Introdución á Literatura Galega 1

Tamaño: px
Comenzar la demostración a partir de la página:

Download "Introdución á Literatura Galega 1"

Transcripción

1 FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA Introdución á Literatura Galega 1 Xosé Manuel Salgado Rodríguez GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2017/2018

2 FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA AUTOR: Xosé Manuel Salgado Rodríguez Edición electrónica ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

3 Introdución á Literatura Galega 1 Xosé Manuel Salgado Rodríguez Guía docente e material didáctico 20l Datos descritivos da materia Materia: Introdución á Literatura Galega 1 Códigos: G /G /G /G /G Tipo de materia, Ciclo e Curso no que se imparte: Materia obrigatoria de 1º curso do Grao en Lingua e Literatura Galegas Número de créditos: 6 Idioma no que se imparten as clases: Galego Profesor encargado da materia: Xosé Manuel Salgado Rodríguez Localización: Departamento: Filoloxía Galega Facultade: Facultade de Filoloxía Despacho: 109 Tfno Enderezo electrónico: xosem.salgado@usc.es 2. Sentido da materia no perfil da titulación 2.l. Bloque formativo ó que pertence a materia Esta materia intégrase na modalidade Maior do grao en Lingua e Literatura Galegas, de tal xeito que forma parte dun grupo de materias dirixidas a lle proporcionar ó alumno os coñecementos, competencias e destrezas que lle garantan unha completa formación avanzada nesa titulación; no caso concreto desta materia, unha información e formación o máis completas posible en literatura galega en canto ás súas singularidades sistémicas e cronolóxicas, movementos, autores e obras que a conforman Papel que xoga a materia no Plano de Estudos Dentro do Maior, materia intégrase nun módulo (o primeiro dos cinco que forman o Maior) de catro materias de carácter introdutorio. Polo tanto, oriéntase a proporciona-los coñecementos básicos dunha das grandes áreas da titulación: a Literatura Galega. Dado o seu carácter introdutorio, a materia forma parte tamén do Módulo Complementario de vintecatro créditos que proporcionará ós estudantes do Maior noutras titulacións obteren un Minor en Lingua e Literatura Galegas engadíndolle 24 créditos dun módulo optativo-; a estes estudantes a materia garántelle-la adquisición dunha competencia básica, efectivamente, pero cualificada e concebida de xeito integral, en lingua e literatura galegas como segunda lingua e literatura. O feito de esta materia ir seguida, tanto en contidos coma en ubicación na titulación pola materia Introdución á Literatura Galega 2, obriga a concebir ámbalas dúas de forma complementaria e global. Deste xeito, as dúas materias deben garantir, por unha banda, unha formación básica ós estudantes do Maior que lles permita nos cursos seguintes afondar nos diferentes compoñentes sistémicos e discursivos da literatura galega, pero por outra tamén cómpre ofrecer ós estudantes que a cursen

4 dentro do Módulo complementario do Minor unha formación nese eido suficiente e autónoma. Por todo isto, consideramos que ámbalas dúas materias, Introdución á Literatura Galega 1 e Introdución á Literatura Galega 2, deben manter unha estreita relación, que xa se manifesta no feito de que se ofrezan en cuadrimestres sucesivos no 1º curso da titulación. Ademais que sexa o mesmo equipo de profesorado o que imparte ambas materias garante o deseño dos programas de ambas de xeito integral e complementario, o non solapamento dos contidos, así como o feito de que ditos contidos sexan sempre impartidos por especialistas nas distintas épocas. 3. Obxectivos e competencias 3.1. Obxectivos: A materia ten como obxectivo fundamental realizar un percorrido cronolóxico polo proceso de configuración e desenvolvemento do corpus literario galego dende a Idade Media ata o comezo do século XX. Esta materia centrarase sobre todo nos problemas de fixación dunha periodización específica, nas súas principais etapas, correntes e movementos, de xeito que o alumnado estea capacitado ó seu remate para defini-lo singular desenvolvemento cronolóxico da historia literaria galega, tanto dende un punto de vista interno coma externo Competencias A materia debe garanti-la capacidade do estudantado para indentificar e interpretalas principais singularidades da historia da literatura galega no período descrito, tanto no seu desenvolvemento cronolóxico como na súa periodización interna, así como na súa organización xenérica e sistémica. 4. Contidos da materia 1. Conceptos básicos da análise formal da litertura galega medieval a través dos textos. 2. Os Séculos Escuros. O contexto histórico Problemática lingüística e cultural Textos fundamentais. 3. O século XIX. O contexto histórico Etapas e grupos xeracionais As grandes voces líricas A prosa e o teatro do Rexurdimento. Bibliografía básica e complementaria AA. VV. Historia da literatura galega. Vigo: ASPG/A Nosa Terra, 5 vols., Beramendi, Xusto, De provincia a nación. Vigo: Xerais, Brea, Mercedes (coord.), Proxecto Galicia. Literatura. Vol. XXX. A Idade Media. A Coruña: Hércules Edicións, Carballo Calero, Ricardo, Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia, 1981.

