I. INTRODUCCIÓN...2 II. EVOLUCIÓN DO PARO EN III. DISTRIBUCIÓN DO PARO REXISTRADO...8 IV. TAXAS DE PARO...13 CONCLUSIÓNS...16 ANEXO...

Documentos relacionados
Gabinete Técnico-Área Económica do S.N. de CC.OO. de Galicia

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

Galicia, a primeira Comunidade en sinistralidade mortal cun índice de incidencia que duplica ao estatal

Encuesta de población activa. Segundo trimestre de En el segundo trimestre de 2011 la tasa de paro se sitúa en el 16,7%

INFORME CLIMATOLÓXICO

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

A Lei da Dependencia. Cara onde imos?

1º exame, 3ª avaliación

centros especiais de emprego CONSELLERÍA DE TRABALLO Dirección Xeral de Relacións Laborais

Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

O SALARIO. O salario ou remuneración salarial é o pago que recibe en forma periódica un

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

A SEGURIDADE NA REDE. Tema 5

Convocatoria ordinaria de 2012

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

Información e instrucións para realizar solicitudes web

UN AMOR POR DESCUBRIR

O libro e a edición en Galicia (2016)

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Audio e vídeo en Ardora 7

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

A CARTA DE PRESENTACIÓN

Televisión e radio en Galicia

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

BASES PARA A SELECCIÓN DE TÉCNICOS/AS MEDIOS EN F.P. ESPECÍFICA PARA A SÚA PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA CONVOCATORIA

A Lei de Dependencia como oportunidade para a xeración de emprego

En el tercer trimestre de 2010 la tasa de paro se sitúa en el 14,9%

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

COMO CREAR UNHA BASE DE DATOS EN BASE DE LIBREOFFICE

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

Seminarios de Formación Continua

RENDAS PERCIBIDAS POLO PARLAMENTARIO/PARLAMENTARIA 2

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE. Ferrol, 4 de Xuño do 2016

ESTADO DE TRAMITACIÓN HUMANIZACIÓNS 2012

PROGRAMA OPERATIVO FSE GALICIA

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-35/2010: ROUPA INFANTIL EN OURENSE.

O servidor do centro

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

CASTIÑEIROS XAPONESES E CHINESES DO PAZO DE LOURIZÁN

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

Proposta de especificación de dominios, tipos de entidade e. Tipo de Relación

O RELEVO DE GALICI C A I

30 junio - 2 julio de xuno - 2 xullo IV MONOGRÁFICO FORESTAL INTERNACIONAL PARA EL SUR DE EUROPA

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

Expediente: D.3.Q/14584/15. Santiago de Compostela, 22 de outubro de Sr. Reitor:

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE E XUVENIL DE PISTA AIRE LIBRE Ferrol, 4 de Xuño do 2017

A sociedade da información. Tema 1

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

REUNIÓN DO 28 DE MARZO DE 2017

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

A LINGUA GALEGA NA EDUCACIÓN INFANTIL DE GALIZA DE 3 A 6 ANOS

ELECTRÓNICA DIXITAL. SISTEMAS DE NUMERACIÓN.

Cada conta persoal ten como máximo unha caixa de correo de 300MB (150MB no caso de alumnos).

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común)

Manual de usuario Plug-in Word. Versión en galego Equipo de desenvolvemento

Duración: 9 horas Datas: 8, 15 e 22 de xuño Horario: Lugar de impartición: Campus de Vigo OBXECTIVOS XERAIS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Comisión Galega de Bioética

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

ANTEPROXECTO DE EXPLOTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO CONSISTENTE NA XESTIÓN INDIRECTA DA RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA DA TERCEIRA IDADE

MEMORIA CLUB DE LECTURA

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

Por todo isto, esta consellería,

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega

CIRCULAR A todas as Delegacións (*) - Aos clubes e adestradores (*) Para a súa distribución entre todos os estamentos da súa demarcación

PROGRAMA DE EMPREGO AUTONOMO Patricia Mouro Técnico de autoempleo

Unidade 9 Apoio No Uso de Aplicacións

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

No exercicio 2015, recibíronse nesta Dirección xeral tramitáronse un total de 413 queixas. A súa desagregación por departamentos é a seguinte:

