Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española: - As explotacións agrarias - Técnicas e sistemas agrarios - Política Agrícola Común

Documentos relacionados
As paisaxes agrarias españolas: - Condicións naturais (dominios atlántico, mediterráneo, subtropical, áreas montañosas e chairas) - Estrutura da

TEMA 8: OS ESPAZOS DO SECTOR PRIMARIO

D.- Os elementos da paisaxe agraria

C.- Os factores condicionantes da actividade agraria

C.-OS ELEMENTOS HUMANOS

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

Sector agrario, pesca e acuicultura

D.- AS ACTIVIDADES AGRARIAS 1.- Os usos do espazo rural

Todo aquelo que se emprega na produción de bens e servizos

A ECONOMÍA: A NECESIDADE DE ELIXIR

TEMA 5. Cambios e permanencias no sector primario. Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos:

F.- OS PROBLEMAS AGRARIOS

MEMORIA ANUAL DO ANO 2016 DO CONSELLO REGULADOR DA AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA

A absorción de CO 2. no marco da xestión forestal sustentable en Galicia Xornada inaugural do proxecto Troco 2, 6 de xuño de 2018

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E DO MAR

PERSPECTIVAS DE FUTURO PARA O TERRITORIO. Castelo de Santa Cruz 23 de novembro de 2015

3ª parte. O SECTOR PRIMARIO

PRESENTACION DA MEMORIA ANUAL DE ACTIVIDADES DO ANO 2014 DO CONSELLO REGULADOR DA AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA

MESAS TEMÁTICAS DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA PROGRAMA LEADER GDR-23 MARIÑAS-BETANZOS

Colectivo. Manifesto. Por unha nova política para o rural galego

Asociación Galega de Horticultura Urbana. Horticultura Urbana Fundamentos, técnicas e valores.

A ACTIVIDADE ECONÓMICA

Organismos modificados xenéticamente

FORESTAULA CURSOS ON LINE SOBRE SILVICULTURA E APROVEITAMENTOS FORESTAIS ACCIÓNS GRATUÍTAS COFINANCIADAS POLO FSE

Tema 10.- A poboación española.

MANUAL PARA ESTUDANTES DE PRIMARIA

a) A política agraria desde ½ do s.xix ata a adopción da PAC

Tema 3.- As actividades do sector primario.

Sector servizos e o proceso de terciarización da economía en España.

TEMA 9: OS ESPAZOS INDUSTRIAIS

Sector servizos e o proceso de terciarización da economía en España.

SENSIBILIZACIÓN - CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL Entidade de Custodia do territorio

Diagnose GDR Valdeorras.! Mesas Sectoriais!

C.- As fontes de enerxía

RETOS NA COMERCIALIZACIÓN E PROMOCIÓN DE PRODUTOS DO MAR

PERSPECTIVAS DE FUTURO PARA O TERRITORIO. Castelo de Santa Cruz 24 de novembro de 2015

Finalmente, nos últimos anos do século vinte, creáronse os primeiros sistemas de certificación da xestión forestal sostible.

RUTA DE QUEIXO E MEL. 2 DÍAS (2 días - 1 noite) 62 KM 4 CONCELLOS O Pino, Arzúa, Vila de Cruces, Santiso. a c

XESTIÓN INTEGRADA DAS ZONAS COSTEIRAS A PESCA ARTESANAL NA CONFERENCIA DAS NACIÓNS UNIDAS SOBRE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Reserva da Biosfera MCeTM

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

Cooperativismo no sector forestal

Axudas concedidas 2013

TEMA 8: OS ESPAZOS DA ACTIVIDADE PESQUEIRA

CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E CONTROL As especies exóticas invasoras nas Reservas de Biosfera de Galicia

UNHA ECONOMÍA GLOBALIZADA A ORGANIZACIÓN DA ECONOMÍA MUNDIAL

REUNIÓN DO 25 DE XULLO DE

Selectividade: Exercicio teórico:

PRODUCCION DE MAZA DE SIDRA ECOLOXICA EN REXIMEN COOPERATIVO. Miguel Soto Alborés. Enxeñeiro Técnico agrícola de Ullama.

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DA SAÚDE, BENESTAR E VIDA

PAAU (MAIORES DE 25 ANOS) ABRIL 2009 Código: 34 CC. DA TERRA E M. A.

O diñeiro. Historia dunha ambición

Capítulo. Ámbito do estudo ANÁLISE, PROSPECTIVA E PROPOSTAS FORMATIVAS NO SECTOR FORESTAL EN ESPAÑA

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DE ENERXÍA, MEDIOAMBIENTE E SERVIZOS

I I XORNADAS INTERNACIONAIS SOBRE O CASTIÑEIRO

PRESENTACION DA MEMORIA ANUAL DE ACTIVIDADES DO ANO 2015 DO CONSELLO REGULADOR DA AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA

~Xacobea~ Ferramenta para a referenciación no contrato do prezo do leite de vaca

5 min 10 min 15 min 20 min 30 min

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

A ESTRATEXIA DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE (RIS3) DE GALICIA E A SÚA INCIDENCIA NO AGRO GALEGO

CONTIDO: 1. Introducción 2. Obxecto da guía 3. A guía

CERTIFICACIÓN EN GRUPO FSC

A ESTRUTURA URBANA. Selectividade: Exercicio teórico:

Espazos pesqueiros. a) as catro provincias das rexións levantina e surmediterránea segundo a fig. 1: Alicante, Murcia, Almería, Granada, Málaga.

