PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

Documentos relacionados
PROBA B (ORAL) CADERNO DO PERSOAL EXAMINADOR

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-04

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-03

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

UN AMOR POR DESCUBRIR

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

En TRASCOS celebraron el dia del Síndrome de Asperger- 18 de febrero de 2017.

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

O VOLUNTARIADO E A INMIGRACIÓN Inmigración, xuventude e Voluntariado

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

Guía didáctica de Poetízate realizada polo escritor e profesor Carlos Negro ( A poesía non morde

DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL NA AULA

Sinala, nos dous capítulos, onde empezan e acaban este prólogo e este epílogo. En que momento se sitúan? É un tempo diferente ao da acción da novela?

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

O diñeiro. Historia dunha ambición

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

Conclusións. 23 de Outubro de 2010

EU SON COMA TI. Unidade didáctica sobre igualdade de xénero. 8 de marzo Día da Muller Traballadora. Cristina Corral Soilán. Cristina Corral Soilán

En definitiva, SON INVISIBLES.

- Exclusión da tributación de todas as herdanzas inferiores a

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTIL

celga 4 obxectivos lecer celga 4 lecer Tarefa final: preparar unha xornada de lecer para todo o grupo

celga 4 obxectivos tecnoloxía celga 4 tecnoloxía Tarefa final: redacción dun artigo de opinión sobre novas tecnoloxías

Guía de nais e pais CON LA PARTICIPACION DE. w w w. n ave ga con ru mbo. es

BIBLIOTECA DE GALICIA. Del 5 de diciembre 2015 al 24 de enero Lino. González Rubido: un dibujante olvidado en la prensa compostelana

INFÓRMATE E COMPARTE O QUE SABES SOBRE O VIH Coñece a súa historia neste cómic DETER O VIH É UNHA RESPONSABILIDADE DE TODOS

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

Como buscar no catálogo?

ACTIVIDADES MÓDULO II

25 de Novembro Unidades Didácticas Educación Secundaria

PEQUENO MANUAL DE EXCEL PARA REALIZAR ALGUNHAS FUNCIÓNS E GRÁFICOS ESTATÍSTICOS

BARÓMETRO. das MIGRACIÓNS GALICIA 2012

CRÍTICA DA DOUTRINA PLATÓNICA

A CARTA DE PRESENTACIÓN

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

POSIBLES PREGUNTAS EN ENTREVISTA INDIVIDUAL

O ex-alumno do IES Otero Pedrayo de Ourense Mauro González Romero ven de ser nomeado "Míster Ourense"

Comparamos a nosa enerxía coa dos avós. Que cambio!

reclamamos Tarefa final: escribir unha carta para a Administración de xeito correcto

1. Sinala a opción ou opcións que che parezan máis correctas e razoa, en cada caso, a túa elección.

1º exame, 3ª avaliación

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

Para que non o vexamos tan negro

AS SECCIÓNS BILINGÜES A IMPLANTACIÓN DO PORTUGUÉS NO ENSINO REGRADO GALEGO

CURSO COLEXIO TIRSO DE MOLINA LINGUA GALEGA E LITERATURA 4º ESO (CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN)

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

Certificados de profesionalidade nivel II. Competencias clave. Competencia lingüística: lingua galega

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

XI REBUMBIO MATEMÁTICO GALEGO FASE DE ZONA 29 abril 2011

Xeoloxía da man de Isidro Parga Pondal

RESOLUCIÓN R 4/2013 NEGATIVA Á ACREDITACIÓN COMO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES " En Santiago de Compostela, a 11 de novembro de 2013.

coñecer a tuberculose

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

ACOLLEMENTO FAMILIAR En familia, por dereito. Dossier Informativo 2015

Guía de propostas didácticas para docentes SECUNDARIA, BACHARELATO, FP DE GRADO MEDIO E ENSINAS ESPECIAIS

Informe sobre o financiamento de ONGs

1. TEXTO NARRATIVO acontecementos personaxes espazo tempo historia argumento relato trama discurso tema

Boletín Dixital da Asociación Profesional Nº 11 XUÑO A Asociación Profesional. de Orientación Educativa de Galicia

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-31/2010: Tarxeta de taxista.