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

PERMISOS, LICENZAS, REDUCIÓNS DE XORNADA E EXCEDENCIAS DO PROFESORADO

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

COMPOÑENTES E CONFIGURACIÓN

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

CONCRETANDO A ESTRATEXIA EUROPA 2020

PLAN PARA A DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE GALICIA , HORIZONTE 2020

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS

BICICLETA ELÉCTRICA TUCANO ESTILO STD 36V LITIO MANUAL DE USO

SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILLLIARIA. Documentación para trámite

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

Transcripción:

ÍNDICE I. INTRODUCCIÓN...2 II. EVOLUCIÓN DO EN 1993...4 III. DISTRIBUCIÓN DO...8 IV. TAXAS DE...13 CONCLUSIÓNS...16 ANEXO...17

I. INTRODUCCIÓN A crecente evolución do paro en Galicia durante 1993, ata acada-la cifra de 201.616 persoas paradas, que sitúan a taxa de paro en máis do 17% da poboación activa, fan do paro o principal problema da nosa economía. A contínua perda de empregos e o conseguinte aumento do paro poñen de manifesto unha vez máis o fracaso das políticas económicas aplicadas, centradas no control da inflación que traen consigo un enfriamento da demanda que se traduce na reducción do consumo e reflexáse no incremento do paro. Se a elo lle engadímo-la maior precarización nas condicións de traballo e os contínuos recortes de dereitos sociais, teremos claramente perfilado o mercado de traballo galego. Neste contexto, ó tratarse o paro dun grave problema social que afecta a un elevado número de persoa, convírtese nunha variable económica de grande importancia na política dun Goberno. Por elo, analizarémo-la evolución do desemprego, colectivos afectados, análises sectoriais, etc. Magnitudes que definen o paro En España, existen dúas fontes estadísticas para cuantifica-lo volume de desemprego: 1. A Enquisa de Poboación Activa (E.P.A.) Esta enquisa elaboraa tirmestralmente o INE para medi-las variables básicas do mercado de traballo. Establece unha serie de criterios para defini-la poboación parada: as persoas que, na semana da enquisa, están sen traballo, buscándoo de xeito efectivo ou dispoñibles para traballar nun corto prazo. Considera así mesmo persoas paradas ás afectadas por expedientes de regulación de emprego. O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 2

2. As estadística do Paro Rexistrado no INEM A diferencia entre a EPA e o paro rexistrado radica en que mentras a EPA, como xa sinalamos, se trata dunha enquisa, o paro rexistrado como o seu propio nome indica, trátase dun rexistro. É dicir, cando falamos de persoas paradas rexistradas, falamos só daquelas inscritas no INEM. Pero non tódalas persoas inscritas no INEM son consideradas paradas. A orde de 11 de marzo de 1985 establece unha serie de criterios estadísticos para a medición do paro, considerando como paro rexistrado as demandas de emprego pendientes e excluíndo ós seguintes colectivos de persoas demandantes: * Persoas ocupadas que solicitan un emprego para compatibilizalo co actual ou para melloralo. * Traballadores e traballadoras afectados por expedientes de regulación de emprego (tanto os de suspensión de contratos como os de xornada reducida) * Persoas perceptoras de prestación por desemprego que participan en traballos de colaboración social. * Persoas demandantes de emprego conxuntural ou de xornada reducida. * Estudiantes, demandantes, asistentes a cursos de formación ocupacional. * Outros traballadores ou traballadoras en ILT ou baixa médica, xóvenes cmprindo o servicio militar, solicitantes de emprego a docimilio ou no extranxeiro, traballadores e traballadoras beneficiarios do subsidio agrario, etc. Parece claro que calquera das dúas maneiras utilizadas para medi-lo paro introducen criterios restrictivos na cuantificación do paro, que conlevan unha infravaloración do volume do paro. A utilización dunha ou doutra fonte estadística, arroxa resultados ben diferentes. Así, ó finalizar 1993 a cifra de paro estimado para o conxunto do Estado era de 3.682.000 persoas paradas, mentras que as consideradas paradas polo INEM eran só 2.750.000. En Galicia as diferencias foron recortándose e así ó rematar 1993, o número de persoas paradas segundo a EPA era de 219.180 e o número de parados recollidos polo INEM era de 201.615 no mes de decembro. Para a presente análise do paro, coas salvedades anteriormente mencionadas, utilizarémolos datos do paro suministrado polo INEM, pois permiten un maior nivel de desagregación. O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 3

