Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Documentos relacionados
Convocatoria ordinaria de 2012

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

CMUS Profesional de Viveiro

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx

En la tramitación de esta disposición emitió dictamen el Consello Agrario Galego, conforme con lo previsto en la Ley 1/2006, de 5 de junio.

MODELO DE DECLARACIÓN SOBRE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE PRODUCIR INGRESOS ECONÓMICOS

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

Creación y Funcionamiento del Foro Municipal de Comercio Justo

REGLAMENTO INTERNO DEL COMITÉ DE SEGUIMIENTO DEL PROGRAMA OPERATIVO FONDO SOCIAL EUROPEO DE GALICIA PARA EL PERIODO

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

ASISTENCIA PERSOAL Un Dereito recoñecido na Convención

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1. Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

A través da presente convocatoria, a Concellaría de Educación proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

Decreto 29/2000, do 20 de xaneiro, polo que se aproba o. regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica

DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4670

REGLAMENTO INTERNO DEL

ESTATUTOS DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO DO CONCELLO DE SANXENXO

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

SESION EXTRAORDINARIA DE 14 DE XULLO DE 2015

REGLAMENTO DE LA MESA LOCAL POR EL EMPLEO

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

BASES CONTRATACIÓN DE 1 OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

Comisión de Cooperación de Consumo

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

REGLAMENTO DEL CONSEJO MUNICIPAL DE LA MUJER PREÁMBULO

As características técnicas e ambientais de ditos produtos son as seguintes:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Pola Federación Galega da Construción dirixiuse a esta Xunta Consultiva de Contratación Administrativa o seguinte escrito de consulta:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

COMISIÓN DE HISTORIAS CLÍNICAS

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CERTIFICACIÓN. "INFORME SOBRE MOROSIDADE E PERÍODO MEDIO DE PAGAMENTO Período: 2 Trimestre Exercicio 2015

REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA

EXTRACTO DO BORRADOR DA ACTA. da sesión ORDINARIA, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno do Excmo. Concello de Lugo o día

ACTA Nº 2 DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CONCELLO DE MUROS.

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL DE CULTURA

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

Prestacións por desemprego. Prestación por desemprego de nivel contributivo. Protección por desemprego XANEIRO GOBIERNO DE ESPAÑA

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

Una empresa con vocación de servicio

Orden del... de..de 2016, por la que se regula la organización, funcionamiento y composición de la Mesa de la Madera

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

DECRETO QUE CREA EL CONSEJO DE ARMONIZACIÓN CONTABLE DEL ESTADO DE SONORA

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

Lexislación e Territorio

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS

REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR SERVIZO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

ELEVADORA REMOLCABLE PARA OS SERVIZOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TUI.

Jornadas de formación y trabajo para representantes de estudiantes

CONCELLO DE OURENSE SERVIZO DE CONTRATACIÓN

ÓRGANOS DE GOBIERNO Y SUS RESPECTIVAS FUNCIONES

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

REGLAMENTO PARA EL FUNCIONAMIENTO DEL SISTEMA ESTATAL PARA PREVENIR, ATENDER, SANCIONAR Y ERRADICAR LA VIOLENCIA CONTRA LAS MUJERES.

CONVOCATORIA DE CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2013

A continuación presentámoslle toda a información referente ó servizo de respiro familiar que levará a cabo FADEMGA FEAPS GALICIA ó longo do ano 2014.

ORDENANZA REGULADORA DO DEBER DE CONSERVACIÓN, DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS E DA DECLARACIÓN DE RUINA DO CONCELLO DE OURENSE

PACTO DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL NA FUNDACION PUBLICA HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA.

Unidade 4: Pneumática

Seminarios de Formación Continua

Boletín oficial. Provincia de ourense

Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

REGLAMENTO INTERNO DEL COMITÉ DE SEGUIMIENTO. PROGRAMA DE COOPERACIÓN INTERREG V A Madeira-Açores-Canarias

Boletín oficial. provincia de ourense

DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx

LEGISLACIÓN CONSOLIDADA. TEXTO CONSOLIDADO Última modificación: sin modificaciones

Decreto 4/1990, de 23 de enero, Atribución de competencias en materia de personal. (DOE 30 de Enero, Nº 9)

BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE BOLSAS DE MOBILIDADE PARA ESTUDANTES DE DOUTORAMENTO DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA O ANO 2014.

