TEMA 7. A HIDROSFERA.

Tamaño: px
Comenzar la demostración a partir de la página:

Download "TEMA 7. A HIDROSFERA."

Transcripción

1 TEMA 7. A HIDROSFERA. Entendemos por hidrosfera a masa de auga terrestre en estado líquido, nos seus diferentes espazos (océanos, augas continentais superficiais, augas subterráneas). En forma de auga sólida están as masas de xeo dos glaciares, que constitúen a chamada criosfera. 1 CICLO HIDROLÓXICO O ciclo da auga fai que existan continuamente movementos e cambios de estado da auga na Terra. O proceso é o seguinte: O calor do Sol evapora a auga dos océanos e continentes, que pasa a estado gasoso e incorpórase á atmosfera. A auga das nubes precipita en forma de chuvia, neve ou xeo, regresando ós continentes e ó mar. A auga que cae sobre os continentes pode seguir varios camiños: o Acumúlase temporalmente en forma de neve e xeo, formando os glaciares. o Flúe pola superficie ata acadar torrentes, lagos ou ríos. o Infíltrase a través do solo e as rochas e pasa a formar parte das augas subterráneas, que en boa parte aflorarán de novo. o Volve a atmosfera, ben como evaporación directa, ou ben a través da transpiración e respiración dos seres vivos. O destino último das augas continentais será o mar. 2 AUGAS CONTINENTAIS SUPERFICIAIS Aínda que entre as augas continentais atopamos augas salvaxes ou de arroiada, torrentes e lagos; son os sistemas fluviais quen adquire maior relevancia. 2.1 A cunca hidrográfica É a superficie de terreo que inclúe un río e todos os seus afluentes, dende o nacemento ata a desembocadura. A auga que se infiltra no solo, formando as augas subterráneas, tamén forma parte da cunca hidrográfica. 1

2 Dentro da cunca hidrográfica podemos distinguir: A liña imaxinaria que limita esta superficie separándoa doutras cuncas denomínase liña divisoria de augas. As augas superficiais da cunca hidrográfica, constituídas por afluentes e ríos, forman a denominada rede hidrográfica. 2.2 Caudal dun río. Hidrograma. O caudal dun río é o volume de auga que transporta nun momento determinado por unidade de tempo. Exprésase normalmente en metros cúbicos por segundo (m 3 /s). O caudal varía nos distintos puntos do curso dun río e, tamén ó longo das estacións segundo a cantidade de precipitacións. Un hidrograma é un gráfico que representa a variación do caudal dun río ó longo dun intervalo de tempo. Os hidrogramas elabóranse en función das variacións de caudal ó longo dun ano ou duns días. No primeiro caso pódense observar as variacións de estiaxe ou de chea. O segundo utilízase para predicir as enxurradas, xa que nel detéctanse con claridade o caudal máximo ou caudal punta, o tempo de resposta (tempo, horas ou días, transcorrido entre a precipitación e a riada) e a curva de esgotamento ata acadar o caudal mínimo. 3 AUGAS SUBTERRÁNEAS Unha pequena parte das precipitacións continentais infíltrase no terreo, vai ocupando os seus poros e fendas, descendendo ata acadar unha capa impermeable para dar lugar aos acuíferos. 3.1 As augas subterráneas en Galicia As características principais dos acuíferos de Galicia están condicionadas pola natureza e estrutura das rochas. Así, o predominio de rochas cristalinas (granito e metamórficas como lousa e xistos) xunto coa pouca porosidade das mesmas orixina acuíferos de pequena extensión e moi dispersos. Trátase de augas pouco mineralizadas con ph lixeiramente ácido debido á propia natureza das rochas. 4 OCÉANOS A auga oceánica, xa que ocupa ¾ partes da superficie terrestre e está en continuo movemento, constitúe un compoñente con grande efecto nos demais sistemas da Ecosfera. 4.1 PARÁMETROS Trátase dun medio no que a pesares de que a auga é o compoñente esencial, ten outros parámetros que poden variar segundo as circunstancias Parámetros físicos o Temperatura. Depende fundamentalmente de dous parámetros, a latitude e a profundidade. Nas zonas tropicais e temperadas existe unha marcada diferenza entre as augas superficiais e as máis profundas dando lugar a unha barreira térmica que impide que as augas se mesturen e homoxeneicen en profundidade. Dita barreira recibe o nome de termoclina. 2

3 o o Luz. A luz transmítese ata unha profundidade duns 200 metros (zona fótica) na que teñen lugar os procesos fotosintéticos que determinan a produción primaria. A profundidades maiores (zona afótica) a escuridade é total, polo que as redes tróficas existentes baséanse nos restos de biomasa que precipitan da capa superior. Densidade. A densidade da auga oceánica depende da salinidade e da temperatura, de modo que aumenta ó incrementarse o contido en sales e ao diminuír a temperatura. As diferenzas de densidade provocan movementos reequilibradores das masas de auga Parámetros químicos Salinidade. A salinidade dos océanos ten un valor medio do 3,5% con variacións en función de certos aspectos. Así, o aporte de auga doce continental ou a fusión do xeo diminúen a salinidade, mentres que unha alta evaporación ou o vulcanismo aumentan a salinidade. ph. Na auga mariña acada valores entre 8 e 8,3 sendo por tanto algo básico. Entre outros factores, vese afectado pola concentración de CO 2, o cal está influído polo balance fotosínteserespiración dos seres acuáticos. (O dióxido de carbono disolvido está en equilibrio co ácido carbónico presente na auga, afectando dito equilibrio á concentración de H + ). Gases disolvidos. Os principais son N 2, O 2 e CO 2 en equilibrio coa atmosfera; os dous últimos relacionados co balance fotosíntese-respiración. Respecto do contido en osíxeno, existe unha zona superficial de máximo contido en O 2, aportado pola atmosfera e a actividade fotosintética. Baixo esta capa, e coincidindo coa termoclina, a cantidade de osíxeno é mínima, xa que é consumido polos seres heterótrofos e non é rexenerado. 4.2 DINÁMICA OCEÁNICA Correntes Nos mares e océanos prodúcense movementos de masas de auga tanto profundas coma superficiais, que se coñecen co nome de correntes. 3

