SITUACIÓN SOCIO LABORAL DAS MULLERES EN GALICIA 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Documentos relacionados
XORNADA TÉCNICA: IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO LABORAL: PLANS DE IGUALDADE.

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

O ESTADO DA POBREZA SEGUIMENTO DO INDICADOR DE RISCO DE POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS EN GALICIA

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Os maiores e as TIC ANO 2011

A densidade de poboación (hab./km2) é un indicador demográfico que serve para comparar o volume de poboación entre territorios.

COMPLEMENTO POR MATERNIDADE NAS PENSIÓNS CONTRIBUTIVAS DA SEGURIDADE SOCIAL

Datos básicos sobre a evolución do galego

Movementos naturais da poboación. Dinámicas demográficas actuais: movemento natural da poboación. - Movementos migratorios (1990 á actualidade)

Tipos e bases de cotización da Seguridade Social

As mulleres no Sector TIC. Ano 2017

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

BARÓMETRO. das MIGRACIÓNS GALICIA 2012

Enquisa igualdade para a población eumesa

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Marzo Nº Var. Int. 18/17

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

Evolución da poboación activa en España

DISTRIBUCIÓN POR SEXOS NOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Ano Unidade de Igualdade Ano

Muller e traballo. Gabinete técnico confederal

A Lei da Dependencia. Cara onde imos?

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

ACTIVIDADES MÓDULO II

O Software Libre as empresas informáticas de Galicia Resumo executivo

As mulleres no sector TIC. Ano 2014

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES CONCELLO DE FENE

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

As empresas culturais en Galicia

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

O SALARIO. O salario ou remuneración salarial é o pago que recibe en forma periódica un

O emprendemento en Ferrolterra

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

MACROENQUISA SOBRE A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES EN GALICIA

PERMISOS, LICENZAS, REDUCIÓNS DE XORNADA E EXCEDENCIAS DO PROFESORADO

muller situación da Informe da no mercado de traballo galego

Cuatro años de crecimiento económico y las brechas en el empleo aumentan. Informe 8 de marzo Día Internacional de la Mujer

Galicia, a primeira Comunidade en sinistralidade mortal cun índice de incidencia que duplica ao estatal

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

TEMA 8: OS ESPAZOS DO SECTOR PRIMARIO

Plan Banda Larga. Lugo, xaneiro de 2015

I. INTRODUCCIÓN...2 II. EVOLUCIÓN DO PARO EN III. DISTRIBUCIÓN DO PARO REXISTRADO...8 IV. TAXAS DE PARO...13 CONCLUSIÓNS...16 ANEXO...

29/04/2014 A Muller na Cultura Galega (I)

Curso Traballo Social e Demencias

Análise da percepción da igualdade de xénero entre a poboación adolescente

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

INFORME SOBRE O MERCADO LABORAL NO SECTOR DO TURISMO E A HOSTALARÍA EN GALICIA. 2011

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

O mercado laboral da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a mobilidade de traballadores

ES DE T A O T G Í LE 2009 S A T G AE405 IC N A A L P

As mulleres no Sector TIC. Ano 2016

A Lei de Dependencia como oportunidade para a xeración de emprego

ENCUESTA DE POBLACIÓN ACTIVA Primer Trimestre de RESUMEN DE LOS DATOS DE LA EPA DEL PRIMER TRIMESTRE DE 2012

INFORME MULLER CON DISCAPACIDADE

Poboación e sociedade. Unión Europea, España e Galicia

Consumo de Drogas e Uso Problemático de Internet entre os adolescentes de SANTIAGO DE COMPOSTELA

C.-OS ELEMENTOS HUMANOS

A tendencia da baixa do desemprego este mes é común a toda as poboacións da contorna considerada, tanto na variación mensual como na anual.

INFORME CLIMATOLÓXICO

O VOLUNTARIADO E A INMIGRACIÓN Inmigración, xuventude e Voluntariado

DINAMISMO DO TECIDO PRODUTIVO

I. INTRODUCCIÓN...2 II. EVOLUCIÓN DO PARO EN III. DISTRIBUCIÓN DO PARO REXISTRADO...7 IV. TAXAS DE PARO...12 CONCLUSIÓNS...15 ANEXO...

