RISCOS E PROBLEMAS AMBIENTAIS.

Documentos relacionados
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEC02. Código. Proba de. Química. Páxina 1 de 12

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teńen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.

O Sol como fonte de calor

UNIDAD 3: LAS C APA P S F LU L IDA D S DE L A T I T ERRA

Non á incineración de residuos

LAS REGIONES NATURALES DE ESPAÑA.

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

QUÉ ES LA CONTAMINACIÓN AMBIENTAL?

AULA DA NATUREZA DE CABO UDRA

Convocatoria ordinaria de 2012

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

CIENCIAS DE LA TIERRA Y MEDIOAMBIENTALES Ejercicios Bloque 2: La atmósfera. Preguntas de aplicación:

TEMA 2 LA DIVERSIDAD CLIMÁTICA EN ESPAÑA

Ciencias da terra e ambientais

Tiempo de precipitaciones y nevadas a finales de otoño

Sector 2º: 22% Poboación por sectores económicos dos continentes (%)

TEMA 1: LOS SERES VIVOS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio CMPS003. Código. Proba de. Ciencias sociais. Páxina 1 de 10

La Tierra y la Energía Externa

TEMA 5 LOS DOMINIOS CLIMÁTICOS EN ESPAÑA. I Los principales tipos de clima y sus características II La distribución geográfica de los climas de España

1. EL PLANETA TIERRA: RASGOS FÍSICOS BÁSICOS (EL RELIEVE, OCÉANOS, MARES Y AGUAS CONTINENTALES, Y LA DINÁMICA ATMOSFÉRICA).

Unidade 4: Pneumática

ENERXÍA HIDRAÚLICA. COMPOÑENTES DUNHA CENTRAL HIDROELÉCTRICA

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

El Sol es la principal fuente de energía de la Tierra, para qué sirve esta energía?:

ECOSISTEMAS ANTES LA LLEGADA DEL HOMBRE

Cambio climático y energías alternativas. Economía del hidrógeno.

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

COÑECEMENTO DO MEDIO 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. A) Obxectivos xerais do curso e competencias (temporalizados por avaliacións).

Tema 1.EL MEDIO FÍSICO

Una empresa con vocación de servicio

Os sistemas operativos (S. O.)

El clima de la Península Ibérica

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

Qué es la atmósfera? Es una capa gaseosa, que es la que nos protege y nos da oxígeno

COLECCIÓN DE MAQUETAS ARTESANAIS DO CRE DE PONTEVEDRA

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

ÍNDICE PRESENTACIÓN 11

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo

PROGRAMA DE CTM CURSO 2013/14

Las fuentes de energía se clasifican de 3 maneras distintas:

GEOGRAFÍA 2º Bat. Tema 2º Tiempo y Clima

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB03. Código. Proba de. Física. Páxina 1 de 11

EL PLANETA TIERRA. Está formado por materiales que se encuentran en los tres estados físicos: Gases nobles. Vapor de agua. Dióxido de carbono

COMPOSICIÓN DE LA ATMÓSFERA (EL AIRE )

UNIDAD 2: LA TIERRA COMO PLANETA

Bloque 1: Nuestra identidad. Bloque 2: Nuestro entorno. Bloque 3: Nuestro medio. REPASO PRIMER SEMESTRE DE SOCIALES. TERCER GRADO DE ELEMENTARY.

Características climáticas del trimestre diciembre- febrero de 2012.

PAU XUÑO 2014 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL II

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEC03. Código. Proba de. Bioloxía. Páxina 1 de 9

Biodiversidad y cambio climático. Comisión n Nacional para el Conocimiento y Uso de la Biodiversidad (CONABIO)

LA SUPERFICIE TERRESTRE. LITOSFERA E HIDROSFERA 1. LA ESTRUCTURA EXTERNA DE LA TIERRA.

Materiales y procesos de construcción para una economía Baja en carbono. posibilidades de la ecoeficiencia en el sector

1º REALIZA LA LECTURA COMPRENSIVA EN CADA UNO DE LOS CONTENIDOS. 2º PRESTA ATENCION A LA LECTURA Y REALIZA LAS ACTIVIDADES PROPUESTAS EN TU CUADERNO.

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA

Formación Profesional. Contrastes curriculares dos títulos da Familia Profesional de Hostalería e Turismo de Galicia e Portugal

Tipo de clima: Oceánico.

