AS ENERXÍAS RENOVABLES EN GALICIA

Tamaño: px
Comenzar la demostración a partir de la página:

Download "AS ENERXÍAS RENOVABLES EN GALICIA"

Transcripción

1 AS ENERXÍAS RENOVABLES EN GALICIA As fontes de enerxía son os recursos naturais que se empregan para o desenvolvemento da economía dun país: para producir a electricidade que ilumina as cidades e fogares, para mover os transportes e os sistemas de comunicación, para a industria etc. Son, polo tanto, uns recursos moi importantes e o seu consumo vai en aumento nas sociedades máis desenvolvidas. Podemos diferenciar dous tipos de fontes enerxía: As fontes de enerxía non renovables, son aquelas que se esgotan polo seu uso. Proceden dos combustibles fósiles, como o carbón, o petróleo e o gas natural y de minerais radioactivos, como o uranio, que se emprega na enerxía nuclear. Son as máis empregadas no mundo, pero son moi escasas e resultan caras, especialmente para aqueles países que non as producen. Ademais son moi contaminantes, provocan o deterioro ambiental e producen rexeitamento social nos grupos defensores do medio ambiente. As fontes de enerxía renovables ou alternativas, son aquelas que non se esgotan polo seu uso. Empréganse fundamentalmente para producir electricidade. Contaminan pouco e producen escaso impacto ambiental, por iso tamén se denominan enerxías limpas ou verdes. Son moi diversificadas e empregan os recursos naturais de cada rexión: a forza do vento, da auga, do mar, da Terra, do Sol e dos residuos orgánicos producidos. A súa produción e o seu consumo é cada vez maior dende hai uns anos. Así, podemos diferenciar: o Enerxía hidráulica, a que emprega a forza da auga dos ríos contida nos encoros. o Enerxía eólica, a que se move coa forza do vento. o Enerxía solar, a que utiliza as radiacións do Sol. o Enerxía obtida da biomasa. o Enerxía xeotérmica, que aproveita a calor interna da o Terra, que ascende en forma de Roda do muíño (enerxía hidráulica). fontes termais e geysers. Enerxía maremotriz, a obtida a partir do movemento das mareas. Na produción de enerxía eléctrica en Galicia destaca a participación deste tipo de enerxías: máis do 50% procede de centrais abastecidas por estas fontes de enerxía renovables. A máis significativa é a eólica, con máis de 150 parques eólicos, seguida da hidráulica, con grandes centrais hidroeléctricas e minicentrais que empregan as auga dos ríos galegos. Galicia conta con amplos recursos enerxéticos renovables. Os aproveitamentos hidráulicos sempre tiveron un gran peso na xeración eléctrica da Comunidade e, tradicionalmente, tamén 1

2 se aproveitou a biomasa para usos térmicos, pero dende hai anos, a tecnoloxía eólica é a que está cada vez máis presente na produción de electricidade. A 2

3 ENERXÍA EÓLICA A enerxía eólica é aquela que procede do vento, foi un tipo de enerxía empregada dende a antigüidade para mover as aspas dos muíños e as velas dos barcos. Actualmente emprégase para mover os aeroxeneradores ou máquinas que converten a enerxía mecánica en electricidade mediante un xerador eléctrico. Así pois, o aproveitamento da enerxía eólica ten como obxectivo a transformación da enerxía cinética do vento en enerxía eléctrica. Os aeroxeneradores máis empregados son os de eixe horizontal e de tres aspas, aínda que tamén hai outros tipos de aeroturbinas de eixe vertical e con dúas palas. Os aeroxeneradores agrúpanse formando parques eólicos, situados en emprazamentos de elevado potencial eólico. Normalmente están situados en terra firme, pero tamén poden estar en plataformas fondeadas no mar. É un tipo de enerxía limpa que contribúe á conservación de medio natural, dado que non emite gases nocivos para a capa de ozono e contribúe a frear o efecto invernadoiro. Parque de produción de enerxía eólica. A causa principal do movemento do aire é a diferenza de presión atmosférica, que en última instancia depende das radiacións solares. Galicia, pola súa situación xeográfica, é unha zona óptima para instalación de parques eólicos. O réxime dos ventos en Galicia está definido pola circulación xeral atmosférica e polos efectos locais xerados pola complexidade orográfica do seu terreo. No inverno, a entrada de frontes procedentes do océano Atlántico orixina ventos de dirección suroeste, que son constantes e fortes. No verán, o anticiclón das illas Azores, entra en forma de cuña en Galicia, orixinando ventos de dirección nordeste, en xeral máis suaves, pero en ocasións tamén moi enerxéticos. Para a súa instalación, os promotores realizan estudos específicos sobre as velocidades do vento, a topografía do territorio, os obstáculos próximos etc. A ENERXÍA HIDRÁULICA É aquela que aproveita a forza da auga. Tradicionalmente foi aproveitada a enerxía das canles dos ríos para a súa transformación en enerxía mecánica, empregada para moer o gran. Posteriormente estes usos foron derivando cara ás denominadas centrais hidroeléctricas, que levaban a cabo a transformación en enerxía eléctrica para o autoconsumo e paulatinamente a súa incorporación á rede eléctrica. As centrais hidroeléctricas son unhas instalacións que aproveitan a forza da auga dos ríos, retida en presas, para deixala saír pouco a pouco a través dunha turbina. Esta xera un movemento continuo conectado a un xerador que transforma a enerxía cinética en enerxía eléctrica. É unha enerxía renovable, porque non consome auga senón que só aproveita a súa forza en movemento. Debido ás condicións climáticas de Galicia, a enerxía hidráulica é, dende hai décadas, unha das 3

4 principais fontes de enerxía da Comunidade, tendo gran importancia a produción eléctrica a partir dela. Pódense diferenciar varios tipos de centrais: as de encoro, que acumulan auga para a súa posterior utilización en xeración eléctrica; as fluíntes, que xeran electricidade de forma continua, a medida que existe caudal dispoñible e sen acumulación; e as de bombeo, que bombean a auga a niveis superiores, nos momentos de excedentes de electricidade, para posteriormente aproveitala en situacións de elevado consumo eléctrico no sistema. Presa nun río. E segundo a potencia instalada, diferéncianse as grandes centrais hidroeléctricas de máis de 10 MW e as minicentrais, aquelas cunha potencia de menos de 10 MW. 4

