ESTATUTOS DA ASOCIACIÓ PARA A CO SERVACIÓ DO PATRIMO IO MARIÑEIRO DA RÍA DE PO TEVEDRA ASOCIACIÓ DE AMIGOS DA DOR A DE PORTO OVO

Documentos relacionados
REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

Convocatoria ordinaria de 2012

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

ESTATUTOS DE LA ASOCIACIÓN HAZTEOIR.ORG CAPITULO I DENOMINACIÓN, FINES, DOMICILIO Y ÁMBITO:

MODELO DE DECLARACIÓN SOBRE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE PRODUCIR INGRESOS ECONÓMICOS

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL DE CULTURA

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

A través da presente convocatoria, a Concellaría de Educación proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

SESION EXTRAORDINARIA DE 14 DE XULLO DE 2015

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Decreto 29/2000, do 20 de xaneiro, polo que se aproba o. regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica

As características técnicas e ambientais de ditos produtos son as seguintes:

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

Casa de la Comunidad Valenciana en Cantabria

ESTATUTOS DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO DO CONCELLO DE SANXENXO

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4670

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

CMUS Profesional de Viveiro

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO

ESTATUTOS DE LA FEDERACION DE ENTIDADES DE EDUCACION AMBIENTAL.

ORDENANZA REGULADORA DO DEBER DE CONSERVACIÓN, DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS E DA DECLARACIÓN DE RUINA DO CONCELLO DE OURENSE

REGLAMENTO DE REGIMEN INTERNO DE LA ASOCIACION CULTURAL EL SOTANO DE CASCORRO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Comisión de Cooperación de Consumo

Información xeral Campamentos de Verán do Concello de Ames

ASISTENCIA PERSOAL Un Dereito recoñecido na Convención

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

EXTRACTO DO BORRADOR DA ACTA. da sesión ORDINARIA, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno do Excmo. Concello de Lugo o día

ELEVADORA REMOLCABLE PARA OS SERVIZOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TUI.

(PUBLICADOS EN EL BOLETIN OFICIAL DE LA REGION DE MURCIA EL DIA Y ) TEXTO REFUNDIDO DE LOS ESTATUTOS DEL CONSEJO MUNICIPAL

ESTATUTOS DE LA ASOCIACIÓN CAPÍTULO I DENOMINACIÓN, FINES, DOMICILIO Y AMBITO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

ACTA Nº 2 DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CONCELLO DE MUROS.

REGLAMENTO INTERNO DEL

ESTATUTOS DEL GRUPO COLOMBIANO DE LA ASOCIACION HENRI CAPITANT DES AMIS DE LA CULTURE JURIDIQUE FRANÇAISE

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

BASES CONTRATACIÓN DE 1 OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

ESTATUTOS DE LA ASOCIACIÓN DE ARCHIVEROS DE LA COMUNIDAD DE MADRID

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONCELLO DE OURENSE SERVIZO DE CONTRATACIÓN

NORMATIVA DEL CLUB DE PESCA ESPESCA.ES

Boletín oficial. provincia de ourense

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS

CONVOCATORIA DE CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2013

REGLAMENTO DE ORGANIZACIÓN Y FUNCIONAMIENTO DE LA MESA DE SOLIDARIDAD DEL MUNICIPIO DE VILLAR DEL ARZOBISPO.

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

Prestacións por desemprego. Prestación por desemprego de nivel contributivo. Protección por desemprego XANEIRO GOBIERNO DE ESPAÑA

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1. Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

Estatutos de la Asociación de Padres de Alumnos San Viator de Valladolid

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

Boletín oficial. provincia de ourense

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Seminarios de Formación Continua

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

REGLAMENTO REBIUN. Que se necesita en cada Universidad un servicio bibliotecario sufragado por la misma, estructurado

d. Los que ya fuesen declarados equivalentes por otra Universidad española.

