Balance do turismo en Galicia. Verán 2017

Documentos relacionados
INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

BALANCE TURÍSTICO COMUNITAT VALENCIANA AÑO 2014

Cámara de Comercio de Vigo

INFORME CLIMATOLÓXICO

ENCUESTAS DE OCUPACIÓN EN ALOJAMIENTOS TURÍSTICOS EXTRAHOTELEROS

BALANCE TURÍSTICO COMUNITAT VALENCIANA ACUMULADO ABRIL 2016

ENCUESTAS DE OCUPACIÓN EN ALOJAMIENTOS TURÍSTICOS EXTRAHOTELEROS

ENCUESTAS DE OCUPACIÓN EN ALOJAMIENTOS TURÍSTICOS EXTRAHOTELEROS

Televisión e radio en Galicia

BALANCE TURÍSTICO EN ANDALUCÍA 2012

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

Establecimientos Hoteleros de Gipuzkoa. Año 2012

O libro e a edición en Galicia (2016)

julio 2012 NOTA DE COYUNTURA

Nota de prensa. El gasto medio por turista y el gasto medio diario crecieron un 7,2% y 5,1% en los dos primeros meses del año

ENCUESTAS DE OCUPACIÓN EN ALOJAMIENTOS TURÍSTICOS EXTRAHOTELEROS

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

PERFIL DEL TURISTA ALOJADO EN OFERTA REGLADA EN LA COMUNITAT VALENCIANA

El turismo en la Comunitat Valenciana Evolución de la Actividad Turística Provincia de Valencia

I N D I C E. 1. Escenario turístico regional en Impacto del turismo en el empleo Tejido empresarial turístico 7

ALOJAMIENTOS TURÍSTICOS

Evolución da poboación activa en España

O RELEVO DE GALICI C A I

TURISMO EN LA COMUNIDAD DE MADRID INFORME DE RESULTADOS AÑO 2010

FITUR-Feria Internacional de Turismo. Dossier 2017

Caracterización de la actividad turística en la Provincia de Sevilla 2015

5.4 LA DEMANDA TURÍSTICA EN CASTILLA-LA MANCHA

ENCUESTA DE COYUNTURA LABORAL. IV TRIMESTRE 2012

1. EL TEJIDO EMPRESARIAL TURÍSTICO REGIONAL

SITUACIÓN TURÍSTICA DE TENERIFE verano 2012 (datos provisionales al 55,6% de muestra)

El verano turístico en Euskadi, el mejor de la historia con record de visitantes, entradas, y un crecimiento del 8,8% en 4 años

Turismo de Sevilla. Turismo de Sevilla. El Sistema de Información Turística de la ciudad de Sevilla informa

Las pernoctaciones en establecimientos hoteleros aumentan un 3,5% en enero respecto al mismo mes de 2016

turismo español en cifras INSTITUTO DE ESTUDIOS TURÍSTICOS

ENCUESTA DE OCUPACIÓN HOTELERA POR ZONAS TURÍSTICAS COMUNITAT VALENCIANA. DICIEMBRE 2015

VIAJEROS ALOJADOS EN ESTABLECIMIENTOS HOTELEROS DE LA COMUNIDAD DE MADRID. JUNIO de 2016 (INE-EOH)

INFORMES DE MERCADOS NACIONALES:

Las pernoctaciones en establecimientos hoteleros aumentan un 2,0% en septiembre respecto al mismo mes de 2012

El turismo en Gijón 2014 AVANCE DE RESULTADOS

XESTUR PLATAFORMAS LOXÍSTICAS

Las pernoctaciones en establecimientos hoteleros aumentan un 4,5% en agosto respecto al mismo mes de 2014

Las pernoctaciones en establecimientos hoteleros aumentan un 4,2% en diciembre respecto al mismo mes de 2015

Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia

VIAJEROS ALOJADOS EN ESTABLECIMIENTOS HOTELEROS DE LA COMUNIDAD DE MADRID. abril de 2016 (INE-EOH)

Las pernoctaciones en establecimientos hoteleros aumentan un 2,7% en septiembre respecto al mismo mes de 2014

FITUR Feria Internacional de Turismo

Las pernoctaciones en establecimientos hoteleros aumentan un 5,0% en septiembre respecto al mismo mes de 2015

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega

FITUR- Feria Internacional de Turismo

SITUACIÓN DEL EMPLEO EN EL SECTOR DEL TURISMO. Agosto 2014

Las pernoctaciones en establecimientos hoteleros aumentan un 5,9% en julio respecto al mismo mes de 2014

ENCUESTA DE POBLACIÓN ACTIVA

TURISTAS RESIDENTES EN ESPAÑA EN ALOJAMIENTO PRIVADO 2015

Las pernoctaciones en establecimientos hoteleros aumentan un 6,5% en octubre respecto al mismo mes de 2015

Las pernoctaciones en establecimientos hoteleros aumentan un 1,6% en junio respecto al mismo mes de 2014

BOLETÍN MENSUAL DE COYUNTURA TURÍSTICA Diciembre 2010 Área de Investigación e Inteligencia de Mercados Instituto de Promoción Turística de

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

BALANCE DE LA ACTIVIDAD EN ALOJAMIENTOS TURÍSTICOS EXTRAHOTELEROS.

SITUACIÓN DEL EMPLEO EN EL SECTOR DEL TURISMO Marzo 2014 (Fuentes: OBECAN, SPEE)

TURISMO RECEPTOR - RESIDENTES EN EL EXTRANJERO

Las pernoctaciones en establecimientos hoteleros aumentan un 7,6% en enero respecto al mismo mes de 2013

Valoración de la ocupación obtenida en 2011, en el alojamiento turístico de Benissa

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

España / 2016, un año histórico para el sector turístico

España supera por segundo año consecutivo el récord histórico de llegadas tras recibir, en 2014, 65 millones de turistas internacionales

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

Balance Turístico Anual Provincia de Sevilla

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

Valor de la producción interior bruta de la CAE relativa a cada persona y expresada en euros. La población total por la que

El País Vasco es el noveno mercado emisor nacional para la Comunitat Valenciana con una cuota del 2,0%.