5 A ENERXÍA SOLAR É a que se obtén das radiacións solares. O Sol é una fonte de enerxía para todos os seres vivos na Terra. A enerxía solar é a forma máis ecolóxica e limpa de explotar os recursos naturais, contribuíndo á redución de emisións contaminantes á atmosfera. A potencia das radiacións solares varía en función da altitude, a latitude, as condicións atmosféricas, as estacións etc. Para recoller as radiacións solares empréganse paneis ou colectores solares, que a transforman e enerxía solar térmica ou en enerxía eléctrica (enerxía solar fotovoltaica). As instalacións de enerxía solar térmica son utilizadas para o quecemento de fluídos, normalmente auga, para obtención de auga quente sanitaria, a climatización de piscinas e a calefacción de edificios. A enerxía solar fotovoltaica transforma a radiación solar en enerxía eléctrica mediante paneis fabricados a partir de elementos semicondutores, principalmente o silicio. Existen dous tipos de instalacións fotovoltaicas: as illadas da rede eléctrica e as conectadas á rede eléctrica convencional. No primeiro caso empréganse para a electrificación de vivendas illadas, iluminación de rúas e estradas, sinalización de aeroportos, equipos de telecomunicacións etc. Nos conecta- Enerxía solar fotovoltaica. dos á rede eléctrica convencional, a enerxía xerada é inxectada á rede para a súa distribución posterior, contribuíndo á redución do consumo doutras fontes enerxéticas convencionais. O aproveitamento deste tipo de enerxía en Galicia está pouco desenvolvido. Non entanto, as condicións naturais son favorables, especialmente nas Rías Baixas e no sueste da provincia de Ourense, onde se rexistran as mellores condicións: maior número horas de sol e ceos despexados. Alemaña é a maior potencia mundial na instalación de plantas de enerxía solar fotovoltaica, e ten un índice menor de radiación solar que o rexistrado en Galicia. Estas condicións están contidas no Atlas da Radiación Solar elaborado por Meteogalicia, por encargo do goberno galego. Nel recóllense datos obtidos por satélites nos últimos 23 anos e os valores observados nos 75 observatorios meteorolóxicos galegos. O estudio identifica as Rías Baixas como a zona galega con maior potencial para o A insolación en Galicia. 5

6 desenvolvemento da enerxía solar, así como a parte máis oriental da provincia de Ourense. A proximidade á costa, no primeiro caso, favorece tamén as condicións da atmosfera, menos turbia e con maiores niveis de insolación, polo que se deduce que o aproveitamento deste recurso resulta viable aquí e representa unha opción enerxética ao alcance de todos. A BIOMASA. UNHA ENERXÍA A POTENCIAR A biomasa é un tipo de enerxía renovable que procede da materia orgánica creada polas plantas durante o proceso da fotosíntese. A enerxía química da biomasa pódese recuperar mediante a queima directa, aínda que tamén se pode transformar en combustible mediante procesos físicos ou químicos nos que se perde algo da enerxía útil total. En Galicia, a gran variedade de materiais incluídos no concepto de biomasa, pode agruparse en tres tipos: biomasa forestal e cultivos enerxéticos, biogás e biocarburantes. Biomasa forestal e cultivos enerxéticos: as condicións climáticas de Galicia fan que este tipo de enerxía teña gran potencial. Tradicionalmente aproveitouse a biomasa a nivel doméstico como fonte de enerxía térmica, pero nos últimos anos tamén se emprega para xeración de enerxía eléctrica. Entre a biomasa forestal pódese diferenciar a que procede dos sistemas forestais arborados e a que procede de residuos industriais da madeira, tamén moi abundantes en Galicia. Os cultivos enerxéticos obtéñense a partir de explotacións agrarias ou forestais co único obxectivo é obter biomasa. En todos os casos, a produción de enerxía térmica a partir da biomasa ten moita importancia en Galicia. 6

7 O biogás obtense a partir da descomposición da materia orgánica procedente dos residuos sólidos urbanos, das augas residuais e residuos de vertedoiros. E pode ser utilizado para a súa combustión tanto en caldeiras como en centrais de xeración eléctrica. Nos últimos anos puxéronse en marcha instalacións que aproveitan o biogás procedente da descomposición da materia orgánica en plantas de tratamento de residuos sólidos urbanos, como as de Nostián ou Biocerceda, e en vertedoiros, como o de Bens. Os biocarburantes son combustibles líquidos que poden substituír aos combustibles líquidos convencionais ou os seus aditivos. Obtéñense a partir da biomasa ou do cultivo dalgúns cereais. En Galicia prodúcese bioetanol, un combustible líquido que se pode utilizar de forma directa ou engadido á gasolina; e o biodiesel, que se utiliza mesturado ou puro en motores Diesel. A ENERXÍA XEOTÉRMICA A enerxía xeotérmica obtense de aproveitar o calor que existe no interior da Terra para xerar enerxía eléctrica, conseguir auga quente sanitaria, calefacción ou refrixeración. Esta enerxía calorífica maniféstase en forma de auga quente e vapor de auga baixo a superficie terrestre. Este tipo de enerxía renovable apenas crea residuos, o que contribúe é redución de emisións de gases nocivos á atmosfera, aínda que pode dar lugar a un deterioro da paisaxe, contaminación térmica ou de augas próximas á zona. En Galicia localízanse importantes recursos xeotérmicos nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, a temperaturas que poden chegar aos 130ºC. Estes xacementos foron explotados dende a antigüidade para establecementos de augas termais e balnearios. Planta de enerxía xeotérmica. 7

8 A ENERXÍA MAREMOTRIZ A enerxía maremotriz é aquela que se obtén dos mares e océanos. Estes teñen un gran potencial enerxético co que a humanidade espera obter electricidade e enerxía útil. Pero hoxe en día, a tecnoloxía está, en moitos casos, en etapas de investigación pouco desenvolvidas e, de momento, é pouco rendible. Aínda así, en Galicia, este tipo de enerxía presenta un gran potencial enerxético aproveitable, moi superior ao de outras rexións. O interese por esta fonte de enerxía dos mares e océanos motivou a realización de estudios, para posibilitar a súa implantación, de forma experimental, algún destes sistemas nas costas galegas. As posibilidades de aproveitamento son diversas, para o que se desenvolven Enerxía maremotriz. diferentes investigacións tecnolóxicas: a enerxía maremotriz: a que aproveita as forzas gravitatorias que se producen entre a Lúa, a Terra e o Sol; a enerxía das ondas, producido polo movemento das ondas mariñas; e a enerxía das correntes mariñas que percorren os océanos. 8

