Vigo 11 de abril de 2.011

Documentos relacionados
Guía rápida de consulta do Recadro da declaración da Renda do ano anterior

SISTEMA DE LICITACIÓN ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (SILEX)

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Guía de configuración de Adobe Acrobat Reader para SDX-II Consellería de Facenda da Xunta de Galicia

Instrucións para a presentación electrónica de solicitudes do procedemento IN408A

DIRECCIÓN DE SISTEMAS DE INFORMACIÓN DEPARTAMENTO CERES

espazoabalar Guía abalarmóbil

Axenda e libreta de direccións: acceso remoto

SISTEMA DE LICITACIÓN ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (SILEX)

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

Mapa comercial de Santiago de Compostela Manual de usuario

Manual de instalación AUTOFIRMA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA GUÍAS DE AXUDA DA

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

VALIDACIÓN DE SINATURAS DIXITAIS EN DOCUMENTOS PDF

Manual de usuario AUTOFIRMA: INSTALACIÓN Y FUNCIONAMENTO

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

Manual de usuario AUTOFIRMA: INSTALACIÓN Y FUNCIONAMENTO

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

GUÍA RÁPIDA PARA REUNIÓNS VIRTUAIS (VIA WEB) Para participar nunha reunión virtual só é necesario unha conexión a internet de

espazoabalar Guía abalarmóbil

Como buscar no catálogo?

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

CONFIGURACIÓN EN CLIENTES WINDOWS 8.1

Guía de solicitud de un certificado AC FNMT Usuarios

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

MANUAL DA APLICACIÓN MÓBIL DE MONDARIZ BALNEARIO

SOLICITUDE DE PAGAMENTO DA AXUDA A REDUCIÓN DA PRODUCIÓN DE LEITE

Fondo de Acción Social. Manual do usuario da aplicación de xeración de solicitudes

MANUAL BÁSICO PARA PASAR FALTAS E NOTAS NA APLICACIÓN DE XESTIÓN XADE WEB

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

MANUAL BÁSICO DE MANEXO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA SGIC-STO, PARA ELABORACIÓN DO INFORME DE SEGUIMENTO DE TÍTULOS 2015 (CURSO 2014/15)

Audio e vídeo en Ardora 7

MANUAL BÁSICO DE MANEXO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA SGIC-STO

REA Registro de Empresas Acreditadas en el Sector de la Construcción Guía de configuración previa

CAMBIOS DE GRUPO 2018/19

REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS DA XUNTA DE GALICIA (RXC)

Trámites en línea Requisitos Generales de Configuración del Almacén de Certificados

DIRECCIÓN DE SISTEMAS DE INFORMACIÓN DEPARTAMENTO CERES

MANUAL PARA SOLICITAR LA FIRMA DIGITAL POR SOFTWARE

Sede electrónica. Requisitos Generales de Configuración del Almacén de Certificados

Configuración dun cliente Mozilla Thunderbird

MANUAL BÁSICO DE MANEXO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA SGIC-STO

Información e instrucións para realizar solicitudes web

Asistente web para a solicitude

Creación dunha entidade con período contable distinto ao ano natural

REA Registro de Empresas Acreditadas Guía de configuración previa

Manual de usuario Plug-in Word. Versión en galego Equipo de desenvolvemento

GUÍA DE INSCRICIÓN AOS CURSOS DO CNTG. Para localizar un curso pode optar por calquera das seguintes opcións:

Guía do Usuario: Comprobación de CSV

MANUAL DE USUARIO - REDE WIFI DO CONCELLO DE LUGO INTRODUCCIÓN

Manual de instalación AUTOFIRMA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA GUÍAS DE AXUDA DA

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil

Instrucciones para obtener el certificado electrónico de la FNMT

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

SISTEMA DE LICITACIÓN ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (SILEX)

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN NOME DO

IMPLEMENTACIÓN DE FIRMA ELECTRÓNICA -MANUAL DE USUARIO-

Manual de configuración de Adobe Reader para la validación de la firma de un documento.

REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS DA XUNTA DE GALICIA (RXC)

SOLICITUDES DE CURSOS

SERPA Servicios de Prevención Ajenos. Guía de Configuración Previa

MANUAL PARA EL ENVÍO Y NOTIFICACIÓN ELECTRÓNICA DE UNA INSTANCIA GENERAL

SITRÁN ARAGÓN TRÁMITES Y SERVICIOS EN LÍNEA (WEB GANADEROS) CONFIGURACIÓN

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Admisión a ciclos de Formación Profesional

Validación de la firma de un documento. Manual de configuración de Adobe Reader

CAMPAÑA ANTIGRIPAL 2017 Preguntas Frecuentes (Hospitais da rede do SERGAS)

MANUAL DE USUARIO [versión 2, act. 17/11/2014] Apps Bluefire Reader e Aldiko Book Reader

COMO CREAR UNHA BASE DE DATOS EN BASE DE LIBREOFFICE

Conexión á rede Wifi edu.xunta.es: Instrucións

Manual de usuario do blog Ler conta moito. Elaborado por Oficina de Coordinación Web. manual_wordpress_lercontamoito_ _1idioma Páxina 1 de 12

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

Configurar el navegador FIREFOX:

Generación de Certificados SSL con IIS

Meu Eido ÍNDICE DE CONTIDOS

RENOVACIÓN CERTIFICADO

Firma_de_actas. El DNI-e es válido para firmar las actas. Este artículo no pretende explicar como se instala el DNI-e en Windows.

SUBDIRECCIÓN GENERAL DE TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN Y COMUNICACIONES

1.- Acceso 2.- Crear Conta 3.- Escribir no Blog. 5.- Perfil de Usuario

Tutorial - Certificados FNMT-Ceres

CONFIGURACIONES PREVIAS

NUEVAS TECNOLOGÍAS APLICADAS A LA VIDA:SMARTPHONE, TABLET E INTERNET


Guía instalación y configuración de Impresión Silenciosa SuperADMINISTRADOR.

Pasos a seguir para la correcta configuración del Explorer:

Requisitos Técnicos y de Configuración Sistema de Notificación Electrónica

FAQ s Campaña antigripal 2014

Instalación Imaxe Abalar Libre

PUBLICAR CONTIDOS NA WEB DO CENTRO

Catálogo de servizos ÍNDICE DE CONTIDOS

SIFO. Rexistro Telemático

Transcripción:

MANUAL DE USUARIIO Certiifiicado diixiitall Vigo 11 de abril de 2.011

Información do documento Autor: ATIC Servicios Informáticos Versión: 1.0 Revisado por: Control de versións Versión Data de versión Descrición 1.0 11/04/2011 Axuda para o manexo dun certificado dixital da FNMT. 1.1 21/03/2012 Inclusión das novas CA s da Universidade de Vigo. Cambios do CerTUI v1.3.0 ó CerTUI v1.5.2. MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 2 de 35

ÍNDICE 1. Introdución... 4 2. Obtención do certificado... 5 2.1. Acceso ó sistema... 5 2.2. Solicitude dun certificado.... 5 2.3. Tramitación da solicitude... 12 2.4. Descarga do certificado... 12 3. Copia de seguridade do certificado dixital.... 15 4. Importación do certificado dixital.... 20 5. Quitar o certificado dixital... 24 6. O certificado dixital na tarxeta universitaria.... 27 6.1. Instalación de CerTUI en Windows... 27 7. Visualizar os datos do certificado dixital.... 30 8. Renovar o certificado dixital.... 34 9. Revocar o certificado dixital.... 35 MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 3 de 35

1. Introdución Este manual pretende describir en detalle o procedemento de obtención dun certificado dixital de clase 2 CA da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT), a través da súa páxina Web, por parte de calquera persoa pertencente á comunidade universitaria, así como a súa posterior preservación de maneira segura, e o proceso para poder utilizalo posteriormente, renovalo cando caduque e revocalo se é necesario. Este certificado dixital da FNMT será necesario para acceder ós servizos de Administración Electrónica que a Universidade de Vigo poña á disposición da comunidade universitaria. MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 4 de 35