II. EVOLUCIÓN DO EN 1993 Este primeiro cadro, ofrece a cifra de paro rexistrado en Galicia ó finaliza-lo ano 1993. Nesta data, o número de persoas paradas recoñecido polo INEM como tal, ascende en Galicia a 201.616, cun alarmante crecemento do paro de case un 10% nun ano. CADRO Nº 1: EVOLUCIÓN DO EN 1993 1992 1993 % VARIACIÓN CORUÑA 69.533 78.914 13,4% LUGO 20.828 22.152 6,3% OURENSE 22.651 24.011 6,0% PONTEVEDRA 70.693 76.539 8,20% TOTAL 183.705 201.616 9,7% Se analizamos esta evolución do paro por territorios, vemos que o impacto máis negativo do desemprego durante 1993 foi para a provincia de A Coruña onde o paro crece en máis dun 13% nun ano. Destacar tamén que as provincias de Ourense e Lugo tampouco escapan a esta evolución tan negativa do paro, aumentando neste ano analizado en máis dun 6% cada unha delas o seu volume de desemprego. Como xa sinalamos na introducción, o INEM utiliza criterios administrativos para "depurla" cifra de persoas paradas inscritas nas súas oficinas. Deste xeito, cando fala de cifra de paro refírese ás persoas con demandas pendientes o último día de mes que ascendían en Galicia a 201.616 ó rematar 1993. O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 4

Pero queda sen incluír todo o colectivo descrito anteriormente, persoas que non son consideradas paradas polo INEM e que as denomina "demandantes non parados". A evolución deste colectivo en número queda reflexada no cadro inferior. CADRO Nº 2: DEMANDANTES DE EMPREGO NON PARADOS 1992 1993 % VARIACIÓN CORUÑA 47.500 49.727 4,6% LUGO 11.726 13.182 12,4% OURENSE 12.535 13.509 7,7% PONTEVEDRA 36.781 41.734 13,4% TOTAL 108.542 118.152 8.8% Como se reflexa no cadro anterior, ó tempo que aumenta o número de persoas consideradas paradas polo INEM, tamén aumenta o número de excluídas das listas do INEM. O volume de demandantes considerados "persoas non paradas" ascende a 118.152 persoas en 1993, concentrándose o maior volume nas provincias de A Coruña e Pontevedra. O desglose da cifra de "demandantes non parados", según as diferentes situacións definidas polo INEM, aparece no cadro nº 3 Se consideramos o volume total de persoas paradas, é dicir, as de demandas pendientes e as consideradas "non paradas", a cifra de desemprego ascendería a 319.768 persoas paradas ó finaliza-lo ano 1993. Deste xeito, pódese apreciar claramente que a non inclusión de persoas demandantes "non paradas" actúa como un muelle que comprime as cifras reais de paro. O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 5

CADRO Nº 3: PERSOAS DEMANDANTES NON PARADAS (Nº) % TRABALLAD. EVENTUAIS AGRARIOS 28 0% PLURIEMPREGO 651 0,5% EXP. REGULACIÓN EMPREGO 3.489 3,0% OUTRO EMPREGO 53.738 45,4% XUBILADOS E XUBILADAS 2.351 2,0% COLABORACIÓN SOCIAL 229 0% EMPREGO COXUNTURAL 4.580 3,8% XORNADA REDUCIDA 5.778 4,8% ESTUDIANTES 18.763 15,8% COMPATIBILIDADE PRESTACIÓNS 3.709 3,1% OUTRAS PERSOAS NON PARADAS 24.836 21,0% TOTAL 118.152 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 6