C.- As fontes de enerxía

C.- As fontes de enerxía C.- As fontes de enerxía C.1.- Que son as fontes de enerxía? C.2.- Usa a información das páxinas 148 e 150 para facer un esquema clasificando as fontes de enerxía segundo a súa duración e a importancia

Más detalles

A ENERXÍA. Natureza, fontes,tipos. Enerxias renovables, non renovables. A calore e temperatura. Pepe

A ENERXÍA. Natureza, fontes,tipos. Enerxias renovables, non renovables. A calore e temperatura. Pepe A ENERXÍA Natureza, fontes,tipos. Enerxias renovables, non renovables. A calore e temperatura. Pepe Natureza da enerxía Movemento No caso dun barco, prodúcese grazas á enerxía que lle subministra un motor.

Más detalles

Enerxía solar fotovoltaica illada

Enerxía solar fotovoltaica illada Enerxía solar fotovoltaica illada Instalacións que transforman a radiación solar en enerxía eléctrica, mediante paneis fotovoltaicos, para o seu consumo illado da rede de distribución. Todos (particulares;

Más detalles

TEMA 8: OS ESPAZOS DO SECTOR PRIMARIO

TEMA 8: OS ESPAZOS DO SECTOR PRIMARIO TEMA 8: OS ESPAZOS DO SECTOR PRIMARIO A.-O ESPAZO RURAL O espazo rural é o territorio non urbanizado da superficie terrestre no que se desenvolven as actividades agrícolas, gandeiras e forestais do ser

Más detalles

Sector consiste en actividades

Sector consiste en actividades Tema 4.- O sector secundario (1): a minaría, a enerxía e a construción. As actividades do sector secundario. Sector consiste en actividades Primario Secundario Terciario Sector económico que abrangue as

Más detalles

ESCENARIO ENERXÉTICO DE GALICIA: AFORRO E EFICIENCIA Emérito Freire Sambade Director Departamento Enerxía e Planificación

ESCENARIO ENERXÉTICO DE GALICIA: AFORRO E EFICIENCIA Emérito Freire Sambade Director Departamento Enerxía e Planificación ESCENARIO ENERXÉTICO DE GALICIA: AFORRO E EFICIENCIA Emérito Freire Sambade Director Departamento Enerxía e Planificación 1. REFLEXIÓNS O noso modelo social está baseado nunha utilización intensiva da

Más detalles

Todo aquelo que se emprega na produción de bens e servizos

Todo aquelo que se emprega na produción de bens e servizos Todo aquelo que se emprega na produción de bens e servizos Terra Traballo Capital Factor terra Proveñen da natureza. Concepto tradicional TERRA Concepto actual RECURSOS NATURAIS Terreos cultivables Terreos

Más detalles

O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas

O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas Enquisa social 2008: fogares e medio ambiente NOTA DE PRENSA O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas O IGE

Más detalles

Enerxías non renovables

Enerxías non renovables Enerxías non renovables Forma de obtención de enerxía Vantaxes Inconvenientes Centrais térmicas de combustibles fósiles: Son centrais empregadas na xeración de enerxía eléctrica a partir da enerxía liberada

Más detalles

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx ) C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx. 98-101) C.1.- Que son os factores de produción? Indica cales son. Os factores de produción son os recursos básicos que utilizan as empresas para levar a cabo a súa actividade

Más detalles

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Enerxía, Medio Ambiente, Servizos e Loxística

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Enerxía, Medio Ambiente, Servizos e Loxística PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Enerxía, Medio Ambiente, Servizos e Loxística Resumen resultados GT5 16 10 09 02 06 04 INTERLOCUTORES CUESTIONARIOS DE CIENCIA CUESTIONARIOS DE EMPRESA MESAS

Más detalles

A ACTIVIDADE ECONÓMICA

A ACTIVIDADE ECONÓMICA A ACTIVIDADE ECONÓMICA I.- ACTIVIDADE ECONÓMICA. 1. Concepto: Conxunto de actividades que o ser humano realiza para satisfacer as súas necesidades, tanto básicas ( alimento, vestido, vivenda, enerxía,

Más detalles

Informe climatolóxico ano 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2008

Informe climatolóxico ano 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2008 Informe climatolóxico INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 28 Nota: Revisouse o informe o día 16/9/29 Informe climatolóxico 1. Resumo climatolóxico e sinóptico O estivo marcado dende un punto de vista sinóptico por

Más detalles

XI Xornadas de Arquitectura Bioclimática Organiza : Colexio de Arquitectos de Galicia Delegación de Santiago. Dr. Manuel Vázquez Vázquez

XI Xornadas de Arquitectura Bioclimática Organiza : Colexio de Arquitectos de Galicia Delegación de Santiago. Dr. Manuel Vázquez Vázquez XI Xornadas de Arquitectura Bioclimática Organiza : Colexio de Arquitectos de Galicia Delegación de Santiago A RADIACIÓN SOLAR. NATUREZA. EFECTOS DA ATMOSFERA E OS MOVIMENTOS DA TERRA. DISPONIBILIDADE.

Más detalles

D.- Os elementos da paisaxe agraria

D.- Os elementos da paisaxe agraria D.- Os elementos da paisaxe agraria D.1.- Nomea os elementos principais de calquera paisaxe agraria. D.2.- Que se entende por poboamento rural e hábitat rural? Que modalidades de poboamento rural existen?

Más detalles

2. Situación actual Enerxía eólica Biomasa, biocombustibles e biogás Biomasa forestal e cultivos enerxéticos...

2. Situación actual Enerxía eólica Biomasa, biocombustibles e biogás Biomasa forestal e cultivos enerxéticos... Índice 1. Introducción... 2 2. Situación actual... 4 3. Enerxía eólica... 7 4. Biomasa, biocombustibles e biogás... 10 4.1 Biomasa forestal e cultivos enerxéticos... 10 4.2 Biogás... 11 4.3 Biocarburantes...