4 Correntes superficiais. O seu desprazamento está determinado polo sentido no que sopren os ventos dominantes, as masas continentais e o efecto Coriolis. Unha das correntes máis significativas orixínase no golfo de México onde as augas se quentan e circulan cara ó norte: Corrente do Golfo. Esta atravesa o Atlántico chegando as costas europeas onde se bifurca cara a Escandinavia e a Canarias. Deste xeito o clima das zonas máis setentrionais tende a suavizarse, mentres que as meridionais refréscanse. Outras correntes que merecen mención son: as frías do polo Norte, como a de Labrador, ou a, tamén fría, Circumpolar Antártica, que rodea as súas costas en sentido horario. Correntes profundas. Orixinadas polas diferenzas de densidade da auga, maior canto máis fría e/ou salgada estea, tendendo a afundirse para dar lugar a unha circulación termohalina (condicionada polas diferenzas de temperatura e/ou salinidade) que reparte a calor entre as distintas zonas terrestres Afloramentos Os afloramentos son zonas do medio acuático nas que se produce un ascenso de augas profundas ricas en nutrientes. As principais causas son: A acción tanxencial do vento sobre a superficie do mar, xunto co efecto Coriolis, producen o desprazamento das augas costeiras cara o interior do océano sendo substituída pola auga fría do fondo. Os ventos locais mar-terra poden empuxar as augas superficiais producindo o mesmo efecto. Esta auga que vén do fondo contén importantes cantidades de nutrientes inorgánicos e osíxeno (, o que favorece a produción primaria e os restantes niveis tróficos. Por este motivo, nestas zonas atópanse as áreas de pesca máis importantes do mundo. Son zonas de afloramento as costas de California, Perú, Namibia e Sáhara Occidental. 4

5 4.2.3 Fenómeno de El Niño Trátase dunha flutuación simultánea da atmosfera e o océano Pacífico austral. En condicións normais os ventos alisios na costa suramericana son de Este a Oeste, empuxando as augas da corrente de Humboldt cara a Australia (onde se forman borrascas co aire quente e húmido) e obrigando a un afloramento das augas frías do fondo que se incorporan á corrente. Baixo certas circunstancias, os ventos se debilitan ou incluso cambian de dirección facendo que as borrascas se formen na mesma costa oeste americana, con grandes precipitacións e inundacións, mentres na outra costa do Pacífico teñen lugar grandes secas. Ademais, a corrente de Humboldt debilítase cortándose o afloramento na costa peruana Dinámica mariña en Galicia A costa atlántica da península Ibérica está afectada polos afloramentos de auga central noratlántica (ACNA). Este afloramento penetra nas rías, provocando descensos de temperatura que se observan nas capas inferiores de auga a partir de marzo e que alcanzan o seu máximo descenso en agosto, xustificando a elevada produtividade que teñen as rías galegas. Ademais, en todas as rías galegas prodúcese en maior ou menor medida unha circulación estérica positiva, debida ás achegas de auga doce dos ríos que desembocan na súa parte interior. A auga doce, pola súa menor densidade, flúe superficialmente mesturándose progresivamente coa auga salgada a medida que avanza cara á boca das rías. Este transporte superficial é compensado coa entrada de auga oceánica polo fondo dela. O vento tamén xoga un papel nesta dinámica, ben reforzándoa (caso dos ventos do Nordeste) ou ben dificultándoa (caso dos ventos do Suroeste). Por outra parte, a forza de Coriolis fai que a auga superficial nas rías saia preferentemente polo Noroeste, mentres que en contrapartida existe unha entrada de auga profunda pola beira Sur. CUESTIÓNS 1. Explica que procesos do ciclo hidrolóxico se verían freados ou intensificados como consecuencia dunha deforestación masiva. 2. A partir dos datos seguintes intenta explicar a composición mineralóxica de catro marcas de auga mineral. Propiedade Granito Calcaria Composición SiO,KSiO,NaSiO,CaSiO CaCO3 Solubilidade ± 0 g/l 0,013 g/l Porosidade 0,005 2,5 Mondariz Bezoya S. Cazorla Aquabona Ca 7, Na 49 1,3 1,2 5,6 Bicarbonato

6 3. A gráfica seguinte representa dous hidrogramas (A e B) obtidos no mesmo punto dunha canle e baixo un réxime pluviométrico similar, o A uns anos antes que o B. En relación con ela, contesta as cuestións que se presentan. a) Comenta brevemente a resposta do río en cada caso. b) Que actuacións se puideron desenvolver sobre a cunca que expliquen o distinto comportamento do río? c) Que consecuencias ambientais (favorables ou desfavorables) se puideron derivar das actuacións sobre a cunca hidrográfica? 4. Como pode afectar o aumento de CO 2 atmosférico ó ph dos océanos? 5. Cales son as principais diferenzas entre as correntes mariñas superficiais e as profundas? 6. Por que os grandes desertos de California, Perú, Sahara e Namibia coinciden con zonas de afloramento pesqueiro? 7. Que relación pode haber entre El Niño e as escaseza pesqueira que ten lugar cando aquel acontece? 8. Coñécese o fenómeno de La Niña como aquelas condicións nas que os ventos alisios do cono sur sopran con máis intensidade da normal. Que consecuencias terán tales períodos? 9. Completa o encrucillado cos termos correspondentes: 6

