ºc) Mes 2017-2018 1971-2000 1981-2010 decembro 229 195 182 xaneiro 157 165 147 febreiro 137 148 118 Táboa 14: Comparación entre os valores acumulados de precipitación dos meses de inverno e as medias correspondentes aos períodos climáticos. Na figura 7, pode verse a evolución da precipitación nos invernos desde o ano 1961 ao 2017-2018. Páxina 16 de 17

Figura 7: Precipitación acumulada no inverno para a serie rexional galega. Na figura 8 móstrase que a chuvia media para as dezaseis estacións que compoñen a serie rexional foi de 523 L/m 2. A anomalía media das precipitacións para este inverno en Galicia, para esta serie rexional, foi un 19% superior ao valor normal, o que fai que poida considerarse como inverno húmido, cun inverno de 2015-2016 xa moito máis húmido ca este. Figura 8: Evolución da anomalía de precipitación no inverno no período 1961-2017-2018. MeteoGalicia Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia Páxina 17 de 17