Más detalles

ELEMENTOS ELÉCTRICOS DE MT PARA VEHÍCULOS ELÉCTRICOS FUNDAMENTOS DE ELECTRICIDADE C. YOLANDA ESTALOTE BOUZAS

ELEMENTOS ELÉCTRICOS DE MT PARA VEHÍCULOS ELÉCTRICOS FUNDAMENTOS DE ELECTRICIDADE C. YOLANDA ESTALOTE BOUZAS Fenómeno de electrización. Por qué se produce? ÁTOMO NEUTRO ÁTOMO CON CARGA NEGATIVA ÁTOMO CON CARGA POSITIVA CORRENTE ELÉCTRICA MOVEMENTO DE ELECTRÓNS CIRCUÍTO ELÉCTRICO PRODUCIÓN DE ELECTRICIDADE Reacción

Más detalles

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega O INTERIOR DA TERRA 1. Aproximación descriptiva ao modelo en capas e dinámico do interior da terra. As capas: Codia. Manto. Núcleo. A Dinámica da terra. As Placas tectónicas. 2. A codia oceánica e a codia

Más detalles

OBXECTIVOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN CIENCIAS NATURAIS 1º ESO

OBXECTIVOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN CIENCIAS NATURAIS 1º ESO E CIENCIAS NATURAIS 1º ESO UNIDADE 1: A Terra no universo 1. Coñece-las características dos modelos xeocéntrico e heliocéntrico. 2. Sabe-las características fundamentais dos compoñentes do sistema solar.

Más detalles

Enerxías. non renovables

Enerxías. non renovables Enerxías non renovables Emilia Nogueiras Hermida e Carmen Cid Manzano Ciencias para o mundo contemporáneo I.E.S. Otero Pedrayo.. Departamento Bioloxía e Xeoloxía Enerxías non renovables Carbón Combustibles

Más detalles

Informe climatolóxico Mes de xaneiro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe climatolóxico Mes de xaneiro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XANEIRO 2010 1 1.- Resumo Mes normal ou húmido con dous períodos de tempo moi frío. O mes de xaneiro estivo marcado en xeral pola inestabilidade e os bruscos cambios de tempo.

Más detalles

INFLUENCIA DA ACTIVIDADE HUMANA NO MEDIO Páx. 125 (Páx.128 )

INFLUENCIA DA ACTIVIDADE HUMANA NO MEDIO Páx. 125 (Páx.128 ) INFLUENCIA DA ACTIVIDADE HUMANA NO MEDIO Páx. 125 (Páx.128 ) Selectividade: Exercicio teórico: Setembro 2012-Opción A Repercusións ambientais da acción humana: - Contaminación. - Cambio climático. - Pegada

Más detalles

Avance do informe climatolóxico outono 2014 AVANCE INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2014

Avance do informe climatolóxico outono 2014 AVANCE INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2014 AVANCE INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2014 ÍNDICE 1 INTRODUCCIÓN... 2 2 BALANCE DA TEMPERATURA E PRECIPITACIÓN NA OUTONO 2014 EN GALICIA.... 3 2.1. Temperatura... 3 2.2. Precipitación... 6 3 EVOLUCIÓN DA

Más detalles

ANEXO 2 DENUNCIA Á COMISIÓN EUROPEA/PARLAMENTO EUROPEO DA PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DE RESIDUOS EN GALIZA

ANEXO 2 DENUNCIA Á COMISIÓN EUROPEA/PARLAMENTO EUROPEO DA PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DE RESIDUOS EN GALIZA 1 ANEXO 2 DENUNCIA Á COMISIÓN EUROPEA/PARLAMENTO EUROPEO DA PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DE RESIDUOS EN GALIZA Cálculo da eficiencia enerxética da incineradora de SOGAMA Realizaremos o cálculo a través de tres

Más detalles

INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE SETEMBRO 2007 1.- Resumo Mes seco, con temperaturas diúrnas por riba da media. O mes de setembro estivo caracterizado polas situacións anticiclónicas, moi estables, que soamente

Más detalles

O RELEVO DE GALICI C A I

O RELEVO DE GALICI C A I O RELEVO DE GALICIA ÍNDICE Introdución. Galicia : situación xeográfica Formas do relevo: conceptos O relevo de Galicia : características xerais. Serras, chairas e depresións INTRODUCCIÓN. Galicia: situación

Más detalles

XEOGRAFÍA. O ser humano transforma o medio físico en función das súas necesidades e o seu desenvolvemento tecnolóxico. (Xeografía humana)

XEOGRAFÍA. O ser humano transforma o medio físico en función das súas necesidades e o seu desenvolvemento tecnolóxico. (Xeografía humana) XEOGRAFÍA Que significa? Representación e descrición da Terra Que estuda? O espazo xeográfico, que é o resultado das interrelacións entre o medio natural e o ser humano. O medio natural é unha fonte de

Más detalles

C.- Os factores condicionantes da actividade agraria

C.- Os factores condicionantes da actividade agraria C.- Os factores condicionantes da actividade agraria C.1.- Cales son os factores condicionantes da actividade agraria? (páx. 120 e 122) Os factores condicionantes das son: - Factores físicos: as teñen

Más detalles

MEMORIA TÉCNICA BOMBA DE CALOR

MEMORIA TÉCNICA BOMBA DE CALOR MEMORIA TÉCNICA BOMBA DE CALOR Núm. Expediente: IN421A Subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de

Más detalles

TEMA 9: OS ESPAZOS INDUSTRIAIS

TEMA 9: OS ESPAZOS INDUSTRIAIS TEMA 9: OS ESPAZOS INDUSTRIAIS 1.-IDEAS PREVIAS: A industria é unha actividade económica que transforma as materias primas en produtos semielaborados ou elaborados, utilizando unha fonte de enerxía. O

Más detalles

D.- AS ACTIVIDADES AGRARIAS 1.- Os usos do espazo rural

D.- AS ACTIVIDADES AGRARIAS 1.- Os usos do espazo rural D.- AS ACTIVIDADES AGRARIAS 1.- Os usos do espazo rural Os usos do espazo rural son aínda principalmente agrarios: agricultura, gandería e explotación forestal. A superficie ocupada por estes usos en España

Más detalles

Sistema de contas. Cadro macroeconómico de Galicia. Contas de bens e servizos, produción e explotación. Galicia