Pola Federación Galega da Construción dirixiuse a esta Xunta Consultiva de Contratación Administrativa o seguinte escrito de consulta:

boletín oficial Provincia de ourense n.º 103 mércores, 7 maio 2014 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

Boletín oficial. provincia de ourense

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

O PEC. Aspectos lexislativos e organizativos

REGLAMENTO INTERNO FUNCIONAMIENTO OBSERVATORIO MUNICIPAL PERSONAS CON DISCAPACIDADES RIVAS-VACIAMADRID.

ASOCIACIÓN DE FACULTADES DE DERECHO EUROPEAS [A.F.D.E.] ESTATUTOS

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

Boletín oficial. Provincia de ourense

MODELO PARA LA INSCRIPCIÓN DE EPSAL Código: OT-R Fecha: 2016/01/04 Versión: 010

CAPÍTULO PRIMERO: DE LA COMISIÓN DE RELACIONES INTERNACIONALES

PROCEDIMIENTO DE ELECCIONES

REGLAMENTO DEL CONSEJO SECTORIAL DE FIESTAS DE BENAVENTE

Lexislación e Territorio

MODELO ORIENTATIVO DE ESTATUTOS DE UNA FUNDACIÓN CAPÍTULO I CONSTITUCIÓN DE LA FUNDACIÓN

Creación y Funcionamiento del Foro Municipal de Comercio Justo

A Xunta de Goberno Local en sesión Ordinaria de 16 de maio de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Organigrama FEDDI ASAMBLEA GENERAL COMISION DELEGADA PRESIDENTE JUNTA DIRECTIVA VICEPRESIDENTE ORGANIZACION VICEPRESIDENTE ECONOMICO

Transcripción:

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓ PARA A CO SERVACIÓ DO PATRIMO IO MARIÑEIRO DA RÍA DE PO TEVEDRA ASOCIACIÓ DE AMIGOS DA DOR A DE PORTO OVO CAPÍTULO I: DA ASOCIACIÓ E XERAL Artigo 1º Procédese a modificar os estatutos da asociación denominada ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA DORNA DE PORTONOVO, con número de inscrición no Rexistro Provincial de asociacións sen ánimo de lucro 1998-4473-1, e C.I.F. G-36307247. A asociación rexerase polos devanditos estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable. O Regulamento do Réxime Interno desenvolverá os presentes Estatutos. 1 Artigo 2º O ámbito territorial de acción para o exercicio e cumprimento dos seus fins é a vila de Portonovo, independentemente de que a actividade poda realizarse fora dese ámbito, e da posibilidade de integración en institucións de natureza semellante ou fins comúns. Artigo 3º O domicilio social da Asociación radica na localidade de Portonovo (Sanxenxo), rúa Rafael Picó, 58, 36970 (Pontevedra). Artigo 4º A Asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente. A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e do resto do ordenamento xurídico.

Artigo 5º FINS DA ASOCIACIÓN: A Asociación de Amigos da Dorna de Portonovo é unha entidade cultural e deportiva, preocupada por promover e organizar actividades de interese colectivo nos campos do deporte, cultura, social, xuvenil ou calquera outro de interese xeral. Tentar ser unha tribuna pública, plural e independente que sirva para a promoción, creación e difusión da cultura, prestando atención especial á recuperación do patrimonio e costumes mariñeiros. Promover entre a sociedade en xeral e na xuventude en particular o coñecemento da cultura marítima tradicional e o disfrute da mesma. Colaborar coas entidades afíns que promovan actividades culturais, deportivas, etcétera, sempre coa independencia e respecto mutuo entre os diversos organismos. Desenvolver actividades de todo tipo encamiñadas a cubrir as necesidades dos asociados, así como dirixidas a achegar recursos para cumprir cos seus fins fundacionais. Artigo 6º PARA O CUMPRIMENTO DESTES FINS REALIZARANSE AS SEGUINTES ACTIVIDADES: Organización de actividades socioculturais, deportivas, lúdicas, etcétera. Organización de cursos, seminarios, conferencias e actos análogos. Elaboración e edición de materiais formativos, revistas, folletos e calquera outro tipo de publicación para a difusión dos ideais da Asociación. Deseño e execución de cantas accións ou actividades sexan precisas para conseguir a participación dos asociados. Fomento das relacións de colaboración con institucións públicas, empresas privadas e organizacións non lucrativas que permitan un mellor cumprimento dos fins fundacionais. Calquera outra actividade que a Xunta Directiva considere axeitada para o cumprimento dos fins da Asociación. O desenvolvemento das actividades da Asociación estará ao cargo das diversas comisións ou áreas de actividades organizadas polos socios, segundo o disposto no Regulamento de Réxime Interno. 2 Artigo 7º Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outra persoa física ou xurídica con interese lucrativo.