GUÍA PARA FACER BUSCAS DE NORMATIVA MINERVA

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural

COMPLEMENTO POR MATERNIDADE NAS PENSIÓNS CONTRIBUTIVAS DA SEGURIDADE SOCIAL

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

FÍASTE DO QUE DIS? Autores: Antonio Daniel Abad Ramírez Sara Fernández González Lucía Santiago Fernández 3ºESO

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

Iso non se fai. Nesta unidade imos establecer as normas da nosa clase. Para iso, imos aprender:

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

Fundación Refuxio de Animais

2.1. Escalas e cuestionarios empregados

GUÍA RÁPIDA PARA REUNIÓNS VIRTUAIS (VIA WEB) Para participar nunha reunión virtual só é necesario unha conexión a internet de

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa a mellor axuda. Boletín para nais e pais

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR O BAREMO E ASIGNAR AS PRAZAS Curso 2018/2019

1. Sobre o autor: Redacta unha breve biografía destacando os puntos máis importantes sobre

PROPOSTA BIBLIOGRÁFICA

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C4-B-09

Programa Anual de actividades culturais e de promoción das ensinanzas do CMUS Profesional de Música de Vigo

MANUAL DA APLICACIÓN MÓBIL DE MONDARIZ BALNEARIO

Audio e vídeo en Ardora 7

6000 Modelo: C4/2008-2/A

e actuacións, introducindo a reflexión fundamentada e apoiada nos coñecementos teóricos.

COMO ENSINAR A MEU FILLO A SER RESPONSABLE NO FOGAR (de 2 a 12 anos)

U1. AS PROPIEDADES DO TEXTO: COHERENCIA, COHESIÓN E ADECUACIÓN. delimitar. expoñer. QUE GARANTEN a información de xeito ordenado A COHERENCIA

Transcripción:

(ORAL) Caderno dos examinadores C4-B-12

PARTE 1 (Texto escrito) A continuación, lea vostede esta entrevista ao escritor galego Xosé Neira Vilas. Tome as notas que precise. Na entrevista oral terá que: Resumir o texto. Realizar unha exposición. Conversar sobre o tema. ENTREVISTA A XOSÉ NEIRA VILAS, HISTORIA VIVA DA EMIGRACIÓN Cando e como se produce a súa identificación como galego? Cheguei a Bos Aires en 1949, nunha época na que se vivía unha "efervescencia" galega. Todo aquilo que non se facía en Galicia, porque non se podía, estábase a facer alí: editoriais, música, concursos literarios, actividades culturais. Ademais, naqueles intres alí había persoeiros que facían posible estas actividades, como eran Luís Seoane, Lorenzo Varela, Suárez Picallo e moitos outros intelectuais exiliados que foron figuras na cultura galega e que continuaban o traballo comezado por outros emigrantes galegos. Comecei a interesarme pola identidade galega e a tomar consciencia de Galicia cando cheguei alí, polo contacto con estas persoas, porque saíra de aquí coma calquera outro emigrante: sen saber nada, cego e ignorante. Cando toma a iniciativa de traballar pola difusión da cultura galega? Unha vez asumidos o idioma e a historia de Galicia é cando me comprometo a traballar por esa identidade. O 15 de xullo de 1957, xunto á miña muller, Anisia Miranda, fundamos a editorial Follas Novas, un evento de gran relevancia, xa que era a primeira vez que existía fóra de Galicia unha distribuidora do libro galego. A importancia de Follas Novas radicaba en que, se ben existían editoriais, non existía unha canle que fixese posible que estas obras chegasen fóra de Galicia. O noso público foi unha multitude de galegos concienciados da súa identidade e moitos outros que se foron concienciando. En 1961 publica Memorias dun neno labrego e, a partir del, xa non abandonará practicamente o tema da emigración. Reflíctese na súa obra unha evolución na maneira de entender o efecto da emigración nun pobo? Cando imos a un colexio dunha aldea ou de calquera zona de Galicia e preguntamos na clase cantos nenos teñen algún familiar que emigrase, o 90 % dos rapaces ergue a man. Memorias dun neno labrego reflicte esa situación. Conta a historia dun neno que emigra dunha aldea a outra mentres o seu irmán sae cara ás Américas, unha situación que era común na Galicia daqueles anos. A emigración é un tema que está presente en moitas das miñas obras e iso débese non só a que eu fose emigrante, aínda que sexa un elemento autobiográfico moi importante, senón porque a emigración pesou moitísimo en Galicia. E aínda pesa: o 32 % dos seus fillos está fóra aínda hoxe. A emigración era unha

