O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan de introducir o balón na portería do rival lanzándoo

Tamaño: px
Comenzar la demostración a partir de la página:

Download "O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan de introducir o balón na portería do rival lanzándoo"

Transcripción

1 O BALONMÁN O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan de introducir o balón na portería do rival lanzándoo coas mans. Comezamos a aprendizaxe dos deportes colectivos co balonmán, xa que a súa técnica é máis sinxela que a doutros deportes de equipo, o que che permitirá gozar desde o primeiro momento do xogo e centrarte máis facilmente na aprendizaxe dos aspectos tácticos.

2 O BALONMÁN historia aspectos regulamentarios aspectos técnicos aspectos tácticos instalación e material agarrada pases táctica individual o xogo bote lanzamentos táctica colectiva HISTORIA O balonmán ten a súa orixe nos países do centro e o norte de Europa. Nun principio os partidos xogábanse ao aire libre e os equipos estaban formados por once xogadores. Aos poucos o balonmán empezouse a xogar tamén en pista cuberta e o número de xogadores reduciuse a sete. Aínda que durante un tempo conviviron as dúas modalidades, finalmente impúxose o balonmán de sete. Nos Xogos Olímpicos de Berlín, en 1936, o balonmán convértese en deporte olímpico na modalidade de once xogadores. O balonmán a sete xógase por primeira vez nunhas olimpíadas en Múnic, en En 1946 créase a IHF (Federación Internacional de Balonmán). En España este deporte aparece unido ás prácticas deportivas nos cuarteis militares e tense constancia de que o practicaban os cadetes da Escola Militar de Toledo. A Federación Española de Balonmán créase en En Galicia o balonmán practicábase tamén como deporte habitual na Escola Naval de Ferrol. A Federación Galega de Balonmán non aparece ata 1984, ano no que se crea a liga ASOBAL. ASPECTOS REGULAMENTARIOS O TERREO DE XOGO liña de banda zona de substitucións liña de fondo liña central 20 m 6 m 9 m liña de 7 m liña de golpe franco liña de área de portería liña de limitación do porteiro 4 m área de portería 40 m 48

3 DURACIÓN DO PARTIDO En competicións con xogadores de máis de dezaseis anos os partidos terán unha duración de dous tempos de 30 minutos, con 10 minutos de descanso. Se os xogadores teñen entre 12 e 16 anos xogarán dous tempos de 25 minutos cun descanso de 10 minutos. No caso de que se chegue ao final do partido con empate entre os dous equipos e haxa que decidir un gañador, xogarase unha prórroga de dous tempos de cinco minutos cun minuto de descanso entre cada tempo. Se logo desta prórroga continúa o empate xogarase unha segunda prórroga e se aínda así, o empate continúa, decidirase o gañador en función das regras da competición. En moitas competicións para desfacer este empate realízanse lanzamentos desde a liña de sete metros. Xogadores recibindo instrucións durante un tempo morto. Cada equipo ten dereito a pedir un minuto de tempo morto en cada tempo do partido para que o adestrador poida dar instrucións tácticas aos xogadores. Non se pode pedir un tempo morto nunha prórroga. O BALÓN O balón será esférico, de pel ou dun material sintético e a súa superficie non debe ser brillante nin esvaradiza. O tamaño e o peso do balón varía en función das distintas categorías. OS EQUIPOS O partido será xogado por dous equipos formados por un máximo de sete xogadores cada un, dos cales un xogará como porteiro. Ademais dos xogadores de campo, cada equipo pode ter varios xogadores suplentes. Lanzamento dende a liña de sete metros. Non existe límite de cambios durante o partido e non é necesario avisar ao árbitro para facelos. Desta forma un xogador suplente pode entrar a substituír a un compañeiro en calquera momento do partido coa única condición de que o xogador titular saia primeiro do terreo de xogo. Existe unha liña de cambios pola que deben entrar e saír os xogadores ao terreo de xogo. Durante o partido o porteiro pode cambiar o seu posto con calquera outro xogador. Momento de substitución dun xogador. 49

4 A INDUMENTARIA DOS XOGADORES Todos os xogadores dun equipo deben levar uniformes idénticos, excepto o porteiro. As cores dun equipo débense diferenciar claramente das do rival. Os xogadores non poden levar obxectos que poidan ser perigosos para eles mesmos ou para o resto de xogadores. Entre estes obxectos inclúense reloxos, aneis, piercings, colares, cadeas ou pendentes que non estean debidamente cubertos. O PORTEIRO O porteiro pode tocar o balón dentro da área de portería con calquera parte do corpo sempre que o faga con intención defensiva. Tamén pode saír da área sen estar en posesión do balón e participar no xogo seguindo as regras como un xogador máis. Os porteiros de balonmán teñen unha gran flexibilidade. NON LLE ESTÁ PERMITIDO Saír da área de portería co balón controlado. Volver entrar na área de portería desde a área de xogo co balón. COMO SE XOGA O BALÓN ESTÁ PERMITIDO Lanzar, coller, parar, empuxar e golpear o balón usando as mans, brazos, cabeza, tronco, coxas e xeonllos. Reter o balón como máximo durante tres segundos. Dar tres pasos, como máximo, co balón. Botar o balón cunha man. NON ESTÁ PERMITIDO Tocar o balón cun pé ou perna por baixo do xeonllo. Que un equipo conserve a posesión do balón sen facer ningún intento de atacar ou lanzar a portería (xogo pasivo). Atrasar a execución dun saque. FALTAS E CONDUTA ANTIDEPORTIVA Bloqueo correcto do lanzamento. ESTÁ PERMITIDO Utilizar o corpo para obstruír o camiño do rival incluso cando non teña o balón. Entrar en contacto cun rival de fronte, cos brazos flexionados, e desta forma controlalo e acompañalo. 50

