OITO DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Documentos relacionados
ACTIVIDADES MÓDULO II

Resumo da elaboración I PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

ÍNDICE TALENTO FEMININO NA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA TRABALLADORAS. MEDRANDO socias e traballadoras ESTRUTURA DO PROGRAMA CADRO DOCENTE


Concello de Redondela GAC-7: Ría de Vigo-A Guarda

Punto de encontro entre a oferta do sector TIC e o resto dos sectores empresariais galegos que demandan produtos e servizos TIC para mellorar a súa

DOSSIER Rúa República Checa 52, oficina Santiago de Compostela

Programa de Cidadanía Activa: Promoción de Vida Independente

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

AULA DE PATRIMONIO. Programa pedagóxico para escolares CURSO ACADÉMICO

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

AUTISMO GALICIA celebra a súa primeira ASEMBLEA XERAL do 2018

Plan Estratéxico de Galicia

ACTIVIDADES MÓDULO II

PACTO SOCIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CONSORCIO AS MARIÑAS

INFORME DE EXECUCIÓN PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN PARA O RECICLAXE DE XÉNERO

O CAMIÑO DE DOWN GALICIA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Catalogo de Actividades de Ver

OE 1.4. Atención ao benestar social

novas leis, novas demandas PARA EDUCAR EN IGUALDADE A mulleres E homes

Campacontos Campacontos Obxectivos Persoas destinatarias Campacontos Características dos campacontos 1 Compoñentes: 2 Extensión e temática:

PRESENTACIÓN DAS ACCIONS A DESENVOLVER POLO CONCELLO DE LUGO DENTRO DO PROXECTO MURALLA DIGITAL

CONVOCATORIA DOS V PREMIOS BIOGA

Enlaza Vigo contra a violencia de xénero

Escola no río Os ollos do Loña

EIXO 10. XUVENTUDE E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

PROPOSTAS DE NOVA ESCOLA GALEGA PARA A ACCIÓN POLÍTICA MUNICIPAL NO ÁMBITO EDUCATIVO

escola e no contorno

Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI) para Carballo

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

PLAN GALEGO de INCLUSIÓN SOCIAL

TALLER DE PRESENTACIÓN. necesidades innovadoras

Curso Traballo Social e Demencias

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN E ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS CUESTIONARIO DE AUTOAVALIACIÓN PARA AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

ANEXO III: PLAN ANUAL DE LECTURA.

A CONVIVENCIA POSITIVA: MEDIACIÓN ESCOLAR E A EDUCACIÓN EMOCIONAL IES XULIÁN MAGARIÑOS DE NEGREIRA ADELINO POSE REINO BEGOÑA CORTÉS FERRO

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

INDUSTRIA 4.0. PROXECTO DE CAPACITACIÓN EN TECNOLOXÍAS, METODOLOXÍAS OU TÉCNICAS RELACIONADAS COA. Organiza:

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Fundación Refuxio de Animais

MASTER UNIVERSITARIO EN MARKETING, CONSULTORÍA E COMUNICACIÓN POLÍTICA

CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E CONTROL As especies exóticas invasoras nas Reservas de Biosfera de Galicia

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

Visitas didácticas. Gaiás Cidade da Cultura

De acordo co anteriormente exposto, esta dirección xeral, DISPÓN:

Servizo de información, asesoramento e orientación sobre recursos e servizos dispoñibles: Apoio na xestión e tramitación de recursos

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

s_profesionais_comarcais_2011.pdf

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

As propostas deberán incluír como mínimo 10 enclaves significativos.

Xaneiro 2010 XORNADA DE TRABALLO. Persoal Técnico PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO

XORNADA TÉCNICA TRABALLOS SAUDABLES EN CADA IDADE

e actuacións, introducindo a reflexión fundamentada e apoiada nos coñecementos teóricos.

3ª ESCOLA DE PRIMAVERA Educación Social e cidadanía. Intervención na escola e na comunidade

Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero

PROGRAMACIÓN 2015 OUT-DEC

Nébeda. Club de lectura e encontros literarios

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

Viveiro de Empresas do Concello de Riveira.

SENSIBILIZACIÓN - CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL Entidade de Custodia do territorio

2.1. Escalas e cuestionarios empregados

Enquisa igualdade para a población eumesa

obxectivos do curso OBXECTIVO XERAL OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Curso de Lingua de Signos Española. Setembro 2016.

