BARÓMETRO. das MIGRACIÓNS GALICIA 2012

Documentos relacionados
XORNADA TÉCNICA: IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO LABORAL: PLANS DE IGUALDADE.

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

A densidade de poboación (hab./km2) é un indicador demográfico que serve para comparar o volume de poboación entre territorios.

Datos básicos sobre a evolución do galego

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Os maiores e as TIC ANO 2011

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

Enquisa igualdade para a población eumesa

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

A Lei da Dependencia. Cara onde imos?

Movementos naturais da poboación. Dinámicas demográficas actuais: movemento natural da poboación. - Movementos migratorios (1990 á actualidade)

O Software Libre as empresas informáticas de Galicia Resumo executivo

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

DISTRIBUCIÓN POR SEXOS NOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Ano Unidade de Igualdade Ano

ACOLLEMENTO FAMILIAR En familia, por dereito. Dossier Informativo 2015

Fundación Refuxio de Animais

Informe sobre a lingua galega na Educación infantil de 3 a 6 anos no curso 2015/16.

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

INFORME CLIMATOLÓXICO

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

escola e no contorno

UN AMOR POR DESCUBRIR

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

Tipos e bases de cotización da Seguridade Social

Unidade de análises e programas INFORME 2016

Índice de Confianza do Consumidor METODOLOXÍA

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

coñecer a tuberculose

As empresas culturais en Galicia

PRESENTACIÓN DAS ACCIONS A DESENVOLVER POLO CONCELLO DE LUGO DENTRO DO PROXECTO MURALLA DIGITAL

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

En rede. O educativo e o comunitario no barrio de Fontiñas ( Santiago de Compostela ) 24 de NOVEMBRO de 2012 DOLORES SANZ LOBO

PUBLICAR CONTIDOS NA WEB DO CENTRO

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

O mercado laboral da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a mobilidade de traballadores

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

FACTURACIÓN ELECTRÓNICA OBRIGATORIA ANTE O CONCELLO DE LUGO A PARTIR DO 30 DE XANEIRO DE 2017

Gabinete Técnico-Área Económica do S.N. de CC.OO. de Galicia

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Axentes de Emprego e AEDLs

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

ESTUDIO ESTABLECEMENTOS DE ALIMENTACIÓN UCGAL 2012

*A vida na idade media: O feudalismo, Os gremios, O comercio, a moeda, os castelos, a cultura cabaleiresca

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

DOLORES SANZ LOBO. 29 de outubro de Convivencia e diversidade. O traballo en rede.

1. CATÁLOGO DE MEDIOS E RECURSOS ADSCRITOS AO PLAN CAMGAL

Curso Traballo Social e Demencias

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

ELECTRÓNICA DIXITAL. SISTEMAS DE NUMERACIÓN.

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

DO FOTÓN AO LED. UN PERCORRIDO POLA LUZ E AS SÚAS TECNOLOXÍAS

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

- Fíxate nos exemplos para

Comisión Galega de Bioética

CSIF sobre a Lei 1/2012 de medidas temporais e os orzamentos 2018

O libro e a edición en Galicia (2016)

ACTIVIDADES MÓDULO II

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO E INTERVENCIÓN FAMILIAR MEMORIA 2014

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO

ESTUDO DE DIAGNÓSTICO INTEGRAL DEMOGRÁFICO E DE DISTRIBUCIÓN TERRITORIAL DO CONCELLO DE AMES

1.1. Padrón Municipal de Habitantes. Avance o 1/01/07. Poboación estranxeira empadroada en Galicia, segundo nacionalidade. Ambos os sexos.

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

Utilización do Software libre (SL) nos centros educativos

O servidor do centro

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-35/2010: ROUPA INFANTIL EN OURENSE.

