Plan de traballo para a elaboración do III Plan Director da Cooperación Galega ( ) Outubro-Decembro 2013

Documentos relacionados
Concello de Redondela GAC-7: Ría de Vigo-A Guarda

laboral. de seguridae e saude

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero

ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS. Edición bilingüe

CAMILO JOSÉ CELA O CENTENARIO DUN NOBEL

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

DATOS IDENTIFICATIVOS 2015/16. Asignatura Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas Código 662G01005

Fundamentos de Administración e Xestión

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

NORMATIVA DE CENTROS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO VICERREITORÍA DE INVESTIGACIÓN

Comisión Galega de Bioética

(...) I. NORMAS XERAIS

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

CONCELLARÍA DE DEPORTE

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE CREA A COMISIÓN INTERDEPARTAMENTAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

Lei 6/1999, do 1 de setembro, do audiovisual de Galicia

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO E CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Dª. OLGA ALONSO SUÁREZ, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

ORZAMENTOS XERAIS DA XUNTA DE GALICIA 2010 ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN SOCIEDADES 412 E 499

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

Por todo isto, esta consellería,

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Exposición GALICIAN GOURMET EXTRAVAGANZA na FEIRA SPECIALITY FINE FOOD DE LONDRES (INGLATERRA) 2 6 SETEMBRO 2017

30 junio - 2 julio de xuno - 2 xullo IV MONOGRÁFICO FORESTAL INTERNACIONAL PARA EL SUR DE EUROPA

Debuxo Artístico. Bloque de materias específicas. Introdución

PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2011 Páx. 8548

Información pública e rendemento de contas

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas

4 Programas europeos

Decreto 303/2009, do 21 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

CONVOCATORIA DUNS CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2014

Seminarios de Formación Continua

BASES DOS I PREMIOS DA COMUNICACIÓN E DO MARKETING GALEGO

PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

3ª ESCOLA DE PRIMAVERA Educación Social e cidadanía. Intervención na escola e na comunidade

Xunta de Galicia. Consellería de Política Social Dirección Xeral de Inclusión Social

NORMATIVA SOCIAL MEDIA

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO,

Programa docente en créditos ECTS

Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA Memoria de actividades. Curso 2007/08

COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO DECEMBRO2015 Preinscrición: 3, 4 e 5 de setembro, en horario de 10:00 a

6.1. Sinalización. Normas xerais

Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS,

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

MANUAL DE FUNCIÓNS 1

Resumo executivo do plan para a prevención da obesidade infantil en Galicia Plan Xermola

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

Exames Ano Académico

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

Proxecto TÍTULO IV XESTIÓN ORZAMENTARIA. Lei I

No exercicio 2015, recibíronse nesta Dirección xeral tramitáronse un total de 413 queixas. A súa desagregación por departamentos é a seguinte:

A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA EMPREGO E INDUSTRIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XESTUR PLATAFORMAS LOXÍSTICAS

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia

Xestión da mobilidade

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

INFORME DE LA ENCUESTA REALIZADA A TODO EL PERSONAL DE LA FACULTAD DE QUÍMICA CON LOS CURSOS DE FORMACIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EIXO 2. XUVENTUDE E EMPREGO

INSTRUCIÓNS DE PUBLICIDADE

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

CONVENO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF, O CONCELLO DE E O CLUB

Servizo de Guía Laboral

Transcripción:

2013 Plan de traballo para a elaboración do III Plan Director da Cooperación Galega (2014-2017) Outubro-Decembro 2013 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE Xunta de Galicia

1 Plan de traballo para a elaboración do III Plan de Director da Cooperación Galega (2014-2017) Índice 1. Liñas estratéxicas do III Plan Director da Cooperación Galega (2014-2017)... 2 2. Criterios xerais do proceso de planificación estratéxica participativa... 3 3. Fases do proceso de planificación estratéxica participativa... 4 4. Proceso de aprobación do proxecto de III Plan Director da Cooperación Galega... 5 5. Actores participantes no proceso de planificación estratéxica participativa... 6 6. Cronograma... 7 7. responsable da facilitación do proceso... 8

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE 2 1. Liñas estratéxicas do III Plan Director da Cooperación Galega (2014-2017) O III Plan Director da Cooperación Galega (2014-2017) aspira a profundar no itinerario de modernización estratéxica definido no anterior Plan Director, poñendo en valor os aspectos cualitativos da cooperación galega desenvolvidos ao longo dos seus máis de vinte anos de historia. Como criterio xeral e consonte aos principios de coordinación e complementariedade, o novo Plan Director adecuarase ás directrices establecidas no IV Plan Director da Cooperación Española 2013-2016. O III Plan Director da Cooperación Galega basearase nos seguintes principios: a) Maior concentración da axuda desembolsada a través da concentración dos esforzos da cooperación galega en prioridades xeográficas e sectoriais máis limitadas. b) Especialización da cooperación galega con base nas súas vantaxes comparativas e poñendo ao servizo dos nosos socios de desenvolvemento a experiencia naqueles sectores máis afíns. c) Maior eficacia e impacto das actuacións de cooperación a través da especialización xeográfica e sectorial e do aliñamento coas prioridades de desenvolvemento dos países e comunidades socias. d) Maior eficiencia na xestión e na avaliación da cooperación promovendo unha cultura de aprendizaxe institucional no conxunto de actores galegos de cooperación. e) Coordinación e complementariedade das actuacións da cooperación galega coas doutros actores estatais, subestatais e supraestais. f) Garantir a solvencia e sostenibilidade financeira da cooperación galega a través da xeración de incentivos e prácticas de procura alternativa de financiamento público e privado, cunha atención especial á Unión Europea e outros organismos internacionais. g) Promover a coherencia de políticas e incentivar a xeración de alianzas públicoprivadas co fin de facilitar o acceso ao financiamento internacional. h) Consolidar a marca Cooperación Galega con base no valor engadido da cooperación que se fai desde Galicia.

3 Plan de traballo para a elaboración do III Plan de Director da Cooperación Galega (2014-2017) 2. Criterios xerais do proceso de planificación estratéxica participativa Os resultados do proceso de planificación estratéxica basearanse nos criterios definidos pola Lei Galega de Cooperación no seu artigo 4: a) Coordinación e complementariedade entre as administracións públicas e entre estas e a acción da sociedade civil galega orientada a unha maior eficacia e eficiencia na utilización dos recursos materiais, humanos e técnicos. b) Coherencia das actuacións cos principios e obxectivos da cooperación para o desenvolvemento. c) Eficacia na planificación, execución, seguimento e avaliación das políticas e dos proxectos de cooperación. d) Concertación e corresponsabilidade entre os axentes de cooperación e os receptores da axuda, respectando a súa visión do desenvolvemento. e) A transparencia na información, no financiamento e na participación dos axentes de cooperación neste ámbito da actividade pública. f) O respecto das liñas básicas de acción exterior definidas pola Administración galega e estatal. a) O respecto e o fomento da independencia e imparcialidade das organizacións non gobernamentais,dos axentes de cooperación e doutras institucións humanitarias na execución dos programas de cooperación e desenvolvemento. Por outra banda, o enfoque da planificación estará orientada a garantir un marco estratéxico de actuación da cooperación galega entre os anos 2014 e 2017 consonte aos principios de solvencia e sostenibilidade financeira.

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE 4 3. Fases do proceso de planificación estratéxica participativa Este proceso de planificación estratéxica participativa ten por obxectivo a elaboración dun proxecto de III Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento para o período 2014-2017. O proceso de planificación desenvolverase consonte ás seguintes fases entre outubro e decembro de 2013: Diagnóstico e documentación Participación de actores Elaboración do proxecto de PD Comunicación pública dos resultados a) Fase I: Diagnóstico e documentación a) Constitución da comisión permanente do CONGACODE como comisión de planificación estratéxica. b) Aprobación do Plan de Traballo para a elaboración do III PD e do mapa de actores c) Envío desde a DXRREE e coa UE do Plan de Traballo a todos os actores da cooperación, como inicio do proceso participativo d) Traballo de gabinete e documentación. e) Diagnóstico da cooperación galega no período 2010-2013. f) Fase II. Participación de actores a) Envío de cuestionario on-line aos actores da cooperación galega b) Entrevista con actores da cooperación galega c) Grupos focais d) Fase III: Elaboración de proxecto de Plan Director a) Entrega de borrador do proxecto de Plan Director b) Achegas dos actores da cooperación galega c) Entrega de versión final de Plan Director. e) Fase IV: Comunicación pública de resultados. a) Xornada pública de presentación de anteproxecto. b) Presentación en xuntanza do CONGACODE. c) Difusión a través da web da cooperación galega.

5 Plan de traballo para a elaboración do III Plan de Director da Cooperación Galega (2014-2017) 4. Proceso de aprobación do proxecto de III Plan Director da Cooperación Galega Tras os traballos de planificación estratéxica participativa, e segundo establece a Lei Galega de Cooperación, o proxecto de III Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2014-2017 será informado polo Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento. Posteriormente, será remitido para a súa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia que, de vez, remitirá o proxecto ao Parlamento de Galicia para o seu posterior debate e aprobación. Aprobación polo Consello da Xunta de Galicia Debate e aprobación no Parlamento de Galicia Informe do CONGACODE A mediados de decembro está prevista a xuntanza do CONGACODE co fin de remitir o proxecto de III Plan Director ao Consello da Xunta de Galicia do 26 de decembro de 2013.

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE 6 5. Actores participantes no proceso de planificación estratéxica participativa O proceso de planificación estratéxica desenvolverase de xeito participativo, transparente e inclusivo, convidando á participación do conxunto de actores da cooperación galega. Con este fin, constituirase unha Comisión de Planificación do III Plan Director. As funcións desta comisión serán asumidas pola Comisión Permanente do CONGACODE co fin de: a) Aprobar o plan de traballo da planificación estratéxica. b) Revisar e informar os borradores do Plan Director que se vaian elaborando. c) Canalizar as suxestións dos actores da cooperación galega. d) Suxerir a participación daqueles actores de cooperación coidados de interese. e) Informar o anteproxecto de Plan Director con carácter previo á xuntanza ordinaria do CONGACODE. Para articular a devandita participación, empregaranse as seguintes ferramentas e favoreceranse os seguintes espazos: a) Cuestionario on-line. b) Entrevistas. c) Grupos focais. d) Xornada pública de difusión de resultados. Comisión de Planificación do Plan Director externo ONGD Concellos e Deputacións Xunta de Galicia Universidades e centros de investigación Empresas e asociacións de empresas Outros actores Coordinadora Galega de ONGD FOGACOSOL Sindicatos Comunidades Galegas no exterior Outras entidades/expertos

7 Plan de traballo para a elaboración do III Plan de Director da Cooperación Galega (2014-2017) 6. Cronograma O plan de traballo para a elaboración do III Plan Director da Cooperación Galega desenvolverase segundo o seguinte cronograma: Plan de traballo Etapas actividades Quincenas Produtos Responsable Outubro Novembro Decembro Fase I. Diagnóstico e documentación 0. Xuntanza da Comisión de Planificación 1.Diagnóstico da Cooperación Galega 2010-2013 2. Envío de plan de traballo a actores da cooperación galega 3a. Deseño de cuestionario on-line Fase II. Participación de actores 4. Coordinación axendasactores 1ª 2ª 3ª 4ª 5ª 6ª Plan de traballo e mapa de actores Diagnóstico da Cooperación Galega 2010-2013 Plan de traballo Cuestionario on-line Axendas traballo de campo pechadas 5. Envío cuestionario on-line Resultados do cuestionario online 6. Entrevistas/grupos focais Resultados das entrevistas/grupos focais 7. Xuntanza informativa Informe de resultados de resultados participación de cuestionario, entrevistas e actores grupos focais. DXRREEeUE DXRREEeUE Fase III. Elaboración do proxecto de Plan Director 8. Borrador do Plan Director Borrador 1 do Plan Director 9. Incorporación achegas Borrador 2 do Plan Director Comisión de Planificación Actores da cooperación galega 10. Xuntanza da Comisión de Planificación Anteproxecto do Plan Director DXRREEeUE 11. Xornada pública de Achegas ao anteproxecto presentación do anteproxecto Fase IV. Comunicación pública de resultados 12.Presentación en xuntanza do CONGACODE Informe do CONGACODE DXRREEeUE 13. Aprobación Consello da Xunta Proxecto de III Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2014-2017) Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE 8 7. responsable da facilitación do proceso Con fin de facilitar o proceso de planificación estratéxica participativa, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE ten demandado os servizos dun consultor externo, José Luis Pastoriza Rozas, que acredita a seguinte experiencia e formación no eido da cooperación ao coñecemento. José Luis Pastoriza Rozas (Vigo, 1977). Licenciado en Filosofía e Máster en Desenvolvemento Local pola Universidade de Santiago de Compostela. MSc NGOs and Development pola London School of Economics & Political Science. Traballou como técnico de proxectos na Coordinadora Galega de ONGD e como técnico de educación para o desenvolvemento na Fundación Entreculturas. Foi o responsable da coordinación da avaliación intermedia do II Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2010-2013) para a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE e da facilitación do proceso de planificación estratéxica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña. Entre as súas publicacións no eido da cooperación destacan Eficacia da axuda e sociedade civil (CGONGD, 2011), un estudo sectorial sobre a Axuda Oficial ao Desenvolvemento en Galicia (AOD en educación en Galicia. Un análisis de la cooperación gallega 2006-2010) así como unha investigación sobre a cooperación ao desenvolvemento en educación en Andalucía (División del trabajo y coordinación en la cooperación andaluza. La educación en el período 2006-2010). Entre os seus artigos ten publicado xunto con Carlos Teijo na Revista Tiempo de Paz ( Crisis en la cooperación descentralizada española: oportunidad o negra sombra? ) e na obra colectiva Las raíces del humanismo europeo y el Camino de Santiago ( El humanismo como utopía real: la educación de ciudadanos y ciudadanas globales ). Por outra banda, segue a colaborar coa Coordinadora Galega de ONGD a través da realización de documentos de traballo (Unha cooperación cativa para os máis pobres. Análise do proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2012; Bandeiras, pastillas e océanos azuis. A cooperación galega de cara ás eleccións ao Parlamento de Galicia de outubro de 2012; Unha cooperación ao desenvolvemento de cero absoluto (-273,15º). Análise do proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2013) e forma parte da súa Comisión de Educación para o Desenvolvemento Por último, vén sendo o editor das actas das I Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolvemento (outubro 2012) que serán publicadas baixo o título Educar para a cidadanía global: experiencias, ferramentas e discursos para o cambio social. Contacto: Tfno: 606 252 439 Email: plandirectorgalicia@outlook.es