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

Programa INTERREG V-A España Portugal (POCTEP) Xosé Lago Comunidade de Traballo Galicia Norte de Portugal

XEOGRAFÍA OPCIÓN Comente vostede a Figura B-2. Orientacións para o comentario: tipoloxía da imaxe (sistema de representación, OPCIÓN 2

MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE. EETs

Proxecto PROXECTO DE ORZAMENTOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA. ANO 2017 FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

IDENTIFICACIÓN EN GANDO PORCINO

Riscos e problemas ambientais. (Tema 4 do libro) Repercusións ambientais da acción humana: - Contaminación. - Cambio climático. - Pegada ecolóxica.

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

XORNADAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CIENCIAS DO MUNDO CONTEMPORÁNEO PILAR DE VEGA. IES ANXEL FOLE

a.1) A poboación agraria

4, , , , PFG PFG PFG PFG PFG

Que vemos cunha boa Xestión?

A AGRICULTURA EN ESPAÑA.

A ACTIVIDADE ACUÍCOLA

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

PAU (MAIORES DE 25 ANOS) MARZO 2013 Código: 34 CC. DA TERRA E AMBIENTAIS

DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN ESPAÑOLA

ESCENARIO ENERXÉTICO DE GALICIA: AFORRO E EFICIENCIA Emérito Freire Sambade Director Departamento Enerxía e Planificación

Rúa Atalaia nº Porto do Son (A Coruña) CIF: P B Tlfno: Fax: ADHESIÓN REDE EUSUMO CONCELLO DE PORTO DO SON

PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DAS ÁREAS EMPRESARIAIS DE GALICIA DOC II.- MEMORIA XUSTIFICATIVA DO INTERESE PÚBLICO OU UTILIDADE SOCIAL

CiU G COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

CRIOPRESERVACIÓN DE OOCITOS PROPIOS DOCUMENTO DE CONSENTIMENTO

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

Plans de Mellora, Incorporación de Mozos e Pequenas Explotacións.

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

O ROCHEDO PENINSULAR. -Área silícea: modelado granítico -Área calcaria: modelado cárstico -Área arxilosa: modelado arxiloso

estrutura das cidades. - Cidade difusa - Os cambios no centro (degradación /vs/ rehabilitación). - Cambios de uso no solo urbano.

Condicionalidade e as axudas da PAC

Sistema de contas. Cadro macroeconómico de Galicia. Contas de bens e servizos, produción e explotación. Galicia

Transcripción:

Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española: - As explotacións agrarias - Técnicas e sistemas agrarios - Política Agrícola Común

Comentario e localización dunha paisaxe agraria: dominio climático, relevo, estrutura da propiedade, tipo de aproveitamento, poboamento, etc. Mapa de espazos pesqueiros (rexións e caladoiros). Gráficos sobre a produción final agraria e poboación ocupada neste sector.

Acuicultura (páx 190) (páx 190) Agricultura ecolóxica (páx 179) (páx 176) Denominación de orixe (páx 177) (páx 175) Desagrarización (páx 147) (páx. 149) Explotación intensiva (páx 150) (páx 149) Política Pesqueira Comunitaria (PPC) (páx 184) (páx 184) Silvicultura (páx 167) (páx 171) Transxénicos (páx 158) (páx 162, 175)

Desagrarización Proceso de perda constante da importancia económica do sector primario no PIB, do emprego agrario na ocupación da poboación e das actividades agrarias, gandeiras ou forestais na xeneración de ingresos no medio rural en favor doutras actividades, como o turismo. Este proceso é consecuencia das crises agrarias, da mecanización das tarefas agrícolas, da industrialización e a terciarización da economía, que provocaron o abandono progresivo do medio rural. Pero tamén é debido a que a sociedade e a Administración española non lle outorgan á agricultura e á gandería, á conservación dos bosques... a importancia que se merecen, co risco evidente de que, se non se manteñen, irán desaparecendo, non só as producións, senón tamén as paisaxes naturais e agrarias, os costumes e as tradicións rurais. Evolución do peso do sector primario no emprego e no PIB español.

Explotación intensiva É aquela explotación agraria que pon en cultivo todo o solo, eliminando así o barbeito. Pretende obter a maior colleita posible, polo que recorre á produción continua do terreo, fai uso de fertilizantes químicos, do regadío artificial, da selección xenética das sementes, do cultivo baixo plástico... técnicas avanzadas que lle permiten obter altos rendementos, pero que esixen elevados investimentos. Agricultura intensiva e de regadío na horta valenciana. Este tipo de agricultura intensiva (moi habitual no Delta do Ebro ou no litoral levantino), especialízase, por exemplo, na horticultura, xa que as condicións naturais permiten unha produción temperá a finais de inverno e comezos de primavera, susceptible de exportarse a outros países europeos que non teñen as mesmas características climáticas.

