MANUAL DE USUARIO DA APLICACIÓN DE XESTIÓN DE AVISOS DE AVISTAMENTO DE VESPA VELUTINA

Documentos relacionados
INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

espazoabalar Guía abalarmóbil

Guía rápida de consulta do Recadro da declaración da Renda do ano anterior

FAQ s Campaña antigripal 2014

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

CAMPAÑA ANTIGRIPAL 2017 Preguntas Frecuentes (Hospitais da rede do SERGAS)

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

espazoabalar Guía abalarmóbil

MANUAL BÁSICO DE MANEXO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA SGIC-STO, PARA ELABORACIÓN DO INFORME DE SEGUIMENTO DE TÍTULOS 2015 (CURSO 2014/15)

Catálogo de servizos ÍNDICE DE CONTIDOS

MANUAL BÁSICO DE MANEXO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA SGIC-STO

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil

Mapa comercial de Santiago de Compostela Manual de usuario

Instrucións para a presentación electrónica de solicitudes do procedemento IN408A

SOLICITUDES DE CURSOS

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

MANUAL DA APLICACIÓN MÓBIL DE MONDARIZ BALNEARIO

Meu Eido ÍNDICE DE CONTIDOS

MANUAL BÁSICO DE MANEXO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA SGIC-STO

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

Editar (podedes consultar ademáis o manual de OJS en

VALIDACIÓN DE SINATURAS DIXITAIS EN DOCUMENTOS PDF

Como buscar no catálogo?

Aplicación para Administradores de Predios e Xestorías

Creación dunha entidade con período contable distinto ao ano natural

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

O servidor do centro

Asistente web para a solicitude

Biblioteca ÍNDICE DE CONTIDOS

Información e instrucións para realizar solicitudes web

MU Presentación da Solicitude. v.0.2

SIFO. Rexistro Telemático

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

Guía do Usuario: Comprobación de CSV

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

ITINERARIOS SMART CORUÑA SMART CITY

CAMBIOS DE GRUPO 2018/19

Buzón de sinatura ÍNDICE DE CONTIDOS

Manual de usuario Estudantes

GUÍA RÁPIDA PARA REUNIÓNS VIRTUAIS (VIA WEB) Para participar nunha reunión virtual só é necesario unha conexión a internet de

GUÍA PARA FACER BUSCAS DE NORMATIVA MINERVA

MANUAL DO BIBLIOTECARIO

Guía buscar revistas-e

3.1- Introduce a concreción curricular de infantil do teu centro:

GUÍA DE INSCRICIÓN AOS CURSOS DO CNTG. Para localizar un curso pode optar por calquera das seguintes opcións:

INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR O BAREMO E ASIGNAR AS PRAZAS Curso 2018/2019

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Admisión a ciclos de Formación Profesional

Conexión á rede Wifi edu.xunta.es: Instrucións

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

MANUAL DE INTERCAMBIO-CONTRATO DE ESTUDIOS. ALUMNO. Unixest-SIE

Manual Xade. Procesos: Grupos. CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Secretaría Xeral

MANUAL BÁSICO PARA PASAR FALTAS E NOTAS NA APLICACIÓN DE XESTIÓN XADE WEB

SISTEMA DE LICITACIÓN ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (SILEX)

1.- Acceso 2.- Crear Conta 3.- Escribir no Blog. 5.- Perfil de Usuario

SISTEMA DE LICITACIÓN ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (SILEX)

Fondo de Acción Social. Manual do usuario da aplicación de xeración de solicitudes

MANUAL DE RESERVAS ONLINE

ÍNDICE 1. INTRODUCCIÓN Á APLICACIÓN REQUISITOS MÍNIMOS PARA TRABALLAR COA APLICACIÓN MANTEMENTOS... 12

MANUAL DE PUBLICIDADE

MANUAL DE PUBLICIDADE

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

Guía de configuración de Adobe Acrobat Reader para SDX-II Consellería de Facenda da Xunta de Galicia

1. Identificación para editar

NORMATIVA SOCIAL MEDIA

PUBLICAR CONTIDOS NA WEB DO CENTRO

INSTRUCCIÓNS PARA OS CADROS DE CERTIFICACIÓN DE ASISTENCA E AXUDAS INDIVIDUAIS DE ACTUACIÓNS

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

Manual de usuario. Usuarios do CIM. Aplicación para a Xestión de Centros de Información á Muller Elaborado por Amtega