7 10. Na gráfica adxunta que representa un hidrograma anual dun río: a) Analiza a evolución do caudal ao longo do ano, considerando as posibles causas climatolóxicas. b) Identifica na gráfica unha situación de risco potencial, sinalando qué características a fan especialmente perigosa, e propón dúas posibles medidas para minimizar os seus efectos. c) Por que é de interese coñecer o caudal de auga que levan os ríos? Que compoñente/s do ciclo hidrolóxico se cuantifica/n mediante os datos recollidos nas estacións de aforo? 11. Por que son tan importantes as zonas de afloramento dende un punto de vista económico? 7

a auga dos ríos, mares, lagos, da transpiración vexetal evapórase, facendo que as masas de aire teñan unha porcentaxe de humidade.

a auga dos ríos, mares, lagos, da transpiración vexetal evapórase, facendo que as masas de aire teñan unha porcentaxe de humidade. Ciclo da auga 1. EVAPORACIÓN: a auga dos ríos, mares, lagos, da transpiración vexetal evapórase, facendo que as masas de aire teñan unha porcentaxe de humidade. 2. SATURACIÓN: esas masas de aire móvense

Más detalles

Informe climatolóxico Mes de xaneiro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe climatolóxico Mes de xaneiro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XANEIRO 2010 1 1.- Resumo Mes normal ou húmido con dous períodos de tempo moi frío. O mes de xaneiro estivo marcado en xeral pola inestabilidade e os bruscos cambios de tempo.

Más detalles

Unidade 3. A terra que pisamos

Unidade 3. A terra que pisamos Unidade 3 A terra que pisamos As capas do planeta Terra Como ben sabes, o noso planeta Terra está dividido en 3 grandes capas: hidrosfera (agua), atmosfera (aire) e xeosfera (terra). ATMOSFERA XEOSFERA

Más detalles

Avance do informe climatolóxico outono 2014 AVANCE INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2014

Avance do informe climatolóxico outono 2014 AVANCE INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2014 AVANCE INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2014 ÍNDICE 1 INTRODUCCIÓN... 2 2 BALANCE DA TEMPERATURA E PRECIPITACIÓN NA OUTONO 2014 EN GALICIA.... 3 2.1. Temperatura... 3 2.2. Precipitación... 6 3 EVOLUCIÓN DA

Más detalles

INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE SETEMBRO 2007 1.- Resumo Mes seco, con temperaturas diúrnas por riba da media. O mes de setembro estivo caracterizado polas situacións anticiclónicas, moi estables, que soamente

Más detalles

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega O INTERIOR DA TERRA 1. Aproximación descriptiva ao modelo en capas e dinámico do interior da terra. As capas: Codia. Manto. Núcleo. A Dinámica da terra. As Placas tectónicas. 2. A codia oceánica e a codia

Más detalles

INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE NOVEMBRO 2007 1.- Resumo Mes seco, con chuvias soamente na terceira semana do mes O mes de novembro estivo caracterizado por terceiro mes consecutivo polo predominio de situacións

Más detalles

O RELEVO DE GALICI C A I

O RELEVO DE GALICI C A I O RELEVO DE GALICIA ÍNDICE Introdución. Galicia : situación xeográfica Formas do relevo: conceptos O relevo de Galicia : características xerais. Serras, chairas e depresións INTRODUCCIÓN. Galicia: situación

Más detalles

TEMA 4 A HIDROSFERA NOME:

TEMA 4 A HIDROSFERA NOME: TEMA 4 A HIDROSFERA NOME: OS ESTADOS DA AUGA: A auga pode existir de tres xeitos diferentes, coñecidos como estados: OS ESTADOS DA AUGA..... Neste estado, a auga ten unha forma determinada, coma unha pedra

Más detalles

Informe climatolóxico ano 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2008

Informe climatolóxico ano 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2008 Informe climatolóxico INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 28 Nota: Revisouse o informe o día 16/9/29 Informe climatolóxico 1. Resumo climatolóxico e sinóptico O estivo marcado dende un punto de vista sinóptico por

Más detalles

OS FACTORES TERMODINÁMICOS

OS FACTORES TERMODINÁMICOS OS FACTORES TERMODINÁMICOS Son os responsables da circulación xeral atmosférica Sucesión de masas de aire que determinan os distintos tipos de tempo e clima. Está rexida: - en altura pola corrente en chorro

Más detalles

INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MAYO 2007 1 1.- Resumo Mes moi variable, con bruscos cambios de temperatura e treboadas intensas O mes de maio foi extremadamente variable en Galicia con transicións rápidas

Más detalles

TEMA II- A DIVERSIDADE CLIMÁTICA

TEMA II- A DIVERSIDADE CLIMÁTICA TEMA II- A DIVERSIDADE CLIMÁTICA PREGUNTAS TEÓRICAS NA PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España. - Factores xeográficos: latitude, situación,

Más detalles

Informe climatolóxico Mes de maio 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe climatolóxico Mes de maio 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MAIO 2008 1 1.- Resumo Mes húmido en xeral, pero con temperaturas suaves O mes de maio estivo caracterizado en xeral pola presencia dun embolsamento de aire frío nas capas

Más detalles

OS ELEMENTOS DO CLIMA. Selectividade: Exercicio práctico: Mapas de temperaturas e precipitacións medias.

