CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Documentos relacionados
Convocatoria ordinaria de 2012

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

CONCELLO DE OURENSE SERVIZO DE CONTRATACIÓN

MODELO DE CONVOCATORIA DE CONTRATACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

ANUNCIO 1. AMBITO DE APLICACIÓN

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

d. Los que ya fuesen declarados equivalentes por otra Universidad española.

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

ANEXO II BAREMO DE MÉRITOS. 1. Por cada año de servicios prestados como funcionario interino o contratado laboral:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1. Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2011 Páx. 8548

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

B A S E S D E S E L E C C I Ó N PARA LA SUSTITUCIÓN DE UN TRABAJADOR SOCIAL PARA EL AYUNTAMIENTO DE ALEDO

REQUISITOS Y PRUEBAS CUIDADOR

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4670

BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE BOLSAS DE MOBILIDADE PARA ESTUDANTES DE DOUTORAMENTO DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA O ANO 2014.

TODOS LOS CENTROS TABLONES DE ANUNCIOS REGISTRO

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

4ş CURSO PRAZAS. 6ş CURSO.. 3 PRAZAS. 1ş CURSO PRAZAS 2ş CURSO. 1 PRAZA 3ş CURSO. 12 PRAZAS

Formación Profesional. Contrastes curriculares dos títulos da Familia Profesional de Hostalería e Turismo de Galicia e Portugal

R E S U E L V E. Sevilla, a 23 de julio de 2010 EL DIRECTOR GERENTE. Fdo.: Joaquín Torres Moreno. Servicio Andaluz de Salud CONSEJERÍA DE SALUD

CONVOCATORIA DE UN PROCESO DE SELECCIÓN PARA LA PROVISIÓN DE UN PUESTO DE TRABAJO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE EMPREDINSER S.L.U.

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDAD, CULTURA Y DEPORTE

MODELO DE DECLARACIÓN SOBRE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE PRODUCIR INGRESOS ECONÓMICOS

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

BASES CONTRATACIÓN DE 1 OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL DE CULTURA

As características técnicas e ambientais de ditos produtos son as seguintes:

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

OPOSICIONES 2010 SECUNDARIA

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

Consellería de Economía, Emprego e Industria

A través da presente convocatoria, a Concellaría de Educación proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

II. Autoridades y personal

CONSEJERÍA DE EDUCACIÓN Y EMPLEO

CMUS Profesional de Viveiro

Primera. Objeto de la convocatoria. La provisión de los puestos directivos que se relacionan en el anexo I.

SUPERIORES EN EDUCACION INFANTIL PARA LLEVAR A CABO LA ESCUELA INFANTIL 2016.

ANEXO I. Baremo para la valoración de méritos para el ingreso en el Cuerpo de Maestros.

ENTIDA D DE D S SEN ÁNIMO O DE D LU L C U R C O R 15/12/2015, A Coruña

Boletín oficial de la Provincia de valladolid

Sevilla, 8 de octubre 2007 BOJA núm. 198 Página núm. 23

ANEXO I BAREMO DE VALORACIÓN DE MÉRITOS PARA DESEMPEÑAR PUESTOS EN RÉGIMEN DE INTERINIDAD. Convocatoria interinos ALCE de Bélgica - Curso 2016/2017

BASES. Asistente en Comunicación de la Dirección Sectorial de Planificación Educativa

Podrán participar en la presente convocatoria, los empleados públicos que reúnan los siguientes requisitos:

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

PROEMPLEO-LORCA III, enmarcado en la Subvención Global del Fondo

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

ANEXO I. Méritos Puntos Documentos Justificativos. No se podrá alcanzar más de 10 puntos por la valoración de los méritos

ANEXO I. CONSEJERIA DE EDUCACIÓN EMBAJADA DE ESPAÑA EN MARRUECOS

Seminarios de Formación Continua

Boletín Oficial de Castilla y León I. COMUNIDAD DE CASTILLA Y LEÓN

II. Autoridades y Personal. b) Oposiciones y concursos. Núm Boletín Oficial de Aragón DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

BASES PARA LA CREACIÓN DE UNA BOLSA DE TRABAJO DE LIMPIADORAS

GUÍA DE PUBLICIDADE E INFORMACIÓN DAS INTERVENCIÓNS COFINANCIADAS POLOS FONDOS ESTRUTURAIS EN GALICIA

Bases de la convocatoria. Los concursos se regirán por la normativa vigente y, en particular, por las siguientes normas:

BASES. AUXILIAR ADMINISTRATIVO-GRUPO V: Titulo de Graduado Escolar, Formación Profesional de primer grado o equivalente.

