PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

Documentos relacionados
PROBA B (ORAL) CADERNO DO PERSOAL EXAMINADOR

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-04

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

POSIBLES PREGUNTAS EN ENTREVISTA INDIVIDUAL

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

Como buscar no catálogo?

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-03

Guía de propostas didácticas para docentes SECUNDARIA, BACHARELATO, FP DE GRADO MEDIO E ENSINAS ESPECIAIS

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

TRABAJO DE VALORES ÉTICOS- 4º ESO. Bloggers. de moda. Alonso Carrera, Pablo Fernandez del Sel, Elena E Gayoso Pascual, Carlos Santos Vidal, Enma

Manual de Identidade Corporativa

UN AMOR POR DESCUBRIR

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

O VOLUNTARIADO E A INMIGRACIÓN Inmigración, xuventude e Voluntariado

Nome do documento: Guía do usuario do hospital A Coruña Versión: 1.0 Data: 08/03/2010 Resumo de contidos: Guía do usuario do hospital A Coruña

1º exame, 3ª avaliación

BASES DO III PREMIO UNIVERSITARIO DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

6000 Modelo: C4/2008-2/A

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

celga 4 obxectivos tecnoloxía celga 4 tecnoloxía Tarefa final: redacción dun artigo de opinión sobre novas tecnoloxías

- Exclusión da tributación de todas as herdanzas inferiores a

celga 4 obxectivos lecer celga 4 lecer Tarefa final: preparar unha xornada de lecer para todo o grupo

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

Convocatoria ordinaria de 2012

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

Guía didáctica de Poetízate realizada polo escritor e profesor Carlos Negro ( A poesía non morde

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA

PEQUENO MANUAL DE EXCEL PARA REALIZAR ALGUNHAS FUNCIÓNS E GRÁFICOS ESTATÍSTICOS

A CARTA DE PRESENTACIÓN

COMPLEMENTO POR MATERNIDADE NAS PENSIÓNS CONTRIBUTIVAS DA SEGURIDADE SOCIAL

GUÍA PARA FACER BUSCAS DE NORMATIVA MINERVA

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Guía de recursos dixitais da web da UDC

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

Xeoloxía da man de Isidro Parga Pondal

e actuacións, introducindo a reflexión fundamentada e apoiada nos coñecementos teóricos.

Información e instrucións para realizar solicitudes web

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DE ENERXÍA, MEDIOAMBIENTE E SERVIZOS

MEMORIA DA ACTIVIDADE

ACTIVIDADES MÓDULO II

AUTORIZACIÓN DE ACCESO A É-SAÚDE A TERCEIRAS PERSOAS (Acceso delegado)

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DA SAÚDE, BENESTAR E VIDA

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

Audio e vídeo en Ardora 7

MANUAL DA APLICACIÓN MÓBIL DE MONDARIZ BALNEARIO

Protocolos e orientacións Casos

DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL NA AULA

XI REBUMBIO MATEMÁTICO GALEGO FASE DE ZONA 29 abril 2011

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

Fundación Refuxio de Animais

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

En TRASCOS celebraron el dia del Síndrome de Asperger- 18 de febrero de 2017.

MÁSTER EN ECONOMÍA: ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL E MERCADOS FINANCEIROS

FÍASTE DO QUE DIS? Autores: Antonio Daniel Abad Ramírez Sara Fernández González Lucía Santiago Fernández 3ºESO

Curso Traballo Social e Demencias

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

Consumo de Drogas e Uso Problemático de Internet entre os adolescentes de SANTIAGO DE COMPOSTELA

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS

XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa a mellor axuda. Boletín para nais e pais

Se tes pensado facer unha estadía de mobilidade internacional no curso 2015/2016.ten presentes os requisitos lingüísticos e prepárate!!

Exercicio de Galego número 1. Só hai 1 resposta correcta. Debes elixir unha resposta e marcar un X no seu cadro.

