Boas prácticas de iluminación en actividades nocturnas

Documentos relacionados
Dereitos e deberes. Co financiamento de:

COÑEZAMOS O PLAN DE EVACUACIÓN DO IES SÁNCHEZ CANTÓN

XEOGRAFÍA. O ser humano transforma o medio físico en función das súas necesidades e o seu desenvolvemento tecnolóxico. (Xeografía humana)

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

INDUSTRIA 4.0. PROXECTO DE CAPACITACIÓN EN TECNOLOXÍAS, METODOLOXÍAS OU TÉCNICAS RELACIONADAS COA. Organiza:

!!! 22 XUÑO_20 XULLO_2018!!!!! Máis alá da paisaxe

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

Contaminación lumínica e biodiversidade

AUTISMO GALICIA celebra a súa primeira ASEMBLEA XERAL do 2018

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa a mellor axuda. Boletín para nais e pais

Unidade 3. A terra que pisamos

ITINERARIOS SMART CORUÑA SMART CITY

En definitiva, SON INVISIBLES.

Uso avanzado do buscador Google

ACOLLEMENTO FAMILIAR En familia, por dereito. Dossier Informativo 2015

Guía de nais e pais CON LA PARTICIPACION DE. w w w. n ave ga con ru mbo. es

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

C.-OS ELEMENTOS HUMANOS

MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS. Facultade de Ciencias de Lugo

Información e instrucións para realizar solicitudes web

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

XORNADAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS

Fundación Refuxio de Animais

Criterios para elaboración da documentación

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

Guía rápida para aforrar na factura eléctrica

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

Impulsando a empresa galega saudable

MANUAL DE PUBLICIDADE

MANUAL DE PUBLICIDADE

A. Obxecto. B. Alcance. Sinatura. Elaborado por. Revisado por. Aprobado por. Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Pacto Territorial de Emprego do Salnés [INFORME DE SINISTRALIDADE LABORAL]

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-04

XI Xornadas de Arquitectura Bioclimática Organiza : Colexio de Arquitectos de Galicia Delegación de Santiago. Dr. Manuel Vázquez Vázquez

FÍASTE DO QUE DIS? Autores: Antonio Daniel Abad Ramírez Sara Fernández González Lucía Santiago Fernández 3ºESO

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega

1. TEXTO NARRATIVO acontecementos personaxes espazo tempo historia argumento relato trama discurso tema

VIAXAR POLO UNIVERSO Un programa de Astronía en Galego

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

PROCEDEMENTO P-PRL 17

espazoabalar Guía abalarmóbil

CONTROVERSIA ENTRE AS CORES

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

Como buscar no catálogo?

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

O diñeiro. Historia dunha ambición

PROGRAMA VOLUNTARIADO VOCES DE APOIO: ILLAS CÍES PATRIMONIO DA HUMANIDADE

GUÍA PARA FACER BUSCAS DE NORMATIVA MINERVA

O CAMIÑO DE DOWN GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana Sánchez Moreno Fotografía: Miguel Sánchez Ortiz

Campacontos Campacontos Obxectivos Persoas destinatarias Campacontos Características dos campacontos 1 Compoñentes: 2 Extensión e temática:

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN E ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS CUESTIONARIO DE AUTOEVALUACIÓN PARA AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

coñecer a tuberculose

introdución ao estudo de carnívoros

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

DESFILE DE DISFRACES E CARROZAS MARTES 28 DE FEBREIRO ÁS 17:00 HS. VILAGARCÍA DE AROUSA

Manga de Viento LABORATORIO. Obxectivos. Materias. Destrezas. Información. Os alumnos aprenderán a:

A absorción de CO 2. no marco da xestión forestal sustentable en Galicia Xornada inaugural do proxecto Troco 2, 6 de xuño de 2018

1.- Qué é Vigo, Camiño a Camiño 2.009?

Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia

En TRASCOS celebraron el dia del Síndrome de Asperger- 18 de febrero de 2017.