CONCELLERÍA DE DEPORTES EVENTOS DEPORTIVOS CALENDARIO, INSTRUCIÓNS, SOLICITUDE E TRAMITACIÓN

Políticas de Igualdade. Xunta de. en Galicia

ATRACTIVO TURÍSTICO DAS NOSAS FESTAS

IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Vigo

Rúa Atalaia nº Porto do Son (A Coruña) CIF: P B Tlfno: Fax: ADHESIÓN REDE EUSUMO CONCELLO DE PORTO DO SON

28 de xuño Día Internacional Contra a Homofobia

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

TALLERES DE DEMOSTRACIÓN DO USO DAS TIC S PARA A INFORMACIÓN E A ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA.

integración das TIC na práctica educativa en Galicia

Plan Municipal de Emprego 2012 Concello do Porriño

2 de outubro do Casa das asociacións, Santiago de Compostela. Horario de 10:15-14:00 h. SUBVENCIONA COLABORAN. Que é o DUELO?

Educación, cultura e lecer

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

Mapa comercial de Santiago de Compostela Manual de usuario

Pasamos polo mercadillo para deixar o noso kilo de comida e o xoguete/libro no espazo de troco.

PROCEDEMENTO P-PRL 17

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

DINAMIZACION DE DESTINO TURÍSTICO: CAMARIÑAS. AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL CONCELLO DE CAMARIÑAS

ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE INTEGRADO HABITAT SAUDABLE FONDOS FEDER


XIX SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA: MULLERES DE CONTO

Proxecto Imos Traballar. Proxecto Imos Traballar. Expediente nº12. Proxecto Cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o MAP.

O servidor do centro

MEMORIA ACTIVIDADE DO CLUB ESTUDIANTES LUGO PARA

Título: Cómo intervenir en personas mayores? Autor: Gloria Pérez Serrano (Coord.) Editorial: Dykinson, Madrid, 2004 Núm. pp.: 266 Tamaño: 24 x 17 cm.

Seminario de Planificación Empresarial

Impulsando a empresa galega saudable

Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

PROGRAMACIÓN XAN-MAR

MAPA DE RECURSOS: Emprendemento e Orientación

Transcripción:

OITO DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

[1] PRESENTACIÓN [2] ACTUACIÓNS [3] OS AXENTES SOCIAIS [4] DATOS DE CONTACTO

[1] PRESENTACIÓN No ano 1975, a ONU celebrou por primeira vez o 8 de Marzo como Día Internacional das Mulleres. Esta data, que xa desde comezos do século XX fixaron no calendario internacional as reivindicacións dos movementos sufraxistas e sindicalistas de mulleres, adquiriu unha dimensión global desde o punto de vista institucional como espazo de converxencia das accións dirixidas a promover os dereitos das mulleres e a súa participación na vida política e económica. Desde a Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago consideramos que eses esforzos por converxer nas actuacións encamiñadas á promoción da igualdade deben basearse en traballar cunha perspectiva máis ampla e moito máis aló dun só día. Neste marco, propoñemos o desenvolvemento dunha campaña que abrangue varios meses, co obxectivo de traballar con diferentes colectivos e axentes sociais de Compostela para promover sinerxias e fomentar a participación social no deseño e execución do proxecto Compostela, Territorio das Mulleres. As cidades son espazos de convivencia, de tránsito de persoas, de experiencias vitais, de traballo, de lecer, de aprendizaxes Son lugares onde converxen realidades e necesidades diversas, o urbano e o rural, pero tamén territorios onde se xeran desigualdades no acceso aos recursos, no acceso aos servizos, no goce dos dereitos sociais, económicos e culturais e onde a fenda de xénero as atravesa todas. As cidades son o que son as persoas que as habitan, que as visitan, que van e veñen, que ocupan os espazos privados e, sobre todo, as cidades son o que son as persoas que fan os espazos públicos. Por todo isto queremos traballar para implicar aos sectores sociais e económicos de Compostela na construción da cidade que queremos: máis accesible, máis inclusiva e máis igualitaria porque unha cidade pensada para as mulleres é unha cidade mellor para toda a cidadanía. 05 COMPOSTELA, TERRITORIO DAS MULLERES