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Boletín oficial. provincia de ourense

12995 LEI 16/2002, do 1 de xullo, de prevención. do seu contorno. e control integrados da contaminación. 3. Arquipélago das illas de Sálvora e illotes

REGLAMENTO DEL CONSEJO LOCAL DE DEPORTES DE LA CIUDAD DE ALICANTE

Transcripción:

Anteproxecto do Decreto polo que se aproba o regulamento de composición e funcionamento do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia. Galicia asumiu mediante o seu Estatuto de autonomía a competencia exclusiva en materia de patrimonio histórico, artístico, arquitectónico e arqueolóxico do seu interese, sen prexuízo do que dispón o artigo 149.1º.28 da Constitución española. A competencia exclusiva abrangue, pois, a potestade lexislativa, a regulamentaria e a función executiva, segundo o disposto nos artigos 27.18ª e 37ª do seu Estatuto de autonomía. En virtude do Decreto 112/1992, do 30 de abril, créase a Comisión Superior de Valoración e Adquisición de Bens Culturais como órgano consultivo e asesor adscrito á consellería con competencias en materia de cultura. Con posterioridade, en exercicio da potestade lexislativa, o Parlamento Galego aprobou a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia. Esta lei, no seu artigo 7, define, entre outros, a Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia como órgano asesor da Consellería de Cultura en materia de patrimonio cultural e determina que regulamentariamente se establecerá a composición e o funcionamento dos órganos asesores da consellería. A experiencia acadada nos anos de funcionamento da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia aconsella modificar as súas funcións e a súa composición. A reformulación das súas funcións pretende conseguir unha maior clarificación dos seus cometidos e a modificación da regulación dalgúns aspectos en orde a mellorar o seu funcionamento e actividade, como por exemplo, prever unha renovación gradual dos seus membros ou especificar as condicións nas que as solicitudes de valoración deben ser achegadas. Todo iso en aras do obxectivo primordial da consecución dunha valoración dos bens culturais o máis xusta e axeitada á realidade que sexa posible. E coa nova composición búscase afondar na mellora cara a máxima competencia entre os expertos nas distintas facianas do patrimonio cultural e asegurar a incorporación dun especialista en arte contemporánea. O cambio da denominación de comisión pola de consello que adopta esta norma vén determinado polo establecido no artigo 22 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Páxina 1 de 9

Na súa virtude, por proposta do conselleiro Cultura Educación e Ordenación Universitaria, de acordo co ditame do/oído o Consello Consultivo de Galicia e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día de. de dous mil doce, DISPOÑO: Artigo único. Apróbase o regulamento de composición e funcionamento do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia que figura como anexo deste decreto. Disposicións adicionais Primeira.- O Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia constituirase no prazo de dous meses, contados desde a entrada en vigor deste decreto. Segunda.- As entidades e organismos a quen corresponda propoñer a designación de representantes no Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia deberán comunicar a súa proposta á consellería con competencias en materia de patrimonio cultural no prazo dun mes desde o día de entrada en vigor deste decreto. Disposición transitoria única Namentres non se constitúa o Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia, segundo a composición fixada neste decreto, a Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia, coa súa actual composición, continuará coas súas funcións ata a constitución do Consello Superior. Disposición derrogatoria única Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango sexan contrarias ao contido deste decreto e, nomeadamente, o Decreto 112/1992, do 30 de abril, polo que se crea a Comisión Superior de Valoración e Adquisición de Bens Culturais de Interese para Galicia. Disposicións derradeiras Primeira.- Facúltase á persoa titular da consellería con competencias en materia de patrimonio cultural ditar cantas disposicións sexan necesarias para a execución do disposto no presente decreto. Páxina 2 de 9