Este cadro danos a cifra de paro a 21.12.93. En Galicia a poboación parada inscrita como tal ascende a 201.616 persoas en 1993. Se a esta cifra lle engadímo-los demandantes, considerados "non parados" polo INEM, teríamos que as persoas que buscan emprego en Galicia no ano 93 ascendían a 319.768. CADRO Nº 4: PARADOS INSCRITOS NO INEM DEMANDANTES NON PARADOS TOTAL CORUÑA 78.914 49.727 128.641 LUGO 22.152 13.182 35.344 OURENSE 24.011 13.509 37.520 PONTEVEDRA 76.539 41.734 118.278 TOTAL 201.616 118.152 319.768 Por provincias vemos que o maior volume de paro concéntrase en A Coruña e Pontevedra que soportan máis dun 77% do paro galego. A Coruña é a provincia galega onde máis se sinte a lacra do paro ó afectar a case 79.000 persoas. Nas provincias de Ourense e Lugo, aínda que o valor absoluto do seu volume de desemprego é menor, en valor relativo a súa importancia é maior pola súa menor poboación que traballa ou busca emprego (poboación activa) O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 7

III. DISTRIBUCIÓN DO A clasificación do paro por sectores ven dada porque o INEM clasifica ás persoas paradas segundo o sector no que traballaron con anterioridade e ás que non traballaron inclúeas baixo o epígrafe "sen emprego anterior" (SEA) CADRO Nº 5: POR SECTORES % AGRICULTURA E PESCA 8.041 4,0% INDUSTRIA 40.343 20,0% CONSTRUCCIÓN 33.344 16,5% SERVICIOS 78.245 38,8% SEN EMPREGO ANTERIOR 41.643 21,0% TOTAL 201.616 100% O baixo volume de paro no sector primario (agricultura, gandeiría e pesca) contrasta co elevado volume de poboación activa do sector. Para ser un sector que absorve o 25% da poboación activa galega, soporta só un 4% do paro galego. Isto é debido fundamentalmente ó importante peso da agricultura neste sector. A peculiar estructura da propiedade da terra, a pouca ou nula presencia de emprego asalariado no sector ocultan situacións de paro ou subemprego que noutras circunstancias se considerarían como paro efectivo. A industria, pola contra, absorve ó 14% da poboación activa galega e soporta un elevadísimo volume de paro: 20% do galego. O sector servicios concentra o 42,7% das persoas activas galegas e soporta por elo o maior peso do desemprego en Galicia ó concentrarse en dito sector un 38,8% da poboación parada galega. O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 8

Este aumento do paro no sector servicios ven dado tanto pola terciarización da nosa economía co paso de traballadores e traballadoras do sector primario e da industria ó sector servicios, como porque moitos traballadores e traballadoras ingresan no mercado de traballo neste sector. Sector onde a maior parte dos contratos son temporais e de moi corta duración, o que se traduce nunha maior rotación no emprego e conleva "temporadas" no paro. Os datos máis preocupantes corresponden sen embargo ó sector da construcción e a colectivos de traballadores e traballadoras sen emprego anterior (S.E.A.) Na construcción están rexistradas 33.344 persoas paradas, o que supón o 16,5% do paro, para un sector que absorve só ó 10% da poboación activa galega. Hai que destacar sen embargo a negativa evolución do mercado de traballo na construcción onde as grandes empresas están nun contínuo proceso de reducción de persoal e de subcontratar traballos a autónomos para alivia-los seus custos. Deste xeito, eventuais caídas na actividade deste sector e paralelos aumentos do paro, non aparecen recollidos polas estadísticas do INEM que só recolle ós traballadores e traballadoras por conta allea e, polo tanto, non ós autónomos e autónomas. Outro dato alarmante é o que refrexa o colectivo SEA, que ascende a 41.643 persoas en 1993. Isto supón que o 21% da poboación parada non pudo atopa-lo seu primeiro emprego. É dicir, 21 de cada 100 persoas son paradas que non traballaron nunca. É un dato especialmente grave se temos en conta que se trata maioritariamente de xóvenes que ademais por non teren traballado non teñen dereito á prestaciós de desemprego. Se a elo lle engadímo-la desaparición das becas de Formación Ocupacional e a falta de espectativas de atopar emprego, que levan a moitos xóvenes a desanimarse e a non renova-las súas demandas, probablemente cabería facer unha revisión ó alza sobre as cifras do paro que afectan a este colectivo. No cadro nº 6, pódese observar o desglose das cifras de paro por ramas de actividade. Se na análise sectorial do paro destacábamo-la súa maior incidencia nos sectores Industrial e de Servicios, agora podemos desagregar máis estes datos e ver que actividades destacan polo seu volume de desemprego: comercio, hostelería, servicios a empresas e Admón. Pública no sector Servicios os que concentran maior volume de paro. A elevada precarización neste sector e o fenómeno da rotación antes mencionado son os factores que determinan o nivel de desemprego nestas actividades. Por outra parte, dentro da Industria son a alimentación e o textil as actividades afectadas por maiores volumes de paro. Trátase tamén de dous sectores definidos por unha clara inestabilidade no emprego, cos efectos antes citados. O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 9