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

ENCUESTA DE OCUPACIÓN EN ALOJAMIENTOS TURÍSTICOS (Alojamientos de turismo rural) Cuestionario semanal

INFORME DE COYUNTURA DEL MERCADO TURÍSTICO ESPAÑA EVOLUCIÓN 2012 PREVISIONES 2013

TURISMO RECEPTOR - RESIDENTES EN EL EXTRANJERO

SITUACIÓN TURÍSTICA DE TENERIFE. Balance mayo 2017

Las pernoctaciones en establecimientos hoteleros aumentan un 2,7% en agosto respecto al mismo mes de 2013

BIBLIOTECA DE GALICIA. Del 5 de diciembre 2015 al 24 de enero Lino. González Rubido: un dibujante olvidado en la prensa compostelana

ENQUISA DE OCUPACIÓN EN ALOXAMENTOS TURÍSTICOS (Aloxamentos de turismo rural) Cuestionario semanal

ENCUESTA DE OCUPACIÓN HOTELERA POR ZONAS TURÍSTICAS COMUNITAT VALENCIANA. AGOSTO 2016

SITUACIÓN TURÍSTICA DE TENERIFE. Balance noviembre 2015 Acumulado enero noviembre 2015

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ÍNDICES DE CIFRA DE NEGOCIOS (ICN) Y ENTRADAS DE PEDIDOS (IEP) EN LA INDUSTRIA

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

INDICADORES DE ACTIVIDAD EN EL SECTOR SERVICIOS. Base 2010 ENERO Datos provisionales

Nota de prensa. España registró en julio un máximo histórico con la llegada de 7,7 millones de turistas internacionales, un 4,4% más

ENCUESTAS DE OCUPACIÓN EN ALOJAMIENTOS TURÍSTICOS EXTRAHOTELEROS

Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.

ENCUESTAS DE OCUPACIÓN EN ALOJAMIENTOS TURÍSTICOS EXTRAHOTELEROS

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

EVOLUCIÓN DEL REVPAR HOTELERO EN LA COMUNITAT VALENCIANA. AÑO 2016

1.- Unha empresa presenta uns custos fixos de 800 unidades monetarias. Ademais os custos variables para cada nivel de produción son os seguintes:

Las pernoctaciones en establecimientos hoteleros aumentan un 4,2% en enero respecto al mismo mes de 2014

Informe Mensual de Coyuntura del Movimiento Aeroportuario de Andalucía Nº 120 Dic Coyuntura Turística de Andalucía

BLOQUE 3 PRECIOS DE LA VIVIENDA. Dirección General de Vivienda, Rehabilitación y Regeneración Urbana

Balance Turismo 2012 (Avance de resultados) 16 de enero de 2013

España: EPA (3T15) El empleo y el paro, en niveles de Ocupados. Coyuntura España

El gasto en I+D en 2012 supuso el 1,91% del PIB en la Comunidad Foral de Navarra

EL COMERCIO DE GALICIA PIERDE MAS DE AFILIADOS EN LOS ULTIMOS TRES AÑOS

CIRCULAR A todas as Delegacións (*) - Aos clubes e adestradores (*) Para a súa distribución entre todos os estamentos da súa demarcación

Transcripción:

Balance do turismo en Galicia Verán 2017

DEMANDA TURISTICA Comportamento positivo da demanda turística nos establecementos regrados de Galicia hoteis, pensións, apartamentos turísticos, cámpings e turismo rural- no verán deste 2017, superando nun 3,0% o volume de noites do pasado ano. Tal circunstancia vén como consecuencia dunha mellora da estadía media nun contexto de estabilidade, a grandes trazos, da cifra de viaxeiros aloxados. Galicia ocupa o sétimo lugar no ranking das CC.AA. representando o 2,9% do total de España. Evolución Demanda Turística nos Establecementos Regrados. Verán 2017/16 Viaxeiros Noites -0,6% 3,0%

DEMANDA TURISTICA Noites nos establecementos regrados e variación interanual por CC.AA. Verán 2017 NOITES ESPAÑA 136.071.002 Cataluña 30.316.874 Baleares 26.299.134 Canarias 20.171.891 Andalucía 18.681.064 C. Valenciana 14.710.879 Madrid 4.721.430 Galicia 4.012.201 Castela e León 2.963.144 Asturias 2.456.944 Cantabria 2.402.866 Aragón 2.360.395 País Vasco 2.061.747 Murcia 1.409.378 Castela A Mancha 1.099.586 Navarra 992.154 Estremadura 806.688 A Rioxa 537.037 Var. Int. NOITES ESPAÑA 2,0% A Rioxa 9,8% Madrid 7,9% Aragón 4,8% Navarra 4,0% C. Valenciana 3,9% Cataluña 3,1% Galicia 3,0% Asturias 2,9% Castela e León 2,7% Andalucía 1,7% Cantabria 1,4% País Vasco 1,1% Murcia 0,8% Canarias 0,4% Baleares Estremadura -1,0% Castela A Mancha -1,1%

DEMANDA TURISTICA No conxunto dos primeiros oito meses do ano obsérvase un comportamento positivo da demanda no conxunto dos establecementos regrados -en particular sobe a cifra de viaxeiros aloxados un 2,3% e o volume de pernoctacións un 5,1%-. Con esta dinámica a nosa comunidade acada máximos históricos de demanda con preto de 3,57 millóns de viaxeiros e 7,63 millóns de noites no conxunto da oferta regrada. Neste período Galicia ocupa o sétimo lugar no ranking das CC.AA. representando o 2,3% do total de España. Evolución Demanda Turística nos Establecementos Regrados. Acumulado a Agosto 2017/16 Viaxeiros Noites 2,3% 5,1%

DEMANDA TURISTICA A dinámica positiva da demanda turística no verán vén como consecuencia dos incrementos rexistrados en xullo e en agosto. Obsérvase un patrón común de comportamento nos dous meses do período estival, con subas do 2,0% en xullo e do 3,7% en agosto provocadas por unha mellora da estadía media nun contexto no que a cifra de viaxeiros aloxados mantense estable a grandes trazos cun leve descenso puntual en xullo, do 1,1%-. En ambos meses Galicia marca máximos históricos de demanda medida en pernoctacións-. Evolución Demanda Turística nos Establecementos Regrados. Verán 2017/16, por meses 4,0% 3,7% 3,0% 2,0% 2,0% 1,0% -1,0% -2,0% -1,1% Xul Var. Viax. 17/16 Var. Noites 17/16-0,1% Ago