Segunda.- O presente decreto entrará en vigor aos vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, de de dous mil doce. Alberto Núñez Feijóo Presidente Jesús Vázquez Abad Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ANEXO Regulamento de composición e funcionamento do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia. Artigo 1.- Natureza e adscrición. O Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia é un órgano asesor de natureza colexiada da consellería con competencias en materia de patrimonio cultural, que o dotará dos medios persoais e materiais necesarios para o seu funcionamento, e dependerá funcionalmente do órgano de dirección competente en materia de patrimonio cultural. Artigo 2.- Funcións. É función do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia a emisión de informe nos seguintes casos: a) sobre a adquisición e valoración económica de bens culturais que se pretendan adquirir por compra, permuta, dación en pagamento, legado, depósito, doazón ou comodato, con destino a bibliotecas, arquivos e museos de titularidade autonómica ou de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia; b) sobre a adquisición e valoración económica de obras de arte que se pretendan adquirir con destino á Administración xeral da Comunidade Autónoma ou ás distintas entidades instrumentais do sector público autonómico; c) sobre a aceptación de doazóns, achega en especie a sociedades, permuta, dación en pagamento, legado, depósito, comodato ou calquera outros negocios xurídicos distintos do da compravenda, nos que a Administración xeral da Comunidade Autónoma ou as distintas entidades instrumentais do sector público autonómico, poidan ser partes receptoras do ben; Páxina 3 de 9

d) sobre a valoración dos bens culturais que se oferten á Xunta de Galicia como pago de débeda tributaria. No caso de que o oferente non presente unha taxación pericial, a Comisión poderá solicitar os informes que considere pertinentes antes de emitir o seu; e) sobre a valoración dos bens mobles obxecto dos achados casuais, para os efectos da concesión do premio en metálico a que se refire o artigo 60 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia; f) no caso de exercicio dos dereitos de adquisición preferente do tenteo e retracto que lle correspondan á Xunta de Galicia, ao abeiro do artigo 27 da Lei 8/1995; o informe deberá ser emitido con carácter previo, polo menos cando o valor atribuído ao ben moble obxecto da adquisición fora superior a cincuenta mil euros; g) cando proceda, sobre as solicitudes de permiso de exportación definitiva ou temporal de bens culturais de natureza moble que tramite a consellería con competencia en materia de patrimonio cultural, que non foran declarados de interese estatal; h) realizar calquera outra función que lle sexa requirida relacionada coa valoración de bens culturais de interese para Galicia, ou aquelas outras análogas que se lle atribúan por disposición legal ou regulamentaria. Artigo 3.- Réxime xurídico. O Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia réxese pola lexislación básica estatal sobre réxime xurídico das administracións públicas, pola lexislación autonómica en materia de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, pola lexislación específica aplicable e máis polo disposto neste regulamento. Artigo 4.- Composición. 1. O Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia ten a seguinte composición: a) Presidencia. b) Vicepresidencia. c) Vogalías. 2. Na composición do Consello atenderase ao principio de presenza equilibrada de mulleres e homes. A comunicación que se realice aos órganos, institucións ou asociacións para a designación de representantes lembrará a importancia social de tender a aquel obxectivo de igualdade. Artigo 5.- Presidencia. 1. Desempeñará a presidencia a persoa titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural. 2. Correspóndelle á persoa que desempeña a presidencia: a) Desempeñar a representación do órgano. Páxina 4 de 9

b) Acordar a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias e a fixación da orde do día. c) Presidir as sesións, moderar o desenvolvemento dos debates e suspendelos por causas xustificadas. d) Dirimir co seu voto os empates, para os efectos de adoptar acordos. e) Asegurar o cumprimento das leis. f) Visar as actas e as certificacións dos acordos do órgano asesor. g) Exercer cantas outras funcións sexan inherentes á condición da presidencia do órgano. 3. Nos casos de vacante, ausencia, enfermidade ou outra causa legal, a persoa que exerza a presidencia será substituída pola que desempeñe a vicepresidencia e, de faltar esta, polo membro do órgano colexiado de maior xerarquía, antigüidade ou idade, por esta orde, de entre os seus compoñentes. Artigo 6.- Vicepresidencia. 1. A vicepresidencia será exercida pola persoa titular da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural. 2. No caso de que esa persoa teña que asumir a presidencia por calquera das causas citadas no apartado terceiro do artigo anterior, exercerá a vicepresidencia a persoa funcionaria que desempeñe a secretaría sempre que sexa titular dunha xefatura de servizo e leve ao menos un ano no Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia. 3. Corresponde á vicepresidencia auxiliar á presidencia no exercicio das súas funcións e realizar cantas outras lle sexan especificamente encomendadas por aquela. Artigo 7.- Vogais. 1. Serán vogais do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia: a) Cinco persoas nomeadas por proposta da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, elixidas entre facultativos de grado superior ou medio de museos, arquivos e bibliotecas, membros das academias galegas, e investigadores, expertos ou docentes en materia relacionadas coa historia, historia de arte, arquitectura, etnoloxía, arqueoloxía ou restauración. b) Dúas persoas nomeadas por proposta da persoa titular da consellería con competencia en materia de facenda, titulares dunha subdirección ou xefatura de servizo, unha con funcións en materia de tributos e outra con funcións en materia de patrimonio da Comunidade Autónoma. c) Un representante do Consello da Cultura Galega. d) Un representante do sistema universitario público galego, elixido entre docentes en materias relacionadas coas mencionadas no apartado a). Establecerase unha rotación entre as tres universidades cada tres anos. e) Un representante de entre os profesionais de galerías de arte de Galicia, elixido entre persoas con galería aberta e un mínimo de experiencia de cinco anos de profesión por proposta da correspondente asociación Páxina 5 de 9