CADRO Nº 6 POR RAMAS DE ACTIVIDADE EN GALICIA % AGRICULTURA 2.237 1,1% PESCA 5.804 2,8% ENERXÍA 494 0,2% QUÍMICA 3.116 1,5% METAL 9.904 4,9% OUTRA INDUSTRIA 26.829 13,3% CONSTRUCCIÓN 33.344 16,5% COMERCIO 35.328 17,5% TRANSPORTE 8.196 4,0% SEGUROS 1.145 0,5% OUTROS SERVICIOS 33.576 16,6% SEN EMPREGO ANTERIOR 41.643 20,6% TOTAL 201.616 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 10

O cadro posterior ofrécenos a distribución do paro por niveis académicos: o 42% dos parados e paradas galegos non posuen nin siquera o título de EXB, mentras que outro 39,3% ten este título. CADRO Nº 7: POR NIVEL DE ESTUDIOS % PRIMARIOS 9.604 4,7% CERTIFICADO ESCOLAR 76.142 37,25% E.X.B. 71.235 35.3% B.U.P. 17.902 8,8% F.P. 13.783 6,8% TÍTULO MEDIO 6.344 6,1% TÍTULO SUPERIOR 6.606 3,2% TOTAL 201.616 100% Por outra parte, o feito de que exista un menor volume de paro nos niveis extremos (primarios e titulados) debe levarnos a reflexionar sobre a relación existente entre paro e nivel de cualificación. Actualmente o menor volume de creación de empregos fai que as demandas de emprego sexan maiores que as ofertas polo que se introducen outros criterios para cubrir un posto de traballo que non só se concentran no nivel formativo. Ó mesmo tempo o proceso de precarización do noso mercado de traballo trae consigo un risco de descualificación da man de obra. O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 11

Segundo os datos ofrecidos polo cadro nº 8, o colectivo máis afectado polo paro é o situado na franxa de idade entre os 30-45 anos, na que se atopan paradas máis de 66.000 persoas das 201.600 paradas galegas. Ó mesmo tempo podemos constatar que o 50% das persoas paradas galegas teñen máis de 30 anos, co que o xa de por si grave problema do paro galego enfróntase ó problema engadido do paro de longa duración. Xa non se trata só de persoas que buscan o seu primeiro emprego, senón de persoas que xa traballaron con anterioridade e que se atopan buscando un novo traballo desde hai tempo. CADRO Nº 8: POR IDADES E SEXO IDADE HOME MULLER TOTAL % 16-24 24.855 23.597 58.452 29% 25-29 17.195 20.933 38.128 19% 30-45 31.180 35.422 66.602 33% 46-55 15.491 9.330 24.821 12% + 55 10.234 3.379 13.613 7% TOTAL 98.955 102.661 201.616 100% % 49% 51% 100% Se analizámo-lo paro por sexos, temos que defini-lo paro como feminino pois existen 102.661 mulleres en paro fronte a 98.955 homes. Isto supón que o 51% da poboación parada sexan mulleres fronte a un 49% que son homes. Esta cifra resulta especialmente grave se temos en conta que o 60% da poboación ocupada galega son homes, mentras que a ocupación feminina é moito menor e son as mulleres as que sofren o maior problema de paro. O maior volume de desemprego feminino ven dado pola crecente incorporación das mulleres ó mercado laboral e reflexa ó mesmo tempo as numerosas dificultades que estas atopan para a súa integración efectiva. O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 12

