Programa educativo e d u c A N D O

Documentos relacionados
CURSO PROGRAMA Educativo. MUSEO DE PONTEVEDRA Gabinete Didáctico

t e O d e P o n M u PROGRAMA EDUCATIVO Curso G a D i d á c

Visitas didácticas. Gaiás Cidade da Cultura

MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

Memoria Erasmus+ Finlandia

educación INFANTIL Programa didáctico PrOPOSTAS EDUCATIVAS actividades curso

Programa Anual de actividades culturais e de promoción das ensinanzas do CMUS Profesional de Música de Vigo

ITINERARIOS SMART CORUÑA SMART CITY

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

e actuacións, introducindo a reflexión fundamentada e apoiada nos coñecementos teóricos.

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

Pasamos polo mercadillo para deixar o noso kilo de comida e o xoguete/libro no espazo de troco.

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

Catálogo de servizos ÍNDICE DE CONTIDOS

XIX SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA: MULLERES DE CONTO

MANUAL DA APLICACIÓN MÓBIL DE MONDARIZ BALNEARIO

CURSO 2017/2018 AULA MATINAL

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

Viveiro de Empresas do Concello de Riveira.

AVELLENTAMENTO ACTIVO

CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UDC

Meu Eido ÍNDICE DE CONTIDOS

Xeografía e Historia de Galicia

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Guía de recursos dixitais da web da UDC

Biblioteca ÍNDICE DE CONTIDOS

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

Obradoiros. de Verán 2017

!!! 22 XUÑO_20 XULLO_2018!!!!! Máis alá da paisaxe

Que é Tótem, xestión creativa do tempo?

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

2 de outubro do Casa das asociacións, Santiago de Compostela. Horario de 10:15-14:00 h. SUBVENCIONA COLABORAN. Que é o DUELO?

Guía de propostas didácticas para docentes SECUNDARIA, BACHARELATO, FP DE GRADO MEDIO E ENSINAS ESPECIAIS

Mapa comercial de Santiago de Compostela Manual de usuario

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

FÍASTE DO QUE DIS? Autores: Antonio Daniel Abad Ramírez Sara Fernández González Lucía Santiago Fernández 3ºESO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN EN 1º DE BACHARELATO.

espazoabalar Guía abalarmóbil

RUTA DE QUEIXO E MEL. 2 DÍAS (2 días - 1 noite) 62 KM 4 CONCELLOS O Pino, Arzúa, Vila de Cruces, Santiso. a c

propostade colaboración

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

III CARREIRA-ANDAINA SAN SILVESTRE VILALBESA 31 DE DECEMBRO 2017

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

En TRASCOS celebraron el dia del Síndrome de Asperger- 18 de febrero de 2017.

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil

BASES DO III PREMIO UNIVERSITARIO DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

MEMORIA 5ª BTT DOS CALLOS

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

Normas de convivencia no centro

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

NORMAS INTERNAS DE USO E FUNCIONAMENTO DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS.

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

1º exame, 3ª avaliación

A CARTA DE PRESENTACIÓN

PROPOSTAS EXTENSIÓN CAMPAÑA A CONCELLOS

CMUS Profesional de Viveiro

I PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

ACTIVIDADES. Ciclo Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas J.M. Paredes González

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

C.S.I. CENTRO SOLIDARIO DE INVESTIGACIÓN: Buscando desperdicios

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

PROGRAMACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA

O punto de partida do proxecto, o Plan Nacional de Bandas de Música:

O VOLUNTARIADO E A INMIGRACIÓN Inmigración, xuventude e Voluntariado

UN AMOR POR DESCUBRIR

PROPOSTA BIBLIOGRÁFICA

Centro terapeutico, cultural e educativo

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

celga 4 obxectivos lecer celga 4 lecer Tarefa final: preparar unha xornada de lecer para todo o grupo

Proba de acceso aos ciclos superiores. Estructura da Proba. Cualificación e Certificación. Exención da parte específica

A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTIL

AUTISMO GALICIA celebra a súa primeira ASEMBLEA XERAL do 2018

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-04

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

PROGRAMA FORMATIVO PARA O DESENVOLVEMENTO DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

G U Í A D O A L U M N A D O

Fundación Refuxio de Animais

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

Nº 46 AXENDA CULTURAL E DEPORTIVA

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS DE NATACIÓN POLOS CLUBES E CAMPIONATOS GALEGOS

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

RÉXIME DO SERVIZO DE EMPRESTIMO GRATUITO DE EQUIPOS INFORMÁTICOS PORTÁTILES AOS ALUMNOS/AS DO EDIFICIO XURÍDICO- EMPRESARIAL DO CAMPUS DE OURENSE

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

Sinala, nos dous capítulos, onde empezan e acaban este prólogo e este epílogo. En que momento se sitúan? É un tempo diferente ao da acción da novela?