Transxénicos Cultivos modificados xeneticamente, é dicir, sometidos a unha alteración dos seus xenes ou que recibiron xenes procedentes doutros organismos para dotalos de certas propiedades: resistencia ás malas herbas e a certas pragas, maior rendemento, etc. As críticas das organizacións ecoloxistas a estes cultivos (exemplos son o millo, a cebada ou a soia) proveñen do control oligopolístico por parte dunhas poucas multinacionais sobre as sementes (co risco de perda de biodiversidade global), así como o abuso de fertilizantes que se fai con estes cultivos.

Silvicultura Actividade do sector primario que ten por obxecto o cultivo, a conservación e o aproveitamento dos montes e bosques. A práctica máis habitual da silvicultura é o aproveitamento forestal destinado á produción de madeira, leña ou resinas, froitos silvestres... pero tamén pode ter un efecto positivo na protección das cuncas hidrográficas, na conservación de hábitats naturais -susceptibles de integrarse en parques naturais protexidos-, na prevención de incendios e pragas e no desenvolvemento de espazos recreativos ou doutros usos que pode ofrecer o monte.

Denominación de orixe Certificación de calidade que se outorga a algúns produtos agroalimentarios (viño, aceite, carnes, legumes, queixos...) dun determinado territorio (do que toman o nome). Emprégase para protexer legalmente esas producións contra posibles falsificacións e da oferta masiva de artigos similares que poidan saturar o mercado. Os empresarios que se acollan á denominación de orixe, comprométense a manter a calidade o máis alta posible e a manter tamén certos procesos tradicionais na elaboración. Un consello regulador autoriza a exhibir o distintivo aos produtores da zona que cumpren as regras. A certificación de calidade facilita o acceso a mercados nacionais e internacionais.

Agricultura ecolóxica A agricultura ou a gandería ecolóxica só fan uso de sistemas naturais para producir: - Uso de fertilizantes orgánicos. - Rotación de cultivos e barbeito. - Sistemas naturais para combatir as pragas. - Rechazo da estabulación permanente do gando. - Non uso de estimuladores de crecemento. - Alimentación do gando nos pastos naturais ou con forraxes ecolóxicos. -Os seus produtos son máis sans, pero resultan máis caros e menos duradeiros, polo que a demanda aínda é baixa e a maior parte da produción expórtase.

-A agricultura ecolóxica é un exemplo de explotación sostible da terra, que se presenta como unha das solucións para reducir os problemas medioambientais xerados pola actividade agraria. -A superficie adicada á agricultura ecolóxica aumentou en España desde a década dos 90, as Comunidades con maior produción son Andalucía, Aragón e Estremadura.

Política Pesqueira Comunitaria (PPC) Conxunto de políticas e normas, xurdida en 1970, para o apoio e a regulación da pesca e da acuicultura nos Estados membros da Unión Europea. Entre os seus obxectivos están: - garantir unha renda digna para os pescadores e asegurar o subministro regular aos consumidores e á industria de transformación a prezos razoables. - establecer normas (cotas, paros biolóxicos...) para que a pesca sexa sostible e non prexudique o medio mariño, corrixindo así o problema da sobrepesca, para o que tamén se fomenta a acuicultura. - controlar o tamaño da frota pesqueira e impedir que medre, para axustar o seu tamaño ás posibilidades reais de pesca, ademais de aportar fondos para a súa modernización e renovación. - negociar en nome dos países da UE con países non comunitarios para poder faenar nos seus caladoiros.

Acuicultura É unha actividade que forma parte do sector primario, está destinada á cría de especies animais ou vexetais acuáticas, tanto mariñas como de auga doce (mexillón, ostras, polbo, rodaballo, linguado, salmón, troitas, algas...) Proporciona alimentos e materias primas para a industria: conservas, conxelados, aceites, fariñas de pescado, fertilizantes... Esta actividade móstrase como unha das solucións para mellorar a crise do sector pesqueiro, pois asegura o abastecemento de peixe, ao tempo que evita a sobreexplotación dos recursos. A acuicultura mariña pode ser intensiva - se o ser humano intervén en todo o proceso vital da especie - ou extensiva - que supón só a intervención nalgunhas fase da produción, como a reprodución ou a alimentación-.

Os problemas da acuicultura son, entre outros, o elevado custo das instalacións e da produción; as enfermidades dos animais, que poden chegar a producir flutuacións na produción e a contaminación das augas. Ademais debe enfrontarse ao rechazo por parte de certos colectivos ecoloxistas. Para solucionar eses problemas será necesario conceder fondos para mellorar as instalacións, aumentar a competitividade, promover a investigación de novas especies, garantir a seguridade, a sanidade e benestar dos animais, evitar a contaminación...