5 Tarrío, Anxo (coord.), Proxecto Galicia. Literatura. Vol. XXXI: Os Séculos Escuros. O século XIX. A Coruña: Hércules Edicións, Tavani, Giuseppe, A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo: Galaxia, Vilavedra, Dolores (coord.), Diccionario da literatura galega. I. Autores (1995), II. Publicacións periódicas (1997), III. Obras (2000). Vigo: Galaxia. Villares, Ramón, Historia de Galicia. Vigo: Galaxia, VV. AA., A gran Historia de Galicia, 32 vols. A Coruña: Arrecife/La Voz de Galicia, TEMA 1. Conceptos básicos da análise formal da literatura galega medieval a través dos textos Breve caracterización das cantigas de amor, amigo e escarnio A lírica relixiosa: As Cantigas de Santa María A prosa medieval. Bibliografía. Alvar, Carlos / Viçent Beltrán, Antología de la poesía gallego-portuguesa. Madrid: Alhambra, Arias Freixeiro, Bieito, Antoloxía da lírica galego-portuguesa. Vigo: Xerais, Beltrán, Viçent, A cantiga de amor. Vigo: Xerais, Brea, Mercedes (coord.), Lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Centro de Investigación Ramón Piñeiro, Brea, Mercedes/Pilar Lorenzo, A cantiga de amigo. Vigo: Xerais, Corral Díaz, Esther (coord.), Guía para o estudo da lírica profana galegoportuguesa. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/CRPIH, Lanciani, Giulia/Giuseppe Tavani (coords.), Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa: Caminho, 1993., As cantigas de escarnio. Vigo: Xerais, Lapa, Manuel Rodrigues, Liçoes de literatura portuguesa. Época medieval. Coimbra: Coimbra Editora, 1981 (10ª ed.). Lorenzo, Ramón (ed.), Cronica Troiana. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Montoya, J., Alfonso X el Sabio. Cantigas. Madrid: Cátedra, Oliveira, António Resende de, Trobadores e xograres. Contexto histórico.vigo: Xerais, Pena, Xosé Ramón, Literatura Galega Medieval, I. A historia. II. Antoloxía de textos comentados (lírica e prosa). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións, 1990 (2º ed. revisada). Pensado, José Luís (ed.), Miragres de Santiago. Madrid: Anejo 68 da R.F.E., Souto Cabo,J. António, Os cavaleiros que fizeram as cantigas. Sâo Paulo: Editora da Universidade Federal Fluminense, TEMA 2. Os Séculos Escuros. O contexto histórico Problemática lingüística e cultural Cronoloxía e textos fundamentais (séculos XVI e XVII) O século XVIII. O contexto histórico Os ilustrados galegos: Cornide, Sarmiento, Feixoo,etc Significado da obra do Cura de Fruime.

6 Bibliografía. Alonso Montero, Xesús, Fiestas Minervales y aclamación perpetua de las Musas a la inmortal Memoria de el Ilustrísimo Señor D. Alonso de Fonseca Edición facsimilar e estudo. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC, Aneiros, Rosa (coord.), Papés d emprenta condenada: a escrita galega entre 1797 e Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Carballo Calero, Ricardo, Libros e autores galegos. Dos trovadores a Valle-Inclán, t. 1. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Ferreiro, Manuel, Unha ruptura na literatura galega: Os Séculos Escuros, en VV. AA., A nosa literatura. Unha interpretación para hoxe. Ourense:AS-PG, Mariño Paz, Ramón (ed,), Papés d emprenta condenada (II). Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Tarrío Varela, Anxo, Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Vigo: Xerais, TEMA 3. O século XIX. O contexto histórico Problemática lingüística e cultural 3.2. O Pre-Rexurdimento ( ) Textos patrióticos. Escritos de carácter popular e satírico O romantismo en Galicia. Nicomedes Pastor Díaz Os precursores de Rosalía de Castro Os Xogos Florais de O Álbum de la Caridad (1862) O Rexurdimento. Etapas e características As grandes voces líricas: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez Aproximación á prosa e ó teatro do Rexurdimento. Bibliografía. Álvarez Blázquez, Xosé Mª, Notas para unha edición crítica da égloga de Belmiro e Benigno, de Pastor Díaz, en Cuadernos de Estudios Gallegos, 18, pp (1963). Barreiro Fernández, Xosé Ramón, López Ferreiro e a recuperación da conciencia histórica, Encrucillada, 8, 1978, pp Carballo Calero, Ricardo, Estudos rosalianos. Vigo: Galaxia, 1979., Estudos e ensaios sobre literatura galega. Sada A Coruña: Ediciós do Castro, Casares, Carlos, Introducción a Manuel Curros Enríquez, Poesía galega completa. Vigo: Galaxia, 1992, pp Ferreiro, Celso Emilio, Curros Enríquez. Madrid: Júcar, Ferreiro, Manuel, Pondal: Do dandysmo á loucura. Compostela; Edicións Laiovento, 1991., Introducción a Eduardo Pondal, Poesía galega completa, I, Queixumes dos pinos. Compostela: Sotelo Blanco Edicións, 1995, pp. IX-LII.