Ás 21 h na SALA CAPITOL Un espectáculo de Mercedes Peón, coa colaboración de artistas de distintas disciplinas Obradoiros para o empoderamento das mulleres do rural OITO DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES INSCRICIÓNS Nos centros socioculturais de Marrozos, Enfesta e Villestro. programavidapropia@gmail.com Tlf: 981 680 174 Paseos con Encarna Otero, polas fontes o 13 de marzo e polos lavadoiros o 17 de abril ENFESTA 8, 15, 17, 22 e 29 de marzo de 18 ás 19 h. MARROZOS 14, 18, 21, 28 de marzo e 4 de abril de 18.30 ás 19:30 h. VILLESTRO 9, 16, 23, 30 de marzo e 6 de abril 19 ás 20 h. As escritoras fanse visíbeis nas librarías de Compostela PREMIO Ensaios e creacións audiovisuais sobre a memoria histórica das mulleres de Compostela COMPOSTELA, TERRITORIO DAS MULLERES CONCELLARÍA DE IGUALDADE ENTRADA DE BALDE A TODAS AS ACTIVIDADES 06 COMPOSTELA, TERRITORIO DAS MULLERES

[2] ACTUACIÓNS A campaña Compostela, Territorio das Mulleres, impulsada pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo consta de varios proxectos que se veñen desenvolvendo desde o mes de febreiro en Santiago de Compostela e cuxos principais obxectivos son: visibilizar as achegas das mulleres en diferentes ámbitos e implicar á cidadanía na construción dun modelo de cidade máis amigable para/coas mulleres. 1. CREACIÓN DUN MAPA FEMINISTA DE COMPOSTELA. Co obxectivo de impulsar a creación da marca Compostela, Territorio das Mulleres crearase un mapa que servirá para, por unha banda, poñer en valor lugares e espazos que teñen relevancia no relato histórico das mulleres da cidade e, por outra, apoiar e promover aos axentes sociais e económicos que fan unha aposta pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en Compostela. Imos comezar por abrir o proceso ao sector da hostalería e o turismo de Compostela, para que valoren que contidos poderían incorporar, desde esta perspectiva, nas súas prácticas e espazos, compromisos que se farán públicos a través do mapa. Ao mesmo tempo, o mapa servirá para explorar unha dimensión turística orientada a facer de Compostela unha cidade women friendly, cuxo selo axudará na consolidación da capital galega como destino turístico. 07 COMPOSTELA, TERRITORIO DAS MULLERES

ás 21 h na SALA CAPITOL ENTRADA DE BALDE OITO DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES COMPOSTELA, TERRITORIO DAS MULLERES CONCELLARÍA DE IGUALDADE 08 COMPOSTELA, TERRITORIO DAS MULLERES

2. GALADAS. Co fin de festexar o 8 de Marzo e de presentar Compostela, Territorio das Mulleres, terá lugar un espectáculo multidisciplinar o día 5 de marzo, na Sala Capitol, dirixido por Mercedes Peón e en colaboración con diferentes mulleres de diversas disciplinas artísticas: Janet Novás, Mónica de Nut, Lucía Aldao, Yolanda Castaño, Ana García e o broche final das tocadoras de Toutón. Un espectáculo apoiado na intervención sonora e visual mediante danza, vídeo e performance, que servirá para compartir con todas e todos vós o comezo desta aventura. A entrada será de balde e poderá recollerse no portelo de entradas da Sala Capitol. 3. LITERARIAS. A través desta iniciativa convidamos ás librarías e editoriais de Compostela a que se impliquen na promoción da igualdade de xénero. Concretamente, propoñémoslles que destaquen nos seus escaparates, zonas visibles, tendas en liña, redes sociais e páxinas web, escolmas de libros escritos por mulleres e/ou de pensamento feminista. Trátase de poñer en valor a escritura de autoras [a través da poesía, a literatura, o teatro, o ensaio, a banda deseñada etc.] que fomente os dereitos das mulleres, visibilice a loita feminista e permita ollar máis aló dos estereotipos sexistas. Está previsto o seu desenvolvemento do 1 ao 10 de marzo. CAMIÑOS DA AUGA FONTES 4. CAMIÑOS DA AUGA: AS FONTES E OS LAVADOIROS. As Fontes. Antigamente as mulleres carrexaban auga para achegala a determinados lugares. A intención é visitar algunhas das fontes máis emblemáticas da cidade e falar doutras que están noutros lugares, ou que xa non existen. Ao redor delas achegarémonos á historia das mulleres e do seu labor cotián. O paseo das fontes está previsto para o 13 de marzo. Os Lavadoiros. O 17 de abril tamén se realizará un paseo por varios lavadoiros de Compostela, falando sobre os usos que lles daban as mulleres. Ámbolos dous paseos estarán guiados pola palabra de Encarna Otero. 09 COMPOSTELA, TERRITORIO DAS MULLERES