constante en Galicia e iso, como todo, ten os seus aspectos positivos e negativos. Á emigración debémoslle moitas cousas boas: viñeron creacións literarias, o Estatuto de autonomía de Galicia, escolas, realizacións culturais. Pero non hai que esquecer que a emigración é unha desgraza para calquera país, que queda convertido nun país de vellos e nenos; nenos que medran soñando con emigrar. Desde o punto de vista estritamente galego, a emigración foi traumática, xa que supuxo una ruptura das familias, a inadaptación da xente das aldeas ás cidades e a proletarización. Agora ben, de rebote, eses emigrantes aforraron e trouxeron escolas, cartos, leiras, casas e comezou un certo florecemento cultural e a apertura da aldea, que estaba pechada nun gueto. Hai quen fala da "novela do mar" ou da "novela da emigración". É partidario de considerar que existe este metaxénero dentro da literatura galega? Ese tipo de clasificacións son propias dos críticos, dos catalogadores. Hai moitas obras en Galicia que tratan da emigración. Dunha ou doutra maneira, hai novelas e poesías da emigración, incluso Rosalía de Castro escribiu sobre a emigración dentro do Estado español. Unhas tratan a emigración desde Galicia, outras desde as terras que acolleron as persoas que de aquí saíron. Hai de todo, pero non se pode falar dunha "novela da emigración". Eu teño moitas obras da emigración, pero non creo que ningunha sexa a "novela da emigración", con maiúsculas. Cando fala da súa poesía, cualifícaa de social, solidaria, humana? A min non me gusta clasificar a poesía, poñerlle etiquetas. Para min a poesía vai do íntimo ao social. A poesía social, ben mirado, é todo, xa que atinxe o ser humano no seu conxunto. Falar de poesía social é o mesmo que falar de "poesía de denuncia" ou mesmo de "canción protesta"; é dicir, non existe dun xeito abstracto. Cada unha canta unha cousa, denuncia algo, pero é porque a poesía forma parte íntegra da persoa, non é algo que faga sen sentilo antes. Desde o meu punto de vista, a literatura serve para coñecérmonos mellor e para facernos máis transparentes uns cos outros. Pero tamén serve para tentar mellorar o mundo, aínda que non houbo ata o momento ningún libro que conseguise tomar o poder dun país. Un libro é un libro: propón unhas cousas, mostra algo, incluso pode denunciar situacións e aí é onde queda reflectida a ideoloxía do autor. Antes comentaba que a aldea estaba moi pechada, afastada do resto. Actualmente, como ve a aldea en Galicia? Como cambiou respecto á que vostede coñeceu de cativo? A aldea cambiou moito e cambiou para mal. Agora hai luz, auga, televisión e mellores estradas, pero co paso do tempo foise desfigurando, esvaecéndose e perdendo a súa identidade. Tradicionalmente, había unha fronteira entre a aldea e a cidade, de tal xeito que o feito de que un campesiño chegase ata Santiago resultaba impensable, unha odisea. Hoxe a cultura é a do coche e en 20 minutos chégase a Santiago. Iso fixo a aldea moito máis confortable, pero a forza de que se despersonalizase, e estes cambios trouxeron tamén a deterioración do idioma. Texto extraído e adaptado de www.galiciaespallada.com

PARTE 2 1. BENVIDA E PREGUNTAS DE CONTACTO PERSOAL 1-2 minutos aprox. Orientacións para o avaliador: esta parte NON é un interrogatorio e as preguntas NON se avalían. Trátase de que o candidato se sinta a gusto e de que se tranquilice, polo que cómpre evitar as preguntas que o poidan incomodar ou as que resulten molestas. Como está? De onde é? Fale un pouco sobre a súa cidade/vila/aldea... Canto tempo leva estudando galego? Por que o estuda? Que lle gusta facer no tempo libre? Que afeccións ten? (Se procede) Que lle gusta máis da cultura galega? Que diferenzas atopa entre a cultura galega e a súa? 2. RESUMO 3 minutos aprox. Orientacións para o avaliador: o candidato ten que realizar un resumo do artigo. Nesta fase preténdese comprobar que o candidato entendeu o contido do texto. NON é unha proba de memoria e, polo tanto, non é relevante que non lembre detalles concretos. En caso de que quede en branco, ou de que o seu resumo resulte excesivamente breve, pódeselle axudar formulando algunha(s) das seguintes preguntas: Faga un resumo do contido do artigo. Cando se identifica Neira Vilas como galego? Que di sobre a literatura? E sobre a aldea? Que aspectos destaca da emigración en Galicia? 3. EXPOSICIÓN 3-4 minutos aprox. Orientacións para o avaliador: o entrevistador escollerá unha das alternativas das que se propoñen e, a partir dela, diralle ao candidato que faga unha exposición de 2-3 minutos, na cal defenda o seu punto de vista ou argumente sobre ese tema. Daráselle 1 minuto para pensar ou organizar o seu discurso e indicaráselle o tempo aproximado de duración. É moi importante que se realice esta parte para que o candidato poida ser debidamente avaliado. Se o candidato tarda en iniciar a súa exposición, poderáselle axudar con preguntas do tipo: Que opina vostede sobre isto? Está de acordo? Parécelle necesario? Quere engadir algo máis? Se non a realiza, haberá que respectar un pouco o seu silencio para deixar en evidencia que non está cumprindo esta parte da tarefa, pero EN NINGÚN CASO se pasará inmediatamente ás preguntas de interacción da seguinte parte. Realice unha exposición acerca do seguinte enunciado: A. É máis fácil recoñecer a verdadeira identidade cando se está lonxe da propia terra, da súa orixe. B. A modernización e o fácil acceso ás aldeas acabaron coa súa identidade. C. A literatura e a arte en xeral son importantes para coñecer outras partes do mundo. D. De non ser polos cartos dos emigrantes, o progreso e o desenvolvemento non chegarían a moitos sitios de Galicia.