CAPÍTULO II: DOS ASOCIADOS Artigo 8º Poderán ser socios da Asociación tódalas persoas físicas, con plena capacidade de obrar que, cumprindo os trámites que especifique o Regulamento de Réxime Interno, así o soliciten. Os acordos de admisión de asociados tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida. A inscrición como socio supón a aceptación dos presentes Estatutos. Artigo 9º NO SEO DA ASOCIACIÓN PODEN CONVIVIR AS SEGUINTES CLASES DE ASOCIADOS: Son socios de número todas aquelas persoas, con capacidade de obrar, que sexan admitidas como tales. Terá condición de socio protector, sen que supoña ningún dereito ulterior, aquel socio de número que de xeito voluntario pague unha cota que supere a cota ordinaria de asociado en non menos dun 50% do seu abonamento. Serán socios de honra aquelas persoas ou entidades xurídicas que a xuízo da Xunta Directiva e ratificado en Asemblea Xeral axuden de xeito notable ao desenvolvemento dos fins da Asociación. Serán socios xuvenís as persoas menores de 18 anos. Terán os mesmos dereitos a participar nas actividades que programe a Asociación que os asociados de número, mediante unha cota fixada na Asemblea Xeral, e pasarán a ser asociados de número ao cumprir a maioría de idade. 3 Artigo 10º O número de asociados e o tempo de permanencia, como tal, son ilimitados. Artigo 11º SERÁN DEREITOS DOS SOCIOS: Tomar parte en calquera actividade que a Asociación organice. O disfrute dos bens da Asociación, na forma estipulada polos Órganos de Goberno. Participación activa nas diversas comisións ou seccións da Asociación. Asistencia á Asemblea Xeral con voz e voto. Opción de ocupar cargos directivos. Audiencia ante a Xunta Directiva. Solicitude de constitución da Xunta de Conflitos, segundo o procedemento que estableza o Regulamento de Réxime Interno. E á apelación en última instancia ante a Asemblea Xeral.

Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da Asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade. Os asociados de honra e xuvenís non intervirán na dirección da Asociación, nin nos órganos de representación dela, mais están facultados par asistir ás asembleas xerais con voz, pero sen voto. Artigo 12º SON OBRIGAS DOS ASOCIADOS: Cumprir os presentes Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos validades nas Asembleas e pola Xunta Directiva. Satisfacer as cotas ordinarias que se establezan por Asemblea. Desempeñar os cargos para os que foron elexidos. Aquelas outras que sexan recollidas na lexislación vixente. Artigo 13º A CONDICIÓN DE ASOCIADO PÉRDESE POR CAUSA DE: Por vontade propia, comunicada por escrito á Xunta Directiva e previo abonamento de tódalas cotas que teña pendentes. Por non pagamento de dúas cotas. Falta de asistencia consecutiva á Asemblea Xeral Ordinaria por número de dúas ocasións. Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que perxudiquen gravemente os intereses da Asociación, previo expediente disciplinario, con audiencia co interesado. 4 Artigo 14º A expulsión de persoas asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia co interesado. En todo caso, o acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral e contra del pódese recorrer diante da xurisdición ordinaria. Artigo 15º A SEPARACIÓN TEMPORAL DUN ASOCIADO PÓDESE PRODUCIR: A petición persoal do asociado por escrito. Polo acordo da Xunta Directiva, ben por motivos de ter aberto un expediente sancionador, ben polo non pagamento de cotas, ben por comportamentos que afecten á boa marcha dalgún dos fins da Asociación.