SOLICITUDE DE PAGAMENTO DA AXUDA A REDUCIÓN DA PRODUCIÓN DE LEITE

Introducción. Como cubrir os modelos paso a paso: Modelo de "ASISTENCIA A FORMACIÓN (FOLLAS COMPRESIVAS DAS HORAS DEDICADAS AO PROGRAMA)"

Guía do Usuario: Portasinaturas

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

COMO CREAR UNHA BASE DE DATOS EN BASE DE LIBREOFFICE

Introducción. Como cubrir os modelos paso a paso: Modelo de "FOLLAS DE ASISTENCIA A FORMACIÓN" Cadro que engloba as horas teóricas (considéranse tamén

Notifica.gal - Cliente web de remesas

Como conectar terminais non abalar á wifi abalar do centro

Uso avanzado do buscador Google

Guía de comprobación de requisitos e solución a problemas comúns nas Oficinas Virtuais

Creación dunha entidade

Guía de comprobación de requisitos e solución a problemas comúns nas Oficinas Virtuais

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

"CERTIFICADO DE ASISTENCIA A FORMACIÓN"

Configuración dun cliente Mozilla Thunderbird

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

MANUAL DE USUARIO - REDE WIFI DO CONCELLO DE LUGO INTRODUCCIÓN

AUTORIZACIÓN DE ACCESO A É-SAÚDE A TERCEIRAS PERSOAS (Acceso delegado)

LIÑAS TEMPORAIS DIPITY. Miguel Mourón Regueira

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS DA XUNTA DE GALICIA (RXC)

SISTEMA DE LICITACIÓN ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (SILEX)

ORGANIZAN PARTICIPANTES

AXUDAS POSDOUTORAIS- XUNTA DE GALICIA 2018 PROCEDEMENTO PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Axenda e libreta de direccións: acceso remoto

Transcripción:

MANUAL DE USUARIO DA APLICACIÓN DE XESTIÓN DE AVISOS DE AVISTAMENTO DE VESPA VELUTINA Versión def1 _01/06/2016

ÍNDICE 1.- INTRODUCIÓN... 1 2.- ACCESO Á APLICACIÓN E ESTRUTURA BÁSICA... 1 3.- ADMINISTRAR AVISOS (LISTAS DE AVISOS)... 2 4.- EDICIÓN DE FICHAS DE AVISO... 3 5.- A MIÑA CONTA... 10 a. Teléfonos... 11 b. E-Mail... 12 c. Contrasinal... 14 Índice

1.- INTRODUCIÓN Este manual de usuario para a Aplicación de xestión de avisos de avistamento de Vespa velutina recolle as diferentes accións posibles permitidas para un usuario básico. Descríbese todo o proceso para a recepción de avisos, a recollida da información que poda obterse froito das conversas telefónicas cos alertantes e as actuacións realizadas en cada visita de campo. Deste xeito, a través da consulta dunha ficha de aviso correctamente actualizada na aplicación, terase a opción de visualizar unha importante cantidade de información sobre a xestión global do aviso. Así mesmo inclúese información sobre a xestión da conta individual de cada usuario nesta aplicación (teléfonos, e-mail e contrasinais) 2.- ACCESO Á APLICACIÓN E ESTRUTURA BÁSICA Unha vez dado de alta o usuario, este recibirá no enderezo electrónico facilitado, un aviso onde se lle indica o seu usuario e contrasinal para poder acceder á aplicación a través da web www.controlvelutina.com. O usuario poderá modificar o contrasinal na propia aplicación unha vez que entre na mesma, segundo se sinala no punto 5.c deste manual. Unha vez na aplicación, esta permite as seguintes xestións principais no tratamento dos avisos: Administrar avisos e Edición de ficha de aviso. Administrar avisos permite acceder á listaxe de avisos que o usuario teña asignados e realizar a procura dun aviso determinado, identificado polo seu código de aviso específico coa estrutura AV-V-XXXX, onde AV significa Aviso velutina, e XXXX o identificativo individual de cada un. Esta codificación a asigna automaticamente a aplicación informática desde o 012. A alta de avisos é dada sempre por parte do 012. Edición de ficha de aviso permite acceder a un aviso concreto e modificar ou actualizar os datos existentes nese aviso. Un usuario con permisos poderá acceder a un listado de avisos e as fichas de aviso individuais que lle foron asignados previamente. Ambos listados teñen a mesma visualización e as mesmas opcións. O que cambia é a acción a realizar por algúns dos enlaces e botóns. Páxina 1 de 14