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

30 junio - 2 julio de xuno - 2 xullo IV MONOGRÁFICO FORESTAL INTERNACIONAL PARA EL SUR DE EUROPA

Plan Banda Larga

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

Xeoloxía da man de Isidro Parga Pondal

1º exame, 3ª avaliación

PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES CONCELLO DE FENE

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

A LINGUA GALEGA NA EDUCACIÓN INFANTIL DE GALIZA DE 3 A 6 ANOS

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

Estatística de familias numerosas. Operación estatística n.º Ano 2013

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

SAMAÍN 2008 A FESTA DAS CABAZAS MATERIAIS

TURISMO RURAL EN GALICIA. Informe anual 2016

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

Transcripción:

BARÓMETRO das MIGRACIÓNS GALICIA 2012

BARÓMETRO das MIGRACIÓNS GALICIA 2012 O presente barómetro é continuación do traballo emprendido pola Secretaría Xeral da Emigración no ano 2010. Naquel momento xa se mencionaba o interese deste departamento por facer do barómetro das Migracións un instrumento útil para coñecer a visión que, tanto a poboación inmigrante como os galegos, teñen do fenómeno migratorio. Igualmente, trátase, á vista dos datos arroxados polo barómetro, de ter os elementos de referencia necesarios para que as distintas institucións, tanto públicas como privadas, poidan planificar as súas distintas políticas de acción. Dada a situación que está a vivir o noso país, é probable que moitas das respostas difiran das obtidas tanto no barómetro do 2010 como do 2011. Do mesmo xeito que en anos anteriores queremos agradecer a colaboración de entidades que participaron na elaboración deste traballo.

FICHA TÉCNICA ÁMBITO: Comunidade Autónoma de Galicia, Arxentina, Uruguai, Brasil, Suíza e Alemaña. UNIVERSO: Cidadáns galegos residentes en Galicia e estranxeiros maiores de 18 anos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. TAMAÑO DA MOSTRA: Deseñadas: 1200 (400 telefónicas e 800 directas) Realizadas: 1206 (410 telefónicas e 796 directas). Das 796 enquisas directas, 77 foron remitidas polas entidades seguintes: Irmáns Misioneiros dos enfermos pobres, ONGD Ecos do Sur, Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, ACCEM, Asociación Antonio Noite e Igaxes3. Enquisas a galegos: 612 Enquisas a estranxeiros: 594 PARÁMETROS: e estranxeiros: Por sexo, idade, situación familiar e situación laboral DATA DO TRABALLO DE CAMPO: Xuño-Xullo 2012

1. Distribución por orixe Realizáronse un total de 1206 enquisas, das cales, 612 foron a galegos e 594 a estranxeiros. POBOACIÓN 6 49% 51% GALEGOS EXTRANXEIROS

2. Distribución por sexo e idade Dos 612 galegos, 321 eran mulleres e 291 homes. En canto aos estranxeiros, 307 eran homes e 287 mulleres. GALEGOS ESTRANXEIROS 7 52% 48% HOMES MULLERES 48% HOMES 52% MULLERES

En canto á análise por tramo de idade, a maior parte dos galegos entrevistados atopábanse no grupo de entre 41 e 50 anos, mentres que os estranxeiros máis numerosos eran os do grupo de 31 a 40 anos. GALEGOS ESTRANXEIROS 7; 1% 8 127; 21% 132; 22% 97; 16% 104; 17% Menos de 30 31-40 41-50 51-65 Máis de 65 25; 4% 109; 18% 212; 36% Menos de 30 31-40 41-50 51-65 Máis de 65 152; 24% 241; 41%

3. Distribución por situación familiar En canto á súa situación familiar, a maior parte dos entrevistados atópanse casados ou con parella, sendo moi numeroso tamén, no caso dos estranxeiros o grupo dos solteiros. GALEGOS ESTRANXEIROS 62; 10% 11; 2% 9 CASADO/ PARELLA CASADO/ PARELLA 159; 26% 257; 42% SEPARADO/ DIVORCIADO 237; 40% 251; 42% SEPARADO/ DIVORCIADO SOLTEIRO SOLTEIRO VIÚVO VIÚVO 134; 22% 95; 16%