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

(Campus de Vigo) Actividade física e saúde: Ximnasia de mantemento. Programa de Formación Permanente do Profesorado. Universidade de Vigo

Súmate á boa xente. 2ª fase Campaña de doazón de sangue nas universidades galegas. Curso

Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural

PROGRAMAS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA PARA O FOMENTO DA EDUCACIÓN AMBIENTAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

XORNADA DE PRESENTACIÓN PÚBLICA DO IV PLAN DIRECTOR DA COOPERACIÓN GALEGA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

ACTIVIDAD 1: O ARCO DA VELLA

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Asistente web para a solicitude

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

Audio e vídeo en Ardora 7

RAM son as siglas de random access memory, un tipo de memoria de

Proxectos de Alimentación na Comunidade Ias Xornadas Concellos Saudables

Actividades: RUTAS MATEMÁTICAS POR COMPOSTELA: TEORÍA E PRÁCTICA. Escaleiras San Domingos de Bonaval

Programa Anual de actividades culturais e de promoción das ensinanzas do CMUS Profesional de Música de Vigo

introdución ao estudo de carnívoros

ATRACTIVO TURÍSTICO DAS NOSAS FESTAS

espazoabalar Guía abalarmóbil

a auga dos ríos, mares, lagos, da transpiración vexetal evapórase, facendo que as masas de aire teñan unha porcentaxe de humidade.

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Valoración dos participantes

CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA

A EDUCACIÓN FÍSICA ISABEL ABAD- 1º ESO

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

Curso Traballo Social e Demencias

Manual de Identidade Corporativa

DO FOTÓN AO LED. UN PERCORRIDO POLA LUZ E AS SÚAS TECNOLOXÍAS

Transcripción:

Boas prácticas de iluminación en actividades nocturnas Usando a luz de forma intelixente e sostible no Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ver 1.0, abril 2016

NOTA Este breve texto recolle un conxunto de boas prácticas para a iluminación sostible das actividades nocturnas educativas e de lecer, en particular as de Astronomía, a realizar no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O obxectivo é facer un uso intelixente da luz, de forma que permita o normal desenvolvemento das actividades, evite accidentes nas persoas e as cousas, e minimice todo o posible a afectación ao medio ambiente nocturno. As recomendacións aquí contidas deben entenderse como orientacións xenéricas, sen carácter legal, que procuran garantir o correcto uso da luz artificial. Prevalecerá en todo caso o disposto na normativa vixente, especialmente na relativa á seguridade no traballo e á prevención de accidentes, así como no R.D. 1890/2008, de 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de alumeado exterior e as súas Instrucións técnicas complementarias EA-01 a EA-07, en todo aquilo que resulte de aplicación. Texto elaborado por: Salva Bará, Área de Óptica, Departamento de Física Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela. Ana Ulla Miguel, Área de Astronomía e Astrofísica, Departamento de Física Aplicada, Universidade de Vigo.

A LUZ NECESARIA A luz artificial é necesaria en moitos casos para realizar unha actividade nocturna co menor risco posible para as persoas e as cousas. A luz permítenos ver os camiños e a contorna na que nos movemos, detectar posibles obstáculos que dificulten a nosa marcha, evitar golpes e caídas, recoñecer caras, localizar os obxectos que nececesitamos... Porén, a emisión de luz artificial en horario nocturno ten tamén efectos colaterais non desexados: pode distorsionar o medio natural no que viven moitas especies que necesitan da noite para se desenvolver adecuadamente, pode facernos perder a adaptación á escuridade e mesmo pode encandearnos, dificultando a nosa visión. Debemos evitar eses efectos. É necesario facer un uso apropiado da luz, que nos permita realizar as actividades nocturnas en condicións idóneas e ao mesmo tempo minimice todo o posible a afectación ao medio natural do Parque. LUZ E VISIÓN NA NOITE Podemos dicir que temos "dous sistemas visuais": Un funciona moi ben coa luz do día e permítenos ver con detalle e en cores. Está baseado nas células receptoras de luz chamadas conos. O outro funciona ben con moi pouca luz, e aínda que con el non vemos con demasiado detalle nin percibimos as cores, é moi sensible e permítenos ver cousas moi tenues. Está baseado nas células da retina coñecidas como bastóns.