5 NON ESTÁ PERMITIDO Quitarlle o balón ao contrario nin golpealo cando o ten entre as súas mans. Bloquear ou empuxar ao rival cos brazos, mans ou pernas. Reter ao rival, suxeitalo, empurralo ou lanzarse contra el. Realizar calquera acción que poida pór en perigo ao rival. O GOL Un equipo anota un gol cando consegue que o balón traspase totalmente a liña de gol rival sen incumprir ningunha regra. O equipo que consiga máis goles ao final do partido será o gañador. Acción defensiva non permitida. OS SAQUES E OS LANZAMENTOS O SAQUE DE CENTRO Farase un saque de centro ao comezo da primeira e da segunda metade do partido, ao comezo de cada parte das prórrogas e despois de cada gol. O SAQUE DE BANDA Realízase un saque de banda cando o balón sae completamente pola liña de banda ou cando un defensa toca en último lugar un balón que sae fóra do campo cruzando a liña exterior de portería do seu equipo. Cando o balón toca o teito ou algún obxecto sobre o terreo de xogo durante o partido, tamén se reinicia o xogo cun saque de banda. O SAQUE DE PORTERÍA O porteiro porá en xogo o balón mediante un saque de portería cando: Un xogador contrario invada a súa área de portería cometendo unha infracción. Consegue controlar o balón dentro da área de portería ou o balón queda parado no chan dentro da área de portería. O balón sae do campo pola liña exterior de portería despois de que o tocase en último lugar un rival ou o porteiro. Falta por agarre da man. Falta por agarre ilegal. 51

6 O GOLPE FRANCO Os árbitros sinalarán un golpe franco cando o equipo en posesión do balón ou os xogadores rivais cometan unha infracción que faga que perda o balón o equipo en posesión. O golpe franco sacarase en principio desde o lugar onde se cometeu a infracción, tendo en conta que non se pode sacar un golpe franco máis alá da liña de golpe franco dos rivais. Árbitro sinalando un golpe franco. Golpe franco. O LANZAMENTO DE SETE METROS Sinalarase un lanzamento de 7 m sempre que se impida de forma antirregulamentaria (ou por un imprevisto) a finalización dunha clara ocasión de gol. O xogador realizará o lanzamento cun tiro directo a portería desde detrás da liña de 7 m O porteiro ten que situarse por detrás da liña de 4 m. Lanzamento de 7 metros. Páxinas web de interese Real Federación Española de Balonmán: Federación Galega de Balonmán: Liga ASOBAL: AS SANCIÓNS AMOESTACIÓN Sancionaranse con amoestación as faltas que deben sancionarse progresivamente e as condutas antideportivas. Un xogador só debe ser sancionado unha vez con amoestación e un equipo non debe ser sancionado máis de tres veces con amoestación. Despois a sanción debería ser cando menos unha exclusión de dous minutos. O árbitro indicará a amoestación ao xogador ensinándolle un cartón amarelo. 52

7 EXCLUSIÓN Sancionarase cunha exclusión do xogo durante dous minutos ao equipo do xogador que: Faga un cambio incorrecto. Realice faltas repetidas. Repita condutas antideportivas. Sexa descualificado. Se o árbitro o considera xustificado pode sancionar directamente cunha exclusión a un xogador, aínda que non exista repetición de faltas. O árbitro sinala a exclusión levantando o brazo con dous dedos estendidos. A terceira exclusión dun xogador leva sempre a unha descualificación. Durante o tempo da exclusión o xogador non pode participar no xogo e o seu equipo non pode substituílo. DESCUALIFICACIÓN Sanciónanse con descualificación: As faltas que poñan en perigo a integridade física dun contrario. A conduta antideportiva grave dun xogador. As agresións antes do partido ou durante un procedemento de desempate. A terceira exclusión dun xogador. O árbitro sinalará a descualificación ensinando ao xogador o cartón vermello. Un xogador descualificado non pode volver participar no xogo durante o tempo que reste de partido e o seu equipo será ademais sancionado con dous minutos de exclusión. Árbitro sinalando unha exclusión. Árbitros e mesa do anotador e cronometrador. EXPULSIÓN Deben sancionarse con expulsión as agresións que se cometan durante o tempo de xogo. O árbitro sinala a expulsión cruzando os brazos por encima da cabeza. A expulsión é polo resto do partido, o xogador non pode ser substituído e o equipo debe xogar cun xogador menos. OS ÁRBITROS Un partido será dirixido por dous árbitros que teñen a mesma autoridade. Ademais dos árbitros, en cada partido haberá un cronometrador e un anotador. 53

8 ASPECTOS TÉCNICOS Agarrada do balón. A AGARRADA DO BALÓN Recorda que o tamaño do balón varía dunha categoría a outra. Se xogas cun balón dunha categoría superior á túa podes ter problemas para agarralo correctamente e non gozarás do xogo. Durante o xogo, o balón suxéitase habitualmente cunha man e para agarralo correctamente debes colocar a man cóncava (coma se fose unha cunca) cos dedos abertos. O balón descansa sobre a parte media da palma da man e sobre os dedos. Temos que facer unha lixeira forza coa xema dos dedos para que non se nos escape o balón mentres o manexamos. Se apoias o balón sobre toda a palma da man non poderás manexalo correctamente e perderalo con facilidade. O BOTE Empregaremos o bote en distintas situacións do xogo, principalmente para desprazarnos polo campo cando teñamos que percorrer unha distancia de máis de tres pasos. Debes tratar de non mirar o balón durante o bote para non perder a visión do que está ocorrendo no xogo. Se miras o balón mentres o botas, non conseguirás ver o desmarque dos teus compañeiros e non serás consciente dos movementos dos defensas. Pase en suspensión. Pase clásico. OS PASES Recorda que o obxectivo último de todo pase é que un compañeiro consiga recibilo, así que debe ser preciso e coa forza adecuada, dependendo da distancia do receptor. Se realizas un pase demasiado forte e con pouca precisión, o teu compañeiro terá dificultades para recibilo e é probable que o teu equipo acabe perdendo a posesión do balón. TIPOS DE PASES Clásico. Media e baixa altura. En pronación. Por detrás. Por enriba do ombreiro. Deixada. En suspensión. De peito (a dúas mans). Por enriba da cabeza (a dúas mans). 54