Impactos del calentamiento global sobre los ecosistemas polares

PAU XUÑO 2014 XEOGRAFÍA

LA DINÁMICA INTERNA DEL PLANETA

RIESGOS NATURALES EN CHILE SEXTO BÁSICO

GEOGRAFÍA DE AMÉRICA Atmósfera

A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

Docentes y horarios. Teórico: Madeleine Renom: Practico: Natalia Gil:

ORIGEN DE LOS MARES Y OCÉANOS

UNIDAD 6: LA ATMÓSFERA TERRESTRE

Martha Delgado Peralta. Secretaria del Medio Ambiente Gobierno del Distrito Federal

1 Meteorología. Yamina Silva V. Yamina Silva V. 3 Meteorología Yamina Silva V. Meteorología. Yamina Silva V. Meteorología

PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA

Créditos totais Créditos (**) 24(*)

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA

El estudio físico de España

Tecnoloxía industrial

DOCUMENTOS. Carta de Florencia-Xardíns Históricos. Preámbulo. Definición e obxectivos. ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios)

Ciencias da Terra e Medioambientais

CMUS Profesional de Viveiro

formativos de de grao grao superior CSPC003 Código Proba de Matemáticas Páxina 1 de 12

EL SISTEMA CLIMÁTICO Y SUS COMPONENTES.

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

Introducción a las Observaciones Meteorológicas

EMPRESA FOC. Informe indicadores Xunta de Galicia Informe indicadores Xunta de Galicia

1. Formato da proba [CM.PC.001.Z]

Actividad III: Energías renovables y no renovables

Tipos de energías renovables: ventajas e inconvenientes.

AHORRA GAS PAGUE UNA VEZ Y AHORRE TODA SU VIDA EN SU FACTURA DE GAS

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

impide el paso de los rayos ultravioletas del Sol y de los rayos cósmicos. Además, los gases de la atmósfera cumplen importantes funciones para los

Los elementos del espacio geográfico. Francisco García Moreno

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

Prontuario de temas Ciencias Ambientales

Cambio Climático e Impacto en el País y la Región del Biobío. Jorge Jiménez del Rio, Ph.D. Centro de Ciencias Ambientales EULA-CHILE

Situación respecto a la meseta Nombre Situación Geográfica Interior de la meseta Montes detoledo

Transcripción:

RISCOS E PROBLEMAS AMBIENTAIS. 1 - Riscos naturais: l Son aqueles fenómenos da natureza que se desenvolven na estrutura interna ou externa da terra e que poden provocar catástrofes naturais. 1.1 - De orixe meteorolóxica. 1.1.1 - As inundacións : l É o risco natural máis frecuente dos que se producen en España. Normalmente están producidas pola gota fría, o rápido desxeo das neves, ou pola apertura dalgún encoro. Son máis graves se non hai vexetación, xa que esta retén parte da auga. Provocan perdas humanas, naturais, e materiais. Moitas veces serían evitables se non se construíra no leito seco dos ríos e se repoboasen con árbores os territorios. l As zonas máis perigosas son as cuncas do Douro, Guadalquivir, e Ebro e a fachada cantábrica e mediterránea (esta sobre todo no outono). 1.1.2 - As secas : l Están causadas pola escaseza prolongada de precipitacións. O impacto máis grande prodúcese na agricultura pero tamén nas vilas e cidades que sofren problemas de abastecemento. A seca debilita a vexetación e pode ser causa de desertización. Debido ó seu clima España presenta predisposición á seca no sur e sueste peninsular. l Para paliar este problema no século XX construíronse encoros e seguiuse unha política hidráulica de canalizacións e transvasamento. 1.1.3 - Ventos fortes : l Son pouco frecuentes agás en Fisterra e Xibraltar. Van asociados ás borrascas e provocan naufraxios e danos en portos e cidades, perdas na agricultura e nas vías de comunicación, e numerosos accidentes. 1.1.4 - Ondas de frío e temporais de neve: l Teñen a súa orixe nas masas de aire polar continental moi frío e as baixas temperaturas que se producen no inverno. Provocan graves consecuencias na agricultura e illamento das poboacións que vive na montaña. Afectan sobre todo ás zonas montañosas do norte e do interior peninsular. Deixan incomunicadas moitas poboacións xa que producen cortes nas comunicacións. 1 de 5