profesional. De existiren varias asociacións de galerías de arte de ámbito galego establecerase unha quenda bianual. Polo menos un dos dez vogais será experto en arte contemporánea. 2. Os vogais do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia serán nomeados por un período de catro anos, salvo os representantes do Consello da Cultura Galega e do sistema universitario público galego, que serán nomeados por un período de tres anos, e do sector de galerías, que ocupará a vogalía por un prazo de dous anos. Os vogais designados por catro e tres anos poderán ser renovados ata o dobre do mandato inicial. As persoas propostas pola asociación de galerías non poderán ser renovadas como vogais. Todos poderán volver a ser nomeados transcorridos seis anos dende o seu cesamento. Artigo 8.- Secretaría. 1. O Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia terá unha secretaría, que será exercida pola persoa titular dunha xefatura de servizo ou de sección da subdirección xeral con competencia en materia de protección do patrimonio cultural, designada polo titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural. En función das necesidades, poderá asistir ás reunións outra persoa funcionaria designada pola presidencia para axudar nas tarefas propias da secretaría. 2. Correspóndelle á persoa que exerce a secretaría do Consello: a) Asistir ás reunións, con voz pero sen voto. b) Efectuar a convocatoria das sesións do órgano por orde da súa presidencia, así como as citacións aos seus membros. c) Recibir os actos de comunicación dos membros co órgano e, polo tanto, as notificacións, peticións de datos, rectificacións ou calquera outra clase de escritos dos que deba ter coñecemento. d) Preparar o despacho dos asuntos e redactar e asinar as actas das sesión, co visto e prace da persoa que exercera a presidencia. e) Expedir certificacións das consultas, ditames e acordos aprobados. f) Cantas outras funcións sexan inherentes á súa condición de secretaria ou secretario. Artigo 9.- Nomeamentos e cesamentos. 1. O nomeamento e cesamento das persoas que ocupen as vogalías do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia que non o sexan por razón dos seus cargos, e dos seus respectivos suplentes, corresponde á persoa titular da consellería con competencias en materia de patrimonio cultural, por proposta dos órganos e entidades citados. 2. A persoa titular da consellería con competencias en materia de patrimonio cultural poderá cesar aos membros do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia polas seguintes causas: a) Renuncia. Páxina 6 de 9

b) Renovación por transcurso do prazo de nomeamento, se for o caso. c) Condena por delito en virtude de sentenza firme. d) Incapacidade declarada por decisión xudicial firme. e) Petición da entidade ou órgano que propuxo o nomeamento. f) Incumprimento grave dos seus deberes. 3. Os vogais do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia serán nomeados por un período de catro anos, salvo os representantes do Consello da Cultura Galega e do sistema universitario público galego, que serán nomeados por un período de tres anos, e do sector de galerías, que ocupará a vogalía por un prazo de dous anos. 4. Os vogais designados por catro e tres anos poderán ser renovados ata o dobre do mandato inicial. As persoas propostas pola asociación de galerías non poderán ser renovadas como vogais. 5.Todos poderán volver a ser nomeados transcorridos seis anos dende o seu cesamento. Artigo 10.- Dereitos e deberes dos membros. 1. Correspóndelles aos membros do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia: a) Recibir a convocatoria que conteña a orde do día das reunións cunha antelación mínima de corenta e oito horas. b) Ter á súa disposición a información sobre os asuntos que figuren na orde do día coa antelación referida na letra anterior. c) Participar nos debates das sesións. d) Exercer o seu dereito ao voto e formular ao secretario o seu voto particular, así como expresar o sentido do seu voto e os motivos que o xustifican. e) Non absterse nas votacións aqueles que teñan a condición de membros do órgano colexiado pola súa calidade de autoridades ou persoal ao servizo das administracións públicas. f) Formular suxestións e preguntas. g) Obter a información que precisen para cumprir axeitadamente as funcións asignadas. h) Manter o segredo das deliberacións e votacións. i) Cantas outras sexan inherentes á súa condición. 2. As persoas que ocupen as vogalías do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia non poderán atribuírse as funcións de representación del, salvo que llas outorgase expresamente mediante acordo validamente adoptado, para cada caso concreto, o propio órgano colexiado. Artigo 11.- Abstención e recusación. Serán motivos de abstención e recusación dos membros do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia os previstos con carácter xeral nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Páxina 7 de 9

