TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS: BÁDMINTON E PÁDEL

Documentos relacionados
TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS: BÁDMINTON E PÁDEL

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso TEMA 6. BÁDMINTON

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE.

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE.

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE.

EL BÁDMINTON 1.- DEFINICIÓN:

APUNTES BÁDMINTON EL BÁDMINTON

TEMA: O VOLEIBOL E O BALONMANO

Restar es de devolver la pelota que proviene de un servicio. Es un golpe defensivo muy importante para seguir jugando y pasar al ataque.

El 29 de diciembre de 1985, surge de forma independiente Española de Bádminton (F.E.S.B.A)

SEMINARIO DE EDUCACIÓN FÍSICA INICIACIÓN A LOS DEPORTES DE RAQUETA 2º E.S.O.

Historia. Reglamento Básico

REGLAMENTO DE BÁDMINTON: RESUMEN

FÍSICA I.E.S. CHAPELA VOLEIBOL 2ª AVALIACIÓN CURSO ACADÉMICO UNIDADE DIDÁCTICA DE VOLEIBOL

Tema: BÁDMINTON 1. MODALIDADES DE JUEGO.

BALONCESTO. ÓNDE SE XOGA? O baloncesto xogase nun campo rectangular de 28 x15 coas seguintes características: A TÉCNICA

O BÁDMINTON INTRODUCIÓN:

Guía rápida de consulta do Recadro da declaración da Renda do ano anterior

Múltiplos e divisores

Bádminton. Bases y Reglamento

REGRAS DE XOGO DE FÚTSAL 2014/2015. (REGULAMENTO FIFA). FEDERACIÓN INTERNACIONAL FÚTBOL ASOCIACIÓN.

A finales de la década de 1970 este deporte fue introducido en España a través de Galicia y se extendió rápidamente.

1. ALGORITMO 2. DIAGRAMAS DE FLUXO

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS

A EDUCACIÓN FÍSICA ISABEL ABAD- 1º ESO

HISTORIA: TÉCNICA DEL TENIS

APUNTES DE BADMINTON 1º Bachillerato

MESOCICLO. Opción 1. Estilo de xogo: fútbol combinativo. Posicionamento defensivo: plegado / defensa zonal. Tarefas: 1. temporizacións defensivas

4º ESO DIVERSIFICACIÓN TEORÍA 2ª EVALUACIÓN

REGRAS DE XOGO DE FÚTSAL 2014/2015. (REGULAMENTO FIFA). FEDERACIÓN INTERNACIONAL FÚTBOL ASOCIACIÓN.

EL TENIS. La red: La red tendrá una altura de 1,07 m en los lados y de 0,914 m en el centro.

ACLARACIONS DEPORTE BASE GALICIA

EL BADMINTON EDUCACIÓN FÍSICA, 4º ESO

PROFESOR: DANIEL GARCÍA SÁIZ, LIC. E.F. U.D. BADMINTON 4º E.S.O.

COÑEZAMOS O PLAN DE EVACUACIÓN DO IES SÁNCHEZ CANTÓN

2. ASPECTOS REGLAMENTARIOS RAQUETA 2.1 TERRENO DE JUEGO Y MATERIALES VOLANTE

I TORNEO DE PADEL OPEN SOCIAL

UNIDAD DIDÁCTICA DE BÁDMINTON

REGRAS DE XOGO DE FÚTSAL 2014/2015. (REGULAMENTO FIFA). FEDERACIÓN INTERNACIONAL FÚTBOL ASOCIACIÓN.

COMPLEMENTO POR MATERNIDADE NAS PENSIÓNS CONTRIBUTIVAS DA SEGURIDADE SOCIAL

U.D: INICIACIÓN O JUDO

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

MANUAL DE PUBLICIDADE

Tema 6. Historia y evolución de los deportes de pala y raqueta. Tema 7. Reglamento, instalaciones y materiales de los deportes de pala y raqueta.

TENIS DE MESA

TEMA. - CONDICIÓN FÍSICA E SAÚDE

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

TEORÍA DE BÁDMINTON. BLOQUE DE JUEGOS Y DEPORTES. 2º TRIMESTRE

R. David Glez. Ruiz. Dpto. Educación Física I.E.S. Flavio Irnitano

REGLAMENTO DE JUEGO CROSSMINTON

UNIDAD DIDÁCTICA 6 VOLEIBOL

El largo total del cordaje no debe exceder 280 mm en largo total y 220 mm en ancho total.

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

CLUBE SOCIEDADE DEPORTIVA SALCEDA

MANUAL DE MEDIDAS BIOMECÁNICAS DE PREVENCIÓN SAÚDELABORAL NO SECTOR DA CONSERVA DE ATÚN SAÚDE LABORAL NO SECTOR DAS REDEIRAS ARTESÁS

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

apelidos da persoa autora, nome e apelidos da persoa ou persoas directoras, denominación da titulación e curso académico.

Información e instrucións para realizar solicitudes web

1. TEXTO NARRATIVO acontecementos personaxes espazo tempo historia argumento relato trama discurso tema

Manual para recibir notificacións do twitter da Axencia Local de Colocación no teu móbil.

COMO CREAR UNHA BASE DE DATOS EN BASE DE LIBREOFFICE

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

coñecer a tuberculose

A SEGURIDADE NA REDE. Tema 5

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

ELECTRÓNICA DIXITAL. SISTEMAS DE NUMERACIÓN.

Asistente web para a solicitude

Potencias e raíces de números enteiros

A Lei da Dependencia. Cara onde imos?

Rectas e ángulos no plano

APUNTES PÁDEL 4º ESO

FICHA 4: EL BÁDMINTON TEMA: EL BÁDMINTON 1.- EL TERRENO DE JUEGO. MATERIAL. REGLAS BÁSICAS. TÉCNICA.

Semellanza. Teorema de Pitágoras

APUNTES DE EDUCACIÓN FÍSICA PRIMER TRIMESTRE

GUÍA RÁPIDA PARA REUNIÓNS VIRTUAIS (VIA WEB) Para participar nunha reunión virtual só é necesario unha conexión a internet de

ÍNDICE 1. INTRODUCCIÓN Á APLICACIÓN REQUISITOS MÍNIMOS PARA TRABALLAR COA APLICACIÓN MANTEMENTOS... 12

1º exame, 3ª avaliación

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

LA PISTA. 20m. 10m 6,95m

1- Para as seguintes Ips:

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

Mapa comercial de Santiago de Compostela Manual de usuario

Área de Benestar, Saúde e Deporte. XX Campionato Galego Universitario COLECTIVOS

TEMA 4: EL BÁDMINTON

Manual de usuario do blog Ler conta moito. Elaborado por Oficina de Coordinación Web. manual_wordpress_lercontamoito_ _1idioma Páxina 1 de 12

TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

COMPOÑENTES E CONFIGURACIÓN

Convocatoria ordinaria de 2012

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

APUNTES 1º ESO: EL TENIS

2.- A utilización das pistas axustarase ás condicións da autorización e ós horarios aprobados.

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Transcripción:

TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS: BÁDMINTON E PÁDEL PISTA DE BÁDMINTON. OBXECTIVO DO BÁDMINTON O obxectivo do bádminton é conseguir golpear o volante ca raqueta por encima da rede para que caia no campo contrario e non caia no meu campo. MODALIDADE DE INDIVIDUAIS. SAQUE E DEVOLUCIÓN.CAMBIO DE LADO En individuais o xogador que saca faino desde o cadro de saque da dereita e sirve a zona de saque da dereita da parte do outro lado da rede. Tanto o que saca como o que recibe colocaranse nos seus respectivos campos dereitos cando o que executa o saque, non teña ningún punto ou teña un número par de puntos nese xogo. Colocaranse nos seus respectivos campos esquerdos cando o que saque teña un número impar de puntos nese xogo. Gáñanse os puntos cando un xogador non devolve o volante ou o golpea enviándoo fora da pista. MODALIDADE DE DOBLES: SAQUE E DEVOLUCIÓN.CAMBIO DE LADO Sácase e recíbese dende os cadros de saque dereito e esquerdo con puntuación par e impar igual que en individuais. Despois de devolver o servicio, calquera xogador do lado do recibidor e calquera xogador do lado do sevidor poden alternativamente devolver o volante.

Orde do saque en dobles. En calquera xogo, o dereito a sacar pasará: 1. do servidor inicial que comezou o xogo do cadro de saque dereito. 2. ao compañero do receptor inicial. 3. ao compañeiro do primeiro servidor. 4. ao xogador que primeiro recibiu. 5. ao servidor inicial e así. SETS E PUNTUACIÓN O partido consta de 3 sets e adxudícase ao xogador que gañe en dous deles, sen necesidade de disputarse o terceiro si xa se acadaron os dous primeiros. O lado que primeiro gañe 21 puntos gañará o SET. O lado que consiga tanto directo sumará un punto o seu marcador. Se no tanteo se empata a 20, o lado que consiga dous puntos consecutivos gañará o SET. Se no tanteo se empata a 29, o lado que consiga o punto 30 gañará o SET. O lado que gañe o SET sacará primeiro no seguinte. O lado que ten dereito a sacar chámase lado de saque e o lado oposto chámase lado receptor Cambio de lado nos sets. Os xogadores deben cambiar de lado: -ó final do primeiro set. -antes de comenzar o terceiro set, se existise. -no terceiro set, ou nun partido dun set, cando un dos lados chegue a 11 puntos. RESUMINDO: O partido consta de 3 sets. O lado que primeiro gañe 21 puntos gañará o SET con 2 de ventaxa. Con empata a 29, o lado que consiga o punto 30 gaña. Sácase e recíbese dende os cadros de saque dereito e esquerdo con puntuación par e impar. O lado que consiga un tanto sumará un punto a su tanteo. Un dos lados gaña 2

ERROS NO SERVICIO. FALTAS DE SAQUE. No momento de golpear o volante, o mango da raqueta debe apuntar cara abaixo. A empuñadura da raqueta do xogador que realiza o saque estará no momento do impacto co volante por encima da cabeza da raqueta. A raqueta do que realiza o servicio no momento do impacto, o igual co volante, deberá atoparse por debaixo da cintura. Algunha parte dos dous pes, tanto do que saca como do que recibe teñen que manterse en contacto ca superficie do campo e nunha posición estática ata que se realice o servicio. Parte dos pes tanto do sacador coma do recibidor teñen que estar en contacto co chan. 3

O servidor e o receptor deben estar colocados nos seus respectivos cadros de saque sen tocar as líñas destos cadros. Se o recibidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo porque toca a pista de xogo do recibidor, o servidor gaña un punto. A continuación o servidor sacará novamente desde o outro lado do saque. Se o servidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo porque toca a pista de xogo do servidor, o recibidor gaña o punto. O servidor perderá o dereito a continuar co saque e o recibidor pasará a ser o servidor. Tamén é falta Se durante o xogo, o volante: Cae fora dos límites da pista. Pasa por debaixo da rede. Non pasa a rede. Toca o corpo ou roupa do xogador. XESTOS TÉCNICOS Posición Básica: Consiste nunca posición de equilibrio a partir da cal seranos máis fácil realizar os golpes, desprazamentos básicos deaneira eficaz. A posición é da seguinte forma: 4

Tipos de servicio Servicio longo: Realízase sobre todo en encontros individuais. O obxectivo é enviar o volante cunha traxectoria moi alta cerca da linea de fondo, para obrigar o contrario a desprazarse o mais lonxe posible do centro do campo. Servicio corto: Realízase sobre todo en encontros de dobles. O volante debe pasar rozando a rede e caer xusto na linea de servicio. O clear: A execución é por encima da cabeza. O brazo que suxeita a raqueta parte da flexión do codo por encima da cabeza, a unha extensión máxima no momento do contacto co volante.o punto de impacto será un pouco diante da frente e sempre por encima da cabeza. É un golpe que se realiza desde o fondo da pista propia e o volante vai a caer no fondo da pista do meu adversario. 5

O lob ou globo: É un golpe básico executado por debaixo da cintura, empregado para contrarrestar un servicio corto e desprazar o contrario o fondo da pista. A raqueta ven de atrás adiante e golpea o volante cara o teito e cara adiante. As deixadas: Hai dous tipos de deixadas: unha desde o fondo da pista e outro cerca da rede. As deixadas que se executan desde o fondo da pista son golpes que se efectuan por encima da cabeza. As deixadas que se fan cerca da rede execútanse a altura do ombro ante xogadores que se quedan no fondo da pista. O smash ou remate: Execútase por encima da cabeza. O volante sigue unha traxectoria descendente. POSICIÓN NO CAMPO SISTEMA EN PARALELO SISTEMA ADIANTE-ATRÁS 6

PISTA DE PÁDEL. A pista de xogo é un rectángulo de 10 metros de ancho por 20 metros de largo dividido na sua metade por unha rede. A rede ten unha lonxitude de 10 metros e unha altura de 0,88 metros no centro. A PUNTUACIÓN Na práctica, o pádel é moi similar ao tenis. Cando unha parella gaña o primeiro punto contará 15. Ao gañar o segundo punto contaranse 30. Ao gañar o terceiro punto contaranse 40 Co cuarto punto gañado cantarase XOGO. Se ambas parellas gañaron tres puntos, a puntuación recibe o nome de "iguais". O tanto seguinte denominase "ventaxa" en favor do gañador e se o mesmo volve a gañalo adxudícase o xogo. A parella que primeiro gañe 6 xogos, sempre cun mínimo de 2 de ventaxa, anotarase o set. En caso de empate a 5 xogos deberanse xogar dous máis, ata gañar por 7-5, pero se hai empate a 6 xogos, gañará aquel que consiga dous de diferenza ou, aplicarase o "tiebreak" ou desempate. As parellas cambiarán de lado cando a suma dos xogos de cada set sexa número impar. Os partidos poderán ser ao mellor de 3 ou 5 sets. 7

O XOGO. COMEZO DO XOGO Posición dos xogadores Cada parella de xogadores colocarase en cada un dos campos (A e B a un lado e C e D o otro), a cada lado da rede. O xogador que poña a pelota en xogo é o que saca (servidor) e o que devolve, o que resta (restador). O saque debe efectuarse da seguinte maneira: O que execute (o servidor) deberá estar con cos pes detrás da línea de saque, entre a línea central de saque e a parede lateral. Lanzará a pelota por encima da rede cara o recadro situado no outro campo, en línea diagonal, facendo que bote en dito recadro ou sobre unha das líneas que o delimitan. No momento do saque, o xogador deberá golpear a pelota a altura ou por debaixo da sua cintura, e ter ao menos un pe en contacto co solo. O xogador que devolve a pelota tras o saque deberá esperar a que a pelota bote dentro da sua área de servicio e deberá golpeala antes do segundo bote. Se a pelota botara duas veces seguidas dentro do campo, o saque considerarase tanto para o que saca. A parella que recibe o saque no primeiro xogo de cada set decidirá cál dos seus dous integrantes comezará a restar, e dito xogador continuará recibindo o primeiro servicio de cada xogo ata a terminación do set. permanece en xogo ata que o tanto quede decidido A pelota será golpeada alternativamente por un ou outro xogador de cada parella; está en xogo dende o momento en que se efectúe o servicio e 8

FALTA DE SAQUE A pelota bota fora da área de servicio do restador Logo de servida a pelota golpea o seu compañeiro. Logo de servida e pasada a rede, a pelota bota no campo contrario e toca a malla metálica que delimita o campo antes do segundo bote. PUNTO PERDIDO Una parella perderá o tanto: Se un xogador da parella, a sua raqueta ou algo que leve consigo toca algunha parte da rede, ou o terreno da parte do campo contrario, incluida a malla metálica, mentras a pelota esté en xogo. Se a pelota bota por segunda vez no seu campo antes de ser devolta. Se devolve a pelota de volea antes de que ésta sobrepasase a rede. Se un xogador devolve a pelota de tal forma que da directamente nas paredes do campo contrario ou na malla metálica. Cando a pelota sexa impulsada por un xogador, bote e saia dos límites superiores da pista. 9