3 Permisos e excedencias

MAPA DE RECURSOS: Oficinas da Seguridade Social e da Axencia Tributaria

Memoria 2010 Plan de Inclusión Social. Concello de Santiago de Compostela Concellería de Benestar Social Equipo de inclusión

secretaría de emprego sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

A POBOACIÓN I. DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

ENCUESTA DE POBLACIÓN ACTIVA

A CARTA DE PRESENTACIÓN

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Actuacións Municipais en Materia. de Envellecemento Activo: Galicia Norte de Portugal

O emprego cultural en Galicia

ENCUESTA DE POBLACIÓN ACTIVA Tercer Trimestre de RESUMEN DE LOS DATOS DE LA EPA DEL TERCER TRIMESTRE DE 2011

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

Encuesta de Población Activa Segundo Trimestre 2011

Duración: 9 horas Datas: 8, 15 e 22 de xuño Horario: Lugar de impartición: Campus de Vigo OBXECTIVOS XERAIS

Unidade de análises e programas INFORME 2016

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

PRESENTACIÓN DAS ACCIONS A DESENVOLVER POLO CONCELLO DE LUGO DENTRO DO PROXECTO MURALLA DIGITAL

INFORME MULLER RURAL. Comisión Muller Rural

PROGRAMA OPERATIVO FSE GALICIA

Guía rápida para aforrar na factura eléctrica

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Gabinete Técnico-Área Económica do S.N. de CC.OO. de Galicia

As mulleres no sector TIC. Ano 2015

La eterna brecha salarial de Navarra

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

MUJER Y TRABAJO EN ESPAÑA

1.1. Padrón Municipal de Habitantes. Avance o 1/01/07. Poboación estranxeira empadroada en Galicia, segundo nacionalidade. Ambos os sexos.

ÍNDICE TALENTO FEMININO NA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA TRABALLADORAS. MEDRANDO socias e traballadoras ESTRUTURA DO PROGRAMA CADRO DOCENTE

Transcripción:

SITUACIÓN SOCIO LABORAL DAS MULLERES EN GALICIA 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais de UGT - Galicia 8 DE MARZO DE 2018 SECRETARÍA DE IGUALDADE UGT-GALICIA

ÍNDICE EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN EN IDADE LABORAL. GALICIA 2 OCUPACIÓN POR SECTORES 4 OCUPACIÓN POR SITUACIÓN PROFESIONAL 5 OCUPACIÓN SECTOR PÚBLICO/PRIVADO 5 TAXA DE TEMPORALIDADE 6 SEGREGACIÓN VERTICAL 7 FORMACIÓN E OCUPACIÓN 8 DESEMPREGO 9 INACTIVIDADE 10 BRECHA SALARIAL 11 CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE 12 PROTECCIÓN SOCIAL 15 CONCLUSIÓNS 17 1

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN EN IDADE LABORAL. GALICIA O mercado laboral feminino segue a manifestar peores condicións que o masculino en todas as súas variables POBOACIÓN DE 16 E MÁIS ANOS POR SEXO, E RELACIÓN COA ACTIVIDADE ECONÓMICA. GALICIA. 2017 Diferenza Homes Mulleres Mulleres s/ Homes % Mulleres Total 1.120.600 1.221.300 100.700 52,1 Poboación activa 648.600 599.700 48.900 48,0 Poboación ocupada 551.200 501.400 49.800 47,6 Poboación parada 97.300 98.300 1.000 50,3 Poboación inactiva 472.000 621.500 149.500 56,8 FONTE: IGE INE. Enquisa de poboación activa A pesar da progresiva incorporación da muller ao mercado de traballo seguen persistindo fortes diferenzas por xénero. No ano 2017 aínda que hai 1.221.300 mulleres de 16 e máis anos fronte a 1.120.600 homes (100.700 mulleres máis), é superior a poboación activa masculina (648.600 homes) que a feminina (599.700) polo que hai 48.900 mulleres activas menos. En canto á poboación ocupada obsérvase como tamén existen grandes diferenzas por sexos, xa que hai 49.800 homes máis ocupados que mulleres, se analizamos o número de persoas que se atopan en situación de desemprego en termos absolutos o número é similar, con 1.000 homes menos, pero no referente á poboación inactiva (que nin traballa nin está buscando un traballo), as diferenzas volven a constatarse, prexudicando de novo ás mulleres, con 149.500 inactivas máis. 2