4. Distribución por situación laboral En canto á situación laboral, a maior parte dos entrevistados galegos son traballadores por conta allea, mentres que no caso dos estranxeiros o maior número de entrevistados responden que se atopan no paro. GALEGOS ESTRANXEIROS 10 132; 22% 43; 7% 7; 1% 11; 2% 98; 16% 339; 55% TRABALLADOR C/P TRABALLADOR C/A PARADO PENSIONISTA 368; 62% 208; 35% TRABALLADOR C/P TRABALLADOR C/A PARADO PENSIONISTA

5. A convivencia Os datos do barómetro de 2012, mantéñense practicamente invariables con respecto aos de 2011. Así o barómetro do 2011, que mostraba un descenso respecto ao 2010, reflectía que un 88% dos estranxeiros e un 57% dos galegos declaraban ter trato habitual os uns cos outros; no de 2012 esta cifra mantense invariable no caso dos estranxeiros e no dos galegos sobe un punto. Ten trato habitual con galegos? Ten trato habitual con estranxeiros? SI 58 % 88 % 11 NON 10 % 39 % NSNC 2 % 4 %

6. A interacción 6.1 Os lugares de interacción Os lugares onde se produce a convivencia habitual entre galegos e estranxeiros volven repetir os parámetros dos barómetros do ano 2010 e 2011. Obsérvase unha lixeira subida, con respecto aos datos do ano pasado, das relacións que se desenvolven no centro educativo, á vez que se produce unha baixada da interacción en lugares de lecer que pasa do 52 e 8% ao 46 e 7% respectivamente. NO TRABALLO 35 % 57 % 12 NO VECINDARIO 29 % 40 % NO CENTRO EDUCATIVO 15 % 35 % ENTRE AS AMIZADES ENTRE FAMILIARES 14 % 17 % 18 % 58 % LUGARES DE LECER 7 % 46 %

1,0,80,60,40,20,0 6.2 A relación dos uns cos outros Con respecto á pregunta referente ás relacións con persoas inmigrantes ou españois residentes en Galicia, vólvense a manter practicamente os datos do barómetro do ano 2011, o cal xa mostrou un descenso da percepción positiva que tiñan tanto os inmigrantes como os galegos con respecto ao trato con persoas doutras nacionalidades. MELLOR 32 % 39 % IGUAL PEOR 9 % 21 % 33 % 58 % 13 NSNC 1 % 7 %

7. A amizade como referencia Este apartado, mantén practicamente invariables os datos do ano 2011. O ano pasado un 71% dos estranxeiros e un 51% dos galegos, declaraban que tiñan amigos doutras nacionalidades. O presente barómetro sitúa estas porcentaxes no 72% e 49% respectivamente. No seu grupo de amigos/as hai algún/unha galego/a? No seu grupo de amigos/as hai algún/unha estranxeiro/a? 14 SI 49 % 72 % NON 27 % 47 % NSNC 1 % 4 %

Descende con respecto a anos anteriores, o número de entrevistados, tanto galegos como estranxeiros que iniciaron a súa relación no centro de traballo, incrementándose, pola contra, as relacións de amizade xurdidas a través da rede. Igualmente increméntase de forma notable aquelas relacións xurdidas por proximidade. Isto pode ser debido a que no barómetro do ano 2012 este apartado aglutina varios do barómetro anterior como son o centro de estudos tanto propio como dos fillos. NO PAÍS DE ORIXE DO ESTRANXEIRO 2 % 8 % NO TRABALLO NA FAMILIA 11 % 8 % 15 % 36 % 15 LUGARES DE LECER POR OUTROS AMIGOS 20 % 19 % 38 % 36 % POR PROXIMIDADE 32 % 47 % INTERNET 21 % 39 %