Asistente web para a solicitude

HORARIOS PROFESORADO EMAO CURSO

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

GUÍA DO ARQUIVO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

OE 1.4. Atención ao benestar social

Transcripción:

Programa educativo 2017-2018 e d u c A N D O

Presentamos a nosa proposta educativa, que abrangue desde Educación Infantil ata Bacharelato. Esta oferta vese limitada nestes momentos por mor do peche temporal dos edificios Castro Monteagudo e García Flórez. Programa educativo 2017-2018

INFORMACIÓN E NORMAS PARA A VISITA O acceso ao Museo de Pontevedra e os servizos do Gabinete Didáctico son de balde. Para concertar a visita é preciso contactar co Gabinete Didáctico, cunha marxe mínima de 24 horas, en: - gabinetedidactico.museo@depo.es - 986 804 100 ext. 42413 (de luns a venres de 8:30h a 14:30h) Para facer a reserva deberán indicarse os seguintes datos: - Nome do centro. - Data e hora solicitada. - Modalidade de visita. - Número de alumnos e alumnas. - Nome e teléfono de contacto do profesor ou profesora responsable. Lugar de encontro: recepción do Sexto Edificio ((rúa Padre Sarmiento, 3) Prégase que durante o tempo da visita estéa sempre presente un profesor ou profesora por grupo. Para acceder ao Museo de Pontevedra é preciso deixar nos carros habilitados para este uso: - Mochilas. - Bolsos. - Bolsas. - Paraugas. - Alimentos e bebidas. O material didáctico preciso para a realización dalgunhas das visitas será entregado polos educadores do Museo de Pontevedra ao inicio das mesmas. Os profesores e profesoras responsables do grupo poderán realizar fotografías durante a visita pero sen flash nin trípode nin pau de selfie. O Museo de Pontevedra non se responsabiliza do uso que se faga desas imaxes. Os centro escolares da provincia de Pontevedra poden acollerse ao programa de axudas Coñece o Museo de Pontevedra. Máis información no seguinte enlace: www.museo.depo.es/gabinete.didactico/programa_conece_o_museo. 4

ONDE ESTAMOS 1 - Ruínas de San Domingos - Riestra s/n. 2 - Fernández López (área administrativa e de investigación) - Pasantería 2. 3 -Castro Monteagudo (pechado por reformas) - Pasantería 12. 4 - García Flórez (pechado por reformas) - Sarmiento 24. 5 - Sarmiento - Sarmiento 53. 6 - Sexto - Padre Amoedo 3. Av enida de Buenos Aires Malvar Ar cebispo Isab el II Sarm iento 4 5 6 Padre Amoedo Praza de España Praza da Ferrería 2 3 Cobián Roffignac 1 Mic hele na 5

7 INFANTIL - PRIMARIA pensarte Infantil (de 4 a 5 anos) Duración 60 minutos Os nenos e nenas realizan unha serie de actividades a partir da observación directa dunha selección de obras de arte contemporánea. Algúns dos aspectos que se traballan son: a expresión das emocións a través das cores, as formas xeométricas, o espazo, o desenvolvemento da imaxinación e a exposición oral das ideas. Da paleta ao lenzo 1º e 2º de Primaria Duración 75 minutos Visita dinamizada que pretende achegar aos nenos e nenas a arte da pintura, desde o instrumental tradicional do pintor, ata o recoñecemento dalgúns xéneros como a paixase, o bodegón ou o retrato, e moi especialmente a que aprendan a ollar dunha maneira detida para descubriren por si mesmos: cores, texturas, figuras...