Cando pasamos de ter moita luz a ter moi pouca (por exemplo, ao saír dun local a un camiño das Illas, ao apagarmos as lanternas...) o noso sistema visual necesita un certo período de adaptación en condicións de escuridade (entre 15 e 30 minutos) para poder pasar da visión diúrna (ou fotópica) á visión nocturna (ou escotópica). Será despois dese tempo de espera cando os nosos ollos teñan a máxima sensibilidade e poderemos ver todas as estrelas que o noso ceo permita. O proceso inverso é moito máis rápido: se estando adaptados á escuridade alguén nos dá un fogonazo de luz (cunha lanterna, unha lámpada, os faros dun vehículo, ou acende a pantalla dun móbil perto de nós) ou entramos nun recinto iluminado, os bastóns satúranse e perdemos rapidamente o estado de adaptación á escuridade. Necesitaremos un tempo relativamente longo a escuras, sen luces, para recuperalo de novo. A INTRUSIÓN DE LUZ ARTIFICIAL NO MEDIO NOCTURNO A vida no planeta Terra evolucionou ao longo de centenares de millóns de anos baixo oscilacions periódicas da iluminación: o ciclo diario do día e a noite, o ciclo mensual das fases da Lúa, o ciclo anual da distinta duración dos días e as noites asociado ás estacións... A maioría das especies desenvolveron adaptacións para tirar o máximo partido destes ritmos. A introdución de luz artificial no medio nocturno distorsiónaos, con múltiples efectos no

metabolismo, padróns de alimentación, movemento, relacións predadores-presa, etc, de diferentes especies nocturnas. COMO ILUMINAR? Iluminando ONDE SEXA NECESARIO Durante os desprazamentos polas illas iluminade ben o camiño sobre todo naqueles lugares que poidan presentar algún perigo para as persoas: peiraos, camiños co chan irregular, zonas cercanas a rochedos, etc. Non iluminedes as zonas que están fóra dos camiños. Dirixide o feixe de luz cara ao chan, nunca en dirección aos vosos ollos nin aos ollos das persoas que vos acompañan. Nas illas nas que poden circular vehículos pola noite levade chaleques reflectantes durante os desprazamentos. Procurade non iluminar de fronte a calquera vehículo que poidades atopar: poderiades encandear as persoas que o conducen. Iluminando CANDO SEXA NECESARIO Apagade sempre as luces cando ninguén as necesite: ao rematar os desprazamentos, durante a observación do ceo, etc. Iluminando EN CANTIDADE SUFICIENTE Iluminar ben non significa iluminar moito: significa iluminar o necesario para vermos o chan que pisamos, as cousas que usamos e o camiño que temos por diante.

O nivel de luz que necesitaremos dependerá do noso estado de adaptación á escuridade. En noites de Lúa chea a luz desta pode ser suficiente para a maioría das tarefas. En noites escuras deberemos axudarnos de lanternas. É preferible usar lanternas que permitan graduar a cantidade de luz que emiten, e regulalas ao mínimo nivel necesario. Iluminando CO ESPECTRO APROPIADO Utilizade lanternas con luces vermellas tenues, ou cubride cun plástico vermello as lanternas de LEDs brancos. As luces vermellas e laranxas tenden a interferir menos que as azuis e violetas coa visión de moitos animais nocturnos, e coa nosa propia visión adaptada á escuridade. As luces brancas están formadas pola mestura de luces de todas as cores, por iso convén cubrilas con filtros que atenúen as azuis e deixen pasar as vermellas.