DEMANDA TURISTICA Neste verán rómpese a tendencia positiva da cifra de viaxeiros aloxados rexistrada nos últimos catro anos, con crecementos que situaron o nivel por encima de 1,6 millóns o pasado 2016. A leve caída observada neste 2017 do 0,6%- é pouco significativa en canto á intensidade da mesma mais reflicte un pequeno cambio de tendencia a observar nos próximos meses. En calquera caso o nivel final continúa por encima da barreira de 1,6 millóns de viaxeiros aloxados, dato importante e superior ao rexistrado ata o 2015. Evolución Viaxeiros Aloxados nos Establecementos Regrados. Verán 2012-17 1.800.000 1.575.000 1.350.000 1.125.000 900.000 675.000 450.000 225.000 0-225.000-450.000 1.507.866 1.614.272 1.605.352 1.349.806 1.249.179 1.130.600 10,5% 11,7% 8,1% 7,1% -0,6% Verán 12 Verán 13 Verán 14 Verán 15 Verán 16 Verán 17 2 15,0% 1 5,0% -5,0% Var. Int. Viaxeiros en Regrado Viaxeiros Estab. Regrados

DEMANDA TURISTICA Do lado das pernoctacións acontece algo diferente. Consolídase neste verán o crecemento rexistrado nos catro anos anteriores do 5,2% en 2013, do 5,0% en 2014, do 9,0% en 2015 e do 10,8% en 2016- dando como resultado que a nosa comunidade rexistre pouco máis de catro millóns no conxunto da oferta regrada cifra que marca un máximo histórico en Galicia neste período estival-. En termos absolutos a nosa comunidade xerou nestes cinco anos máis dun millón de novas pernoctacións nos establecementos regrados. Mantense, por tanto, a tendencia positiva aínda que se minora levemente o ritmo de crecemento. 4.500.000 4.000.000 3.500.000 3.000.000 2.500.000 2.000.000 1.500.000 1.000.000 500.000 0 Evolución Noites nos Establecementos Regrados. Verán 2013-17 3.896.051 4.012.201 3.516.010 3.226.549 3.072.093 2.919.917 10,8% 9,0% 5,2% 5,0% 3,0% Verán 12 Verán 13 Verán 14 Verán 15 Verán 16 Verán 17 2 18,0% 16,0% 14,0% 12,0% 1 8,0% 6,0% 4,0% 2,0% Var. Int. Noites en Regrado Noites Estab. Regrados

MERCADOS TURÍSTICOS No verán de 2017 o 81% da demanda turística regrada corresponde ao turismo de orixe estatal, cifra que engloba tanto ao mercado interno dos residentes en Galicia- como ao receptor nacional españois que proceden doutras comunidades autónomas-. Ambos segmentos xeraron 3,25 millóns de pernoctacións neste período estival. O turismo internacional supón, en cambio, o 19% do total da demanda regrada neste período con pouco máis de 760 mil pernoctacións neste caso. Peso dos principais mercados nos Establecementos Regrados. Verán 2017 761.525 19% 3.250.674 81% ESPAÑOIS ESTRANXEIROS

MERCADOS TURÍSTICOS Obsérvase neste verán un comportamento homoxéneo dos dous grandes segmentos de mercado, con variacións de similar intensidade. O turismo nacional sobe un 2,8% como consecuencia esencialmente dunha mellora da estadía media nun contexto de leve caída da cifra de viaxeiros aloxados que descende un 0,7%-. O mercado internacional amosa tamén un incremento global do 3,7% consecuencia igualmente dunha mellora da estadía media nun contexto de estabilidade da cifra de viaxeiros aloxados. Así pois, ambos segmentos de mercado explican o comportamento global da demanda en termos agregados. 4,0% 3,5% 3,0% 2,5% 2,0% 1,5% 1,0% 0,5% -0,5% -1,0% Evolución principais mercados nos aloxamentos regrados. Verán 2017/16 3,7% 2,8% -0,2% -0,7% ESPAÑOIS ESTRANXEIROS Var. Viaxeiros Regrado Var. Noites Regrado

MERCADOS TURÍSTICOS Desde un punto de vista dinámico obsérvase que o incremento do turismo nacional deste verán engádese ao rexistrado nos catro anos anteriores. Son, por tanto, cinco anos consecutivos de crecemento do mercado nacional en Galicia durante o período estival con subas do 4,9% en 2013, do 3,5% en 2014, do 7,9% en 2015, do 11,1% en 2016 e do 2,8% en 2017- acadando neste ano 3,25 millóns de noites, cifra que supón un máximo histórico na nosa comunidade. En cinco anos o mercado nacional foi quen de xerar 820 mil novas pernoctación no período estival. Evolución Mercado Nacional nos Aloxamentos Regrados. Noites Verán 2013-17 3.500.000 3.000.000 2.500.000 2.000.000 1.500.000 1.000.000 500.000 0 3.250.674 3.161.790 2.846.649 2.637.999 2.549.772 2.430.408 11,1% 7,9% 4,9% 3,5% 2,8% Verán 12 Verán 13 Verán 14 Verán 15 Verán 16 Verán 17 2 18,0% 16,0% 14,0% 12,0% 1 8,0% 6,0% 4,0% 2,0% Var. Noites Españois Noites Españois

MERCADOS TURÍSTICOS No caso do mercado internacional a dinámica é paralela e rexistra igualmente cinco anos de crecementos consecutivos a taxas variables, máis intensas en 2014 e 2015 con subas que acadan o 14% neste último ano- e máis modestas agora en 2017. Con todo, esta tendencia eleva o nivel final a máis de 760 mil noites nos establecementos regrados de Galicia cifra que supón tamén un máximo histórico na comunidade-. En termos absolutos o crecemento do mercado internacional tradúcese na xeración de máis de 210 mil novas pernoctacións nestes últimos cinco anos. Evolución Mercado Internacional nos Aloxamentos Regrados. Noites Verán 2013-17 800.000 700.000 600.000 500.000 400.000 300.000 200.000 100.000 0 734.261 761.525 669.364 588.553 489.508 522.318 12,7% 13,7% 9,7% 6,7% 3,7% Verán 12 Verán 13 Verán 14 Verán 15 Verán 16 Verán 17 2 18,0% 16,0% 14,0% 12,0% 1 8,0% 6,0% 4,0% 2,0% Var. Noites Estranx. Noites Estranxeiros

