sindicato nacional de ccoo de galicia

Documentos relacionados
XORNADA TÉCNICA: IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO LABORAL: PLANS DE IGUALDADE.

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente,

INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Evolución paro rexistrado. Outubro /Outubro

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE RIBADUMIA. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. febreiro 2010

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE MEAÑO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. febreiro 2010

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

Informe mensual do paro rexistrado. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xullo de 2009 PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS

Informe mensual do paro rexistrado

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Variación mensual do paro rexistrado por CCAA

SITUACIÓN SOCIO LABORAL DAS MULLERES EN GALICIA 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

E DAS PERSOAS RESIDENTES NO CONCELLO DA CORUÑA

% -6,55% VARIACIÓN ANUAL OUTUBRO 2016 Absoluta Relativa Dato Absoluta Relativa Dato ,23% ,62% 77.

O ESTADO DA POBREZA SEGUIMENTO DO INDICADOR DE RISCO DE POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE VALGA. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

Informe mensual do paro rexistrado

Os maiores e as TIC ANO 2011

Informe mensual do paro rexistrado. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. xaneiro 2010 PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE MEAÑO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Marzo Nº Var. Int. 18/17

Movementos naturais da poboación. Dinámicas demográficas actuais: movemento natural da poboación. - Movementos migratorios (1990 á actualidade)

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia Desigualdade, desemprego e precariedade, as eivas do traballo feminino en Galicia Marzo de 2016

INFORME SOBRE O TIEPI (TEMPO DE INTERRUPCIÓN EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

INFORME SOBRE O NIEPI (NÚMERO DE INTERRUPCIÓNS EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xullo Nº Var. Int. 17/16

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

As empresas culturais en Galicia

A PRECARIEDADE NO EMPREGO XUVENIL

22/F DÍA POLA IGUALDADE SALARIAL INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS EN GALICIA

4.3.- galicia. Cobertura social

Pacto Territorial de Emprego do Salnés [INFORME DE SINISTRALIDADE LABORAL]

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

As mulleres no Sector TIC. Ano 2017

A SINIESTRALIDADE NAS ESTRADAS.

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia A economía galega no segundo trimestre de 2013 Outubro de 2013

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Informe Mensual do Paro Rexistrado:

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Agosto Nº Var. Int. 17/16

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Informe Mensual do Paro Rexistrado:

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

A densidade de poboación (hab./km2) é un indicador demográfico que serve para comparar o volume de poboación entre territorios.

Neste informe realízase unha análise das principais estatísticas sobre diferenzas salariais entre mulleres e homes máis recentes:

Elaborado polo Gabinete Económico e coordinado pola Secretaría de Emprego

SICRI-2014 nunha ollada

COMPLEMENTO POR MATERNIDADE NAS PENSIÓNS CONTRIBUTIVAS DA SEGURIDADE SOCIAL

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Informe Mensual do Paro Rexistrado:

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA

TURISMO EN GALICIA. Informe avaliación datos estatísticos. Acum. Xullo 2016

O Software Libre as empresas informáticas de Galicia Resumo executivo

ESTUDO DAS DIFERENZAS SALARIAS DOS DOCENTES SEGUNDO COMUNIDADE AUTÓNOMA DE DESTINO

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

ES DE T A O T G Í LE 2009 S A T G AE405 IC N A A L P

SITUACIÓN DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA EN GALICIA Tomo I

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

4.1.- galicia. Saúde. o asignado nos orzamentos do ano anterior (cadro ).

DINAMISMO DO TECIDO PRODUTIVO

Datos básicos sobre a evolución do galego

I. INTRODUCCIÓN E NOTAS METODOLÓXICAS... 1

A regulación do emprego e o Fondo de Garantía Salarial

Gasto público en cultura

Informe Semestral do Número de Afiliados: ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA

CSIF sobre a Lei 1/2012 de medidas temporais e os orzamentos 2018

FICHAS DOS COLECTIVOS NO MERCADO LABORAL GALEGO

DOCUMENTOS DE TRABALLO

DISTRIBUCIÓN POR SEXOS NOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Ano Unidade de Igualdade Ano

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS EN GALICIA

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

Galicia, a primeira Comunidade en sinistralidade mortal cun índice de incidencia que duplica ao estatal

Sistema de contas. Cadro macroeconómico de Galicia. Contas de bens e servizos, produción e explotación. Galicia

A LONGO PRAZO, GALICIA SÓ PODERÁ MANTER O ACTUAL NÚMERO DE HABITANTES SE SE DAN SALDOS MIGRATORIOS DE GRAN MAGNITUDE

Tema 10.- A poboación española.

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

Área Metropolitana de Vigo

O SALARIO. O salario ou remuneración salarial é o pago que recibe en forma periódica un

secretaría de emprego sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

Tipos e bases de cotización da Seguridade Social

O libro e a edición en Galicia (2016)

I. INTRODUCCIÓN...2 II. EVOLUCIÓN DO PARO EN III. DISTRIBUCIÓN DO PARO REXISTRADO...7 IV. TAXAS DE PARO...12 CONCLUSIÓNS...15 ANEXO...

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

INFORME CLIMATOLÓXICO

Transcripción:

DOCUMENTOS A REALIDADE DAS MULLERES EN GALICIA: O EMPREGO, O SALARIO E A PENSIÓN gabinete económico do s. n. de cc oo de galicia n.º 146 / marzo de 2012 gabinete técnico económico 1

documento 146 Documento do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia N.º 146 / Marzo de 2012 2 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

ÍNDICE 1. As mulleres no mercado laboral galego...5 1.1. Evolución da actividade...5 1.2. Evolución do emprego...7 1.3. Evolución do paro...16 2. Salarios...21 3. A protección social das mulleres galegas...25 3.1. Prestacións por desemprego...25 3.2. Pensións...26 4. Conclusións...32 gabinete técnico económico 3

1. AS MULLERES NO MERCADO LABORAL GALEGO Neste apartado analizamos a situación das mulleres no mercado laboral baseándonos nas súas variables básicas: a actividade, o emprego e as súas características e o desemprego. Utilizamos os datos da enquisa de poboación activa (EPA) e iniciamos a análise no ano 2005 para compararmos a fase expansiva da economía e do emprego coa etapa de crise económica. 1.1. EVOLUCIÓN DA ACTIVIDADE En primeiro lugar analizamos a poboación activa, que é «o conxunto de persoas que, nun período de referencia dado, subministran man de obra para a produción de bens e servizos económicos ou que están dispoñibles e fan xestións para incorporarse á produción. Comprende a todas as persoas de 16 ou máis anos que durante a semana de referencia cumpren as condicións para a súa inclusión entre as persoas ocupadas ou paradas». Cadro n.º 1. POBOACIÓN ACTIVA SEGUNDO O SEXO MULLERES HOMES TOTAL 2005 548.200 706.600 1.254.800 2006 567.900 704.200 1.272.100 2007 572.500 719.500 1.292.000 2008 588.400 726.400 1.314.800 2009 604.800 712.500 1.317.400 2010 597.300 703.600 1.300.900 2011 611.400 699.800 1.311.200 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A poboación activa galega aumenta en 56.400 persoas entre os anos 2005 e 2011, cunha distribución desigual entre mulleres e homes. Nese período incorpóranse ao mercado laboral 63.200 mulleres e, pola contra, o número de homes activos baixa en 6.800. gabinete técnico económico 5