3.- ADMINISTRAR AVISOS (LISTAS DE AVISOS) Esta pantalla amosa a totalidade dos avisos asignados para a xestión por un usuario determinado: A primeira fila horizontal da lista, utilízase basicamente para engadir filtros sobre os rexistros amosados e para localizar avisos concretos. Así pódense facer filtrados segundo: - Tipo de aviso : ataque de colmeas, detección avespas, detección de niños... - Especie Confirmada : aparece a especie de avespa involucrada (velutina ou otras) no caso de que algún técnico xa identificara a especie. - Estado do Aviso : se o aviso está pendente, ou ben como foi resolto: niño eliminado, imposible actuar... - Marcado : este estado indica que o niño está situado nunha zona inaccesible para a retirada, e informa sobre o ano en que os técnicos visitaron o citado lugar. Un 4 indica que foi atendido en 2014, un 5 en 2015, e así sucesivamente. Resulta importante este aspecto porque na maioría das situacións non ten sentido volver a visitar a un niño marcado salvo que algún aspecto relevante sobre o aviso mudase, posto que xa se verificou in situ a súa inaccesibilidade). Para volver a amosar todos os rexistros utilizarase o botón Limpar Filtro, situado na parte superior dereita. Os avisos amosados terán en conta o tipo de usuario que accede. Algúns tipos de usuario (os administradores da aplicación e coordinadores xerais do protocolo de control) poden ver todos os avisos, e outros (as distintas unidades de intervención) só os asignados ao propio usuario. As accións permitidas, situadas nos botóns da parte superior dereita, son as seguintes: Botón Limpar Filtro : limpa os criterios de busca e amosa todos os rexistros. Botón Busca Avanzada : permite buscar avisos filtrando por provincia, nome usuario ou nome alertante. Páxina 2 de 14

Premendo no botón Buscar, a lista filtrarase polos criterios establecidos. Botón Menú : volta ao menú de avisos. Situados á dereita de cada fila da lista de avisos: Icona do círculo azul: Este botón permítenos ver a información completa dun aviso/ficha aviso en modo de só lectura. Icona do lapis verde: Lévanos ao formulario de edición dun aviso/ficha aviso. Explicado no punto 4, apartados III,IV e V deste manual. Icona da aspa vermella: Elimina un aviso, preguntado antes se se está seguro de querer eliminalo. 4.- EDICIÓN DE FICHAS DE AVISO Unha vez rexistrado o aviso polo 012, cada entidade pode acceder á edición de cada aviso que lle fose asignado desde a lista de avisos (punto 3 deste documento). O formulario de edición da ficha de avisos é o seguinte: Pódese comprobar que na parte superior da pantalla de edición indícase o código do aviso que se está editando, para evitar cometer erros, neste caso o aviso AV-V 8749, o mesmo do exemplo amosado anteriormente. A pantalla de Xestión dos avisos consta de 5 pestanas: Páxina 3 de 14

I. CONTACTO CO ALERTANTE Dato obrigatorio. Esta información ten que ser completada pola entidade actuante unha vez se poña en contacto co alertante. Serve para rexistrar o día e hora no que se fixo contacto telefónico co alertante por parte da agrupación que xestionará o aviso, de xeito que permita valorar tempos de resposta, xestionar posibles reclamacións etc. II. DATOS ALERTANTE Son datos rexistrados polo 012. No campo Nome e apelidos rexístrase o nome do alertante O campo Teléfono do alertante é un campo obrigatorio que se recolle por medio do 012. Se non existe dato de teléfono, non se podería xestionar o aviso. Páxina 4 de 14