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR SERVIZO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

boletín oficial Provincia de ourense n.º 103 mércores, 7 maio 2014 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Información xeral Campamentos de Verán do Concello de Ames

BASES DE SELECCIÓN PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSONAL: MONITORES/AS DEL CURSO F.P.E. Monitor de actividades de tiempo libre infantil y juvenil BASES

Lexislación e Territorio

CENTRO SOCIAL DE OLEIROS

I. Comunidad Autónoma

6.- Fotocopia compulsada del Título exigido.

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

FICHA DE PROCEDIMIENTO Facultad de Formación de Profesorado y Educación

SUBSECRETARÍA MINISTERIO DE EDUCACIÓN

ORDENANZA REGULADORA DO DEBER DE CONSERVACIÓN, DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS E DA DECLARACIÓN DE RUINA DO CONCELLO DE OURENSE

Transcripción:

DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2011 Páx. 15444 IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se convoca concurso público para cubrir postos de coordinadoras e coordinadores de área dos equipos de dinamización da lingua galega. O artigo 27.20 da Lei 1/1981, pola que se aproba o Estatuto de autonomía de Galicia, establece que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia da promoción e o ensino da lingua galega. Pola súa banda, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, no seu artigo 22, dispón que o Goberno galego asumirá a dirección técnica e o seguimento do proceso de normalización da lingua galega; asesorará a Administración e os particulares, e coordinará os servizos encamiñados a conseguir os obxectivos da citada lei. O Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, sinala a necesidade de afondar no desenvolvemento dos preceptos da Lei de normalización lingüística no tocante ao ensino. Pretende reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con contextos vivos e facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz, afastado de usos sexistas e respectuoso coa situación sociolingüística en que se enmarca cada centro. Con este obxectivo, a consellería competente en materia de educación establecerá un programa de actividades de fomento da lingua en cada centro educativo, no marco do seu proxecto lingüístico e coa participación de toda a comunidade educativa, con especial atención ás liñas de actuación que permitan un incremento do uso do galego nas actividades extraescolares e complementarias. O devandito decreto regula, no artigo 15, a constitución dun equipo de dinamización da lingua galega para potenciar o uso da lingua galega nos centros educativos sostidos con fondos públicos, así como a coordinación destes a través das respectivas comisións territoriais que se constituirán en cada xefatura territorial de educación. No marco das diferentes actuacións que se están a promover no ensino para os citados fins, considérase necesario manter a coordinación dos equipos de dinamización da lingua galega dos diferentes centros para homoxeneizar actuacións e optimizar o aproveitamento dos recursos. Para iso, cómpre seleccionar persoal técnico coa cualificación e experiencia adecuadas para desenvolver as funcións de coordinación.

DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2011 Páx. 15445 O Parlamento de Galicia aprobou, o 22 de setembro de 2004, por unanimidade, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, no cal se considera o ensino un dos ámbitos sectoriais primordiais para conseguir a revalorización da lingua galega e incrementar o seu uso en toda a sociedade. En consecuencia, e en uso das atribucións que ten conferidas, esta consellería DISPÓN: Artigo 1. Obxecto. Convocar concurso de méritos específíco entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Artigo 2. Participantes e requisitos. Poderán participar neste concurso as funcionarias e funcionarios de carreira dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario e de profesores das escolas oficiais de idiomas, sempre que estean en posesión do Celga 5; todos eles deberán ter destino en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Artigo 3. Lugar e prazo de presentación. A instancia, así como a documentación correspondente, poderá presentarse no rexistro xeral, edificio administrativo San Caetano, nos departamentos territoriais ou en calquera das dependencias que sinala o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse á Secretaría Xeral de Política Lingüística. Unha vez presentada a documentación, enviarán un correo electrónico ao enderezo: sxpl.formacion@xunta.es, no cal indicarán o seu nome e apelidos, teléfono de contacto e lugar e data de presentación da documentación. No caso de que se presente a solicitude nunha oficina de correos, farase en sobre aberto, para que sexa datada e selada pola/o funcionaria/o de correos antes de ser certificada. O prazo de presentación de instancias, que serán dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, será de quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2011 Páx. 15446 Artigo 4. Solicitudes e documentación. 1. Solicitudes. O persoal interesado en participar nesta convocatoria deberá presentar a súa solicitude mediante instancia axustada ao modelo que se publica no anexo III desta orde. 2. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Folla de alegación de méritos e autobaremación, axustada ao modelo que se atopará á disposición do persoal interesado no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/ b) Documentación acreditativa de que se posúen os requisitos exixidos para a praza que solicitan. c) Documentación a que se refire o anexo II desta convocatoria, para acreditar todos os servizos e méritos alegados, así como unha relación numerada, datada e asinada dos documentos presentados seguindo a orde que aparece no citado anexo. Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente non serán tidos en conta. d) Proxecto de traballo, referido ás funcións que ten que realizar, cunha extensión máxima de 20 folios, tamaño DIN-A4 a unha soa cara, a dobre espazo e tamaño de letra de 12 puntos. Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos de méritos alegados que fosen achegados polos concursantes para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a través do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais Artigo 5. Comisión de selección. 1. Este concurso será resolto por unha comisión de selección formada polos seguintes membros: Presidente: O secretario xeral de Política Lingüística ou persoa en quen delegue. Vogais: Ata un máximo de tres, coa categoría de subdirector xeral, xefe de servizo ou funcionario con destino na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2011 Páx. 15447 Un funcionario ou funcionaria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario ou secretaria con voz e sen voto. Cada un dos sindicatos da mesa sectorial docente poderá nomear un representante para a asistencia ás sesións da comisión, con voz e sen voto. Coa debida antelación, o nome do representante seralle comunicado ao presidente da comisión de selección. 2. A comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica especializada para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coiden pertinentes. Cada un dos sindicatos da mesa sectorial docente poderá nomear unha persoa representante para a asistencia ás sesións da subcomisión con voz e sen voto. 3. Os membros da comisión e da subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo) estando cualificadas na categoría primeira. Artigo 6. Proceso de selección. O proceso de selección constará de dúas fases. Unha primeira en que se valorarán os méritos alegados e o proxecto presentado e unha segunda en que se poderá realizar unha entrevista ao persoal aspirante que supere a primeira fase. Primeira fase de selección: 1. A comisión fará públicas as puntuacións provisionais asignadas a cada aspirante, como resultado da aplicación do baremo que figura no anexo II. Estas listas publicaranse nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e dos departamentos territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/ 2. O persoal aspirante poderá presentar as alegacións que coide convenientes contra a lista provisional, dirixidas ao presidente da comisión de selección, no prazo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, por calquera dos procedementos recollidos no punto sexto 1 b) desta orde. Dentro dese período, as

DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2011 Páx. 15448 persoas que presenten algunha alegación, enviarán un correo electrónico ao enderezo: sxpl.formacion@xunta.es en que indiquen a epígrafe do baremo coa cal non están conformes na súa puntuación. 3. Unha vez estudadas e resoltas as alegacións presentadas, a comisión publicará a lista definitiva das puntuacións nas epígrafes de méritos e proxecto de traballo no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/ Segunda fase de selección: 1. Todo o persoal aspirante que obteña unha puntuación mínima de 5 puntos no proxecto poderá ser convocado pola comisión de selección á celebración dunha entrevista para apreciar mellor as circunstancias que concorren nel, e que versará sobre o proxecto presentado. 2. O persoal aspirante que non acade unha puntuación mínima de 5 puntos no proxecto e de 3 puntos na entrevista, de ser o caso, non poderá ser proposto pola comisión. Será seleccionado aquel persoal aspirante que, obtendo as puntuacións mínimas sinaladas, acade as maiores puntuacións no total das epígrafes contidas no baremo establecido no anexo II, para a praza que solicitan. 3. No caso de producirse empates no total de puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos puntos 5, 4, 3 e 1 do baremo. Artigo 7. Proposta de nomeamento. 1. A relación provisional do persoal concursante seleccionado farase pública no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/. Establecerase un prazo de cinco días naturais para que o persoal interesado poida efectuar as posibles reclamacións ou renuncias ás prazas adxudicadas provisionalmente. 2. Unha vez resoltas as reclamacións e admitidas as posibles renuncias, a comisión remitiralle ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da presente convocatoria, xunto coa acta definitiva, coa expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final das persoas seleccionadas con mención do posto que se adxudicará a cada unha delas. Artigo 8. Resolución da convocatoria. 1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no DOG a resolución definitiva do concurso.

DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2011 Páx. 15449 Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. 2. O persoal docente que resulte seleccionado pola presente convocatoria quedará adscrito aos postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2011, cesará nos seus postos con data do 31 de agosto de 2012, e permanecerá neles en réxime de comisión de servizos, con reserva de posto de traballo de orixe, por un período dun ano, renovable ano a ano ata un máximo de seis, para o que se establecerá un proceso de avaliación do exercicio da súa actividade que, no caso de ser positiva, determinará a súa continuidade. A avaliación realizaraa unha comisión coa mesma composición establecida no artigo 5 desta orde, logo dos informes que considere oportunos. 3. De non publicarse a resolución definitiva no prazo de seis meses desde esta convocatoria, as solicitudes presentadas entenderanse desestimadas. Artigo 9. Retribucións. Para os efectos de retribucións, en concepto de complemento específico, o persoal funcionario docente que resulte seleccionado poderá percibir o complemento específico correspondente ao asesor técnico docente, segundo o establecido no anexo V.2 da Orde do 14 de xaneiro de 2011 (DOG do 21 de xaneiro) pola que se ditan instrucións para a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2011. Disposición derradeira primeira. Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación e o desenvolvemento desta orde. Disposición derradeira segunda. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2011. Jesús Vázquez Abad Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2011 Páx. 15450 ANEXO I Denominación da praza Destino Requisitos Funcións Coordinador de área de equipos de dinamización da lingua galega nos centros de ensino non universitario da provincia da Coruña Coordinador de área de equipos de dinamización da lingua galega nos centros de ensino non universitario da provincia de Lugo Coordinador de área de equipos de dinamización da lingua galega nos centros de ensino non universitario da provincia de Ourense Coordinador de área de equipos de dinamización da lingua galega nos centros de ensino non universitario da provincia de Pontevedra Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra Funcionarias e funcionarios de carreira dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario e de profesores das escolas oficiais de idiomas que estean en posesión do Celga 5 Asesorar e dinamizar os equipos de dinamización da lingua galega dos centros de ensino non universitario da súa provincia. Definir, coordinadamente co persoal técnico da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as estratexias xerais de actuación no seu ámbito. Redactar unha memoria anual que recolla as actuacións desenvolvidas, segundo as pautas establecidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, cunha análise do seu labor durante ese curso académico. Deseño e posta en marcha dos seminarios, encontros, xornadas e demais actividades que teñan como finalidade a planificación, formación e dinamización dos equipos de dinamización da lingua galega. Deseño e elaboración dos materiais, ferramentas e recursos que utilizarán os equipos de dinamización da lingua galega, e destinados á dinamización nos centros. ANEXO II Conceptos 1. Desenvolvemento profesional: 1.1. Por cada ano de servizo como funcionaria/o de carreira. Para estes efectos, computaranse os servizos docentes recoñecidos consonte a Lei 70/1978... 1.2. Por cada ano como coordinador/a do equipo dinamización da lingua galega... 1.3. Por cada ano de desempeño, en postos da Administración educativa, de funcións do posto de asesor que se solicita... (Se o período non cadra co ano, puntuaranse os meses consonte o que lles corresponda proporcionalmente). 2. Méritos académicos: 2.1. Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes... 2.2. Titulación de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura... 3. Formación e perfeccionamento: 3.1. Por cursos de formación ou outras actividades formativas, incluída a impartición de cursos, relacionados coa lingua e a literatura galega, convocados polas administracións públicas con plenas competencias educativas ou por universidades, ou actividades incluídas no plan de formación permanente organizadas por entidades colaboradoras coas administracións educativas ou actividades recoñecidas pola Administración educativa correspondente. Tanto nos cursos recibidos como nos impartidos, as horas son acumulables. (0,15 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados)... 3.2. Por cursos de formación ou outras actividades formativas, incluída a impartición de cursos, de carácter xeral, convocados polas administracións públicas con plenas competencias educativas ou por universidades, ou actividades incluídas no plan de formación permanente organizados por entidades colaboradoras coas administracións educativas ou actividades recoñecidas pola Administración educativa correspondente. Tanto nos cursos recibidos como nos impartidos as horas son acumulables (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados)... 4. Proxecto de traballo: O proxecto de traballo, ademais dos aspectos xerais do sistema educativo e dos sinalados no punto quinto desta orde, deberá conter os obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición a que corresponde a praza que se solicita... (Puntuación mínima exixida por esta epígrafe: 5 puntos) 5. Entrevista sobre o proxecto presentado... (Puntuación mínima exixida por esta epígrafe: 3 puntos) Puntuación 0,6 puntos 1 punto 1,5 puntos 0,60 puntos 0,40 puntos Ata 3,5 puntos Ata 2,5 puntos Ata 8 puntos Ata 4 puntos Total puntos máximo 3 puntos 1 punto 3 puntos 1 punto 6 puntos 8 puntos 4 puntos Documentos xustificativos Folla de servizos, certificación de servizos ou nomeamento Copia compulsada das titulacións alegadas Copia compulsada da documentación alegada Orixinal, cunha extensión máxima de 20 folios

DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2011 Páx. 15451 ANEXO III CORPO E ESPECIALIDADE A QUE PERTENCE Corpo: Especialidade: DATOS PERSOAIS DNI/NIE: NRP: Primeiro apelido: Segundo apelido Nome Teléfono: Teléfono móbil Correo electrónico Enderezo (rúa, número, piso, letra,...) Concello Provincia Código postal Localidade País Praza que solicita: En. o.. de... de 2011. SINATURA DA PERSOA INTERESADA Director xeral de Centros e Recursos Humanos