No último ano, a poboación activa feminina medra nun 2,4 % ata situar en 611.400 o número de mulleres activas, a cifra máis elevada dende que existen estatísticas. Pola contra, a poboación activa masculina descende nun 0,5 %, o que implica un volume de 699.800 activos. O peso da poboación activa feminina no total aumenta ao pé de tres puntos porcentuais nos últimos seis anos: as mulleres eran o 43,7 % da poboación activa galega en 2005 e en 2011 son o 46,6 %, porcentaxe que se sitúa por baixo do seu peso no conxunto da poboación e, tamén, do peso no total de persoas en idade legal de traballar. A seguir analizamos a evolución da poboación activa feminina con outro indicador, a taxa de actividade (que é o cociente entre a poboación activa e a poboación en idade legal de traballar). Os datos recóllense no cadro 2. Cadro n.º 2. TAXA DE ACTIVIDADE SEGUNDO O SEXO MULLERES HOMES TOTAL 2005 44,3 % 62,6 % 53,0 % 2006 45,8 % 62,2 % 53,6 % 2007 46,0 % 63,3 % 54,3 % 2008 47,2 % 63,7 % 55,1 % 2009 48,5 % 62,5 % 55,2% 2010 48,0 % 61,8 % 54,6 % 2011 49,2 % 61,7 % 55,2 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A taxa de actividade masculina é superior á feminina. Non obstante, o diferencial entre unha e outra reduciuse en 5,8 puntos nos últimos seis anos: en 2005 a diferenza situábase nos 18,3 puntos e no ano 2011 era de 12,5 puntos. Entre os anos 2005 e 2011, a taxa de actividade feminina aumentou en 4,9 puntos ata alcanzar o 49,2 %, mentres que a masculina retrocedeu en 0,9 puntos e sitúase no 61,7 %. No cuarto trimestre de 2011 acadouse a taxa de actividade feminina máis elevada, 49,7 %. Por último, completamos a análise da poboación activa feminina coa evolución das taxas de actividade feminina en función da idade. 6 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

Cadro n.º 3. TAXA DE ACTIVIDADE FEMININA SEGUNDO A IDADE 16 A 19 20 A 24 25 A 54 55 E MÁIS TOTAL 2005 16,3 % 58,6 % 70,4 % 13,3 % 44,3 % 2006 12,8 % 55,2 % 74,2 % 13,3 % 45,8 % 2007 15,3 % 50,0 % 75,7 % 12,5 % 46,0 % 2008 15,2 % 53,2 % 76,7 % 13,6 % 47,2 % 2009 12,2 % 57,1 % 78,1 % 15,1 % 48,5 % 2010 14,9 % 50,6 % 77,9 % 14,9 % 48,0 % 2011 12,6 % 48,7 % 80,2% 16,1 % 49,2 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA Do cadro 3 despréndese que as taxas de actividade femininas máis altas se rexistran nas mulleres que teñen entre 20 e 54 anos, especialmente no tramo de entre 25 e 54 anos. Pola contra, as taxas máis baixas danse nos grupos de idade extremos: entre 55 e máis anos (debido a que as mulleres abandonan o mercado laboral, fundamentalmente, para atenderen as responsabilidades familiares e polo atraso histórico na súa incorporación ao traballo fóra do fogar) e entre os 16 e 19 anos (pola prolongación da etapa formativa). A taxa de actividade no tramo de entre 25 e 54 anos que concentra a maioría das mulleres activas e no de 55 ou máis anos acada o seu valor máximo en 2011, con porcentaxes do 80,2 % e do 16,1 %, respectivamente. Pola contra, a taxa de actividade no tramo dos 16 aos 19 anos e no de entre 20 e 24 anos seguiu unha tendencia descendente no último ano ao retroceder en 2,3 e 1,9 puntos porcentuais, respectivamente. 1.2. EVOLUCIÓN DO EMPREGO A segunda variable de estudo é a poboación ocupada, que se define como «aquelas persoas de 16 ou máis anos que durante a semana de referencia estiveron traballando polo menos unha hora, a cambio dunha retribución (salario, xornal, beneficio empresarial, etcétera) en diñeiro ou en especie. Tamén son ocupadas as persoas que, tendo traballo, estiveron temporalmente ausentes por enfermidade, vacacións, etc. pero mantendo un forte vínculo con aquel». gabinete técnico económico 7

Cadro n.º 4. POBOACIÓN OCUPADA SEGUNDO O SEXO MULLERES HOMES TOTAL 2005 474.200 655.900 1.130.100 2006 502.900 661.400 1.164.200 2007 515.000 678.300 1.193.400 2008 527.400 672.700 1.200.100 2009 522.700 628.700 1.151.400 2010 499.900 600.800 1.100.700 2011 499.500 583.400 1.083.000 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA O volume total de emprego comeza a verse afectado pola crise na segunda metade de 2008; de feito, no terceiro trimestre estancouse e no cuarto xa comezou a destruírse. A poboación ocupada galega seguiu unha tendencia ascendente entre os anos 2005 e 2008. Nese período, o maior incremento corresponde ao emprego feminino, que medra un 11 % fronte a só un 3 % do emprego masculino. É dicir, 53.200 dos 70.000 empregos creados entre 2005 e 2008 foron para mulleres ou, dito doutro xeito, un 76 % do emprego neto creado foi feminino. Os efectos da crise notáronse antes no emprego masculino que no feminino: no terceiro trimestre de 2008, a poboación ocupada masculina empezou a diminuír con respecto aos valores do ano anterior, mentres que a destrución do emprego feminino se retardou ata o terceiro trimestre de 2009. Dende o ano 2008 destruíronse 117.100 empregos ata situarse o volume de emprego total en 1.083.000 persoas, cifra inferior á acada no ano 2004, o que implica que o número de persoas con emprego en Galicia retrocedeu ao que tiñamos hai sete anos. O número de mulleres ocupadas caeu en 27.900, un 5,3 %, mentres que a poboación ocupada masculina retrocedeu nun 13,3 %, o que supón unha perda de 89.300 empregos masculinos. É dicir, de cada cen empregos perdidos entre os anos 2008 e 2011, 24 estaban ocupados por mulleres. 8 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

Ao analizar a evolución da poboación ocupada compróbase que no ano 2011 se moderou a destrución do emprego feminino: 400 mulleres perderon o seu emprego, mentres que no ano anterior foran 22.800. Á vista dos datos, podemos concluír que o emprego feminino medrou máis que o masculino na fase expansiva e está caendo menos na fase recesiva. Veremos máis adiante que a destrución do emprego afectou máis aos homes que ás mulleres debido á diferente incidencia da crise nas distintas ramas de actividade. Os datos do cadro 5 reflicten a evolución da taxa de ocupación (que é o cociente entre a poboación ocupada e a poboación en idade legal de traballar). Cadro n.º 5. TAXA DE OCUPACIÓN SEGUNDO O SEXO MULLERES HOMES TOTAL 2005 38,3 % 58,1% 47,8 % 2006 40,5 % 58,4 % 49,1 % 2007 41,4 % 59,7 % 50,1 % 2008 42,3 % 59,0 % 50,3 % 2009 41,9 % 55,1 % 48,3 % 2010 40,1 % 52,8 % 46,2 % 2011 40,2 % 51,4 % 45,6 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A taxa de ocupación masculina é superior á feminina, pero a diferenza entre ambas foise acurtando nos últimos anos, fundamentalmente pola forte destrución do emprego entre os homes. A diferenza entre a taxa de ocupación masculina e feminina é de 11,2 puntos, cando hai seis anos era de 19,8 puntos. Entre o ano 2008 cando se acadou a taxa de ocupación máis elevada e o ano 2011, a taxa de ocupación das mulleres retrocedeu en 2,1 puntos ata o 40,2 %, mentres que a masculina fíxoo en 7,6 puntos ata alcanzar o 51,4 %. gabinete técnico económico 9

