XESTIÓN TÉCNICO-ECONÓMICA DE EXPLOTACIÓNS BOVINAS EXTENSIVAS: UN NOVO RETO PARA O

Documentos relacionados
REUNIÓN DO 28 DE MARZO DE 2017

BOI DE GALICIA. FACTORES PRODUTIVOS E CARACTERÍSTICAS TECNOLÓXICAS

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Condicionalidade e as axudas da PAC

A densidade de poboación (hab./km2) é un indicador demográfico que serve para comparar o volume de poboación entre territorios.

Dietas típicas e composición dos ácidos graxos do leite nunha mostra de granxas de Galicia

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

REUNIÓN DO 25 DE XULLO DE

As empresas culturais en Galicia

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

UNHA ECONOMÍA GLOBALIZADA A ORGANIZACIÓN DA ECONOMÍA MUNDIAL

C.- Os factores condicionantes da actividade agraria

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

O Software Libre as empresas informáticas de Galicia Resumo executivo

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS

EXERCICIO Unidade de Análises e Programas. Tel Edificio anexo a xerencia. Planta baixa. As Lagoas Marcosende s/n Vigo

Movementos naturais da poboación. Dinámicas demográficas actuais: movemento natural da poboación. - Movementos migratorios (1990 á actualidade)

INFORME CLIMATOLÓXICO

DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx

Fundación Refuxio de Animais

COÑEZO E MELLORO AS MIÑAS CAPACIDADES FÍSICAS

CSIF sobre a Lei 1/2012 de medidas temporais e os orzamentos 2018

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

COMPLEMENTO POR MATERNIDADE NAS PENSIÓNS CONTRIBUTIVAS DA SEGURIDADE SOCIAL

Os maiores e as TIC ANO 2011

Duración: 9 horas Datas: 8, 15 e 22 de xuño Horario: Lugar de impartición: Campus de Vigo OBXECTIVOS XERAIS

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental

AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS

Datos básicos sobre a evolución do galego

Curso Traballo Social e Demencias

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

3ª parte. O SECTOR PRIMARIO

Guía rápida de consulta do Recadro da declaración da Renda do ano anterior

CONDICIÓNS DO SERVIZO INTERNET MÓVIL

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

ELECTRÓNICA DIXITAL. SISTEMAS DE NUMERACIÓN.

FACTURACIÓN ELECTRÓNICA OBRIGATORIA ANTE O CONCELLO DE LUGO A PARTIR DO 30 DE XANEIRO DE 2017

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECLARACIÓN MEDIOAMBIENTAL 2016

A sociedade da información. Tema 1

TECIDO NERVIOSO. neurona dendritas. axón

Factores que determinan e caracterizan a rendibilidade e calidade da carne de vacún da IXP Ternera Gallega

RESUMO DA PROGRAMACIÓN PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES 1º ESO. CURSO 2015/16

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

A ENERXÍA. Natureza, fontes,tipos. Enerxias renovables, non renovables. A calore e temperatura. Pepe

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

1. TEXTO NARRATIVO acontecementos personaxes espazo tempo historia argumento relato trama discurso tema

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

IV CERTAME DE RELATO CURTO

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Normas de presentación dos traballos

MEMORIA CLUB DE LECTURA

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

Plan Banda Larga. Lugo, xaneiro de 2015

XORNADA TÉCNICA: IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO LABORAL: PLANS DE IGUALDADE.

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

O servidor do centro

Como elaborar o plan financeiro da empresa. RELATOR: Paula Tenreiro 15 MAYO 2014

6.1. Sinalización. Normas xerais

INTRODUCIÓN... 2 PERSOAS DESTINATARIAS DO PLAN DE FORMACIÓN:... 3 INFORMACIÓN ADICIONAL:... 3 CURSO 1: TRABALLAR A PARENTALIDADE POSITIVA...

COMPARATIVA ENTRE MUFACE e a SEGURIDADE SOCIAL

30 DE OUTUBRO DO 2013 EXCMO. CONCELLO DE LUGO 29 DE ABRIL DO 2014 AV. DA CORUÑA, 500 CEI NODUS LUGO

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

MEMORIA ACTIVIDADE DO CLUB ESTUDIANTES LUGO PARA

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

DO FOTÓN AO LED. UN PERCORRIDO POLA LUZ E AS SÚAS TECNOLOXÍAS

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

A IMPORTANCIA DE SABER CIENCIA

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Que é Tótem, xestión creativa do tempo?