As taxas de actividade e ocupación feminina son 8,8 e 8,1 puntos inferiores á masculina, e contrariamente a de paro supera á masculina en 1,4 puntos. TAXAS DE ACTIVIDADE, EMPREGO E PARO POR SEXOS. GALICIA 2017 Homes Mulleres Diferenza M/H Taxa de actividade 57,9 49,1 8,8 Taxa de ocupación 49,2 41,1 8,1 Taxa de paro 15,0 16,4 +1,4 FONTE: IGE INE. Enquisa de poboación activa As mulleres galegas teñen unha taxa de actividade case 9 puntos inferior á dos homes, unha taxa de ocupación 8,1 puntos inferior, e unha taxa de paro 1,4 puntos por riba da masculina. No ano 2017 a taxa de paro feminino segue a distanciarse da masculina. Trala equiparación das taxas de paro entre ambos sexos por mor da crise, volve darse o tradicional diferencial entre elas polo que de novo se constata a maior dificultade para o acceso ao mercado laboral no caso das mulleres, enfrontándose a maiores niveis de desemprego. A taxa de actividade das mulleres galegas sitúase 4,54 puntos por debaixo da media estatal. Galicia, tras Asturias, Estremadura e Castela e León reflicte a menor taxa do Estado. TAXAS DE ACTIVIDADE FEMININA POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS. 2017 (4º trimestre) Nacional 53,33 Andalucía 50,21 Aragón 52,76 Asturias 46,85 Baleares 55,65 Canarias 56,37 Cantabria 51,03 Castela e León 48,78 Castela A Mancha 52,32 3

Cataluña 56,78 Comunidade Valenciana 53,77 Estremadura 47,54 Galicia 48,79 Madrid 58,90 Murcia 52,07 Navarra 54,01 País Vasco 51,25 Rioxa, A 53,03 Ceuta 49,41 Melilla 50,54 Fonte: Enquisa de Poboación Activa INE Se comparamos a taxa de actividade feminina galega ca da media estatal, compróbase no último trimestre do ano 2017 un diferencial de 4,54 puntos porcentuais a favor do Estado. Con respecto ás restantes comunidades autónomas constátase que Galicia dista considerablemente das taxas de actividade doutros contextos, sendo tan só en Asturias, Estremadura e Castela e León inferiores á galega. O maior diferencial atópase respecto de Madrid, Cataluña, Canarias e Baleares, cunhas taxas de actividade de 58,90%, 56,78% e 56,37%, respectivamente, fronte ao 48,79% en Galicia. OCUPACIÓN POR SECTORES Segue a perpetuarse a segregación horizontal, o 83,3% das mulleres están empregadas no sector servizos POBOACIÓN OCUPADA POR SECTOR ECONÓMICO. GALICIA 2017 Peso s/total Peso s/total Homes Mulleres Mulleres Homes Agricultura, gandaría, caza, silvicultura 31.700 23.700 4,7 5,8 Pesca e acuicultura 14.800 5.100 1,0 2,7 Industria 121.300 49.900 10,0 22,0 Construción 61.500 5.100 1,0 11,2 Servizos 322.100 417.700 83,3 58,4 FONTE: IGE INE. Enquisa de poboación activa 4

Por sectores a ocupación feminina concéntrase no sector servizos co 83,3% do total, 417.700 mulleres ocupadas neste sector. A continuación, séguelle o sector industrial con 49.900 ocupadas, o 10% do total. O mercado laboral masculino caracterízase por unha maior diversificación, xa que o 58,4% están ocupados no sector servizos, o 22% na industria e o 11,2% na construción. OCUPACIÓN POR SITUACIÓN PROFESIONAL Hai unha maior propensión ao emprego por conta propia no caso dos homes cun 24,1% fronte ao 18,5% no caso das mulleres DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL DA OCUPACIÓN POR SITUACIÓN PROFESIONAL. GALICIA 2017 Homes Mulleres Por conta propia 24,1 18,5 Por conta allea 75,9 81,5 FONTE: IGE INE. Enquisa de poboación activa O peso das mulleres entre o empresariado constitúe un indicador de importancia para medir o impacto real do seu grao de integración no mercado laboral, pero este segue a ser superior no caso masculino que no feminino, con 5,6 puntos de diferenza segundo os datos correspondentes ao ano 2017. OCUPACIÓN SECTOR PÚBLICO/PRIVADO As mulleres seguen a ter maior peso no sector público cun 21% do emprego total fronte ao 79% no sector privado OCUPACIÓN SEGUNDO SECTOR PÚBLICO/PRIVADO. 2017 Público % s/total Privado % s/total Homes 76.200 13,8 475.100 86,2 Mulleres 105.500 21,0 395.900 79,0 % M sobre total 58,1 45,5 Fonte: INE e EPA 5