MERCADOS TURÍSTICOS No ámbito hoteleiro que representa o 71,4% do total da demanda regrada- é posible realizar unha análise máis segmentada por mercados. En particular, obsérvase que o 19% do total da demanda turística corresponde ao mercado interno, isto é, á demanda xerada polos residentes en Galicia con preto de 530 mil noites neste verán-. O 61% provén das restantes comunidades autónomas representa por tanto o mercado receptor nacional, con algo máis de 1,75 millóns de noites- e o 20% ao turismo internacional con preto de 585 mil neste caso-. Estas últimas dúas cifras supoñen máximos históricos dentro do segmento hoteleiro da comunidade. Peso dos principais mercados nos Establecementos Hoteleiros. Verán 2017 584.307 20% 529.761 19% 1.751.880 61% GALICIA RESTO ESPAÑA ESTRANXEIRO

MERCADOS TURÍSTICOS Obsérvase neste mes un comportamento dispar dos tres grandes segmentos de mercado no sector hoteleiro, con variacións de diversa intensidade e dirección. O turismo interno presenta unha leve caída do 1,8% froito dun descenso da cifra de viaxeiros aloxados de maior intensidade. O mercado receptor, en cambio, amosa un comportamento positivo con incrementos do 6,1% no ámbito nacional como consecuencia dunha mellora da estadía media pois a cifra de viaxeiros aloxados mantense relativamente estable- e do 8,7% no internacional segmento que experimenta un crecemento paralelo da cifra de viaxeiros aloxados e da estadía media nos establecementos hoteleiros da nosa comunidade-. 1 Evolución principais mercados nos aloxamentos hoteleiros. Verán 2017/16 8,0% 6,0% 4,0% 2,0% 6,1% 8,7% -2,0% -1,8% -4,0% GALICIA RESTO ESPAÑA ESTRANXEIRO

MDOS. TURÍSTICOS TURISMO INTERNACIONAL O mellor comportamento relativo do turismo internacional fronte ao nacional conleva que este segmento incremente progresivamente o seu peso dentro da estrutura da demanda en Galicia. Tal circunstancia acontece de forma case continua desde o 2011 cando supoñía o 16,8% do total. No verán supera levemente o 20%, porcentaxe non moi elevada en relación a outros meses deste ano, nomeadamente aos da temporada media, pero que neste 2017 sitúase entre as máis altas dos últimos anos. Con todo no verán o perfil da demanda amosa un predominio claro do mercado nacional e nomeadamente daquel procedente de fóra de Galicia pois supón o 61% do total regrado-. 25,0% Evolución PESO DO TURISMO INTERNACIONAL na Demanda Regrada. Verán 2011-17 2 16,8% 17,5% 18,2% 19,7% 20,7% 19,7% 20,4% 15,0% 1 5,0% Verán11 Verán12 Verán13 Verán14 Verán15 Verán16 Verán17 Peso Estranxeiros

ESPAÑOIS 18,5% MERCADOS TURÍSTICOS GALICIA ESTRANX. 18,2% MADRID PORTUGAL 4,4% 7,1% CAST. LEÓN ITALIA 3,1% 7,0% ANDALUCÍA ALEMAÑA 1,6% 5,5% CATALUÑA FRANCIA 1,5% 4,5% EUSKADI EE.UU. 1,4%

MERCADOS TURÍSTICOS Tendo en conta o volume global da demanda turística no segmento hoteleiro, o mercado interno dos residentes en Galicia- representa neste verán o 18,5% do total das pernoctacións da comunidade unha das porcentaxes máis baixas da serie histórica do INE-. Dentro do ámbito receptor nacional Madrid é o principal mercado emisor. Con algo máis de 520 mil noites representa o 18,2% do total da demanda turística hoteleira, cifra moi semellante á do mercado interno. De feito Madrid é en agosto o principal mercado da comunidade superando incluso ao interno, isto é, ao dos residentes na comunidade. Seguen en orde de importancia Castela e León co 7,1%-, Andalucía co 7,0%-, Cataluña co 5,5%- e o País Vasco co 4,5% do total da demanda hoteleira neste caso-. Logo de Madrid son, por tanto, os mercados de proximidade de Castela e León e aqueles máis lonxanos e de maior poboación Cataluña e Andalucía- os que lideran o ranking na comunidade. No ámbito internacional mantense Portugal como o principal mercado emisor a Galicia. Neste verán rexístranse preto de 125 mil pernoctacións procedentes do país veciño, o 4,4% do total da comunidade. A nivel internacional destacan tamén como principais mercados Italia co 3,1% das noites-, Alemaña co 1,6%-, Francia co 1,5%- e EE.UU. co 1,4% neste caso-. Reino Unido sitúase en sexto lugar representando o 1,2% do total da demanda hoteleira.

MERCADOS TURÍSTICOS O bo comportamento do turismo receptor nacional responde en boa medida ao incremento observado nos principais mercados emisores. De feito, salvo Cataluña que amosa unha caída do 7%- e a C. Valenciana que se mantén en niveis semellantes aos do pasado ano- todos os demais mercados superan os niveis do verán pasado. Destaca en intensidade o crecemento do mercado vasco, mellorando o nivel de pernoctacións nun 22,5% fronte ao verán de 2016. O principal mercado emisor, Madrid, presenta unha suba neste caso do 8,4%. Evolución Principais Mercados Nacionais nos Aloxamentos Hoteleiros. Noites Verán 2017/16 25,0% 22,5% 2 15,0% 1 5,0% 6,1% 8,4% 6,3% 5,9% 4,6% 0,1% -5,0% -1 T. Nacional Madrid Castela e León Andalucía Cataluña País Vasco Asturias C. Valenciana -7,1%