A seguir, analizamos a evolución do emprego feminino nos distintos sectores de actividade. No cadro 6 plásmase a variación nos catro grandes sectores de actividade. Cadro n.º 6. EMPREGO FEMININO SEGUNDO O SECTOR PRIMARIO INDUSTRIA CONSTRUCIÓN SERVIZOS TOTAL 2005 53.200 65.000 6.700 349.300 474.200 2006 50.200 61.800 9.200 381.700 502.900 2007 42.900 62.800 11.300 397.900 515.000 2008 37.200 62.500 10.500 417.200 527.400 2009 37.400 52.800 8.800 423.600 522.700 2010 35.800 46.600 8.200 409.200 499.900 2011 36.400 48.600 6.900 407.600 499.500 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A poboación ocupada feminina aumentou decontino entre os anos 2005 e 2008 pero a dinámica do emprego feminino nos catro sectores de actividade era moi dispar. O sector dos servizos é o primeiro por volume de emprego feminino, e evoluciona en sentido positivo entre os anos 2005 e 2008 cunha medra do emprego do 19 %. Un 76 % dos 90.000 empregos creados neste sector foron ocupados por mulleres. No sector da construción tamén medra de xeito considerable o emprego feminino, alcanzándose o volume máximo de ocupación no ano 2007 con 11.300 mulleres. Pola contra, a evolución do sector industrial é negativa, ao diminuír o emprego un 4 % (o que non impide que siga sendo o segundo sector en importancia no emprego das mulleres); o mesmo acontece no sector primario, no que se mantén o proceso de axuste secular. Dende o ano 2008 perdeuse emprego feminino en todos os sectores de actividade. O máis prexudicado pola destrución de emprego é o industrial, cunha perda de 13.900 empregos femininos, o 22 % dos existentes en 2008. O volume mínimo de emprego na industria rexistrouse no primeiro trimestre de 2010 con 45.300 mulleres ocupadas, a cifra máis baixa dende o ano 1999. A poboación ocupada feminina no sector da construción tamén segue unha liña desfavorable pois diminúe nun 34 % no período sinalado. O emprego 10 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

feminino neste sector chega ao seu volume mínimo de ocupación no terceiro trimestre de 2011 con 6.400 mulleres ocupadas. O sector dos servizos foi o que resistiu mellor na fase inicial da crise, pero a partir do ano 2009 tamén comezou a diminuír nel a ocupación feminina. Nos dous últimos exercicios perdéronse 16.000 empregos femininos, o que supón un ritmo de caída do 4 % con respecto á cifra de 2009. Como diciamos ao principio deste apartado, unhas 400 mulleres perderon o seu emprego no último ano. A destrución do emprego centrouse no sector da construción (1.300 ocupadas menos) e no dos servizos (1.600 ocupadas menos). Analizando os datos por ocupacións, pérdese emprego feminino nas de carácter técnico e profesional de apoio (nun 29 %), nas relacionadas cos servizos de restauración, persoais, protección e vendas (nun 3,5 %) e nas ocupacións non cualificadas (nun 0,8 %). Os datos do cadro 7 amosan a estrutura porcentual do emprego feminino segundo o sector. Cadro n.º 7. EMPREGO FEMININO SEGUNDO O SECTOR. ESTRUTURA PORCENTUAL PRIMARIO INDUSTRIA CONSTRUCIÓN SERVIZOS TOTAL 2005 11 % 14 % 1 % 74 % 100 % 2006 10 % 12 % 2 % 76 % 100 % 2007 8 % 12 % 2 % 77 % 100 % 2008 7 % 12 % 2 % 79 % 100 % 2009 7 % 10 % 2 % 81 % 100 % 2010 7 % 9 % 2 % 82 % 100 % 2011 7 % 10% 1 % 82 % 100 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A destrución do emprego afectou máis aos homes ca ás mulleres porque incidiu máis nos sectores masculinizados (construción e industria). Os datos do cadro 7 reflicten que o emprego feminino se concentra maioritariamente no sector dos servizos e que, no extremo oposto, o sector de actividade en que están menos presentes é o da construción. gabinete técnico económico 11

Para completar as características do emprego feminino, debemos afondar na situación profesional das ocupadas. No cadro 8 recóllese a distribución do emprego segundo a situación profesional. Cadro n.º 8. EMPREGO FEMININO POR SITUACIÓN PROFESIONAL EMPREGO ASALARIADO EMPRESARIADO/ COOPERATIVISMO AXUDAS FAMILIARES E OUTRAS SITUACIÓNS TOTAL 2005 354.200 97.700 22.300 474.200 2006 384.900 103.700 14.200 502.900 2007 401.000 101.700 12.400 515.000 2008 413.700 103.700 10.000 527.400 2009 417.700 98.600 6.400 522.700 2010 402.400 91.500 6.100 499.900 2011 401.600 92.600 5.300 499.500 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA O emprego galego é mormente asalariado, pois 8 de cada 10 persoas ocupadas están nesta situación profesional. Este significativo número de asalariados (847.900 en 2011) responde ao maior peso das actividades produtivas ligadas ao traballo asalariado, como os empregos administrativos, a industria, os servizos ás persoas ou a construción, no conxunto da ocupación galega. Entre 2005 e 2008, o emprego feminino medra nas categorías de asalariadas e de empresarias con ou sen persoal asalariado, e diminúe nas de axudas familiares (mulleres que traballan na empresa dun familiar co que conviven e non teñen unha remuneración regulada) e outras situacións. O emprego asalariado feminino experimenta unha medra moi superior á do conxunto do emprego feminino, ao se situar no 17 %, acadándose unha cifra de case 414.000 mulleres asalariadas. O avance do emprego feminino tradúcese nunha medra da taxa de salarización (porcentaxe de mulleres asalariadas sobre o total de ocupadas): 75 % en 2005 e 78 % en 2008. O emprego asalariado feminino mantivo unha progresión positiva ata a primeira metade de 2009; nese ano alcanzouse a cifra máis alta de mulleres asalariadas, 417.700. Porén, nos dous últimos anos perderon o seu em- 12 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