III. DATOS DO AVISO Son campos obrigatorios: Provincia, Concello, Parroquia, Lugar, Asignado a, Tipo de aviso, Estado do aviso, Marcado, Estado de xestión (se non se establece, figurará o valor por defecto NON APLICA ), GPS (UTM X) e GPS (UTM Y), (coordenadas que deberán estar dentro da Comunidade Autónoma de Galicia para permitir a gravación do editado), Visitado por e Confirmación de especie. Dento de Estado do aviso, están dispoñibles as seguintes opcións no despregable: - Pendente (estado por defecto, que implica que o aviso está por resolver) - Eliminado (indica que o niño foi retirado) - Imposible actuar (indica que cos medios dispoñibles non se puido tratar nin eliminar o niño) - Neutralizado (o niño recibiu tratamento insecticida u outros tratamentos, pero non se puido retirar) - Non procede actuación (deteccións de avespas sen niño, avisos de ataques a colmeas...) - Non velutina (avisos de especies distintas da Vespa velutina, e nese sentido sinalar que é interesante obter boa información do alertante, para evitar visitar niños de especies que non proceda atender). - Replicado (aviso reiterado; soamente debería existir un aviso por niño detectado,e polo tanto resulta interesante discernir estas réplicas, para evitar visitas improcedentes). Páxina 5 de 14

Páxina 6 de 14

Son campos non obrigatorios: - Lugar de emprazamento do niño: seleccionando no despregable. - Tipo de niño (con valor por defecto Secundario ) - Tamaño do niño (especificar diámetro en cm.) - Zona xeográfica (con valor por defecto) Non se indica cal é o valor por defecto. - Zona climática (con valor por defecto). Non se indica cal é o valor por defecto. - Zona forestal (con valor por defecto) Non se indica cal é o valor por defecto. No caso de que se seleccione como Zona forestal o valor forestal, aparecerá unha nova lista despregable coa especie forestal predominante. - Altitude (m) (referido á altitude en metros respecto ao nivel do mar do punto xeográfico, tomado co GPS) - Entidade confirmadora (nome do organismo que confirma esa identificación) - Data de confirmación, (data en que se confirma a especie) - Presenza de colmeares próximos (cando se risque esta opción, a aplicación abrirá un despregable para indicar a distancia dende o niño ás colmeas en Km.) - Altura de emprazamento do niño (m) (altitude estimada de situación do niño respecto do chan) - Observacións (onde se consignará aquela información relevante que poida servir de utilidade para a resolución do aviso, tanto a facilitada polo alertante, como a información achegada polos técnicos). Fotos: Opcionalmente pódense engadir ata 3 imaxes relacionadas co aviso, non podendo excederse os 10Mb/foto. Páxina 7 de 14

IV. DATOS VISITA Este apartado non é obrigatorio cubrir. Está pensado para rexistrar os datos da primeira visita realizada co gallo de atender o aviso, e entre outros, serve para verificar tempos de resposta, e completar información interesante para a xestión/resolución. No caso que introduzcamos unha Data de visita tamén haberá que sinalar a Hora da visita. Se non se introducen ambos datos, a información da visita non se gardará. Pódense deixar ambos campos en branco se non existira interese en rexistrar esa información, ou ben se simplemente non se realizou visita algunha (por exemplo cando se determinou que o aviso é unha replica, ou ben se se dispón de datos suficientes que indican que o niño é dunha especie distinta de velutina e non procede acudir ata o lugar). Nome avisador (interesante se durante a visita atende ao equipo de intervención unha persoa distinta ao alertante orixinal). Accesible medios 112 (ríscase cando se coñeza da existencia de medios dispoñibles do 112 na zona de influencia e con eles sexa posible acceder ata o niño con seguridade). Accesible pértega (cando se precise dunha pértega de grandes dimensións para tratar/retirar do niño e se estima que trasladando o citado equipo non é preciso mobilizar medios adicionais). Niño activo (resulta interesante valorar a actividade do niño no momento da visita. Os niños inactivos pertencentes á tempada anterior non supoñen ningún problema para as abellas, a poboación, nin para o ecosistema, xa que non se volven a empregar dun ano para outro. Esta información é valiosa sobre todo no caso de niños que resultan inaccesibles). Páxina 8 de 14

V. ELIMINACIÓN DO NIÑO Cando sexa necesario rexistrar datos relativos ao proceso de eliminación soamente serán obrigatorios os campos: Data de eliminación/neutralización Hora de eliminación/neutralización Persoal implicado: Se o persoal implicado é "Asociación de Apicultores", "Outros", GES ou Protección Civil (Asociacións de Voluntarios de Protección CIVIL (AVPC) ou outros grupos de protección civil), débese escribir o nome do colaborador no recadro de texto. Páxina 9 de 14

