TEXTO 1 A GUERRA DA INDEPENDENCIA

Documentos relacionados
II.- AS TRANSFORMACIÓNS REVOLUCIONARIAS

LA GUERRA DE INDEPENDENCIA. ANTECEDENTES Y CAUSAS. BANDOS Y FASES

O ANTIGO RÉXIME SÉCULO XVIII

FERNANDO VII ( ) 1833)

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

La Crisis del Antiguo Régimen ( ) Prof. Rubén Diestre IES Pablo Serrano (Zaragoza) Curso

UN AMOR POR DESCUBRIR

Que son os orzamentos participativos da Deputación de Lugo?

D.- A EXPANSIÓN DO ISLAM (páx.28-29)

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia (DOG do ).

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

Guía de procedementos e servizos

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 035/2018. Correo electrónico:

A Coruña 26/09/2017. POS Adicional por maior achega provincial ( )

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

MEMORIA DA ACTIVIDADE

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

DISTRIBUCIÓN POR SEXOS NOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Ano Unidade de Igualdade Ano

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO EXP. RA 12/2008. TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

- Exclusión da tributación de todas as herdanzas inferiores a

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

INCAPACIDADE CIVIL CRITERIOS PARA VALORAR A INCAPACIDADE

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

E DAS PERSOAS RESIDENTES NO CONCELLO DA CORUÑA

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

reclamamos Tarefa final: escribir unha carta para a Administración de xeito correcto

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente,

LA CRISIS DE LA GUERRA DE LA INDEPENDENCIA Y LOS COMIENZOS DE LA REVOLUCIÓN LIBERAL

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 040/2018. Correo electrónico:

AUTISMO GALICIA celebra a súa primeira ASEMBLEA XERAL do 2018

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 041/2018. Correo electrónico:

INSTRUCCIÓN DA SECRETARÍA XERAL 2/2004 SOBRE A DECLARACIÓN DE INTERESES DOS ALTOS CARGOS DA USC

INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL

Ambos os comparecentes se recoñecen mutuamente plena capacidade para formalizar o presente protocolo de colaboración e, en consecuencia,

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Campacontos Campacontos Obxectivos Persoas destinatarias Campacontos Características dos campacontos 1 Compoñentes: 2 Extensión e temática:

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-04

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA INSTALACION DE QUIOSCOS NA VIA PUBLICA

O diñeiro. Historia dunha ambición

COMUNICADO DAS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS

B.3.- AS ETAPAS DA REVOLUCIÓN FRANCESA

O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas

Sistema de contas. Cadro macroeconómico de Galicia. Contas de bens e servizos, produción e explotación. Galicia

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

COMPLEMENTO POR MATERNIDADE NAS PENSIÓNS CONTRIBUTIVAS DA SEGURIDADE SOCIAL

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

DEREITOS LABORAIS, DE. AXUDAS para fomentar o SEGURIDADE SOCIAL E. emprego das vítimas de violencia de xénero NIPO: X

RENDAS PERCIBIDAS POLO PARLAMENTARIO/PARLAMENTARIA 2

Por todo isto, esta consellería,

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

1. Todas as comunidades lingüísticas son iguais en dereitos.

O reinado de Carlos IV ( ) e o impacto da Revolución Francesa:

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-35/2010: ROUPA INFANTIL EN OURENSE.

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

PROCEDEMENTO DE CAMBIO DE GRUPO OU QUENDA

AUTORIZACIÓN DE ACCESO A É-SAÚDE A TERCEIRAS PERSOAS (Acceso delegado)

Reclamante: Expedientes: RSCTG 0117/2017

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

Ordenanzas fiscais Páxina 1

1. Segundo a Constitución, Os municipios gozan de personalidade xurídica:

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia.

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

REGULAMENTO DAS FIGURAS HONORÍFICAS DE PROFESOR E INVESTIGADOR AD HONOREM DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

RENDAS PERCIBIDAS POLO PARLAMENTARIO/PARLAMENTARIA 2

A densidade de poboación (hab./km2) é un indicador demográfico que serve para comparar o volume de poboación entre territorios.

