BASES DOS II PREMIOS DA COMUNICACIÓN E DO MARKETING GALEGO

Documentos relacionados
BASES DOS I PREMIOS DA COMUNICACIÓN E DO MARKETING GALEGO

Convocatoria ordinaria de 2012

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

A FINDE.U ABRE PORTAS AO TEU FUTURO

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

CONDICIÓNS DO SERVIZO INTERNET MÓVIL

INSTRUCCIÓNS para as EAV CON CASETA PROPIA, ESPAZO na ZONA de EXPOSICIÓN COMÚN ou SALA MULTIMEDIA do CONGRESO GALEGO DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2009

Son de Galicia, son Dixital CATÁLOGO DE CAPACITACIÓN DIXITAL

REGULAMENTO PARA A ADMISIÓN E PERMANENCIA DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS NO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

BASES QUE REXERÁN NO XVII FESTIVAL DO ENTROIDO 2017 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO (PF 2013/000007) DE UGACOTA

ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS. Edición bilingüe

Que é Tótem, xestión creativa do tempo?

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

ACTA DA XUNTANZA EXTRAORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE NEGROS 23 DE SETEMBRO DE 2013

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

GUÍA DA PERSOA CANDIDATA

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

(...) I. NORMAS XERAIS

Comisión Galega de Bioética

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ADMINISTRACIÓN LOCAL PROVINCIAL DEPUTACIÓN PROVINCIAL. Subvencións

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS,

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ÍNDICE. Índice. Presentación. Capítulo I. Capítulo II. Capítulo III. Capítulo IV. Capítulo V. Implementación 5 Misión, visión e valores 5 Estratexia 6

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPC003. Código. Proba de. Matemáticas. Páxina 1 de 11

ESTADO DE TRAMITACIÓN HUMANIZACIÓNS 2012

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

ACLARACIONS DEPORTE BASE GALICIA

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE. Ferrol, 4 de Xuño do 2016

REGULAMENTO PARA A DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER EN XESTIÓN DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E ARQUITECTÓNICO, MUSEOS E MERCADO DA ARTE

CONVENIO EUROPEO DA PAISAXE

Por todo isto, esta consellería,

CURSO DE XURISDICIÓN VOLUNTARIA

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

Manga de Viento LABORATORIO. Obxectivos. Materias. Destrezas. Información. Os alumnos aprenderán a:

PREMIOS NACIONALES DE MARKETING EDUCATIVO

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

UN AMOR POR DESCUBRIR

Protocolo nº 2/07 Tramitación de Reclamacións e Suxerencias. Exemplo PROTOCOLO DE TRAMITACIÓN DE RECLAMACIÓNS E SUXERENCIAS

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

Servizo de Guía Laboral

Expediente: D.3.Q/14584/15. Santiago de Compostela, 22 de outubro de Sr. Reitor:

CURSO DE ORATORIA Versión setembro 2016

INFORMACIÓN SOBRE A SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DA HABILITACIÓN PARA IMPARTIR DOCENCIA NOS CENTROS PRIVADOS DO MES DE FEBREIRO DE 2012

COMISIÓN ACADÉMICA DO GRAO EN QUÍMICA ACTA DA SESIÓN DO 15 DE OUTUBRO DE 2015

Promoción da Igualdade nas Empresas

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

MEMORIA DESCRITIVA DAS INSTALACIÓNS E DAS ACTIVIDADES

Xestión da mobilidade

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

NORMAS PARA A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA

Seminarios de Formación Continua

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA. Secretaría Xeral Técnica

MANUAL DE FUNCIÓNS 1

Unidade 4: Pneumática

JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO,

ESCENARIO DE PRÁCTICAS Celebraranse as probas nas Pistas de Atletismo ao aire libre, de Elviña (A Coruña), e da Malata (Ferrol)

A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

ENTIDA D DE D S SEN ÁNIMO O DE D LU L C U R C O R 15/12/2015, A Coruña

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE GRAO EN BIOLOXÍA (Aprobado pola Xunta de Facultade, 21 de decembro de 2016)

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

CMUS Profesional de Viveiro

Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega

Bases para regular la participación ciudadana en la Cabalgata de Reyes

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA Memoria de actividades. Curso 2007/08

Transcripción:

BASES DOS II PREMIOS DA COMUNICACIÓN E DO MARKETING GALEGO Os Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia foron creados polo Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia no ano 2016. Nacen coa idea de pór en valor a calidade e o excelente traballo que se fai nesta nosa terra, co obxectivo de realzar a función da publicidade, o deseño, a edición, a impresión, o marketing, a comunicación nas empresas e nas institucións galegas, e como medio para conseguir aumentar a competitividade e a capacidade innovadora; premios desde o sector, para o sector. Os Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia celebran, o vindeiro 10 de novembro de 2017, na súa segunda edición. BASES DA CONVOCATORIA 1. O Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia concede os Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia, en recoñecemento público ás empresas, institucións, organizacións e profesionais que destacan polo seu bo facer no ámbito da publicidade, do deseño, da edición, da impresión, do marketing e da comunicación en Galicia; poñendo en valor a efectividade das súas acción e a innovación no uso de materiais, soportes e medios. 2. Poden participar nesta convocatoria 2017 todas aquelas empresas, institucións, organizacións ou profesionais galegas e galegos do sector sen límites xeográficos, con proxectos realizados desde outubro de 2016 ata outubro de 2017. 3. Premios e Categorías: Os Premios da Comunicación e do Marketing, distinguen aquelas pezas e/ou estratexias de creatividade, de deseño, de edición, de industria gráfica, do marketing e da comunicación que sobresaen pola súa innovación, pola súa funcionalidade, polas súas boas prácticas e pola obtención de resultados tanxibles. Os traballos deberanse presentar nos formatos e/ou cos elementos complementarios que o participante estime oportuno que axuden a ilustrar o obxectivo perseguido en cada caso. O xurado considerará o traballo no seu conxunto. As categorías a premiar son: Creatividade Deseño Industria Gráfica e Edición Comunicación Marketing Idea integrada ou Crossmedia Definición das categorías: En Galicia o talento chove a mares e como a cidade que acolle estes premios, Ourense, é terra de paragueiros, os Premios da Comunicación e do Marketing de

Galicia estarán representados por paraugas. Os premios non ofrecen remuneración económica. Paraugas creatividade 1. Creatividade gráfica Campaña, peza ou conxunto de pezas. Exterior, pósters, folletos, libros, banners, dossieres, valados, gráficas para social media, slider banners, aplicacións de exterior, vehículos, flotas camisetas, chapas branding, logotipo, anuncios de prensa, fondos de escritorio, newsletter, merchandising, é dicir, toda aquela creatividade publicitaria onde o seu desenvolvemento ou impacto estea na gráfica independentemente do soporte onde apareza. 2. Creatividade audiovisual Campaña, peza ou conxunto de pezas para radio, televisión, pantallas na rúa ou no punto de venda, websites, pezas para social media ou Youtube, etc. concertos, Street marketing, en definitiva, calquera tipo de peza audiovisual con fins comerciais, independentemente do seu formato, orzamento ou duración. 3. Creatividad no uso dos medios Execución dunha campaña publicitaria que utilice os medios ou soportes de maneira creativa, non convencional. Campaña publicitaria onde o uso non convencional dos medios permite potenciar o eixo creativo xenerando notoriedade para a marca / produto. Non se valorará a inversión do Plan de Medios nin a creatividade en sí da campaña, se non o uso de formatos ou soportes convencionais de maneira diferente e adaptada ao soporte e a campaña. Paraugas deseño 1. Mellor deseño gráfico Peza ou conxunto de pezas imprimibles en papel, como traballos de imaxe corporativa e gráfica aplicada, embalaxes, cartelería, tipografía, libros, folletos, catálogos. 2. Mellor deseño industrial Traballos de deseño de produto, gráfica expositiva, iluminación, mobiliario, sinalética e en xeral todos os proxectos de deseño aplicables a obxectos ou espazos físicos. 3. Mellor deseño dixital e interactivo Proxectos de deseño interactivo como aplicacións para móbiles, páxinas web ou calquera outro tipo de software.

Paraugas artes gráficas e editorial 1. Mellor libro de arte: O xurado valorará o contido, a ilustración, o formato, os acabados, a calidade da impresión, a lexibilidade, a lectura 2. Mellor catálogo publicitario O xurado valorará a calidade de impresión, a calidade de fotografía, a nitidez, a cor, o detalle da impresión, atractivo do deseño e o formato. 3. Mellor álbum ou libro infantil: O xurado valorará o contido, a ilustración, o formato, os acabados, a calidade da impresión, a lexibilidade, a lectura Paraugas marketing 1. Mellor estratexia/acción de branding Premiaranse aqueles proxectos 360º de xestión de marketing nos que o obxectivo último sexa a xeración de valor para a compañía e, por tanto, para a súa identidade corporativa. 2. Mellor acción relación/escoita ao cliente Neste apartado premiaranse aquelas actividades de escoita ao cliente, incluíndo as diversas técnicas de investigación do mercado, como aquelas dirixidas a fidelizar o cliente. 3. Mellor estratexia/acción de produto Premiaranse aquelas iniciativas que poñan en valor produtos novos, novas canles de venda, mellor acción promocional, packaging, etc. Paraugas comunicación 1. Mellor estratexia de comunicación externa Premiaranse aquelas empresas que, cunha visión global e empregando con eficacia as diferentes canles de comunicación externa, logren, a través da súa campaña, proxectar no mercado unha imaxe de marca personalizada. 2. Mellor estratexia de comunicación interna Premiaranse aquelas campañas capaces de afondar nas características da comunicación interna como ferramenta de transmisión de valores, convertendo os colaboradores en embaixadores da marca, tendo en conta a misión, visión e cultura corporativa da compañía. Igualmente terán especial valoración por parte do xurado aquelas iniciativas innovadoras que aposten pola integración das ferramentas de comunicación interna nas empresas e/ou organizacións. 3. Mellor práctica na comunicación da RSE