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Prototipo: Como construír a miña proposta? Módulo 5

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO (PF 2013/000007) DE UGACOTA

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

PROCESO PARTICIPATIVO PARA UN NOVO CONVENIO CTAG (PNC CTAG)

INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

EJERCICIOS DE ÓPTICA

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

Transcripción:

Dr. Vicente Jimeno Vinatea 1 e Dra. Teresa Castro Madrigal 2 1 Departamento de Produción Animal E.U.I.T. Agrícola (U.P.M.) 2 Departamento de Produción Animal F. de Veterinaria (U.C.M.) XESTIÓN TÉCNICO-ECONÓMICA DE EXPLOTACIÓNS BOVINAS EXTENSIVAS: UN NOVO RETO PARA O VETERINARIO (Parte III) Introdución A alimentación representa o custo máis importante nas explotacións de vacas nodrizas; cando se expresa sobre os custos totais supón arredor dun 28% e algo máis do 50% si se fai sobre os custos variables. Unha correcta alimentación é, polo tanto, fundamental, ademais dun adecuado manexo do gando, coa fin de alcanzar o obxectivo dun tenreiro por vaca e ano. Efecto da nutrición sobre os rendementos produtivos e reprodutivos En xeral, as condicións naturais de explotación das vacas nodrizas en España son bastante difíciles no verán e inverno, posto que son dúas épocas de escaseza de alimentos no campo, como consecuencia da parada do crecemento vexetativo da herba. Nestes períodos, a alimentación das vacas é un factor crave para poder alcanzar os obxectivos reprodutivos fixados na explotación. O balance enerxético das vacas en fase de preparto e postparto é un dos principais factores que afectan á duración do APP, polo que o desenvolvemento dun programa de alimentación baseado en dietas que cubran as necesidades enerxéticas destas fases produtivas sen dúbida axudará a mellorar a eficiencia reprodutiva do rabaño. As recomendacións nutritivas medias diarias para vacas de cría de formato medio (PV = 600 kg) paridera no inverno ao aire libre, CC de 2,5 puntos ao parto e peso estimado do tenreiro ao nacemento de 40 kg son as seguintes (INRA 2007; Jimeno e Castro 2009): En condicións prácticas de manexo, unha gran parte das variacións observadas nos rendementos reprodutivos dos rabaños de vacas nodrizas débense a diferenzas no consumo de enerxía e a variacións na condición corporal Táboa 4. Recomendacións nutritivas para vacas nodrizas en preparto e en inicio de fase de cría ou inicio de lactación. 1

das vacas no momento do parto e durante os dous primeiros meses de lactación (Lemenager e col., 1991). O efecto da alimentación da fase de preparto sobre a duración do APP é moito máis importante que na fase postparto, dado que un consumo de enerxía insuficiente ao final da xestación reduce os rendementos reprodutivos. Tras o parto é importante manter unha óptima condición corporal das vacas, non máis de 1 punto de perda de CC nos primeiros 60 días postparto, xa que unha adecuada reserva de lípidos corporais asegura unha boa eficacia reprodutiva no postparto (Hess e col., 2004). Noutro traballo de Sanz e col. (2004) con vacas de raza Parda e Pirenaica, sinalan que o nivel de alimentación en preparto, reflectido no CC ao parto é o principal factor asociado coa duración do APP e que a perda de peso en preparto e unha menor CC ao parto asociánse con un maior APP. A paridera de vacas nodrizas en zonas de montaña sucede durante o primeiro trimestre do ano (cun adianto de entre 2-3 semanas para as novillas de primeiro parto), de maneira que o final da xestación e o inicio da lactación teñen lugar durante o inverno, cando a única dispoñibilidade de forraxes é en forma de forraxes conservadas (fenos e ensilados). Co fin de economizar e xestionar o mellor posible as forraxes conservadas dispoñibles na explotación, ás veces pode ser unha boa estratexia restrinxir de forma moderada as achegas alimentarias que reciben as vacas. Garel e col. (1988), levaron a cabo un traballo con vacas de raza Salers en zona de montaña, para valorar o efecto dunha subalimentación durante o final da xestación (tres últimos meses). Observaron que en vacas multíparas que ao comezo do inverno teñen un CC adecuada, se a intensidade da subalimentación aplicada non supera o 15% das necesidades enerxéticas totais e a duración non se estende máis do último terzo de xestación, non hai efecto algún sobre o peso do tenreiro ao nacemento, a produción de leite, porcentaxe de vacas que ciclan antes dos 60 días postparto nin sobre a taxa de xestación global. Táboa 5. Efecto dunha subalimentación moderada vs a unha forte, durante os últimos tres meses de xestación en vacas de raza Salers, sobre o peso do tenreiro ao nacemento, porcentaxe de vacas en celo antes dos 60 postparto e taxa de xestación (Garel y col., 1988). 2

