AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS

Documentos relacionados
As claves da. factura eléctrica

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

Fundación Refuxio de Animais

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS

INFORME CLIMATOLÓXICO

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

Os maiores e as TIC ANO 2011

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

Enerxía solar fotovoltaica illada

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Tecnoloxía industrial

Información e instrucións para realizar solicitudes web

coñecer a tuberculose

Informe de valoración das ofertas presentadas para a contratación do servizo de axuda no fogar da Mancomunidade de Ordes.

Guía rápida de consulta do Recadro da declaración da Renda do ano anterior

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

A ENERXÍA. Natureza, fontes,tipos. Enerxias renovables, non renovables. A calore e temperatura. Pepe

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural

OS ELEMENTOS DO CLIMA. Selectividade: Exercicio práctico: Mapas de temperaturas e precipitacións medias.

Plan de Mellora da Integración do Transporte Interurbano na cidade da Coruña

secretaría de emprego sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

ACTA DA XUNTANZA EXTRAORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE NEGROS 23 DE SETEMBRO DE 2013

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA PARA EDUCACIÓN ESPECIAL

III CARREIRA-ANDAINA SAN SILVESTRE VILALBESA 31 DE DECEMBRO 2017

COÑEZO E MELLORO AS MIÑAS CAPACIDADES FÍSICAS

Audio e vídeo en Ardora 7

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

Guía Práctica da Enerxía no Fogar

Asistente web para a solicitude

Manual para recibir notificacións do twitter da Axencia Local de Colocación no teu móbil.

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

Mapa comercial de Santiago de Compostela Manual de usuario

XORNADA TÉCNICA: IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO LABORAL: PLANS DE IGUALDADE.

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

Conexión á rede Wifi edu.xunta.es: Instrucións

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

III Certame. CIDADANÍA ACTIVA

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

DO FOTÓN AO LED. UN PERCORRIDO POLA LUZ E AS SÚAS TECNOLOXÍAS

Unidade 4: Pneumática

BIBLIOTECA DE GALICIA. Del 5 de diciembre 2015 al 24 de enero Lino. González Rubido: un dibujante olvidado en la prensa compostelana

PUBLICAR CONTIDOS NA WEB DO CENTRO

XEOGRAFÍA. O ser humano transforma o medio físico en función das súas necesidades e o seu desenvolvemento tecnolóxico. (Xeografía humana)

Una empresa con vocación de servicio

INFORME CLIMATOLÓXICO

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

COÑEZAMOS O PLAN DE EVACUACIÓN DO IES SÁNCHEZ CANTÓN

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

EJERCICIOS DE ÓPTICA

Tipos e bases de cotización da Seguridade Social

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

EXERCICIO Unidade de Análises e Programas. Tel Edificio anexo a xerencia. Planta baixa. As Lagoas Marcosende s/n Vigo

A SEGURIDADE NA REDE. Tema 5

Aforrar a enerxía na casa

A CARTA DE PRESENTACIÓN

Actividades: RUTAS MATEMÁTICAS POR COMPOSTELA: TEORÍA E PRÁCTICA. Escaleiras San Domingos de Bonaval

Avaliar as capacidades vinculadas á competencia matemática / Evaluar las capacidades vinculadas a la competencia matemática.

As empresas culturais en Galicia

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE.

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

Guía didáctica de Poetízate realizada polo escritor e profesor Carlos Negro ( A poesía non morde

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Escritura de Fusión Caixa Galicia - Caixanova. Julio Fernández Gayoso Copresidente Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

CIPRÉS DE CALIFORNIA DA MISERICORDIA

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE.