8. A percepción e a realidade galega Lembremos que este apartado se desenvolveu de forma importante no barómetro do 2011. Do mesmo xeito que o ano pasado, os resultados difiren de forma notable segundo a pregunta se platee aos galegos ou aos estranxeiros. Os primeiros seguen opinando que o número de inmigrantes en Galicia é alto ou moi alto mentres que os segundos pensan que a taxa de poboación inmigrante en Galicia é aínda baixa ou normal. Obsérvase un lixeirísimo incremento daqueles que pensan que o número é excesivo, incremento que é máis acusado no caso dos estranxeiros. Na súa percepción, o número de inmigrantes que hai en Galicia, é Na súa percepción, o número de inmigrantes que hai en Galicia, é 16 EXCESIVO 3 % 4 % MOI ALTO 6 % 27 % ALTO 7 % 37 % NORMAL 23 % 27 % BAIXO 8 % 36 % MOI BAIXO NSNC 1 % 2 % 1 % 18 %

En canto á percepción que tanto uns como outros teñen da dureza das leis e normas que regulan a entrada e a estancia regular dos inmigrantes en España, aínda que en liñas xerais mantéñense os mesmos parámetros que o ano anterior, obsérvase con respecto ao ano anterior, un incremento importante daqueles inmigrantes que consideran estas normas tolerantes. Na súa percepción as leis e normas que regulan a entrada e a estadía regular dos inmigrantes en España son: Na súa percepción as leis e normas que regulan a entrada e a estadía regular dos inmigrantes en España son: EXCESIVAMENTE DURAS 1 % 21 % DURAS 8 % 28 % 17 AXEITADAS 30 % 29 % TOLERANTES 21 % 49 % 0 % EXCESIVAMENTE TOLERANTES 13 %

9. As prestacións Á vista da situación de crise que se vive no noso país e das medidas para a súa loita postas en marcha, consideramos oportuno incluír neste estudo unha serie de preguntas, destinadas a coñecer a opinión que existe na sociedade sobre a percepción ou acceso a determinadas prestacións procedentes do sector público. As dúas primeiras preguntas expostas, facían referencia á posible percepción por parte dos inmigrantes de prestacións non contributivas, sendo a diferenza entre a primeira pregunta exposta e a segunda unicamente a situación administrativa do inmigrante. 18 Con respecto ás persoas que se atopan en situación irregular, a maior parte dos galegos enquisados, consideran que estes cidadáns non deberían ter acceso ás prestacións non contributivas. Igual opinión, aínda que en menor porcentaxe, teñen os estranxeiros enquisados. Así, o 67% dos galegos e o 42% dos estranxeiros, cren que os inmigrantes en situación irregular non deberían ter dereito ás prestacións non contributivas, fronte a un 19% e 39% respectivamente, que cren que se deberían poder acceder a este tipo de prestacións.

SI 19 % 39 % NON 42 % 67 % 19 NSNC 14 % 19 %

Cando a pregunta fai referencia aos estranxeiros en situación regular, a opinión dos galegos sobe ata situarse nun 68% e a dos estranxeiros ao 93% SI 68 % 93 % NON 3 % 12 % NSNC 20 % 4 % 20 Con todo cando se expón a cuestión sobre se os estranxeiros en situación irregular deberían ter dereito a axudas de emerxencia social, o 83% dos galegos e a práctica totalidade dos estranxeiros consideran que este colectivo debería ser destinatario deste tipo de axudas. SI 83 % 97 % NON 9 % 1 % NSNC 2 % 8 %

As dúas seguintes preguntas expostas fan referencia á vinculación á situación de regularidade do dereito á asistencia sanitaria e ás axudas no ámbito escolar (material escolar, comedor...). A opinión maioritaria entre os estranxeiros é que ningunha destas dúas prestacións debería estar vinculada á situación de regularidade, mentres que no caso da asistencia sanitaria, a opinión dos galeogs decrece ata o 59%. No caso das axudas no ámbito escolar, con todo, un 61% dos galegos, opinan que non deberían estar vinculadas á situación de regularidade. SI 8 % 59 % SI 5 % 23 % NON 23 % 86 % NON 61 % 91 % 21 NSNC 6 % 18 % NSNC 4 % 16 %