No emprego público constátase o maior peso da ocupación feminina fronte á masculina (58,1% e 41,9%, respectivamente). Pola contra no sector privado segue predominando o emprego masculino cun 54,5% fronte ao 45,5% do total no caso das mulleres. TAXA DE TEMPORALIDADE O mercado laboral feminino segue a estar caracterizado por unha taxa de temporalidade superior á masculina, e as diferenzas incrementáronse nos últimos anos POBOACIÓN ASALARIADA CON CONTRATO TEMPORAL. TAXA DE TEMPORALIDADE HOMES MULLERES TAXA H TAXA M DIFERENZA M/H 2013 84.400 92.300 21,5 24,1 +2,6 2014 90.800 92.100 23,2 23,7 0,5 2015 97.900 105.600 24,1 26,8 +2,7 2016 101.200 113.200 24,3 28,2 +3,9 2017 105.800 117.500 25,3 28,7 +3,5 Fonte: IGE INE. Enquisa de poboación activa METODOLOXÍA EPA 2005 As mulleres asalariadas acceden ao mercado laboral en peores condicións que os homes. O emprego temporal e a contratación a tempo parcial é maioritaria para as mulleres. A xa de por si precaria situación na contratación feminina no referente á temporalidade non deixa de incrementarse, xa que obsérvase como desde o ano 2014 a temporalidade feminina increméntase en nada menos que en 5 puntos (fronte a 2,1 puntos no caso dos homes). Con respecto á taxa masculina, se no ano 2014 ambas taxas tendían a converxer, de novo nos últimos anos se incrementan as diferenzas prexudicando ás mulleres, xa que no ano 2017 a taxa de temporalidade feminina é superior en 3,5 puntos á masculina. 6

SEGREGACIÓN VERTICAL 11.400 mulleres galegas están ocupadas en postos de dirección ou xerencia fronte a 26.300 homes POBOACIÓN OCUPADA SEGUNDO SEXO E OCUPACIÓN (CNO 2011) 2017 Homes Mulleres % M sobre total sexos % H sobre total H % M sobre total M Total 551.200 501.400 47,6 100,0 100,0 Ocupacións militares 3.900 900 18,8 0,7 0,2 Dirección e xerencia 26.300 11.400 30,2 4,8 2,3 Persoal Técnico e profesional científico e intelectual 71.800 103.600 59,1 13,0 20,7 Persoal Técnico; profesionais de apoio 66.200 39.300 37,3 12,0 7,8 Persoal Empregado contable, administrativo e outro de oficina 31.400 65.100 67,5 5,7 13,0 Persoas Traballadoras dos servizos de restauración, persoais, protección e venda 87.400 158.200 64,4 15,9 31,6 Persoas Traballadoras cualificadas no sector agrícola, gandeiro, forestal e pesqueiro 34.700 24.800 41,7 6,3 4,9 Persoas Artesás e traballadoras cualificadas das industrias manufactureiras e a construción (salvo persoal operador de instalacións e maquinaria) 117.800 15.800 11,8 21,4 3,2 Persoal Operador de instalacións e maquinaria, e montadores 72.100 14.000 16,3 13,1 2,8 Ocupacións elementais 39.700 68.400 63,3 7,2 13,6 FONTE: IGE INE. Enquisa de poboación activa Tan só o 2,3% da poboación ocupada feminina está en postos de Dirección e Xerencia, polo que se constata que o chamado teito de cristal segue estando presente para as mulleres na súa participación no mercado de traballo. O maior número de mulleres (158.200, o 31,6%) atópase en postos de servizos de restauración, persoais, protección e de venda, seguidos de postos técnicos e profesionais científicos e intelectuais (Sanidade, Educación, etc.), cun 20,7% (103.600 mulleres). 7

As mulleres tan só representan o 13,27% nos órganos de dirección das empresas do IBEX 35 (54 mulleres fronte a 353 homes) PARTICIPACIÓN NOS ÓRGANOS DE DIRECCIÓN DAS EMPRESAS DO IBEX 35 2012 2013 2014 2015 2016 %2016 Mulleres 45 48 48 59 54 13,3% Homes 498 465 467 443 353 86,7% Fonte: Instituto da Muller Se atendemos á participación das mulleres nos órganos de dirección das empresas do IBEX 35, formado polas empresas con maior liquidez que cotizan neste sistema en España, podemos observar como se segue a constatar a mínima presenza feminina nos postos de responsabilidade, xa que só representan o 13,3% do total de postos de dirección, outro indicador das grandes diferenzas existentes entre homes e mulleres no mercado laboral. FORMACIÓN E OCUPACIÓN A igual formación, os homes acadan maiores taxas de ocupación que as mulleres en todos os niveis formativos Taxa de ocupación por nivel de formación alcanzado e sexo (CNED 2014). Sen estudos Estudos primarios 2,5 1,6 11,9 6,8 Educación secundaria (1ª etapa) Educación secundaria (2ª etapa) 40,1 50,5 59,3 50,5 Educación superior 71,8 71 0 10 20 30 40 50 60 70 80 Mulleres Homes 8