9 OS LANZAMENTOS A PORTERÍA O lanzamento a portería é o obxectivo principal que temos que buscar durante un ataque. Por suposto, debemos conseguir facer o lanzamento nas mellores condicións posibles para lograr un gol. Un bo lanzamento será preciso e rápido. TIPOS DE LANZAMENTOS Clásico: á altura do ombreiro. Media e baixa altura. Rectificados (con e sen caída): o xogador varía no último momento a dirección do lanzamento. En suspensión: o salto é cara a arriba buscando altura. En salto con e sen caída: o salto é cara a adiante buscando profundidade. En caída. De costas. Vaselina: buscamos que o balón faga unha parábola por enriba do porteiro. Lanzamento de 7 m. Lanzamento en suspensión. Lanzamento en salto. Lanzamento en caída. ASPECTOS TÁCTICOS TÁCTICA INDIVIDUAL DEFENSA Defensa ao xogador con balón Os obxectivos do defensor serán: dificultar o lanzamento ou o pase do atacante, impedir que se achegue á portería, roubarlle o balón ou forzar un erro para recuperalo. Defensa ao xogador sen balón Neste caso, o defensa buscará impedir que o xogador atacante reciba un pase ou que non o reciba nunha situación vantaxosa. Defensa ao xogador con balón dificultando o lanzamento. Xogador desmarcado a punto de recibir un pase. 55

10 ATAQUE Xogador con balón O xogador con balón debe: manter a posesión do balón, conseguir progresar cara á portería contraria, atopar unha boa situación de lanzamento ou realizar un pase sobre un compañeiro que se atope nunha situación vantaxosa. Xogador sen balón Os seus obxectivos son: desmarcarse para conseguir recibir o balón nunha posición de vantaxe sobre o equipo rival e facer axudas aos seus compañeiros creando espazos para o ataque. TÁCTICA COLECTIVA Dentro deste apartado aprenderás algúns dos sistemas de xogo máis utilizados durante a aprendizaxe do balonmán. Á hora de elixir o sistema de xogo que utilizaremos no noso equipo debemos de ter en conta a capacidade física e o nivel técnico dos xogadores. DEFENSA Defensa individual Neste tipo de defensa cada xogador ten asignado un rival ao que ten que marcar en todo momento. É moi fácil de entender polos xogadores novos e por iso úsase moito na iniciación ao balonmán e noutros deportes de equipo. Defensa 6-0 Os xogadores forman unha única liña defensiva, practicamente sobre a liña de área de portería. Defensa 5-1 Un dos xogadores colócase lixeiramente por diante da liña defensiva que forman os seus compañeiros. ATAQUE Ataque posicional Ante unha defensa xa organizada realizaremos un ataque posicional. Os xogadores atacantes buscarán, mediante pases e distintos desmarques e movementos, crear un oco na defensa rival para poder realizar un bo lanzamento a portería. Contraataque Consiste en realizar un ataque rápido, normalmente logo dun roubo de balón, evitando que lle dea tempo á defensa a organizarse. Defensa 6-0. Defensa 5-1. Contraataque. Observa que a defensa non está organizada. 56

ACLARACIONS DEPORTE BASE GALICIA

ACLARACIONS DEPORTE BASE GALICIA . ACLARACIONS DEPORTE BASE GALICIA 2012-2013 2013 CAMBIOS DE XOGADORES EN CATEGORÍA CADETE E INFANTIL Non se permitirán os cambios de xogadores/as, de xeito continuado, especialistas só en ataquedefensa.

Más detalles

BALONCESTO. ÓNDE SE XOGA? O baloncesto xogase nun campo rectangular de 28 x15 coas seguintes características: A TÉCNICA

BALONCESTO. ÓNDE SE XOGA? O baloncesto xogase nun campo rectangular de 28 x15 coas seguintes características: A TÉCNICA BALONCESTO ÓNDE SE XOGA? O baloncesto xogase nun campo rectangular de 28 x15 coas seguintes características: A TÉCNICA O bote: utilízase para desprazarse polo campo, desfacerse dun opoñente, encontrar

Más detalles

INTRODUCCIÓN REGLAS BÁSICAS DEL BALONMANO

INTRODUCCIÓN REGLAS BÁSICAS DEL BALONMANO INTRODUCCIÓN El balonmano es un deporte practicado entre dos equipos de siete jugadores cada uno, que con las manos intentan introducir la pelota dentro de la portería defendida por el equipo contrario.

Más detalles

Resumen Reglas: Para la Iniciación al Balonmano ball.org/es/reglas/guiarapida/index.php#07

Resumen Reglas: Para la Iniciación al Balonmano  ball.org/es/reglas/guiarapida/index.php#07 http://www.hand ball.org/es/reglas/guiarapida/index.php#07 Reglas de Juego o El Terreno de juego o La duración del partido, señal final y time out o El balón o El equipo: sustituciones, equipamientos o

Más detalles

BALONMANO 1. HISTORIA.-

BALONMANO 1. HISTORIA.- BALONMANO 1. HISTORIA.- El Balonmano se inventó a finales del siglo XIX como una alternativa deportiva de los gimnastas para completar su preparación. Nació a la sombra del fútbol. De hecho, al principio

Más detalles

CLUBE SOCIEDADE DEPORTIVA SALCEDA

CLUBE SOCIEDADE DEPORTIVA SALCEDA CLUBE SOCIEDADE DEPORTIVA SALCEDA NORMAS DO CAMPIONATO DE FUTBOL AFECCIONADO 1.- O CAMPIONATO XOGARASE A DUAS VOLTAS 2.- NON SE ADMITIRÁN XOGADORES FEDERADOS, QUE ESTEAN XOGANDO OU FICHADOS NA ACTUALIDADE

Más detalles

Balonmano. 1. Terreno de juego y porterías: 3. Duración del partido y saque de centro:

Balonmano. 1. Terreno de juego y porterías: 3. Duración del partido y saque de centro: Balonmano El balonmano es un deporte colectivo en el cual participan dos equipos y que tiene como objetivo introducir la pelota en la portería contraria jugándola con la mano. Ganará el encuentro el equipo

Más detalles

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA? ÍNDICE ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACIÓN COA OPERADORA? 3 PRESTACIÓNS

Más detalles

BALONMANO. Las porterías tienen 3m de alto por 2m de ancho y 1m de fondo.