prego 16.100 mulleres asalariadas, o que supón un ritmo de caída do 4 % con respecto á cifra de 2009. A evolución da poboación ocupada feminina nas restantes categorías segue unha tendencia negativa no período de crise, especialmente a de empresarias con ou sen persoal asalariado, que chega ao seu volume mínimo de ocupación no primeiro trimestre de 2010 con 89.500 ocupadas. No último ano continúa destruíndose emprego asalariado entre mulleres, aínda que cunha taxa máis moderada que a do ano anterior: en 2010 perderon o seu emprego 15.300 mulleres asalariadas e en 2011 fixérono unhas 800. A única categoría en que se crea emprego neto é na de empresarias ou membros de cooperativas, con 1.100 mulleres ocupadas máis que en 2010. Para completarmos os trazos do emprego feminino galego, queda por coñecer o tipo de xornada e a modalidade de contrato. Comezaremos pola evolución do emprego segundo a xornada, seguindo o cadro 9. Cadro n.º 9. EMPREGO SEGUNDO A XORNADA E O SEXO MULLERES HOMES AMBOS PARCIAL COMPLETA PARCIAL COMPLETA PARCIAL COMPLETA 2005 101.200 372.900 32.300 623.600 133.500 996.500 2006 97.900 405.000 28.900 632.400 126.800 1.037.400 2007 90.100 424.900 26.600 651.800 116.600 1.076.700 2008 101.700 425.700 29.800 643.000 131.500 1.068.600 2009 101.000 421.700 26.700 602.000 127.700 1.023.700 2010 100.000 399.800 28.400 572.400 128.400 972.200 2011 101.400 398.200 30.600 552.800 132.000 951.000 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA O emprego galego é a xornada completa; reflícteo o dato de que só doce de cada cen persoas ocupadas teñen xornada parcial. A maior parte dos homes e mulleres galegos traballan a xornada completa, o 80 % das mulleres e o 95 % dos homes. Teñen contrato a tempo parcial un 20 % de mulleres fronte a un 5 % de homes. gabinete técnico económico 13

Daquela, o emprego a tempo parcial en Galicia é sobre todo feminino, pois o 77 % das persoas ocupadas neste tipo de xornada son mulleres (101.400). Entre o ano 2005 e o 2008, o emprego feminino a xornada completa medra decontino, mentres que o de xornada parcial non presenta variacións significativas. Nese período, créanse 53.200 empregos entre mulleres, e destes 52.800 son a xornada completa. Dende que comezou a crise, o emprego feminino que se está perdendo é, a maioría, a xornada completa. De feito, nos tres últimos anos, dos 27.900 empregos perdidos, 27.500 eran a xornada completa e uns 300 a xornada parcial. Complétase a análise das características do emprego feminino coa distribución do emprego asalariado, diferenciando entre sector privado e sector público, e en función do tipo de contrato e do sexo. Cadro n.º 10. EMPREGO ASALARIADO NO SECTOR PRIVADO MULLERES HOMES AMBOS INDEFINIDO TEMPORAL INDEFINIDO TEMPORAL INDEFINIDO TEMPORAL 2005 158.500 100.500 253.800 145.300 412.300 245.800 2006 167.300 115.900 274.200 144.800 441.400 260.700 2007 199.000 99.600 290.300 141.800 489.300 241.400 2008 205.700 101.100 292.800 128.000 498.500 229.200 2009 225.200 87.700 294.000 100.400 519.300 188.100 2010 211.100 81.400 286.200 88.100 497.300 169.500 2011 212.200 80.200 272.700 84.800 484.900 165.000 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA O cadro 10 reflicte a evolución do emprego por tipos de contrato e sexo no sector privado. O emprego asalariado indefinido no sector privado medrou de forma sostida ata o ano 2009. Pola contra, a cifra máis alta de persoas asalariadas con contratos temporais acadouse en 2006, e de aí en diante comezou a descender o emprego temporal. Na fase inicial da crise, a destrución do emprego asalariado no sector privado centrouse no emprego temporal. No primeiro trimestre de 2010 é cando se comeza a perder emprego asalariado indefinido. 14 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

O número de asalariadas no sector privado medrou decontino ata chegar a 312.900 en 2009, cifra que supera nun 21 % a de 2005. Nese período, o emprego neto creado foi indefinido; as asalariadas cun contrato indefinido aumentan en 66.700 e as que teñen un contrato temporal descenden en 12.800. Nos dous últimos anos perderon o seu emprego 20.500 asalariadas no sector privado: 13.000 eran indefinidas e 7.500 temporais. En termos porcentuais, o maior descenso corresponde ao emprego temporal, que diminúe un 9 % fronte a un 6 % do indefinido. No cadro 11 plásmase a evolución do emprego segundo o tipo de contrato e o sexo no sector público. Cadro n.º 11. EMPREGO ASALARIADO NO SECTOR PÚBLICO MULLERES HOMES AMBOS INDEFINIDO TEMPORAL INDEFINIDO TEMPORAL INDEFINIDO TEMPORAL 2005 65.300 29.900 69.800 17.700 135.100 47.600 2006 68.800 32.900 70.000 16.900 138.800 49.800 2007 72.100 30.200 71.500 17.500 143.600 47.700 2008 71.500 35.400 70.100 18.300 141.600 53.700 2009 70.600 34.200 68.600 18.000 139.200 52.200 2010 77.800 32.100 71.500 15.100 149.200 47.200 2011 79.900 29.300 73.400 15.300 153.300 44.600 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA Ao contrario do que acontece no sector privado, no público hai máis mulleres asalariadas ca homes; a cifra máis alta acadouse no ano 2010 con 109.800 mulleres, que baixa ata as 109.200 en 2011. No último ano intensificouse a destrución do emprego feminino temporal no sector público, mentres que o indefinido continuou en alza. Perderon o seu emprego 2.800 asalariadas que tiñan un contrato temporal e, pola contra, o número de asalariadas cun contrato indefinido aumentou en 2.100 ata chegar ás 79.900, a cifra máis elevada dos últimos sete anos. Recollemos no cadro 12 a evolución da taxa de temporalidade por sexo e para os sectores público e privado. gabinete técnico económico 15

Cadro n.º 12. EVOLUCIÓN DA TAXA DE TEMPORALIDADE SECTOR PRIVADO SECTOR PÚBLICO TOTAL MULLERES HOMES MULLERES HOMES MULLERES HOMES 2005 38,8 % 36,4 % 31,4 % 20,2 % 36,8 % 33,5 % 2006 40,9 % 34,6 % 32,4 % 19,4 % 38,7 % 32,0 % 2007 33,4 % 32,8 % 29,5 % 19,7 % 32,4 % 30,6 % 2008 33,0 % 30,4 % 33,1 % 20,7 % 33,0 % 28,7 % 2009 28,0 % 25,5 % 32,6 % 20,8 % 29,2 % 24,6 % 2010 27,8 % 23,5 % 29,2 % 17,4 % 28,2 % 22,4 % 2011 27,4 % 23,7 % 26,8 % 17,3 % 27,3 % 22,4 % Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A taxa de temporalidade das mulleres supera a dos homes tanto no sector privado coma no público. A maior diferenza entre ambas dáse no sector público. No sector privado, a taxa de temporalidade tendeu á baixa nos últimos seis anos; nese período caeu en case 12 puntos, seguindo unha distribución desigual entre mulleres e homes: nas mulleres baixa 11,4 puntos e nos homes, 12,7 puntos. O resultado é que a diferenza entre ambas pasa de 2,4 puntos en 2005 a 3,7 puntos en 2011. No sector público rexístrase a taxa de temporalidade máis baixa en 2011 tanto nos homes coma nas mulleres: nelas é do 26,8 % e a dos homes é do 17,3 %, o que implica que a diferenza entre ambas é case de 10 puntos. Dende o ano 2008 ata o 2010, a taxa de temporalidade das mulleres era máis alta no sector público que no privado, en 2011 é ao contrario. No último ano diminúe a taxa de temporalidade das mulleres no sector público e no privado porque se intensifica a destrución do emprego temporal, ao tempo que se modera o incremento do emprego indefinido. Podemos concluír, polo tanto, que as mulleres soportan maior eventualidade no emprego que os homes, tanto no sector privado coma no público. 1.3. EVOLUCIÓN DO PARO A última variable de estudo é a poboación parada, que se define como «aquelas persoas de 16 ou máis anos que durante a semana de referencia 16 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