Sistema de contas. Cadro macroeconómico de Galicia. Contas de bens e servizos, produción e explotación. Galicia Sistema de contas Cadro macroeconómico de Galicia Contas de bens e servizos, produción e explotación. Galicia Contas de produción e explotación por ramas de actividade. Ano 2004. Datos provisionais 13

Más detalles

A sociedade da información. Tema 1

A sociedade da información. Tema 1 A sociedade da información Tema 1 As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) Denomínanse Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) ó conxunto de tecnoloxías que permiten a adquisición,

Más detalles

Informe climatolóxico Mes de maio 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe climatolóxico Mes de maio 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MAIO 2008 1 1.- Resumo Mes húmido en xeral, pero con temperaturas suaves O mes de maio estivo caracterizado en xeral pola presencia dun embolsamento de aire frío nas capas

Más detalles

Enerxías. non renovables

Enerxías. non renovables Enerxías non renovables Emilia Nogueiras Hermida e Carmen Cid Manzano Ciencias para o mundo contemporáneo I.E.S. Otero Pedrayo.. Departamento Bioloxía e Xeoloxía Enerxías non renovables Carbón Combustibles

Más detalles

A biomasa. Completar esta actividade débelles servir aos alumnos para: Poñer de relevo a biomasa como fonte de enerxía renovable.

A biomasa. Completar esta actividade débelles servir aos alumnos para: Poñer de relevo a biomasa como fonte de enerxía renovable. Introdución De todas as nosas fontes de enerxía é a máis antiga, é a que máis contribuíu ao desenvolvemento tecnolóxico da humanidade e, na actualidade, é a enerxía renovable que presenta unha das mellores

Más detalles

As empresas culturais en Galicia

As empresas culturais en Galicia 20/05/2014 As empresas culturais en Galicia DA CULTURA OBSERVATORIO DA CULTURA Web consellodacultura.org Twitter: @consellocultura Facebook: facebook.com/consellocultura Correo: medios@consellodacultura.org

Más detalles

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Silleda

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Silleda 22-24 marzo 2018 Feira Internacional de Galicia ABANCA - Silleda www.feiraenerxiagalicia.com II FEIRA DA ENERXÍA DE GALICIA A II Feira da Enerxía de Galicia, que terá lugar do 22 ao 24 de marzo, dará continuidade

Más detalles

FORESTAULA CURSOS ON LINE SOBRE SILVICULTURA E APROVEITAMENTOS FORESTAIS ACCIÓNS GRATUÍTAS COFINANCIADAS POLO FSE

FORESTAULA CURSOS ON LINE SOBRE SILVICULTURA E APROVEITAMENTOS FORESTAIS ACCIÓNS GRATUÍTAS COFINANCIADAS POLO FSE FORESTAULA CURSOS ON LINE SOBRE SILVICULTURA E APROVEITAMENTOS FORESTAIS ACCIÓNS GRATUÍTAS COFINANCIADAS POLO FSE FORESTAULA é unha iniciativa de COSE (Confederación de Organizacións de Silvicultores de

Más detalles

Necesidad de mejorar la eficiencia: Edificios Alumbrado Equipos etc

Necesidad de mejorar la eficiencia: Edificios Alumbrado Equipos etc Necesidad de mejorar la eficiencia: Edificios Alumbrado Equipos etc Necesidad de diversificar las fuentes de energía para la actividad portuaria Sostenibilidad Seguridad Necesidad de control & (inter)-

Más detalles

Plan Banda Larga. Lugo, xaneiro de 2015

Plan Banda Larga. Lugo, xaneiro de 2015 BL Plan Banda Larga Lugo, xaneiro de 2015 Índice 1. A banda larga 2. Situación de partida 3. Presentación do Plan 4. Logros acadados 3.1. Banda larga 3.2. Redes de 100 Megas 3.3. Novas altas 5. Próximos

Más detalles

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA Seguimento do indicador de risco de pobreza e exclusión social en Galicia 2009-2014 REDE GALEGA CONTRA A POBREZA (EAPN-Galicia) Outubro 2015 GALICIA TAXA AROPE (TAXA

Más detalles

INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MAYO 2007 1 1.- Resumo Mes moi variable, con bruscos cambios de temperatura e treboadas intensas O mes de maio foi extremadamente variable en Galicia con transicións rápidas

Más detalles

Tema1: Fuentes de energía renovables. Conceptos básicos

Tema1: Fuentes de energía renovables. Conceptos básicos Tema1: Fuentes de energía renovables. Conceptos básicos Asignatura: Sistemas electrónicos para fuentes de energía renovables Grupo de Tecnología Electrónica Departamento de Ingeniería Electrónica Escuela

Más detalles

EL SECTOR ENERGÉTICO DE GALICIA

EL SECTOR ENERGÉTICO DE GALICIA SUSTENTABILIDADE ENERGÉTICA NO ALTO MIÑO 2014-2020 EL SECTOR ENERGÉTICO DE GALICIA (HORIZONTE 2020) Ponte de Lima, 3 de octubre de 2013 1 1. DIAGRAMA DE FLUJOS ENERGÉTICOS DE GALICIA ENERXÍA PRIMARIA PERDAS

Más detalles

La Energía: Energías renovables

La Energía: Energías renovables La Energía: 1. Energía hidráulica. 2. Energía eólica. 3. Energía solar. 4. Energía geotérmica. 5. Energía del mar. 6. Biomasa. 7. Energía de los RSU 1. ENERGÍA HIDRÁULICA Llamamos energía hidráulica a

Más detalles

MINISTERIO DE ENERGÍA Y MINAS República de Guatemala

MINISTERIO DE ENERGÍA Y MINAS República de Guatemala MINISTERIO DE ENERGÍA Y MINAS Parque de Generación Eólica San Antonio El Sitio, Villa Canales, Guatemala LAS ENERGÍAS RENOVABLES EN LA GENERACIÓN ELÉCTRICA EN GUATEMALA Guatemala, agosto de 2016 www.mem.gob.gt

Más detalles

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XULLO DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XULLO DE 2018 RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XULLO DE 2018 ÍNDICE 1 INTRODUCIÓN... 3 2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES... 4 3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.... 6 4 TEMPERATURA... 10 4.1. Temperatura

Más detalles

MESA DA MADEIRA. I XORNADAS INTERNACIONAIS SOBRE O CASTIÑEIRO. OURENSE, 23 DE MAIO DE 2008.

