PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-03

Documentos relacionados
Catalogo de Actividades de Ver

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-04

PROBA B (ORAL) CADERNO DO PERSOAL EXAMINADOR

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

Recomendacións para cursar un ciclo formativo polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

ACTIVIDADES. Ciclo Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas J.M. Paredes González

Centro terapeutico, cultural e educativo

Enquisa igualdade para a población eumesa

Guía de propostas didácticas para docentes SECUNDARIA, BACHARELATO, FP DE GRADO MEDIO E ENSINAS ESPECIAIS

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

propostade colaboración

Recomendacións para cursar un ciclo formativo polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia

EIXES TRANSVERSAIS EIXO DE ACCIÓN 5 SAÚDE E DEPORTE

celga 4 obxectivos lecer celga 4 lecer Tarefa final: preparar unha xornada de lecer para todo o grupo

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

O VOLUNTARIADO E A INMIGRACIÓN Inmigración, xuventude e Voluntariado

Campacontos Campacontos Obxectivos Persoas destinatarias Campacontos Características dos campacontos 1 Compoñentes: 2 Extensión e temática:

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

ITINERARIOS SMART CORUÑA SMART CITY

Protocolos e orientacións Casos

c o n m i c r o c h i p s

Recomendacións para cursar un ciclo formativo polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia

NORMAS PARA A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA

Educación, cultura e lecer

Emprego público. Artigo x. Modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO Rúa Fotógrafo Luis Ksado 17, of. 10 Teléf Fax VIGO - CIF G

Rúa Atalaia nº Porto do Son (A Coruña) CIF: P B Tlfno: Fax: ADHESIÓN REDE EUSUMO CONCELLO DE PORTO DO SON

MEMORIA DA ACTIVIDADE

introdución ao estudo de carnívoros

Campamentos, colonias y granjas-escuela

AS SECCIÓNS BILINGÜES A IMPLANTACIÓN DO PORTUGUÉS NO ENSINO REGRADO GALEGO

PROXECTO DE LECER NO VERAN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Xullo e Agosto 2012

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

6000 Modelo: C4/2008-2/A

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE A INCORPORACIÓN AO PROGRAMA ACTIVIDADES DE CAMPAMENTOS MODALIDADE "VERDE E AZUL"

2015] memoria de actividades

O CAMIÑO DE DOWN GALICIA

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

1º BAC MATERIAS OPTATIVAS

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

ACTIVIDADES MÓDULO II

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

PROGRAMACIÓN 2015 OUT-DEC

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Programa por un día

INDUSTRIA 4.0. PROXECTO DE CAPACITACIÓN EN TECNOLOXÍAS, METODOLOXÍAS OU TÉCNICAS RELACIONADAS COA. Organiza:

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

PROGRAMACIÓN NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS MÚSICA

Iso non se fai. Nesta unidade imos establecer as normas da nosa clase. Para iso, imos aprender:

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

TALLER DE PRESENTACIÓN. necesidades innovadoras

FAQ s Campaña antigripal 2014

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

PROXECTO DE LECER NO VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Xullo e Agosto 2014

C.S.I. CENTRO SOLIDARIO DE INVESTIGACIÓN: Buscando desperdicios

En TRASCOS celebraron el dia del Síndrome de Asperger- 18 de febrero de 2017.

Utilización do Software libre (SL) nos centros educativos

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

Visitas didácticas. Gaiás Cidade da Cultura

Fundación Refuxio de Animais

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

XADREZ XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS EN IDADE ESCOLAR

Asociación ONGD Mi Perú. Programa de actividades

CAMPAMENTOS. 1ª QUENDA: do 2 ó 13 de xullo (luns a venres). 1ª QUINCENA XULLO 2ª QUENDA: do 16 ó 30 de xullo (luns a venres).

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS DE NATACIÓN POLOS CLUBES E CAMPIONATOS GALEGOS

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

PROGRAMACIÓN XAN-MAR

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

espazoabalar Guía abalarmóbil

1. TEXTO NARRATIVO acontecementos personaxes espazo tempo historia argumento relato trama discurso tema

PROPOSTA BIBLIOGRÁFICA

Círculos de lectura crítica-gt. Observatorio Cidadán da Comunicación (OCC)

Sinala, nos dous capítulos, onde empezan e acaban este prólogo e este epílogo. En que momento se sitúan? É un tempo diferente ao da acción da novela?