MERCADOS TURÍSTICOS A nivel internacional obsérvase un comportamento algo dispar dos principais mercados emisores. Neste caso os dous de maior peso amosan unha dinámica positiva, superando nun 21% -caso de Portugal- e nun 6,8% caso de Italia- os niveis de demanda do verán pasado. Acompañan nesta senda positiva os mercados americano, británico e irlandés este último cunha forte suba do 32%-. No lado negativo amosan caídas da demanda neste verán dous mercados concretos: Alemaña e Francia o primeiro cun descenso do 7% e o segundo do 4%-. Evolución Principais Mercados Internacionais nos Aloxamentos Hoteleiros. Noites Verán 2017/16 35,0% 3 32,4% 25,0% 2 21,4% 15,0% 1 5,0% 8,7% 6,8% 7,2% 3,1% -5,0% -1 T. Internacional -6,6% -3,9% Portugal Italia Alemaña Francia Estados Unidos Reino Unido Irlanda

ANÁLISE TERRITORIAL En liña coa distribución da oferta actual, o reparto territorial da demanda turística hoteleira neste caso presenta un claro desequilibrio cara as provincias do litoral atlántico fronte o interior da comunidade. Neste verán as provincias de A Coruña e Pontevedra absorben o 83% do total da demanda cun reparto algo dispar Pontevedra xera maior volume de pernoctacións con 1,3 millóns neste período, o 45% do total-. En A Coruña o nivel fica próximo a 1,1 millóns de noites, o 38% do total. O 17% restante queda nas provincias de interior, cifra que se reparte de forma dispar entre Lugo que absorbe o 12% do total da demanda- e Ourense provincia que tradicionalmente ten un menor peso na estrutura global da comunidade, cun 5% neste caso-. Demanda turística HOTELEIRA por provincias. Verán 2017 1.304.412 45% 1.085.541 38% 141.741 5% 334.257 12% A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

ANÁLISE TERRITORIAL A nivel territorial o comportamento da demanda hoteleira é algo dispar neste verán. En particular, sobe e mellora e dúas provincias concretas: en Lugo un 3,5%, grazas á mellora da estadía media- e en Pontevedra un 10,7% neste caso como consecuencia dun incremento paralelo da cifra de viaxeiros aloxados-. Esta última rexistra o mellor comportamento a nivel territorial neste período estival. En A Coruña o nivel de demanda mantense estable en relación ao pasado ano e, pola contra, cae en Ourense única provincia onde se observa un descenso en termos interanuais, do 1,8% neste caso, como consecuencia dunha caída paralela da cifra de viaxeiros-. 12,0% Variación da demanda turística HOTELEIRA por provincias. Verán 2017/16 1 8,0% 6,0% 4,0% 10,7% 2,0% -2,0% 0,3% 3,5% -1,8% -4,0% A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Var. Int. Noites 17/16

ANÁLISE TERRITORIAL O 33% da demanda hoteleira de Galicia deste verán corresponde a cinco dos destinos urbanos da comunidade, cifra inferior á que se rexistra a inicios de ano no primeiro cuadrimestre o turismo urbano superaba o 50% do total de noites hoteleiras de Galicia-. Se engadimos a tres dos principais destinos de litoral de Galicia Ribadeo, Sanxenxo e O Grove- a cifra supera o 55% do total, isto é, máis da metade da demanda hoteleira da comunidade localízase nestes oito concellos. No verán, en contra do que acontece no resto do ano, o destino de maior volume e peso da demanda hoteleira é Sanxenxo neste 2017 xerou preto de 465 mil noites, o 16% do total da comunidade-. O 30% da demanda deste verán concéntrase en dous municipios concretos: Sanxenxo e Santiago 500.000 450.000 400.000 350.000 300.000 250.000 200.000 150.000 100.000 50.000 0 Demanda turística HOTELEIRA en destinos de Galicia. Verán 2017 464.028 367.205 253.860 218.324 145.367 64.437 38.688 40.484 A Coruña Santiago Vigo Lugo Ourense Ribadeo Sanxenxo O Grove Noites

ANÁLISE TERRITORIAL O comportamento da demanda hoteleira nos diferentes destinos considerados é dispar neste verán. En particular, sobe e mellora en dúas cidades un 5% en Vigo e un 14% en Lugo- así como en Sanxenxo un 11%- e no Grove un 4% neste caso-. Salvo en Vigo, municipio onde o comportamento positivo se concentra no turismo internacional, os restantes destinos rexistran melloras de diversa intensidade dos dous segmentos de mercado. A demanda mantense relativamente estable en A Coruña e Santiago, con variacións iguais ou inferiores ao 1% interanual, e descende en dous destinos en particular: Ourense un 18%- e Ribadeo un 6% neste caso-. Nos oito destinos considerados obsérvase un incremento do turismo internacional neste verán. 2 Variación da demanda turística HOTELEIRA en destinos de Galicia. Verán 2017/16 15,0% 1 13,6% 10,9% 5,0% -5,0% -1 0,7% -1,0% 5,0% -5,6% 4,1% -15,0% -2-17,9% A Coruña Santiago Vigo Lugo Ourense Ribadeo Sanxenxo O Grove Var. Int. Noites 17/16

DEMANDA TURISTICA - TIPOLOXÍAS O 71,4% da demanda turística regrada corresponde aos establecementos hoteleiros, porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis que representan o 57,9%- como ás pensións co 13,5% neste caso-. O 28,6% restante, en cambio, sitúase no segmento extrahoteleiro, porcentaxe que neste caso reúne aos apartamentos turísticos que representan o 5,4% da demanda total-, aos cámpings co 18,3%- e aos establecementos de turismo rural que supoñen o 4,8% neste caso-. Esta distribución difire da observada nos primeiros seis meses do ano por canto sobe notablemente o peso do segmento extrahoteleiro, e concretamente dos cámpings modalidade cun alta estacionalidade-. Reparto da demanda turística nas diferentes tipoloxías de aloxamento regrado. Noites Verán 2017 4,8% 18,3% 5,4% 13,5% 57,9% HOTEIS PENSIÓNS APTOS. TURÍSTICOS CÁMPINGS TURISMO RURAL