8 De nómades a sedentarios 3º e 4º Primaria Percorrido polas salas dedicadas á prehistoria e historia antiga de Galicia, na que se incide no fenomeno do megalitismo, nos castros e na aparición da escritura. Unha viaxe polo retrato do século XIX 3º e 4º Primaria Duración 75 minutos Actividade con ficha didáctica onde nos achegamos ao xénero do retrato e a súa importancia na historia da arte: quen se retrataba, por que, tipos de retratos, técnicas ou autores.

9 Detectives da arte 3º e 4º Primaria Duración 75 minutos Xogo de busca e observación onde os nenos e nenas, a partir dunha selección de obras de artistas galegos, profundan no valor da abstracción, da expresión a través das cores e das texturas, da importancia da visión persoal e única de cada espectador e da evolución dos xéneros e as técnicas. Seguindo as pegadas dos nosos antepasados 5º e 6º Primaria Percorrido con ficha didáctica que permite que os alumnos e alumnas coñezan, a partir dos restos arqueolóxicos, algúns dos aspectos máis relevantes do noso pasado: as ferramentas líticas máis antigas de Galicia, importantes pezas de ourivería, petróglifos, obxectos de uso doméstico ou monumentos epigráficos romanos, entre outros.

10 O meu Castelao 5º e 6º Primaria 25 alumnos máximo Visita con material didáctico onde os nenos e nenas van descubrindo dunha forma autónoma a vida e obra do ilustre galego, así como a súa especial relación con Pontevedra e o Museo. Música na arte 5º e 6º Primaria Percorrido con material didáctico que relaciona a música coa pintura para que a partir dunha selección de obras nas que esta aparece como elemento da composición, os nenos e nenas a vivan dunha forma diferente.

11 Trazos da arte contemporánea 5º e 6º Primaria Actividade de busca que pretende mostrar aos nenos e nenas que hai outra maneira de crear, sentir e gozar a arte ademais da forma tradicional. Familiarízanse con algúns dos trazos da arte do século XX e XXI: a subxectividade das cores, a síntese das formas, a deformidade, a abstracción, as novas técnicas, etc. As Ruínas de San Domingos 5º e 6º Primaria Visita guiada polos restos do antigo convento dominico da cidade, o máis destacado exemplo da arquitectura mendicante galega do que perviviu a súa cabeceira de cinco ábsidas, permitindo unha achega á historia e a arte medieval.

ESO - BACHARELATO Do Paleolítico á Romanización Duración 75 minutos 1º ESO Percorrido polas salas dedicadas á prehistoria e historia antiga de Galicia con apoio de material didáctico. Partindo de vestixios datados no Paleolítico inferior, os rapaces e rapazas irán descubrindo os cambios que foron acontecendo ao longo da prehistoria galega ata chegar ao proceso de romanización, e por ende, ao comezo da historia coa chegada da escritura. 12 Que hai tras as imaxes? 2º e 3º ESO A partires desta pregunta os alumnos e alumnas atoparán resposta sobre o valor iconográfico das obras de arte doutras épocas. Tamén descubrirán a conexión que moitas delas seguen a manter coas iconas actuais e co seu medio de expresión: por que hai imaxes que portan atributos representativos? Poden darse varias lecturas dunha mesma obra?

13 Música na arte ESO Percorrido con material didáctico que relaciona a música coa pintura para que a partir dunha selección de obras nas que esta aparece como elemento da composición, os rapaces e rapazas a vivan dunha forma diferente, traballando sobre cuestións diversas da teoría e da historia musical. Castelao no Museo de Pontevedra 4º ESO - Bacharelato 25 alumnos máximo Visita con material didáctico onde os alumnos e alumnas descubrirán, dunha forma autónoma e a partir da observación directa da obra de Castelao e da reflexión persoal, algunhas das facetas máis destacadas do pensamento e da arte do xenial artista.

14 A romanización do mundo castrexo ESO - Bacharelato Visita na que se fai especial fincapé naqueles aspectos definidores da cultura castrexa que foron mudando no proceso de adaptación á cultura romana: hábitat, administración territorial, lingua, novos produtos, explotacións, relixión, epigrafía... As Ruínas de San Domingos ESO - Bacharelato Visita guiada polos restos do antigo convento dominico da cidade, o máis destacado exemplo da arquitectura mendicante galega do que perviviu a súa cabeceira de cinco ábsidas, permitindo unha achega á historia e a arte medieval.