A igual formación alcanzada, os homes teñen maiores taxas de ocupación que as mulleres en todos os niveis formativos, observándose os menores diferenciais nas taxas de Educación superior. Compróbase que a maior nivel educativo maior empregabilidade no mercado laboral, aínda que sempre con taxas inferiores ás masculinas. Segundo a poboación ocupada por nivel de formación alcanzado obsérvase maior número de mulleres con Estudios superiores que homes (241.900 e 207.200 respectivamente). No resto dos casos o número de homes é superior ao de mulleres. DESEMPREGO A taxa de paro feminina segue a ser superior á masculina, superándoa en 1,4 puntos, e a súa evolución constata como son as mulleres as que volven a quedar fóra do mercado laboral ante unha leve creación de emprego Taxa de paro por sexo. Galicia. Porcentaxes Homes Mulleres Diferenza M/H 2012 20,8 20,2 0,6 2013 22,3 21,7 0,6 2014 21,6 21,7 +0,1 2015 18,7 20,0 +1,3 2016 16,5 17,8 +1,3 2017 15,0 16,4 +1,4 FONTE: IGE INE. Enquisa de poboación activa Nas cifras de desemprego é onde se advirten con maior claridade as dificultades que que está sufrindo a poboación en xeral e particularmente as mulleres, que xa partían dunha situación máis desvantaxosa. Mentres que nos anos 2012 e 2013 como consecuencia da maior perda de emprego en sectores fortemente masculinizados e afectados pola crise a taxa de paro masculina superou á feminina, de novo se observa como tralo ano 2014 volve a cambiar a tendencia. Cos últimos datos dispoñibles, os do ano 2017, a taxa de desemprego 9

feminina segue a ser maior e co maior diferencial, dun punto e catro décimas con respecto á masculina. Lonxe de aproveitar a leve creación de emprego para emendar as diferenzas existentes no mercado laboral antes da crise dende a perspectiva de xénero, constátase como de novo as mulleres volven a quedar fóra deste cambio. Só o 47,0% do total de mulleres en situación de desemprego con dereito a prestación teñen cobertura de desemprego, fronte ao 57,8% dos homes Taxa de cobertura (media Xaneiro novembro 2017) Taxa de cobertura de desemprego Homes 57,8 Mulleres 47,0 FONTE: SEPE Con datos do SEPE, compróbase que do total de persoas beneficiarias de prestacións por desemprego, do total de mulleres en paro con dereito a prestación por desemprego, só o 47% perciben prestación de desemprego, fronte so 57,8% no caso dos homes. INACTIVIDADE Do total de persoas que nin teñen nin buscan traballo por ter que coidar de menores, persoas adultas enfermas, con discapacidade ou persoas maiores o 91,9% son mulleres, e por ter outras responsabilidades familiares ou persoais o 87,4% do total son mulleres. POBOACIÓN INACTIVA POR SEXO E MOTIVO DE NON BUSCAR EMPREGO. GALICIA. ANO 2017 Homes % s/total homes Mulleres % s/total mulleres % Mulleres Total 472.000 100,0 621.500 100,0 56,8 Cree que non o vai atopar 8.800 1,9 14.000 2,3 61,4 10

Está afectado por unha regulación de emprego 500 0,1 300 0,0 37,5 Por enfermidade ou incapacidade propia 65.400 13,9 58.400 9,4 47,2 Coidado de nenos ou nenas, persoas adultas enfermas, discapacitadas ou maiores 2.900 0,6 32.700 5,3 91,9 Ten outras responsabilidades familiares ou persoais 7.700 1,6 53.400 8,6 87,4 Está cursando estudos ou recibindo formación 71.000 15,0 70.000 11,3 49,6 Está xubilado ou xubilada 162.300 34,4 108.600 17,5 40,1 Outras razóns 13.000 2,8 77.800 12,5 85,7 FONTE: IGE INE. Enquisa de poboación activa Os datos seguen a constatar como as mulleres seguen a ser as que teñen que renunciar a participar no mercado laboral para dedicarse á atención das responsabilidades familiares o que entre outras cousas, necesita de verdadeiras e efectivas políticas de conciliación e corresponsabilidade para poder cambiar esta tendencia. Das persoas que responden que non están traballando nin están buscando traballo por ter que coidar de nenos e nenas, persoas adultas enfermas, discapacitadas ou maiores o 91,9% son mulleres (32.700 fronte a 2.900 homes). O mesmo acontece no caso das persoas que responden que non traballan nin están buscando traballo por ter que atender responsabilidades familiares ou persoais, sendo neste caso un 87,4% mulleres (53.400 mulleres fronte a 7.700 homes). BRECHA SALARIAL As mulleres galegas perciben unha retribución media inferior á dos homes do 22% A brecha salarial aumenta ou diminúe en relación a variables como a xornada, tipo de contrato, sector de actividade, sector de ocupación, idade, etc. 11