DEMANDA TURISTICA TIPOLOXÍAS En relación coas tipoloxías de aloxamento obsérvase neste período un comportamento dispar. Dunha banda, sobe e melloran os niveis de demanda nos hoteis un 9,2%- e nos apartamentos turísticos un 6,8% neste caso-, acadando ambas modalidades cifras históricas tanto de viaxeiros coma de pernoctacións neste verán. Nos dous casos a mellora vén como consecuencia dun incremento da cifra de viaxeiros aloxados A demanda mantense estable no segmento do turismo rural e cae, en cambio, nas pensións un 9,7%- e nos cámpings un 4,6%- como consecuencia en ambos casos dun menor volume de viaxeiros aloxados en relación ao verán pasado. 15,0% Evolución Demanda Turística Regrada por Tipoloxías. Noites Verán 2017/16 1 5,0% 9,2% 6,8% 0,1% -4,6% -5,0% -9,7% -1-15,0% HOTEIS PENSIÓNS APTOS. TURÍSTICOS CÁMPINGS TURISMO RURAL Var. Int. Noites

DEMANDA TURISTICA CATEGORÍAS Dentro do ámbito hoteleiro obsérvase certo comportamento homoxéneo, con incrementos xeneralizados salvo no caso das pensións dunha estrela segmento que rexistra unha caída do 23% no volume de pernoctacións en relación ao pasado ano-. A demanda sobe con maior intensidade nos hoteis de dúas estrelas un 19%- e naqueles dunha estrela un 11% neste caso-. O segmento de maior volume e peso hoteis de catro e cinco estrelas- presentan un incremento global do 4%. Salvo no caso das pensións de tres e dúas estrelas nas restantes categorías a variación da demanda vén afectada por unha evolución parella da cifra de viaxeiros aloxados. 25,0% 2 15,0% 1 5,0% -5,0% -1-15,0% -2-25,0% -3 Evolución Demanda Turística Hoteleira por Categorías. Noites Verán 2017/16 19,2% 10,8% 4,4% 6,5% 3,4% -23,1% Hot. 5-4* Hot. 3* Hot. 2* Hot. 1* Pens. 3-2* Pens. 1* Var. Int. Noites 17/16

ESTADÍA MEDIA A estadía media nos establecementos regrados de Galicia sitúase en 2,5 noites neste verán, cifra que supera nun 3,6% o dato do pasado ano. É o segundo ano consecutivo no que a estadía media sobe en Galicia no período estival, rompendo a dinámica negativa dos anos anteriores e acadando a cifra máis elevada desde o 2012. Os apartamentos turísticos e os cámpings son as modalidades que rexistran o valor máis alto con 4,4 e 3,8 noites respectivamente neste verán. Nos hoteis e establecementos de turismo rural a cifra sitúase no contorno de 2,5 noites mentres que nas pensións apenas chega a 1,7 noites de media-. 3,00 2,50 Estadía media nos Establecementos Regrados. Verán 2011-17 2,59 2,58 2,46 2,39 2,41 2,50 2,33 2,00 1,50 1,00 0,50 0,00 Verán 11 Verán 12 Verán 13 Verán 14 Verán 15 Verán 16 Verán 17 Estadia Media Estab. Regrados

OCUPACIÓN Desde o punto de vista dos niveis de ocupación o comportamento é semellante ao do lado da demanda con algún matiz. Sobe e mellora nos hoteis e nos apartamentos turísticos por mor dun incremento das pernoctacións -4,4 puntos nos primeiros e 3,1 puntos nos segundos-. Mellora tamén no segmento do turismo rural, en 1,3 puntos, por mor dun descenso suave da oferta dispoñible nun contexto de estabilidade da demanda. No lado contrario descende o nivel de ocupación nos cámpings en 0,7 puntos- e nas pensións en 2,4 puntos neste caso-. Os hoteis son a modalidade de aloxamento que rexistran o nivel de ocupación máis elevado, cun 68,1% de media neste mes. Pola contra son as pensións e os cámpings as que amosan a cifra máis baixa, con preto do 40% en ambos casos. 80,00% 60,00% 40,00% 20,00% 0,00% -20,00% -40,00% -60,00% -80,00% % Ocupación nos Establecementos Regrados. Verán 2017/16 68,13% 57,43% 39,77% 39,74% 45,13% 4,37 3,14 1,33-0,71-2,40 HOTEIS PENSIÓNS APTOS. TURÍSTICOS CÁMPINGS TURISMO RURAL 6,00 4,00 2,00 0,00-2,00-4,00-6,00 Var. Int. Ocupac. 17/16 % Ocupación

RENDIBILIDADE HOTELEIRA As tarifas hoteleiras en Galicia soben neste verán, un 4,8% en particualr, situándose en 65,9 euros de media. A mellora dos niveis de demanda e ocupación neste período, acontecida nun contexto de incremento dos prezos hoteleiros, permite aos establecementos hoteleiros da comunidade incrementar os niveis de rendibilidade en relación ao verán pasado o RevPAR sobe un 10,1% ata situarse en 40,8 euros de ingreso medio por habitación dispoñible-. Os bos resultados en termos de ingreso e rendibilidade hoteleira proveñen, por tanto, dunha mellora dos niveis de demanda auspiciada por un incremento das tarifas hoteleiras en relación ao pasado ano. 12,0% Ocupación, ADR e RevPAR Hoteleiro. Verán 2017 1 8,0% 6,0% 4,0% 10,1% 2,0% 5,1% 4,8% Var. Ocupación Var. ADR Var. RevPAR

RENDIBILIDADE HOTELEIRA O sector hoteleiro de Galicia acumula cinco anos consecutivos de mellora dos seus niveis de rendibilidade durante o período estival. Logo das caídas rexistradas no bienio 2011-12 o RevPAR hoteleiro recupera en 2013 a senda positiva con crecementos continuados do 4,1% nese ano, do 4,5% en 2014, do 18,3% en 2015, do 6,4% en 2016 e do 10,1% agora en 2017. Esta tendencia positiva vén como consecuencia de dous efectos positivos: mellora dos niveis de ocupación nun contexto de certo crecemento das tarifas hoteleiras ou ADR que soben tamén de forma variable nos últimos catro anos-. 2 Variación da Ocupación, ADR e RevPAR Hoteleiro. Verán 2012-17 15,0% 1 5,0% 6,4% 5,5% 1,5% 10,1% 5,1% 4,8% -5,0% -1-15,0% Verán 12 Verán 13 Verán 14 Verán 15 Verán 16 Verán 17 Var. Ocupación Var. ADR Var. RevPAR