OS ELEMENTOS DO CLIMA. Selectividade: Exercicio práctico: Mapas de temperaturas e precipitacións medias. OS ELEMENTOS DO CLIMA Selectividade: Exercicio práctico: Mapas de temperaturas e precipitacións medias. 1) A insolación e a nebulosidade A insolación é a cantidade de radiación solar recibida pola superficie

Más detalles

OBXECTIVOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN CIENCIAS NATURAIS 1º ESO

OBXECTIVOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN CIENCIAS NATURAIS 1º ESO E CIENCIAS NATURAIS 1º ESO UNIDADE 1: A Terra no universo 1. Coñece-las características dos modelos xeocéntrico e heliocéntrico. 2. Sabe-las características fundamentais dos compoñentes do sistema solar.

Más detalles

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009 INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009 Secretaría de Emprego, Economía Social e Autoemprego do S. N. de CC OO de Galicia Elaborado por: Rede de Técnicos de Emprego Informe de paro N.º 36 / Decembro

Más detalles

2.1. Procesos xeolóxicos externos

2.1. Procesos xeolóxicos externos 2.1. Procesos xeolóxicos externos A enerxía do Sol activa aos axentes xeolóxicos externos: Auga, vento e seres vivos Estes axentes levan a cabo os Procesos xeolóxicos externos Meteorización Erosión Transporte

Más detalles

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO A.-INTRODUCIÓN: ACLARANDO CONCEPTOS A.1.- Concepto de Demografía É a ciencia que estuda a poboación. Interésase por coñecer o número de habitantes dun determinado territorio,

Más detalles

BLOQUE TEMATICO II: ESTUDIO DEL MEDIO NATURAL

BLOQUE TEMATICO II: ESTUDIO DEL MEDIO NATURAL BLOQUE TEMATICO II: ESTUDIO DEL MEDIO NATURAL Unidad 3. La atmósfera y la hidrosfera A. Introducción: características planetarias de la tierra B. Composición, estructura y función de la atmósfera. C. Presión,

Más detalles

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA Ocupación en establecementos regrados Marzo 2017 Este breve informe recolle unha síntese provisional da conxuntura turística de Galicia correspondente ao mes de marzo de

Más detalles

D.- AS ACTIVIDADES AGRARIAS 1.- Os usos do espazo rural

D.- AS ACTIVIDADES AGRARIAS 1.- Os usos do espazo rural D.- AS ACTIVIDADES AGRARIAS 1.- Os usos do espazo rural Os usos do espazo rural son aínda principalmente agrarios: agricultura, gandería e explotación forestal. A superficie ocupada por estes usos en España

Más detalles

PAU XUÑO 2014 CIENCIAS DA TERRA E AMBIENTAIS

PAU XUÑO 2014 CIENCIAS DA TERRA E AMBIENTAIS XUÑO 2014 Instrucións: O alumno deberá elixir unha das 2 opcións (A ou B) das que se compón a proba. 1. Contesta as seguintes cuestións relacionadas coa BIOSFERA. Valoración: 3 puntos (1 punto/cuestión).

Más detalles

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE ABRIL DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE ABRIL DE 2018 RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE ABRIL DE 2018 ÍNDICE 1 INTRODUCIÓN... 3 2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES... 4 3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.... 6 4 TEMPERATURA... 10 4.1. Temperatura

Más detalles

Selectividade: Exercicio práctico:

Selectividade: Exercicio práctico: Selectividade: Exercicio práctico: Mapa litolóxico de España. Debuxos e gráficos con tipos de modelado: granítico, cárstico, glaciar ou volcánico. Imaxes identificativas: pedras cabaleiras, badlands, páramos,

Más detalles

termodinámicos que inflúen clima de España. - Factores xeográficos: latitude, situación, influencia do mar, relevo. - Factores termodinámicos: en

termodinámicos que inflúen clima de España. - Factores xeográficos: latitude, situación, influencia do mar, relevo. - Factores termodinámicos: en Factores xeográficos termodinámicos que inflúen clima de España. e no - Factores xeográficos: latitude, situación, influencia do mar, relevo. - Factores termodinámicos: en altura (Jet Stream) e en superficie

Más detalles

A función de produción

A función de produción A función de produción Exercicios con solución 1. Explica a diferenza entre custo fixo e variable. Pon tres exemplos de cada un deles. 2. Atendendo á súa imputación ou asignación, os custos podémolos clasificar

Más detalles

UNIDADE 2 O RELEVO. CONTINENTE: é unha grande extensión de terra que presenta algunha diferenza salientable respecto das veciñas.

UNIDADE 2 O RELEVO. CONTINENTE: é unha grande extensión de terra que presenta algunha diferenza salientable respecto das veciñas. BLOQUE 1 UNIDADE 2 O RELEVO. DEFINICIÓNS CONTINENTE: é unha grande extensión de terra que presenta algunha diferenza salientable respecto das veciñas. OCÉANO: unha grande extensión de auga salgada, RELEVO:

Más detalles

O ROCHEDO PENINSULAR. -Área silícea: modelado granítico -Área calcaria: modelado cárstico -Área arxilosa: modelado arxiloso

O ROCHEDO PENINSULAR. -Área silícea: modelado granítico -Área calcaria: modelado cárstico -Área arxilosa: modelado arxiloso O ROCHEDO PENINSULAR A evolución xeolóxica determina que na Península poidan distinguirse varias áreas litolóxicas distintas, cada unha delas con diferentes tipos de relevo ou modelado: -Área silícea:

Más detalles

CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA

CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA Nome da organización: Nome da persoa de contacto: Data: 1. Benestar 2. Saúde 3. Vida (nale a/as área/s que corresponda)

Más detalles

Sistema de contas. Cadro macroeconómico de Galicia. Contas de bens e servizos, produción e explotación. Galicia

