Información e instrucións para realizar solicitudes web

Documentos relacionados
Asistente web para a solicitude

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Admisión a ciclos de Formación Profesional

CAMBIOS DE GRUPO 2018/19

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

espazoabalar Guía abalarmóbil

CADP 2018/2019 COMO EFECTUAR A TÚA PETICIÓN?

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

SOLICITUDE DE COMISIÓN DE CONCILIACIÓN FAMILIAR 2018/2019

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UDC

AXUDAS POSDOUTORAIS- XUNTA DE GALICIA 2018 PROCEDEMENTO PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Guía rápida de consulta do Recadro da declaración da Renda do ano anterior

espazoabalar Guía abalarmóbil

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

MANUAL BÁSICO DE MANEXO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA SGIC-STO

MANUAL BÁSICO DE MANEXO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA SGIC-STO, PARA ELABORACIÓN DO INFORME DE SEGUIMENTO DE TÍTULOS 2015 (CURSO 2014/15)

SOLICITUDE DE PAGAMENTO DA AXUDA A REDUCIÓN DA PRODUCIÓN DE LEITE

Información importante. Réxime ordinario

SISTEMA DE LICITACIÓN ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (SILEX)

Instrucións para a presentación electrónica de solicitudes do procedemento IN408A

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

Convocatoria ordinaria de 2012

Mapa comercial de Santiago de Compostela Manual de usuario

VALIDACIÓN DE SINATURAS DIXITAIS EN DOCUMENTOS PDF

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR O BAREMO E ASIGNAR AS PRAZAS Curso 2018/2019

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

Catálogo de servizos ÍNDICE DE CONTIDOS

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

Guía rápida para saber

CAMPAÑA ANTIGRIPAL 2017 Preguntas Frecuentes (Hospitais da rede do SERGAS)

Como buscar no catálogo?

Aplicación para Administradores de Predios e Xestorías

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional Grao medio. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

FAQ s Campaña antigripal 2014

MANUAL BÁSICO DE MANEXO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA SGIC-STO

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

SIFO. Rexistro Telemático

BASES CONVOCATORIA DE CURSOS PLAN DE FORMACIÓN 2018

Guía do Usuario: Comprobación de CSV

Fondo de Acción Social. Manual do usuario da aplicación de xeración de solicitudes

Meu Eido ÍNDICE DE CONTIDOS

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

Editar (podedes consultar ademáis o manual de OJS en

MANUAL DA APLICACIÓN MÓBIL DE MONDARIZ BALNEARIO

SOLICITUDES DE CURSOS

Conexión á rede Wifi edu.xunta.es: Instrucións

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2017/2018 ED. INFANTIL ED. PRIMARIA E.S.O.

Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

Manual de usuario Estudantes

G U Í A D O A L U M N A D O

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

Información importante. Réxime ordinario

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Curso 2017

MANUAL DE INTERCAMBIO-CONTRATO DE ESTUDIOS. ALUMNO. Unixest-SIE

GUÍA DE INSCRICIÓN AOS CURSOS DO CNTG. Para localizar un curso pode optar por calquera das seguintes opcións:

MANUAL BÁSICO PARA PASAR FALTAS E NOTAS NA APLICACIÓN DE XESTIÓN XADE WEB

Como conectar terminais non abalar á wifi abalar do centro

Gases fluorados: certificacións persoais

Campacontos Campacontos Obxectivos Persoas destinatarias Campacontos Características dos campacontos 1 Compoñentes: 2 Extensión e temática:

GUÍA PARA FACER BUSCAS DE NORMATIVA MINERVA

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

Información importante. Réxime ordinario

Orientación e admisión na Formación Profesional A orientación profesional e as novas competencias profesionais

Proba de acceso aos ciclos superiores. Estructura da Proba. Cualificación e Certificación. Exención da parte específica

MANUAL DO BIBLIOTECARIO

COMUNICACIÓN SOBRE A PROXECTADA TRANSMISIÓN DE ACCIÓNS OU PARTICIPACIÓNS SIGNIFICATIVAS INSTRUCIÓNS

SISTEMA DE LICITACIÓN ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (SILEX)

CONTRATOS POSDOUTORAIS XUNTA DE GALICIA MODALIDADE A

Instrucións xerais. Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

TR802O - Certame Cooperativismo no Ensino.

