Romaría cativa de. Bonaval. Festas do Apóstolo 2016 FESTIVAL INFANTIL UNHA PROGRAMACIÓN PARA TODOS OS PÚBLICOS

Documentos relacionados
Que é Tótem, xestión creativa do tempo?

Obradoiros. de Verán 2017

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

2015] memoria de actividades

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

FUNDACIÓN FEIRAS E EXPOSICIÓNS DE LUGO - PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO - AVDA DOS DEPORTES S/N LUGO (tel) /

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

escola e no contorno

PRESENTACIÓN DAS ACCIONS A DESENVOLVER POLO CONCELLO DE LUGO DENTRO DO PROXECTO MURALLA DIGITAL

MEMORIA ACTIVIDADE DO CLUB ESTUDIANTES LUGO PARA

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

San Xoán Pequeniño. II Festival infantil de San Xoán de xuño - Praza de María Pita - A Coruña

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

INTRODUCIÓN... 2 PERSOAS DESTINATARIAS DO PLAN DE FORMACIÓN:... 3 INFORMACIÓN ADICIONAL:... 3 CURSO 1: TRABALLAR A PARENTALIDADE POSITIVA...

Que horario ten o servizo de comedores e de madrugadores de Santiago?

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Nébeda. Club de lectura e encontros literarios

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

s_profesionais_comarcais_2011.pdf

III Certame. CIDADANÍA ACTIVA

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

INFORME CLIMATOLÓXICO

MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO DECEMBRO2015 Preinscrición: 3, 4 e 5 de setembro, en horario de 10:00 a

ORGANIZAN PARTICIPANTES

IV CERTAME DE RELATO CURTO

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA GALICIA, AUGA E LITERATURA PROGRAMA PRENSA-ESCUELA - VIAQUA 2016/2017

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

FESTIVAL DO ESTÍO. Inicio do festival presentado por Montse Piñón e Pepablo Patiño, 14:00

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

San Xoan pequenino 2016

4º CICLO MONOLOGOS NEGREIRA

VIII CICLO DE CONCERTOS DIDÁCTICOS DE ÓRGANO IGREXA DE SAN SALVADOR (CELANOVA)

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP4 Angoulême23_

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

Actividades: RUTAS MATEMÁTICAS POR COMPOSTELA: TEORÍA E PRÁCTICA. Escaleiras San Domingos de Bonaval

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

MANUAL DE PUBLICIDADE

Escola no río Os ollos do Loña

Nº 46 AXENDA CULTURAL E DEPORTIVA

Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural

Fundación Refuxio de Animais

Manual de usuario Plug-in Word. Versión en galego Equipo de desenvolvemento

A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTIL

*A vida na idade media: O feudalismo, Os gremios, O comercio, a moeda, os castelos, a cultura cabaleiresca

1. TEXTO NARRATIVO acontecementos personaxes espazo tempo historia argumento relato trama discurso tema

Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

SENSIBILIZACIÓN - CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL Entidade de Custodia do territorio

Concello de Redondela GAC-7: Ría de Vigo-A Guarda

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

orquestra 3XPLORATORIa alg-a.org escoitar.org

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

XEOGRAFÍA. O ser humano transforma o medio físico en función das súas necesidades e o seu desenvolvemento tecnolóxico. (Xeografía humana)

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

Os maiores e as TIC ANO 2011

O Software Libre as empresas informáticas de Galicia Resumo executivo

CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA Memoria de actividades. Curso 2007/08

ACOLLEMENTO FAMILIAR En familia, por dereito. Dossier Informativo 2015

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

Duración: 9 horas Datas: 8, 15 e 22 de xuño Horario: Lugar de impartición: Campus de Vigo OBXECTIVOS XERAIS

A CARTA DE PRESENTACIÓN

BASES DO XLIII PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2017

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA PARA EDUCACIÓN ESPECIAL

Denominación do Mestrado. Mestrado Universitario en Intervención Logopédica na infancia e na adolescencia. Duración en ECTS 60. Presentación breve

O punto de partida do proxecto, o Plan Nacional de Bandas de Música:

Ruth Matilda Anderson

PLANIFICACIÓN CURSO

OBRADOIROS DE EMPREGO DE GALICIA. Manual de Identidade Corporativa

En rede. O educativo e o comunitario no barrio de Fontiñas ( Santiago de Compostela ) 24 de NOVEMBRO de 2012 DOLORES SANZ LOBO

NORMATIVA SOCIAL MEDIA

NORMAS PARA A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA

INFORME CLIMATOLÓXICO

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

c o n m i c r o c h i p s

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

UN AMOR POR DESCUBRIR

Guía didáctica de Poetízate realizada polo escritor e profesor Carlos Negro ( A poesía non morde

BASES XIV CONCURSO MELLOR XORNALISTA INFANTIL E XUVENIL (CURSO )

A densidade de poboación (hab./km2) é un indicador demográfico que serve para comparar o volume de poboación entre territorios.

UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO E INTERVENCIÓN FAMILIAR MEMORIA 2014

BIBLIOTECA DE GALICIA. Del 5 de diciembre 2015 al 24 de enero Lino. González Rubido: un dibujante olvidado en la prensa compostelana

ALUGUER DE ESPAZOS GAIÁS EVENTOS. Encontre o espazo perfecto para convertir o seu evento nunha experiencia

5. O Xurado entregará un PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO en forma de AGASALLOS.

EXERCICIO Unidade de Análises e Programas. Tel Edificio anexo a xerencia. Planta baixa. As Lagoas Marcosende s/n Vigo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PROGRAMA DE ACTIVIDADES FESTIVAL DE SAN XÓAN Praza de Mazarelos

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

OS ENCONTROS DE VOLUNTARIOS

Transcripción:

Romaría cativa de Bonaval Festas do Apóstolo 2016 FESTIVAL INFANTIL UNHA PROGRAMACIÓN PARA TODOS OS PÚBLICOS Apóstolo 2016

Programación // sábado 23 de xullo 12.00 - Apertura Romaría Cativa Xogos Xandobela Espazo do Xogo Libre Obradoiro de Circo con Teatro dos Ghazafelhos 12.30 - Espectáculo de circo con Javi Javichi (Madrid) 13.00 - Concerto de Pablo Díaz e a banda do Tic Tac 14.00 - Xantar no parque 17.30 - Reapertura dos espazos de xogo 18.00 - Espectáculo de circo con Javi Javichi 18.30 - Concerto de Xoán Curiel Estamos no verán 19:30 - Obradoiro Músicas para peto 19:30 - Espectáculo de maxia con Martín Camiña 20:00 - Concerto de As Fadas Magrinhas (Brasil)

MÚSICA Pablo Díaz e a banda do Tic Tac Pablo Díaz é un prestixioso músico coruñés, que debutou co seu primeiro traballo discográfico TIC TAC apadriñado por Santiago Auserón, en decembro de 2009, coa editorial Kalandraka, acadando un éxito espectacular en Galicia, xa que a primeira edición do traballo esgotouse en 3 meses, e vai xa pola 5ª edición. Con este traballo resultou un dos 3 finalistas nos premios galegos da música Martín Códax. Foi o gañador do premio Anisia Miranda á creatividade infantil en 2011. En novembro de 2013, ve a luz o segundo traballo, TOC TOC, da editorial Galaxia, que xa tivo que ser reeditado en febreiro de 2014 e do que van vendidos máis de 5000 libro-discos. Con este traballo está percorrendo gran parte da xeografía galega con múltiples concertos e resultou gañador en decembro do 2014 do Premio da Música Martín Códax como mellor traballo de música infantil. Foi gañador tamén este 2015 do premio Frei Martín Sarmiento para os escolares de educación infantil da nosa comunidade.

Xoan Curiel - Estamos no verán Xoán Curiel e a banda Son+d2, presentan este espectáculo para público infantil e familiar. Con músicas moi cañeiras que tocan estilos como o funk, o rock ou a bossa nova, e que sintonizan coa onda do Xabarín. Un espectáculo con 4 músicos, 2 cantantes e unha bailarina, cheo de música, historias, danza e coreografías que fan participar ao público e mergullan aos rapaces e rapazas nun soño de verán...

As Fadas Magrinhas O grupo Fadas Magrinhas está composto polas xemelgas brasileiras Aninha e Lulu Araújo. Grandes admiradoras do folclore Pernambucano, estas irmás levan ao palco toda a riqueza e alegría desas tradicións, entoando cancións en ritmos de frevo, Coco, Maracatu e Caboclinho. Ademais das músicas do seu CD, a banda toca cancións como Noite no Castelo de Hélio Ziskind, Borboletinha e Baratinha de Domínio Público, Chegança de Wilson Freire e Antônio Nóbrega e o Clássico da Palavra Cantada, Criança Não Trabalha. Este espectáculo trae, ademais, a novidade da percusión corporal, da utilización de obxectos e instrumentos. A banda está formada polas irmás Lulu e Aninha Araújo, que asumen o vocal e a percusión, ademais dos músicos Públius Lentulus, na guitarra, bandolín e vocal; Hugo Linns no baixo e sampler e Ricardo Fraga na batería.