7 Forcadela, Manuel, Introducción a Eduardo Pondal, Poesía. Vigo: Xerais, 1989, pp Hermida, Modesto, Narrativa galega: tempo do Rexurdimento. Vigo: Xerais, Mayoral, Marina, La poesía de Rosalía de Castro. Madrid: Gredos, Méndez Ferrín, X.L., Luz de lámpada rosa, en Álvarez de Nóvoa, Pé das Burgas,. Vigo:Xerais, 1988, pp Murguía, Manuel, Los Precursores. La Coruña: Biblioteca Gallega, 1885 (Hai edición facsímil de 1975: A Coruña, La Voz de Galicia). Rodríguez Fer, Claudio, Poesía galega. Crítica e metodoloxía. Vigo: Xerais, Rodríguez Sánchez, Francisco, Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria Ourense: AS-PG, Saavedra, Pegerto/Dolores Vilavedra, Introducción histórico-literaria a Antonio López Ferreiro, O castelo de Pambre. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións, 2005, pp. IX-LXVII. Tarrío Varela, Anxo, Estudio literario en Marcial Valladares, Maxina. Vigo:Xerais, Tato Fontaíña, Laura, Historia do teatro galego. Das orixes a Vigo: A Nosa Terra, VV. AA., Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, 3 vols. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega-USC, VV. AA., Actas do I Congreso Internacional Curros Enríquez e o seu tempo, 2 vols. Santiago de Compostela:Consello da Cultura Galega, VV. AA., Curros Enríquez. Crebar as liras. A Nosa Terra, extra nº 9, VV. AA., Eduardo Pondal. Home libre, libre terra, A Nosa Terra, extra nº 7, Metodoloxía da ensinanza Sesións expositivas que se alternarán con seminarios onde se solicita a participación activa e crítica do estudantado. A distribución oficial dos créditos desta materia en 2/3 de clases expositivas e 1/3 de clases interactivas explica en parte a metodoloxía a aplicar ó longo do curso. A materia desenvolverase en clases expositivas, de contido teórico, nas que o profesor presentará os temas do programa incidindo nos aspectos que considere máis relevantes. As sesións interactivas de carácter práctico, nas que se levarán a cabo actividades diversas relacionadas coas exposicións teóricas e comentarios de texto pertinentes, son de asistencia obrigatoria. Estas prácticas revestirán diversas modalidades pero incidirán, sobre todo, no comentario de textos. As lecturas que marque o profesor elemento fundamental para o aproveitamento da materia-, serán de carácter obrigatorio e o alumno deberá preparalas en horas non presenciais. Sobre elas traballarase posteriormente en horas presenciais. A Introdución á literatura galega 1 é unha materia de 6 créditos equivalentes no sistema ECTS a 150 horas de traballo do alumnado, correspondentes a 25 horas por crédito e distribuídas do seguinte xeito: Actividades presenciais: 51 horas Clases expositivas (CE): 32 Clases interactivas. Seminarios (S): 16 Sesións de avaliación: 3

8 Actividades non presenciais: 99 Lecturas: 55 Preparación de exames: 35 Outras actividades (asistencia a cursos, conferencias, etc.): 9 Calendario. No mes de setembro e na 1ª semana de outubro desenvolverase o Tema 1. Nas restantes 3 semanas de outubro desenvolverase o Tema 2. O mes de novembro e decembro dedicaranse a estuda-lo Tema 3. Exame final: Datas fixadas pola Facultade 2ª Oportunidade: Datas fixadas pola Facultade 6. Sistema de avaliación da aprendizaxe A avaliación da consecución das competencias esixidas terá en conta: a) A asistencia ás clases é obrigatoria. Só se permiten 6 faltas sen xustificar. Esta parte suporá un 10% da cualificación global. b) Valorarase a participación do alumno na aula a través de comentarios, exercicios, reflexións, etc. suxeridas polo profesor. Esta parte suporá un 20% da cualificación global. c) Contidos da materia: é obrigatoria a realización do exame de primeira oportunidade. A nota deste exame escrito conta o 70%. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 neste exame para supera-la materia. A nota final obterase sumando a, b e c. d) Os alumnos que non poidan asistir regularmente á clase deben obter unha dispensa outorgada polo Decanato e deberán realizar unha serie de traballos personalizados, a maiores dos que fan os compañeiros que asisten regularmente ás clases. Deben comunicar ó profesor esta situación nas dúas primeiras semanas de clase. e) A aqueles alumnos que suspendan a materia na primeira oporetunidade e que deben acudir á segunda, gardaráselle-las notas correspondentes ós apartados a) e b) que serán as usadas para computa-la nota da segunda oportunidade, xunto coa que obteñan nese exame. 7. Recomendacións para o estudo da materia Asistir á clase e participar. Levar a materia ó día. Ler e reflexionar sobre os textos que se vaian facilitando. 8. Observacións Convén ter unha certa preparación en Historia Xeral e de Galicia, e tamén en Historia da Arte.

Literatura Contemporánea Galega

Literatura Contemporánea Galega FACULTADE DE HUMANIDADES DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA GUÍA DOCENTE Literatura Contemporánea Galega María Xesús Nogueira Pereira Curso 2012-2013 1. Datos descritivos da materia Materia: Literatura contemporánea

Más detalles

A literatura infantil e xuvenil galega

A literatura infantil e xuvenil galega FACULTADE DE FILOLOXÍA A literatura infantil e xuvenil galega Xosé M. Salgado Dolores Vilavedra G 5051342 GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2018/2019 FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE Filoloxía Galega

Más detalles

LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA: NARRATIVA

LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA: NARRATIVA FACULTADE DE FILOLOXÍA LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA: NARRATIVA Dolores Vilavedra G 5051423A e B GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2016/2017 FACULTADE DE FILOLOXÍA. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Más detalles

FACULTADE DE HUMANIDADES DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA. Literatura galega. María Xesús Nogueira Pereira

FACULTADE DE HUMANIDADES DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA. Literatura galega. María Xesús Nogueira Pereira FACULTADE DE HUMANIDADES DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA Literatura galega María Xesús Nogueira Pereira GUÍA DOCENTE 2017/2018 ÍNDICE 1. Datos descritivos da materia 2. Obxectivos 3. Competencias 4. Contidos

Más detalles

Literatura galega contemporánea: outras modalidades textuais

Literatura galega contemporánea: outras modalidades textuais FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA Literatura galega contemporánea: outras modalidades textuais María Xesús Nogueira Pereira GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2017/2018 FACULTADE DE

Más detalles

LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA: NARRATIVA

LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA: NARRATIVA FACULTADE DE FILOLOXÍA LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA: NARRATIVA Dolores Vilavedra G 5051423B GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2018/2019 FACULTADE DE FILOLOXÍA. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Más detalles

Programa docente en créditos ECTS

Programa docente en créditos ECTS UNIVERSIDADE DE VIGO Programa docente en créditos ECTS CAMPUS : DEPARTAMENTO : CENTRO : TITULACIÓN : OURENSE HISTORIA, ARTE E XEOGRAFIA FACULTADE DE HISTORIA LICENCIADO EN HISTORIA CURSO : 201 2012-201