2 - Riscos naturais de orixe xeolóxica. 2.1 - Os sismos : l Son tremores de terra provocados polo movemento das placas tectónicas. España está situada na zona de contacto entre as placas africana e euroasiática polo que os sismos ou tremores de terra ameazan principalmente o sueste peninsular, na zona das cordilleiras Béticas. Así os terremotos máis destacados en España foron: O de Torrevieja en 1929, O de Arenas del Rey (Granada) en 1884, e o de Lorca (Murcia) no 2011. l De forma secundaria tamén existen tremores de terra nos Perineos e en Cataluña e están motivados polos movementos de asentamento da cordilleira que aínda non remataron. 2.2 - Os movementos de ladeira. l Son rápidos desprazamentos de grandes masas de terra ou de rochas pola ladeira dunha vertente. Son máis frecuentes despois dos temporais de choiva en zonas húmidas con fortes pendentes cubertas por unha vexetación que non suxeita suficientemente o solo, e en vertentes en cuxo cumio teñen lugar roturas de rochas. Aquí os fragmentos rotos rodan pola vertente e acumúlanse no lugar onde se suaviza a inclinación. 2.3 - A actividade volcánica : l Está limitada ás illas Canarias pola súa orixe volcánica. As illas máis afectadas son A Palma, Tenerife, e Lanzarote. Entre 1895 e a actualidade producíronse 114 erupcións volcánicas. A última na costa da illa de Hierro no 2011. l Na península Ibérica existen outros sectores en que tiveron lugar fenómenos volcánicos hoxe extinguidos son no cabo de Gata en Almería, no Campo de Calatrava en Cidade Real, e no Campo de Olot en Xirona. 3 - Repercusións ambientais da acción humana: contaminación, cambio climático e pegada ecolóxica. 1 l Na actualidade moitas actividades humanas levan consigo grandes e graves consecuencias sobre o medio ambiente. 3.1 - A contaminación: l A contaminación é unha das maiores consecuencias negativas que teñen as actividades humanas. Supón a introdución dunha substancia en cantidade suficiente como para provocar algún dano ou desequilibrio que pode ser prexudicial para a saúde, a seguridade ou o benestar da poboación ou para a vida vexetal ou animal. 1 Pregunta teórica. 2 de 5

l A contaminación clasificase segundo o medio ó que afecta polo que se pode distinguir entre: Contaminación atmosférica. Os principais contaminantes (en especial o dióxido de carbono) proceden de procesos de combustión en actividades de transporte, industrias, enerxía eléctrica e calefacción doméstica, así como da evaporación de disolventes orgánicos e das emisións de gases, que orixinaron un buraco na capa de ozono. Contaminación da auga. Xeralmente a contaminación de ríos, mares e augas subterráneas provén de verteduras e refugallos industriais (con presenza de metais e de augas con elevada temperatura) así como de augas residuais non tratadas procedentes do saneamento de vilas e cidades. As industrias españolas recoñecen oficialmente que cada ano verten máis de 1.200.000 toneladas de substancias contaminantes á auga. Contaminación do solo. Aparece logo da aplicación de insecticidas así como por filtracións ou roturas de canalizacións de augas residuais e produtos industriais. Os produtos químicos máis habituais son os derivados de petróleo, disolventes, insecticidas e metais pesados. Este tipo de contaminación está estreitamente relacionado co nivel de industrialización. A súa acción pode ser directa ou ben ao entrar en contacto con cursos de auga potable. l A contaminación tamén se pode clasificar en función do método contaminante ambiental. Así podemos distinguir entre: Contaminación química producida pola introdución de substancias potencialmente perigosas para a saúde a través dos alimentos, do aire ou da auga. Por exemplo, o uso excesivo de insecticidas agrícolas pode afectar os acuíferos e repercutir na saúde humana. Contaminación radioactiva. Derivada da dispersión de materiais radioactivos, como o uranio, usados en instalacións médicas ou de investigación, en reactores nucleares de centrais enerxéticas ou en probas atómicas. Un exemplo foi o accidente de 1986 en Chernóbil, Ucrania, e que se pensa que ten relación directa co aumento de cancros en Europa. Contaminación acústica. É a contaminación debida ao ruído provocado polas fábricas, os medios de transporte ou certas actividades de lecer. Pode provocar malestar, irritabilidade, insomnio e xordeira parcial. Contaminación térmica. Ten lugar no momento en que se modifica a temperatura do medio de forma prexudicial para a vida como, por exemplo debido, á vertedura de auga quente nun río pode provocar unha gran mortaldade de peixes. Contaminación electromagnética. É a producida a partir das radiacións xeradas por equipos electrónicos e por instalacións eléctricas. Ademais de crear problemas nos aparellos eléctricos e na transmisión de datos, pode afectar a saúde humana como as antenas de telefonía móbil que, segundo estudos recentes, agravan as enfermidades das persoas que viven cerca. Contaminación lumínica. Refírese ao resplandor de luz difundido no ceo nocturno e producido pola luz artificial procedente das cidades, dos vehículos e doutras infraestruturas e obriga a moitas especies animais e vexetais a cambiar os seus hábitos nocturnos. 3 de 5

