INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR O BAREMO E ASIGNAR AS PRAZAS Curso 2018/2019

Documentos relacionados
INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Guía rápida de consulta do Recadro da declaración da Renda do ano anterior

Asistente web para a solicitude

Información e instrucións para realizar solicitudes web

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Admisión a ciclos de Formación Profesional

Instrucións para a presentación electrónica de solicitudes do procedemento IN408A

espazoabalar Guía abalarmóbil

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

Fondo de Acción Social. Manual do usuario da aplicación de xeración de solicitudes

espazoabalar Guía abalarmóbil

SIFO. Rexistro Telemático

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

Manual de usuario Estudantes

Catálogo de servizos ÍNDICE DE CONTIDOS

Convocatoria ordinaria de 2012

Editar (podedes consultar ademáis o manual de OJS en

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2017/2018 ED. INFANTIL ED. PRIMARIA E.S.O.

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

VALIDACIÓN DE SINATURAS DIXITAIS EN DOCUMENTOS PDF

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

Como buscar no catálogo?

SOLICITUDES DE CURSOS

MANUAL BÁSICO DE MANEXO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA SGIC-STO

CADP 2018/2019 COMO EFECTUAR A TÚA PETICIÓN?

MANUAL BÁSICO DE MANEXO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA SGIC-STO, PARA ELABORACIÓN DO INFORME DE SEGUIMENTO DE TÍTULOS 2015 (CURSO 2014/15)

ITINERARIOS SMART CORUÑA SMART CITY

SOLICITUDE DE COMISIÓN DE CONCILIACIÓN FAMILIAR 2018/2019

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

FAQ s Campaña antigripal 2014

G U Í A D O A L U M N A D O

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

MANUAL DA APLICACIÓN MÓBIL DE MONDARIZ BALNEARIO

CAMBIOS DE GRUPO 2018/19

Como conectar terminais non abalar á wifi abalar do centro

GUÍA RÁPIDA PARA REUNIÓNS VIRTUAIS (VIA WEB) Para participar nunha reunión virtual só é necesario unha conexión a internet de

Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

CAMPAÑA ANTIGRIPAL 2017 Preguntas Frecuentes (Hospitais da rede do SERGAS)

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2017/2018 PREGUNTAS FRECUENTES FAQ 17-01

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

Inicio rápido. Que é GeoGebra? Datos rápidos

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

Mapa comercial de Santiago de Compostela Manual de usuario

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

Manual Xade. Procesos: Grupos. CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Secretaría Xeral

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

PROCEDEMENTO DE CAMBIO DE GRUPO OU QUENDA

MANUAL BÁSICO DE MANEXO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA SGIC-STO

GUÍA PARA FACER BUSCAS DE NORMATIVA MINERVA

Oficina Virtual Tributaria. Canon Eólico

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

Creación dunha entidade con período contable distinto ao ano natural

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Curso 2017

SOLICITUDE DE PAGAMENTO DA AXUDA A REDUCIÓN DA PRODUCIÓN DE LEITE

Os estados financeiros da empresa

MANUAL DE INTERCAMBIO-CONTRATO DE ESTUDIOS. ALUMNO. Unixest-SIE

Biblioteca ÍNDICE DE CONTIDOS

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

MANUAL BÁSICO PARA PASAR FALTAS E NOTAS NA APLICACIÓN DE XESTIÓN XADE WEB

O SALARIO. O salario ou remuneración salarial é o pago que recibe en forma periódica un

Innovación e as T.I.C.

Guía do Usuario: Comprobación de CSV

Orientación e admisión na Formación Profesional A orientación profesional e as novas competencias profesionais

COMO CREAR UNHA BASE DE DATOS EN BASE DE LIBREOFFICE

Meu Eido ÍNDICE DE CONTIDOS

AUTONOMÍA PARA A VIDA MEDIDAS ALTERNATIVAS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Guía buscar revistas-e

NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

Uso avanzado do buscador Google

O servidor do centro

DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2011 Páx CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TEMA 2: DERIVADA DUNHA FUNCIÓN

INSTRUCCIÓNS PARA OS CADROS DE CERTIFICACIÓN DE ASISTENCA E AXUDAS INDIVIDUAIS DE ACTUACIÓNS

Proba de acceso aos ciclos superiores. Estructura da Proba. Cualificación e Certificación. Exención da parte específica