IV. TAXAS DE No cadro seguinte aparecen as taxas de paro por sectores e para o conxunto dos mesmos en Galicia. A taxa de paro calcúlase como o cociente entre o número de traballadores rexistrados como parados no INEM e a cifra de poboación activa tomada da E.P.A. CADRO Nº 9: TAXA DE POR SECTORES POBOACIÓ N ACTIVA % AGRICULTURA E PESCA 8.041 292.000 2,7% INDUSTRIA 40.343 168.900 23,8% CONSTRUCCIÓN 33.344 118.800 28,0% SERVICIOS 78.245 498.000 15,7% OUTROS 41.643 - - TOTAL 201.616 1.165.200 17,3% A taxa de paro é do 17,3% para o conxunto dos sectores pero varía segundo o sector. Deste xeito a taxa de paro oscila entre o 28% da construcción e o 2,7% do sector primario. Se temos en conta a baixa presencia do emprego asalariado na agricultura, as numerosas axudas familiares existentes (persoas que traballan sen salario regulamentado cun familiar co que conviven) e a peculiar estructura da propiedade da terra en Galicia, todo isto fai que os métodos utilizados polo INEM para clasifica-lo paro non recollan estas circunstancias. Desta peculiar estructura da agricultura galega derívanse numerosas situacións de subemprego e paro encuberto, daí que a cifra de 8.000 persoas paradas para unha poboación activa de 292.000 persoas, resulte cando menos pouco creíble. O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 13

Por elo, calculando a taxa de paro para o conxunto da economía introdúcense fortes distorsións. Para calcular unha taxa de paro máis acorde coa realidade, calcularémo-la taxa de paro sen incluí-lo sector. Utilizando este criterio a taxa de paro en Galicia excluído o sector primario é do 22,1% da poboación activa que representa mellor a importancia do volume de pro existente en Galicia. O cadro nº 9 refléxano-las taxas de paro por provincias. Deste xeito podemos comprobar que son Pontevedra e A Coruña as provincias con maior incidencia de paro, pois as taxas do paro acadan, respectivamente, o 19,4% e o 18,5% da poboación activa. CADRO Nº 10: TAXA DE POR TERRITORIOS POBOACIÓN ACTIVA % A CORUÑA 78.914 425.700 18,5% LUGO 22.152 175.600 12,6% OURENSE 24.011 170.000 14,1% PONTEVEDRA 76.539 393.900 19,4% TOTAL 201.616 1.165.200 17,3% Por último, no cadro número 11 podemos ve-la taxa de paro por comarcas. Para calcula-la taxa de paro a nivel comarcal utilízase o dato da poboación activa do censo de poboación de 1991, ó carece-la EPA de desagregación de datos a nivel municipal. Con esta salvedade podemos observar entón en dito cadro en que comarcas dentro de cada provincia ten maior incidencia o paro. Se antes sinalábamos que Pontevedra era a provincia cunha taxa de paro máis alta, agora podemos precisar que a comarca de VIgo (24,5% do paro) e a de Arousa (24,2%) son as máis afectadas. Na provincia de A Coruña é a comarca de Ferrol (21,4%) onde hai a taxa de paro máis alta. Nesta análise cabería sinalar, por último, que ó tradicional eixo Ferrol-Coruña-Vigo caracterizado tanto polo seu peso industrial como polo seu maior volume de desemprego, hai que sumarlle en taxas de desemprego a comarca de Ourense, onde o paro afecta xa ó 19,60% da poboación activa. O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 14

CADRO Nº 11: TAXA DE POR COMARCAS POBOACIÓ N ACTIVA TAXA DE FERROL 17.538 81.844 21,4% CORUÑA 39.366 201.100 19,5% SANTIAGO 15.081 98.430 15,3% BARBANZA 6.959 48.054 14,4% A MARIÑA 4.678 31.216 14,9% LEMOS 4.315 31.270 13,7% LUGO 13.159 97.935 13,4% OURENSE 22.452 114.011 19,6% VALDEORRAS 1.559 22.736 7,0% VIGO 50.791 207.096 24,5% AROUSA 10.487 43.222 24,2% PONTEVEDRA 15.261 93.990 16,2% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 15