Con todo, cando ten lugar unha subalimentación excesiva durante o final da xestación (- 28% das necesidades enerxéticas totais), só o 42% das vacas ciclan nos dous meses seguintes ao parto fronte ao 65% daquelas que son subalimentadas de forma moderada (- 15%), prodúcese unha redución na taxa de xestación global e alárgase o período de partos na seguintes parideras (Táboa 5). Se o CC ao parto das vacas é adecuada (> 2,75 sobre 5), unha subalimentación enerxética moderada (15%) durante o inicio de lactación non afecta nin á produción de leite nin ao crecemento dos tenreiros, a condición de que paran entre un mes e medio ou dous meses antes do comezo do pastoreo. Por tanto, os efectos da subalimentación enerxética non dependen só da intensidade desta e da súa duración, senón tamén do CC da vaca o parto (mínimo 2,5 puntos sobre 5). Pola contra, unha subalimentación enerxética moderada en vacas primíparas, reduce a ganancia media diaria do tenreiro entre o nacemento e o destete, xa que as vacas primerizas teñen unha menor capacidade para reconstituir as súas reservas corporais como consecuencia da súa menor capacidade de inxestión con respecto ás vacas adultas (un 15-20% menos). Efecto da condición corporal ao parto e ao postparto Está suficientemente documentado na literatura científica que a condición corporal (CC) ao parto é un factor importante que afecta á extensión do APP e á taxa de xestación. Nas vacas de cría que paren na primavera o APP é máis curto canto mellor é o CC ao parto. En caso de déficit alimentario, as reservas corporais das vacas nodrizas xogan un papel regulador moi eficiente en beneficio de todas as funcións fisiológicas, cunha orde de prioridade; mantemento e protección da nai, mantemento e protección do feto, mantemento da lactación e en último lugar mantemento da reprodución. A condición corporal é un indicador externo da cantidade de tecido adiposo almacenado e un bo índice da aptitude do rabaño para reproducirse de forma regular (Petit e Agabriel, 1993). Nas épocas do ano desfavorables (verán e inverno), a vaca de cría compensa nunha parte o seu déficit nutricional mobilizando as sús reservas corporais, principalmente lípidos, mediante a perda de peso e de CC, para posteriormente en fases de abundancia de pastos de calidade recuperar o peso perdido. Aínda que a xestión deste fenómeno pode axudar a mellorar os resultados económicos da explotación mediante un aforro considerable no capítulo de alimentación, a súa amplitude debería ser controlada, de maneira que o limiar mínimo do CC ao parto debería situarse sempre por encima de 2,5 puntos e a perda en CC durante os 60 primeiros días postparto por baixo dun punto con relación ao CC do parto. A condición corporal ao parto é un dos factores que inflúen sobre a taxa de xestación. As vacas que paren cun CC moderada (> 2,75) presentan maiores taxas de xestación ao longo de todo o período de monta que as que paren con baixa CC. En consecuencia, o manexo das vacas debería orientarse para conseguir que paran cunha boa CC e manter o peso dos animais tras o parto para diminuír o APP, mellorar o desenvolvemento folicular e maximizar a fertilidade (Lowman, B.G., 1985; Houghton e col., 1990; Lents e col., 2008). As vacas delgadas ao parto presentaron un APP significativamente máis longo, case 28 días máis, que aquelas que pariron con CC adecuada e 58 días máis que as que pariron gordas. Con todo, as vacas delgadas ou gordas en postparto presentan menores (P < 0,05) taxas de xestación comparadas con aquelas que manteñen un boa CC en postparto (Táboa 6). Táboa 6. Efecto da CC ao parto sobre o APP e da CC en postparto sobre a taxa de xestación en vacas adultas Charolais x Angus (Houghton y col., 1990). b,c,d Medias ± SE na mesma columna con diferentes superíndices difiren significativamente 3