GANANCIA MEDIA ANUAL POR SEXOS. Mulleres Homes %M/H 2008 16.646,42 21.105,60 21,1 2009 17.342,32 21.829,80 20,6 2010 17.691,11 22.626,21 21,8 2011 17.291,96 22.381,85 22,7 2012 16.727,15 22.059,69 24,2 2013 17.258,21 22.522,55 23,4 2014 17.797,03 22.505,05 20,9 2015 18.093,26 23.189,76 22,0 FONTE: Encuesta Anual de Estructura Salarial. INE Segundo os datos da última Enquisa anual de estrutura salarial a diferenza nas retribucións económicas entre homes e mulleres situouse no 2015 en 22% de media anual, 1,1 puntos superior á existente no ano 2014. As mulleres galegas terían que traballar 71 días máis para percibir o mesmo salario que os homes nun ano. A última enquisa dada a coñecer constata que o salario medio masculino situouse en 23.189,76 euros e o das mulleres en 18.093,26 euros. As mulleres perciben 5.096,50 euros/ano que os homes. CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE O 21,9% das mulleres mulleres ocupadas en Galicia traballan cun contrato a tempo parcial, fronte ao 5,9% dos homes POBOACIÓN OCUPADA POR TIPO DE XORNADA. GALICIA. ANO 2017. EPA. 600000 518900 500000 400000 391700 300000 200000 109700 100000 32300 0 12 Completa Mulleres Homes Parcial

A xornada laboral a tempo parcial caracteriza o emprego feminino, 109.700 mulleres (77,25%) ocupadas nesta modalidade fronte a 32.300 homes (22,75%). En relación ao total de persoas ocupadas de cada sexo, son o 21,9% das mulleres e o 5,9% dos homes. Pola contra, no caso dos contratos a tempo completo, as mulleres representan só o 43% dos mesmos. Das persoas que teñen un contrato a tempo parcial por ter que coidar de nenos ou nenas, de persoas maiores ou por ter que atender outras responsabilidades familiares, máis do 94% son mulleres POBOACIÓN OCUPADA A TEMPO PARCIAL POR MOTIVO DA XORNADA PARCIAL E SEXO 2017 Homes %s/ H Mulleres %s/ M % M Total 32.300 100 109.700 100 77,3 Seguir cursos de ensinanza ou formación 2.400 7,4 3.500 3,2 59,3 Enfermidade ou incapacidade propia 700 2,2 1.200 1,1 63,2 Coidado de nenos ou nenas ou de persoas adultas enfermas, incapacitadas ou maiores 900 2,8 14.500 13,2 94,2 Outras obrigacións familiares ou persoais 900 2,8 6.200 5,7 87,3 Non poder atopar un traballo de xornada completa 20.500 63,5 65.500 59,7 76,2 Non querer un traballo de xornada completa 2.000 6,2 9.900 9,0 83,2 Outras razóns. Non sabe o motivo 5.000 15,5 8.700 7,9 63,5 FONTE: IGE INE. Enquisa de poboación activa Se atendemos ás razóns polas que as persoas responden que din que teñen un contrato a tempo parcial en lugar dun a tempo completo, séguese a constatar como é a muller a que continua asumindo case en exclusiva as responsabilidades familiares. Das persoas que teñen un contrato a tempo parcial por ter que coidar de nenos e nenas, ou persoas adultas enfermas, incapacitadas ou maiores, un 94,2% son mulleres. Das que responden á atención a outras obrigacións familiares ou persoais, o 87,3% son mulleres. Isto pon de manifesto que non hai reparto destas tarefas. 13

Pero se tamén analizamos o número de mulleres e homes que din que teñen un contrato a tempo parcial por non poder atopar un traballo a xornada completa, de novo obsérvase como o 76,2% son mulleres (65.500 fronte a 20.500 homes), o que amosa as maiores dificultades que teñen as mulleres para poder acceder ao mercado laboral en condicións non precarias. A prestación por maternidade segue a desfrutarse de forma exclusiva pola nai no 97,9% dos casos. PERMISOS POR PATERNIDADE E MATERNIDADE ANO 2017 Mulleres Homes % homes Total Permisos de paternidade 12.972 Prestación de maternidade 13.592 293 2,1 13.885 Fonte: Seguridade Social Das 13.885 prestacións por maternidade solicitadas en Galicia no ano 2017, tan só 293 foron compartidas coa outra persoa da parella, o que supón o 2,1%. Trala crise o número de permisos por maternidade reduciuse de xeito importante, o que pode ter unha dobre lectura. Por un lado hai menos mulleres con emprego e con dereito ao acceso a esta prestación, e por outro, as mulleres están renunciando ou retardando á maternidade con fin de permanecer no mercado laboral. Así, tras cifras de 16.685 no ano 2010 chegamos ao 2017 con 13.592 Os permisos de paternidade teñen similar evolución, de 12.568 en 2010 a 12.972 en 2017. As reducións de xornada por coidado legal seguen a ser solicitadas en moita maior medida polas mulleres (73,8%) que polos homes (26,1%) REDUCIÓNS DE XORNADA GALICIA. 2012 Número Porcentaxe Incidencia Homes 7.870 26,1% 5,15% Mulleres 22.262 73,8% 17,54% Fonte: IGE *Última estatística dispoñible 14

No ano 2012, 30.132 traballadores e traballadoras galegas con menores de 0 a 12 anos se acolleron á redución de xornada por garda legal. Segundo o sexo, as solicitudes foron maioritariamente femininas, o 73,9% do total. O 17,54% de mulleres que teñen fillos ou fillas de 0 a 12 anos e están traballando, solicitan unha redución por este motivo, mentres que no caso dos homes redúcese ao 5,15%. As excedencias por coidado familiar seguen a ser solicitadas no 89,1% dos casos polas mulleres (1.079 fonte a 132 no caso dos homes) EXCEDENCIAS POR COIDADO FAMILIAR DADAS DE ALTA. GALICIA 2012 % 2013 % 2014 % 2015 % 2016 % 2017 % Total 657 100 665 100 699 100 846 100 1.104 100 1.210 100 Mulleres 605 92,08 611 91,88 630 90,13 751 88,8 984 89,1 1.078 89,1 Homes 52 7,91 54 8,12 69 9,87 95 11,2 120 10,9 132 10,9 FONTE: MEYSS. Seguridade Social. Aínda que se incrementa paulatinamente a solicitude de excedencias por coidado familiar no caso masculino, moi lonxe estase de conseguir a igualdade neste ámbito, xa que mentres no ano 2017 as mulleres solicitaron 1.078 excedencias por este motivo, os homes solicitaron 132. PROTECCIÓN SOCIAL Como consecuencia da maior precarización que sofren as mulleres no mercado laboral, a súa protección social tamén é menor As mulleres representan o 53,5% do total de pensións que se perciben, pero soamente o 49,1% delas accede a pensión de xubilación (fronte ao 77,2% dos homes) e as súas contías son moito máis baixas que no caso das pensións de xubilación masculinas. Esta é a factura do traballo desenvolvido ao longo da vida, con xornada a tempo parcial, con contrato temporal, con excedencias, con reducións de xornada para coidar fillos e fillas e outros familiares, sumado ao traballo non remunerado nas tarefas do fogar e o coidado de familiares. 15

ESTATÍSTICA DE NÓMINA MENSUAL DE PENSIÓNS. GALICIA. Media anual 2017 Homes Mulleres Nº pensións Pensión media Nº pensións Pensión media Brecha Mulleres Incapacidade permanente 46.646 888,88 23.113 727,38 18,16 Xubilación 272.062 1.052,76 199.406 655,85 37,7 Viuvez 18.937 401,79 168.358 564,58 28,8 Orfandade 12.737 373,78 11.236 371,46 0,62 Favor familiar 2.197 459,82 4.008 492,92 6,72 Total 352.579 967,89 406.121 612,61 36,7 FONTE: Seguridade Social. A incorporación das mulleres ao mercado laboral trouxo consigo o seu maior acceso á protección social de nivel contributivo, pero aínda moi por debaixo da masculina, e as contías das prestacións as que acceden por dereito propio son inferiores ás dos homes, claro reflexo das diferenzas no acceso, permanencia e saída do emprego. Os datos reflicten como as diferenzas por razón de sexo no mercado laboral acrecéntanse cando se accede a unha pensión de xubilación. As mulleres perciben o 42,3% das pensións de xubilación fronte ao 57,7% de homes e a brecha salarial nestes casos elévase ao 37,7%. Case duascentas mil mulleres xubiladas na actualidade están vivindo cunha pensión de xubilación media de 655,85 euros fronte aos 1.052,76 euros dos homes. A isto hai que engadir, que no caso da protección social non contributiva de xubilación, as mulleres representan o 78% do total das percepcións (cun importe medio segundo datos do IMSERSO de 365,48 euros), polo que se constata as maiores dificultades ás que teñen que enfrontarse as mulleres ao chegar á idade da xubilación. 16