Son campos non obrigatorios: - Medio de eliminación: refírese ao sistema empregado para eliminar os restos do niño (incineración, autoclave, etc.). - Insecticida empregado: pódese sinalar o nome comercial do insecticida escollido. - Retirada do niño: indicarase se foi posible ou non a retirada. En caso afirmativo deberase sinalar a data de dita retirada. - Medidas de seguimento na zona: engadirase información sobre medidas especiais cando proceda: por exemplo a instalación dunha trampa adicional, etc... - Observacións: cadro de texto libre para incluír calquera dato que se estime importante rexistrar a efectos de completar o informe de actuación. - Non eliminación/neutralización: Habería que indicar unha pequena explicación xustificando por que non foi posible eliminar/neutralizar o niño (inaccesible por altura, inaccesible por maleza, non dispoñibilidade de medios...). Para informatizar todos os datos engadidos, empregarase a icona GARDAR. Se a aplicación detectase que algún campo obrigatorio non foi cuberto, indicará unha pequena mensaxe cos erros de ingreso na parte superior esquerda da pantalla, en cor vermello. Exemplo: Por favor corrixa os siguientes erros de ingreso: GPS (UTM X) non pode ser nulo. GPS (UTM Y) non pode ser nulo. 5.- A MIÑA CONTA Un usuario autorizado/logueado na aplicación, poderá realizar unha serie de accións situadas no menú horizontal da aplicación: Unha destas accións chámase A MIÑA CONTA. A través dela pódense modificar os datos relacionados coa conta de usuario: teléfono, e-mail, concellos asignados e contrasinal. Páxina 10 de 14

a. Teléfonos Premendo na pestana Teléfonos accederemos ao formulario de xestión dos teléfonos. Neste formulario amósase un listado de teléfonos asociados ao usuario. Existen 3 accións posibles a realizar: - Alta Teléfono: o botón Alta Teléfono situado na parte superior dereita, envíanos ao formulario de alta dun teléfono. O teléfono deberá ter 6 díxitos. Trátase dun campo obrigatorio. Unha vez cubertos os datos, o botón GARDAR asignará o teléfono ao usuario e automaticamente achegarase ao formulario de A MIÑA CONTA. - Edición teléfono: a través da icona do lapis verde situado á dereita de cada rexistro da lista de teléfonos, accederase ao formulario de edición dese teléfono e modificarase o que proceda. Mesmas consideracións que para dar de alta un teléfono. Páxina 11 de 14

- Eliminar Teléfono: A través da icona da aspa vermella situada á dereita de cada rexistro da lista de teléfonos, eliminarase o teléfono asociado. Antes de eliminar o rexistro, a aplicación preguntará ao usuario se procede dita eliminación. Deberase ter en conta que un mesmo usuario poderá ter un mínimo de 1 teléfono e un máximo de 5. b. E-Mail Premendo na pestana E-Mail accederase ao formulario de xestión dos correos electrónicos. Neste formulario amósase un listado de correos electrónicos asociados ao usuario. Temos 3 accións posibles a realizar: - Alta Correo Electrónico: o botón Alta E-Mail situado na parte superior dereita envíanos ao formulario de alta dun correo electrónico. Páxina 12 de 14

O correo electrónico deberá ser un correo válido. Trátase dun campo obrigatorio. Unha vez introducidos os datos oportunos co botón GARDAR asignarase o correo electrónico ao usuario para regresar de modo automático ao formulario de A MIÑA CONTA. - Edición Correo Electrónico: Premendo na icona do lapis verde situada á dereita de cada rexistro da lista de correos electrónicos, poderanse editar os datos do correo electrónico. Mesmas observacións que para a alta de correos electrónicos. - Eliminar Correo Electrónico: a icona da aspa vermella situada á dereita de cada rexistro da lista de correos electrónicos eliminará o correo electrónico asociado. Antes de eliminar o rexistro, a aplicación preguntará ao usuario se está seguro. Deberase ter en conta que un usuario poderá ter coma mínimo 1 correo electrónico, e ata un máximo de 5. Páxina 13 de 14

c. Contrasinal Premendo na pestana Contrasinal accederemos ao formulario de modificación da contrasinal. A contrasinal debe conter números e letras. Páxina 14 de 14