Artigo 12.- Convocatorias e sesións. 1. Para a válida constitución do órgano, para os efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos, requirirase a presenza das persoas que exerzan a presidencia e a secretaría, ou daquelas que as substitúan, e da metade, polo menos, dos seus membros. 2. Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, agás que estean presentes todos os membros do órgano colexiado e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría. 3. O acordos serán adoptados por maioría simple de votos. Artigo 13.- Solicitudes de informe. 1.- As solicitudes de informe do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia poden ser de oficio ou por instancia de órgano, institución ou ente instrumental da administración autonómica que pretenda a adquisición dun ben de interese cultural. 2.- Cando a solicitude non sexa de oficio achegarase tamén un informe que explique a oportunidade da adquisición do ben e xustifique a súa valoración, e sexa distinto, no seu caso, da taxación realizada polo propio autor da obra ou polo oferente. O devandito informe deberá conter: a) título da obra de arte ou a denominación do obxecto; b) descrición do ben, incluídos os materiais, técnicas e medidas; c) fotografías recentes tomadas dende tres o mais ángulos diferentes; d) contextualización da obra, detallando na medida do posible a súa época, ámbito e lugar de realización, confección ou fabricación; e) curriculum profesional da persoa ou persoas autoras, se procede; f) memoria xustificativa da valoración que inclúa unha referencia a prezos de mercado no momento en que se oferta ou dos catro últimos anos de bens análogos ou obras da mesma persoa autora, así como tamén información sobre a significación cultural, histórica, científica, técnica ou social do ben, así como calquera outra que incida sobre o valor da obra, tales como o taller artesanal ou industrial, cando proceda; g) estado de conservación; h) proposta de taxación; i) sinatura e data. 3.- No caso de artistas noveis onde non sexa posible unha verificación de prezos de mercado farase especial fincapé no xuízo sobre a calidade artística da obra que se valore, nos materiais empregados e na valoración sociocultural que puidera acadar Artigo 14.- Actas. As actas serán aprobadas na mesma ou na seguinte sesión do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia. A persoa Páxina 8 de 9

que exerza as funcións da secretaría poderá certificar, non obstante, os acordos que se tivesen adoptado, sen prexuízo do aprobación posterior da acta, e deberá facer constar nas certificacións tal circunstancia de modo expreso. Artigo 15.- Periodicidade. O Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia reunirase cada tres meses, ou en sesión extraordinaria cando a persoa titular da presidencia o considere pertinente ou o solicite a maioría de dous terzos dos seus membros. Artigo 16.- Relatorios específicos. 1. Por proposta da presidencia e co voto favorable da maioría poderanse constituír relatorios especiais para a realización de informes ou estudos da competencia do órgano asesor. 2. O acordo de constitución establecerá o asunto concreto que será obxecto de estudo, os membros que a integren así como a designación dos que desempeñarán a presidencia e secretaría do relatorio, os medios persoais e materiais de que dispoñan e o prazo para a realización do seu traballo, que una vez finalizado entregarán ao presidente do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia para a toma do coñecemento do órgano colexiado ou, no seu caso, para sometelo a súa deliberación e votación. 3. Para a formación deses relatorios poderá solicitarse unha colaboración externa. 4. Os relatorios específicos se extinguen automaticamente una vez realizado o ditame ou informe sobre o asunto encomendado. Artigo 17.- Dereito á percepción de indemnizacións. As persoas integrantes do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia terán dereito a percibir as indemnizacións por razón da prestación do seu traballo, que sexan polo menos equivalentes ás que, por razón de servizo, perciben o persoal da Administración Pública autonómica, segundo a súa normativa reguladora. Páxina 9 de 9