Audio e vídeo en Ardora 7

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA. PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS ( ) INSTRUCIÓNS PARA OS CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

Guía de procedementos e servizos

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

PROCEDEMENTO P-PRL 17

- Exclusión da tributación de todas as herdanzas inferiores a

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

XI REBUMBIO MATEMÁTICO GALEGO FASE DE ZONA 29 abril 2011

Aplicación para Administradores de Predios e Xestorías

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

REFERENCIAS NORMATIVAS AVALIACIÓNS: PROMOCIÓN, TITULACIÓN

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

BORRADOR XADE 21/0/08

PUBLICAR CONTIDOS NA WEB DO CENTRO

Transcripción:

INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR O BAREMO E ASIGNAR AS PRAZAS Curso 2018/2019 1. Cuestións previas a ter en conta Este ano os centros deberán lanzar o baremo en todos os cursos nos que haxa máis solicitudes que vacantes (incluíndo neste concepto, o caso de que as vacantes sexan cero). As solicitudes a baremar serán as presentadas en prazo no centro (entre o día 1 de marzo e o día 20). Lembrar que para ter en conta un criterio, debe estar marcado na solicitude (non é suficiente, por exemplo, no caso da renda da unidade familiar, só con autorizar a consulta), o que significa: Irmáns en centro: Deben constar os datos pertinentes Discapacidade: Débese indicar para quen se alega Por proximidade (domicilio ou lugar de traballo), débese activar o recadro correspondente Familia numerosa: Debe constar escollido o tipo Renda: Debe constar a Renda da familia e o número de membros da unidade familiar Polo tanto, non se terán en conta criterios non alegados (marcados) na solicitude. Respecto das solicitudes presentadas fóra de prazo, non se gravan na aplicación. Débense remitir ás Xefaturas Territoriais. IMPORTANTE: Deben entón revisar que as solicitudes se atopan correctamente cotexadas de cara ao baremo, e non deben gravar na aplicación solicitudes presentadas fóra de prazo. 2. Cálculo do baremo Para lanzar o cálculo do baremo, cós criterios pertinentemente marcados, os centros empregarán o menú: Baremación Admisión Executar proceso baremación Unha vez accedan ao menú, ao premer en filtrar a aplicación debuxa unha matriz coa situación do centro. Na columna Opcións distínguense: Para ver a listaxe de solicitudes (cós datos aportados por cada familia. Premendo a tecla CTRL e facendo clic có rato ao mesmo tempo abre a lista nunha nova pestana)

Lanzar o baremo por curso Lanzar a asignación de prazas en caso de que sexa posible Ver a lista de prazas asignadas. Nos cursos en que non se bareme sairán só as permanencias e reservas asignadas. A propia aplicación pinta as iconas en función das circunstancias: Se hai suficientes vacantes para as solicitudes presentadas, debuxa a icona de asignar Se hai solicitudes e as vacantes non son suficientes, debuxa a icona de lanzar baremo Pódese asignar curso a curso, premendo en, ou conxuntamente para todos os cursos, activando ao igual que antes os recadros e premendo no botón Asignar prazas. IMPORTANTE: A aplicación valida os estados das solicitudes, é dicir, deben estar todas as que é necesario baremar ou asignar en estado Revisada. Se hai algunha solicitude en estado Rexistrada non permite lanzar o baremo nin executar a asignación. 3. Revisión do baremo Unha vez se lanza o baremo, as solicitudes pasan a estar en estado: Baremable: non houbo diferenzas entre os datos alegados e os servizos consultados Baremable con erros: houbo diferenzas entre os datos alegados e os servizos consultados. Para ver a listaxe premer na icona que agora aparece na pantalla á altura do curso do que se calculou o baremo. Pode revisar as puntuacións obtidas para cada alumno ou alumna, premendo na mesma icona. Ao pé da pantalla pode ver distintos botóns: Xerar informe: Elabora unha folla de cálculo na que se listan as solicitudes cós baremos obtidos automaticamente e revisados. Inclúe os campos dos centros de orixe, de vir detallados na solicitude. Informe de erros: Folla de cálculo na que se listan por solicitude os erros atopados ao facer os cruces de datos de identidade, discapacidade, etc.

