EU SON COMA TI. Unidade didáctica sobre igualdade de xénero. 8 de marzo Día da Muller Traballadora. Cristina Corral Soilán. Cristina Corral Soilán

Documentos relacionados
celga 4 obxectivos lecer celga 4 lecer Tarefa final: preparar unha xornada de lecer para todo o grupo

UN AMOR POR DESCUBRIR

celga 4 obxectivos tecnoloxía celga 4 tecnoloxía Tarefa final: redacción dun artigo de opinión sobre novas tecnoloxías

PEQUENO MANUAL DE EXCEL PARA REALIZAR ALGUNHAS FUNCIÓNS E GRÁFICOS ESTATÍSTICOS

Guía didáctica de Poetízate realizada polo escritor e profesor Carlos Negro ( A poesía non morde

DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL NA AULA

Enquisa igualdade para a población eumesa

Sinala, nos dous capítulos, onde empezan e acaban este prólogo e este epílogo. En que momento se sitúan? É un tempo diferente ao da acción da novela?

FÍASTE DO QUE DIS? Autores: Antonio Daniel Abad Ramírez Sara Fernández González Lucía Santiago Fernández 3ºESO

GUÍA PARA FACER BUSCAS DE NORMATIVA MINERVA

25 de Novembro Unidades Didácticas Educación Secundaria

Guía de recursos dixitais da web da UDC

Como buscar no catálogo?

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

En Vivenda Xove poderás atopar os recursos ao teu alcance para facilitar o acceso a unha vivenda.

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

1. Sobre o autor: Redacta unha breve biografía destacando os puntos máis importantes sobre

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Pequena guia de acollida na Facultade

1º exame, 3ª avaliación

MEMORIA DA ACTIVIDADE

Traballo colaborativo de Valores Éticos 4º ESO BLOGUERA

A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTIL

A CARTA DE PRESENTACIÓN

reclamamos Tarefa final: escribir unha carta para a Administración de xeito correcto

Actividades: RUTAS MATEMÁTICAS POR COMPOSTELA: TEORÍA E PRÁCTICA. Escaleiras San Domingos de Bonaval

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

Os cambios que sufriu a estrutura familiar,

ACTIVIDADES MÓDULO II

PROPOSTA BIBLIOGRÁFICA

AUTISMO GALICIA celebra a súa primeira ASEMBLEA XERAL do 2018

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

Boletín Dixital da Asociación Profesional Nº 11 XUÑO A Asociación Profesional. de Orientación Educativa de Galicia

INTRODUCIÓN. 1 Subirats, M., &Brullet, C. Rosa y azul (1988): La Transmisión de los géneros en la escuela mixta. Madrid: Instituto de la Mujer.

XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

Manual para recibir notificacións do twitter da Axencia Local de Colocación no teu móbil.

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

Memoria Erasmus+ Finlandia

Comparamos a nosa enerxía coa dos avós. Que cambio!

3.1- Introduce a concreción curricular de infantil do teu centro:

LECTURA. Super PEPO, que queres ser de maior?

INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

Guía de propostas didácticas para docentes SECUNDARIA, BACHARELATO, FP DE GRADO MEDIO E ENSINAS ESPECIAIS

O ex-alumno do IES Otero Pedrayo de Ourense Mauro González Romero ven de ser nomeado "Míster Ourense"

XI REBUMBIO MATEMÁTICO GALEGO FASE DE ZONA 29 abril 2011

CURSO 2017/2018 AULA MATINAL

AS SECCIÓNS BILINGÜES A IMPLANTACIÓN DO PORTUGUÉS NO ENSINO REGRADO GALEGO

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

Iso non se fai. Nesta unidade imos establecer as normas da nosa clase. Para iso, imos aprender:

En definitiva, SON INVISIBLES.

destrúes? 25denovembro DíaInternacionaldaEliminacióndaViolenciaContraaMuler

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

Manual de axuda ó usuario de PROGRÁMAME. Vídeo-titoriais youtube.com

ACTIVIDADES. Ciclo Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas J.M. Paredes González

PUBLICAR CONTIDOS NA WEB DO CENTRO

Programa por un día

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS

Programa. eduemprende. tem 1: identidad. módul 1. identidad

Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana Sánchez Moreno Fotografía: Miguel Sánchez Ortiz

NENAS OU NENOS? Contidos que podes traballar con esta actividade:

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

28 de xuño Día Internacional Contra a Homofobia

O VOLUNTARIADO E A INMIGRACIÓN Inmigración, xuventude e Voluntariado

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON SPRINT

XORNADA TÉCNICA: IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO LABORAL: PLANS DE IGUALDADE.