Más detalles

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral. Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral. 1. Cantas materias do primeiro curso da ensinanza

Más detalles

Mestrado Interuniversitario Política lingüística e planificación da lingua galega. Universidades da Coruña, Santiago e Vigo

Mestrado Interuniversitario Política lingüística e planificación da lingua galega. Universidades da Coruña, Santiago e Vigo Mestrado Interuniversitario Política lingüística e planificación da lingua galega Coordinación: USC Universidades da Coruña, Santiago e Vigo (Curso 2008-09) Comisión de coordinación: Henrique Monteagudo

Más detalles

Lingua, literatura e cultura galegas II

Lingua, literatura e cultura galegas II FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA Lingua, literatura e cultura galegas II Xosé Henrique Monteagudo Romero Xosé Luís Regueira Fernández GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2018/2019

Más detalles

Curso monográfico de estudos grecolatinos 3

Curso monográfico de estudos grecolatinos 3 FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOXÍA CLÁSICA, FRANCESA E ITALIANA Curso monográfico de estudos grecolatinos 3 (Retórica y Poética Clásicas) José Manuel Díaz de Bustamante GUÍA DOCENTE E MATERIAL

Más detalles

(Campus de Ourense) Obradoiro para a elaboración de guías docentes ECTS. Programa de Formación Permanente do Profesorado. Universidade de Vigo

(Campus de Ourense) Obradoiro para a elaboración de guías docentes ECTS. Programa de Formación Permanente do Profesorado. Universidade de Vigo Obradoiro para a elaboración de guías docentes ECTS (Campus de Ourense) Programa de Formación Permanente do Profesorado Novembro 2006 Universidade de Vigo Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa

Más detalles

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE Campus de Ourense Facultade de CC. Empresariais e Turismo Campus Universitario 32004 Ourense http://www.fcetou.uvigo.es PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS

Más detalles

Guía docente do Traballo fin de Mestrado

Guía docente do Traballo fin de Mestrado FACULTADE DE FILOLOXÍA Máster Erasmus Mundus en Lexicografía Guía docente do Traballo fin de Mestrado Universidade de Santiago de Compostela GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2017/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA

Más detalles

Nébeda. Club de lectura e encontros literarios

Nébeda. Club de lectura e encontros literarios INTRODUCIÓN O club de lectura e encontros Nébeda ten como finalidade a creación de hábitos lectores entre estudantes da Universidade, ao tempo que fomenta a utilización da lingua galega e o coñecemento

Más detalles

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo) Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo) Programa de Formación Permanente do Profesorado Novembro 2006 Universidade de Vigo Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa

Más detalles

REFERENCIAS NORMATIVAS AVALIACIÓNS: PROMOCIÓN, TITULACIÓN

REFERENCIAS NORMATIVAS AVALIACIÓNS: PROMOCIÓN, TITULACIÓN REFERENCIAS NORMATIVAS AVALIACIÓNS: PROMOCIÓN, TITULACIÓN 1.- Referencias lexislativas para as avaliacións: 2º e 4º ESO. a. Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación

Más detalles

Programa docente en créditos ECTS

Programa docente en créditos ECTS UNIVERSIDADE DE VIGO Programa docente en créditos ECTS CAMPUS : DEPARTAMENTO : CENTRO : TITULACIÓN : OURENSE HISTORIA, ARTE E XEOGRAFIA FACULTADE DE HISTORIA LICENCIADO EN HISTORIA CURSO : 201 2012-201

Más detalles

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar Aprobado pola Comisión de Garantía Interna de Calidade o 23 de Octubre de 2015 Aprobado pola Xunta de Facultade o 17 de Novembro de 2015 1. OBXECTO O

Más detalles

Programa docente en créditos ECTS

Programa docente en créditos ECTS UNIVERSIDADE DE VIGO Programa docente en créditos ECTS CAMPUS : DEPARTAMENTO : CENTRO : TITULACIÓN : OURENSE HISTORIA, ARTE E XEOGRAFIA FACULTADE DE HISTORIA LICENCIADO EN HISTORIA CURSO : 201 2012-201

Más detalles

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS REGULAMENTO DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR REALIZAR ACTIVIDADES UNIVERSITARIAS CULTURAIS, DEPORTIVAS, DE REPRESENTACIÓN ESTUDANTIL, SOLIDARIAS E DE COOPERACIÓN (Aprobado en consello de goberno de 12

Más detalles

Lingua, literatura e cultura galegas 1

Lingua, literatura e cultura galegas 1 FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA Lingua, literatura e cultura galegas 1 María Álvarez de la Granja Ana Isabel Boullón Agrelo Francisco Cidrás Escáneo Francisco Dubert García Carme

Más detalles

CURSO COLEXIO TIRSO DE MOLINA LINGUA GALEGA E LITERATURA 4º ESO (CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN)

CURSO COLEXIO TIRSO DE MOLINA LINGUA GALEGA E LITERATURA 4º ESO (CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN) COLEXIO TIRSO DE MOLINA CURSO 2018-2019 LINGUA GALEGA E LITERATURA 4º ESO (CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN) [Escriba el subtítulo del documento] 1.- CONTIDOS MÍNIMOS Comunicación oral e escrita

Más detalles

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO. Lingua Latina 2. Cecilia Criado Boado

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO. Lingua Latina 2. Cecilia Criado Boado FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO Lingua Latina 2 Cecilia Criado Boado GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2017/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO AUTORES: Cecilia

Más detalles

PROTOCOLO PARA O DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO FIN DE ESTUDOS CURSO 18/19

PROTOCOLO PARA O DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO FIN DE ESTUDOS CURSO 18/19 PROTOCOLO PARA O DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO FIN DE ESTUDOS CURSO 18/19 De acordo co disposto no Decreto 163/2015 e no Decreto 171/2016, ao finalizar o cuarto curso, o alumnado desenvolverá un traballo

Más detalles

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela Por Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, establécense os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria.

Más detalles

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS REGULAMENTO DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR REALIZAR ACTIVIDADES UNIVERSITARIAS CULTURAIS, DEPORTIVAS, DE REPRESENTACIÓN ESTUDANTIL, SOLIDARIAS E DE COOPERACIÓN Aprobado en Consello de Goberno do 10 de

Más detalles

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo para o recoñecemento

Más detalles

Programa docente en créditos ECTS

Programa docente en créditos ECTS UNIVERSID DADE DE VIGO Programa docente en créditos ECTS CAMPUS : DEPARTAMENTO : CENTRO : TITULACIÓN : OURENSE HISTORIA, ARTE E XE EOGRAFIA FACULTADE DE HISTORIA LICENCIADO EN HISTORIA CURSO : 2012-201

Más detalles

TÉCNICAS DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

TÉCNICAS DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN MÁSTER UNIVERSITARIO EN FILOSOFÍA. COÑECEMENTO E CIDADANÍA GUÍA DOCENTE 2016-17 TÉCNICAS DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN 1 1. INFORMACIÓN BÁSICA DESCRICIÓN A materia ten o código P5251106. É unha materia

Más detalles

Programa docente en créditos ECTS

Programa docente en créditos ECTS UNIVERSIDADE DE VIGO Programa docente en créditos ECTS CAMPUS : DEPARTAMENTO : CENTRO : TITULACIÓN : OURENSE HISTORIA, ARTE E XEOGRAFIA FACULTADE DE HISTORIA LICENCIADO EN HISTORIA CURSO : 201 2012-201

Más detalles

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial? S MÁIS COMÚNS SOBRE AS ENSINANZAS DE ARTES PLÁSTICAS DE RÉXIME ESPECIAL E OS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO E DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS PREGUNTA Que son os estudos superiores de artes?

Más detalles

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO Suplemento en lingua galega ao núm. 51 Sábado 28 de febreiro de 2009 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE EDUCACIÓN, POLÍTICA SOCIAL E DEPORTE 3424 Real decreto 242/2009, do 27 de febreiro,

Más detalles

UNIVERSIDADE DE VIGO

UNIVERSIDADE DE VIGO Universidade de Vigo - Grao en Estudos de Galego e Español - De non tela superada, Grao en lingua e literatura españolas USC - G5041--- V01G160V01--- deberá cursar 101 Lingua: Comunicación oral e escrita:

Más detalles

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO (Aprobada polo Consello Social o 2 de abril de 2013) O artigo 2.2.f)

Más detalles

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA Universidade da Coruña - Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios - 613G010-- De non tela superada, deberá cursar 01 Lingua española 1 112 Lingua española 2 Obrigatorio cursala 02 Lingua Galega

Más detalles

OBRADOIRO PARA A (CAMPUS DE VIGO)

OBRADOIRO PARA A (CAMPUS DE VIGO) OBRADOIRO PARA A ELABORACIÓN DE GUÍAS (CAMPUS DE VIGO) Programa de Formación Permanente do Profesorado Novembro 2006 Universidade de Vigo Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa Edificio Reitoría,

Más detalles

CURSO DE ADAPTACIÓN AO GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DE OURENSE

CURSO DE ADAPTACIÓN AO GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DE OURENSE CURSO DE ADAPTACIÓN AO FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DE OURENSE Denominación: Curso de Adaptación de Diplomado/a Mestre/a (especialidades en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial,

Más detalles

Programa de Educación Familiar I

Programa de Educación Familiar I Programa de Educación Familiar I Programa de Educación Familiar na ESO 2ª Sesión. O Sistema Educativo Español: os pais e nais informados/as En primeiro lugar: Todos os nenos e nenas que viven en España,

Más detalles

CRITERIOS DE EVALUACIÓN

CRITERIOS DE EVALUACIÓN CRITERIOS DE EVALUACIÓN TECNOLOGÍA 2º ESO A puntuación por avaliación desglosa como segue: 3 puntos do proxecto máis a memoria (2 + 1). 7 puntos obtidos dos traballos e exames. Obtención dos 3 puntos do

Más detalles

ADAPTACIÓN POR BLOQUE: CON 60 CRÉDITOS SUPERADOS Diplomatura en Ciencias Empresariais Campus de Lugo (971P01) Código. Carácter. Créditos.

ADAPTACIÓN POR BLOQUE: CON 60 CRÉDITOS SUPERADOS Diplomatura en Ciencias Empresariais Campus de Lugo (971P01) Código. Carácter. Créditos. Campus de Lugo poderán recoñecérselle tódolos optativos que non teñan equivalencia na táboa, como créditos optativos validos para o Grao en Administración e Dirección de Empresas, agás as excepcións establecidas

Más detalles

XOSÉ ARMAS CASTRO Bibliografía

XOSÉ ARMAS CASTRO Bibliografía XOSÉ ARMAS CASTRO Bibliografía Bibliografía XOSÉ ARMAS CASTRO Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago en 1976 e doutorado na mesma institución en 1990, a carreira do profesor Armas

Más detalles

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I. Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I. MARCO LEGAL: Esta proposta está baseada na lexislación actualmente vixente na Comunidade Autónoma de Galicia pola que se regula a avaliación

Más detalles

Normas de convivencia no centro

Normas de convivencia no centro r/ Rosalía de Castro, 3, Santiago de Compostela A Coruña 15706. Tfno: 91522062, Fax: 915203 Benvida: Benvid@s ao noso centro, que vai ser o voso durante os próximos dous cursos. Desexamos que esta nova

Más detalles

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31555 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ORDE do 7 de xullo de 2016 pola que se autoriza a posta en marcha,

Más detalles

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009) NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009) Motivación A Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro de Universidades,

Más detalles

2017/18 1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: Hª DOS INSTRUMENTOS (CLARINETE) DEPARTAMENTO: VENTO MADEIRA XEFE DE DPTO.

2017/18 1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: Hª DOS INSTRUMENTOS (CLARINETE) DEPARTAMENTO: VENTO MADEIRA XEFE DE DPTO. PROGRAMACIÓN DOCENTE DE HISTORIA DOS INSTRUMENTOS CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE A CORUÑA TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA (ENSINANZAS REGULADAS POLO DECRETO 163/2015) 2017/18 1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

Más detalles

Guía docente Título superior de deseño

Guía docente Título superior de deseño Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa EEASSD DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Guía docente Título superior de deseño Especialidade: Deseño Gráfico Disciplina: Técnicas

Más detalles

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO 2017-2018 1) No apartado 3.º REQUISITOS PARA

Más detalles

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE nome do departamento Arte Grecorromana Fátima Díez Platas GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2017/2018 FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA DEPARTAMENTO DE HISTORIA DA

Más detalles

ANEXO III: PLAN ANUAL DE LECTURA.

ANEXO III: PLAN ANUAL DE LECTURA. ANEXO III: PLAN ANUAL DE LECTURA. 1. OBXECTIVOS O plan lector para este curso 2015-2016 pretende acadar os seguintes obxectivos: Favorecer o desenvolvemento da competencia lectoescritora Colaborar na formación

Más detalles

FACULTADE DE HUMANIDADES DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA E ANTROPOLOXIA SOCIAL UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. Guía Docente ECTS para a asignatura

FACULTADE DE HUMANIDADES DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA E ANTROPOLOXIA SOCIAL UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. Guía Docente ECTS para a asignatura 1 FACULTADE DE HUMANIDADES DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA E ANTROPOLOXIA SOCIAL UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Guía Docente ECTS para a asignatura FILOSOFIA E CRITICA DA CULTURA CURSO 2012-2013 Autora:

Más detalles

OPERACIÓNS ADMINISTRATIVAS E DOCUMENTACIÓN SANITARIA

OPERACIÓNS ADMINISTRATIVAS E DOCUMENTACIÓN SANITARIA PROXECTO DIDÁCTICO DO MÓDULO: OPERACIÓNS ADMINISTRATIVAS E DOCUMENTACIÓN SANITARIA C.M. COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA FAMILIA DE: SANITARIA MÓDULO -OPERACIÓNS ADMINISTRATIVAS E DOCUMENTACIÓN SANITARIA.-

Más detalles

Pequena guia de acollida na Facultade

Pequena guia de acollida na Facultade Pequena guia de acollida na Facultade Este folleto é unha referencia rápida para a xente que comeza nesta facultade. Da información sobre cousas que podedes necesitar para comezar a desenvolvervos nela,

Más detalles

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO A Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña vén de culminar a adaptación das súas titulacións ás esixencias

Más detalles

introdución ao estudo de carnívoros

introdución ao estudo de carnívoros metodoloxías de mostraxe non invasivas 12-14 novembro 2015 Organiza Colabora u destinatarios O curso está dirixido a profesionais do Medio así como estudantes e titulados en disciplinas afíns. Se ben,

Más detalles

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx. 10379 I. Disposicións xerais Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se regula a actividade das persoas auxiliares

Más detalles

Literatura galega medieval

Literatura galega medieval FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA Literatura galega medieval Henrique Monteagudo Ana Isabel Boullón Agrelo GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2017/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO

Más detalles

AS SECCIÓNS BILINGÜES A IMPLANTACIÓN DO PORTUGUÉS NO ENSINO REGRADO GALEGO

AS SECCIÓNS BILINGÜES A IMPLANTACIÓN DO PORTUGUÉS NO ENSINO REGRADO GALEGO AS As SECCIÓNS seccións BILINGÜES bilingües A a IMPLANTACIÓN implantación DO do portugués PORTUGUÉS NO no ENSINO ensino REGRADO regrado galego GALEGO AS SECCIÓNS BILINGÜES A IMPLANTACIÓN DO PORTUGUÉS NO

Más detalles

DATOS IDENTIFICATIVOS 2015/16. Asignatura Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas Código 662G01005

DATOS IDENTIFICATIVOS 2015/16. Asignatura Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas Código 662G01005 Guía Docente Grao en Turismo Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas DATOS IDENTIFICATIVOS 2015/16 Asignatura Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas Código 662G01005 Titulación Descriptores

Más detalles

I.E.S. SÁNCHEZ CANTÓN (PONTEVEDRA)

I.E.S. SÁNCHEZ CANTÓN (PONTEVEDRA) I.E.S. SÁNCHEZ CANTÓN (PONTEVEDRA) ENSEÑANZAS DEPORTIVAS. CICLOS FORMATIVOS DEPORTIVOS ENSEÑANZAS DEPORTIVAS. CICLOS FORMATIVOS DEPORTIVOS CICLO MEDIO: TÉCNICO DEPORTIVO EN BALONMÁN (NIVEL 1 Y 2) CICLO

Más detalles

6 6 0 Formación básica. Socioloxía e Ciencia Política da Administración

6 6 0 Formación básica. Socioloxía e Ciencia Política da Administración DATOS IDENTIFICATIVOS Asignatura Socioloxía Código 611G02003 Titulación GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS Ciclo Est. de Grao Créditos, tipo e calendario totais teóricos prácticos Tipo Curso

Más detalles

Para cada colectivo, os criterios de selección específicos son os seguintes:

Para cada colectivo, os criterios de selección específicos son os seguintes: Curso de Adaptación de Diplomado/a Mestre (especialidades en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial, Especialista en Linguas Estranxeiras, Educación Física e Educación Musical) para

Más detalles

ÍNDICE TALENTO FEMININO NA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA TRABALLADORAS. MEDRANDO socias e traballadoras ESTRUTURA DO PROGRAMA CADRO DOCENTE

ÍNDICE TALENTO FEMININO NA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA TRABALLADORAS. MEDRANDO socias e traballadoras ESTRUTURA DO PROGRAMA CADRO DOCENTE ÍNDICE TALENTO FEMININO NA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA 1 2 3 4 PRESENTACIÓN OBXECTIVOS ESTRUTURA DO PROGRAMA CADRO DOCENTE Programa PROGRAMA formativo para MEDRANDO socias e traballadoras XUNTAS XUNTAS

Más detalles

MÁSTER EN ECONOMÍA: ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL E MERCADOS FINANCEIROS

MÁSTER EN ECONOMÍA: ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL E MERCADOS FINANCEIROS MÁSTER EN ECONOMÍA: ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL E MERCADOS FINANCEIROS DURACIÓN 1 ano académico (60 créditos) con dedicación a tempo completo. Hai tamén unha oferta limitada de prazas para cursalo en 2 anos

Más detalles

Guía docente Título superior de deseño

Guía docente Título superior de deseño Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa EEASSD DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Título superior de deseño Especialidade: DESEÑO DE INTERIORES Disciplina: TECNOLOXÍA DIXITAL

Más detalles

Universidade de Vigo. Facultade de Filoloxía e Tradución. Campus de Vigo. webs.uvigo.es/fft

Universidade de Vigo. Facultade de Filoloxía e Tradución. Campus de Vigo. webs.uvigo.es/fft Campus de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución Praza das Cantigas, s/n Campus de Vigo 36310 Vigo España Tel. 986 812 251 Fax 986 812 380 webs.uvigo.es/fft sdfft@uvigo.es Facultade de Filoloxía e Tradución

Más detalles

MEMORIA PARA O PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS OFICIAIS DO GRAO EN TURISMO E O GRAO EN XEOGRAFÍA E HISTORIA (Campus de Ourense) Aprobado en:

MEMORIA PARA O PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS OFICIAIS DO GRAO EN TURISMO E O GRAO EN XEOGRAFÍA E HISTORIA (Campus de Ourense) Aprobado en: MEMORIA PARA O PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS OFICIAIS DO GRAO EN TURISMO E O GRAO EN XEOGRAFÍA E HISTORIA (Campus de Ourense) Aprobado en: Xunta Facultade Ciencias Empresariais e Turismo o 24 de febreiro

Más detalles

Programa docente en créditos ECTS

Programa docente en créditos ECTS UNIVERSIDADE DE VIGO Programa docente en créditos ECTS CAMPUS : DEPARTAMENTO : CENTRO : TITULACIÓN : OURENSE HISTORIA, ARTE E XEOGRAFIA FACULTADE DE HISTORIA LICENCIADO EN HISTORIA CURSO : 201 2012-201

Más detalles

introdución ao estudo de carnívoros

introdución ao estudo de carnívoros 3ª EDICIÓN! introdución ao estudo de carnívoros metodoloxías de mostraxe non invasivas 13-15 abril 2018 Organiza Colabora u destinatarios O curso está dirixido a profesionais do Medio así como estudantes

Más detalles

Visitas didácticas. Gaiás Cidade da Cultura

Visitas didácticas. Gaiás Cidade da Cultura Visitas didácticas Gaiás Cidade da Cultura 2015/2016 Co obxectivo de permitir aos centros escolares planificar con antelación o seu calendario, avanzamos o programa de actividades didácticas da Cidade

Más detalles

NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO

NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO Facultade de NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO 1. Criterios de selección. A selección

Más detalles

MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA PLAN DE COORDINACIÓN DOCENTE INFORME DE ACCIÓNS ACADÉMICAS E DE COORDINACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL EMPRENDIDAS

MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA PLAN DE COORDINACIÓN DOCENTE INFORME DE ACCIÓNS ACADÉMICAS E DE COORDINACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL EMPRENDIDAS ESCOLA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA INFORMÁTICA INFORME DE ACCIÓNS ACADÉMICAS E DE COORDINACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL EMPRENDIDAS IT06-PC06 MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA PLAN DE COORDINACIÓN DOCENTE INFORME

Más detalles

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo para o recoñecemento

Más detalles

Historia da lingua (2) Séculos IX a XIX

Historia da lingua (2) Séculos IX a XIX Historia da lingua (2) Séculos IX a XIX Consolidación, decadencia e rexurdimento Galego-portugués medieval (séc. IX-XIV) Séc. XII-XIV Período brillante da literatura galega Compostela: época dourada Rexurdimento

Más detalles

FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO

FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO 2010-2011 CONVOCATORIA PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS NA ESCOLA CAMILO JOSÉ CELA DO CHUS RECOÑECIBLES COMO CRÉDITOS OPTATIVOS PARA A TITULACIÓN DE

Más detalles

Programación Específica de Frauta da Sección Bilingüe

Programación Específica de Frauta da Sección Bilingüe Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa REDE DE CONSERVATORIOS DE MÚSICA E DANZA DE GALICIA Programación Específica de Frauta da Sección Bilingüe 2016-2017 Modelo. Programación.

Más detalles

2º exame, 3ª avaliación

2º exame, 3ª avaliación 2º exame, 3ª avaliación 1. Tipos de texto: Actas (156) 2. O tecido da lingua: Cohesión: repetición, substitución e deíxe (102) Puntuación (132/158) Conectores textuais (186/216) 3. A lingua por dentro:

Más detalles

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría. CONDUTOR/A Requisitos de Titulación: Condutor/a.-Como mínimo, o Título de Graduado Escolar ou Formación profesional de primeiro grao ou Título de Técnico/a (Formación profesional de grao medio) ou Graduado

Más detalles

Claves para entender a Publicidade Código

Claves para entender a Publicidade Código Guía docente da materia 1 PROGRAMACIÓN DOCENTE CLAVES PARA ENTENDER A PUBLICIDADE curso 2018-19 ESQUEMA XERAL I. Datos descritivos da materia II. III. Contexto da materia Obxectivos xerais IV. Adquisición

Más detalles

SERVIZO DE INFORMÁTICA

SERVIZO DE INFORMÁTICA PROPOSTA DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE OFICINA TÉCNICA DO PROXECTO SMARTiAGO EN APLICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O MINISTERIO DE ECONOMÍA INDUSTRIA E COMPETITIVIDADE

Más detalles

Guía docente Título superior de deseño

Guía docente Título superior de deseño Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa EEASSD DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Guía docente Título superior de deseño Especialidade: DESEÑO GRÁFICO Disciplina: DESEÑO

Más detalles

CURSO DE ADAPTACIÓN AO GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DE OURENSE

CURSO DE ADAPTACIÓN AO GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DE OURENSE CURSO DE ADAPTACIÓN AO Denominación: FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DE OURENSE Curso de Adaptación para a obtención do Grao de Educación Primaria (sen mención) para estudantes que teñan o título de Diplomado

Más detalles

CONSERVATORIO. PROFESIONAL DE MUSICA DE CARBALLO

CONSERVATORIO. PROFESIONAL DE MUSICA DE CARBALLO CONSERVATORIO. PROFESIONAL DE MUSICA DE CARBALLO PROGRAMACIÓN HISTORIA DA MÚSICA CURSO 2017-18 INTRODUCCIÓN: A historia da música débelle descubrir ao alumnado a existencia dun amplo espectro de estilos

Más detalles

PROGRAMA PARA A RECUPERACIÓN DA MATERIA PENDENTE DE CURSOS ANTERIORES

PROGRAMA PARA A RECUPERACIÓN DA MATERIA PENDENTE DE CURSOS ANTERIORES PROGRAMA PARA A RECUPERACIÓN DA MATERIA PENDENTE DE CURSOS ANTERIORES A continuación, exporemos a situación e tratamento dos alumnos con Lingua castelá e literatura pendente do curso anterior ou anteriores.

Más detalles

INTERVENCIÓN EDUCATIVA NA INFANCIA E NA XUVENTUDE ( )

INTERVENCIÓN EDUCATIVA NA INFANCIA E NA XUVENTUDE ( ) Curso académico 2009/2010 Materia INTERVENCIÓN EDUCATIVA NA INFANCIA E NA XUVENTUDE (652811508) Curso Ciclo Profesor/a responsable do programa Optativa 1º Héctor M. Pose Porto Carácter (Troncal, Obrigatoria,

Más detalles

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12061 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS UNIVERSIDADE DE VIGO RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2013 pola que se publica a normativa de permanencia e progreso do alumnado

Más detalles

Guía docente Título superior de deseño

Guía docente Título superior de deseño Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa EEASSD DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Modelo docente Título superior de deseño Especialidade: Gráfico Disciplina: Debuxo artístico

Más detalles

DISPOSICIÓNS NORMATIVAS

DISPOSICIÓNS NORMATIVAS DISPOSICIÓNS NORMATIVAS 1 ORDE ECD/1941/2016, de 22 de decembro, [BOE do 23 de decembro] pola que se desenvolven as características, o deseño e o contido da Avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade.

Más detalles

AVELLENTAMENTO ACTIVO

AVELLENTAMENTO ACTIVO CURSO AVELLENTAMENTO ACTIVO Ferramentas para a intervención socioeducativa 2ª edición Santiago de Compostela 15, 22, 29 de marzo, 5 de abril Organizado por: Impartido por: Avalado por: O proceso de avellentamento

Más detalles

Guía docente Título superior de deseño

Guía docente Título superior de deseño Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa EEASSD DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA docente Título superior de deseño Especialidade: deseño de interiores Disciplina: sistemas

Más detalles

CMUS Profesional de Viveiro

CMUS Profesional de Viveiro CMUS Profesional de Viveiro CONCELLO DE VIVEIRO PROBAS DE ACCESO HISTORIA DA MÚSICA ÍNDICE PROBAS DE ACCESO... 3 Proba de Acceso a 5º curso de Grao Profesional... 3 Proba de Acceso a 6º curso de Grao Profesional...

Más detalles

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (ANFACO-

Más detalles

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito de Dereito Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito Índice 1 Obxecto...

Más detalles

Cronograma de actividades de avaliación continua Curso º cuadrimestre

Cronograma de actividades de avaliación continua Curso º cuadrimestre Campus de Ourense Facultade de CC. Empresariais e Turismo Campus Universitario 32004 Ourense http://www.fcetou.uvigo.es Cronograma de actividades de avaliación continua Curso 2018 19 1º cuadrimestre Titulación:

Más detalles

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos. CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE O CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, PARA A ORGANIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE ESTUDANTES DOS GRAOS EN CIENCIA POLÍTICA E DA ADMINISTRACIÓN,

Más detalles

Prof. Dra. Marisa Castro Coordenadora P.U.M. - Vigo PROGRAMAS UNIVERSITARIOS PARA MAIORES

Prof. Dra. Marisa Castro Coordenadora P.U.M. - Vigo PROGRAMAS UNIVERSITARIOS PARA MAIORES Prof. Dra. Marisa Castro Coordenadora P.U.M. - Vigo PROGRAMAS UNIVERSITARIOS PARA MAIORES PROGRAMAS UNIVERSITARIOS PARA MAIORES Estimular a participación activa dos maiores na sociedade actual, así como

Más detalles