BALONMANO. Las porterías tienen 3m de alto por 2m de ancho y 1m de fondo. BALONMANO 1. TERRENO DE JUEGO Es rectangular de 40 m de largo y 20 m de ancho. Tiene una línea central que divide el campo en dos partes iguales. Hay una línea continua situada a 6 m de la portería llamada

Más detalles

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015 MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015 Páxina 1 Índice 1. Obxecto da aplicación... 3 2. Acceso á aplicación... 3 2. Introdución

Más detalles

Manga de Viento LABORATORIO. Obxectivos. Materias. Destrezas. Información. Os alumnos aprenderán a:

Manga de Viento LABORATORIO. Obxectivos. Materias. Destrezas. Información. Os alumnos aprenderán a: Manga de Viento Obxectivos Os alumnos aprenderán a: Construír unha manga de vento. Medir a dirección e velocidade do vento coa manga. Materias Tecnoloxía Física Matemáticas Destrezas Capacidade de observación

Más detalles

Teoría Balonmano 1ºBACH

Teoría Balonmano 1ºBACH ! 1. Qué es el Balonmano? Teoría Balonmano 1ºBACH El balonmano (del inglés handball) es un deporte de pelota en el que se enfrentan dos equipos, cada uno de siete jugadores (seis son jugadores de campo

Más detalles

BALONMANO. 1.- Introducción

BALONMANO. 1.- Introducción BALONMANO 1.- Introducción En los inicios el balonmano tenía cierta similitud con el fútbol, de hecho, surgió como su contraposición, por tanto jugaban con medidas similares a las de un campo de fútbol

Más detalles

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b: Página 1 de 7 PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DUN SERVIZO DE ASESORAMENTO AOS ACTUAIS E POTENCIAIS COMERCIANTES DO BARRIO DE MONTE ALTO NA PROCURA DE NOVAS FÓRMULAS DE PRESENTACIÓN DOS

Más detalles

DUBIDO SE O MEU FILLO/A TEN ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

DUBIDO SE O MEU FILLO/A TEN ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS DUBIDO SE O MEU FILLO/A TEN ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS PASOS A DAR NO CENTRO ESCOLAR Baseado no artigo de Belén Ros Protocolo de actuación rápida para padres con niños de altas capacidades intelectuales

Más detalles

TEMA 4: EL BALONCESTO II

TEMA 4: EL BALONCESTO II TEMA 4: EL BALONCESTO II EL REGLAMENTO BÁSICO Jugadores: cada equipo lo componen 12 jugadores, 5 de ellos están en pista. Puntuación: cada canasta puede valer 1 punto (tiro libre), 2 puntos (dentro de

Más detalles

Convocatoria ordinaria de 2012

Convocatoria ordinaria de 2012 Preguntas frecuentes Probas de acceso a ciclos de grao medio Convocatoria ordinaria de 2012 Nota informativa Probas de acceso a ciclos de grao medio Convocatoria ordinaria de 2012 Consellería de Cultura,

Más detalles

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes: PROXECTO RUNAS 2012 O Concello de Ortigueira, a través do Festival Internacional do Mundo Celta, convoca o proxecto musical denominado RUNAS novos valores da música celta e do folk internacional, de acordo

Más detalles

Balonmano: reglas y conceptos básicos.

Balonmano: reglas y conceptos básicos. Balonmano: reglas y conceptos básicos. El balonmano es un deporte colectivo en el cual participan dos equipos y que tiene como objetivo introducir la pelota en la portería contraria jugándola con la mano.

Más detalles

T E M A B A L O N M A N O

T E M A B A L O N M A N O BALONMANO 1º ESO Página 1 de 6 T E M A B A L O N M A N O 01.- HISTORIA DEL BALONMANO Nace en Alemania buscando una alternativa al fútbol. Max Heiser fue el padre del balonmano denominándolo Torball en

Más detalles

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega O INTERIOR DA TERRA 1. Aproximación descriptiva ao modelo en capas e dinámico do interior da terra. As capas: Codia. Manto. Núcleo. A Dinámica da terra. As Placas tectónicas. 2. A codia oceánica e a codia

Más detalles

Unidad Didactica : Fútbol sala. 1. Historia del fútbol sala. 2. Carácterísticas del fútbol sala. 3. Terrero de juego y elementos. 4.

Unidad Didactica : Fútbol sala. 1. Historia del fútbol sala. 2. Carácterísticas del fútbol sala. 3. Terrero de juego y elementos. 4. FÚTBOL SALA Unidad Didactica : Fútbol sala 1. Historia del fútbol sala 2. Carácterísticas del fútbol sala 3. Terrero de juego y elementos 4. Reglamento básico 5. Acciones de ataque 6. Acciones de defensa

Más detalles

EDUCACIÓN FÍSICA. 3º ESO IES AZORÍN

EDUCACIÓN FÍSICA. 3º ESO IES AZORÍN EDUCACIÓN FÍSICA. 3º ESO IES AZORÍN ÍNDICE: 1. UN POCO DE HISTORIA 2. CÓMO SE JUEGA? 3. QUÉ DICE EL REGLAMENTO? 4. CÓMO ES LA TÈCNICA? 5. CÓMO ES LA TÁCTICA? EDUCACIÓN FÍSICA 3º ESO Página 2 1. UN POCO

Más detalles

TEMA 4: EL BALONMANO

TEMA 4: EL BALONMANO 1. HISTORIA DEL BALONMANO TEMA 4: EL BALONMANO El balonmano es un deporte muy nuevo. Si queremos buscar su origen tenemos que ir a Alemania. El Señor Heiser inventó este juego para ocupar los momentos

Más detalles

Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Servizo de Prevención de Riscos Laborais Páx. 1 de 4 DESCRICIÓN Durante a realización dos traballos de mantemento nas vías públicas, en ocasións debemos realizar unha gran repetición de movementos, así como a manipulación ou manexo manual de

Más detalles

QUE PODES FACER TRAS UNHA MASTECTOMÍA?

QUE PODES FACER TRAS UNHA MASTECTOMÍA? QUE PODES FACER TRAS UNHA MASTECTOMÍA? EXERCICIOS E CONSELLOS ADICA M ASOCIACIÓN DE DIAGNOSTICAD@S DE CANCRO DE CONSELLOS PRÁCTICOS PARA A VIDA COTIÁN CUN LINFEDEMA DE MEMBRO SUPERIOR, OU TRAS UNHA MASTECTOMÍA.