CIRCO - CLOWN Javi Javichi Javi Javichi, máis coñecido como El Malabarista de la Pista, é actor, showman e malabarista, con experiencia na realización de animacións en eventos e festivais por todo o estado. Compañía formada fai mais de 12 anos, de forma totalmente autodidacta nos principios e tras un período de formación en distintas escolas de teatro e circo. Continuamente reciclando a técnica con novos cursos e seminarios, nestes momentos a compañía presenta dous novos espectáculos de formato teatro circo para todas as idades, así como distintas rutinas de circo contemporáneo. Nos últimos anos traballou en distintos medios, destacando sen dúbida a súa participación en diversos programas de televisión, como os populares 1, 2, 3, A Leer esta Vez (TVE 1) e El Club Megatrix (Antena 3), como malabarista, ou Pecado Original (Tele 5), como presentador. Igualmente, no seu currículo conta con participacións no Festival Internacional de Teatro de Calle de Valladolid, Festival Internac- ional de Teatro de Getafe, Festival De Gorra 2005 ou o Festival Internacional de Teatro de SHIZUOKA en Xapón, así como un proxecto benéfico de UNICEF en diversos paises de África.

MÚSICA MAXIA Martín Camiña Martín Camiña é un dos magos máis recoñecidos de Galicia contando cunha dilatada experiencia profesional no mundo do ilusionismo. Os seus espectáculos foron premiados varias veces en España e Portugal. Toda a península, Alemaña ou Xapón son algúns lugares onde se ten contemplado a súa maxia.

OBRADOIROS Obradoiro de circo con Teatro dos Ghazafelhos A finalidade deste obradoiro é que, a partir de diferentes xogos participativos os nenos e as nenas poidan experimentar a manipulación dos elementos de traballo do circo. Os integrantes da compañía Teatro dos Ghazafelhos serán os monitores especialistas que guiarán a actividade co fin de que todas e todos poidan conseguir converterse por un día en artistas. Este día habilitarase un espazo cheo de elementos circenses que os nenos e nenas irán probando coa axuda dos monitores, ata que se sintan seguros e eles mesmos os poidan empregar, música circense e moita maxia... Elementos: -Cable de equilibrio -Zancos -Mazas -Bolas -Diábolos -Ciclos variados -Pedaletas...

Músicas para peto - Obradoiro musical con instrumentos miúdos Os obxectivos deste obradoiro son: Amosar as posibilidades musicais que ofrecen os instrumentos de reducidas dimensións; amosar que a música é unha arma de distracción masiva, unha ferramenta perfecta contra o aburrimento ; descobrir ao público infantil, audiencia do futuro, que a música é un arte ao alcance de calquera persoa; relativizar o papel da alta cultura e reivindicar a música popular como xeito de manifestación artística válida e universal; amosar aos pais e nais que a música é un ben accesíbel para os petos de calquera economía; chamar a atención do interese das crianzas pola creatividade e desenvolvemento de aptitudes persoais por medio de obxetos de uso cotián e pasar o tempo divertíndose. O obradoiro estará dirixido por Mauro Sanín Leira (a.k.a. Ariel Ninas), músico polifacético asociado ao proxecto cultural d a Central Folque, Centro Galego de Música Popular onde desenvolve a sua actividade profesional regular.

XOGOS A Casa dos xogos Xandobela A casa dos xogos propón unha xornada de xogo diferente, un gran espazo de convivencia e relacións humanas, unha ferramenta lúdica de calidade, nova e accesible a todos os públicos dende a primeira infancia. So, en familia, cos amigos, facendo amigos, cada un pode aproveitar nesta macro ludoteca un xeito novo de divertirse, onde os participantes poderán aproveitar xogos de curta duración ate longas horas de xogo. O xogo é a ferramenta principal do traballo de Xandobela, o seus eixo vertebrador, presente en todas as súas actividades, proxectos e intervencións. Un dos seus retos é revalorizar o papel que o xogo ten na vida das persoas e das comunidades, por esta razón, propoñen actividades de creación de xogos, dinamización de espazos e eventos, e variados xogos e xincanas para traballar contidos socioeducativos e culturais. A casa dos xogos preséntase como un gran espazo repartido por áreas de xogo onde os participantes poderán experimentar unha amplísima compilación de xogos tradicionais chegados dos cinco continentes.