Informe de erros (pdf): Informe en pdf coa información previa. Informe detallado baremo: No que se recolle a puntuación obtida, desgranada por criterio de baremo. A pantalla de revisión está pensada de forma que indica o criterio alegado, a puntuación obtida automaticamente e a puntuación que, en caso de corrección, o centro asigna á solicitude polo criterio correspondente. É obrigatorio cubrir o motivo de modificación, en caso de ter que variar algunha puntuación. Feita a revisión da puntuación poden: Gardar a solicitude, que manterá o estado baremable ou baremable con erros. Validar a solicitude, que pasará a estar en estado baremada. Nótese que unha vez estea validada non será posible a súa corrección. Para poder asignar prazas, as solicitudes, de ter que baremar, terán que estar en estado baremada IMPORTANTE: REVISAR A PUNTUACIÓN antes de gardar e validar a solicitude. 4. Asignación de prazas Lembre: Se non é preciso calcular o baremo, para poder asignar as prazas, as solicitudes deben estar no estado Revisadas (listas para baremar). Se é preciso calcular o baremo, as solicitudes deben estar en estado Baremada. Pode asignar as prazas: Curso a curso: A través do menú Onde deberá escoller ensinanza e curso. Varios cursos a un tempo: A través do menú Prazas Asignación de prazas Baremación Admisión Executar proceso de baremación Nos centros con aulas mixtas, unha vez efectuada a asignación poderán indicar a aula mixta na que o alumnado vai ocupar posto, independentemente de que durante a parte de gravado de solicitudes xa rexistrara dita información Unha vez feita a asignación de prazas pode sacar as listaxes a través do menú: Prazas Asignación de prazas Seleccionando ensinanza e curso pode premer nos seguintes botóns: Xerar informe: Hai versión para folla de cálculo e para pdf. En ambos casos lista ao alumnado completo que obtén praza no centro no proceso de admisión. Informe detallado con Baremo de Sol. Admisión: Lista as solicitudes có seu baremo correspondente.

5. Prazos Para esta parte do proceso: Listaxes provisionais: Deben publicarse antes do 25 de abril Listaxes definitivas: Deben publicarse antes do 15 de maio 6. Datos de Renda No caso de ter que presentar a declaración da renda, as casiñas que se comproban son a 392 (Base impoñible xeral) e máis a 405 (Base impoñible do aforro). Como novidade, este ano a aplicación tamén fai a consulta dos datos de imputacións cando non existe declaración da renda, en caso de que consten na AEAT. O valor total das imputacións vinculadas a un DNI obtense de facer a diferenza entre os valores totais asociados aos rendementos e as retencións dos conceptos que se listan a continuación: Rendementos De traballo - Retribución De contas bancarias Outros rendementos do capital mobiliario retribución Implícitos do capital mobiliario De operacións de seguros Ventas de fondos de inversión ganancia, perda Ingresos de arrendamentos de inmobles Retencións e deducións Retencións dos rendementos de traballo Retencións dos rendementos de capital mobiliario Gastos deducibles dos Rendementos de traballo Reducións aplicables aos rendementos de traballo Gastos e reducións aplicables a outros rendementos explícitos do capital mobiliario Retencións de ganancias Retencións de arrendamentos de inmobles Deste xeito, se para unha familia, hai ingresos de tres membros, dous que presentan declaración conxunta, e un que ten certificado de imputacións, a aplicación devolverá como renda total da familia o importe que resulta de sumar o valor das casiñas indicadas para a declaración dos dous membros que fan a declaración conxunta, xunto co balance final do certificado de imputacións que hai para o terceiro membro. 7. Incidencias na UAC Os centros que abrisen incidencia na UAC para as solicitudes de admisión, aínda non resolta, obterán resposta por parte da CCEOU o antes posible. É fundamental que toda incidencia sexa posta en coñecemento da UAC para a súa resolución por parte da Subdirección Xeral de Centros.

Igual que na fase de reserva, todas as incidencias deberanse canalizar a través da UAC, e as dúbidas das familias serán aclaradas polos centros educativos, nunca pola UAC, que só atenderá a centros en cuestións relativas de admisión. 8. Esquema dos estados 9. Información adicional Pode acceder de novo aos contidos informativos en: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=1194 co contrasinal de automatrícula AdaleRZT (no caso de non estar dados de alta), logo de introducir o seu usuario e contrasinal de educación.