RENDIBILIDADE HOTELEIRA En termos absolutos, combinando a mellora dos niveis de demanda e ocupación nun contexto de crecemento das tarifas hoteleiras, estímase que o sector hoteleiro xerou neste verán preto de 100 millóns de euros de ingreso total por habitación ocupada, cifra que supera nun 10,3% o dato do mesmo período do pasado ano. Son case dez millóns de euros de incremento do ingreso total en relación ao verán de 2016. Os ingresos totais do sector hoteleiro soben de forma consecutiva nos cinco últimos anos un 3,2% no verán de 2013, un 4,7% en 2014, un 16,1% en 2015, un 8,1% en 2016 e un 10,3% agora en 2017- recuperando e mesmo superando os niveis perdidos en anos anteriores. Ingreso total por habitacións ocupadas no segmento hoteleiro. Verán 2012-17 120.000.000 100.000.000 80.000.000 60.000.000 40.000.000 20.000.000 0 99.705.586 90.369.989 83.607.905 71.982.807 66.603.661 68.723.120 16,1% 10,3% 8,1% 4,7% 3,2% Verán 12 Verán 13 Verán 14 Verán 15 Verán 16 Verán 17 2 18,0% 16,0% 14,0% 12,0% 1 8,0% 6,0% 4,0% 2,0% Var. Ingreso Total Ingreso Total

TURISMO INTERNACIONAL - FRONTUR No ámbito do turismo internacional existe unha fonte específica que mide o volume e características deste segmento da demanda: FRONTUR. Segundo esta operación neste verán visitaron Galicia preto de 413 mil turistas estranxeiros, cifra que inclúe a aqueles que se aloxan en establecementos regrados e non regrados e que segundo o INE experimentou un incremento do 20,5% en relación ao 2016. O 81% visitou a nosa comunidade por Vacacións/Ocio, segmento que destaca sobre os restantes considerados un 8,5% fíxoo por motivos persoais mentres que un 11,7% visitou Galicia por outras razóns-. O excursionismo internacional, procedente na súa meirande parte de Portugal en particular o 91%-, estímase en 702 mil persoas neste período un 18% menos que no pasado ano 2016-. Turismo internacional en Galicia. FRONTUR Verán 2017 8,3% Verán 17 Var. 2017/16 Peso TURISTAS INTERNACIONAIS 412.876 20,5% 10 Vacacións / Ocio 333.600 22,5% 80,8% Persoal (Saúde, Familia, ) 35.296-11,0% 8,5% Resto motivos 43.980 44,4% 10,7% EXCURSIONISMO INTERNACIONAL 702.314-17,8% -

CAMIÑO DE SANTIAGO En relación co número de Compostelas que expide a Oficina do Peregrino obsérvase neste verán meses de xullo e agosto- un incremento do 6,0% en relación ao mesmo período de 2016 acadando unha cifra total de 105.149. Recupérase a tendencia de crecemento dos últimos anos logo do leve descenso rexistrado no verán pasado, circunstancia que leva a superar por vez primeira no período estival a cifra dos 100 mil peregrinos. Os dous grandes segmentos de mercado nacional e internacional- amosan tamén comportamentos positivos acadando ambos máximos históricos de volume neste ano con máis de 61 mil peregrinos españois e preto de 44 mil peregrinos estranxeiros. Evolución peregrinos en Galicia. Nº Compostelas Verán 2011-17 120.000 100.000 80.000 72.326 73.919 83.287 90.800 99.595 99.175 105.149 60.000 40.000 20.000 47.318 45.730 25.008 28.189 52.265 31.022 55.106 35.694 60.298 58.959 39.297 40.216 61.277 43.872 0 Veran 11 Veran 12 Veran 13 Veran 14 Veran 15 Veran 16 Veran 17 Nº Peregrinos Españois Estranxeiros

CAMIÑO DE SANTIAGO Tal como se comentou obsérvase un comportamento homoxéneo dos dous grandes segmentos segundo a procedencia aínda que de diversa intensidade. Sobe o volume de peregrinos españois un 3,9% ata acadar pouco máis de 61 mil e tamén a cifra de estranxeiros, un 9,1% neste caso, ata achegarse aos 44 mil. Por rutas destaca o Camiño Francés co 57% do total- por diante do Portugués con preto do 20%- e os restantes. En termos dinámicos obsérvase igualmente un comportamento parello mais con diversa intensidade. Increméntase neste verán a cifra de peregrinos do Camiño Francés, nun 2,5%, así como no conxunto das restantes rutas a Compostela un 18,6% en termos globais-. Evolución Peregrinos, por procedencia. Verán 2017/16 1 9,1% 9,0% 8,0% 7,0% 6,0% 6,0% 5,0% 4,0% 3,9% 3,0% 2,0% 1,0% Var. Peregrinos 17/16 Españois Estranxeiros 2 18,0% 16,0% 14,0% 12,0% 1 8,0% 6,0% 4,0% 2,0% Evolución Peregrinos, por rutas. Verán 2017/16 18,6% 6,0% 2,5% Var. Peregrinos 17/16 C. Francés Resto Camiños

CAMIÑO DE SANTIAGO Outro dos indicadores que se manexan na análise da demanda no Camiño de Santiago é o número de noites rexistradas na rede de albergues públicos do Xacobeo. Neste verán rexistráronse preto de 93 mil noites, cifra que descende nun 10,3% en relación ao mesmo período do pasado ano. A tendencia dos últimos anos amosa caídas consecutivas desde o 2012, a taxas variables, coa única excepción do leve incremento producido en 2013. Os descensos non son moi acusados mais sosteñen a dinámica negativa do número de noites en albergues públicos desde o 2010. Por rutas obsérvase certo mantemento do número de noites nos albergues públicos do Camiño Francés e, en cambio, unha notable caída no conxunto dos restantes camiños a Compostela do 22% neste caso-. 140.000 120.000 100.000 Evolución Noites en Albergues Públicos. Verán 2011-17 118.537 116.200 118.750 114.083 112.553 103.640 92.932-5,0% Variación Noites en Albergues Púbicos. Verán 2017/16-0,3% 80.000 60.000-1 -15,0% -10,3% 40.000 20.000-2 0 Verán 11 Verán 12 Verán 13 Verán 14 Verán 15 Verán 16 Verán 17 NOITES ALBERGUES PÚBLICOS -25,0% -21,9% Var. Noites 17/16 C. Francés Resto Camiños