2. Obtención do certificado Para poder conseguir un certificado dixital, será necesario acceder á páxina da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), onde se indicarán os pasos a seguir: Solicitude, descarga, copia, dúbidas, 2.1. Acceso ó sistema O usuario accederá á páxina principal da FNMT para acceder ó servizo de solicitude dun certificado dixital. Esta páxina atópase na dirección http://www.fnmt.es. O aspecto da páxina principal da FNMT, no momento da elaboración deste manual, é o que segue, aínda que pode cambiar: NOTA: O deseño da páxina Web da FNMT, pode variar, utilice a imaxe só como referencia. 2.2. Solicitude dun certificado. Segundo a información que aparece na páxina Web da FNMT, para poder solicitar un certificado electrónico, o usuario pode empregar un destes navegadores: Microsoft Internet Explorer versión 7.x con todas as actualizacións. Microsoft Internet Explorer versión 8.x con todas as actualizacións. Microsoft Internet Explorer versión 9.x con todas as actualizacións. Mozilla Firefox versión 3.x. Mozilla Firefox versión 4.x. Netscape versión 7.x ou superior. Sexa cal sexa o navegador que vostede estea a empregar, na páxina principal da FNMT, busque o enlace Obtenga su CERTIFICADO : Prema en Obtenga su CERTIFICADO para acceder á páxina da FNMT dende a que se poden realizar os trámites relacionados cos certificados dixitais: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 5 de 35

A esta páxina da FNMT, no momento da elaboración deste manual, chégase tamén dende a páxina principal, premendo no menú Ciudadano : E dende esta, utilizando o enlace Certificación digital : E dende a páxina que se obtén, premendo en Obtenga el certificado de usuario : MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 6 de 35

Sexa cal sexa a maneira de chegar ata aquí, o seguinte paso é premer, no menú da esquerda, no ítem Solicitud del certificado : Se está a empregar o Internet Explorer, introduza o NIF no espazo habilitado para elo e prema no botón Enviar petición : O sistema preguntará se desexa permitir a operación. Prema no botón Sí : Se está a empregar o Firefox, introduza o NIF no espazo habilitado para elo, deixe a opción que aparece por defecto, Grado alto, na casilla Longitud clave, e prema no botón Enviar petición : Sexa cal sexa o navegador que estea a empregar, o sistema devolverá un código, que o usuario poderá imprimir ou anotar, e gardar nun lugar seguro, xa que lle fará falta mais tarde: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 7 de 35

NOTA para usuarios de Windows Vista Se vostede non chega ó ultimo paso descrito anteriormente, é posible que teña que desactivar o control de contas de usuario. Para elo, deberá pulsar Inicio -> Configuración -> Panel de control : Na ventá do Panel de control, seleccione Cuentas de usuario : Con isto accédese ó menú de configuración das Contas de usuario. Neste menú pulse en Activar o desactivar el control de cuentas de usuario : Na ventá de activación/desactivación desmarcarase a casiña Usar el Control de cuentas de usuario (UAC) para ayudar a proteger el equipo : MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 8 de 35

Pulse o botón Aceptar e reinicie o equipo. NOTA para usuarios de Internet Explorer en Windows Vista e Windows 7: Se na solicitude do certificado, obtense unha mensaxe coma esta: Prema no menú Herramientas -> Opciones de Internet : E vaia a pestana Seguridad, prema na icona Sitios de confianza, e no botón Sitios : MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 9 de 35

Desmarque a opción Requerir comprobación del servidor (https:) para todos los sitios de esta zona. No cadro de texto Agregar este sitio Web a la zona: agregue as seguintes URLs: http://*.fnmt.es e https://*.fnmt.es: O pechar a ventá, vólvese a pestana Seguridade. Pulse o botón Nivel personalizado : Marque a opción Habilitar nas seguintes opcións de configuración: Comportamiento de binarios y scripts. Descargar los controles ActiveX firmados. Descargar los controles ActiveX sin firmar. Ejecutar controles y complementos de ActiveX. Generar scripts dos controles ActiveX marcados como seguros para scripting. Inicializar y generar scripts de los controles ActiveX no marcados como seguros para scripts. MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 10 de 35

Permitir que todos los controles activex no usados anteriormente se ejecuten sin preguntar. Permitir scriptlets. Preguntar automáticamente si se debe usar un control activex. Pulse en Aceptar e aparecerá unha mensaxe para confirmar, que deberá aceptar. Ó intentar volver a solicitar o certificado, o navegador indicará que se vai executar un control ActiveX: Prema no botón Sí para continuar coa solicitude do código. Para calquera incidencia coa obtención do certificado dixital, a FNMT pon a disposición de todos os cidadáns un formulario dende o que se poden poñer en contacto con eles. O formulario atópase na páxina de obtención do certificado, no menú Contacto : Como pon no propio formulario, para facer a consulta, o usuario ten que especificar a versión do seu sistema operativo e a versión do navegador que está a empregar: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 11 de 35