Más detalles

Reglamento Balonmano (obtenido del reglamento oficial del año 2010 de la Real federación española de Balonmano)

Reglamento Balonmano (obtenido del reglamento oficial del año 2010 de la Real federación española de Balonmano) Reglamento Balonmano (obtenido del reglamento oficial del año 2010 de la Real federación española de Balonmano) La duración del partido La duración normal del partido para todos los equipos con jugadores

Más detalles

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN ANEXO (Portada) Lei 32/2006, do 18 de outubro Ley 32/2006, de 18 de octubre (Contraportada) NORMATIVA LEGAL Y REGLAMENTARIA RELACIONADA CON EL A) Ley 32/2006, de 18 de octubre, reguladora de la subcontratación

Más detalles

El terreno de juego debe estar compuesto de arena, de forma rectangular y con las siguientes dimensiones (ver diagrama):

El terreno de juego debe estar compuesto de arena, de forma rectangular y con las siguientes dimensiones (ver diagrama): Un nuevo deporte Normas Regla 1 -- El Terreno de Juego El terreno de juego debe estar compuesto de arena, de forma rectangular y con las siguientes dimensiones (ver diagrama): Regla 1 -- El Terreno de

Más detalles

TEMA - 6 BALONMANO

TEMA - 6 BALONMANO TEMA - 6 BALONMANO http://www.ismaelcaracol.wordpress.com Para poder correr primero hay que aprender a andar 1 - QUÉ ES el BALONMANO? 1.1 Un poco de historia Los orígenes se remontan a finales del siglo

Más detalles

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios) CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios) - A todas as Delegacións (*) - A todolos membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada (*) Para a súa distribución entre todos

Más detalles

CMUS Profesional de Viveiro

CMUS Profesional de Viveiro CMUS Profesional de Viveiro CONCELLO DE VIVEIRO PROBAS DE ACCESO LINGUAXE MUSICAL ÍNDICE PROBAS DE ACCESO... 3 Proba de acceso a 1º de grao elemental L.O.E.... 3 Proba de acceso a 2º de grao elemental

Más detalles

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015 PROGRAMA DE VISITAS ÁS INSTALACIÓNS DE SOGAMA PROGRAMA DE VISITAS A LAS INSTALACIONES DE SOGAMA MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015 CONTIDOS / CONTENIDOS 2 1. Introdución / Introducción 3 Obxecto / Objeto

Más detalles

Unidade 4: Pneumática

Unidade 4: Pneumática Unidade 4: Pneumática Sistemas pneumáticos Elementos dun circuíto pneumático Xeradores e accesorios De transporte Receptores: cilindros (efecto simple e dobre efecto) De distribución: válvulas (distribuidoras

Más detalles

Educación Física Tema 4-2º ESO. Tema 4 Balonmano. EF T 4 Balonmano Página 1 de 7

Educación Física Tema 4-2º ESO. Tema 4 Balonmano. EF T 4 Balonmano Página 1 de 7 Educación Física Tema 4-2º ESO Tema 4 Balonmano EF T 4 Balonmano Página 1 de 7 Tema 4 Balonmano Organízate con este esquema-guión 1.) Historia y Reglas Básicas Historia Reglamento Básico o Acciones que

Más detalles

INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE SETEMBRO 2007 1.- Resumo Mes seco, con temperaturas diúrnas por riba da media. O mes de setembro estivo caracterizado polas situacións anticiclónicas, moi estables, que soamente

Más detalles

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS O DÍA 20 DE OUTUBRO DE 2014 ENTROU EN VIGOR O DECRETO POLO QUE SE REGULAN EN GALICIA AS CONDICIÓNS DE VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS DESDE AS EXPLOTACIÓNS

Más detalles

A LUZ. ÓPTICA XEOMÉTRICA 0,40

A LUZ. ÓPTICA XEOMÉTRICA 0,40 A LUZ. ÓPTICA XEOMÉTRICA 1. Un espello esférico ten 0,80 m de radio. a) Se o espello é cóncavo, calcular a qué distancia hai que colocar un obxecto para obter unha imaxe real dúas veces maior que o obxecto.

Más detalles

ACTUALIDAD DEL BALONMANO

ACTUALIDAD DEL BALONMANO EL BALONMANO Buscando una alternativa al fútbol, nace en Alemania a finales del siglo pasado el juego del balonmano. Inicialmente se jugaba el llamado balonmano a 11 en donde dicho número de jugadores

Más detalles

REGLAS DEL JUEGO DE HOCKEY SALA

REGLAS DEL JUEGO DE HOCKEY SALA REGLAS DEL JUEGO DE HOCKEY SALA Tamaño del campo: El campo de juego es un rectángulo en el que la longitud debe ser doble de la anchura y cuyas dimensiones deben estar entre los límites que se indica a

Más detalles

En 1947, el balonmano comenzó a jugarse en un campo de 40x20 metros y enfrentaba a dos equipos formados por siete jugadores.

En 1947, el balonmano comenzó a jugarse en un campo de 40x20 metros y enfrentaba a dos equipos formados por siete jugadores. BALONMANO Educación Física 1º E.S.O. 1. HISTORIA. 2. CÓMO SE JUEGA? 3. REGLAS QUE DEBEMOS RESPETAR. 4. ELEMENTOS TÉCNICOS. Posición base. Pase. Recepción Bote. Lanzamiento. Fintas 5. SITEMAS TÁTICOS DEFENSIVOS.

Más detalles

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009) NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009) Motivación A Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro de Universidades,

Más detalles

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12061 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS UNIVERSIDADE DE VIGO RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2013 pola que se publica a normativa de permanencia e progreso do alumnado

Más detalles

RECOMENDACIÓNS XERAIS

RECOMENDACIÓNS XERAIS O comedor escolar do Colexio Divino Salvador comenzou a funcionar de xeito ininterrumpido fai 20 anos, aproximadamente. Dispón dunha cociña propia onde se elabora a comida diariamente por persoal especializado.

