A INICIATIVA EMPRENDEDORA EN ESPAÑA

Documentos relacionados
Seminario de Planificación Empresarial

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

PLAN DE EMPREGO XUVENIL

MASTER UNIVERSITARIO EN MARKETING, CONSULTORÍA E COMUNICACIÓN POLÍTICA

Resumo da elaboración I PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

OE 1.4. Atención ao benestar social

O ESTADO DA POBREZA SEGUIMENTO DO INDICADOR DE RISCO DE POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

Os maiores e as TIC ANO 2011

2.1. Escalas e cuestionarios empregados

A Lei da Dependencia. Cara onde imos?

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Axentes de Emprego e AEDLs

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

PRESENTACIÓN DAS ACCIONS A DESENVOLVER POLO CONCELLO DE LUGO DENTRO DO PROXECTO MURALLA DIGITAL

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DE ENERXÍA, MEDIOAMBIENTE E SERVIZOS

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

A SINIESTRALIDADE NAS ESTRADAS.

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DA SAÚDE, BENESTAR E VIDA

O Software Libre as empresas informáticas de Galicia Resumo executivo

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

Rúa Atalaia nº Porto do Son (A Coruña) CIF: P B Tlfno: Fax: ADHESIÓN REDE EUSUMO CONCELLO DE PORTO DO SON

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

Fundación Refuxio de Animais

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA

Informe Sobre as Necesidades do Solo Empresarial en Barbanza-Noia ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA

BASES DA CONVOCATORIA

coach emprendedor imaxina futuro arte cidade coachemprender turismo oportunidade

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

O VOLUNTARIADO E A INMIGRACIÓN Inmigración, xuventude e Voluntariado

Consumo de Drogas e Uso Problemático de Internet entre os adolescentes de SANTIAGO DE COMPOSTELA

O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas

PROBA B (ORAL) CADERNO DO PERSOAL EXAMINADOR

PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

CRITERIOS DE EVALUACIÓN

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

CONVOCATORIA DOS V PREMIOS BIOGA

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

Plan Estratéxico de Galicia

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

INDUSTRIA 4.0. PROXECTO DE CAPACITACIÓN EN TECNOLOXÍAS, METODOLOXÍAS OU TÉCNICAS RELACIONADAS COA. Organiza:

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-04

MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA PLAN DE COORDINACIÓN DOCENTE INFORME DE ACCIÓNS ACADÉMICAS E DE COORDINACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL EMPRENDIDAS

As mulleres no Sector TIC. Ano 2017

Guía de recursos dixitais da web da UDC

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

PROGRAMAS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA PARA O FOMENTO DA EDUCACIÓN AMBIENTAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Título: Cómo intervenir en personas mayores? Autor: Gloria Pérez Serrano (Coord.) Editorial: Dykinson, Madrid, 2004 Núm. pp.: 266 Tamaño: 24 x 17 cm.

AS SECCIÓNS BILINGÜES A IMPLANTACIÓN DO PORTUGUÉS NO ENSINO REGRADO GALEGO

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

PROCEDEMENTO P-PRL 17


introdución ao estudo de carnívoros

INFORME DE RESULTADOS Plan anual de avaliación 2010

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

Memoria final do departamento de Grego

Como buscar no catálogo?

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Informe sobre o financiamento de ONGs

OBRADOIROS. curso dossier

XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL

En Vivenda Xove poderás atopar os recursos ao teu alcance para facilitar o acceso a unha vivenda.

Concello de Riveira ORZAMENTO MUNICIPAL

A Coruña 26/09/2017. POS Adicional por maior achega provincial ( )

- Exclusión da tributación de todas as herdanzas inferiores a

XIX SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA: MULLERES DE CONTO

Selectividade: Exercicio teórico:

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

introdución ao estudo de carnívoros

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente,

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. - Curso 2018/2019 -

Guía de nais e pais CON LA PARTICIPACION DE. w w w. n ave ga con ru mbo. es

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

ANEXO III: PLAN ANUAL DE LECTURA.

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

e actuacións, introducindo a reflexión fundamentada e apoiada nos coñecementos teóricos.