Sistema de contas. Cadro macroeconómico de Galicia. Contas de bens e servizos, produción e explotación. Galicia Sistema de contas Cadro macroeconómico de Galicia Contas de bens e servizos, produción e explotación. Galicia Contas de produción e explotación por ramas de actividade. Ano 2004. Datos provisionais 13

Más detalles

O modelo atómico de Dalton

O modelo atómico de Dalton A materia Tema 9 Os modelos atómicos Os modelos atómicos tratan de dar explicación a cómo está estructurada a materia Ó longo dos anos xurden varios modelos atómicos que dan explicación ós fenómenos que

Más detalles

reclamamos Tarefa final: escribir unha carta para a Administración de xeito correcto

reclamamos Tarefa final: escribir unha carta para a Administración de xeito correcto Tarefa final: escribir unha carta para a Administración de xeito correcto obxectivos Redactar comunicados oficiais Mostrar malestar e agradecemento de xeito formal Comparar ideas, argumentos e puntos de

Más detalles

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XULLO DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XULLO DE 2018 RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XULLO DE 2018 ÍNDICE 1 INTRODUCIÓN... 3 2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES... 4 3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.... 6 4 TEMPERATURA... 10 4.1. Temperatura

Más detalles

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DE ENERXÍA, MEDIOAMBIENTE E SERVIZOS

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DE ENERXÍA, MEDIOAMBIENTE E SERVIZOS CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DE ENERXÍA, MEDIOAMBIENTE E SERVIZOS Nome da organización: Nome da persoa de contacto: Data: 1. Enerxía 2. Medio Ambiente 3. Servizos avanzados 4. Loxística 5. Turismo

Más detalles

COMENTARIO DUN MAPA DO TEMPO

COMENTARIO DUN MAPA DO TEMPO COMENTARIO DUN MAPA DO TEMPO Fonte: elmundo.es (23/10/2008) ISAAC BUZO SÁNCHEZ (adaptado) P ROCE S O P A RA F A CE R UN COME NT A RI O 1º IDENTIFICACIÓN DOS ELEMNTOS VISIBLES DO MAPA 2º ANÁLISE DOS DÁTOS

Más detalles

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA Ocupación en establecementos regrados Novembro - 2012 Este breve informe recolle unha síntese provisional da conxuntura turística de Galicia correspondente ao mes de Novembro

Más detalles

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE DECEMBRO DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE DECEMBRO DE 2018 RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE DECEMBRO DE 2018 ÍNDICE 1 INTRODUCIÓN... 3 2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES... 4 3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.... 6 4 TEMPERATURA... 10 4.1.

Más detalles

Ciencias da terra e ambientais

Ciencias da terra e ambientais Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Proba de Ciencias da terra e ambientais Código CSPEC01 Páxina 1 de 9 Ciencias da terra e ambientais 1. Formato da proba Formato A proba constará de

Más detalles

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DA SAÚDE, BENESTAR E VIDA

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DA SAÚDE, BENESTAR E VIDA CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DA SAÚDE, BENESTAR E VIDA Nome da organización: Nome da persoa de contacto: Data: 1. Benestar 2. Saúde 3. Vida (nale a/as área/s que corresponda) (As cuestións que

Más detalles

TEMA 2: DERIVADA DUNHA FUNCIÓN

TEMA 2: DERIVADA DUNHA FUNCIÓN TEMA : DERIVADA DUNHA FUNCIÓN Tasa de variación Dada unha función y = f(x), se define a tasa de variación no intervalo [a, a +h] f(a + h) f(a) como: f(a+h) f(a) e se define a tasa de variación media como:

Más detalles

Acceso a la universidad mayores de 25 años

Acceso a la universidad mayores de 25 años Acceso a la universidad mayores de 25 años 1. INTRODUCCIÓN HIDROSFERA: es el sistema terrestre formado por el conjunto de agua presente en la Tierra en cualquiera de sus estados: líquido, que incluye aguas

Más detalles

A Coruña 26/09/2017. POS Adicional por maior achega provincial ( )

A Coruña 26/09/2017. POS Adicional por maior achega provincial ( ) Servizo: Xestión de Plans A Coruña Referencia: Asunto: 26/09/2017 SRP-MSF Servizo de Plans Circular sobre aprobación do POS+ 2017 Adicional por maior achega desta deputación ALCALDÍA DO CONCELLO DOS 93

Más detalles

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 11982 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA ORDE do 15 de marzo de 2012, conxunta das consellerías de Medio

Más detalles

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE AGOSTO DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE AGOSTO DE 2018 RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE AGOSTO DE 2018 ÍNDICE 1 INTRODUCIÓN... 3 2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES... 4 3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.... 6 4 TEMPERATURA... 10 4.1. Temperatura

Más detalles

ELEMENTOS ELÉCTRICOS DE MT PARA VEHÍCULOS ELÉCTRICOS FUNDAMENTOS DE ELECTRICIDADE C. YOLANDA ESTALOTE BOUZAS

ELEMENTOS ELÉCTRICOS DE MT PARA VEHÍCULOS ELÉCTRICOS FUNDAMENTOS DE ELECTRICIDADE C. YOLANDA ESTALOTE BOUZAS Fenómeno de electrización. Por qué se produce? ÁTOMO NEUTRO ÁTOMO CON CARGA NEGATIVA ÁTOMO CON CARGA POSITIVA CORRENTE ELÉCTRICA MOVEMENTO DE ELECTRÓNS CIRCUÍTO ELÉCTRICO PRODUCIÓN DE ELECTRICIDADE Reacción