2.3. Tramitación da solicitude Feita a solicitude, o usuario terá que ser acreditado por un rexistrador dunha CA (Autoridade de Certificación) da FNMT. As CA s que ten a Universidade de Vigo actualmente son: Campus Lugar Campus de Vigo Rexistro do campus universitario. Edificio Xerencia. Servizos Centrais. Rexistro auxiliar. Edificio anexo EU de Enxeñería Técnica Industrial. Rúa Torrecedeira, 86. Vigo Secretaría da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións. Secretaría da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Campus Histórico Rexistro Vigo. Edificio anexo Escola de Enxeñería Industrial. Rúa Torrecedeira, 86. Campus de Ourense Campus de Pontevedra Servizos á comunidade. Edificio Administrativo. Secretaría da Facultade de Ciencias da Educación. Secretaría da Facultade de Historia. Servizos á comunidade. Escola de Enxeñería Forestal. Secretaría da Facultade de Belas Artes. Maestranza, 2. Pontevedra. Secretaría da Escola de Enxeñería Forestal. Secretaría da Facultade de Fisioterapia. Centro Universitario de Defensa. Escuela Naval Militar. Praza de España, 2. Marín. O usuario pode acudir á que mais lle conveña, levando unha copia do seu DNI e o código que obtivo ó facer a solicitude. Na oficina de acreditación identificarán ó usuario e facilitaranlle un contrato que terá que firmar, e despois xa poderá descargar o seu certificado. 2.4. Descarga do certificado A solicitude do certificado non caduca, pero convén finalizar o proceso o antes posible, xa que de facer cambios no ordenador entre a solicitude e a descarga do certificado, é posible que non poda descargalo, e teña que volver a comezar o proceso de solicitude. Para a descarga do certificado, tense que utilizar o mesmo navegador dende o que se fixo a solicitude. A descarga do certificado dixital faise dende a páxina principal da FNMT, premendo en Obtenga su CERTIFICADO, e a continuación en Descarga del certificado : MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 12 de 35

Obterase un formulario no que se introducirá o NIF e o código da solicitude (o que obtivo cando fixo a solicitude): NOTA: Se o usuario non ten o código de solicitude, non poderá descargar o certificado, e deberá solicitar outro. Premendo no botón Enviar petición, se está a utilizar o Internet Explorer, aparecerá unha mensaxe indicando que se vai empregar un control ActiveX: Premendo no botón Sí, o sistema amosará unha advertencia: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 13 de 35

Acéptea, e o certificado instalarase no navegador. Se está a empregar o Internet Explorer, pode comprobar que o certificado se instalou correctamente accedendo dende o navegador ó menú Herramientas -> Opciones de Internet, e seleccionando na pestana Contenido o botón Certificados. Se o seu certificado aparece na pestana Persoal, é que o proceso finalizou con éxito. Se está a empregar o Firefox, pode comprobar que o certificado se instalou correctamente accedendo dende o navegador o menú Herramientas -> Opciones..., e seleccionando na icona Avanzado, a pestana Cifrado. Prema no botón Ver certificados. Se o seu certificado aparece na pestana Sus certificados, é que o proceso finalizou con éxito. Se instalou o certificado nun ordenador que empregan varias persoas, non é recomendable deixar o certificado instalado nel. Vexa o apartado 3 Copia de seguridade do certificado dixital. e o apartado 5 Quitar o certificado dixital. MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 14 de 35

3. Copia de seguridade do certificado dixital. Convén facer unha copia do certificado dixital, xa que en caso de que cambie o ordenador, ou deixe de funcionar, perdería o certificado se non o ten almacenado noutra ubicación. Se o navegador onde está instalado o certificado dixital é Internet Explorer, pode visualizar o certificado accedendo ó menú Herramientas, e seleccionando Opciones de internet : Na ventá que aparece, seleccione a pestana Contenido, e prema no botón Certificados : A ventá mostrará os certificados que estean instalados no navegador: Marque o certificado do que quere facer copia, e prema o botón Exportar : MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 15 de 35