Definición de Ejercicio

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

CONVOCATORIA DOS V PREMIOS BIOGA

Seminario de Planificación Empresarial

30X. Preparación. l A clase divídese en dous grupos "cortienses" e "fortureños", l Previamente á actividade, imprime e recorta suficientes

CRECEMENTO DA PLANTA

Curso Traballo Social e Demencias

DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5494

Programa. eduemprende. tem 1: identidad. módul 1. identidad

AULA DE PATRIMONIO. Programa pedagóxico para escolares CURSO ACADÉMICO

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C4-B-09

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

SIF: Servicios Integrais de Formación Telf.:

celga 4 obxectivos tecnoloxía celga 4 tecnoloxía Tarefa final: redacción dun artigo de opinión sobre novas tecnoloxías

introdución ao estudo de carnívoros

1. Sinala a opción ou opcións que che parezan máis correctas e razoa, en cada caso, a túa elección.

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

Transcripción:

(ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-03

PARTE 1 (Texto escrito) Lea o texto que ten a continuación. Tome as notas que precise. Campamentos, colonias e granxas escola Ao remate do curso escolar e ante a imposibilidade de contratar unha persoa para o coidado dos pequenos durante estes meses por razóns económicas, de falta de confianza ou de horarios, cada vez é máis habitual que os dous membros da parella alternen as súas vacacións para que o pequeno teña como referente a un dos seus pais. Outra alternativa, de maior éxito e máis atraente, é a que se plasma na crecente oferta de campamentos e colonias de verán. As colonias son unha opción segura e cómoda, especialmente para os máis pequenos, xa que a diferenza dos campamentos, o aloxamento realízase na propia casa do neno, hoteis, escolas ou albergues preparados para acoller grupos numerosos. Colonias urbanas. Son as máis solicitadas nos últimos anos. Amais de seren a alternativa máis económica, supoñen unha excelente elección para os nenos máis pequenos (poden acudir a partir de tres anos) e para os pais que non se queren afastar dos seus fillos durante o verán. Funcionan igual ca un centro escolar. Abren as súas portas cara ás nove da mañá (algunhas inclúen a comida) e péchanas sobre as seis da tarde, e as actividades non difiren demasiado das demais opcións: hainas deportivas, ambientais, musicais, de pintura, de teatro, de idiomas, de maxia, etc. Campamentos de verán. De características semellantes ás colonias, pero neles os nenos conviven en tendas de campaña instaladas en espazos naturais, de acordo á súa filosofía de que os nenos estean en contacto coa natureza. Por iso, aínda que sen esquecer os idiomas e outras materias artísticas e deportivas, teñen especial relevancia as actividades relacionadas co medio, como a observación da flora e da fauna da zona ou as excursións e os itinerarios ecolóxicos. Granxas escola. Orientadas ao coñecemento da vida rural, representan unha combinación entre unha colonia e o campamento, porque aínda que se pasa a noite en edificios (camas), estase en pleno contacto coa natureza. Os programas combinan as actividades lúdicas e formativas cos labores propios do medio rural: traballo no campo, elaboración artesanal de útiles e alimentos (xabón, pan, queixo, manteiga...) e coidado dos animais e da horta.

Ofertas temáticas para todos os gustos: Artísticas: son as colonias dedicadas a unha única materia, normalmente de carácter artístico, como a música, o teatro, a danza, o cinema, a fotografía, a maxia etc. Deportivas: orientadas para os mozos que queiran gozar duns días en contacto co mar, a praia e os deportes náuticos. Vela, windsurf, snórkel, piragüismo, natación, fútbol, baloncesto, atletismo... As posibilidades de practicar un deporte son moitas e variadas. O requisito é que os nenos teñan os sete anos. Ambientais:son colonias situadas en zonas rurais. Os nenos teñen a oportunidade de coñecer en persoa a flora e a fauna da zona, mentres realizan talleres, excursións, visitas culturais e aprenden a coidar o medio. Tampouco esquecen a práctica deportiva (sendeirismo, natación, orientación etc.). Indicadas para nenos a partir de 7 anos. Multiaventura: Esta oferta aumenta cada verán. Os mozos pódense iniciar, en pleno contacto coa natureza, na práctica de deportes de aventura como descenso en canoa, tiro con arco, ráfting, escalada, ráppel, hípica etc. Para apuntarse abonda con ter feitos os sete anos. De idiomas: adoitan ser un combinado de todas as anteriores (multiaventura, deportivas, artísticas), ás que se engade a inmersión no idioma, en moitos casos compartindo clases e lecer con nenos de diferentes países. Unha opción válida para os nenos que xa teñan seis anos. As colonias deben converterse nun espazo de diversión e educación para os nenos, e de axuda e tranquilidade para os pais. Estes deben sopesar os intereses do neno, os seus gustos, habilidades, preparación física e madureza antes de o enviar a un destes centros de diversión e educación alternativa. Con independencia do ámbito privado ou público, dunha metodoloxía ou outra, as colonias de verán e mais os campamentos e as granxas escola, complementan o proceso de formación regulada que reciben os nenos nos seus centros educativos durante o curso escolar. Ao mesmo tempo concíbense como un espazo idóneo para que nenos e novos convivan con outros rapaces e rapazas da súa idade, e gocen do seu tempo libre dunha forma creativa, participativa e enriquecedora.