Más detalles

C.- Os factores condicionantes da actividade agraria

C.- Os factores condicionantes da actividade agraria C.- Os factores condicionantes da actividade agraria C.1.- Cales son os factores condicionantes da actividade agraria? (páx. 120 e 122) Os factores condicionantes das son: - Factores físicos: as teñen

Más detalles

NUTRICIÓN: N: INTERCAMBIO DE GASES

NUTRICIÓN: N: INTERCAMBIO DE GASES NUTRICIÓN: N: INTERCAMBIO DE GASES Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. INTERCAMBIO GASEOSO CELULAR POR DIFUSIÓN A difusión éo sistema de intercambio de gases

Más detalles

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos. Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos. ÍNDICE Poboación total 2016... 4 Poboación maior de 64 anos en Galicia.... 4 Poboación maior de 64 anos en A Coruña... 5 Poboación maior

Más detalles

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial? S MÁIS COMÚNS SOBRE AS ENSINANZAS DE ARTES PLÁSTICAS DE RÉXIME ESPECIAL E OS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO E DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS PREGUNTA Que son os estudos superiores de artes?

Más detalles

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso TEMA 6. BÁDMINTON

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso TEMA 6. BÁDMINTON TEMA 6. BÁDMINTON O bádminton é un deporte xogado con raquetas que consiste en intentar enviar o volante por enriba da rede para que caia no campo contrario. As modalidades de xogo son individuais, dobres

Más detalles

DO FOTÓN AO LED. UN PERCORRIDO POLA LUZ E AS SÚAS TECNOLOXÍAS

DO FOTÓN AO LED. UN PERCORRIDO POLA LUZ E AS SÚAS TECNOLOXÍAS DO FOTÓN AO LED. UN PERCORRIDO POLA LUZ E AS SÚAS TECNOLOXÍAS PRESENTACIÓN É imposible abarcar todo o coñecemento sobre a luz e as súas tecnoloxías nunha charla. Por isto, optamos por contextualizar o

Más detalles

Estequiometría. 1. Cal é a masa molecular do metano?. Cantos moles e moléculas de metano e átomos de hidróxeno hai en 80 g de metano?.

Estequiometría. 1. Cal é a masa molecular do metano?. Cantos moles e moléculas de metano e átomos de hidróxeno hai en 80 g de metano?. Estequiometría Cálculos estequiométricos 1 1. Cal é a masa molecular do metano?. Cantos moles e moléculas de metano e átomos de hidróxeno hai en 80 g de metano?. 2. Cantos moles e gramos de auga hai en

Más detalles

CIENCIAS DE LA TIERRA Y MEDIOAMBIENTALES Ejercicios Bloque 3: La hidrosfera

CIENCIAS DE LA TIERRA Y MEDIOAMBIENTALES Ejercicios Bloque 3: La hidrosfera Preguntas cortas: CIENCIAS DE LA TIERRA Y MEDIOAMBIENTALES Ejercicios Bloque 3: La hidrosfera Qué impactos se pueden derivar de la sobreexplotación de las aguas subterráneas en las zonas próximas a la

Más detalles

O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas

O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas Enquisa social 2008: fogares e medio ambiente NOTA DE PRENSA O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas O IGE

Más detalles

C.- As fontes de enerxía

C.- As fontes de enerxía C.- As fontes de enerxía C.1.- Que son as fontes de enerxía? C.2.- Usa a información das páxinas 148 e 150 para facer un esquema clasificando as fontes de enerxía segundo a súa duración e a importancia

Más detalles

A ENERXÍA. Natureza, fontes,tipos. Enerxias renovables, non renovables. A calore e temperatura. Pepe

A ENERXÍA. Natureza, fontes,tipos. Enerxias renovables, non renovables. A calore e temperatura. Pepe A ENERXÍA Natureza, fontes,tipos. Enerxias renovables, non renovables. A calore e temperatura. Pepe Natureza da enerxía Movemento No caso dun barco, prodúcese grazas á enerxía que lle subministra un motor.

Más detalles

XEOGRAFÍA. O ser humano transforma o medio físico en función das súas necesidades e o seu desenvolvemento tecnolóxico. (Xeografía humana)

XEOGRAFÍA. O ser humano transforma o medio físico en función das súas necesidades e o seu desenvolvemento tecnolóxico. (Xeografía humana) XEOGRAFÍA Que significa? Representación e descrición da Terra Que estuda? O espazo xeográfico, que é o resultado das interrelacións entre o medio natural e o ser humano. O medio natural é unha fonte de

Más detalles

Selectividade: Exercicio práctico: Análise das concas hidrográficas Ebro e Guadalquivir: localización principais ríos e. fluviais.

Selectividade: Exercicio práctico: Análise das concas hidrográficas Ebro e Guadalquivir: localización principais ríos e. fluviais. Os rexímes complexos son propios dos grandes colectores que reciben aportes de numerosos ríos, que teñen a súa orixe en climas moi diversos, polo que presentan variedade de réximes... Selectividade: Exercicio

Más detalles

MANUAL DA APLICACIÓN MÓBIL DE MONDARIZ BALNEARIO

MANUAL DA APLICACIÓN MÓBIL DE MONDARIZ BALNEARIO MANUAL DA APLICACIÓN MÓBIL DE MONDARIZ BALNEARIO PETICIONARIO: Concello de Mondariz Balneario REFERENCIA: 6T236 App Mondariz Balneario MANUAL DA APLICACIÓN MÓBIL DE MONDARIZ BALNEARIO... 1 1 Instalación

Más detalles

EL AGUA Y LAS ROCAS. El agua está en estado líquido, estado sólido o estado gaseoso. 2. El agua sólida