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

Índice de Confianza do Consumidor METODOLOXÍA

Datos básicos sobre a evolución do galego

ACOLLEMENTO FAMILIAR En familia, por dereito. Dossier Informativo 2015

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

Súmate á boa xente. 2ª fase Campaña de doazón de sangue nas universidades galegas. Curso

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

COMO ENSINAR A MEU FILLO A SER RESPONSABLE NO FOGAR (de 2 a 12 anos)

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

SAMAÍN 2008 A FESTA DAS CABAZAS MATERIAIS

INFLUENCIA DA ACTIVIDADE HUMANA NO MEDIO Páx. 125 (Páx.128 )

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

1º exame, 3ª avaliación

1. TEXTO NARRATIVO acontecementos personaxes espazo tempo historia argumento relato trama discurso tema

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

En rede. O educativo e o comunitario no barrio de Fontiñas ( Santiago de Compostela ) 24 de NOVEMBRO de 2012 DOLORES SANZ LOBO

A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPC003. Código. Proba de. Matemáticas. Páxina 1 de 11

RAM son as siglas de random access memory, un tipo de memoria de

Transcripción:

AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS INTRODUCIÓN Das familias galegas depende o 30% do consumo final de enerxía na nosa comunidade, sendo a enerxía a principal causante das emisións de CO 2 (efecto invernadoiro). A racionalización do consumo de enerxía contribúe á mellora do medio ambiente e pódese converter nunha fonte de aforro familiar. O aumento máis importante do consumo estase producindo na calefacción, auga quente e electrodomésticos. O consumo de enerxía das familias (vivenda + coche) representa un gasto medio de 2.600 euros anuais por fogar. Auga Quente 8% Calefacción 25% Cociña 6% Iluminación 4% Coche 50% Electrodomésticos 7% É precisamente o noso fogar o punto de partida onde debemos comezar coas boas prácticas no AFORRO DE ENERXÍA e O SEU USO EFICIENTE, polo que a continuación se expoñen algúns consellos e actitudes útiles no noso facer cotián.

CONSELLOS PRÁCTICOS PARA AFORRAR ENERXÍA O COCHE En viaxes interurbanas, o coche consome, por viaxeiro e quilómetro, case tres veces máis que o autobús. Esta diferenza increméntase máis nos centros urbanos, onde o transporte público é aínda máis eficiente que o coche, ademais de ser, en moitos casos, máis rápido e máis barato. Valore a posibilidade de utilizar o autobús e, en pequenos percorridos, considere a posibilidade de ir a pé. Catro recomendacións para unha condución eficiente: Arranque o motor sen pisar o acelerador. Use a primeira marcha para empezar a rodar, débese cambiar a segunda aos dous segundos ou 6 metros de percorrido. Circulen á marcha máis longa que permitan as condicións do tráfico e a baixas revolucións. Manteña en bo estado o vehículo. Controle con frecuencia a presión dos pneumáticos e o seu debuxo. Conduza con anticipación e evite aceleracións e freadas bruscas. ILUMINACIÓN Utilice lámpadas cunha eficacia luminosa alta, isto é, a cantidade de luz en lúmenes (lm) emitida por unidade de potencia eléctrica (watio). Canto máis alto sexa o valor resultante máis eficiente será a lámpada: o O led presenta un rendemento ao redor de 90 lm/watio. o As de baixo consumo presentan un rendemento de 60 lm/watio. o As halóxenas presentan un rendemento de 20 lm/watio. Evitar a instalación de lámpadas led cunha temperatura da cor superior a 4.000 K, dado que a súa iluminación é de peor calidade. Aproveite a luz natural. Abra os visos e cortinas. Non deixe luces acendidas en habitacións baleiras. Non acenda e apague as lámpadas fluorescentes con excesiva frecuencia (reduce considerablemente a súa vida útil). En lugares de paso, portais e xardíns considere a posibilidade de utilizar detectores de presenza.