O Internet Explorer abrirá o Asistente para la exportación de certificados. Prema no botón Siguiente : Na ventá que se abre, seleccione a opción Exportar la clave privada : NOTA: É moi importante seleccionar esta opción, xa que se pretende facer unha copia de seguridade do certificado, e no caso de non marcala, o certificado non poderá volver instalarse. Prema no botón Siguiente, para elixir o formato da exportación. Seleccione o formato PKCS #12: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 16 de 35

NOTA: Se cando importou o certificado ó navegador, non marcou a casiña Marcar esta clave como exportable, non terá a opción de elixir o formato PKCS #12. Vexa o apartado 4 Importación do certificado dixital. Prema no botón Siguiente, e introduza un contrasinal: NOTA: É moi importante que o usuario non esqueza o contrasinal que protexerá o ficheiro coa copia do certificado, que asegura que o certificado non poderá ser recuperado da copia por outra persoa que non sexa el. Caso de esquecer o contrasinal, non poderá recuperar o certificado da copia, xa que cando o usuario vaia importalo de novo, o sistema lle pedirá este contrasinal. Prema no botón Siguiente, e seleccione a ubicación do arquivo, e déalle un nome: Prema no botón Siguiente para revisar a configuración elixida e Finalizar : MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 17 de 35

Se o navegador onde está instalado o certificado dixital é Firefox, pode visualizar o certificado accedendo ó menú Herramientas, e seleccionando Opciones... : Na ventá que aparece, prema na icona Avanzado, seleccione a pestana Cifrado e prema no botón Ver certificados : A ventá mostrará os certificados que estean instalados no navegador: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 18 de 35

Marque o certificado do que quere facer copia, e prema o botón Hacer copia... : Seleccione ónde quere gardar o arquivo que conterá o certificado, déalle un nome e prema no botón Aceptar : NOTA: É moi importante que o usuario non esqueza o contrasinal que protexerá o ficheiro coa copia do certificado, que asegura que o certificado non poderá ser recuperado da copia por outra persoa que non sexa el. Caso de esquecer o contrasinal, non poderá recuperar o certificado da copia, xa que cando o usuario vaia importalo de novo, o sistema lle pedirá este contrasinal. Acepte a alerta que lle dá o Firefox, e todas as ventás que quedaron abertas: Sexa cal sexa o navegador que está empregando, como resultado deste proceso, o sistema creará un arquivo co nome que eliximos, na carpeta que eliximos, representándoo cunha icona coma esta:. Este é un arquivo de windows, que se pode copiar, mover e borrar como calquera outro. Se o usuario quere utilizar o seu certificado dixital noutro ordenador, ou no mesmo ordenador, pero nun navegador distinto, ou se o borrou do seu, e quere volver a utilizalo, deberá importar o certificado dende este ficheiro ó navegador. Vexa o apartado 4 Importación do certificado dixital. MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 19 de 35

4. Importación do certificado dixital. Se vostede ten unha copia de seguridade do seu certificado dixital nun ficheiro, que windows representará cunha icona coma esta pode instalalo no navegador. Se o quere importar no Internet Explorer, prema no menú Herramientas -> Opciones de internet do navegador, e seleccione a pestana Contenido. Dentro desta pestana, empregue o botón Certificados, e o navegador amosará os certificados que ten instalados. Agora prema no botón Importar para obter o Asistente para la importación de certificados : No asistente, prema o botón Siguiente, para poder seleccionar o arquivo que contén o certificado: Prema no botón Siguiente, e introduza o contrasinal para protexer o arquivo: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 20 de 35

NOTAS: Nesta ventá, se marca a opción Habilitar protección segura de clave privada..., cada vez que empregue o certificado, o navegador indicarao, mediante un aviso ou unha solicitude de contrasinal. Se NON marca a opción Marcar esta clave como exportable..., non poderá recuperar o certificado novamente dende aquí. Se o certificado se está a instalar nun ordenador de uso compartido, recoméndase non marcar esta opción, xa que desta maneira, ninguén con acceso a ese ordenador poderá recuperar un certificado instalado nel. Pulse o botón Siguiente, para seleccionar o almacén no que instalará o certificado. Deixe a opción por defecto, e prema en Siguiente : A continuación amósase unha ventá resume. Pulse Finalizar : Se marcou a opción Habilitar protección segura de claves privadas, abrirase unha nova ventá: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 21 de 35