CONCLUSIÓNS 1. Ó rematar 1993, o problema do paro agravouse en Galicia ó situarse o número de persoas rexistradas como paradas na gravísima cifra de 201.616 parados. Este dato resulta máis dramático se temos en conta que a cifra de paro sitúase no mesmo nivel que no ano 1988, ó supera-la barreira das 200.000 persoas paradas. 2. Este preocupante nivel de paro sitúa a taxa de paro galega no 17,3% da poboación activa. Se descontámo-lo paro do sector primario e a súa poboación activa pola distorsión que orixinan nesta porcentaxe, teremos calculada unha taxa de paro que se aproxima máis a realidade do paro galego. 3. O mantemento dun criterio restrictivo por parte do INEM conleva un contínuo "engrosamento" do colectivo de "persoas demandantes non paradas". O volume deste colectivo considerado non parado ascende, ó rematar 1993, a 118.152 persoas paradas. É dicir que a cifra de paro en Galicia ó rematar 1993 acadaba xa a 319.768 galegos e galegas se consideramos a tódolos galegos que buscan emprego. 4. En canto á distribución sectorial do paro, indicar que é o sector Servicios onde existe un maior volume de paro, aínda que tamén hai que destacar que é o sector de maior poboación activa. O dato máis preocupante é o referente ó sector da Contrucción que ten a taxa de paro máis alta do conxunto de sectores ó te-lo menor volume de poboación activa. 5. Dentro destes sectores a nota común é a elevada precarización no emprego e o carácter temporal das contratacións, que supón un elevado grao de rotación no emprego, o que trae consigo que moitas persoas pasen varias veces polo emprego e, por conseguinte, polo paro. 6. No ano 1993 o paro ten un carácter feminino. Isto é debido tanto á contínua incorporación da muller ó mercado de traballo, maior en tempos de crise, como porque a presencia da muller é maior nos sectores con maior volume de paro. GABINETE TÉCNICO-ÁREA ECONÓMICA S.N. DE CC.OO. DE GALICIA Santiago, marzo de 1994 O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 16

ANEXO O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 17

CADRO Nº 1 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE FERROL % AGRICULTURA 104 0,5% PESCA 60 0,3% ENERXÍA 30 0,1% QUÍMICA 92 0,5% METAL 1.482 8,4% OUTRA INDUSTRIA 1.653 9,4% CONSTRUCCIÓN 1.954 11,1% COMERCIO 2.591 14,7% TRANSPORTE 309 1,7% SEGUROS 54 0,3% OUTROS SERVICIOS 2.837 16,3% SEN EMPREGO ANTERIOR 6.336 36,1% TOTAL 17.538 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 18

CADRO Nº 2 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE A CORUÑA % AGRICULTURA 248 0,6% PESCA 2.021 5,1% ENERXÍA 76 0,1% QUÍMICA 389 0,9% METAL 1.430 3,6% OUTRA INDUSTRIA 5.396 13,7% CONSTRUCCIÓN 6.525 16,5% COMERCIO 6.807 17,3% TRANSPORTE 2.447 6,2% SEGUROS 259 0,6% OUTROS SERVICIOS 7.221 18,3% SEN EMPREGO ANTERIOR 6.517 16,5% TOTAL 39.336 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 19

CADRO Nº 3 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE SANTIAGO % AGRICULTURA 176 1,1% PESCA 4 - ENERXÍA 11 - QUÍMICA 150 1,0% METAL 509 3,3% OUTRA INDUSTRIA 1.769 11,7% CONSTRUCCIÓN 3.382 22,4% COMERCIO 2-369 15,7% TRANSPORTE 421 2,7% SEGUROS 44 0,2% OUTROS SERVICIOS 2.769 18,3% SEN EMPREGO ANTERIOR 3.477 23,0% TOTAL 15.081 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 20

CADRO Nº 4 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE BARBANZA % AGRICULTURA 28 0,4% PESCA 1.003 14,4% ENERXÍA 6 - QUÍMICA 22 0,3% METAL 94 1,3% OUTRA INDUSTRIA 1.339 19,2% CONSTRUCCIÓN 893 12,8% COMERCIO 1.021 14,6% TRANSPORTE 747 10,7% SEGUROS 13 0,1% OUTROS SERVICIOS 536 7,7% SEN EMPREGO ANTERIOR 1.257 18,0% TOTAL 6.959 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 21

CADRO Nº 5 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE A MARIÑA % AGRICULTURA 85 1,8% PESCA 138 2,9% ENERXÍA 30 0,6% QUÍMICA 88 1,8% METAL 68 1,4% OUTRA INDUSTRIA 470 10,0% CONSTRUCCIÓN 814 17,4% COMERCIO 904 19,3% TRANSPORTE 172 3,6% SEGUROS 18 0,3% OUTROS SERVICIOS 816 17,4% SEN EMPREGO ANTERIOR 1.075 22,9% TOTAL 4.678 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 22