PROBA B (ORAL) CADERNO DO PERSOAL EXAMINADOR

INFÓRMATE E COMPARTE O QUE SABES SOBRE O VIH Coñece a súa historia neste cómic DETER O VIH É UNHA RESPONSABILIDADE DE TODOS

Pero, a que nos referimos cando falamos de sostibilidade?

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

TALLERES DE DEMOSTRACIÓN DO USO DAS TIC S PARA A INFORMACIÓN E A ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA.

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

MEMORIA ACTIVIDADE DO CLUB ESTUDIANTES LUGO PARA

Inicio rápido. Que é GeoGebra? Datos rápidos

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

Conclusións. 23 de Outubro de 2010

Pasamos polo mercadillo para deixar o noso kilo de comida e o xoguete/libro no espazo de troco.

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

2 de outubro do Casa das asociacións, Santiago de Compostela. Horario de 10:15-14:00 h. SUBVENCIONA COLABORAN. Que é o DUELO?

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

Seminario de Planificación Empresarial

Protocolos e orientacións Casos

MACROENQUISA SOBRE A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES EN GALICIA

MANUAL BÁSICO PARA PASAR FALTAS E NOTAS NA APLICACIÓN DE XESTIÓN XADE WEB

CURSO PROGRAMA Educativo. MUSEO DE PONTEVEDRA Gabinete Didáctico

AULA DE CONVIVENCIA INCLUSIVA

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-04

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

Transcripción:

EU SON COMA TI Unidade didáctica sobre igualdade de xénero 8 de marzo Día da Muller Traballadora Página 1 de 9

INTRODUCIÓN: Esta unidade didáctica enmárcase nunha serie de actividades que formulamos a partir da obra de teatro OS POEMAS DO RÍO (Everest Galicia, 2012) e que figuran na web. A nosa pequena obra teatral composta en verso fala dunha xornada na aula dunha mestra. A profesora le co alumnado poemas que van compoñendo eles/as mesmos/as e que conforman a historia dunha fraga de animais que tamén recitan. A finalidade dela é que o alumnado e @s mestres/as se animen a escribir poesía, a poñela en común e a ler a autoras galegas. Ademais, o xeito no que está escrita permítelle ó profesorado traballar a poesía na aula relacionándoa co teatro, así como representar esta obra nas aulas ou mesmo no salón de actos dos centros escolares. Tanto na obra coma nos poemas, tod@s prestan especial atención á lectura de versos das poetas galegas (María Mariño, Rosalía de Castro, Francisca Herrera, Pura Vázquez e Filomena Dato) que acompañan a historia que tod@s eles van creando. Son todas elas MULLERES. Cada 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora. Desde queremos contribuír a traballar nesta data con esta unidade didáctica sobre a igualdade. Na aula de OS POEMAS DO RÍO, o alumnado le as autoras galegas, facendo, deste xeito, visibles os seus escritos literarios. A través desta Unidade, queremos concienciar o alumnado da importancia que ten o traballo que as mulleres veñen desenvolvendo dentro da sociedade desde hai tempo. A VISIBILIDADE DA MULLER E DO SEU TRABALLO É TAMÉN CUESTIÓN DE QUE A SOCIEDADE REPARE NELA E FAGA REAL A SÚA EXISTENCIA. Página 2 de 9

a. E TI, DE QUE EQUIPO ES? Hoxe imos falar de fútbol, un dos deportes que máis polémica xera... respondede as seguintes preguntas: 1. De que equipo es? 2. Cal é o teu xogador favorito? 3. Por que che gusta tanto? 4. Cantos goles meteu no último partido? 5. Cal é a túa xogadora favorita? 6. Por que che gusta tanto? 7. Cantos goles meteu no último partido? CONTESTACHES A TODAS AS PREGUNTAS? Se che quedaron sen responder a 5, a 6 ou a 7, queremos que penses en por que puido ser... Se a posible resposta está aquí... - Non coñezo a ningunha muller que xogue ó fútbol. - Ninguén me falou de mulleres que xoguen ó fútbol. - As mulleres non poden xogar ó fútbol. - Os homes xogan mellor ó fútbol cás mulleres. RECOMENDÁMOSCHE QUE CONTINÚES b. A MULLER NA PRENSA DEPORTIVA Hoxe traemos prensa deportiva á aula ou miramos as principias cabeceiras de deportes na rede Marca Sport AS Mundo deportivo Agora, tócavos traballar a vós EN GRUPOS... ACTIVIDADE 1 1. Cada grupo elixe un xornal deportivo (dos que propoñemos ou outros novos) 2. O traballo consiste en atopar novas no xornal que falen de mulleres deportistas 3. Recortade esas noticias ou copiade os titulares facendo unha lista 4. Unha vez rematado, comparade o número de novas que aparecen de homes co de mulleres Página 3 de 9