Para elixir se quere que cando empregue o certificado o navegador lle avise cunha mensaxe ou pedíndolle un contrasinal, prema no botón Nivel de seguridad... : Na ventá que aparece, marque a opción que desexe, e prema no botón Siguiente : Aparecerá unha ventá de confirmación, na que premerá o botón Finalizar : Prema no botón Aceptar, e o sistema amosará unha ventá informativa, indicando que o proceso se realizou correctamente: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 22 de 35

Se o quere importar no Firefox, prema no menú Herramientas -> Opciones... do navegador, e seleccione a icona Avanzado, e na pestana Cifrado. Dentro desta pestana, empregue o botón Certificados, e o navegador amosará os certificados que ten instalados. Prema no botón Importar : Seleccione o arquivo que contén o certificado, e prema en Abrir. O Firefox pediralle a introdución do contrasinal coa que protexeu o arquivo cando o xerou: Se o contrasinal é correcto, obterá unha mensaxe coma esta: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 23 de 35

5. Quitar o certificado dixital. Se está a empregar no Internet Explorer, para eliminar o certificado dixital do navegador, acceda ó menú Herramientas, e seleccione a opción Opciones de Internet : Na ventá que aparece, seleccione a pestana Contenido, e no que mostra, prema no botón Certificados : A ventá amosará os certificados que estean instalados no navegador: Marque o certificado que quere quitar, e prema o botón Quitar : MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 24 de 35

O sistema amosará un aviso, que se aceptará: Se está a empregar o Firefox, acceda ó menú Herramientas -> Opciones... : Na ventá que aparece, seleccione prema na icona Avanzado, seleccione a pestana Cifrado e prema no botón Ver certificados : A ventá mostrará os certificados que estean instalados no navegador: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 25 de 35

Marque o certificado que quere quitar, e prema no botón Eliminar... : O sistema daralle unha mensaxe de confirmación, que deberá aceptar: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 26 de 35

6. O certificado dixital na tarxeta universitaria. Se desexa o certificado dixital na tarxeta universitaria, unha vez descargado da FNMT, deberá lle facer unha copia de seguridade (Vexa o apartado 3 Copia de seguridade do certificado dixital.). Copie o ficheiro que contén o seu certificado dixital, que Windows representa cunha icona coma esta soporte portátil, coma un lapis USB. Diríxase a una das oficinas de rexistro, das indicadas no apartado 2.3 Tramitación da solicitude, para que graven o seu certificado na tarxeta. O emprego do certificado dende a tarxeta elimina a necesidade de importar/exportar o certificado ó navegador, xa que un software intermedio (CerTUI) fai esa tarefa polo usuario, de modo que ó introducir a tarxeta no lector, o certificado ponse a disposición do navegador, e ó quitar a tarxeta do lector, o certificado non pode ser empregado. É necesario instalar este software no ordenador dende o que vai empregar a tarxeta, e que teña un lector de tarxetas correctamente instalado no dito ordenador. O software está dispoñible no portal da Universidade de Vigo, na URL: http://www.uvigo.es/uvigo_gl/vida/tarxeta-universitaria.html. 6.1. Instalación de CerTUI en Windows Ó descomprimir o arquivo driver_win.rar obterá dous arquivos: setup_certui_uvi_client_v1.5.2.exe e setup_x64_certui_uvi_client_v1.5.2.exe. Empregue un ou outro en función de se o sistema operativo que está empregando é de 32 bits ou de 64. Se non sabe de qué tipo é o seu sistema operativo, pode consultalo no Panel de Control, premendo na icona Sistema. Se na ventá que se mostra non di expresamente que é de 64 bits, entón é que é de 32. Se non sabe seguro se é de 32 bits ou de 64, instale o CerTUI de 32 (setup_certui_uvi_client_v1.5.2.exe). Faga dobre clic no ficheiro e pulse o botón Siguiente : nun NOTA: As imaxes corresponden coa instalación do CerTUI v1.3.0, pero o proceso de instalación do CerTUI v1.5.2 é idéntico. Acepte os termos do contrato e pulse Siguiente : MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 27 de 35

Cubra os datos de Nombre e Compañía e pulse Siguiente : Seleccione unha ruta de instalación da aplicación, por exemplo C:\Archivos de programa\voto\acotec e pulse Siguiente : Seleccione a opción Hacer todos los accesos directos disponibles para todos los usuarios e pulse Siguiente : Pulse Siguiente para confirmar o inicio da instalación: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 28 de 35