(a anterior a aquela en que se realiza a entrevista) estiveron sen traballo, están dispoñibles para traballar no prazo das dúas semanas seguintes á semana de referencia e estiveron buscando activamente emprego durante as catro semanas precedentes (período de catro semanas que remata ao final da semana de referencia). Considéranse tamén persoas paradas as que atoparon un traballo e empecen a traballar nun período de tres meses como máximo». No cadro 13 recollemos a evolución da poboación parada segundo o sexo. Cadro n.º 13. POBOACIÓN PARADA SEGUNDO O SEXO MULLERES HOMES TOTAL 2005 74.100 50.700 124.800 2006 65.000 42.800 107.800 2007 57.500 41.200 98.700 2008 61.000 53.700 114.700 2009 82.100 83.800 165.900 2010 97.400 102.900 200.300 2011 111.800 116.400 228.300 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA Segundo os datos do cadro, o desemprego baixou en Galicia entre os anos 2005 e 2007 nun 21 %. O maior descenso correspondía ao paro feminino, que se reduciu nun 22 % fronte ao 19 % do paro masculino. Nese período, o paro feminino foi superior ao masculino. O paro comeza a medrar en Galicia no segundo trimestre de 2008 ata afectar a 228.300 persoas no ano 2011. O maior incremento do paro concentrouse no primeiro trimestre de 2009, cando aumentou en 33.700 persoas en só tres meses. O paro feminino tamén leva aumentando dende comezos de 2008, e a maior suba concéntrase así mesmo no primeiro trimestre de 2009, ao sumar 15.000 paradas máis, un 23 % con respecto ao trimestre anterior. A cifra máis elevada de paro feminino acádase no cuarto trimestre de 2011 con 117.700 desempregadas. gabinete técnico económico 17

Na fase inicial da crise, o paro afectou máis aos homes ca ás mulleres; de feito, ata o ano 2008 había máis mulleres paradas ca homes e de aí en diante é ao contrario. Pero no último ano, o paro feminino xa medrou máis que o masculino (14.400 paradas máis fronte a 13.500 parados máis). A taxa de paro (cociente entre o número de persoas paradas e o de persoas activas) evoluciona de xeito semellante ás cifras absolutas, cunha diferenza: ao ser menor a poboación activa feminina (o divisor para calcular a taxa), o paro feminino expresado en porcentaxe é superior ao masculino. Os datos recóllense no cadro 14. Cadro n.º 14. TAXA DE PARO SEGUNDO O SEXO MULLERES HOMES TOTAL 2005 13,5 7,2 9,9 2006 11,4 6,1 8,5 2007 10,0 5,7 7,6 2008 10,4 7,4 8,7 2009 13,6 11,8 12,6 2010 16,3 14,6 15,4 2011 18,3 16,6 17,4 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A taxa de paro caeu de forma sostida na fase expansiva ata alcanzar un mínimo do 7,6 % en 2007. A partir dese momento non deixou de medrar, cun perfil moi similar á evolución das cifras absolutas de paro. Como xa comentamos, a taxa de paro feminina é e foi sempre superior á masculina, mesmo nos anos en que hai menos mulleres en paro ca homes. A diferenza entre a taxa de paro feminina e masculina é máis alta na fase expansiva da economía que na etapa da crise. En 2007, cando chegou ao seu mínimo, a diferenza entre a taxa de paro feminina e masculina era de 4,3 puntos e en 2011 esa diferenza baixa ata 1,7 puntos. A seguir analizamos a evolución da taxa de paro feminina segundo a idade, datos que recollemos no cadro 15. 18 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

Cadro n.º 15. EVOLUCIÓN DA TAXA DE PARO FEMININA SEGUNDO A IDADE 16 A 24 25 A 54 55 E MÁIS TOTAL 2005 26,7 12,5 8,1 13,5 2006 23,3 10,9 6,1 11,4 2007 20,5 9,5 6,0 10,0 2008 24,0 9,4 7,3 10,4 2009 30,1 12,9 7,6 13,6 2010 36,7 15,7 9,1 16,3 2011 36,6 18,2 10,8 18,3 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA A taxa de paro distribúese de xeito moi dispar entre os diferentes grupos de idade: nas mulleres de entre 16 e 24 anos en 2011 era do 36,6 %, cifra que duplica a das mulleres de entre 25 e 54 anos e multiplica por tres a das que teñen 55 ou máis anos. Entre o ano 2007 cando a taxa de paro está no seu nivel máis baixo e o 2011, a taxa de paro feminina aumentou para todos os grupos de idade, sobre todo o de 16 a 24 anos. En só catro anos, a taxa de paro aumenta en 16,1 puntos para as mulleres que teñen entre 16 e 24 anos; en 8,7 puntos para as de 25 a 54 anos e en 4,8 puntos entre as mulleres de 55 ou máis anos. Por último, analizamos a evolución do paro feminino segundo o nivel de formación. Os datos tomámolos do cadro 16. Cadro n.º 16. EVOLUCIÓN DO PARO FEMININO SEGUNDO O NIVEL DE FORMACIÓN 1 2 3 4 TOTAL 2005 8.200 21.500 18.400 25.900 74.100 2006 7.900 19.500 16.400 21.300 65.000 2007 8.900 17.600 15.300 15.800 57.500 2008 7.500 21.700 13.300 18.400 61.000 2009 8.200 33.900 17.900 22.100 82.100 2010 10.200 35.800 21.200 30.200 97.400 2011 12.400 39.500 27.500 32.400 111.800 Fonte: Elaboración propia sobre datos da EPA 1. Persoas sen estudos e educación primaria 2. Educación secundaria, primeira etapa 3. Educación secundaria, segunda etapa 4. Educación superior gabinete técnico económico 19

Segundo os datos do cadro 16, conforme avanza a crise o aumento do paro afecta a todas as mulleres, independentemente do seu nivel académico. A incidencia do paro foi maior entre as mulleres que teñen educación secundaria de primeira etapa e as que teñen educación superior. Ao comparar os datos de 2011 cos de 2007, compróbase que o número de paradas neses niveis de formación é máis do dobre. Dende o ano 2007, o paro entre as mulleres con educación secundaria de segunda etapa increméntase nun 80 % e entre as mulleres sen estudos e educación primaria, un 39 %. 20 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

2.. OS SALARIOS Un instrumento útil para coñecer a realidade dos salarios por sexos en Galicia pode ser a estatística de «Mercado de traballo e pensións nas fontes tributarias» que elabora anualmente a Axencia Tributaria. O ámbito xeográfico desta estatística limítase ás comunidades e cidades autónomas de réxime fiscal común (exclúense, polo tanto, o País Vasco e Navarra) e os últimos datos publicados corresponden ao ano 2010. Cadro n.º 17. SALARIO MEDIO ANUAL POR CC. AA. CC. AA. MULLERES (1) HOMES (2) 1/2*100 Comunidade de Madrid 20.448 28.400 72 % Cataluña 18.120 24.103 75 % Cidade de Melilla 17.470 24.471 71 % Cidade de Ceuta 17.366 25.594 68 % Aragón 16.370 22.294 73 % Principado de Asturias 16.238 22.823 71 % MEDIA DE CC. AA. 16.209 21.449 76 % Cantabria 16.169 22.355 72 % A Rioxa 16.134 20.887 77 % Castela e León 15.897 21.038 76 % Illas Baleares 15.784 19.793 80 % Galicia 15.704 20.408 77 % Comunidade Valenciana 14.876 19.339 77 % Canarias 14.819 17.975 82 % Castela-A Mancha 14.661 18.477 79 % Rexión de Murcia 14.114 17.997 78 % Andalucía 12.836 17.512 73 % Estremadura 12.735 16.110 79 % Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Axencia Tributaria. Ano 2010 Nota: Comunidades e cidades autónomas de réxime fiscal común (exclúense, polo tanto, o País Vasco e Navarra). Nese ano, en Galicia había 1.067.999 persoas asalariadas, e delas 475.306 (o 45 % do total) eran mulleres. O importe do salario medio anual dunha persoa traballadora en Galicia foi de 18.314 euros, cifra que, desagregada gabinete técnico económico 21

por sexos, implica un salario de 20.408 euros para os homes e de 15.704 para as mulleres. É dicir, unha traballadora galega percibiu un salario equivalente ao 77 % do dun home. Ou, dito doutro xeito, os ingresos salariais das mulleres galegas foron un 23 % inferiores aos dos homes, o que en cifras absolutas supón uns 4.704 euros menos ao ano. O salario medio anual feminino no conxunto estatal é inferior ao masculino nun 24 %, mentres que en Galicia como xa destacamos está por baixo da media cunha porcentaxe desfavorable ás mulleres do 23 %. As maiores diverxencias salariais entre mulleres e homes danse na comunidade de Asturias e nas cidades de Ceuta e Melilla. Pola contra, Canarias presenta a menor brecha salarial. Ao revisarmos o importe do salario medio anual feminino das diferentes comunidades e cidades autónomas de réxime común, comprobamos que o salario das mulleres galegas é o sétimo máis baixo. En concreto, o salario medio anual feminino en Galicia é inferior en 505 euros á media estatal e en 4.744 euros con respecto a Madrid, que é a comunidade que ten o salario feminino máis alto. Cadro n.º 18. SALARIO MEDIO ANUAL POR SECTORES E SEXO EN GALICIA SECTORES DE ACTIVIDADE MULLERES (1) HOMES (2) 1/2*100 Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 10.858 15.323 71 % Industria extractiva, enerxía e auga 19.443 24.734 79 % Industria 14.447 21.455 67 % Construción e actividades inmobiliarias 15.730 16.681 94 % Comercio, reparacións e transporte 12.647 18.283 69 % Información e comunicacións 17.679 25.247 70 % Entidades financeiras e aseguradoras 25.037 38.585 65 % Servizos ás empresas 11.656 17.815 65 % Servizos sociais 22.093 27.368 81 % Outros servizos persoais e de ocio 8.091 11.275 72 % Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Axencia Tributaria. Ano 2010 22 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

Outra análise interesante é a das diferenzas salariais por sectores de actividade e sexo recollidas no cadro 18. Segundo os datos da citada estatística, os ingresos salariais das mulleres están por debaixo dos percibidos polos homes en todos os sectores de actividade. As maiores diferenzas entre sexos en Galicia prodúcense no sector das entidades financeiras e aseguradoras e no de servizos ás empresas, nos que os salarios femininos supoñen o 65 % dos masculinos, seguidos da industria cunha porcentaxe do 67 %. No extremo contrario, con menores diferenzas está o sector da construción e actividades inmobiliarias, no que os salarios femininos supoñen o 94 % dos masculinos. Hai que destacar que, neste sector, o emprego feminino é inferior ao masculino e que a menor diferenza salarial se explica pola maior presenza de mulleres nas categorías de tipo administrativo ou técnico, que perciben salarios superiores. O sector en que as mulleres perciben uns salarios máis elevados é o das entidades financeiras e aseguradoras (25.037 euros anuais), seguido do de servizos sociais (22.093 euros anuais). Pola contra, os máis baixos danse nas actividades englobadas na epígrafe «outros servizos persoais e de ocio», cun salario medio anual de 8.091 euros, e no sector da agricultura, gandería, silvicultura e pesca (10.858 euros anuais). As diferenzas salariais entre homes e mulleres mantéñense anos tras ano e non teñen trazas de que vaian reducirse de forma significativa. Isto débese a diferentes razóns, que podemos agrupar en dous grandes bloques: As que teñen que ver coa desemellante composición do emprego feminino: o emprego das mulleres localízase, en maior medida ca o dos homes, nas ramas de actividade e ocupación peor remuneradas, nos empregos a tempo parcial e nos contratos temporais. A antigüidade das mulleres nas empresas é inferior á dos homes por mor da súa incorporación serodia á actividade laboral ou polas interrupcións desta para asumir responsabilidades familiares. As derivadas da discriminación directa ou indirecta no posto de traballo, consecuencia da falta de recoñecemento do principio «igual retribución gabinete técnico económico 23

para o traballo de igual valor», como, por exemplo, a existencia de sistemas de clasificación profesional sexistas; ou na determinación dos factores que inflúen na avaliación dos postos de traballo, a promoción ou a conformación da parte variable do salario. 24 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

3. A PROTECCIÓN SOCIAL DAS MULLERES GALEGAS Neste punto analizamos os ingresos obtidos por mulleres e homes galegos procedentes das prestacións por desemprego e das pensións do sistema de seguridade social. Cómpre unha matización inicial para lembrarmos que, na teoría, o sistema de protección social non discrimina en función do sexo. Non obstante, a realidade demostra que as desiguais condicións de acceso e permanencia das mulleres no mercado laboral (temporalidade, traballo a tempo parcial, salarios inferiores ) fan que topen máis dificultades para reunir os períodos de cotización necesarios e que, cando os reúnen, as contías das prestacións son menores. 3.1. PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO EMPREGO A estatística «Mercado de traballo e pensións de fontes tributarias» da Axencia Tributaria ofrece información sobre o importe medio anual das prestacións por desemprego pero non diferencia o importe das prestacións contributivas do das asistenciais. Os datos do cadro 17 reflicten que as prestacións medias anuais por desemprego percibidas polas mulleres son inferiores ás dos homes en todas as comunidades autónomas, aínda que as diferenzas son moito menores ca nos casos dos ingresos por salarios ou por pensións. En Galicia, a prestación media anual ascendeu en 2010 a 3.754 euros. No caso dos homes, o importe medio foi de 4.093 euros, mentres que nas mulleres foi de 3.358 euros. Polo tanto, as prestacións por desemprego percibidas polas mulleres galegas equivaleron ao 82 % das dos homes, é dicir, foron un 18 % máis baixas. gabinete técnico económico 25