XESTOS TÉCNICOS GOLPE DE DEREITA GOLPE DE REVÉS REMATE SAQUE OUTROS GOLPES MAÍS AVANZADOS; VOLEA DE DEREITA A colocación é a uns tres pasos da rede e a bola golpéase antes de que bote. VOLEA DE REVÉS. REMATE. Consiste en golpear a bola por encima da cabeza e diante do corpo, levando a pala de arriba abaixo GOLPE PAREDE DE FONDO DE DEREITA Na preparación para golpear de dereita débese deixar que a bola bote no solo e rebote na parede de fondo e golpeala antes de que bote de novo no solo. GOLPE PAREDE DE FONDO DE REVÉS. PAREDE LATERAL DE DEREITA. PAREDE LATERAL DE REVÉS. CONTRAPAREDE etc. 10

OUTRAS MODALIDADES DEPORTIVAS QUE PODEMOS PRACTICAR AS PALAS As palas de praia ou palas cántabras, é un xogo ou deporte de mínimo duas persoas, e que, consiste en golpear unha pelota de tenis cunha pala de madeira. O obxectivo e conseguir pasarse a pelota entre os xogadores o maior número de veces e sen que a pelota caia na area. Hai variantes: -cun bote intermedio, para facilitar a devolución - a pala cántabra, onde un dos dous golpea forte a pelota (pegador) e o outro (parador), devólvea ben colocada para que o pegador a volva a golpear. FRONTÓN Frontón é a parede das pistas onde se practican os xogos de pelota. Son as instalacións onde se practican estos xogos No solo e na parede vertical colócanse unhas marcas que sinalan distintas distancias dende o "frontis" necesarias no xogo, das cales as principais son: - a de "saque" ou distancia dende a que debe comezar cada punto, - a de "falta" ou distancia mínima a que debe botar unha pelota de saque - e a de "pasa" ou distancia máxima a que pode botar unha pelota de saque. DEPORTES DE RAQUETA, CONSECUENCIAS DA ASIMETRÍA. Os deportes de raqueta presentan potenciais riscos para a espalda porque existen frecuentes posturas de rotación e flexión da columna vertebral. Ademais, tenden a desenvolver máis a musculatura dun lado ca doutro, o que pode xerar unha asimetría prexudicial para a espalda. 11

Recoméndase: Realizar exercicios para desenvolver a musculatura da columna vertebral, para compensar a tendencia ao desequilibrio muscular que xenera este deporte. É importante facer estiramentos da musculatura fortalecida (a do lado de golpeo) e fortalecer o lado máis débil. LECTURA O MITO DA PÉRDIDA LOCALIZADA DE TEXIDO GRASO. Moitas persoas lánzanse desaforadas a realizar gran número de exercicios para a cintura, abdomen e glúteos, principalmente, ca intención de reducir a grasa ou adelgazar nestas partes do corpo. Esta conducta, que desaparece en canto no acadan os resultados esperados, baséase na crenza de que a realización de exercicios específicos dirixidos a unha determinada zona corporal produce un adelgazamento ou redución localizada do texido adiposo. Para desmitificar esta idea é preciso comentar que non existen evidencias que demostren a existencia de exercicios localizados capaces de reducir a grasa de áreas corporales específicas. O exemplo dos tenistas, que fan un uso continuado dun brazo. Diferentes estudos fixeron medicións de ambos brazos, valorando o componente graso. Os datos obtidos indican que estos deportistas teñen en ambos brazos o mesmo porcentaxe graso, o que indica a imposibilidade de lograr unha pérdida localizada de texido graso. É absolutamente imposible conseguir unha pérdida localizada de grasa, xa que o lugar dende o cal proveñen os ácidos grasos como combustible durante o exercicio depende de factores xenéticos, hormonais, etc. Así pérdese grasa alí donde hai mais acumulada, e non existe ningún exercicio que sexa capaz de facer desaparecer a grasa dunha zona concreta. Se o obxectivo é reducir o contido graso, os medios a utilizar pasan pola combinación de dieta lixeiramente hipocalórica e prácticar exercicio físico aeróbico, que involucre a grandes grupos musculares. 12

ESTIRAMENTOS RECOMENDADOS DEPORTES CON RAQUETAS dorsal deltoides tríceps cuádriceps pectoral xemelgos psoas espalda flexores pulso aductores glúteos isquiotibiais 13