Pulse o botón Terminar : Unha vez rematada a instalación, xa se pode inserir a tarxeta no lector e automaticamente sairá unha ventá como a seguinte amosando a información da tarxeta: NOTA: A imaxe corresponde coa execución do CerTUI v1.3.0, pero é igual á do CerTUI v1.5.2. MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 29 de 35

7. Visualizar os datos do certificado dixital. Se o navegador onde está instalado o certificado dixital é Internet Explorer, pode visualizar o certificado accedendo ó menú Herramientas, e seleccionando Opciones de internet : Na ventá que aparece, seleccione a pestana Contenido, e prema no botón Certificados : A ventá mostrará os certificados que estean instalados no navegador: Marque o certificado do que quere facer copia, e prema o botón Ver : MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 30 de 35

O navegador amosaralle os datos do propietario do certificado dixital, incluíndo o nome do propietario, o NIF, e a data de caducidade: Se está a empregar o Firefox, acceda ó menú Herramientas -> Opciones... : Na ventá que aparece, seleccione prema na icona Avanzado, seleccione a pestana Cifrado e prema no botón Ver certificados : MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 31 de 35

A ventá mostrará os certificados que estean instalados no navegador: Marque o certificado que quere quitar, e prema no botón Ver... : O navegador amosaralle os datos do propietario do certificado dixital, incluíndo o nome do propietario, o NIF, e a data de caducidade: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 32 de 35

Se ten o certificado almacenado na tarxeta universitaria, cando arranque o programa CerTUI, necesario para ler o certificado da tarxeta, terá unha icona coma ésta na barra de tareas de Windows. Cando inserte a tarxeta, a icona mudará a unha coma ésta: Prema co botón dereito encima desta icona, para obter o menú: Prema na opción Abrir, e no botón Mostrar certificado : NOTA: As imaxes corresponden coa execución do CerTUI v1.3.0, pero son iguais ás do CerTUI v1.5.2. O sistema amosaralle os datos do propietario do certificado dixital, incluíndo o nome do propietario, o NIF, e a data de caducidade: MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 33 de 35

8. Renovar o certificado dixital. Antes de que caduque o seu certificado, que se expide por un período de 3 anos, ten que solicitar á FNMT á súa renovación, se desexa seguir a empregalo. Para renovar o certificado, acceda a páxina da FNMT onde se fan os trámites relacionados cos certificados (Vexa o apartado 2.1 Acceso ó sistema e 2.2 Solicitude dun certificado.) Prema no menú Renovación de certificado : Prema no menú Solicitud de renovación : Se o seu certificado está dentro do período de renovación, amosaráselle unha pantalla para que introduza o seu NIF, e o sistema devolveralle un código, necesario para a súa descarga, seguindo un proceso idéntico ó que fixo a primeira vez que se descargou o certificado. MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 34 de 35

9. Revocar o certificado dixital. O procedemento de Revocación de Certificado permítelle anular a validez do seu certificado antes da data de caducidade do mesmo. A revocación pode ser solicitada en calquera momento, e en especial, cando crea que o seu certificado pode ter sido copiado e que se coñece o seu PIN (caso similar á perda ou roubo de tarxetas bancarias) Para solicitar a revocación do certificado da FNMT 1. Se ten o certificado a revocación farase a través de Internet. 2. Se non o ten, deberá acudir a unha das CA s da Universidade de Vigo (vexa o apartado 2.3 Tramitación da solicitude) para, unha vez identificado, firmar o modelo de solicitude de revocación do certificado. 3. Servizo de revocación telefónica: A FNMT-RCM pon á súa disposición un servicio de revocación telefónica para certificados de persoa física exclusivamente. Este servizo é 24x7. 902200616 Para facer a revocación a través de Internet, acceda a páxina da FNMT onde se fan os trámites relacionados cos certificados (Vexa o apartado 2.1 Acceso ó sistema e 2.2 Solicitude dun certificado.) Prema no menú Anulación de certificado : Na pantalla que se obtén, prema no menú da esquerda, en Anulación del certificado : Prema no botón Firmar, siga o proceso e prema en Enviar : MUVIGO Manual usuario Certificado dixital.doc Páxina 35 de 35