Premiaranse aquelas prácticas que acheguen á sociedade unha maior cultura da RSE e que animen á implicación e participación en accións solidarias de empresas e institucións, tendo en conta as preocupacións sociais, laborais, do medio ambiente e de respecto dos dereitos humanos. Ademáis destas categorías o xurado outorgará un Premio Especial á Idea integrada ou Crossmedia 4. O xurado: Neste premio valorarase a execución dunha campaña/acción que utilice dous ou máis elementos da cadea de valor da comunicación en Galicia. Valorarase a participación de deseñadores, axencias, imprentas, departamentos de marketing ou de comunicación, medios ou soportes interrelacionados. De forma que a suma de varios axentes da cadea teña como resultado un produto, unha campaña mellor. Sacándolle todo o partido a cada un dos elementos da cadea de valor participantes (exemplo packaging, grandes formatos ). O xurado estará formado por membros da Xunta Directiva do Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia, así como outros membros das asociacións socias do Clúster (Markea, Dircom Galicia, Creatividade Galega e DAG) e outros profesionais de prestixio, tanto do ámbito docente coma empresarial. En ningún caso un membro do xurado poderá participar na votación da mesma categoría da que se presenta como candidato. Si noutras categorías (por exemplo un director de comunicación que forma parte do xurado pode participar das diferentes categorías de Creatividade Publicitaria). 5. Selección de candidaturas: O xurado realizará a selección das candidaturas de acordo co seguinte procedemento: a) Os traballos a concurso serán recibidos ata o 6 de outubro de 2017 ás 20 horas, no formulario que poden atopar na páxina web creada a tal efecto: www.premios.clustercomunicacion.gal b) O xurado procederá a seleccionar ata 3 candidaturas por cada categoría. que serán declaradas finalistas. c) Os finalistas será informados pola organización a través dos datos de contacto facilitados polo participantes coa intención de que estean presentes no momento de recoller o premio. d) Invitamos aos/as finalistas a estar presentes na Gala dos Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia que se celebrará en Expourense o 10 de novembro de 2017. Tamén a dar resposta ás necesidades de ampliación de información por parte da organización; e a participar nos actos que sexan requiridos para dar cobertura informativa a estes Premios. e) O finalista poderá acudir xunto con aqueles e aquelas outros e outras representantes do equipo de traballo que consideren oportuno previa notificación á organización para calcular o número de asistentes.

f) O xurado procederá finalmente a resolver a quen se lle outorgan os diferentes Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia 2017 en cada categoría. Os/as premiados coñecerán o fallo do xurado o mesmo día de celebración dos Premios Paraugas. g) En caso de empate, será o presidente do xurado quen resolva respecto diso. h) A votación do xurado será segreda. i) Os xurados que por algunha razón tivesen algún interese de tipo profesional ou persoal nalgunha das empresas, institucións ou persoas candidatas absteranse de votar na(s) categoría(s) afectada(s). j) Os datos e informacións serán tratados con confidencialidade por parte dos membros do xurado e do Clúster. k) O xurado resérvase o dereito para realizar os cambios necesarios para a mellora dos premios, respectando a estrutura de categorías referidas. l) É posible que, por decisión do xurado, alguna categoría se declare deserta. m) O xurado valorará as candidaturas presentadas en función, fundamentalmente, dos catro seguintes criterios: Grao de innovación, creatividade, funcionalidade e orixinalidade. Resultados obtidos: impacto en medios, incremento de vendas, retorno do investimento, incremento na preferencia pola marca, etc. Dificultade do caso (competitividade do mercado, características do sector, madurez do produto/servizo, etc.). Boas prácticas: comportamento ético e sustentable no desenvolvemento das estratexias de marketing. 6. Os premios entregaranse o 10 de novembro de 2017 nunha gala especial, dentro da celebración do V Foro de Comunicación de Galicia a partir das 20:00 h. no Hall de Expourense. Nese mesmo acto o Clúster homenaxeará a persoeiros e/ou institucións que, pola súa traxectoria, pola súa contribución ou por compartir os principios fundacionais do Clúster, sexan merecedores desta distinción. 7. Estas bases, así como toda a información e difusión dos Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia, publicaranse na web do Clúster (http://www.clustercomunicacion.gal), de Expourense (http://www.expourense.org) e a través do microsite elaborada para estes Premios Paraugas 2017 (http://premios.clustercomunicacion.gal). 8. O mero feito de optar ao premio supón a plena aceptación das súas bases.