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

3.1- Introduce a concreción curricular de infantil do teu centro:

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

Certificados de profesionalidade nivel II. Competencias clave. Competencia lingüística: lingua galega

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

ADDENDA DO PROXECTO LINGÜÍSTICO

E DAS PERSOAS RESIDENTES NO CONCELLO DA CORUÑA

GUÍA RÁPIDA PARA REUNIÓNS VIRTUAIS (VIA WEB) Para participar nunha reunión virtual só é necesario unha conexión a internet de

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

Datos básicos sobre a evolución do galego

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

GUÍA PARA A PLANIFICACIÓN E REALIZACIÓN DAS ENQUISAS DE AVALIACIÓN DOCENTE DO PROFESORADO DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Asistente web para a solicitude

Programa por un día

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

PUBLICAR CONTIDOS NA WEB DO CENTRO

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

O servidor do centro

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Seminario de Planificación Empresarial

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

Transcripción:

(ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-12

PARTE 1 (Transcrición do texto oral) CONVOCATORIA: Xuño 2014 NIVEL: Celga 3 PROBA: C3-B-12 TÍTULO: Ramón María Aller PROGRAMA: Historias de Galicia FONTE: TVG EMISIÓN: 12/02/2009 DURACIÓN: 6:01 INICIO: 12:49 REMATE: 18:50 WEB: http://crtvg.es/reproductor/ipantalla.asp?canal=tele&arquivo=1&programa=his TORIAS DE GALICIA&hora=26/05/2010 22:21:36&fecha=12/02/2009&opcion=menu&id_Programa=158&formato=&mp 3=&medio= OBSERVACIÓNS: A continuación, vostede vai ver unha reportaxe sobre o científico Ramón María Aller dúas veces seguidas. Tome as notas que precise. VOZ EN OFF: Ramón María Aller é un mozo lalinés de quince anos. Rematou o bacharelato con moi boas notas e acaba de ingresar no seminario de Lugo. Hoxe está na súa casa familiar en Lalín, dedicando o seu tempo ao que máis lle gusta: a ciencia. Nesta afección sempre contou co apoio da súa avoa, Camila Ulloa. Ela séntese orgullosa polas boas notas e pola conduta exemplar do seu neto. Por iso, ten un regalo para el. Un regalo que o rapaz agardaba desde hai tempo e que vai marcar o seu futuro. Trátase dun anteollo de sesenta e sete milímetros de abertura, ou sexa, un pequeno telescopio para mirar o ceo e para estudar as estrelas. As estrelas que tanto chaman a atención de Ramón María Aller, desde que era moi pequeno. PRESENTADOR: Con aquel anteollo, este home iniciou unha carreira científica singular, marcada, coma no caso de Fontán, pola escaseza de medios. Pero todas as dificultades supliunas con moita dedicación i esforzo. VOZ EN OFF: Ramón María é sacerdote i un home moi querido na vila. Todos o teñen por unha persoa boa e humilde, xa que renunciou a calquera cargo ou retribución na igrexa. E tamén o consideran un home sabio. Aller non esqueceu a súa vocación científica, segue como cando era neno, esperando a que chegue a noite para mirar as estrelas. Unha vez licenciado en Ciencias Exactas e, grazas aos cartos da familia e ao seu empeño, conseguiu construír no patio da súa casa un observatorio astronómico. A cúpula foi deseño do propio Aller e alí garda todo o instrumental que foi recompilando cos anos. No ano 1932, os arquivos do Seminario de Estudos Galegos publican o programa de estudos do observatorio de Lalín. O programa persegue tres obxectivos: as medidas das estrelas dobres, o exame de superficies planetarias i a observación de cometas e estrelas fugaces. Un traballo inxente realizado con escasos medios e que fascinou a toda a sociedade astronómica europea. PRESENTADOR: Neste pequeno observatorio de Lalín, hoxe case sepultado por esa modernez arquitectónica, Aller foi o primeiro en calcular a órbita dunha estrela dobre en España. Para iso tivo que superar o illamento e a falta de comunicación con outros astrónomos. Hoxe, na era do teléfono móbil e de internet, iso é difícil de entender, pero Aller, que falaba varios idiomas, só contaba co correo para comunicarse con outros colegas de profesión.