CONCLUSIÓNS Segundo os datos da Enquisa de poboación activa do ano 2017 (media anual) a taxa de actividade das mulleres en Galicia se sitúa no 49,1% e a dos homes no 57,9%, o que supón unha brecha de xénero de case 9 puntos. A taxa de actividade das mulleres galegas sitúase 4,5 puntos por debaixo da media estatal. Galicia, tras Asturias, Estremadura e Castela León reflicte a menor taxa de actividade do Estado. Os niveis de ocupación das mulleres en Galicia seguen sendo moi inferiores aos dos homes. A taxa de emprego feminina situase no 41,1% fronte ao 49,2%, polo que é 8,1 puntos inferior. En Galicia hai 501.400 mulleres ocupadas fronte a 551.200 homes, o que supón 49.800 mulleres ocupadas menos. Segue a perpetuarse a existente segregación horizontal. Por sectores a ocupación feminina concéntrase no sector servizos co 83,3% do total, 417.700 mulleres ocupadas neste sector. A continuación, séguelle o sector industrial con 49.900 ocupadas, o 10% do total. O mercado laboral masculino caracterízase por unha maior diversificación, xa que o 58,4% están ocupados no sector servizos, pero o 22% na industria e o 11,2% na construción. Hai unha maior propensión ao emprego por conta propia no caso dos homes cun 24,1% fronte ao 18,5% no caso das mulleres. O peso das mulleres entre o empresariado segue a ser inferior ao masculino, con 5,6 puntos de diferenza segundo os datos correspondentes ao ano 2017. As mulleres seguen a ter maior peso no sector público cun 58,1% do emprego total fronte ao 45,5% no sector privado. As mulleres en Galicia son maioría no emprego temporal. Chaman a atención as altas taxas de temporalidade que soportan as mulleres, do 28,7% fronte ao 25,3% nos homes. A inestabilidade laboral afecta sobre todo as mulleres. 11.400 mulleres galegas están ocupadas en postos de dirección ou xerencia fronte a 26.300 homes, polo que só representan o 30%. 17

A igual formación, os homes acadan maiores taxas de ocupación que as mulleres en todos os niveis formativos, reducíndose as diferenza nos estudos superiores. A taxa de desemprego feminina situouse no ano 2017 no 16,4%, nos homes o 15%, a taxa feminina é 1,4 puntos superior, e a súa evolución constata como son as mulleres as que volven a quedar fóra do mercado laboral retribuído ante unha leve creación de emprego. Con datos do SEPE compróbase que a taxa de cobertura por desemprego é só do 47% no caso das mulleres, fronte ao 57,8% nos homes. No referente á poboación inactiva (que nin traballa nin está buscando un traballo), as diferenzas volven a constatarse, prexudicando de novo ás mulleres, con 149.500 inactivas máis. Do total de persoas que nin teñen nin buscan traballo por ter que coidar de menores, persoas adultas enfermas, con discapacidade ou persoas maiores o 91,9% son mulleres, e por ter outras responsabilidades familiares ou persoais o 87,4% do total son mulleres. A desigualdade nas retribucións de homes e mulleres en Galicia é do 22%. As mulleres galegas terían que traballar 71 días máis para percibir o mesmo salario que os homes nun ano. A última enquisa dada a coñecer constata que o salario medio masculino situouse en 23.189,76 euros e o das mulleres en 18.093,26 euros. As mulleres perciben 5.096,50 euros/ano que os homes. A ocupación a tempo parcial é maioritariamente feminina, 109.700 mulleres ocupadas teñen unha xornada a tempo parcial fronte a 32.300 homes. Na ocupación a tempo completo invértese a situación, hai 518.900 homes ocupados a tempo completo fronte a 391.700 mulleres ocupadas a xornada completa. A falta de voluntariedade tamén caracteriza o traballo a tempo parcial en Galicia. 65.500 mulleres fronte a 20.500 homes din que traballan a tempo parcial por non atopar emprego a tempo completo. E das persoas que teñen un contrato a tempo parcial por ter que coidar de nenos ou nenas, de persoas maiores ou por ter que atender outras responsabilidades familiares, case o 94% son mulleres. A prestación por maternidade segue a desfrutarse de forma exclusiva pola nai no 97,9% dos casos. As excedencias por coidado familiar son solicitadas 18

maioritariamente por mulleres (o 89,1% do total) así como o 73,8% das reducións de xornada por garda legal. Das 471.468 pensións de xubilación, o 42,3% son percibidas polas mulleres e a brecha salarial elévase neste caso ata o 37,7%. Case duascentas mil mulleres xubiladas na actualidade perciben unha pensión de xubilación media de 655,85 euros fronte aos 1.052,76 euros dos homes. Pola contra, no caso da protección social non contributiva de xubilación, as mulleres representan o 78%. 19