10. A posibilidade e condicionantes do retorno: Referente aos cidadáns que se atopan en situación irregular, expúxose a pregunta de que medidas deberíanse adoptar, respecto ao retorno aos seus países de orixe. Para a maioría dos estranxeiros a posibilidade de retornar debe recaer fundamentalmente na vontade individual do propio inmigrante, mentres que para os galegos é fundamental incentivar o retorno voluntario. INCENTIVAR O RETORNO VOLUTANRIO 32 % 82 % 22 DEIXAR O RETORNO Á INICIATIVA DO ESTRANXEIRO 11 % 66 % NSNC 2 % 7 %

A maior parte dos entrevistados, tanto galegos como estranxeiros, consideran que desde as entidades sociais debe promoverse o retorno voluntario dos estranxeiros en situación irregular. Cre que desde as entidades sociais debe promoverse o retorno voluntario dous estranxeiros en situación irregular? Si 89 % 78 % NON 3 % 11 % 23 8 % NSNC 11 %

Con respecto á pregunta de que se debería facer cando un estranxeiro con residencia temporal perde o seu traballo e non consegue outro, a maior parte dos galegos opina que se debería promover o retorno ao seu país, mentres que para os estranxeiros deberíase permitir que continuase en España un tempo determinado. Que cre que se debería facer cando un estranxeiro con residencia temporal perde ou seu traballo e non consegue outro? PROMOVER O RETORNO AO SEU PAÍS 7 % 68 % 24 PERMITIR QUE CONTINÚE EN ESPAÑA INDEFINIDAMENTE 4 % 31 % PERMITIR QUE CONTINÚE EN ESPAÑA UN TEMPO DETERMINADO 16 % 59 % NSNC 3 % 12 %

A maior parte dos galegos consideran que os procesos de regularización masiva de inmigrantes irregulares non son beneficiosos. A mesma opinión teñen máis da metade dos estranxeiros. Cre que os procesos de regularización masiva de estranxeiros en situación irregular son beneficiosos? Si 6 % 39 % NON 52 % 87 % 25 NSNC 7 % 9 %

11. A integración Con respecto a este apartado repítese a tónica do barómetro do ano 2011, considerando maioritariamente os galegos que os estranxeiros se atopan pouco integrados na nosa sociedade e dividíndose a percepción dos inmigrantes entre aqueles que opinan que están bastante integrados e pouco integrados. Ata que punto considera que os inmigrantes están integrados na sociedade galega? MOI INTEGRADOS 6 % 6 % 26 BASTANTE INTEGRADOS 23 % 39 % POUCO INTEGRADOS 37 % 60 % NADA INTEGRADOS 7 % 9 % NSNC 2 % 1 %

Todos os enquisados, consideran que os inmigrantes que máis facilidade teñen para integrarse na nosa sociedade son os procedentes de Iberoamérica, aínda que entre os galegos, ten un peso importante o grupo que considera que os que máis facilidades teñen son os procedentes de Europa do Leste. Dende ou seu punto de vista, cal destes colectivos ten maior facilidade para integrarse? INMIGRANTES DA EUROPA DO LESTE 11 % 27 % 61 % 27 INMIGRANTES IBEROAMERICANOS 78 % INMIGRANTES DE ÁFRICA 6 % 8 % NSNC 3 % 6 %