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

FAMILIA NUMEROSA BONIFICACIÓN DO 90% OU 50% NO IMPOSTO DE BENS INMOBLES (IBI)

2 de outubro do Casa das asociacións, Santiago de Compostela. Horario de 10:15-14:00 h. SUBVENCIONA COLABORAN. Que é o DUELO?

Oficina Virtual Tributaria

PROXECTO DE LECER NO VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Xullo e Agosto 2014

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

Guía de procedementos e servizos

PROCEDEMENTO P-PRL 17

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CIRCUITO PRAIA CABÍO A POBRA DO CARAMIÑAL 17/02/2018 REGULAMENTO COMPETICIÓN CAMPO A TRAVÉS

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

ITINERARIOS SMART CORUÑA SMART CITY

REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS DA XUNTA DE GALICIA (RXC)

Oficina Virtual Tributaria. Canon Eólico

REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS DA XUNTA DE GALICIA (RXC)

Transcripción:

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Admisión a ciclos de Formación Profesional 2013-2014 Información e instrucións para realizar solicitudes web Páxina 1 de 9

Índice 1. Introdución...3 2. Solicitude web...4 2.1 Solicitude web con conta en edu.xunta.es... 4 2.2 Solicitude web sen conta en edu.xunta.es... 4 2.3 Cuestionario de datos para a solicitude... 5 2.4 Identificación da persoa solicitante... 9 Páxina 2 de 9

1. Introdución O proceso de admisión a ciclos formativos de Formación Profesional para o curso 2013-2014 presenta como novidade a posibilidade, para as persoas solicitantes, de realizar a solicitude de admisión a ciclos vía web a través da aplicación informática Ciclosadmision (www.edu.xunta.es/ciclosadmision). A solicitude vía web poderase realizar para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. No caso de solicitantes con DNI electrónico, con certificado dixital ou xa autenticados no contorno edu.xunta.es que non teñan que achegar documentación, o sistema xera un impreso xa validado, coa inscrición de que non cómpre entregalo nun centro educativo para a súa validación. En calquera outro caso, o sistema xera un impreso con instrucións da documentación que é preciso achegar, e que terá que ser entregado para a súa validación en calquera centro educativo público con oferta de ciclos de formación profesional. Se este impreso non se entrega en prazo, a solicitude non terá carácter oficial e non se considerará realizada para os efectos da admisión. Páxina 3 de 9

2. Solicitude web Débese lembrar que a solicitude vía web non finaliza a participación no procedemento ata que se valide por un centro público con oferta de FP, agás nos casos en que no impreso que xera a aplicación se manifeste o contrario. 2.1 Solicitude web con conta en edu.xunta.es Para realizar a solicitude web débese ir a www.edu.xunta.es/ciclosadmision. Se a persoa interesada ten autenticación no contorno edu.xunta.es, pode facelo na ligazón indicada ou na pestana Entrar. Despois de recoñecer o usuario e o contrasinal pasarase a unha ventá de carga de datos persoais. Esta ventá ten tres pestanas: Xeral, Enderezos e Contactos. Os campos obrigatorios están sempre marcados cun asterisco (*). Se os datos xa están cargados, corresponderá comprobalos e, se houber erros, deberán arranxarse. En Xeral pídense datos de nome completo, nacionalidade, data de nacemento e sexo. En Enderezos están os datos de enderezo ou enderezos da persoa solicitante. En Contactos figurarán os datos de teléfono, correo electrónico e fax. Ao premer en Continuar pásase á seguinte fase da carga de datos (ir ao punto 2.3. deste documento), onde se realizan preguntas sinxelas necesarias para xerar a solicitude web. 2.2 Solicitude web sen conta en edu.xunta.es Para realizar a solicitude web débese ir a www.edu.xunta.es/ciclosadmision e premer sobre Alta solicitude web. Neste último caso, solicitaráselle o DNI ou documento oficial de identificación (DOI), e un enderezo electrónico ao que se enviará unha ligazón para poder continuar. Os primeiros datos que deben cubrirse son de carácter persoal. Os campos obrigatorios están sempre marcados cun asterisco (*). Ao premer en Continuar pásase á unha serie de pantallas onde se realizan preguntas sinxelas necesarias para xerar a solicitude web. Páxina 4 de 9