EL AGUA Y LAS ROCAS. El agua está en estado líquido, estado sólido o estado gaseoso. 2. El agua sólida EL AGUA Y LAS ROCAS La hidrosfera, la esfera del agua Cómo es la hidrosfera? La hidrosfera es toda el agua del planeta Tierra. El agua está en estado líquido, estado sólido o estado gaseoso. 1. El agua

Más detalles

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA Seguimento do indicador de risco de pobreza e exclusión social en Galicia 2009-2014 REDE GALEGA CONTRA A POBREZA (EAPN-Galicia) Outubro 2015 GALICIA TAXA AROPE (TAXA

Más detalles

Todo aquelo que se emprega na produción de bens e servizos

Todo aquelo que se emprega na produción de bens e servizos Todo aquelo que se emprega na produción de bens e servizos Terra Traballo Capital Factor terra Proveñen da natureza. Concepto tradicional TERRA Concepto actual RECURSOS NATURAIS Terreos cultivables Terreos

Más detalles

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte Afiliación 1º Trimestre 21 ÍNDICE Evolución afiliacións 28 29 21 Composición das afiliacións Variación interanual afiliacións 29 21 Variación intermensual afiliacións

Más detalles

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS 1. Características do portal 2. Como acceder ao portal 3. Portal de transparencia dunha entidade local: publicidade activa 4. Portal de transparencia

Más detalles

INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA

INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA 2011-2012 Data edición: 10-04-2012 Resumo Estamos inmersos nun episodio de seca que comezou coa extraordinaria escaseza de precipitacións na primavera e inicio do verán

Más detalles

INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL

INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL Afiliacións medias decembro 2016 Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2017 Instituto Galego de Estatística Complexo Administrativo San Lázaro s/n 15703

Más detalles

Características físicas de los medios acuáticos.

Características físicas de los medios acuáticos. La hidrosfera: Agua en continuo movimiento. Contenido Hidrosfera. Origen y distribución Características físicas de los medios acuáticos. El ciclo del agua. Dinámica oceánica. Olas y mareas. Corrientes

Más detalles

Corcoesto: ouro, arsénico e mentiras. Dr. Serafín González Presidente da S.G.H.N. Investigador Científico do C.S.I.C. Carballo

Corcoesto: ouro, arsénico e mentiras. Dr. Serafín González Presidente da S.G.H.N. Investigador Científico do C.S.I.C. Carballo Corcoesto: ouro, arsénico e mentiras Dr. Serafín González Presidente da S.G.H.N. Investigador Científico do C.S.I.C. Carballo 15-03-2013 Materias primas críticas para a Unión Europea Materias primas críticas

Más detalles

DIVERSIDADE CLIMÁTICA.

DIVERSIDADE CLIMÁTICA. DIVERSIDADE CLIMÁTICA. 1 - Factores xeográficos e termodinámicos do clima. 1 Os factores do clima son aquelas variables ou causas xerais que inflúen permanentemente no clima. Son de dous tipos: xeográficos

Más detalles

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE. A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE. Fomento da dedicación exclusiva ao servizo público É un dos puntos do acordo de Goberno da Xunta de Galicia

Más detalles

Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia

Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia estacional dos concellos de Galicia Resumo de resultados 06/07/2018 Índice Introdución... 1... 1 que pernoita e carga de diúrna... 9 Introdución O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica por primeira

Más detalles

COMPOÑENTES E CONFIGURACIÓN

COMPOÑENTES E CONFIGURACIÓN COMPOÑENTES E CONFIGURACIÓN Que é unha rede informática? Conxunto de ordenadores (hosts) e dispositivos informáticos ( impresoras, routers, tarxetas de rede ) conectados entre si para compartir información,

Más detalles

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente,

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente, GaLICIa2003 2.4. economíasocial ESTE APARTADO ESTÁ DEDICADO Ó estudio da economía social, na que se engloban tódalas iniciativas empresariais por parte de traballadores que se constitúen para dar satisfacción

Más detalles

XI Xornadas de Arquitectura Bioclimática Organiza : Colexio de Arquitectos de Galicia Delegación de Santiago. Dr. Manuel Vázquez Vázquez

XI Xornadas de Arquitectura Bioclimática Organiza : Colexio de Arquitectos de Galicia Delegación de Santiago. Dr. Manuel Vázquez Vázquez XI Xornadas de Arquitectura Bioclimática Organiza : Colexio de Arquitectos de Galicia Delegación de Santiago A RADIACIÓN SOLAR. NATUREZA. EFECTOS DA ATMOSFERA E OS MOVIMENTOS DA TERRA. DISPONIBILIDADE.

Más detalles

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA Ocupación en establecementos regrados Abril 2017 Este breve informe recolle unha síntese provisional da conxuntura turística de Galicia correspondente ao mes de abril de

Más detalles

ROCHAS SEDIMENTARIAS

ROCHAS SEDIMENTARIAS ROCHAS SEDIMENTARIAS Minerais das rochas sedimentarias Minerais salinos: a)halita:haluro (NaCl).Branca. Sabor salgado b)anhidrita:caso 4.Cores claras,brillo nacarado a vítreo c)xeso: Sulfato de calcio

Más detalles

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA O control da acción do goberno polo Parlamento é un dos piares fundamentais sobre os que se sustenta o estado

Más detalles

Catálogo de servizos ÍNDICE DE CONTIDOS

Catálogo de servizos ÍNDICE DE CONTIDOS Catálogo de servizos ÍNDICE DE CONTIDOS 1.Acceso ao Catálogo de servizos 2.Catálogo de servizos: características 3.Acceso aos servizos: busca sinxela e avanzada 4.Acceso aos servizos : busca no mapa 5.Ficha

Más detalles

CiU G COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA

CiU G COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA CiU G COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA USC UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PAAU (MAIORES DE 25 ANOS) MARZO 2010 Código: 34 CC. DA TERRA E AMBIENTAIS El examen consta de 20 preguntas que se

Más detalles

ITINERARIOS SMART CORUÑA SMART CITY

ITINERARIOS SMART CORUÑA SMART CITY ITINERARIOS SMART CORUÑA SMART CITY Manual de usuario 1. INTRODUCIÓN 3 2. ACCESO PÚBLICO 4 2.1. CONTROL... 5 2.2. NAVEGACIÓN... 6 2.2.1. NAVEGACIÓN POR MAPA... 6 2.2.2. NAVEGACIÓN POR MINIATURA... 6 2.2.3.