4. INTERACCIÓN 4 minutos aprox. Orientacións para o avaliador: logo da exposición, establecerase un diálogo co candidato. A opción de preguntas que se lle dará ao candidato (A, B, C...) debe coincidir coa opción do enunciado do ítem anterior. Agora ben, estas preguntas NON consisten nun interrogatorio; son só suxestións e DEBEN ADECUARSE, na medida do posible, ao discurso do candidato. Ademais, é moi importante que se force a CONTRAARGUMENTACIÓN para poder avaliar a súa capacidade argumentativa. OPCIÓN A É máis fácil recoñecer a verdadeira identidade cando se está lonxe da propia terra, da súa orixe Ten ou tivo vostede algunha experiencia coa emigración (parentes, coñecidos etc.)? Cal? Vostede marcharía facilmente a outro país? Por que motivos o faría? É moi apegado á súa terra ou resultaríalle fácil abandonala? Que cousas cre que botaría de menos se tivese que ir vivir a outro país? Que opina de que en Galicia haxa moitos inmigrantes na actualidade? Por que cre que escolleron este lugar? Na súa localidade hai persoas estranxeiras? Coñece algunha? Sabe por que veu? Como lle foi/está a ser a adaptación? Que é o que lle parece máis raro da cultura galega? Que lle parece máis positivo nos movementos migratorios? E máis negativo? Por que? OPCIÓN B A modernización e o fácil acceso ás aldeas acabaron coa súa identidade Actualmente frecuenta vostede algunha aldea? (Resposta afirmativa) Gústalle estar alí? Como é? (Resposta negativa) Como imaxina que é a vida nunha aldea? Como cre que era a vida nas aldeas hai cincuenta anos? Coida que as persoas eran felices co que tiñan? Por que? Que modernidades ou innovacións considera que hai na maioría das aldeas hoxe en día? Pensa que se pode prescindir delas facilmente? Por que? Se puidese escoller entre vivir nunha aldea modernizada ou nunha gran cidade, que escollería? Por que? Por que motivo(s) cre que moitas persoas acaban por abandonar o campo? E a cidade? Ao parecer, actualmente hai unha revalorización da vida no campo. Está de acordo? Por que?

OPCIÓN C A literatura e a arte en xeral son importantes para coñecer outras partes do mundo Gústalle ler? Cales son os seus autores e/ou tipos de obras preferidos? Interésalle a literatura ou a arte de lugares moi afastados? Considera que, en xeral, coa arte (a literatura, a música...) se fai denuncia? Por que cre que os artistas queren protestar contra as inxustizas? Houbo algunha obra literaria ou cinematográfica que lle influíse na forma de ver o mundo? Cal? De que xeito? Considera que hai outros hábitos de lecer que tamén poden influenciar o comportamento dos que os practican? Como? Podería dar algún exemplo? Como cre que son os hábitos de lectura na sociedade actual? A que se debe? Lía moito na súa infancia? Cre que os nenos de hoxe len máis ou menos ca os de antes? A que cre que se debe? OPCIÓN D De non ser polos cartos dos emigrantes, o progreso e o desenvolvemento non chegarían a moitos sitios de Galicia Cre que os cartos que trouxeron os emigrantes foron realmente imprescindibles para o crecemento das aldeas? Por que? Coñece algún ben ou mellora social (escola, empresa etc.) construído ou realizado con cartos traídos por emigrantes? Cal/cales? Cre que todas as persoas que emigraron conseguiron mellorar as súas condicións de vida e as da súa familia? De que xeito? Pode dar algún exemplo? Por que motivo(s) cre que se producían os movementos migratorios antigamente? E os de hoxe en día? Ao parecer, na actualidade é moito máis fácil emigrar do que antigamente. Está de acordo? Por que?