Cadro n.º 19. PRESTACIÓN POR DESEMPREGO. MEDIA ANUAL POR CC. AA. CC. AA. MULLERES (1) HOMES (2) 1/2*100 Comunidade de Madrid 4.020 4.650 86 % Cataluña 3.931 4.651 85 % A Rioxa 3.569 4.093 87 % Comunidade Valenciana 3.569 4.451 80 % MEDIA DE CC. AA. 3.559 4.269 83 % Cidade de Ceuta 3.542 3.897 91 % Aragón 3.478 4.072 85 % Canarias 3.474 4.109 85 % Castela-A Mancha 3.441 4.098 84 % Cidade de Melilla 3.406 3.798 90 % Rexión de Murcia 3.400 4.221 81 % Castela e León 3.395 4.124 82 % Principado de Asturias 3.394 4.259 80 % Andalucía 3.373 4.048 83 % Galicia 3.358 4.093 82 % Cantabria 3.215 4.149 77 % Estremadura 3.187 3.735 85 % Illas Baleares 3.182 3.714 86 % Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Axencia Tributaria. Ano 2010 Nota: Comunidades e cidades autónomas de réxime fiscal común (exclúense, polo tanto, o País Vasco e Navarra). Cómpre destacar, por último, que as mulleres galegas perciben prestacións por desemprego inferiores á media estatal e que ocupan o cuarto posto entre as prestacións máis baixas de todas as comunidades autónomas. 3.2. PENSIÓNS Para analizar as diferenzas entre sexos dos ingresos anuais procedentes das pensións do sistema da seguridade social utilizamos de novo a estatística «Mercado de traballo e pensións nas fontes tributarias» da Axencia Tributaria. Esta estatística ofrécenos información sobre as pensións medias anuais pero non permite separar os importes en función do tipo de prestación (se é ou non contributiva ou se é de xubilación, invalidez ou viuvez) xa que só dá os importes medios. 26 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

O que si reflicte a estatística é que, tamén no caso das pensións, os ingresos obtidos polas mulleres son inferiores aos dos homes, e que esta situación se repite en todas as comunidades autónomas. Segundo a citada fonte, en Galicia, un total de 759.299 persoas percibiron en 2010 algún tipo de pensión, das cales 389.435 (o 51 % do total) eran mulleres. Cadro n.º 20. PENSIÓN MEDIA ANUAL POR CC. AA. CC. AA. MULLERES (1) HOMES (2) 1/2*100 Comunidade de Madrid 11.412 17.370 66 % Cidade de Ceuta 10.899 17.293 63 % Principado de Asturias 10.585 18.527 57 % Cidade de Melilla 10.573 16.333 65 % Cantabria 10.027 15.159 66 % Aragón 10.014 14.710 68 % Cataluña 9.932 14.750 67 % Castela e León 9.853 13.635 72 % MEDIA DE CC. AA. 9.673 13.743 70 % A Rioxa 9.653 13.103 74 % Canarias 9.260 12.326 75 % Illas Baleares 9.180 12.670 72 % Comunidade Valenciana 9.131 12.537 73 % Andalucía 9.049 12.306 74 % Galicia 8.901 12.035 74 % Estremadura 8.844 10.875 81 % Castela-A Mancha 8.842 11.528 77 % Rexión de Murcia 8.685 11.710 74 % Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Axencia Tributaria. Ano 2010 Nota: Comunidades e cidades autónomas de réxime fiscal común (exclúense, polo tanto, o País Vasco e Navarra). O importe medio anual da pensión en Galicia é de 10.428 euros que, no caso dos homes, se eleva aos 12.035 euros e nas mulleres redúcese a 8.901 euros. Isto significa que a pensión percibida por unha muller equivale ao 74 % da dun home ou, o que é o mesmo, as pensións das mulleres son inferiores nun 26 % ás dos homes. No ámbito estatal, a contía da pensión media anual feminina é un 30 % inferior á masculina. gabinete técnico económico 27

Se analizamos as pensións en función do seu importe, sen atender á comparación coas dos homes, comprobamos que a contía da pensión media anual das mulleres galegas é a cuarta máis baixa de todas as comunidades e cidades autónomas de réxime común: é inferior en 772 euros á media, e en 2.511 euros á da Comunidade de Madrid que é a máis elevada. Completamos esta análise das pensións cos datos que nos ofrece o Instituto Galego de Estatística (IGE), procedentes do Instituto Nacional da Seguridade Social. Esta fonte permite coñecer o importe medio mensual das pensións contributivas por sexo e tramos de idade. A contía das pensións contributivas depende dunha serie de variables: as bases de cotización, o peso dos diferentes tipos e réximes da seguridade social, a idade real de xubilación, os anos cotizados, etc. A distribución das pensións por clases ten unha especial relevancia porque explica, en boa medida, por que as pensións das mulleres son máis baixas ca as dos homes. No cadro 21 recóllese o número de pensións contributivas e o seu importe por sexos. Os datos son referidos ao 31 de decembro de 2010. Cadro n.º 21. PENSIÓNS SEGUNDO CLASE E SEXO EN GALICIA CLASE NÚMERO DE PENSIÓNS IMPORTE MEDIO DAS PENSIÓNS MULLERES HOMES MULLERES HOMES Incap. permanente 22.792 46.709 623,79 798,24 Xubilación 192.403 253.923 546,71 875,55 Viuvez 164.548 18.791 496,25 363,90 Orfandade 9.510 10.575 347,56 346,92 Favor familiares 3.849 1.714 432,24 404,94 TOTAL 393.102 331.712 524,12 816,39 Fonte: Elaboración propia sobre datos do IGE O importe medio das pensións de viuvez, orfandade e a favor de familiares móvese por baixo do salario mínimo interprofesional, que en 2010 era de 641,40 euros ao mes. As pensións de xubilación e de incapacidade permanente están lixeiramente por riba. 28 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

Como se ve no cadro, as mulleres teñen un peso elevado nas pensións de viuvez, mentres que os homes son beneficiarios, sobre todo, das de xubilación; e os importes das pensións de xubilación son considerablemente máis elevados ca os de viuvez. Das 393.102 pensións que perciben as mulleres, o 49 % son de xubilación e o 42 % de viuvez. A distribución das pensións que perciben os homes segundo a clase é diferente: o 77 % son de xubilación e só o 6 % son de viuvez. O importe medio das pensións de xubilación era de 733,79 euros mensuais que, no caso dos homes, se elevaba aos 875,55 euros ao mes e nas mulleres baixaba ata os 546,71 euros mensuais. O 31 de decembro de 2010 había 253.923 homes xubilados fronte a 192.403 mulleres xubiladas, o que implica que as mulleres perciben o 43 % das pensións de xubilación. Cadro n.º 22. PENSIÓNS DE XUBILACIÓN SEGUNDO TRAMOS DE IDADE E SEXO IDADE NÚMERO DE PENSIÓNS IMPORTE MEDIO DAS PENSIÓNS MULLERES HOMES MULLERES HOMES 45-49 0 2 0 2.218,32 50-54 3 53 1.724,07 1.751,32 55-59 15 2.486 1.614,15 1.565,05 60-64 3.909 16.185 899,21 1.264,98 65-69 36.363 61.889 632,17 1.002,67 70-74 34.216 52.998 566,56 859,04 75-79 39.274 54.740 535,72 798,86 80-84 35.686 37.244 506,28 739,63 85 ou máis 42.926 28.296 469,61 670,85 TOTAL 192.403 253.923 546,71 875,55 Fonte: Elaboración propia sobre datos do IGE Segundo se reflicte no cadro anterior, o 79 % das pensións de xubilación que perciben as mulleres non chegan aos 600 euros mensuais e aproximadamente só un 2 % supera o salario mínimo interprofesional. No caso das pensións contributivas de viuvez, o importe medio mensual era de 363,90 euros para os homes e de 496,25 euros para as mulleres. Aproximadamente un 90 % desas pensións son percibidas por mulleres. gabinete técnico económico 29