Más detalles

UN AMOR POR DESCUBRIR

UN AMOR POR DESCUBRIR Un amor por descubrir 1 de 5 UN AMOR POR DESCUBRIR Esta é a unidade didáctica sobre a película Un amor por descubrir. Está realizada co obxectivo de que o profesorado despois de ver a película poida traballar

Más detalles

REGLAMENTO MINI BALONMANO COMPETICIONES ARAGONESAS

REGLAMENTO MINI BALONMANO COMPETICIONES ARAGONESAS REGLAMENTO MINI BALONMANO COMPETICIONES ARAGONESAS 1 EL TERRENO DE JUEGO Las medidas del terreno de juego son 20 x 13 metros. El resto de las medidas deberán de ser como se detallan a continuación. 2 LA

Más detalles

BALONCESTO * OBJETIVOS DE LA UNIDAD DIDÁCTICA

BALONCESTO * OBJETIVOS DE LA UNIDAD DIDÁCTICA BALONCESTO * OBJETIVOS DE LA UNIDAD DIDÁCTICA Conocer los gestos técnicos y los principios del juego de baloncesto. Comprender las reglas básicas y saber aplicarlas en el trascurso del juego. Practicar

Más detalles

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE. Ferrol, 4 de Xuño do 2016

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE. Ferrol, 4 de Xuño do 2016 Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña. Teléfono: 981291683 Páxina Web: http://www.atletismogalego.org e http://www.carreirasgalegas.com CIRCULAR 43-2016 (modificada a 2/05/2016 inclúe horario

Más detalles

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC Aprobado no Consello Escolar do 3 de febreiro de 2017. (Claustro do 2 de febreiro de 2017). PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC I.E.S. de Ponteceso Documento básico que recolle a planificación de como se incorporan

Más detalles

Expediente: D.3.Q/14584/15. Santiago de Compostela, 22 de outubro de Sr. Reitor:

Expediente: D.3.Q/14584/15. Santiago de Compostela, 22 de outubro de Sr. Reitor: Recomendación dirixida á Universidade de Santiago de Compostela, para que que en diante, no suposto excepcional de que se inicie a impartición de estudos oficiais sen que concluísen os trámites legalmente

Más detalles

A FINDE.U ABRE PORTAS AO TEU FUTURO

A FINDE.U ABRE PORTAS AO TEU FUTURO A FINDE.U ABRE PORTAS AO TEU FUTURO A Área de Emprego e Emprendemento en colaboración coas universidades de Oporto e UTAD celebrará o vindeiro mes de novembro a Finde.U, un foro universidadeempresa que

Más detalles

Que é Tótem, xestión creativa do tempo?

Que é Tótem, xestión creativa do tempo? Que é Tótem, xestión creativa do tempo? Tótem, xestión creativa do tempo, é un equipo multidisciplinar que ofrece servizos de xestión sociocultural e organización de eventos. Os seus trazos característicos

Más detalles

1º E.S.O. U.D. BALONMANO. DANIEL GARCÍA SÁIZ Licenciado en Educación Física

1º E.S.O. U.D. BALONMANO. DANIEL GARCÍA SÁIZ Licenciado en Educación Física 1º E.S.O. U.D. BALONMANO DANIEL GARCÍA SÁIZ Licenciado en Educación Física 1.- QUÉ ES EL BALONMANO? U.D. BALONMANO 1º ESO Introducir la pelota dentro de la portería contraria, marcar gol. U.D. BALONMANO

Más detalles

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad A Manual de do Elementos de identidade Elementos de identidad e 02_ O símbolo 02_ El símbolo A_02 02_1 SÍMBOLO O símbolo representa graficamente o. O símbolo amosa a parte máis emblemática da Muralla de

Más detalles

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME Limiar A Lei 3/1986, do 18 de decembro, dos consellos escolares de Galicia establece no seu artigo 15.2, que: Os municipios que

Más detalles

CONDICIÓNS DO SERVIZO INTERNET MÓVIL

CONDICIÓNS DO SERVIZO INTERNET MÓVIL CONDICIÓNS DO SERVIZO INTERNET MÓVIL As presentes condicións de uso regulan o servizo de datos Internet y Conectividad Móvil (en diante o Servizo ) en calquera das súas modalidades, incluíndo as modalidades

Más detalles

EL BALONMANO. Un deporte de equipo. Autor: Jesús Bao Rama

EL BALONMANO. Un deporte de equipo. Autor: Jesús Bao Rama EL BALONMANO Un deporte de equipo Autor: Jesús Bao Rama EL BALONMANO UN POCO DE HISTORIA 1 El balonmano, tal y como lo concebimos hoy en día, es un deporte de reciente creación. Pero, algunos investigadores

Más detalles

TIEMPO DE JUEGO 1ª PARTE 2ª PARTE

TIEMPO DE JUEGO 1ª PARTE 2ª PARTE 1.- TERRENO DE JUEGO 1.1.- El terreno de juego es un rectángulo de 20 metros de largo y 13 metros de ancho (figura 1). Comprende una zona de juego y dos áreas de portería. Figura 1 Figura 2 1.2.- Las líneas

Más detalles

El voleibol. Voleibol. El terreno Se juega en un terreno rectangular de 18 9 metros, dividido por una red en dos partes iguales.

El voleibol. Voleibol. El terreno Se juega en un terreno rectangular de 18 9 metros, dividido por una red en dos partes iguales. Voleibol El voleibol El voleibol es un deporte colectivo que se puede jugar en un gimnasio, en el patio del colegio, en la playa, etc. El terreno de juego, más pequeño que el del resto de los deportes

Más detalles

INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos comezou a funcionar no ano 1.987 dependendo orgánicamente do Concello de Monforte

Más detalles

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPC003. Código. Proba de. Matemáticas. Páxina 1 de 11

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPC003. Código. Proba de. Matemáticas. Páxina 1 de 11 Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Proba de Matemáticas Código CSPC003 Páxina 1 de 11 1. Formato da proba Formato A proba consta de vinte cuestións distribuídas en catro problemas, do

Más detalles

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS ARTIGO 1. OBXECTO O obxecto deste regulamento é a ordenación da utilización das instalacións dos campos de fútbol municipais de SALGUEIRÓN

Más detalles

Unidade didáctica. Doraemon e o Imperio Maia. Unha lección de cine. Festival de cinema en galego 2010

Unidade didáctica. Doraemon e o Imperio Maia. Unha lección de cine. Festival de cinema en galego 2010 Unidade didáctica Festival de cinema en galego 2010 Unha lección de cine Doraemon e o Imperio Maia Doraemon e o Imperio Maia Páx. Presentación 3 Antes de ver a película 4 Argumento 4 Personaxes 5 Preguntas

Más detalles

Apuntes Floorball 2º ESO. Andrés Mateo Martínez. Proyectosef.wordpress.com

Apuntes Floorball 2º ESO. Andrés Mateo Martínez. Proyectosef.wordpress.com Apuntes Floorball 2º ESO Andrés Mateo Martínez Proyectosef.wordpress.com El floorball o unihockey, también conocido como hockey sala o escolar, es un deporte de equipo que tiene su desarrollo en Suecia,

Más detalles

REGLAMENTO DE BALONMANO.