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

NORMATIVA SOCIAL MEDIA

Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural

BASES XIV CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS INNOVADORES DA USC

MAPA DE RECURSOS: Emprendemento e Orientación

MEMORIA DA ACTIVIDADE

A función de produción

(Campus de Ourense) Obradoiro para a elaboración de guías docentes ECTS. Programa de Formación Permanente do Profesorado. Universidade de Vigo

Escola no río Os ollos do Loña

CONCELLERÍA DE DEPORTES EVENTOS DEPORTIVOS CALENDARIO, INSTRUCIÓNS, SOLICITUDE E TRAMITACIÓN

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

E DAS PERSOAS RESIDENTES NO CONCELLO DA CORUÑA

Transcripción:

A INICIATIVA EMPRENDEDORA EN ESPAÑA No ano 2010 a Fundación Príncipe de Girona encargou a ESADE a elaboración dun estudo sobre a iniciativa emprendedora en España, coa intención de extraer conclusións válidas que axudaran ao impulso do espíritu emprendedor, de modo principal entre os mozos e mozas españois. Cómpre ter en conta que esta liña de traballo encaixa de xeito directo entre os obxectivos que se marcaron pola Fundación no momento en que foi creada, alá polo ano 2009, como son os de traballar a prol da mocidade en aspectos importantes para o desenvolvemento do seu futuro, educación, emprego, uso dos talentos, ou actuacións de tipoloxía tendente a crear empresas. O resultado final do estudo foi unha publicación titulada, LIBRO BLANCO DE LA INICIATIVA EMPRENDEDORA EN ESPAÑA. Aparecen recollidas nesta obra algunhas analises sobre as investigacions levadas a cabo en España na última decada ao respecto, ademáis dos resultados que se acadaron nunha enquisa feita a máis de 7.000 mozos e mozas españois por medio da rede social Tuenti, e tamén por entrevistas con algúns expertos no tema. Os datos que se van indicar de seguido están extraídos do Libro citado. 1 - CONCEPTO: Por iniciativa emprendedora hai que entender a actitude e mesmo o proceso para crear e desenvolver unha actividade económica, combinando a adopción de riscos, a creatividade e/ou a innovación cunha xestión sólida, nunha organición nova ou noutra preexistente. É, sobre todo, unha forma de pensar ou unha mentalidade. Inclúe motivación e capacidade do individuo, ben en forma independente ou dentro dunha organización, co obxectivo de identificar unha oportunidade e loitar por ela para producir un novo valor ou un éxito económico. Tamén, a propensión a inducir cambios nun mesmo, aceptando e apoiando a innovación que poida vir dende factores externos, aceptando o cambio, asumindo a responsabilidade polas propias accións, sexan positivas ou negativas, rematando o que se comezou para

saber onde vamos, para estableceren obxectivos e cumplilos, e teren motivación para o éxito. Esta definición un pouco longa, foi dada pola Comisión das Comunidades Europeas en 2003 e 2004, pero a traemos aquí porque parécenos que compendia dun xeito perfecto todo o catálogo de requerimentos, condicions e expectativas que debe acumular un emprendedor. 2 TAXA DA ACTIVIDADE EMPRENDEDORA, 5,1% Atendendo ás idades, temos: Anos: de 18-24 25-34 35-44 45-54 55-64 7% 43% 28% 16% 6% Vése polo tanto que o 50% do total de emprendedores españois está comprendido nos segmentos máis novos. Outras observacions do estudo indican que, a) Hai unha notable preferencia polo emprego sobre o autoemprego, que para o ano 2009 representa un 52%. A presunción de estabilidade, independencia e ingreso fixo que supón un emprego por conta allea prevalece sobre a idea das circunstancias de risco e ventura que supón o establecemento do propio traballo. ESTABILIDADE 77% INGRESOS FIXOS 70% SEGURIDADE SOCIAL 46% HORARIOS FIXOS 51% Pola contra, as razóns para decantarse polo autoemprego, son, INDEPENDENCIA 67% LIBERDADE HORARIA 61% MAIS INGRESOS 47%