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

ACTIVIDADES MÓDULO II

espazoabalar Guía abalarmóbil

CSIF sobre a Lei 1/2012 de medidas temporais e os orzamentos 2018

1º exame, 3ª avaliación

FACTURACIÓN ELECTRÓNICA OBRIGATORIA ANTE O CONCELLO DE LUGO A PARTIR DO 30 DE XANEIRO DE 2017

ACTIVIDADES MÓDULO II

INFORME SOBRE O NIEPI (NÚMERO DE INTERRUPCIÓNS EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

secretaría de emprego sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

Transcripción:

TEXTO 1 A GUERRA DA INDEPENDENCIA 1808-1814. O período histórico comprendido entre 1808 e 1814 encádrase dentro da crise do A. R. Durante eses anos prodúcense unha serie de acontecementos que inician a desaparición do modelo do A.R para ser substituído polo modelo do liberalismo. Entre eses acontecementos destacamos: a substitución de Carlos IV polo seu fillo Fernando VII, a Guerra da Independencia e a formación das Cortes de Cádiz coa redacción da nosa primeira constitución, a de 1812. O reinado de Carlos IV foi un reinado mediocre, que ademais tivo que facer fronte a graves problemas económicos e, sobre todo, ao desenvolvemento e consecuencias da revolución francesa. As medidas tomadas para atallar os problemas non foron boas (o peche de fronteiras contra Francia non solucionou nada) e a paralización das reformas e a substitución dos ilustrados por xente de menor valía, como Godoy, empeoraron as cousas. Quizais o nomeamento de Godoy simboliza o mal goberno de Carlos IV. O seu rápido ascenso viría dado pola súa relación coa raíña, pola incapacidade de Floridablanca e Aranda de solucionar os problemas derivados da revolución francesa e por ser un nobre de orixe humilde que é encumbrado con títulos polos reis para poder enfrontarse aos privilexios da alta nobreza e ser leal só aos reis. Manuel Godoy e Álvarez de Faria foi mal acollido por todos: polos nobres, por ser de orixe humilde (fidalgo estremeño); polos ilustrados, por expor reformas para as que non estaba preparado; pola igrexa, polas reformas como a desamortización que ataca as súas propiedades e privilexios, polo pobo, pola súa desmedida ambición; e polo partido fernandino xa que ocupaba postos que deberían ser para Fernando e os nobres que o apoiaban. Tentou facer algunhas reformas, pero non funcionaron (como a desamortización, ou reformas impositivas). A súa política exterior foi nefasta, primeiro guerras contra Francia, que só supuxeron máis honras para el (nomeado Príncipe da Paz en 1795) e, despois, coa chegada de Napoleón, a alianza con Francia contra Inglaterra. Francia expón o bloqueo continental contra Inglaterra e Godoy asina o Tratado de Fontainebleau con Francia, en 1807. Este tratado permite a entrada das tropas francesas en España para conquistar Portugal. Despois Portugal sería repartido e Godoy obtería un reino nos Algarves, o que colmaba as súas aspiracións. Pero cando os franceses entran en España actúan máis como conquistadores que como amigos, polo que Godoy traslada aos reis a Aranxuez, para preparar a súa marcha a Sevilla e despois para América, como fixeron os reis portugueses. O partido fernandino aproveita o malestar pola presenza das tropas francesas e pola mala xestión de Godoy para promover uns tumultos, do 17 ao 19 de marzo de 1808 que se coñecen como O motín de Aranxuez, que conseguen o cesamento e encarceramento de Godoy e a abdicación de Carlos IV en Fernando VII, aducindo problemas de saúde. Así, 1

Fernando VII e o partido fernandino librábanse de Godoy e obtiñan o trono español. Carlos IV, arrepentido dos seus actos, tenta recuperar o trono e non acepta a súa abdicación, por ser forzada, e busca a axuda de Napoleón; o mesmo fai Fernando VII. Ambos, manexados polos asesores de Napoleón, que prefiren unha monarquía desunida, (no Doc. 2. Reflíctese esa idea: enganándolle para facerlle pasar a Francia...), marchan ao suposto atopo de Napoleón e chegan até Bayona. Alí son tratados como prisioneiros e obrigados (sobre todo ao coñecerse os sucesos do 2 de maio), a cambio de grandes rendas e coa promesa de manter a integridade dos reinos e a relixión católica en España, a abdicar en favor de Napoleón (días 4 e 5 de maio de 1808), o cal nomeou ao seu irmán José como rei de España. Mentres tanto, en España, os franceses controlan todo e pretenden trasladar a Francia a toda a familia real. Este acontecemento provoca, o 2 de maio, a reacción do pobo de Madrid contra os franceses. Cando os franceses inician o traslado aos infantes a Francia, (Infante Francisco de Paula) o pobo de Madrid, xunto a algunha tropa (os capitáns Daoíz e Velarde e o tenente Ruiz) do parque de artillaría de Monteleón, levántanse contra os franceses e tentan impedir esa saída, pero son derrotados polas superiores tropas francesas mandadas polo mariscal Joaquín Murat (cuñado de Napoleón, gobernador das tropas francesas en Madrid, e nomeado despois rei de Nápoles por Napoleón). Como vemos no Doc.1. Murat fala do levantamento que será sufocado (cargas dos soldados mamelucos -cadro de Goya-) e ordena unha gran represión (todos os participantes dos alborotos ou que difundan libelos serán arcabuceados) (fusilamentos do 3 de maio de Goya). Iníciase nese momento a Guerra da Independencia. Entre os motivos do levantamento podemos sinalar: a defensa da integridade nacional fronte a un aliado traidor, a convicción do carácter tiránico de Napoleón, e o sentido patriótico. Ante a inacción das institucións (Consellos e Xunta de goberno), que quedaran con ordes de atender ben aos franceses, son outras persoas e autoridades, como o Alcalde de Móstoles, os que chaman á resistencia contra os franceses. Nese momento empezan a formarse unhas Xuntas de Armamento e Defensa, primeiro locais e provinciais, para dirixir a guerra e gobernar. Así se inicia a guerra e rompe tamén co A. R. xa que as Xuntas asumen a soberanía; iníciase así o proceso da revolución política que se sucede neses anos e que suporá a substitución do absolutismo polo liberalismo. No Doc.2 vemos a proclama que efectúa unha desas Xuntas, neste caso a do Principado de Asturias, chamando aos asturianos a coller as armas contra os franceses. Do mesmo xeito que esta Xunta prodúcese a formación doutras por toda España. Estas Xuntas estarán formadas por antigas autoridades e novas figuras (sobre todo burgueses) que se manifestan contrarios á ocupación francesa. Basean a súa autoridade na legitimación 2

popular e asumen a soberanía no seu territorio en nome de Fernando VII. Estas Xuntas, primeiro locais e provinciais, iranse organizando até formar en setembro de 1808 unha Xunta Central Suprema para dirixir a guerra. Esta Xunta ante as graves e importantes decisións que hai que tomar decide convocar unhas Cortes do reino, elixidas por sufraxio universal, para que tomen eles a dirección; tamén, ante as dificultades da guerra, entréganlle o poder a unha Regencia, formada por 5 membros entre os que se atopan o xeneral Castaños e o Bispo de Ourense. A Guerra da Independencia é unha guerra moi desigual. A Grand Armeé contra un pobo e exército mal organizado e pertrechado. O exército tradicional foi incapaz de deter o avance dos franceses, aínda que que hai que destacar a vitoria do Xeneral Castaños en Bailén, que dá esperanza e permite manter, en principio, aos franceses lonxe de Andalucía. Na guerra debemos destacar a forte defensa feita polo pobo, que desembocou, en ocasións, nos chamados sitios (como en Zaragoza, polo xeneral Palafox e Agostiña de Aragón), é dicir, a fortísima resistencia efectuada por algunhas cidades que atrasaron o avance francés e permitiu a reorganización doutras poboacións e nas accións das guerrillas (O Teimudo, Espoz e Mina, o cura Merino). As guerrillas son formacións de poucos membros, refuxiados nos montes, coñecedores do terreo, e auxiliados polas poboacións do lugar, que hostigaban constantemente ao exército francés. Aparecen ante a ineficacia do exército tradicional español, que é derrotado, e para oporse, por patriotismo, en moitas ocasións, á ocupación e pillaxe dos franceses. As súas accións foron regularizadas pola Xunta Central desde 1809, encargándolles as misións de interromper as súas comunicacións e subministracións, cansalos, en fin, facerlles todo o mal posible. Obrigaron aos franceses a manter moitos soldados en España e a non ter nunca un perfecto control do terreo. Nas guerrillas formásense algúns líderes na defensa do liberalismo que terán unha gran actividade durante o reinado de Fernando VII para a instalación do liberalismo, como O Teimudo, Espoz e Mina, etc. Estaban dirixidas por antigos soldados (Juan Díaz Porlier, Antonio Custa), campesiños (Francisco Espoz e Mina, Juan Martín O Teimudo), membros do clero (Jerónimo Merino, o cura Merino, Juan Medieta, o Capuchino), desertores militares ou contrabandistas. As súas accións son fundamentais para a vitoria na guerra. Algunhas guerrillas acabarán caendo no bandolerismo. Durante a guerra Napoleón tivo que vir a España para tentar controlar todo o territorio, pero en 1812 a guerra con Rusia obrigou a Francia a desdobrar o exército. Así, foi incapaz de manter dúas frontes e, a finais de 1813, tivo que abandonar España. A guerra pódese dividir en tres fases: - Maio-novembro de 1808: entrada franceses. derrota en Bailén. 3

- Novembro de 1808-xaneiro de 1812: dominio francés e capitulación de Zaragoza (defensa polo xeneral Palafox e Agostiña de Aragón) e Xirona. Guerrilla. Só Cádiz e Lisboa libres. - Xaneiro de 1812-abril de 1814: repregamento francés (campaña de Rusia) e ofensiva hispano-inglesa (os exércitos coordinados por Wellington gañan as batallas de Vitoria e San Marcial). A guerra da Independencia será unha guerra que involucra a toda a poboación española, pero que non todos teñen os mesmos posicionamentos. No Doc. 3 o militar Evaristo San Miguel (militar e político que loitou na Guerra e defensor do liberalismo) expón distintos intereses fronte á guerra e aos franceses. Dentro das distintas posturas podemos diferenciar dous grandes grupos: Primeiro, Os afrancesados, aceptaron o novo goberno de José I e participaron no, uns por oportunismo e outros, procedentes do despotismo ilustrado, que creron que podían realizar as reformas necesarias para a modernización do país. Considerados traidores, ao final da guerra tiveron que exiliarse. O segundo grupo comprende o que coñece como a fronte patriótico, a maioría da poboación que se opuxo á invasión. Neste conxunto, como se sinala no Doc. 3 existen moitas diferenzas e loitan por motivacións distintas. A nobreza e clero pretendían un regreso ao absolutismo, enfróntanse aos franceses por ser reformadores (Doc. 3, lín. 3), non por ser unha dinastía nova. Os ilustrados (Floridablanca, Jovellanos...) pretendían o regreso de Fernando VII para que realizase reformas, pero non para volver aos excesos do despotismo (Doc. 3 lín. 7). Os sectores liberais ven na guerra o momento para transformar España nun sistema liberal-parlamentario; pretendían: soberanía nacional, división de poderes e unha Constitución. Todos teñen o obxectivo de derrotar aos franceses, pero durante a guerra e a redacción da Constitución de Cádiz poranse de manifesto as diferenzas, e ao finalizar a guerra imporanse, cando regrese Fernando VII, os partidarios do absolutismo. A Xunta Central foi incapaz de dirixir a guerra e ante os graves problemas decide convocar unhas cortes, o 22 de maio de 1809, para reunilas setembro de 1810. Despois traspasou os seus poderes a unha Rexencia de 5 membros. Realizouse unha consulta ao país, para elixir os representantes e os temas a tratar nas Cortes. Deste xeito ábrese o camiño para a revolución política que introducirá o liberalismo en España O liberalismo é unha nova ideoloxía que se basea na liberdade e que responde os intereses da burguesía. Os principios básicos en oposición ao absolutismo son: a defensa da liberdade, a igualdade ante a lei fronte á desigualdade e privilexios, a soberanía nacional (fronte á real) a división de poderes como fundamento dun bo goberno fronte á acumulación de poderes no rei, a existencia de institucións representativas do pobo fronte á non 4

convocatoria delas, a existencia dunha Constitución, a participación dos cidadáns (sufraxio), a defensa dos dereitos naturais, etc. O proceso de elección de deputados para as Cortes era moi difícil polo que se decidiu facelo non por estamentos senón nun só brazo, por medio dun sufraxio indirecto. Moitas provincias non puideron elixilos polo que se nomearon a suplentes que se atopaban en Cádiz. A maioría dos suplentes eran partidarios do liberalismo, o que xunto a unha maior presenza de deputados das cidades do litoral, nas que tiña máis peso a burguesía liberal, reforzou o rumbo progresista dos reunidos. Nas Cortes estarán presentes varias ideoloxías, destacando os partidarios do liberalismo e, fronte a eles, os partidarios da volta ao absolutismo, encabezados polo Bispo de Ourense, que era o presidente da Regencia. A composición social era moi variada, había moitos representantes do clero, nobres e tamén moitos militares, avogados, membros da administración, comerciantes, propietarios, escritores, etc. Finalmente destacar que non todos os nobres e curas eran partidarios do absolutismo, como tampouco todos os burgueses o eran do liberalismo. As Cortes abríronse, na illa de León en Cádiz, en setembro de 1810 e funcionaron como unha soa cámara e declaráronse soberanas, é dicir que o poder reside na nación, e que este se expresa a través das Cortes. A lexislación das Cortes de Cádiz (1810-1813) respondeu a dous obxectivos básicos: elaborar unha constitución como eixo do novo réxime político e promover unha serie de reformas socioeconómicas que liberasen ao país das ataduras do Antigo Réxime. Entre estas destacan: a incorporación ao Estado de todos os señoríos xurisdiccionais, a abolición dos privilexios nobiliarios, a igualdade ante a lei, a liberdade de imprenta sen censura para garantir a liberdade de expresión, a supresión da Inquisición, a desamortización de bens en man morta, a liberdade de comercio, etc. A outra gran labor foi a redacción dunha Constitución, a de 1812, peza central da revolución política. É aprobada o 19 de marzo de 1812 (cuarto aniversario da subida ao trono de Fernando VII, foi chamada por ese motivo, a Pepa), resultado dun compromiso entre liberais e absolutistas. É unha Constitución moi ampla e das máis radicais da historia de España. Non só pretendía regular o exercicio do poder senón conseguir unha reorganización da sociedade. Na Constitución recóllense os elementos esenciais do liberalismo. Entre os seus aspectos principais podemos destacar: Fronte á idea da soberanía real do antigo réxime establece que a soberanía reside na nación, entendida como conxunto de individuos que viven nun territorio, polo que a orixe e fonte do poder atópase no pobo (arts. 1 e 3); por tanto enténdese como unha soberanía popular. E por tanto, o pobo ten o dereito a participar na xestión do poder público mediante a elección dos seus representantes (sufraxio universal masculino). Deste xeito involucrábase a toda 5

a poboación na loita contra os franceses, aínda que os favorecidos serán os burgueses, que serán os que controlen o proceso político (hai que ter unha renda para ser escollido e o método é indirecto). A estrutura do Estado corresponde a unha monarquía moderada e limitada (como vemos no Art. 14), que se fundamenta na soberanía nacional e na división de poderes. Os liberais de Cádiz queren un monarca moderado fronte ao monarca con excesos do absolutismo e que teña poder, pero sen que poida en ningún momento excederse (por exemplo, prohibiranlle saír de España -non outra Bayona-, non dirixirá o exército, etc.). A Constitución establece unha ríxida separación de poderes (arts. 15,16 e 17). Aspecto básico do liberalismo para o bo goberno fronte ao absolutismo O poder lexislativo que reside nas Cortes, é a institución central do novo réxime ao corresponderlle a vontade nacional. Os seus poderes son: elaboración das leis co rei, aprobación de orzamentos e impostos, sucesión da Coroa, etc. As Cortes reúnense anualmente durante un período de sesións fixado na Constitución (ante o temor a que o rei non as convocase). Hai unha Deputación Permanente, de sete deputados que vela pola Constitución cando as Cortes non están reunidas. O mandato dos deputados dura dous anos, é inviolable, e é incompatible con outro cargo de nomeamento real. O sistema electoral está fixado na propia Constitución, que establece o sufraxio universal masculino indirecto en catro graos. Só esíxese ser residente e ter unha renda para os candidatos (estaban excluídos os criados domésticos e os escravos). O poder executivo correspóndelle ao monarca (gran desconfianza xa que se está a desmantelar o absolutismo, aínda que mantén poderes e influencia sobre o lexislativo). Ten a dirección do goberno e intervén na elaboración das leis a través da iniciativa lexislativa e a sanción (aprobación da lei); posúe veto (impide que unha lei entre en vigor) suspensivo durante dous anos (no caso de volver presentarlle a lei tiña que aprobala). As súas decisións teñen que estar asinadas polos ministros que o nomea. O poder xudicial está en mans dos xuíces inamovibles, con códigos únicos en todas as materias, excepción para curas e militares, e encargado de aplicar as leis. Ademais, a Constitución contén a través do seu articulado (non ten un capítulo especial como outras constitucións) unha declaración de dereitos dos cidadáns: a igualdade ante a lei, liberdade de imprenta, de propiedade, sufraxio... que recolle o fundamental dos principios do liberalismo. A nivel relixioso o art. 12 establecía a relixión Católica como a única e verdadeira; quedaban prohibidas as demais relixións. Enténdese este artigo como unha concesión aos partidarios do Antigo réxime para que acepten e cedan na instalación de principios liberais. 6

Noutros artigos da Constitución establécese a reorganización da administración provincial e local, a reforma dos impostos, da Facenda, do exército (obrigatoriedade do servizo militar), ensino, etc. O último título da Constitución é o da súa reforma, que non podía facerse até pasar oito anos e por procedementos moi rigorosos, para evitar volver ao absolutismo. Tratábase dunha constitución revolucionaria por canto altera as bases políticas e sociais do Estado. Tiña como obxectivo abolir o absolutismo e establecer un réxime constitucional co predominio do poder lexislativo, exercido polas Cortes. Responde os intereses da burguesía, que é a gran beneficiada, aínda que contén concesións ao AR, como no tema relixioso. Foi o primeiro texto constitucional aprobado en España que terá unha gran influencia nos textos posteriores e sobre Europa. Foi un texto ben acollido polas clases medias ilustradas pero estraño para as masas populares. As forzas reaccionarias saberán empregar esta situación para tentar acabar con este novo réxime. Aprobada a Constitución de 1812, quedaba establecido o réxime liberal, completábase o proceso da revolución política, pero faltaba solucionar o problema do regreso de Fernando VII a España. Grazas á axuda inglesa e ao comezo da guerra en Rusia, os exércitos franceses son derrotados e o 11 de decembro de 1813 Napoleón asinou o Tratado de Valençay, que recoñecía a Fernando VII como rei de España e permitía o seu regreso a España. O regreso de Fernando expón xa a desconfianza da Rexencia e das Cortes sobre a aceptación por parte de Fernando do réxime liberal e da revolución política efectuada en España na súa ausencia. Cando Fernando VII entre é España darase conta do apoio que ten e cos decretos de maio de 1814 anulará toda a obra das Cortes e volverá ao réxime absoluto. 7