Ao desagregar as pensións de viuvez por tramos de idade e sexo, compróbase que a contía media que cobran as mulleres supera a dos homes en todos os tramos de idade. Cadro n.º 23. PENSIÓNS DE VIUVEZ SEGUNDO TRAMOS DE IDADE E SEXO IDADE NÚMERO DE PENSIÓNS IMPORTE MEDIO DAS PENSIÓNS MULLERES HOMES MULLERES HOMES 20-24 6 0 598,90 0 25-29 57 9 618,13 339,86 30-34 237 16 593,46 517,68 35-39 617 87 596,22 550,47 40-44 1.565 192 586,17 520,03 45-49 2.801 425 581,35 510,30 50-54 4.694 734 586,67 532,79 55-59 6.895 968 573,88 526,10 60-64 10.751 1.157 587,22 484,20 65-69 15.188 1.422 561,35 426,22 70-74 19.780 1.752 525,77 372,50 75-79 31.263 2.793 507,53 337,93 80-84 31.468 3.387 468,38 317,18 85 ou máis 39.174 5.843 407,92 294,71 TOTAL 164.548 18.791 496,25 363,90 Fonte: Elaboración propia sobre datos do IGE. A partir do tramo de entre 70 e 74 anos, o importe medio mensual da pensión de viuvez das mulleres en Galicia non chega aos 510 euros. E as mulleres beneficiarias das pensións de viuvez superan maioritariamente os 74 anos (101.905, en termos porcentuais o 62 %). As pensións non contributivas da seguridade social tamén as perciben sobre todo mulleres. Ata o 31 de decembro de 2010 había 46.511 persoas que percibían ese tipo de prestación, ao pé do 69 % eran mulleres (unhas 32.177). O cadro 24 amosa a distribución das pensións non contributivas da seguridade social por sexo e tramos de idade o 31 de decembro de 2010. 30 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

Cadro n.º 24. NÚMERO DE PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS DA SEGURIDADE SOCIAL MULLERES HOMES TOTAL 18-19 48 66 114 20-24 203 272 475 25-34 1.048 1.256 2.304 35-44 2.121 2.397 4.518 45-54 2.691 2.392 5.083 55-64 3.228 1.841 5.069 65-69 4.934 1.364 6.298 70-74 5.523 1.330 6.853 75-79 6.358 1.644 8.002 80 ou máis 6.023 1.772 7.795 TOTAL 32.177 14.334 46.511 Fonte: Elaboración propia sobre datos da IGE Nos tramos de idade máis baixos hai máis homes a percibiren pensións non contributivas que mulleres. A partir do tramo de 35 a 44 anos ocorre o contrario. Con menos de 45 anos hai 3.420 mulleres beneficiarias desa prestación fronte a 3.991 homes. Non obstante, o número de mulleres con 45 ou máis anos que perciben pensións non contributivas case triplica o dos homes (28.757 mulleres fronte a 10.343 homes). gabinete técnico económico 31

4. CONCLUSIÓNS A modo de resumo, estes son os datos máis salientables da situación das mulleres no mercado laboral galego. A participación das mulleres no mercado laboral incrementouse de xeito significativo ata acadarse en 2011 o volume de poboación activa máis elevado que se coñece: 611.400 activas. A taxa de actividade feminina mellorou pero, aínda así, segue sendo moi inferior á masculina (49,2 % fronte a 61,7 %). Dende o ano 2008 destruíronse 27.900 empregos femininos e 89.300 empregos masculinos. É dicir, de cada cen empregos perdidos, 24 estaban ocupados por mulleres. A destrución do emprego afectou máis aos homes ca ás mulleres porque incidiu máis nos sectores da construción e da industria. A taxa de ocupación masculina é superior á feminina, pero a diferenza entre ambas foise acurtando nos últimos anos, fundamentalmente pola forte destrución do emprego entre os homes. A diferenza entre a taxa masculina e feminina é de 11,2 puntos. O emprego a tempo parcial en Galicia é sobre todo feminino, pois o 77 % das persoas ocupadas neste tipo de xornada son mulleres. O emprego asalariado feminino mantivo unha progresión positiva ata a primeira metade de 2009; nese ano alcanzouse a cifra máis alta de mulleres asalariados, 417.700. Porén, nos dous últimos anos perderon o seu emprego 16.100 mulleres asalariadas: 3.700 eran indefinidas e 12.400 temporais. A taxa de temporalidade das mulleres supera a dos homes tanto no sector privado coma no público. A maior diferenza entre ambas dáse no sector público: nas mulleres é do 26,8 % e nos homes do 17,3 % 32 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

Na fase inicial da crise, o paro afectou máis aos homes ca ás mulleres. Pero, no último ano o paro feminino xa medrou máis que o masculino (14.400 paradas máis fronte a 13.500 parados máis). A taxa de paro feminina distribúese de xeito moi desigual entre os diferentes grupos de idade: nas mulleres de entre 16 e 24 anos era en 2011 do 36,6 %, cifra que duplica a das mulleres de entre 25 e 54 anos e multiplica por tres a das que teñen 55 ou máis anos. O salario dunha muller galega é inferior nun 23 % ao dun home: 15.704 euros e 20.408 euros, respectivamente. As diferenzas pódense ampliar en función da rama de actividade: no sector das entidades financeiras e aseguradoras e no de servizos ás empresas, os salarios femininos supoñen o 65 % dos masculinos, e na industria a porcentaxe é do 67 %. As desiguais condicións de permanencia das mulleres no mercado laboral fan que a contía das súas prestacións por desemprego sexa menor á dos homes nun 18 %, circunstancia que se repite nas pensións femininas, que foron un 26 % inferiores ás dos homes (8.901 euros fronte a 12.035). gabinete técnico económico 33

34 A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión

ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS DO GABINETE ECONÓMICO DO SINDICATO NACIONAL DE CC OO DE GALICIA 127. Orzamentos autonómicos 2010. Novembro de 2009 128. As propostas de CC OO ante a crise económica. Xaneiro de 2010 129. As repercusións a crise económica no mercado laboral. Xaneiro de 2010 130. As repercusións a crise económica no mercado laboral feminino. Marzo de 2010 131. O sistema público de pensións en Galicia. Marzo de 2010 132. Impacto das enfermidades profesionais en Galicia. Abril de 2010 133. Aproximación dos custos económicos da sinistralidade laboral en Galicia. Maio de 2010 134. As repercusións da crise económica no mercado laboral II. Maio de 2010 135. O despedimento en Galicia: unha análise da serie histórica 200/2009. Xuño de 2010 136. As repercusións da crise económica no mercado laboral III. Agosto de 2010 137. O déficit público español en perspectiva europea: un problema de ingresos. Novembro de 2010 138. Os orzamentos xerais do estado 2011 e a súa repercusión en Galicia. Novembro de 2010 139. As pensións contributivas en Galicia. Febreiro de 2011 140. As repercusións da crise económica no mercado laboral IV. Febreiro de 2011 141. O mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero. Marzo de 2011 142. Balance dos resultados da reforma laboral en Galicia. Abril de 2011 143. Aproximación aos custos económicos da sinistralidade laboral en Galicia. Abril de 2011 144. Balance dos resultados da reforma laboral en Galicia. Setembro de 2011 145. Balance dos resultados da reforma laboral en Galicia. Febreiro de 2012 gabinete técnico económico 35