SABES QUEN SON ESTAS PERSOAS? De cal das dúas poderías contar máis cousas? Se a túa resposta é "DA PRIMEIRA", deberías pasar á páxina seguinte e ler a noticia que che ofrecemos PRESENTÁMOSCHE A DÚAS PERSOAS QUE XOGAN NA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL Verónica Boquete, Santiago 1987 Andrés Iniesta, Albacete - 1984 IMOS PENSAR UN CACHIÑO... Poida que coñezas máis a Andrés Iniesta ca a Verónica Boquete; é importante que penses en por que pode ser. A seguinte actividade pódeche axudar con esa reflexión Página 4 de 9

Agora, tócavos traballar a vós EN GRUPOS... ACTIVIDADE 2 Agora que xa tedes información, contestade estas preguntas: 1. Hai máis novas de homes ou de mulleres? 2. É moi grande a diferenza? 3. Por que cres que pode ocorrer isto? Tirade conclusións co mestre ou coa mestra, e plasmádeas nunha redacción... FIXÁDEVOS CANTAS COUSAS PASAN NO MUNDO DEPORTIVO ONDE TAMÉN HAI MULLERES! http://futbolfemeninoelfuturoesnuestro.blogspot.com http://blogs.as.com/nosotras http://deportefemeninotambien.com http://www.mujerydeporte.org/... E moitas máis que podes atopar ti mesm@! Agora, tócavos traballar a vós EN GRUPOS... ACTIVIDADE 3 Usando a información dos enlaces que tedes na páxina anterior, elaborade un pequeno xornal con noticias deportivas onde aparezan, na mesma medida, noticias sobre mulleres deportistas e sobre homes deportistas c. TRABALLAMOS COA LINGUA Imos ler unha historia «Un pai e un fillo sufriron un grave accidente. O pai morreu e o fillo resultou malferido. Foi trasladado a un hospital para operalo, pero o cirurxián, ó velo, comentou: "Non podo operalo, é meu fillo!"». Notas algo estraño nesta historia? Comentádeo na clase Moitas veces, resúltanos difícil visibilizar o traballo das mulleres porque a lingua de noso as exclúe... Página 5 de 9

ACTIVIDADE 4 a) Fai unha lista de profesións que teñan feminino e masculino b) Debuxa, ó carón de cada nome, a persoa que a exerce Aquí che deixamos unha axuda www.wikilengua.org/index.php/profesiones_en_género_femenino#endnote_dpd É importante que cando nos refiramos a un grupo feminino o fagamos en feminino... porque O QUE NON SE NOMEA NON EXISTE d. CRES QUE TRABALLAN IGUAL OS HOMES CÁS MULLERES? Mira atentamente este vídeo... ACTIVIDADE 5 Mira de novo o vídeo e fai unha lista de diferenzas que vexas entre o pai e a nai da familia que sae no vídeo. ACTIVIDADE 6 CRES QUE É IGUAL A EDUCACIÓN PARA NENOS CA PARA NENAS? Contesta a pregunta de arriba despois de ver este vídeo... e. O 8 DE MARZO CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER TRABALLADORA Neste vídeo podedes descubrir por que se celebra ese día... Coñecemos, ó longo da historia, moitas mulleres que nos serven de exemplo de traballo e de esforzo E ti? Seguro que coñeces a moitas mulleres traballadoras Página 6 de 9

ACTIVIDADE 7 a) Pensa nunha muller que coñezas no teu contorno (nai, avoa, irmá, amiga, tía, madriña, etc.) b) Cóntanos por que pensas que é un exemplo de muller traballadora a través dun mural con fotos, textos, recortes e cantos medios creas oportunos. FACEDE UNHA BONITA EXPOSICIÓN COA HISTORIA DESTAS MULLERES! e. COMO QUEREMOS CELEBRAR O 8 DE MARZO? ACTIVIDADE 7 Explica en que se diferencian as mulleres nestas viñetas do humorista español Forges Cal che gustaría ser a ti? Por que? Escribe un texto sobre o tema. Página 7 de 9

BIBLIOGRAFÍA: Enlaces que usamos para esta unidade didáctica http://educagenero.blogspot.com http://colegiovirgendetiscar.blogia.com/temas/coeducacion.php http://loquenosenombra.blogspot.com http://www.ciudaddemujeres.com http://www.mujerpalabra.net Página 8 de 9

FIN Página 9 de 9