Para a maior parte dos galegos entrevistados, a situación dos inmigrantes é mellor en Galicia que no seu país de orixe, mentres que para os inmigrantes é igual tanto nun sitio como noutro, observándose con respecto aos datos do barómetro do ano pasado unha subida importante daqueles que consideran que a súa situación é peor que no seu país de orixe. Diría que a situación actual dous inmigrantes é mellor ou peor que no seu país de orixe? 28 MELLOR IGUAL 9 % 20 % 49 % 49 % PEOR 14 % 39 % NSNC 3 % 17 %

12. As opinións Neste apartado practicamente mantéñense invariables as opinións reflectidas no barómetro do ano 2011, repetíndose, aínda que baixando un pouco, a opinión dos galegos con respecto a que os estranxeiros teñen máis dereitos que os propios galegos. A INMIGRACIÓN É POSITIVA PARA A ECONOMÍA DUN PAÍS AS MULLERES INMIGRANTES PADECEN MÁIS VIOLENCIA DOMÉSTICA OS INMIGRANTES COLAPSAN OS SERVIZOS SANITARIOS A PRESENZA DE NENOS INMIGRANES RETRASA O NORMAL FUNCIONAMENTO DAS AULAS A PRESENZA DE NENOS INMIGRANES NAS AULAS É UN FEITO POSITIVO A INTEGRACIÓN DA INMIGRACIÓN É POSITIVA PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PAÍS OS INMIGRANTES TEÑEN MÁIS DEREITOS QUE OS GALEGOS 4 % 4 % 6 % 4 % 11 % 22 % 18 % 34 % 39 % 47 % 51 % 63% 72 % 71 % 29

UN RESUMO 30 FICHA TÉCNICA Dos entrevistados, o 50,7% eran galegos e o 49,3% estranxeiros. Dos galegos, o 52,4% eran mulleres e o 47,6 homes. Entre os estranxeiros entrevistados o 51,7% foron homes e o 49,3% mulleres. Por idades, o tramo maioritario dos españois residentes en Galicia era o de entre 41 e 50 anos, e o dos estranxeiros entre 31 e 40. En canto á súa situación familiar, a maior parte dos entrevistados atópanse casados ou con parella, sendo moi numeroso tamén, no caso dos estranxeiros o grupo dos solteiros. En canto á situación laboral, a maior parte dos entrevistados españois residentes en Galicia son traballadores por conta allea (55%), mentres que no caso dos estranxeiros o maior número de entrevistados responden que se atopan no paro (62%). CONCLUSIÓNS No apartado relativo á convivencia entre galegos e estranxeiros, os datos do barómetro de 2012, mantéñense practicamente invariables con respecto aos de 2011. Así o barómetro do 2011, que mostraba un descenso respecto ao 2010, reflectía que un 88% dos estranxeiros e un 57% dos galegos declaraban ter trato habitual os uns cos outros; no de 2012 esta cifra mantense invariable no caso dos estranxeiros e no dos galegos sobe un punto. Os lugares onde se produce a convivencia habitual entre galegos e estranxeiros volven repetir os parámetros dos barómetros do ano 2010 e 2011. Obsérvase unha lixeira subida, con respecto aos datos do ano pasado, das relacións que se desenvolven no centro educativo, á vez que se produce unha baixada da interacción en lugares de lecer que pasa do 52 e 8% ao 46 e 7% respectivamente. En canto ás relacións con persoas inmigrantes ou galegas, vólvense a manter practicamente os datos do barómetro do ano 2011, o cal xa mostrou un descenso da percepción positiva que tiñan tanto os inmigrantes como os galegos con respecto ao trato con persoas doutras nacionalidades O ano pasado un 71% dos estranxeiros e un 51% dos galegos, declaraban que tiñan amigos doutras nacionalidades.