2.3 Cuestionario de datos para a solicitude Na primeira pantalla debe indicarse o grao para o que se queira realizar a solicitude web. Despois prema en continuar. Na segunda pantalla debe indicarse o réxime desexado. Despois prema en continuar. Páxina 5 de 9

Nas seguintes pantallas iránselle formulando diversas cuestións necesarias para elaborar a súa solicitude en función das ensinanzas ás que desexe acceder. Logo de cubertos os elementos relacionados cos datos da solicitude, chega á ventá de alta de preferencias da solicitude, onde pode seleccionar centros, ciclos e/ou módulos. Existe a posibilidade de facer procuras da oferta por diferentes filtros (por familia, por ciclos, por provincia, etc.). Nestas ventás poña especial atención na selección de filtros que realiza, e lembre premer sempre en Buscar para ver a oferta segundo os elementos seleccionados nos filtros. Os documentos da oferta de ciclos de Formación Profesional tamén están dispoñibles en http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp. Na ventá de alta de preferencias da solicitude para o réxime ordinario cómpre ter en conta que poderá solicitar un máximo de oito peticións de centro e ciclo. Páxina 6 de 9

Na ventá de alta de preferencias da solicitude para o réxime para persoas adultas, téñase en conta que poderá solicitar un máximo de catro ciclos con ata oito módulos cada un. Poderá ir engadindo as súas preferencias premendo sobre Seleccionar. Se quere corrixir algunha das súas peticións poderá premer en Eliminar. Comprobe que a orde sexa a da súa preferencia, xa que esta será a que se empregue na adxudicación de prazas. Ao rematar a selección, deberase premer sobre Continuar. No caso do réxime para persoas adultas, tamén poderá eliminar elementos da súa solicitude. Poña atención nos módulos solicitados de cada ciclo. Ao rematar a selección deberase premer sobre Continuar. Páxina 7 de 9

Finalmente, aparece unha ventá de resumo que indica os datos salientables da solicitude web. Se está de acordo coa información amosada non hai máis que lle dar a Confirmar. No caso dunha solicitude do réxime ordinario, a ventá será similar á amosada: No caso dunha solicitude do réxime para persoas adultas, a ventá será similar a esta: Páxina 8 de 9

Logo de confirmada a pantalla anterior, sairá un aviso de que a solicitude web está gardada correctamente, xunto cun documento pdf que deberá descargarse e imprimirse. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregaráselle á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e, xa que logo, non se terá en conta no proceso de admisión. Se o impreso xerado pola aplicación informática indica expresamente que non ten que achegar máis documentación e que non cómpre entregar o impreso nun centro educativo, a solicitude terá consideración de validada e terase en conta no proceso de admisión. De desexar facer máis solicitudes noutros réximes e graos, non hai máis que iniciar o procedemento de novo ou darlle a Volver. 2.4 Identificación da persoa solicitante Lembramos que ao impreso de solicitude obtido da aplicación informática cumprirá achegarlle a documentación orixinal ou cotexada que se indica no impreso. No momento da entrega no centro, será necesario identificarse a través do DNI ou outro documento oficial de identificación. No caso de menores de idade, entenderase que a solicitude se fai por persoa ou persoas que dispoñan da súa titoría legal. No caso de que unha persoa distinta da solicitante sexa quen entregue unha solicitude para a validación, será imprescindible que achegue unha autorización escrita da solicitante para esta persoa. Deberán constar nome, apelidos e documento de identificación tanto da persoa solicitante como da que entrega a documentación. Ademais, deberá achegarse de copia do documento de identificación da persoa solicitante; de non cumprírense estes requisitos, non poderá tramitarse a validación da solicitude. Páxina 9 de 9