MESA DA MADEIRA. I XORNADAS INTERNACIONAIS SOBRE O CASTIÑEIRO. OURENSE, 23 DE MAIO DE 2008. MESA DA MADEIRA. I XORNADAS INTERNACIONAIS SOBRE O CASTIÑEIRO. OURENSE, 23 DE MAIO DE 2008. O día 23 de maio de 2008, no marco das I Xornadas Internacionais sobre o Castiñeiro, reuníronse representantes

Más detalles

TEMA 9. La energía y el problema energético.

TEMA 9. La energía y el problema energético. TEMA 9. La energía y el problema energético. 1.La energía: necesaria y escasa Necesaria para el desarrollo económico. Es escasa y cara. Necesidad de medidas de ahorro y uso eficiente. El consumo eficiente

Más detalles

INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE NOVEMBRO 2007 1.- Resumo Mes seco, con chuvias soamente na terceira semana do mes O mes de novembro estivo caracterizado por terceiro mes consecutivo polo predominio de situacións

Más detalles

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016 I A Responsabilidade ocial mpresarial nas mpresas TIC de Galicia dición dita: Xunta de Galicia Presidencia Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Lugar: antiago de Compostela Ano

Más detalles

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas de Exposición itinerante Recursos naturais de Galicia A de creou unha exposición didáctica e itinerante para os centros preuniversitarios da nosa contorna que pon de manifesto a importancia dos recursos

Más detalles

Os maiores e as TIC ANO 2011

Os maiores e as TIC ANO 2011 SI Os maiores e as TIC ANO 2011 1 Índice I Introdución Páxina 3 2. II Os maiores e o uso de ordenador 5 III 3. IV Os maiores e o uso de Internet e comercio electrónico Os maiores e a Administración electrónica

Más detalles

Plan Banda Larga

Plan Banda Larga BL Plan Banda Larga 2010-2013 TÍTULO TEMA 1 INDICE 1. Situación de partida 2. Logros acadados 3. Presentación do Plan 4. A finais do Plan 5. Oficina do Plan Banda Larga 2 Situación de partida Inicialmente

Más detalles

OS FACTORES TERMODINÁMICOS

OS FACTORES TERMODINÁMICOS OS FACTORES TERMODINÁMICOS Son os responsables da circulación xeral atmosférica Sucesión de masas de aire que determinan os distintos tipos de tempo e clima. Está rexida: - en altura pola corrente en chorro

Más detalles

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos. Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos. ÍNDICE Poboación total 2016... 4 Poboación maior de 64 anos en Galicia.... 4 Poboación maior de 64 anos en A Coruña... 5 Poboación maior

Más detalles

30 junio - 2 julio de xuno - 2 xullo IV MONOGRÁFICO FORESTAL INTERNACIONAL PARA EL SUR DE EUROPA

30 junio - 2 julio de xuno - 2 xullo IV MONOGRÁFICO FORESTAL INTERNACIONAL PARA EL SUR DE EUROPA IV MONOGRÁFICO FORESTAL INTERNACIONAL PARA EL SUR DE EUROPA 30 junio - 2 julio de 2016 30 xuno - 2 xullo Centro de Formacion e Experimentacion Agroforestal de Sergude Boqueixon - Santiago de Compostela

Más detalles

A absorción de CO 2. no marco da xestión forestal sustentable en Galicia Xornada inaugural do proxecto Troco 2, 6 de xuño de 2018

A absorción de CO 2. no marco da xestión forestal sustentable en Galicia Xornada inaugural do proxecto Troco 2, 6 de xuño de 2018 A absorción de CO 2 no marco da xestión forestal sustentable en Galicia Xornada inaugural do proxecto Troco 2, 6 de xuño de 2018 Importancia dos sumidoiros de carbono na Lei de montes de Galicia A xestión

Más detalles

CERTIFICACIÓN EN GRUPO FSC

CERTIFICACIÓN EN GRUPO FSC GUÍA BÁSICA CERTIFICACIÓN EN GRUPO FSC CONTIDOS DA GUÍA 1. A CERTIFICACIÓN FORESTAL FSC... 1 2. O GRUPO PROMACER DE CERTIFICACIÓN FORESTAL PARA UXF... 1 3. MELLORAS NA XESTIÓN FORESTAL QUE PROPORCIONA

Más detalles

Selectividade: Exercicio teórico: Setembro 2014-Opción A diversidade é un dos trazos que identifica as condicións naturais de España

Selectividade: Exercicio teórico: Setembro 2014-Opción A diversidade é un dos trazos que identifica as condicións naturais de España Selectividade: Exercicio teórico: Setembro 2014-Opción A Factores da diversidade bioxeográfica. - Situación xeográfica e procesos naturais. - Acción antrópica. A diversidade é un dos trazos que identifica

Más detalles

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XUÑO DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XUÑO DE 2018 RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XUÑO DE 2018 ÍNDICE 1 INTRODUCIÓN... 3 2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES... 4 3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.... 6 4 TEMPERATURA... 10 4.1. Temperatura

Más detalles

Selectividade: Exercicio teórico:

Selectividade: Exercicio teórico: Selectividade: Exercicio teórico: Situación actual da industria en España. - Desafíos: problemas estruturais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía) e consecuencias da incorporación á Unión Europea. - Tendencias

Más detalles

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO UNIDADE DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO DO Informe paro rexistrado Maio 2010 ÍNDICE 1. Paro rexistrado no territorio do Pacto... 3 1.1.Evolución 2000 2010... 3 1.2. Estrutura do paro por sector... 4 1.3.