CADRO Nº 6 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE LEMOS % AGRICULTURA 97 2,2% PESCA 1 - ENERXÍA 30 0,6% QUÍMICA 32 0,7% METAL 143 3,3% OUTRA INDUSTRIA 354 8,2% CONSTRUCCIÓN 1.171 27,1% COMERCIO 579 13,4% TRANSPORTE 219 5,0% SEGUROS 13 0,3% OUTROS SERVICIOS 708 16,4% SEN EMPREGO ANTERIOR 968 22,4% TOTAL 4.315 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 23

CADRO Nº 7 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE LUGO % AGRICULTURA 281 2,1% PESCA 4 - ENERXÍA 100 0,7% QUÍMICA 181 1,3% METAL 299 2,2% OUTRA INDUSTRIA 1.365 10,3% CONSTRUCCIÓN 2.326 17,6% COMERCIO 2.437 18,5% TRANSPORTE 483 3,6% SEGUROS 27 0,2% OUTROS SERVICIOS 2.685 20,4% SEN EMPREGO ANTERIOR 2.971 22,5% TOTAL 13.159 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 24

CADRO Nº 8 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE OURENSE % AGRICULTURA 493 2,1% PESCA 6 - ENERXÍA 77 0,3% QUÍMICA 248 1,1% METAL 1.237 5,6% OUTRA INDUSTRIA 3.088 13,7% CONSTRUCCIÓN 4.610 20,5% COMERCIO 3.987 17,7% TRANSPORTE 519 2,3% SEGUROS 90 0,4% OUTROS SERVICIOS 4.324 19,2% SEN EMPREGO ANTERIOR 3.737 16,6% TOTAL 22.452 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 25

CADRO Nº 9 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE VALDEORRAS % AGRICULTURA 26 1,6% PESCA 0 - ENERXÍA 3 0,1% QUÍMICA 383 24,5% METAL 55 3,5% OUTRA INDUSTRIA 107 6,8% CONSTRUCCIÓN 346 22,1% COMERCIO 256 16,4% TRANSPORTE 29 1,8% SEGUROS 7 0,4% OUTROS SERVICIOS 245 15,7% SEN EMPREGO ANTERIOR 102 6,5% TOTAL 1.559 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 26

CADRO Nº 10 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE VIGO % AGRICULTURA 425 0,8% PESCA 2.028 3,9% ENERXÍA 93 0,1% QUÍMICA 1.287 2,5% METAL 3.820 7,5% OUTRA INDUSTRIA 7.165 14,1% CONSTRUCCIÓN 6.125 12,0% COMERCIO 9.784 19,2% TRANSPORTE 2.127 4,1% SEGUROS 334 0,6% OUTROS SERVICIOS 7.653 15,0% SEN EMPREGO ANTERIOR 9.950 19,5% TOTAL 50.791 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 27

CADRO Nº 11 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE AROUSA % AGRICULTURA 77 0,7% PESCA 432 4,1% ENERXÍA 7 - QUÍMICA 155 1,4% METAL 311 2,9% OUTRA INDUSTRIA 2.033 19,3% CONSTRUCCIÓN 2.073 19,7% COMERCIO 1.831 17,4% TRANSPORTE 459 4,3% SEGUROS 39 0,3% OUTROS SERVICIOS 1.033 9,8% SEN EMPREGO ANTERIOR 2.037 19,4% TOTAL 10.487 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 28

CADRO Nº 12 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE PONTEVEDRA % AGRICULTURA 208 1,3% PESCA 107 0,7% ENERXÍA 30 0,1% QUÍMICA 90 0,5% METAL 420 2,7% OUTRA INDUSTRIA 2.118 13,8% CONSTRUCCIÓN 3.133 20,5% COMERCIO 2.810 18,4% TRANSPORTE 314 2,0% SEGUROS 52 0,3% OUTROS SERVICIOS 2.764 18,1% SEN EMPREGO ANTERIOR 3.215 21,0% TOTAL 15.261 100% O EN GALICIA NO ANO 1993 Páxina 29