Indícase na enquisa que se daba a facultade aos entrevistados de ofrecer máis de unha resposta, de ahí que as porcentaxes nos se axusten a unha cifra 100 estricto. b) É destacable o reducido dimensionamento das empresas españolas. Máis da metade, un 53%, non teñen ningún empregado. O 42% teñen entre 1 e 9. c) En 2009 había en España 3.4 millons de empresas. Delas, 1,8 son de autoemprego e so 185.000 contrataban a 10 persoas ou máis. O estudo non avanza datos para o ano 2010, pero é doado supoñer que coa situación de crise que se está a padecer as cifras sexan maiores. d) No ano 2010 pecharon un 19% máis de empresas que as de nova creación. Pola mesma razón anterior, tamén aquí cabe supoñer que os datos para 2011 sexan progresivamente negativos. 3 COMPARACION DA SITUACION ESPAÑOLA CON OUTROS PAISES A1) A taxa do 5,1% de España que xa se indicou está por baixo da dos USA (8%), ou da de Noruega (8,5%), pero segundo se sinala no estudo non é das peores e ten como causa principal a necesidade pola carencia doutras alternativas derivadas da situación social: (de cada 10 novos emprendedores 4 o fan por necesidade). A2) Os novos emprendedores españois teñen unha actitude dun maior temor polo risco, mesmo que polo fracaso. A resposta a unha pregunta sobre asunción de riscos da estas porcentaxes, USA (39%). Francia (21%). España (12%). A3) Extensión da idea negativa sobre a creatividade persoal, idea que vai ligada a condicionantes aleatorios como a sorte. En definitiva, pouca autoconfianza. Aínda que nos máis novos decrecen estas sensacions. USA (51%), Reino Unido (34%), Francia (23%). España (15%). A4) Hai unha decantación preferente na sociedade española polas profesions libres (72%), ou os cientificos e artistas (69)%), sobre o autoemprego. Como esclarecedor cómpre indicar o dato que é o sector dos funcionarios o que resulta coas peores valoracions en canto a aceptación social (32%).

A5) Escasa atención comparativamente dos medios á iniciativa emprendedora: USA (67%); Francia (50%); Italia (44%). España (37%). A6) A porcentaxe de ni-nis en España é o máis alto do entorno na franxa dos 15 aos 19 anos. A diferencia decrece no segmento que vai dos 20 aos 24. 4- FORMACION EN EMPRENDEMENTO Para adentrarse nesta parte do estudo é preciso ter en conta en primeiro lugar, que hoxendía está desbotada a teoría de antano de que a profesión de emprendedor viña dada pola nacencia. Enténdese, polo contrario, que estamos diante dunha disciplina como calquera outra que necesita de aprendizaxe. Xa que logo, hai que distinguir tres tipos de formación no emprendemento, 1) Educación en iniciativa emprendedora 2) Educación dentro de empresas 3) Educación en posta en marcha e xestión de pequenas empresas. O estudo céntrase no primeiro destes tres tipos, istó é, o da iniciativa. Aparecen datos interesantes, por exemplo, os da percepción que teñen os potenciais emprendedores sobre esa formación, entendendo as respostas como contestacions á pregunta do que aprenderon na sua etapa formativa: POÑER EN MARCHA PROXECTOS. 27% ENTENDER O ROL DO EMPRENDEDOR NA SOCIEDADE 27% INTERESARSE POLA ASUNCION DE RISCOS 19% COÑECER COMO INICIAR UN NEGOCIO NO FUTURO 28% Como xa sabemos, unha terceira vía para a investigación que comentamos foi a apelación a un grupo de expertos. Do resultado das súas opinións xunto coas outras vías, saíron unhas conclusions ao respecto, das que extraemos as máis siñificativas:

B1) O proceso de aprendizaxe da iniciativa emprendedora é moi importante. Para que o proceso sexa perfecto, fan falta condicionantes como autonomía, confianza en sí mesmo, adopción de decisións en contornos de risco e coñecer casos de éxito que sirvan de acicate ou inspiración á iniciativa futura. B2) É necesario que os profesores aprendan a aprender e teñan ferramentas e materiais axeitados. En definitiva, que as súas formulacions de ensinantes estean reforzadas con unha base experimental. 5 A FINANCIACION DA ACTIVIDADE EMPREDEDORA Unha vez superada a fase preparatoria e xa adoptada a decisión emprendedora, o futuro emprendedor ten como obstáculo principal a posesión un capital para afrontar inicialmente o proxecto. Moitas veces esta fase final convérsese no auténtico problema para a posta en marcha. Unha grande parte dos desistimentos de iniciativas prodúcese pola falta de medios financieiros para afrontalas. No estudo aparece un catálogo de fontes de financiación para os emprendedores, dende os aforros propios, ata o chamado business angels (inversores privados), axudas públicas, capital risco, bancos, mercados de capital, ou fondos a través de axudas europeas (Fondos FEDER, FSE). Axudas á internacionalización, (ICO; ENISA),etc. As conclusions que nos achega o grupo de expertos, son éstas: C1) A financiación e un problema co que teñen que enfrentrarse os novos emprendedores C2) O capital risco nas primeiras fases é relativamente escaso en España C3) As redes de inversores privados business angels- están bastante desenvolvidas en relación con outros países do entorno. Santiago, 7 de novembro de 2.011 OBSERVATORIO GALEGO DE XUVENTUDE