Más detalles

PAU XUÑO 2012 CIENCIAS DA TERRA E AMBIENTAIS

PAU XUÑO 2012 CIENCIAS DA TERRA E AMBIENTAIS XUÑO 2012 Instrucións: O alumno deberá elixir unha das 2 opcións (A ou B) das que se compón a proba. 1.- Contesta as seguintes cuestións relacionadas coa ATMOSFERA. Valoración: 3 puntos (1 punto/cuestión).

Más detalles

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL 1. DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN Distribución espacial da poboación. ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL a) Observa e analiza os mapas. Elabora dous pequenos esquemas da distribución

Más detalles

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A Proba A1 Vai escoitar dúas veces unha audición que fala dun novo produto tecnolóxico. Vostede é un comercial da compañía

Más detalles

Representación da información

Representación da información O hardware Tema 2 Introducción Chamamos informática á ciencia que estudia o tratamento automático da información A ferramenta que utiliza dita ciencia é a computadora ou ordenador. Aínda que o hardware

Más detalles

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS CABULLERÍA: CORDAS E NÓS Dende sempre se teñen utilizado as cordas para diversos usos: amarrar, empaquetar, tirar, trenzar Nas casas podemos atopar cordas de distintas medidas para cometidos diferentes.

Más detalles

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL O Plan de Avaliación ao que están obrigadas as entidades beneficiarias de financiamento inclúe a presentación dun informe anual final. DATOS DA/S ENTIDADE/S

Más detalles

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02 GU Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02 Que é Notifica.gal? O Sistema de Notificación de Galicia, Notifica.gal, é a dirección electrónica

Más detalles

PAU XUÑO 2015 CIENCIAS DA TERRA E AMBIENTAIS

PAU XUÑO 2015 CIENCIAS DA TERRA E AMBIENTAIS XUÑO 2015 Instrucións: O alumno deberá elixir unha das 2 opcións (A ou B) das que se compón a proba. 1. Contesta as seguintes cuestións relacionadas cos RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS. Valoración: 3 puntos (1

Más detalles

ASIGNATURA DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1º ESO CURSO 16-17

ASIGNATURA DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1º ESO CURSO 16-17 ASIGNATURA DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1º ESO CURSO 16-17 a) PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN O alumno será avaliado atendendo aos seguintes procedementos e instrumentos de avaliación, comezando polo

Más detalles

Sector agrario, pesca e acuicultura

Sector agrario, pesca e acuicultura Sector agrario, pesca e acuicultura Efectivos de gando porcino. Decembro 2005 Maquinaria agrícola. Ano 2005 Principais producións agrícolas. Ano 2005 Principais producións gandeiras. Ano 2005 Produción

Más detalles

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XUÑO DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XUÑO DE 2018 RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XUÑO DE 2018 ÍNDICE 1 INTRODUCIÓN... 3 2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES... 4 3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.... 6 4 TEMPERATURA... 10 4.1. Temperatura

Más detalles

PROGRAMAS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA PARA O FOMENTO DA EDUCACIÓN AMBIENTAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PROGRAMAS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA PARA O FOMENTO DA EDUCACIÓN AMBIENTAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA PROGRAMAS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA PARA O FOMENTO DA EDUCACIÓN AMBIENTAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA Ourense, xullo 2017 Este relatorio forma parte dunha investigación máis ampla levada

Más detalles

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO UNIDADE DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO DO Informe paro rexistrado Maio 2010 ÍNDICE 1. Paro rexistrado no territorio do Pacto... 3 1.1.Evolución 2000 2010... 3 1.2. Estrutura do paro por sector... 4 1.3.

Más detalles

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO (Aprobada polo Consello Social o 2 de abril de 2013) O artigo 2.2.f)

Más detalles

CUESTIÓNS TEMA 31: CATABOLISMO

CUESTIÓNS TEMA 31: CATABOLISMO CUESTIÓNS TEMA 31: CATABOLISMO 1) Cita as rutas metabólicas, indicando a súa localización intracelular, que interveñen na oxidación completa dun ácido graxo. Cal é a finalidade metabólica deste proceso?

Más detalles

Emprego público. Artigo x. Modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

Emprego público. Artigo x. Modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia Emprego público Artigo x. Modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, queda modificada como segue: Un. Modifícase

Más detalles

D.- Os elementos da paisaxe agraria

D.- Os elementos da paisaxe agraria D.- Os elementos da paisaxe agraria D.1.- Nomea os elementos principais de calquera paisaxe agraria. D.2.- Que se entende por poboamento rural e hábitat rural? Que modalidades de poboamento rural existen?

Más detalles

Guía de recursos dixitais da web da UDC

Guía de recursos dixitais da web da UDC Universidade da Coruña Guía de recursos dixitais da web da UDC Talleres de uso das TICS para a Orientación Universitaria 1 Guía de recursos dixitais da web da UDC Índice Pax 2 Introdución Pax 3 Como é

Más detalles