VOZ EN OFF: Aller leva días agardando carta do seu colega Paul Weiss, astrónomo do observatorio de París, a quen lle escribe frecuentemente. Comproba con satisfacción que a misiva é do francés. Este, por fin envíalle os datos que lle pedira Aller, datos referidos á estrela dobre, O sigma 77, observada tamén polo potente telescopio de París. Con estes datos e cos obtidos das súas constantes e minuciosas observacións, Aller cre que está xa capacitado para calcular a órbita do astro estudado. PRESENTADOR: Aller foi un pioneiro porque en Galicia non había tradición astronómica e, ademais, estaba moi afastada dos grandes centros de observación, como París ou Berlín. El foi o indutor do estudo das estrelas dobres en España. Pero, que son as estrelas dobres? E por que son tan importantes na astronomía? VOZ EN OFF: Estrelas dobres ou binarias son unha parella de estrelas que se manteñen atraídas constantemente pola forza de gravitación de cada unha delas e que xiran en torno a un centro común. A través dos telescopios pódese observar e calcular as órbitas destes astros. Calculando as órbitas, lógrase determinar a masa das estrelas e isto é moi importante para os astrónomos porque con eses datos poden predecir a evolución das estrelas; por exemplo, poden predecir cando van morrer. PRESENTADOR: Este libro recolle as publicacións científicas de Ramón María Aller. No ano 1935, a revista alemá Astronomische Nachrichten publicaba este traballo titulado Órbita da estrela dobre O sigma 77. O éxito científico de Aller foi moi importante, pero ese éxito só lle serviu para tomar folgos e seguir traballando, aínda que para iso tivo que deixar a súa vila. VOZ EN OFF: Aller debe abandonar Lalín para iniciar unha nova etapa vital e profesional. O seu destino é a Universidade de Santiago, onde vai compaxinar o seu labor investigador no ámbito da astronomía coa docencia. Vai impartir clases de Análise Matemática e de Xeometría Analítica. PRESENTADOR: Pero a verdadeira razón da chegada de Ramón Aller a Santiago foi esta: o observatorio da universidade construído en 1943 e que hoxe leva o seu nome. A construción deste observatorio fora unha das promesas que a universidade lle fixera a Ramón Aller. E outra das promesas era a compra dun refractor de polo menos trinta centímetros de abertura, pero foi unha promesa que non chegou a ver cumprida. VOZ EN OFF: A pesar de carecer de apoios e de medios técnicos, descubriu a órbita doutras tres estrelas dobres. O apoio que Ramón Aller non atopou nas institucións déronllo os seus alumnos. Mestre querido e admirado, foi mentor dos homes que hoxe en día encabezan a investigación astronómica en España. A súa foi unha vida dedicada á ciencia. Ata os oitenta e seis anos traballou cada día no observatorio. Só a enfermidade puido con el. No ano 1964, regresaba a Lalín, onde morrería en 1966.

PARTE 2 1. BENVIDA E PREGUNTAS DE CONTACTO PERSOAL 1-2 minutos aprox. Orientacións para o avaliador: esta parte NON é un interrogatorio e as preguntas NON se avalían. Trátase de que o candidato se sinta a gusto e de que se tranquilice, polo que cómpre evitar as preguntas que o poidan incomodar ou as que resulten molestas. Como está? De onde é? Fale un pouco sobre a súa cidade/vila/aldea... Canto tempo leva estudando galego? Por que o estuda? Que lle gusta facer no tempo libre? Que afeccións ten? (Se procede) Que lle gusta máis da cultura galega? Que diferenzas atopa entre a cultura galega e a súa? 2. RESUMO 3 minutos aprox. Orientacións para o avaliador: o candidato ten que realizar un resumo do audio. Nesta fase preténdese comprobar que o candidato entendeu o contido da entrevista. NON é unha proba de memoria e, polo tanto, non é relevante que non lembre detalles concretos. En caso de que quede en branco, ou de que o seu resumo resulte excesivamente breve, pódeselle axudar formulando algunha(s) das seguintes preguntas: Faga un resumo do contido do audio. A que se dedicaba Ramón María Aller? Onde pasou a súa vida? Estaba en contacto co resto da comunidade científica? Como? Que descubrimentos fixo? 3. EXPOSICIÓN 3-4 minutos aprox. Orientacións para o avaliador: o entrevistador escollerá unha das alternativas das que se propoñen e, a partir dela, diralle ao candidato que faga unha exposición de 2-3 minutos, na cal defenda o seu punto de vista ou argumente sobre ese tema. Daráselle 1 minuto para pensar ou organizar o seu discurso e indicaráselle o tempo aproximado de duración. É moi importante que se realice esta parte para que o candidato poida ser debidamente avaliado. Se o candidato tarda en iniciar a súa exposición, poderáselle axudar con preguntas do tipo: Que opina vostede sobre isto? Está de acordo? Parécelle necesario? Quere engadir algo máis? Se non a realiza, haberá que respectar un pouco o seu silencio para deixar en evidencia que non está cumprindo esta parte da tarefa, pero EN NINGÚN CASO se pasará inmediatamente ás preguntas de interacción da seguinte parte. Realice unha exposición acerca do seguinte enunciado: A. Se temos vontade, sempre podemos chegar a onde nos propoñemos, a pesar das limitacións de medios ou de lugar. B. Para lograr o éxito nun proxecto é imprescindible o apoio dun mentor. C. Cando hai talento e dedicación, sempre se ven recompensados, en calquera campo de traballo. D. Cando alguén ten vocación, hai que animalo, aínda que os resultados non parezan seguros.