ENFESTA 8, 15, 17, 22 e 29 de marzo de 18 ás 19 h. Obradoiros para o empoderamento das mulleres do rural INSCRICIÓNS Nos centros socioculturais de Marrozos, Enfesta e Villestro. programavidapropia@gmail.com Tlf: 981 680 174 MARROZOS 14, 18, 21, 28 de marzo e 4 de abril de 18.30 ás 19:30 h. VILLESTRO 9, 16, 23, 30 de marzo e 6 de abril 19 ás 20 h. COMPOSTELA, TERRITORIO DAS MULLERES CONCELLARÍA DE IGUALDADE 5. VIDA PROPIA. OBRADOIROS PARA O EMPODERAMENTO DAS MULLERES NO RURAL. Co obxectivo de mellorar a posición social das mulleres de Compostela que viven en contornas rurais, coa posta en marcha do Programa Vida Propia preténdese crear espazos de encontro que contribúan á autonomía das mulleres e ao desenvolvemento da súa plena cidadanía. Espazos para reflexionar sobre o seu papel na sociedade, as súas achegas, que sirvan para configurar a autoría da súa propia vida, desenvolvendo estratexias para aumentar a capacidade de decisión en diferentes ámbitos, crear novos espazos, xestionar os tempos e, en definitiva, valorar a vida propia. 6. PREMIO XOHANA TORRES DE ENSAIO E CREACIÓN AUDIOVISUAL. Ensaios e Creacións Audiovisuais sobre a memoria histórica das mulleres de Compostela. O 8 de marzo abrirase o prazo de convocatoria do I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual. Trátase da recuperación dun premio, interrompido en 2012, cuxos case 20 anos de vixencia o converteron nun símbolo da cidade. Estamos traballando para que todas estas dinámicas teñan un fío conductor a nivel visual e tamén a través dunha plataforma participativa dixital, cuxa implementación irá máis aló do mes de marzo para permitir recoller as suxestións e as opinións da cidadanía sobre o Mapa de Compostela. Na páxina web do Concello poderase consultar a información actualizada respecto de cada unha destas actuacións. Asi mesmo, distribuirase material de difusión das mesmas en boa parte dos establecementos da cidade. 10 COMPOSTELA, TERRITORIO DAS MULLERES

[3] OS AXENTES SOCIAIS Seguindo as dinámicas de traballo empregadas pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago desde o seu deseño e creación, Compostela, Territorio das Mulleres é unha acción deseñada desde unha perspectiva transversal e comunitaria, buscando a implicación de diferentes departamentos municipais e axentes sociais, económicos e culturais da cidade. AXENTES MOTORES AXENTES PROMOTORES AXENTES COLABORADORES Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo Área de Igualdade/CIM Área de Turismo Sector da Hostalería e Turismo Asociacións sectoriais Librarías Editoriais Axentes sociais e económicos da cidade Asociacións de mulleres Mulleres expertas en diferentes ámbitos Concellaría de Medio Rural e Equilibrio Territorial Rede de Centros Socio-Culturais [4] DATOS DE CONTACTO Para participar en GALADAS, LITERARIAS, CAMIÑOS DA AUGA ou MAPA FEMINISTA DE COMPOSTELA poden chamar, enviar SMS ou Whatsapp ao número de teléfono 646 003 343 ou escribir ao enderezo territoriodasmulleres@gmail.com Para participar no programa VIDA PROPIA poden chamar ao número de teléfono 981 680 174 ou escribir ao enderezo programavidapropia@gmail.com 11 COMPOSTELA, TERRITORIO DAS MULLERES

OITO DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES