Orde do... de... de 2016, pola que se crea a Mesa da Castaña e se regula a súa organización, funcionamento e composición.

Documentos relacionados
Orden del... de..de 2016, por la que se regula la organización, funcionamiento y composición de la Mesa de la Madera

Convocatoria ordinaria de 2012

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

Comisión Galega de Bioética

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2011 Páx. 8548

REGLAMENTO INTERNO DEL

MODELO DE ORDENANZA TIPO MUNICIPAL REGULADORA DA XESTION DA BIOMASA E DISTANCIAS DAS PLANTACIONS DO CONCELLO DE.

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

Creación y Funcionamiento del Foro Municipal de Comercio Justo

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

As características técnicas e ambientais de ditos produtos son as seguintes:

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4670

REGULAMENTO PARA A DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER EN XESTIÓN DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E ARQUITECTÓNICO, MUSEOS E MERCADO DA ARTE

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

En la tramitación de esta disposición emitió dictamen el Consello Agrario Galego, conforme con lo previsto en la Ley 1/2006, de 5 de junio.

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

SESION EXTRAORDINARIA DE 14 DE XULLO DE 2015

(DOG do 2 de novembro de 2000) 91. Os horarios individuais de cada profesor forman parte do documento de organización do centro (DOC).

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

Decreto 29/2000, do 20 de xaneiro, polo que se aproba o. regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica

A través da presente convocatoria, a Concellaría de Educación proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1. Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

...DON MANUEL JOSÉ DÍAZ SÁNCHEZ, secretario xeral do pleno do excelentísimo Concello da Coruña.

DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8570

Comisión de Cooperación de Consumo

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

ACTA Nº 2 DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CONCELLO DE MUROS.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA- PÁX.1

RECOMENDACIÓNS XERAIS

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

CMUS Profesional de Viveiro

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Decreto 172/2010 Técnico superior en axencias de viaxes e xestión

CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA AGROBIOTECH INNOVACIÓN

REGLAMENTO DEL CONSEJO MUNICIPAL DE LA MUJER PREÁMBULO

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

REGLAMENTO DE LA MESA LOCAL POR EL EMPLEO

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS SERVIZO PROVINCIAL DE LUGO. Anuncio

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

CONVOCATORIA E BASES QUE REGULAN A SELECCIÓN DO PERSOAL PARA PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO E A ECONOMÍA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DA PROVINCIA DE

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

REGLAMENTO INTERNO DEL COMITÉ DE SEGUIMIENTO DEL PROGRAMA OPERATIVO FONDO SOCIAL EUROPEO DE GALICIA PARA EL PERIODO

REGLAMENTO DE ORGANIZACIÓN Y FUNCIONAMIENTO DE LA MESA DE SOLIDARIDAD DEL MUNICIPIO DE VILLAR DEL ARZOBISPO.

(Texto consolidado trala corrección de erros)

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Instrución: /2011 Data: 1/3/11

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

REGLAMENTO PARA EL FUNCIONAMIENTO DEL SISTEMA ESTATAL PARA PREVENIR, ATENDER, SANCIONAR Y ERRADICAR LA VIOLENCIA CONTRA LAS MUJERES.

A través da presente convocatoria, a Concellaría de Educación proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

...DON MANUEL JOSÉ DÍAZ SÁNCHEZ, Secretario General del Pleno del Excelentísimo Ayuntamiento de A Coruña.

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

MODELO DE DECLARACIÓN SOBRE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE PRODUCIR INGRESOS ECONÓMICOS

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

Boletín oficial. Provincia de ourense. n.º 143 Martes, 24 xuño D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ASISTENCIA PERSOAL Un Dereito recoñecido na Convención

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

CONVOCATORIA DE CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2013

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

ESCENARIO DE PRÁCTICAS Celebraranse as probas nas Pistas de Atletismo ao aire libre, de Elviña (A Coruña), e da Malata (Ferrol)

Lexislación e Territorio

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

ORDENANZA REGULADORA DO DEBER DE CONSERVACIÓN, DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS E DA DECLARACIÓN DE RUINA DO CONCELLO DE OURENSE

Cuestionario de Convivencia Preguntas frecuentes

PROCESO PARTICIPATIVO PARA UN NOVO CONVENIO CTAG (PNC CTAG)

Nº 89 Venres, 9 de maio de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 8.355

Transcripción:

Orde do... de... de 2016, pola que se crea a Mesa da Castaña e se regula a súa organización, funcionamento e composición. A comunidade autónoma de Galicia conta con máis de dous millóns de hectáreas, das cales o 70% aproximadamente atópanse arboradas. Contamos cunha extensa superficie con presenza da especie Castanea sp., ben como especie principal, ocupando o castiñeiro unha superficie de 12.500 hectáreas en masas puras, ou secundaria en formacións mixtas, chegando a unha superficie de 46.455 hectáreas segundo os datos do último Inventario Forestal Nacional. Asemade, a superficie de soutos produtivos de froito ascende aproximadamente a unhas 38.000 hectáreas. A produción de castañas en montes ou terreos forestais está recoñecida como un aproveitamento forestal pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. No seu artigo 84 recoñece á persoa titular do monte como propietario dos recursos forestais que nel se producen. Seguidamente, o artigo 85 declara de xeito expreso o dereito dos propietarios de montes ao acoutamento das súas propiedades a fin de obter un mellor aproveitamento dun recurso forestal como é a castaña. Na actualidade, Galicia é a principal comunidade autónoma en produción e exportación de castañas. Na última campaña os datos de produción superaron os 20 millóns de quilogramos, que se traducen en máis de 30 millóns de euros pagados aos produtores e que xeran un valor superior aos 70 millóns de euros en comercialización unha vez transformados. Ademais desta enorme importancia produtiva están, por outro lado, os valores ecolóxicos e culturais que aportan a nosa sociedade as formacións arboradas desta especie. Os bosques de Castanea Sativa están considerados como un hábitat de interese comunitario da Rede Natura 2000 (código 9260), cuxa conservación require a designación de zonas de especial conservación segundo a Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Neste contexto, e debido a que no artigo 101 da Lei de montes de Galicia instruméntase a posibilidade de que a Administración forestal poida impulsar e crear outras mesas sectoriais para o fomento, promoción e a mellora dos produtos forestais, enténdese que este é o momento idóneo para a creación dunha Mesa da Castaña, como órgano colexiado de representación sectorial, coa fin de cumprir os obxectivos anteriormente referidos. Na tramitación desta disposición foi consultado o Consello Forestal de Galicia. En consecuencia, de conformidade co ditame/oído o Consello Consultivo de Galicia, en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, 1

DISPOÑO: Artigo 1. Obxecto O Obxecto desta orde é crear a Mesa da Castaña consonte co previsto no artigo 101 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e regular a organización, o funcionamento e a súa composición. Artigo 2. Creación da Mesa da Castaña Créase a Mesa da Castaña como un órgano colexiado de carácter consultivo e asesor, integrado pola Administración autonómica e polos principais axentes sociais relacionados coa castaña na comunidade autónoma de Galicia. Artigo 3. Finalidades As finalidades e obxectivos da Mesa da Castaña son: a) Establecer un foro continuado de diálogo e traballo que aglutine aos principais axentes relacionados coa castaña en Galicia. b) Estudar e impulsar medidas que contribúan ao fomento, promoción e mellora da castaña como produto forestal e ao seu aproveitamento sostible. c) Organizar, promover e dar apoio ás iniciativas do sector da castaña destinadas a reforzar as súas actuacións para conseguir a súa propia vertebración económica e social e fomentar a súa actividade. d) Contribuír ao coñecemento por parte da sociedade da auténtica dimensión do sector da castaña e das súas achegas no ámbito económico, social e ambiental. e) Calquera outra finalidade que a Mesa da Castaña entenda que pode redundar en beneficio do sector madeireiro. Artigo 4. Composición 1. A Mesa da Castaña está composta pola presidencia e por dez vogais. 2

2. A composición da Mesa da Castaña atenderá, sempre e cando sexa posible, a criterios de equilibrio efectivo entre homes e mulleres de conformidade co previsto na Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de homes e mulleres, na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade definitiva entre homes e mulleres e demais normativa que resulte de aplicación nesta materia. 3. A presidencia nomeará, entre o persoal da dirección xeral competente en materia de montes, a unha persoa titular da secretaría, que a exercerá con voz e sen voto. Artigo 5. A presidencia 1. A presidencia da Mesa da Castaña corresponde á persoa titular da dirección xeral competente en materia de montes. 2. As funcións da persoa titular da presidencia son: a) Desempeñar a representación da Mesa da Castaña. b) Acordar e promover a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias e a fixación da orde do día para o que terá en conta, no seu caso, as peticións das demais persoas membros formuladas coa suficiente antelación. c) Presidir as sesións, moderar o desenvolvemento dos debates e suspendelos por causas xustificadas. d) Asegurar o cumprimento da normativa en vigor que resulte de aplicación ao caso concreto. e) Visar as actas e certificacións expedidas pola secretaría da Mesa da Castaña. f) Cantas outras sexan inherentes a súa condición de presidente/a. 3. En caso de vacante, ausencia, enfermidade ou outra causa legal, as funcións da presidencia serán exercidas pola persoa membro da consellería competente en materia de montes designada previamente pola súa persoa titular, por medio de delegación expresa. 4. Sempre e cando se estime oportuno, a presidencia poderá invitar a participar nas reunións da Mesa da Castaña a aquelas entidades ou persoas expertas na materia para o mellor asesoramento nos temas concretos que se van debater. En ningún caso ditas persoas ou entidades ostentarán a condición de membros deste órgano colexiado. 3

Artigo 6. Vogais A Mesa da Castaña estará integrada polas seguintes persoas que ostentarán a condición de vogais: 1. Cinco persoas en representación da Administración autonómica: a) A persoa titular da subdirección competente en materia de recursos e aproveitamentos forestais. b) A persoa titular da dirección do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. c) Unha persoa representante da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, nomeada pola persoa titular da dirección xeral. d) Dúas persoas expertas na materia designadas pola persoa titular da presidencia. 2. Cinco persoas en representación dos axentes sociais relacionados co sector da castañas dentro da Comunidade Autónoma: a) Unha persoa en representación da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, nomeada polo seu consello regulador. b) Tres persoas en representación do sector produtor, operadores, comercializadores e almacenistas en fresco e do sector de industrias de procesado, nomeadas pola Asociación de Produtores e Exportadores de produtos agrosilvestres de Galicia (PROAGROSILGA) c) Unha persoa en representación dos viveiros de produción de planta de castaña, nomeado pola Asociación de viveiristas forestais de Galicia (VIFOGA) e pola asociación de produtores plantas ornamentais de Galicia (ASPROGA). Artigo 7. Funcións das persoas vogais e réxime de substitución 1. As funcións das persoas vogais son as seguintes: a) Participar nos debates das sesións. b) Formular rogos e preguntas. c) Cantas outras sexan inherentes á súa condición. 2. No exercicio das súas funcións as persoas vogais teñen dereito a recibir, cunha antelación mínima de 48 horas, a documentación da convocatoria, e a obter toda a información sobre os 4

temas que figuren na orde do día, que deberá estar a disposición dos membros coa antelación referida, así como a dispor de toda a información precisa para cumprir as súas funcións. 3. Os vogais, en caso de ausencia ou enfermidade e, en xeral, cando concorra algunha causa xustificada, poderán ser substituídos polos seus suplentes se os houber.. Artigo 8. A secretaría 1. Corresponde á persoa titular da secretaría da Mesa da Castaña: a) Efectuar a convocatoria das sesións da Mesa da Castaña por orde da presidencia, así como as citacións aos seus membros. b) Recibir os actos de comunicacións dos membros coa Mesa da Castaña e, polo tanto, as notificacións, peticións de datos, rectificacións ou calquera outra clase de escritos dos que deba ter coñecemento. c) Preparar o despacho dos asuntos e redactar e autorizar as actas das sesións. d) Custodiar a documentación da Mesa da Castaña. e) Cantas outras funcións sexan inherentes a súa condición de secretario. 2. A persoa titular da secretaría da Mesa da Castaña poderá dispoñer da asistencia de persoal técnico de apoio para o desenvolvemento das súas funcións. 3. No caso de ausencia, vacante, enfermidade ou outras causas que imposibiliten a súa asistencia, a persoa titular da secretaría será substituída por unha persoa que teña a condición de persoal funcionario da dirección xeral competente en materia de montes, designada pola presidencia da Mesa da Castaña. Artigo 9. Réxime de reunións A Mesa da Castaña reúnese como mínimo unha vez ao ano, en sesión ordinaria, e con carácter extraordinario, sempre que o seu presidente o estime oportuno ou tres quintas partes (3/5) da totalidade dos seus membros aleguen causa xustificada para manter unha reunión de carácter extraordinario. Artigo 10. Convocatorias 5

1. As sesións, tanto ordinarias como extraordinarias, serán convocadas polo secretario por orde do presidente nun prazo mínimo de quince días naturais de antelación. No caso de reunións extraordinarias, estas poderán ser solicitadas por un mínimo de tres quintas partes (3/5) da totalidade dos membros da Mesa da Madeira, e a convocatoria realizarase dentro dos sete días naturais seguintes á solicitude e cunha antelación de dous días á celebración da sesión, e sempre e cando aleguen causa xustificada para a súa celebración. No caso de urxencia, as reunións extraordinarias pódense convocar cunha antelación de corenta e oito horas. 2. A convocatoria poderá efectuarse empregando o correo electrónico, sempre que se cumpran os seguintes requisitos: a) O sistema de notificación electrónica acreditará a data e hora na que se produza a posta a disposición do interesado da convocatoria notificada, así como o acceso ao seu contido, momento a partir do que a notificación entenderase practicada a todos os efectos legais; en todo caso, presumirase que a notificación produciuse polo transcurso de vinte e catro horas, excluíndo sábados, domingos e festivos, desde a posta a disposición do interesado da convocatoria notificada, salvo que, de oficio ou a instancia do destinatario, compróbese a imposibilidade técnica ou material de acceso. b) Todos os membros da Mesa da Castaña que teñan a condición de cargo público ou empregado público da Administración, de conformidade co establecido no artigo 5.1 da presente orde, serán notificados na súa dirección electrónica institucional correspondente. O resto de membros da Mesa da Castaña serán notificados electrónicamente no enderezo de correo electrónico que sinale a tal efecto. 3. A comunicación de convocatoria deberá conter, como mínimo, a data e lugar onde se celebrará a sesión, o carácter ordinario ou extraordinario da mesma e a orde do día cos asuntos a tratarse. A este respecto a presidencia terá en conta as peticións dos demais membros da Mesa da Castaña que se formularan coa suficiente antelación, sendo incluídas na orde do día sempre e cando se consideren oportunas e acordes ás finalidades deste órgano colexiado. Artigo 11. Sesións 1. As sesións da Mesa da Castaña celebraranse na data, hora e lugar indicados na comunicación de convocatoria. 2. Celebraranse en primeira convocatoria, cando estean presentes o presidente e o secretario, e a totalidade dos representantes dos membros relacionados no artigo 5 desta orde. De non existir este quórum, a sesión celebrarase en segunda convocatoria sempre e cando estean 6

presentes o presidente e o secretario e, polo menos, máis da metade dos representantes dos membros relacionados no devandito artigo. 3. Non será obxecto de deliberación ningún asunto que non figure incluído na orde do día, salvo que estean presentes todos os membros deste órgano colexiado e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría. 4. Quen acredite a titularidade dun interese lexítimo poderá dirixirse á secretaría da Mesa da Castaña para que lle expida certificación das conclusións e iniciativas adoptadas no seo da Mesa da Madeira. Disposición adicional primeira. Adscrición administrativa A Mesa da Castaña intégrase na Consellería competente en materia de montes, aínda que sen participar na súa estrutura xerárquica. Disposición adicional segunda. Non incremento do gasto público As medidas incluídas na presente disposición non suporán incremento do gasto público. Disposición derradeira terceira. Remisión normativa Nos aspectos non contidos nesta orde aplicarase o disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia para os órganos colexiados, e, supletoriamente, o disposto pola lexislación básica estatal en materia de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común. Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto na presente orde. 7

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa Facúltase a persoa titular da dirección xeral competente en materia de montes para ditar cantas resolucións e instrucións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde. Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela,.de.de dous mil dezaseis Ángeles Vázquez Mejuto Conselleira do Medio Rural 8