Más detalles

TEMA 2: ENERGÍA Y TRABAJO. Prof: David Leunda

TEMA 2: ENERGÍA Y TRABAJO. Prof: David Leunda TEMA 2: ENERGÍA Y TRABAJO Prof: David Leunda ENERGÍA CINÉTICA E c : energía cinética, Julio (J) m: masa, Kg. v: velocidad, v ENERGÍA POTENCIAL E p : energía potencial, Julio (J) m: masa, Kg. g: aceleración

Más detalles

Retos, prioridades e obxectivos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3 Galicia)

Retos, prioridades e obxectivos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3 Galicia) Retos, prioridades e obxectivos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia) Reto 1: Xestión innovadora de recursos naturais e culturais. Modernización dos sectores

Más detalles

FUENTES DE ENERGIA RENOVABLES

FUENTES DE ENERGIA RENOVABLES FUENTES DE ENERGIA RENOVABLES FUENTES DE ENERGIA RENOVABLES ENERGÍA HIDRÁULICA ENERGÍA BIOMÁSICA ENERGÍA MAREMOTRIZ ENERGÍA EÓLICA ENERGÍA SOLAR ENERGÍA GEOTÉRMICA FUENTES DE ENERGIA RENOVABLES Biomasa

Más detalles

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009 INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009 Secretaría de Emprego, Economía Social e Autoemprego do S. N. de CC OO de Galicia Elaborado por: Rede de Técnicos de Emprego Informe de paro N.º 36 / Decembro

Más detalles

Concello de Carballeda de Avia. Parque Medioambiental de Galicia

Concello de Carballeda de Avia. Parque Medioambiental de Galicia Parque Medioambiental de Galicia Un concello pequeno do rural Que pon en valor os seus recursos naturais A Realidade Tendencia á desaparición porque a viabilidade a longo prazo non é posible Falla de recursos

Más detalles

DECÁLOGO DE PRÁCTICAS AMBIENTAIS NAS DEPENDENCIAS DO CONCELLO DE FERROL

DECÁLOGO DE PRÁCTICAS AMBIENTAIS NAS DEPENDENCIAS DO CONCELLO DE FERROL DECÁLOGO DE PRÁCTICAS AMBIENTAIS NAS DEPENDENCIAS DO CONCELLO DE FERROL Saúda concelleiro O obxectivo deste decálogo e ratificar o noso compromiso como Administración co Medio Ambiente. Neste documento

Más detalles

INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA

INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA 2011-2012 Data edición: 10-04-2012 Resumo Estamos inmersos nun episodio de seca que comezou coa extraordinaria escaseza de precipitacións na primavera e inicio do verán

Más detalles

O ESTADO DA POBREZA SEGUIMENTO DO INDICADOR DE RISCO DE POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA

O ESTADO DA POBREZA SEGUIMENTO DO INDICADOR DE RISCO DE POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA O ESTADO DA POBREZA SEGUIMENTO DO INDICADOR DE RISCO DE POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA 2009-2015 EAPN Galicia. Rede Galega contra a Pobreza www.pobreza.gal http://www.eapn.es/ Este informe executivo

Más detalles

INFORME SOBRE O NIEPI (NÚMERO DE INTERRUPCIÓNS EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

INFORME SOBRE O NIEPI (NÚMERO DE INTERRUPCIÓNS EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011 INFORME SOBRE O NIEPI (NÚMERO DE INTERRUPCIÓNS EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011 1. ÍNDICES DE CALIDADE ELÉCTRICA 1.1 Definición de NIEPI 1.2 Calidade individual 1.3 Calidade

Más detalles

Comentario do plano urbano de Vitoria-Gasteiz

Comentario do plano urbano de Vitoria-Gasteiz Comentario do plano urbano de Vitoria-Gasteiz a) O casco antigo abarca a área urbanizada entre a orixe da cidade e o s.xix. O seu núcleo primitivo buscou un emprazamento defensivo sobre un suave outeiro,

Más detalles

HAY UN CONSUMO CRECIENTE DE ENERGÍA

HAY UN CONSUMO CRECIENTE DE ENERGÍA HAY UN CONSUMO CRECIENTE DE ENERGÍA ORIGEN DE LA ENERGÍA QUE UTILIZAMOS (Mtep: millones de toneladas equivalentes de petróleo) TODOS LOS ELECTRODOMÉSTICOS GASTAN ELECTRICIDAD LA ENERGÍA, ADEMÁS, HAY QUE

Más detalles

TEMA II- A DIVERSIDADE CLIMÁTICA

TEMA II- A DIVERSIDADE CLIMÁTICA TEMA II- A DIVERSIDADE CLIMÁTICA PREGUNTAS TEÓRICAS NA PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España. - Factores xeográficos: latitude, situación,

Más detalles

Evolución das emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia ( )

Evolución das emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia ( ) Evolución das emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia (1990-2011) A fonte dos datos referidos ás emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia recollidos nos seguintes gráficos

Más detalles

CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA

CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA Nome da organización: Nome da persoa de contacto: Data: 1. Benestar 2. Saúde 3. Vida (nale a/as área/s que corresponda)

Más detalles

termodinámicos que inflúen clima de España. - Factores xeográficos: latitude, situación, influencia do mar, relevo. - Factores termodinámicos: en

termodinámicos que inflúen clima de España. - Factores xeográficos: latitude, situación, influencia do mar, relevo. - Factores termodinámicos: en Factores xeográficos termodinámicos que inflúen clima de España. e no - Factores xeográficos: latitude, situación, influencia do mar, relevo. - Factores termodinámicos: en altura (Jet Stream) e en superficie

Más detalles

a auga dos ríos, mares, lagos, da transpiración vexetal evapórase, facendo que as masas de aire teñan unha porcentaxe de humidade.

a auga dos ríos, mares, lagos, da transpiración vexetal evapórase, facendo que as masas de aire teñan unha porcentaxe de humidade. Ciclo da auga 1. EVAPORACIÓN: a auga dos ríos, mares, lagos, da transpiración vexetal evapórase, facendo que as masas de aire teñan unha porcentaxe de humidade. 2. SATURACIÓN: esas masas de aire móvense

Más detalles

OS ELEMENTOS DO CLIMA. Selectividade: Exercicio práctico: Mapas de temperaturas e precipitacións medias.

OS ELEMENTOS DO CLIMA. Selectividade: Exercicio práctico: Mapas de temperaturas e precipitacións medias. OS ELEMENTOS DO CLIMA Selectividade: Exercicio práctico: Mapas de temperaturas e precipitacións medias. 1) A insolación e a nebulosidade A insolación é a cantidade de radiación solar recibida pola superficie

Más detalles

AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS

AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS INTRODUCIÓN Das familias galegas depende o 30% do consumo final de enerxía na nosa comunidade, sendo a enerxía a principal causante das emisións de

Más detalles

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE ABRIL DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE ABRIL DE 2018 RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE ABRIL DE 2018 ÍNDICE 1 INTRODUCIÓN... 3 2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES... 4 3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.... 6 4 TEMPERATURA... 10 4.1. Temperatura

Más detalles

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO UNIDADE DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO DO Informe paro rexistrado Abril 2010 ÍNDICE 1. Paro rexistrado no territorio do Pacto... 3 1.1.Evolución 2000 2010... 3 1.2. Estrutura do paro por sector... 4 1.3.