Artigo 16º A Asociación terá na súa secretaría un exemplar dos presentes Estatutos a disposición do tódolos asociados. CAPÍTULO III: DOS ÓRGA OS DE GOBER O RÉXIME XERAL Artigo 17º O GOBERNO E A REPRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN ESTÁN A CARGO DOS SEGUINTES ÓRGANOS: A Asemblea Xeral, como máximo órgano colexiado de goberno da Asociación. A Xunta Directiva, como órgano colexiado en quen a Asemblea delega o goberno permanente da Asociación. O Presidente, o Vicepresidente, o Secretario e o Tesoureiro, como órganos unipersoais e con funcións de goberno e de representación determinadas polos Estatutos. Ningún asociado ou directivo pode utilizar a Asociación para fins políticos de carácter partidista. ASEMBLEA XERAL Artigo 18º A Asemblea Xeral é o órgano de expresión da vontade da Asociación. Estará integrada por tódolos asociados e tomará os seus acordos polo principio maioritario ou de democracia interna. O Presidente e o Secretario serán os mesmos que os da Xunta Directiva. 5 Artigo 19º A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ao ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, o considere o Presidente ou o soliciten o 10% dos asociados. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ao Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día. Artigo 20º Tanto a Asemblea Xeral como as Extraordinarias serán convocadas con 15 días de antelación polo Presidente da Xunta Directiva. A notificación farase no local social para as asembleas ordinarias, e no domicilio dos asociados para as asembleas extraordinarias.

Artigo 21º Para que as Asembleas poidan tomar acordos, integraranse polos asociados asistentes, sempre que concorran un terzo do total dos asociados con dereito a voto na primeira convocatoria ou, pasado o prazo estipulado, con calquera número de asociados con dereito a voto en segunda convocatoria. En todo caso, coa presenza do Presidente ou Vicepresidente e o Secretario ou persoa que o substitúa. Artigo 22º Os socios poderán outorgar a súa representación, aos efectos de asistir ás Asembleas, en calquera socio. Tal representación outorgarase por escrito e deberá obrar en poder do Secretario da Asemblea polo menos media hora antes de celebrarse a sesión. Artigo 23º SON COMPETENCIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA: A aprobación dos Estatutos e do Regulamento de Réxime Interno. A disposición e cesión dos bens da Asociación. Autorizar á Xunta Directiva para concertar obrigacións crediticias e préstamos. A expulsión dos socios. A aprobación da xestión da Xunta Directiva, Memoria Anual e Estado das Contas. A aprobación das cotas ordinarias e extraordinarias. A votación dunha moción de censura á Xunta Directiva, cando sexa asinada por un número de asociados superior ao 25% do total dos socios. No suposto de que prosperase a moción, a Xunta Directiva queda obrigada a dimitir, convocando Asemblea Xeral Extraordinaria no prazo de 15 días, continuando coa súa xestión nos asuntos de simple trámite ata que a nova Xunta Directiva tome posesión. A destitución dalgún membro da Xunta Directiva, previo informe da mesma e da Xunta de Conflitos, non dando isto causa de baixa como asociado. As catro primeiras competencias da Asemblea Xeral Ordinaria terán que ser aprobadas por dos terzos dos asistentes como mínimo, ou en calquera caso pola maioría absoluta dos socios. Para os apartados restantes será suficiente a maioría simple. 6 Artigo 24º As sesións da Asemblea Xeral Ordinaria serán presididas por unha mesa composta por tres socios, democraticamente elixidos na Asemblea. Artigo 25º SON COMPETENCIAS DA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA: Elixir e cesar aos integrantes da Xunta Directiva. Aprobar a federación con outra asociación.