O presente barómetro sitúa estas porcentaxes no 72% e 49% respectivamente, incrementándose de forma notable, con respecto ao ano anterior aquelas relacións xurdidas por proximidade. Isto pode ser debido a que no barómetro do ano 2012 este apartado aglutina varios do barómetro anterior como son o centro de estudos tanto propio como dos fillos. Os galegos de orixe seguen opinando que o número de inmigrantes en Galicia é alto ou moi alto mentres que os estranxeiros pensan que a taxa de poboación inmigrante en Galicia é aínda baixa ou normal. Obsérvase un lixeirísimo incremento daqueles que pensan que o número é excesivo, incremento que é máis acusado no caso dos estranxeiros, aínda que tan só cun 4% dos entrevistados. En canto á percepción que tanto uns como outros teñen da dureza das leis e normas que regulan a entrada e a estancia regular dos inmigrantes en España, aínda que en liñas xerais mantéñense os mesmos parámetros que o ano anterior, e con respecto ao barómetro do 2011 obsérvase, un incremento importante daqueles inmigrantes que consideran estas normas tolerantes, resposta dada polo 21% dos estranxeiros. Con respecto ás persoas que se atopan en situación irregular, a maior parte dos galegos entrevistados (67%), consideran que estes cidadáns non deberían ter acceso ás prestacións non contributivas. Igual opinión, aínda que en menor porcentaxe, teñen os estranxeiros (42%), tendencia que se mostra invertida cando a pregunta fai referencia aos estranxeiros en situación regular, xa que opinión dos galegos sobe ata situarse nun 68% e a dos estranxeiros ao 93%. O 83% dos galegos e a práctica totalidade dos estranxeiros consideran que os estranxeiros en situación irregular deberían ter dereito a axudas de emerxencia social. A opinión maioritaria entre os estranxeiros é que nin as axudas no ámbito escolar nin a prestación da asistencia sanitaria deberían estar vinculadas á situación de regularidade (86 e 91%), mentres que no caso da asistencia sanitaria, a opinión dos españois residentes en Galicia decrece ata o 59%. No caso das axudas no ámbito escolar, un 61% dos galegos, opinan que non deberían estar vinculadas á situación de regularidade. 31

32 Para a maioría dos estranxeiros a posibilidade de retornar dos inmigrantes en situación irregular, debe recaer fundamentalmente na vontade individual do propio inmigrante (66%), mentres que para os galegos é fundamental incentivar o retorno voluntario (82%), considerando a maior parte dos entrevistados que desde as entidades sociais debe promoverse o retorno voluntario dos estranxeiros en situación irregular (89 e 78% respectivamente), ao tempo que con respecto a posibles situacións de irregularidade sobrevida por perdida do posto de traballo, a maior parte dos españois residentes en Galicia (68%) opina que se debería promover o retorno ao seu país, mentres que para os estranxeiros, maioritariamente (31%) deberíase permitir que continuase en España un tempo determinado. A maior parte dos entrevistados (87 e 52% respectivamente) consideran que os procesos de regularización masiva de inmigrantes irregulares non son beneficiosos. Con respecto á integración repítese a tónica do barómetro do ano 2011, considerando maioritariamente os galegos que os estranxeiros se atopan pouco integrados na nosa sociedade (60%) e dividíndose a percepción dos inmigrantes entre aqueles que opinan que están bastante integrados (39%) e pouco integrados (37%). Todos os enquisados, consideran que os inmigrantes que máis facilidade teñen para integrarse na nosa sociedade son os procedentes de Iberoamérica, aínda que entre os galegos, ten un peso importante o grupo que considera que os que máis facilidades teñen son os procedentes de Europa do leste (27%). Para a maior parte dos galegos entrevistados, a situación dos inmigrantes é mellor en Galicia que no seu país de orixe, mentres que para os inmigrantes é igual tanto nun sitio como noutro, observándose con respecto aos datos do barómetro do ano pasado unha subida importante daqueles que consideran que a súa situación é peor que no seu país de orixe (39%). Con respecto as opinións xerais mantéñense practicamente invariables as reflectidas no barómetro do ano 2011, repetíndose, aínda que baixando un pouco, a opinión dos galegos con respecto a que os estranxeiros teñen máis dereitos que os propios galegos.