Más detalles

A PEGADA DE CARBONO NO SECTOR GANDEIRO GALEGO. María Rey Campos- AGACA

A PEGADA DE CARBONO NO SECTOR GANDEIRO GALEGO. María Rey Campos- AGACA A PEGADA DE CARBONO NO SECTOR GANDEIRO GALEGO María Rey Campos- AGACA Santiago, 6 de Xuño de 2017 Quentamento Global Pegada de Carbono O Cambio Climático ten a súa orixe no quentamento da atmosfera polos

Más detalles

Idade de pedra. Tradicionalmente vense dividindo esta Idade en:

Idade de pedra. Tradicionalmente vense dividindo esta Idade en: Idade de pedra. A Idade de Pedra é o período durante o cal os seres humanos crearon ferramentas de pedra. A madeira, os ósos e outros materiais tamén foron utilizados, mais a pedra (en particular o pedernal)

Más detalles

Balance Enerxético de Galicia, 2011 BALANCE ENERXÉTICO DE

Balance Enerxético de Galicia, 2011 BALANCE ENERXÉTICO DE BALANCE ENERXÉTICO DE GALICIA 2011 1 ÍNDICE 1. Introdución 2. Metodoloxía 3. Diagrama de fluxos enerxéticos 4. Enerxía primaria galega 5. Enerxía primaria importada 6. Enerxía primaria total 7. Transformación

Más detalles

Balance enerxético de Galicia

Balance enerxético de Galicia 2009 Balance enerxético de Galicia Edita: Instituto Enerxético de Galicia Consellería de Economía e Industria Xunta de Galicia Deseño: Rubine Red Co. Impresión: XXXX D.L.: C XXXX-XXXX Impreso en papel

Más detalles

CASTIÑEIROS XAPONESES E CHINESES DO PAZO DE LOURIZÁN

CASTIÑEIROS XAPONESES E CHINESES DO PAZO DE LOURIZÁN CASTIÑEIROS XAPONESES E CHINESES DO PAZO DE LOURIZÁN Estes castiñeiros asiáticos, resistentes á doenza da tinta, introducíronse no século pasado para facer cruzamentos co castiñeiro do país coa finalidade

Más detalles

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE DECEMBRO DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE DECEMBRO DE 2018 RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE DECEMBRO DE 2018 ÍNDICE 1 INTRODUCIÓN... 3 2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES... 4 3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.... 6 4 TEMPERATURA... 10 4.1.

Más detalles

Colectivo. Manifesto. Por unha nova política para o rural galego

Colectivo. Manifesto. Por unha nova política para o rural galego Colectivo Manifesto Por unha nova política para o rural galego Consideracións Previas (I) O noso colectivo ten como reclamacións fundamentais: Debate publico, sereno e profundo acerca das causas dos lumes.

Más detalles

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE AGOSTO DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE AGOSTO DE 2018 RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE AGOSTO DE 2018 ÍNDICE 1 INTRODUCIÓN... 3 2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES... 4 3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.... 6 4 TEMPERATURA... 10 4.1. Temperatura

Más detalles

Plan de Xestión e de Residuos Residuos Urbanos de Galicia

Plan de Xestión e de Residuos Residuos Urbanos de Galicia Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 RESULTADOS DO DIAGNÓSTICO DA XESTIÓN DE

Más detalles

As mulleres no Sector TIC. Ano 2017

As mulleres no Sector TIC. Ano 2017 As mulleres no Sector TIC. Ano 217 Edita: Xunta de Galicia Presidencia Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Lugar: Santiago de Compostela Ano: 217 Este documento distribúese baixo

Más detalles

IGAPE PLAN IMPULSA OURENSE 2012 (IG-100)

IGAPE PLAN IMPULSA OURENSE 2012 (IG-100) IGAPE PLAN IMPULSA OURENSE 2012 (IG-100) RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2012 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica polo que se modifican as

Más detalles

OE 4.3. Eficiencia enerxética como fonte de riqueza e resposta aos desafíos do cambio climático

OE 4.3. Eficiencia enerxética como fonte de riqueza e resposta aos desafíos do cambio climático 2.6.3. OE 4.3. Eficiencia enerxética como fonte de riqueza e resposta aos desafíos do cambio climático Europa, España e Galicia son fortemente dependentes do abastecemento enerxético exterior, cuestión

Más detalles

Capítulo. Ámbito do estudo ANÁLISE, PROSPECTIVA E PROPOSTAS FORMATIVAS NO SECTOR FORESTAL EN ESPAÑA

Capítulo. Ámbito do estudo ANÁLISE, PROSPECTIVA E PROPOSTAS FORMATIVAS NO SECTOR FORESTAL EN ESPAÑA Capítulo 4 Ámbito do estudo ANÁLISE, PROSPECTIVA E PROPOSTAS FORMATIVAS NO SECTOR FORESTAL EN ESPAÑA ÁMBITO DO ESTUDO 4.1. ÁMBITO XEOGRÁFICO O estudo comprende o territorio nacional. De todas as posibles

Más detalles

A previsión para 2010 é chegar a 6 novos concellos e ampliar as instalacións en 2 dos xa existentes.

A previsión para 2010 é chegar a 6 novos concellos e ampliar as instalacións en 2 dos xa existentes. O INEGA PROMOCIONA O USO DA BICICLETA COMO MEDIO DE TRANSPORTE INFORMACIÓN DOS SISTEMAS EN FUNCIONAMENTO INFORMACIÓN DAS EMPRESAS INSTALADORAS PARTICIPACIÓN DO INEGA E CRITERIOS DE COLABORACIÓN FINANCIACIÓN

Más detalles

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE. A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE. Fomento da dedicación exclusiva ao servizo público É un dos puntos do acordo de Goberno da Xunta de Galicia

Más detalles

3ª parte. O SECTOR PRIMARIO

3ª parte. O SECTOR PRIMARIO 3ª parte. O SECTOR PRIMARIO Enténdese por sector primario aquel sector da economía dun país que abrangue o conxunto das actividades que se basean na obtención de bens procedentes da natureza e que non

Más detalles