Contaminación visual. Prodúcese cando a abundancia, o desorde ou o tipo de elementos que se encontran na paisaxe deterioran a súa estética. Esta contaminación créanos malestar e afecta a nosa calidade de vida. l Segundo un estudo de Greenpeace, en España a contaminación ten unha relación directa coa incidencia de enfermidades e a mortalidade: No noso país morren prematuramente 16.000 persoas ó ano por efecto da contaminación atmosférica. Iso supón dez veces máis que a mortalidade que producen anualmente os accidentes de tráfico. Ademais, nas zonas máis industrializadas determinadas enfermidades coma o cancro, tamén inciden de forma de forma máis intensa. Por último, 4.000 traballadores morren cada ano pola exposición a substancias químicas e máis de 33.000 enferman pola mesma causa. l A delimitación e limpeza das zonas contaminadas son tarefas que consumen moito tempo e diñeiro por iso a actual lexislación española incorpora o delito ecolóxico a través do que se pode condenar,mesmo con prisión, ós que contaminen de xeito reiterado e consciente. 3.2 - O cambio climático: l É a modificación que sofre o clima co paso do tempo. Sobre o clima inflúen moitos fenómenos: a órbita da Terra, o tipo e cantidade de insolación, a composición da atmosfera, a disposición dos continentes, e as correntes mariñas. Ao longo da historia do noso planeta estes fenómenos foron variando de forma natural, así que sempre existiron cambios climáticos. l Os seres humanos tamén inflúen no cambio climático. Durante moitos séculos a súa influencia foi moi reducida pero nos últimos anos aumentou de xeito alarmante. As accións máis importantes sobre o clima son: Aumento do efecto invernadoiro: a enerxía solar quenta o solo terrestre, que devolve unha parte (un 37,5%) desa enerxía ao espacio exterior mentres que o resto retéñena os gases das capas superiores da atmosfera, producindo o seu quentamento. É o que se chama efecto invernadoiro xa que funciona igual que os cristais dun invernadoiro de xardinaría pero esta vez desenvolvéndose de forma natural: de aí o nome e o paralelismo. De feito, sen este efecto a temperatura media na Terra sería duns -22ºC: os océanos poderían conxelarse e a vida humana sería imposible tal como a coñecemos agora. Grazas ao efecto invernadoiro, a temperatura media é de 14ºC. O preocupante é que nos últimos tempos a proporción dos gases que provocan este efecto (CO2, metano e clorofluorcarbonatos ou CFC, entre outros) aumentou moito de xeito que tamén aumentou a temperatura da atmosfera, empezando así un proceso de quentamento global temperatura da terra. O aumento global da temperatura ten un efecto directo nos océanos. Desde o ano 1960 a temperatura media dos océanos aumentou 0,1ºC, pero as augas do océano Antártico fixérono en 0,2ºC. Iso, unido ao aumento da temperatura do aire, fai que se provoque o desxeo de grandes placas xeadas nas zonas ártica e antártica, así como tamén o dos glaciares terrestres. As predicións indican que, se non cambian as condicións, antes do ano 2050 o volume de xeo dos glaciares diminuiría en máis de 60%. O desxeo estimado de Groenlandia é duns 240 km3 ao ano. O aumento de temperatura dos océanos afecta ós 4 de 5

ecosistemas mariños e ó ritmo e forza das correntes e a súa influencia non continentes. Algúns científicos aseguran que o incremento na forza de furacáns e tifóns e a virulencia de certas tormentas tamén é debido a estas alteracións térmicas. A subida do nivel do mar tamén afecta ás zonas baixas costeiras que sofren máis inundacións e se pensa que algunhas poden desaparecer baixo o océano, como exemplo Cádiz. l Hai quen minimiza as causas e os efectos do quentamento global e do cambio climático, argumentando que a natureza, por ela mesma, provoca tamén episodios de quentamento global (debido ás erupcións volcánicas que lanzan á atmosfera millóns de toneladas de carbón e gases) e de cambio climático (a Terra observou períodos glaciares con anterioridade). Pero a diferenza é que agora a causa esencial é a acción humana e que o ritmo acelerado impide á natureza a rexeneración natural dos gases e a adaptación ás novas circunstancias. l En España corenta e seis observatorios de entre os cincuenta situados nas capitais provincias detectaron un aumento de 1,63ºC de media anual no período 1971-2008. No que se refire á precipitación invernal (a que ten maior capacidade de xerar recursos hídricos aproveitables) neste mesmo período amosa un descenso do 34,3%, mentres que o número de días de neve baixa nun 41%. Pola contra, dáse unha alza sen excepción no número de días con temperatura media maior de 15ºC, o que indica unha tendencia ao aumento das vagas de calor, tanto en frecuencia coma en severidade. 3.3 - A pegada ecolóxica l É un indicador ambiental que mide o efecto das actividades dunha comunidade humana sobre o seu contorno. O seu obxectivo consiste en avaliar o impacto sobre o planeta dun determinado modo de vida. Na actualidade os seres humanos consumen máis recursos e xeran máis refugallos dos que o planeta pode xerar e admitir. Como exemplo está a pegada ecolóxica dos españois, cada habitante necesita como media 6,4 ha de territorio para satisfacer os seus consumos e absorber os seus residuos, que é case o triplo do que España se pode permitir. 5 de 5