Modificar os Estatutos da Asociación. Disolver a Asociación e designar os liquidadores. Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva. Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais. Acordar a disolución da Asociación. Designar aos liquidadores. Todos os apartados deste artigo requerirán maioría de dous terzos. Artigo 26º Levantarase acta das sesións da Asemblea Xeral, que recolla as incidencias e os acordos da mesma. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría simple. Artigo 27º Os acordos que vaian en contra destes Estatutos ou dos fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición quedará aberta a vía para recorrer diante da xurisdición ordinaria. XU TA DIRECTIVA Artigo 28º A Xunta Directiva estará formada por ata dez membros: o Presidente da Asociación, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e ata seis vogais. Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito de ser reembolsados os gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa Asociación. As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola Asociación. 7 Artigo 29º A Asemblea Xeral Extraordinaria será a competente de elixir democraticamente, en réxime de listas abertas, aos membros da Xunta Directiva, correspondendo os cargos de Presidente e Vicepresidente por este orden ás dúas persoas que obtiveran o maior número de votos. O cargo de Secretario e o de Tesoureiro serán designados pola Xunta Directiva entre os elixidos, actuando o resto dos membros como vogais. Artigo 30º O mandato da Xunta Directiva será de dous anos, dende a data da súa elección na Asemblea Xeral, podendo ser obxecto de reelección indefinida. En todo caso, a renovación de cargos efectuarase de cada vez pola metade.

Artigo 31º Os cargos da Xunta Directiva poderán causar baixa por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, por incumprimento das obrigas que tiveran encomendadas e por expiración do mandato. Neste último caso, continuarán nos seus cargos ata o momento no que se produza a aceptación de quen o substitúa. Artigo 32º A Xunta Directiva reunirase con carácter ordinario unha vez ao mes, tendo que proporcionar aos asociados puntual información do tratado. Nas reunións da Xunta Directiva terá que levantar acta o Secretario, co aval do Presidente. O Libro de Actas estará a disposición de calquera asociado que desexe consultalo. Artigo 33º SON FACULTADES DA XUNTA DIRECTIVA: Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da Asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos. Convocar as Asembleas Xerais e executar os acordos nela acadados. Formular e someter a aprobación da Asemblea Xeral o Plan de Actuación proposto pola Xunta Directiva, así como a Memoria de Xestión correspondente. Formular e someter a aprobación da Asemblea Xeral o Orzamento do exercicio, así como os Balances e as Contas Anuais do exercicio pechado. Resolver sobre a admisión de novos asociados. Crear Comisións de traballo co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades ou recadar das mesmas as informacións necesarias. Nomear delegados para determinadas actividades de Asociación. Interpretar os Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno e velar polo seu cumprimento. Ditar normas de funcionamento non contempladas no Regulamento de Réxime Interno. 8 ÓRGA OS U IPERSO AIS Artigo 34º O PRESIDENTE TERÁ AS SEGUINTES ATRIBUCIÓNS: Ostentar a dirección da Asociación velando polo cumprimento dos seus fins. Representar legalmente á Asociación ante toda clase de organismos públicos ou privados. Convocar, presidir e levar as sesións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva, así como dirixir as deliberacións que nela se produzan. Ordenar pagos e autorizar coa súa firma os documentos, actas, certificacións e correspondencia.

Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle no desenrolo das súas actividades, que resulte necesaria ou conveniente, sen prexuízo de dar conta á Xunta Directiva. Artigo 35º O Vicepresidente asumirá as funcións que nel delegue o Presidente, substituíndoo en caso de vacante, ausencia ou enfermidade. Artigo 36º O SECRETARIO TERÁ AS SEGUINTES ATRIBUCIÓNS: Ostentar a dirección dos traballos administrativos da Asociación. Custodiar e levar os libros de actas e de rexistro de asociados, documentos e selos da Asociación. Estender as convocatorias e as actas das reunións, ademais de expedir certificacións das mesmas co visto bo do Presidente. Comunicación sobre a designación de Xuntas Directivas e demais acordos sociais inseribles aos Rexistros correspondentes, así como a presentación das contas anuais e o cumprimento das obrigacións documentais nos termos que legalmente correspondan. Artigo 37º O TESOUREIRO TERÁ AS SEGUINTES ATRIBUCIÓNS: Ostentar a dirección dos traballos de xestión económica da Asociación. Custodiar e levar os libros de contabilidade e os inventarios, así como tódolos documentos económicos necesarios para a elaboración das contas e balances. Preparar os Orzamentos, as Contas anuais e os Balances para a súa presentación diante da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral. Recadar e custodiar os fondos pertencentes á Asociación. Dar cumprimento ás ordes de pago que expida o Presidente. 9 Artigo 38º OS VOGAIS TERÁN AS SEGUINTES ATRIBUCIÓNS: Realizar programas e propostas na súa área de actuación. Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva. CAPÍTULO IV: RÉXIME ECO ÓMICO Artigo 39º A Asociación é unha entidade sen ánimo de lucro. Os posibles beneficios obtidos como consecuencia das súas actividades económicas, incluídas as prestacións de servizos, deberán destinarse exclusivamente ao cumprimento dos seus fins.

Artigo 40º A Asociación no momento da súa constitución carece de patrimonio inicial. Artigo 41º OS RECURSOS ECONÓMICOS PREVISTOS PARA O DESENVOLVEMENTO DOS FINS E ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN SERÁN OS SEGUINTES: As cotas ordinarias dos asociados, que en ningún caso serán reintegrables. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea. As doazóns e subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares. Os ingresos que poida recibir polo desenvolvemento das actividades da Asociación. O patrimonio da Asociación, constituído por toda clase de bens, propiedades, títulos e dereitos que no seu día poida ter ou adquirir. Artigo 42º O Exercicio Asociativo e Económico será anual, así como o Orzamento da Asociación, que será aprobado pola Asemblea Xeral Ordinaria ao inicio do exercicio. Asemade, a liquidación do Orzamento terá que ser presentada na Asemblea Xeral Ordinaria inmediatamente posterior ao remate do exercicio. 10 Artigo 43º Para a disposición de fondos, as entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, deberá ter recoñecidas as firmas do Presidente e do Tesoureiro, para o emprego conxunto delas. Artigo 44º As disposicións dos bens patrimoniais que se aproben regulamentariamente han de ser aprobadas polo Asemblea Xeral. CAPÍTULO V: DO REGULAME TO DE RÉXIME I TER O Artigo 45º O Regulamento do Réxime Interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente non presentes Estatutos, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da Asociación estará sometido ao ordenamento xurisdicional civil.

CAPÍTULO VI: MODIFICACIÓ DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓ DA ASOCIACIÓ Artigo 46º Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou un cuarto dos asociados. A convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria terá a modificación dos Estatutos como único punto da orde do día e estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de dez días para que calquera socio poida dirixir á Xunta Directiva as propostas e emendas que estime, cunha antelación mínima de tres días á realización da mesma. A aprobación da modificación dos Estatutos acordarase pola maioría cualificada das persoas presentes ou representadas. Artigo 47º A ASOCIACIÓN DISOLVERASE POLAS SEGUINTES CAUSAS: Pola vontade dos asociados, acordada pola maioría cualificada das persoas presentes ou representadas. Producirase en calquera caso en que concorran situacións extremadamente graves e así o decida a Asemblea Xeral Extraordinaria por unanimidade. Por outras causas determinadas legalmente. Por sentencia xudicial. 11 Artigo 48º Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará dous asociados liquidadores, que xunto co Presidente e co Tesoureiro, procederán a efectuar a liquidación dos bens pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante. O haber líquido resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra entidade de carácter non lucrativo, inscrita na Comunidade Autónoma e que teña os mesmos ou similares fins aos desta Asociación. O xustificante de doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación. Dona Macarena Sánchez Alonso, na súa calidade de secretaria da Asociación de Amigos da Dorna de Portonovo, fai constar que os ditos estatutos foron modificados en Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 28 de decembro de 2014 para cumprir cos requisitos establecidos na disposición transitoria primeira da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. En Portonovo, a 30 de maio de 2015.