Aínda que as vacas adultas poden mobilizar máis facilmente as súas reservas corporais para emendar o seu déficit nutritivo, non sucede o mesmo en vacas novas ou primíparas aínda en fase de crecemento, que son moito máis sensibles a estes cambios. En vacas novas subalimentadas obsérvase unha diminución na produción de leite e un menor peso ao destete dos tenreiros (Petit e Agabriel, 1993) (Táboa 7). Efecto do tipo de destete (temprano ou tardío) sobre o rendemento de vacas primíparas ou multíparas e a súa descendencia. Táboa 7. Efecto do nivel de alimentación invernal sobre resultados produtivos e reprodutivos en vacas primíparas de raza Charolais (Petit e Agabriel, 1993). a,b Medias na mesma fila con diferentes superíndices difiren significativamente O destete precoz arredor dos 100 días de vida do tenreiro, é unha boa estratexia de manexo nas explotacións de vacas de cría en condicións medioambientais adversas e con escasa dispoñibilidade de alimentos forraxeiros. Tamén en vacas primíparas que paren moi xustas de CC, pode ser unha estratexia recomendable para reducir a duración do APP e mellorar a taxa de xestación. En parideras de principio de inverno, en zonas chairas, o destete dos tenreiros ten lugar sobre o mes de xuño, cando os animais alcanzan unha idade aproximada de 210 días, xa que a dispoñibilidade de pastos de calidade durante a primavera e principios de verán pode ser aínda abundante. Ás veces, nestes casos mesmo se expón a estratexia de destetes máis tardíos arredor dos 300 días de vida, estendendo o período de lactación até a metade do mes de xullo, co obxectivo de destetar tenreiros con maior peso vivo e mellorar así os ingresos da empresa. Hudson e col. (2010), avaliaron o efecto dun destete tardío (300 días de idade) comparado cun normal (210 días de idade) sobre os rendementos de vacas de cría paridas no outono e os da súa descendencia. Sinalan que vacas con destetes aos 210 días, no seguinte parto os tenreiros tiveron un peso ao nacemento (+ 2,4 kg) e unha ganancia media diaria desde o nacemento ao mes de abril significativamente maior que os procedentes de vacas con destetes tardíos. As mellores taxas de xestación obtéñense nos lotes de vacas adultas sometidas a destetes tardíos e primíparas con destetes normais, aínda que non houbo diferenzas coas vacas adultas con destete normal. Tendo en conta estes resultados e con dispoñibilidade suficiente de forraxes, parece máis vantaxoso aplicar destetes tardíos en vacas multíparas e manter destetes normais en vacas primíparas (Táboa 8). Táboa 8. Efecto do tipo de destete e idade das vacas sobre os rendementos produtivos e reprodutivos de vacas paridas en outono (Hudson e col., 2010). a,b,c Medias na mesma fila con diferentes superíndices difiren significativamente (P < 0,05) 300 d = destete a 300 días de vida; 210 d = destete a 210 días de vida. PVNac = Peso vivo do tenreiro ao nacemento; PVAbril = Peso vivo do tenreiro no mes de abril (210 d de vida); Mul-300 = Vacas multíparas destetadas aos 300 días; Pri-300 = Vacas primíparas destetadas aos 300 días; Mul-210 = Vacas multíparas destetadas aos 210 días; Pri-210 = Vacas primíparas destetadas aos 210 días. 4

A época de nacemento e o peso vivo ao destete tamén pode afectar as tenreiras seleccionadas para a reposición, polo que no manexo das novillas desde o destete até o comezo da fase reprodutiva, deberían considerarse ambos aspectos. Marston e col. (1995) sinalan que a época de parto, idade ao destete, calidade da dieta e condicións ambientais poden afectar as taxas de crecemento das novillas entre o destete e o primeiro celo. Grings e col. (2007) levaron a cabo un traballo con novillas nadas en tres épocas do ano (final de inverno, principio de primavera e final de primavera), destetadas a dúas idades diferentes (190 e 240 días) e con dous sistemas de alimentación postdestete até a época de cubrición diferentes (crecemento constante e descontinuo). Comprobaron que a taxa de xestación das novillas ao primeiro celo non foi afectado polo tratamento (P = 0,64). Aínda que o número de novillas preñadas sobre o total foi un 6% maior para as de crecemento constante fronte ás de crecemento descontinuo, esta diferenza non foi estatísticamente significativa (P = 0,18) neste traballo e co número de novillas empregadas neste experimento. Tampouco foi afectado polo tratamento o número de tenreiros destetados por vaca (P = 0,55), tendo en conta que tanto no sistema de crecemento constante como descontinuo a ganancia media diaria (GMD) foi de 0,74 kg. O peso vivo do tenreiro ao destete non foi afectado polo tratamento (P =0,17) (Táboa 9). Os autores deste traballo conclúen que se durante o período de recría de novillas que se cobren entre os 15-17 meses de idade, cando alcanzan o 58% do seu peso vivo adulto e mantense unha GMD adecuada (0,7-0,75 kg) non hai efectos significativos sobre os rendementos produtivos e reprodutivos entre seguir unha estratexia de crecemento continuo ou discontinuo. Por último, e a modo de resumo deste traballo, insistir que o novo escenario que se debuxa na EU vai determinar a necesidade de xestionar adecuadamente as explotacións bovinas extensivas. Establecer estratexias nestes sistemas de produción é complicado debido a que interveñen factores económicos, sociais e produtivos. Con todo, dada a influencia que exercen sobre os custos de produción, é imprescindible deseñar estratexias que aseguren unha correcta alimentación e reprodución da vaca nodriza. O obxectivo sería destetar un tenreiro por vaca e ano para obter a máxima rendibilidade e asegurar a viabilidade económica da explotación. Táboa 9. Rendementos produtivos e reprodutivos de novillas nadas ao final de inverno, principio de primavera ou final de primavera, criadas desde o destete até a cubrición con crecementos constantes (GC) ou discontinuos (GD) e diferentes idades ao destete (Grings e col., 2007). 1 Número de tenreiros destetados vivos por vaca 5