REGLAMENTO DE BALONMANO. REGLAMENTO DE BALONMANO. 1 - El Terreno de juego 2 - La duración del partido, señal final y time-out 3 - El balón 4 - El equipo: sustituciones, equipamientos 5 - El portero 6 - El área de portería 7 -

Más detalles

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes 0. Contido Contido Neste documento descríbese a solución a algúns problemas frecuentes á hora de visualizar arquivos PDF xerados dende o programa e tamén ao realizar o proceso de pago telemático das taxas

Más detalles

I.H.F. Comisión de Reglas de Juego y Árbitros CATALOGO DE PREGUNTAS SOBRE LAS REGLAS DE JUEGO

I.H.F. Comisión de Reglas de Juego y Árbitros CATALOGO DE PREGUNTAS SOBRE LAS REGLAS DE JUEGO I.H.F. Comisión de Reglas de Juego y Árbitros CATALOGO DE PREGUNTAS SOBRE LAS REGLAS DE JUEGO Publicado por la Federación Internacional de Balonmano Septiembre 2005 CATALOGO DE PREGUNTAS SOBRE LAS REGLAS

Más detalles

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA 1. OBXECTIVO... 2 2. PROPÓSITO... 2 3. ALCANCE... 2 4. RESPONSABLES... 2 5. DESENVOLVEMENTO... 2 5.1. Planificación... 2 5.2. Realización...

Más detalles

QUE É A DISLEXIA? (1) Outón, P. (2009). Dislexia. Una visión interdisciplinar. Barcelona: Lebón.

QUE É A DISLEXIA? (1) Outón, P. (2009). Dislexia. Una visión interdisciplinar. Barcelona: Lebón. Dende a Asociación Galega de Dislexia somos conscientes da escasa información práctica que existe sobre a dislexia en todos os ámbitos, polo que queremos facer chegar aos profesores e profesoras que acollen

Más detalles

Múltiplos e divisores. Múltiplos e divisores. Obxectivos. Antes de comezar

Múltiplos e divisores. Múltiplos e divisores. Obxectivos. Antes de comezar 2 Múltiplos e divisores Múltiplos e divisores Obxectivos Nesta quincena aprenderás a: Saber se un número é múltiplo doutro. Recoñecer as divisións exactas. Achar todos os divisores dun número. Recoñecer

Más detalles

ESCENARIO DE PRÁCTICAS Celebraranse as probas nas Pistas de Atletismo ao aire libre, de Elviña (A Coruña), e da Malata (Ferrol)

ESCENARIO DE PRÁCTICAS Celebraranse as probas nas Pistas de Atletismo ao aire libre, de Elviña (A Coruña), e da Malata (Ferrol) NORMATIVA XERAL DA MODALIDADE DE ATLETISMO PISTA INDIVIDUAL DAS CATRO XORNADAS PROGRAMADAS CURSO 2015/2016 ZONAS: CORUÑA - ESCENARIO DE PRÁCTICAS Celebraranse as probas nas Pistas de Atletismo ao aire

Más detalles

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS. ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS. Ímos coñecer nesta ocasión o parque natural de Ponga, en Asturias, situado entre o parque natural de Redes e o parque nacional de Picos de

Más detalles

Fundación Diocesana de Enseñanza Santa María de la Victoria CDP Cardenal Herrera Oria

Fundación Diocesana de Enseñanza Santa María de la Victoria CDP Cardenal Herrera Oria UN POCO DE HISTORIA. Este juego se remonta a la antigüedad. Se cree que en la Antigua Grecia se jugaba un juego en el que consistía que una pelota del tamaño de una manzana, no tocara el suelo. Aunque

Más detalles

-DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA-1ºE.S.O. EL BALONMANO

-DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA-1ºE.S.O. EL BALONMANO DÓNDE SE JUEGA? EL BALONMANO El balonmano se juega en una pista de 20*40m y las porterías miden 3m de ancho por 2m de alto. CÓMO SE JUEGA? Objetivo del juego: consiste en introducir el balón en la portería

Más detalles

Tema 0.7 Balonmano TEMA 0.7 BALONMANO

Tema 0.7 Balonmano TEMA 0.7 BALONMANO TEMA 0.7 BALONMANO 1. HISTORIA DEL BALONMANO En la angua Grecia exisó el «juego de urania», en el que se usaba un balón de medidas parecida a una manzana que debía ser sostenido en el aire. En La Odisea,

Más detalles

Teoría del tercer trimestre para 3º ESO Educación Física

Teoría del tercer trimestre para 3º ESO Educación Física TEORIA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3 DE LA ESO: 3er TRIMESTRE 4. EL BALONMANO Es un deporte olímpico en el que compiten dos equipos de 7 jugadores. El objetivo del juego es introducir el balón con ayuda de

Más detalles

A ENTREVISTA DE TRABALLO

A ENTREVISTA DE TRABALLO A ENTREVISTA DE TRABALLO A entrevista de traballo é unha parte moi importante na maioría dos procesos de selección. TIPOS DE ENTREVISTA Podemos ter distintos tipos atendendo ó momento de realización da

Más detalles

NUEVOS JUEGOS RECREATIVOS

NUEVOS JUEGOS RECREATIVOS NUEVOS JUEGOS RECREATIVOS DUNI 1. Introducción El juego del DUNI (abreviatura de deporte universal), puede tener un parecido con algunos juegos de la índiaca y algunas reglas del tenis o e voleibol. El

Más detalles

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais Lei 2/2007 de 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia Decreto 181/2008, do 24 de xullo Órganos

Más detalles

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS XXIXª MILLA URBANA VIª CARREIRA POPULAR DOS SANTIÑOS FESTAS O BARCO DE DO VALDEORRAS CRISTO 03/11/2013 2015 O BARCO DE VALDEORRAS O Concello de O Barco de Valdeorras, coa colaboración do clube Adas-Proinor

Más detalles

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA Seguimento do indicador de risco de pobreza e exclusión social en Galicia 2009-2014 REDE GALEGA CONTRA A POBREZA (EAPN-Galicia) Outubro 2015 GALICIA TAXA AROPE (TAXA

Más detalles

Lugar: Complexo Deportivo O Roxo (Concello de Cerceda).