AUGA QUENTE Ducharse en vez de bañarse supón, ademais dun aforro enerxético, un aforro de auga (un baño consome unha media de 130 litros de auga mentres que unha ducha tan só 50 litros). Sabía que utilizar o lavalouzas a plena carga e nun programa económico supón un aforro de enerxía de ata o 60%, con respecto a lavar a louza a man? Peche a billa mentres lava os dentes ou mentres se afeita. As billas que gotean e as cisternas con escapes de auga, supoñen a perda de 30 litros de auga ao día. A utilización de billas termostáticas e de baixo consumo supón un aforro enerxético e unha mellora do benestar. A utilización de enerxía solar térmica pode reducir o consumo enerxético de auga quente nun 70%. ELECTRODOMÉSTICOS A amargura por mercar mala calidade dura máis tempo que a alegría do baixo prezo!!! Ao longo da vida útil dun electrodoméstico o gasto na factura eléctrica pode ser varias veces superior ao prezo de adquisición desta. Esixa o etiquetado enerxético e comprobe nel os consumos medios do aparato e a súa clasificación de eficiencia enerxética. Un frigorífico de clase A ++ consome 450 kwh menos ao ano que un de clase D (supón un aforro medio de 65 euros/ano) Procure que as lavadoras e os lavalouzas, dispoñan dun programa económico. Pense que unha lavadora cun bo centrifugado (1.300 revolucións por minuto) pode ser suficiente e consumirá menos enerxía que unha secadora.

Non introduza nunca alimentos quentes no frigorífico. Se os deixa arrefriar fóra aforrará enerxía. E do mesmo xeito, se saca alimentos do conxelador e os deixa atemperarse no frigorífico terá unha achega gratuíta de frío. Merque o electrodoméstico que mellor se adapte as súas necesidades, non o de maior tamaño ou potencia. CALEFACCIÓN Reducir as filtracións de aire polas fiestras e portas supón un aforro do consumo enerxético da calefacción entre un 5 e un 10%. Instale dobres ventás ou dobre acristalamento con rotura de ponte térmica, aforrará un 20% de enerxía. Non ventile a vivenda coa calefacción posta. Airee o seu fogar só durante o tempo necesario (nun ambiente normal chegan 10 minutos). NON ABUSE DA CALEFACCIÓN!!! Ademais de ser prexudicial para a saúde, cada grao que aumenta a temperatura consome entre un 5 e un 10% máis de enerxía. Utilice termostatos programados para acender e apagar a calefacción e regule a temperatura: 20ºC nas horas diúrnas e 17ºC pola noite. A limpeza periódica da caldeira e o queimador, por un profesional, supón un aforro do 5%. COCIÑA Cociñe con recipientes cun fondo maior que o lume e tape sempre as cacerolas. Aforrará ata un 20% de enerxía. A ola de presión é máis rápida, eficiente e aforradora. Revise periodicamente os queimadores da cociña, a sucidade acumulada neles fai que consuman máis enerxía da necesaria.

FACTURA DA LUZ Axuste a potencia de contrato (o termo fixo) ás súas necesidades. Lembre que cada kw contratado supón un custe de 50 euros/ano. A maioría das vivendas non están acollidas a ningún tipo de discriminación horaria, cando esta é unha opción que con frecuencia resulta máis económica. Se se acolle á discriminación horaria de dous períodos, a enerxía consumida desde as 22:00 horas ata as 12:00 horas do día seguinte é máis barata. Pode consultar as distintas ofertas do mercado no comparador de tarifas da Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia (CNMC). BIOMASA PARA XERAR CALOR A biomasa, nas súas formas comerciais (pellets, achas, leña...), pode ser unha solución moi interesante para quecer os nosos fogares a prezos moi competitivos (hoxe un 40% máis barato que o gasóleo). Existen unha gran variedade de equipos no mercado, como estufas ou caldeiras, que permiten adaptarse ás distintas características de cada vivenda. É unha enerxía autóctona, renovable e máis estable en prezo que o resto de fontes enerxéticas alternativas. LEMBRE QUE A ENERXÍA MÁIS BARATA E LIMPA É A QUE NON SE CONSUME. INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA Rúa Avelino Pousa Antelo, 5 15707 Santiago de Compostela Páxina web http://www.inega.es ou http://inega.xunta.es Correo electrónico: inega.info@xunta.gal Tfno.: 981-54.15.00 // 981-54.15.38