PARTE 2 1. BENVIDA E PREGUNTAS DE CONTACTO PERSOAL 1 minuto aprox. Como se chama? A que se dedica? De onde é? Fale un pouco da súa cidade/vila/aldea... Canto tempo leva estudando galego? Por que o estuda? Que lle gusta facer no tempo libre? Que afeccións ten? (Se procede) Que lle gusta máis da cultura galega? Que diferenzas atopa entre a cultura galega e a súa? 2. RESUMO 3 minutos aprox. Faga un resumo do contido do texto. En que consiste un campamento de verán? Que tipos de actividades se poden realizar nestes campamentos? Cales son as modalidades máis demandadas? Como son? 3. EXPOSICIÓN 4 minutos aprox. Realice unha exposición acerca da seguinte afirmación: A. Os pais deben sopesar os intereses do neno, os seus gustos, habilidades, preparación física e madureza antes de envialo a un destes centros de diversión e educación alternativa. B. As colonias de verán, os campamentos e mais as granxas escola complementan o proceso de formación regulado que reciben os nenos nos seus centros educativos durante o curso escolar. C. Ao remate do curso escolar, debido a razóns económicas e por falta de conciliación entre a vida laboral e familiar, cada vez é máis habitual que os dous membros da parella alternen as súas vacacións para que o pequeno teña como referente a un dos seus pais. D. As colonias débense converter nun espazo de diversión e de educación para os nenos, e de axuda e tranquilidade para os pais. 4. INTERACCIÓN 4 minutos aprox.

OPCIÓN A Os pais deben sopesar os intereses do neno, os seus gustos, habilidades, preparación física e madureza antes de envialo a un destes centros de diversión e educación alternativa. Vostede cre que son os pais ou os nenos os que deben elixir as actividades que van realizar nos campamentos? Por que? Cre que os rapaces hoxe en día participan máis nas decisións que afectan á súa educación? E que lle parece iso? Vostede asistiu a algún campamento deste tipo? o (Se si asistiu) Conte a súa experiencia. o (Se non asistiu) Que referencia ten destas actividades? OPCIÓN B As colonias de verán, os campamentos e mais as granxas escola complementan o proceso de formación regulado que reciben os nenos nos seus centros educativos durante o curso escolar. Vostede ve algunha diferenza entre a educación que recibiu vostede e a dos nenos de hoxe en día? Cal Parécelle positivo que os rapaces teñan tantas actividades na súa xornada diaria? Non pensa que o verán é unha época para pasalo ben e que os rapaces deberían estar xogando todo o tempo, sen obrigas? OPCIÓN C Ao remate do curso escolar, debido a razóns económicas e por falta de conciliación entre a vida laboral e familiar, cada vez é máis habitual que os dous membros da parella alternen as súas vacacións para que o pequeno teña como referente a un dos seus pais. Vostede cre que este tipo de actividades para rapaces durante as vacacións lles permite ás familias unha mellor conciliación da vida persoal e laboral? Coida que é necesario que durante as vacacións estea sempre presente unha figura familiar como referente para os nenos? Ocórreselle algunha outra opción para poder conciliar a vida persoal e profesional? OPCIÓN D As colonias débense converter nun espazo de diversión e de educación para os nenos, e de axuda e tranquilidade para os pais. Vostede pensa que nestes espazos os rapaces poden aprender algo ou tirarlle algún proveito ás vacacións? Cre que os pais deixan os rapaces nas colonias como única posibilidade para atendelos no verán? Considera que son lugares seguros para deixar un rapaz durante días ou horas?