Lugar: Complexo Deportivo O Roxo (Concello de Cerceda). Lugar: Complexo Deportivo O Roxo (Concello de Cerceda). Data: 5 de abril de 2012 (1ª Fase) 28 de abril de 2012 (Fase Final Alevín) Formato de competición: O torneo será de Fútbol 7 nas categorías de alevíns

Más detalles

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS) GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS (PSX) CELADOR/A Requisitos de Titulación (Nivel mínimo de Titulación esixible): Grupo auxiliar da función administrativa Persoal de Servizos

Más detalles

Que é Intercat? Obxectivos

Que é Intercat? Obxectivos Obxectivos Que é Intercat? É un conxunto de recursos electrónicos que teñen por obxecto a aprendizaxe da lingua e a cultura catalás, concibido principalmente para os estudantes de mobilidade que visitan

Más detalles

AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS

AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS INTRODUCIÓN Das familias galegas depende o 30% do consumo final de enerxía na nosa comunidade, sendo a enerxía a principal causante das emisións de

Más detalles

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS A doazón ou cesión a título gratuíto de coleccións ou de materiais bibliográficos por parte de persoas físicas ou xurídicas representa unha forma importante

Más detalles

1. DEFINICIÓN 2. ORÍGENES 3. EQUIPOS POSICIONES DE LOS JUGADORES

1. DEFINICIÓN 2. ORÍGENES 3. EQUIPOS POSICIONES DE LOS JUGADORES 1. DEFINICIÓN Deporte colectivo donde se enfrentan dos equipos de 6 jugadores y cuyo objetivo es pasar el balón por encima de la red al campo contrario (con un mínimo de 1 golpe y un máximo de 3), con

Más detalles

Cuestionario de Convivencia Preguntas frecuentes

Cuestionario de Convivencia Preguntas frecuentes Cuestionario de Convivencia 2015 - Preguntas frecuentes Que é e para que serve este cuestionario? No marco do Decreto 8/2015, de 8 de xaneiro, e da Lei 4/2011 que desenvolve, prevese a redacción e execución

Más detalles

EDUCACIÓN FÍSICA 2ª Evaluación El Voleibol 1

EDUCACIÓN FÍSICA 2ª Evaluación El Voleibol 1 EDUCACIÓN ÍSICA El oleibol 1 EDUCACIÓN ÍSICA Dónde se juega? Se practica en un campo de 18x9 m, en cuyo centro hay una red que tiene una altura de 2,43 m para los chicos y 2,3 m para las chicas. Cómo se

Más detalles

GUÍA DA PERSOA CANDIDATA

GUÍA DA PERSOA CANDIDATA GUÍA DA PERSOA CANDIDATA Páxina 1 de 12 Índice Para que che serve esta guía?... 3 Como debes utilizar esta guía?... 3 1. A persoa candidata no recoñecemento das competencias profesionais...4 1.1 Quen é

Más detalles

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE ÍSICA BLOQUE A: 3 puntos Se valorará cada cuestión marcada correctamente con 0,5 puntos, sin necesidad de justificación. No se tendrán en cuenta las cuestiones mal

Más detalles

Desarrollo del juego. El tiempo de juego será de 4 partes de 6 minutos cada una, a tiempo corrido.

Desarrollo del juego. El tiempo de juego será de 4 partes de 6 minutos cada una, a tiempo corrido. 4.9.8. WATERPOLO En esta disciplina podrán participar jugadores que cuenten con licencia de waterpolo en la Federación Madrileña de Natación y se encuentren, además, inscritos debidamente en los Juegos

Más detalles

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC 2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC ESPACIO RESERVADO PARA A ETIQUETA CO CÓDIGO DE BARRAS 1. Tráennos un ordenador con problemas. Non acende dinnos. Conectámolo correctamente

Más detalles

O RELEVO DE GALICI C A I

O RELEVO DE GALICI C A I O RELEVO DE GALICIA ÍNDICE Introdución. Galicia : situación xeográfica Formas do relevo: conceptos O relevo de Galicia : características xerais. Serras, chairas e depresións INTRODUCCIÓN. Galicia: situación

Más detalles

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45871 IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ANUNCIO do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros

Más detalles

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN FRONTE Á GRIPE A (H1N1)v (15 de setembro de 2009)

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN FRONTE Á GRIPE A (H1N1)v (15 de setembro de 2009) PROTOCOLO DE ACTUACIÓN FRONTE Á GRIPE A (H1N1)v (15 de setembro de 2009) ÍNDICE 1. Definición de gripe A (H1N1)v 2. Síntomas da gripe A (H1N1)v 3. Transmisión da gripe 4. Casos de gravidade e poboación

Más detalles

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL 1. DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN Distribución espacial da poboación. ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL a) Observa e analiza os mapas. Elabora dous pequenos esquemas da distribución

Más detalles

BASES QUE REXERÁN NO XVII FESTIVAL DO ENTROIDO 2017 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO

BASES QUE REXERÁN NO XVII FESTIVAL DO ENTROIDO 2017 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO CONCELLO DE VALDOVIÑO. XVII FESTIVAL DE ENTROIDO O Concello de Valdoviño promove o XVII Festival de Entroido que se celebrará o sábado 4 de marzo no Concello de Valdoviño. BASES QUE REXERÁN NO XVII FESTIVAL

Más detalles

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple REGULAMENTO XERAL Art.1) A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.), organiza a II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple,

Más detalles