4. INTERACCIÓN 4 minutos aprox. Orientacións para o avaliador: logo da exposición, establecerase un diálogo co candidato. A opción de preguntas que se lle dará ao candidato (A, B, C...) debe coincidir coa opción do enunciado do ítem anterior. Agora ben, estas preguntas NON consisten nun interrogatorio; son só suxestións e DEBEN ADECUARSE, na medida do posible, ao discurso do candidato. OPCIÓN A Se temos vontade, sempre podemos chegar a onde nos propoñemos, a pesar das limitacións de medios ou de lugar Vostede pensa que se pode destacar en calquera campo sen que conten as condicións persoais ou familiares? De que xeito? Coñece algún caso no que alguén sobresaíse no seu campo cando parecía que o tiña todo en contra? Considera que Ramón María Aller o tería máis doado de nacer noutro sitio? Por que? Se tivese que vivir noutro lugar para dedicarse á súa profesión, faríao? Por que? Coñece alguén que se dedica á investigación? En que área(s)? Cre que, en xeral, o obxectivo dos científicos é axudar a comunidade? Por que? Que outro(s) beneficio(s) cre que poden ter? OPCIÓN B Para lograr o éxito nun proxecto é imprescindible o apoio dun mentor Na súa vida houbo ou hai alguén que lle axudase ou o orientase persoal ou profesionalmente? (Resposta afirmativa) Como? (Resposta negativa) Gustaríalle que alguén, nalgún momento da súa vida, o axudase? Vostede foi ou é mentor de alguén? (Resposta afirmativa) Como? (Resposta negativa) Gustaríalle? Para chegar a unha boa posición laboral, cre que os contactos poden axudar? Se puidese recorrer a recomendacións para conseguir un posto de traballo ou un ascenso, faríao? Por que?

OPCIÓN C Cando hai talento e dedicación, sempre se ven recompensados, en calquera campo de traballo Vostede cre que para ser un profesional de éxito hai que traballar moito? Por que? Cre que os traballadores dedicados son sempre recompensados? Como? Coñece algún caso? Cre que a vocación é algo innato ou tamén se pode lograr coa formación? Coñece algún caso? Considera que os mellores profesionais o son pola experiencia ou pola formación? Por que? Coñece algún caso dun profesional moi traballador que nunca fose ascendido? Cre que unha persoa que acaba de rematar a súa formación pode exercer ben a súa profesión? Por que? Para chegar a unha boa posición cre que conta máis a sorte ou a dedicación? Por que? OPCIÓN D Cando alguén ten vocación, hai que animalo, aínda que os resultados non parezan seguros Pensa que hai que fomentar a vocación en todos os casos? De que xeito? Cre que no ensino hoxe en día se fomenta a vocación? Coida que se debería fomentar? Por que? Coñece alguén que destacase nalgún ámbito grazas ao apoio incondicional da súa familia, a pesar das dificultades? Que faría no caso de que un familiar ou coñecido seu quixese seguir unha carreira profesional arriscada? Que consellos lle daría? Hoxe en día, considera máis importante a vocación ou a demanda do mercado laboral? Por que?