CAMIÑO DE SANTIAGO No ámbito do Camiño Francés, en particular, e tomando en consideración as cifras aportadas polo INE, obsérvase neste verán un descenso tanto da cifra de viaxeiros aloxados coma das pernoctacións nos hoteis e pensións dos concellos presentes na ruta caen un 7,4% e 6,6% respectivamente en relación ao 2016-. Obsérvase iso si un comportamento dispar dos dous grandes segmentos de mercado: descende notablemente a cifra de viaxeiros españois aloxados no camiño un 15%- e increméntase, pola contra, o volume de viaxeiros estranxeiros un 4% neste caso-. No período estival son os españois maioría dentro dos establecementos hoteleiros do Camiño Francés representan o 54% do total-. O segmento dos estranxeiros supón neste caso o 46%. A caída da demanda provoca un descenso paralelo do nivel de ocupación de máis de dous puntos porcentuais, ata situarse no 5 Demanda Hoteleira no Camiño Francés. Verán 2017 VERÁN 2017 Var. Int. 17/16 VIAXEIROS ALOXADOS 112.291-7,4% Españois 60.986-15,1% Estranxeiros 51.306 3,8% NOITES 120.121-6,6% ESTADÍA MEDIA 1,07 0,9% OCUPACIÓN (%) 5-2,6

TRÁFICO AEROPORTUARIO O tráfico global de pasaxeiros nos aeroportos de Galicia increméntase un 4,0% neste verán rexistrando preto de 980 mil no conxunto da comunidade. O incremento global da cifra de pasaxeiros vén como consecuencia da mellora rexistrada nos tres aeroportos, con diversa intensidade. Destaca en termos relativos a suba correspondente ao aeroporto de Peinador que supera nun 10,6% o tráfico de pasaxeiros do pasado ano. En A Coruña e Santiago o incremento é algo máis suave do 5,7% no primeiro e do 1,0% no segundo-. En termos absolutos o incremento supón a xeración de preto de 38 mil de pasaxeiros sendo Vigo e A Coruña os aeroportos que máis aportan ao crecemento global. Son catro anos consecutivos de crecemento do tráfico aeroportuario en Galicia no período estival. Tráfico aeroportuario en Galicia. Verán 2017 AEROPORTO Verán 17 Peso 17 Var. Int. 17/16 A CORUÑA 208.183 21,3% 5,7% SANTIAGO DE COMPOSTELA 543.451 55,6% 1,0% VIGO 225.764 23,1% 10,6% GALICIA 977.398 10 4,0%

TRENS TURÍSTICOS Nos trens turísticos de Galicia rexistráronse neste verán, concretamente de xuño a agosto, un total de 1.440 viaxeiros, superando nun 28,9% a cifra do mesmo período do pasado ano. Tendo en conta a oferta dispoñible, con 39 trens en total nas 8 rutas deseñadas, obtense un elevado nivel de ocupación neste ano en concreto, sitúase no 84,2% de ocupación media, cifra que supera en 19 puntos o dato do pasado ano cando se ocuparan o 65,3% das prazas ofertadas-. A ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra son as que presentan maior volume de viaxeiros así como a mellor porcentaxe de ocupación, co 100% en ambos casos. Viaxeiros e ocupación nos Trens Turísticos de Galicia. Xuño-Agosto 2017 TRENS TURÍSTICOS Faros Pazos Lamprea Rías Baixas Ribeiro Ribeira Sacra Monter. Valdeor. TOTAL VERÁN 17 Var. 17/16 Nº TRENS 12 4 1 5 2 6 3 6 39 VIAXEIROS 360 179 41 157 81 300 102 220 1.440 28,9% OCUPACIÓN 10 89,5% 82,0% 62,8% 81,0% 10 68,0% 73,3% 84,2% 18,9 ptos.

OUTROS INDICADORES Segundo datos facilitados pola Dirección Xeral do Patrimonio Natural, de xaneiro a agosto deste ano 2017 rexistráronse preto de 249 mil visitantes nos parques naturais de Galicia Fragas do Eume, Corrubedo, O Xurés, Aloia, Lastra e Invernadoiro-. Só no mes de agosto a cifra achégase aos 65 mil visitantes. Máis da metade dos visitantes estimados rexístranse nas Fragas do Eume. No Parque Nacional das Illas Atlánticas a cifra de visitantes ata o mes de xullo supera levemente os 220 mil.

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO En termos de emprego no sector turístico en particular nas ramas de Hostalería e Axencias de Viaxeobsérvase un incremento das afiliacións á Seguridade Social en relación ao pasado ano. Soben en concreto un 3,1% situándose a cifra media do verán en máis de 86 mil no conxunto da comunidade. Son catro anos consecutivos de incremento das afiliacións á Seguridade Social nas ramas citadas pasando dun promedio de preto de 77 mil no verán de 2013 a máis de 86 mil agora en 2017. A nivel desagregado obsérvase que o incremento das afiliacións prodúcese en todas as ramas consideradas. Soben nun 5,2% nos servizos de aloxamento, nun 2,5% nos servizos de restauración e nun 12,4% nas actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos e similares. 100.000 Evolución Afiliacións á Seguridade Social (Hostalería e Axencias de Viaxe). Verán 2013-17 5,0% 90.000 80.000 76.808 79.652 81.483 83.504 86.104 4,0% 70.000 60.000 3,0% 50.000 40.000 30.000 20.000 3,7% 2,3% 2,5% 3,1% 2,0% 1,0% 10.000 0 Verán 13 Verán 14 Verán 15 Verán 16 Verán 17 Var. 17/16 Afiliacións á S.S.

Balance do turismo en Galicia Verán 2017