Así mesmo, de acordo co Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, de traspaso de funcións e servizos en materia de agricultura e gandaría,

Documentos relacionados
NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

Por todo isto, esta consellería,

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Convocatoria ordinaria de 2012

As retribucións percibidas polos traballadores/as contratados/as estarán axustadas á disponibilidade orzamentaria.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

CONSELLOS ESCOLARES DE CENTRO

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ADMINISTRACIÓN LOCAL PROVINCIAL DEPUTACIÓN PROVINCIAL. Subvencións

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

Decreto 364/1995, de 10 de marzo, que aproba o regulamento xeral de ingreso na administración.

BASES QUE REXERÁN NO XVII FESTIVAL DO ENTROIDO 2017 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

(...) I. NORMAS XERAIS

Expediente: D.3.Q/14584/15. Santiago de Compostela, 22 de outubro de Sr. Reitor:

HISTORIAL DE CAMBIOS SIMBOLOXÍA. No seu caso, as modificacións puntuais do texto da ordenanza sinalaránse con esta icona.

NUM. CONSULTA: V ÓRGANO: DIRECCIÓN XERAL DE TRIBUTOS DATA DE SAÍDA: NORMATIVA:

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

Dª. OLGA ALONSO SUÁREZ, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

Resolución R2/2016 Seguro obrigatorio de responsabilidade civil do mar

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: Anuncio do 27 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

INFORMACIÓN SOBRE A SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DA HABILITACIÓN PARA IMPARTIR DOCENCIA NOS CENTROS PRIVADOS DO MES DE FEBREIRO DE 2012

CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA C/Muñoz Calero, 3 Teléfono Fax

ESCRITO DE PETICIÓN INICIAL DE PROCEDEMENTO MONITORIO PARA A RECLAMACIÓN DE GASTOS COMÚNS DE COMUNIDADES DE PROPIETARIOS Ó XULGADO

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

Ano de fabricación (6): Data de matriculación (7): Número de matrícula (8): Modelo-Tipo: N x CV: Modelo-Tipo: INGRESO SELO: DATA: NÚMERO:

S U M A R I O ADMINISTRACIÓN DEL ESTADO. MINISTERIO DEL INTERIOR Subdelegación del Gobierno en Pontevedra... 2

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

pronuncia en su artículo 4 en el mismo sentido.

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO,

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL PONTEVEDRA. Outros documentos, notificacións e informacións públicas

Comisión Galega de Bioética

CONVOCATORIA DUNS CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2014

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

CURSO DE XURISDICIÓN VOLUNTARIA

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx

3.228 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 45 L Luns, 5 de marzo de escolar.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4670

Anexo II. DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2017 Páx. 5324

VOTO POR CORREO - ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

REGULAMENTO PARA A ADMISIÓN E PERMANENCIA DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS NO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

ORDENANZA FISCAL Nº 55 REGULADORA DEL IMPUESTO SOBRE CONSTRUCCIONES, INSTALACIONES Y OBRAS.

LEI 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR SERVIZO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

BASES PARA A SELECCIÓN DE DOUS AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL

REGULAMENTO PARA A DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER EN XESTIÓN DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E ARQUITECTÓNICO, MUSEOS E MERCADO DA ARTE

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

MODELO DE DECLARACIÓN SOBRE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE PRODUCIR INGRESOS ECONÓMICOS

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

DUBIDO SE O MEU FILLO/A TEN ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega

Decreto 29/2000, do 20 de xaneiro, polo que se aproba o. regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

Nº 46 AXENDA CULTURAL E DEPORTIVA

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO DECEMBRO2015 Preinscrición: 3, 4 e 5 de setembro, en horario de 10:00 a

MODELO DE ORDENANZA TIPO MUNICIPAL REGULADORA DA XESTION DA BIOMASA E DISTANCIAS DAS PLANTACIONS DO CONCELLO DE.

4ş CURSO PRAZAS. 6ş CURSO.. 3 PRAZAS. 1ş CURSO PRAZAS 2ş CURSO. 1 PRAZA 3ş CURSO. 12 PRAZAS

ORDENANZA DO SERVIZO DE ESTACIONAMENTO REGULADO NA VIA PÚBLICA DO CONCELLO DE OLEIROS

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL DE CULTURA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ÁREA DE BENESTAR, SAÚDE E DEPORTE: TAXAS 2016/2017

Transcripción:

DECRETO 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias marítimo-pesqueira e agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería. O artigo 11 do Decreto 428/1993, do 17 de decembro, polo que se regula e se refunde a normativa en materia de formación marítimo-pesqueira, sinala como centros propios da consellería, con competencias en materia de pesca especializados en formación marítimo-pesqueira que poden impartir as ensinanzas, o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico en Vigo, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, á Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura na Illa de Arousa. O Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo e a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, ademais das instalacións destinadas á realización da formación tanto teórica como práctica, contan con residencia e comedor destinados a acoller o alumnado que, participando tanto na formación regrada como na formación non regrada, teña a súa residencia habitual lonxe das localidades onde están situados estes centros. Por outra banda, a disposición adicional primeira do dito decreto crea a Aula de Seguridade e Salvamento co fin de garantir a formación en materia de seguridade, supervivencia e loita contra incendios, necesaria para adecuar a cualificación do persoal da frota. Esta formación está recollida na Orde FOM do 4 de setembro de 2002, do Ministerio de Fomento, na que se regulan, entre outros, os certificados de especialidade acreditativos da competencia profesional en formación básica, avanzado contra incendios e embarcacións de supervivencia e botes de rescate non rápidos. Os anteditos cursos de certificación de especialidade poden ser impartidos por centros homologados polo Ministerio de Fomento, tanto privados como públicos, coa posibilidade de establecer un prezo de matrícula pola prestación desta formación.

Pola súa banda, a consellería do Medio Rural e Mar dispón de distintos centros de formación da familia agroforestal; orixinalmente, estes centros de formación foron creados ao abeiro do Decreto lei do 7 de decembro de 1951, que creou as escolas de capacitación agraria, dependentes do Ministerio de Agricultura. En 1981, con motivo da transferencia de competencias ás comunidades autónomas, pasan a depender directamente da Xunta de Galicia. A actual consellería de Medio Rural e do Mar herdou, do entón Ministerio de Agricultura, a facultade para desenvolver as ensinanzas de formación profesional agraria de primeiro e segundo grao, das cales era competente en virtude do Decreto 379/1972, do 24 de febreiro, ao abeiro do artigo 89.6 da Lei 14/1970, xeral de educación. Os centros de Sergude, Lourizán e Becerreá ofrecen os servizos de residencia e/ou comedor ao alumnado que neles se matriculan. Coa finalidade de manter a calidade destes servizos, acórdase o establecemento dun catálogo de prezos públicos que satisfarán as persoas que aproveiten as prestacións ofrecidas polos anteditos centros. O artigo 43 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que son prezos públicos as contraprestacións pecuniarias percibidas polos suxeitos a que se refire o artigo 3 da citada lei, pola prestación de servizos ou realización de actividades efectuadas en réxime de dereito público cando, prestándose tamén tales servizos ou actividades polo sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos/das administrados/as; o artigo 47 da citada lei dispón que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería de que dependa o órgano ou entidade oferente. Segundo se recolle no artigo 117 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, a consellería competente en materia de pesca realizará as actuacións necesarias para o fomento da formación, capacitación e reciclaxe das persoas profesionais dos distintos sectores, así como daquelas persoas que poidan demandar a dita prestación formativa. Así mesmo, de acordo co Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, de traspaso de funcións e servizos en materia de agricultura e gandaría,

corresponde a esta consellería dar resposta satisfactoria ás necesidades de formación do sector mediante o desenvolvemento das ensinanzas de capacitación agraria, orientadas basicamente á actualización permanente das persoas dedicadas á agricultura e á incorporación de mozos/as á empresa agraria. Polo exposto, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar, cos informes previos da Consellería de Facenda, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladores da Xunta e da súa Presidencia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de setembro de 2013, DISPOÑO: Artigo 1. Obxecto 1. O presente decreto ten por obxecto a fixación dos prezos públicos para satisfacer: a) Pola prestación dos servizos de residencia e/ou comedor nos centros de formación da consellería competente en materias de pesca, agraria e forestal. b) Pola matrícula nos cursos de especialización en materia de seguridade, supervivencia e loita contra incendios impartidos na Aula de Seguridade e Salvamento de Ferrol. Artigo 2. Aboamento dos prezos públicos 1. O gozo dos servizos de residencia e comedor nos centros de formación dependentes da consellería competente en materias de pesca, agraria e forestal por parte das persoas beneficiarias presupón a súa conformidade coa contía dos prezos públicos, que será exixible e deberá aboarse desde o inicio da prestación. 2. A efectiva participación nos cursos de formación en materia de seguridade, supervivencia e loita contra incendios require o aboamento anticipado do importe da matrícula. Artigo 3. Supostos de feito 1. Constitúen os supostos de feito destes prezos públicos:

a) Servizos de residencia en pensión completa: cuarto, almorzo, xantar e cea. b) Servizos de media pensión: xantar (cinco días á semana de luns a venres). c) Servizo de xantar diario, non regular. d) Os cursos de formación en materia de seguridade, supervivencia e loita contra incendios. 2. Na programación anual docente da Aula de Seguridade e Salvamento ofertaranse os cursos que se impartirán nesta dependencia. Artigo 4. Suxeitos obrigados 1. Estarán obrigadas ao pagamento dos prezos públicos regulados neste decreto: a) As persoas admitidas en ciclos formativos nos centros de formación da consellería con competencias en materia agraria, forestal e de pesca, polos servizos de residencia e comedor e, de ser o caso, as persoas admitidas nestas residencias segundo a disposición adicional segunda. b) As persoas admitidas en cursos organizados pola consellería con competencias en materia agraria, forestal e de pesca polos servizos de comedor e, de ser o caso, de matrícula nos cursos previstos no artigo 1.b). c) Os pais, nais e titores/as legais das persoas menores de idade admitidas. d) Outros usuarios do servizo de comedor que non estean exentos do pagamento. 2. O pagamento do importe do prezo público que resulte aplicable polos servizos de residencia durante un curso escolar completo fraccionarase en tres prazos trimestrais e deberá aboarse dentro dos dez primeiros días de cada trimestre. 3. A consellería con competencias en materia agraria, forestal e de pesca poderá establecer liñas de bolsas e axudas dirixidas a compensar o custo dos servizos obxecto deste decreto.

Artigo 5. Bonificacións e exencións 1. Por membro de familia numerosa categoría especial: gozan de exención total de pagamento polos servizos e matrículas recollido neste decreto. 2. Por membro de familia numerosa categoría xeral: bonificación do 50 por 100 do total do pagamento polos servizos e matrículas recollido neste decreto. 3. Por membro de familia monoparental: bonificación do 50 por 100 do total do pagamento polos servizos e matrículas recollido neste decreto. 4. Vítimas do terrorismo: en aplicación do artigo 7 da Lei 32/1999, do 8 de outubro, terán exención de pagamento de prezos públicos por servizos académicos, de residencia ou de comedor as vítimas de actos terroristas, así como os/as seus/súas cónxuxes e fillos/as legalmente ao seu cargo non emancipados/as. 5. Vítimas da violencia de xénero: as vítimas da violencia de xénero as que fai referencia a Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, gozarán de exención no pagamento dos prezos públicos por servizos académicos, de residencia ou de comedor establecidos no presente decreto. 6. Aplicarase unha bonificación do 50 por 100 ás persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data de autorización de uso dos servizos de residencia ou de xantar, ou da convocatoria dos cursos de especialización en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego. 7. Mulleres: en aplicación do artigo 118.2 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, en canto se rexistre infrarrepresentación das mulleres na proporción sinalada no artigo 37.2 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade das mulleres e homes, as mulleres terán unha bonificación do 25 por 100 nas taxas de matrícula. Esta bonificación non poderá acumularse a outras. 8. En todos estes casos, a exención non afecta o seguro escolar, que será aboado integramente polas persoas beneficiarias. Artigo 6. Actualización e obriga de exhibir os prezos públicos

1. Os prezos públicos actualizaranse en 1 de setembro de cada ano, na mesma proporción que a variación interanual experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia (IPC, base 2011), no mes de decembro, calculado polo Instituto Nacional de Estatística. Os prezos así actualizados faranse públicos mediante resolución da persoa titular da consellería co competencias en materias de pesca, agricultura e forestal, que será publicada no Diario Oficial de Galicia. 2. Os centros de formación disporán dun exemplar cos prezos públicos actualizados. Artigo 7. Perda do dereito á devolución de importes dos prezos públicos A persoa beneficiaria dos servizos de residencia ou de comedor que renuncie a continuar cos estudos, resulte expulsado do centro de formación ou resulte expulsado da residencia, perderá o dereito de residencia e/ou comedor e o dereito de devolución dos importes ingresados para o gozo destes servizos. Disposición adicional primeira A xestión, liquidación e recadación dos prezos públicos establecidos neste decreto axustaranse ao disposto na normativa vixente. Disposición adicional segunda Sempre que queden prazas vacantes a partir do 30 de setembro, estas poderán ser cubertas con alumnado doutros centros educativos sostidos con fondos públicos, facendo efectivo o seu pagamento por trimestres adiantados e co importe para o curso 2013/14 de 2.875,00 euros. Disposición derrogatoria única Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango contradigan o disposto no presente decreto. Disposición derradeira primeira Autorízase a conselleira do Medio Rural e do Mar para ditar as normas que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación deste decreto. Disposición derradeira segunda

Os prezos públicos establecidos neste decreto serán de aplicación nos centros de formación dependentes da Consellería de Medio Rural e do Mar desde o inicio do curso escolar 2013-14. Disposición derradeira terceira Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, doce de setembro de dous mil trece Alberto Núñez Feijóo Presidente Rosa María Quintana Carballo Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO I Catálogo de prezos públicos en residencias. Servizo Prezo/persoa Residencia en pensión completa curso escolar completo 1.968,00 Residencia en pensión completa por período inferior a un curso escolar 11,00 /día Xantar por bono semanal de cinco días 22,50 Xantar diario non regular 5,00 /día Catálogo de prezos públicos de matrícula en cursos na Aula de Seguridade e Salvamento de Ferrol. Curso Prezo Formación básica de seguridade (teórico) 390,00 Prácticas formación básica de seguridade 290,00 Avanzado en loita contra incendios 400,00