A continuación presentámoslle toda a información referente ó servizo de respiro familiar que levará a cabo FADEMGA FEAPS GALICIA ó longo do ano 2014.

Documentos relacionados
PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

Convocatoria ordinaria de 2012

RECOMENDACIÓNS XERAIS

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

REGULAMENTO PARA A DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER EN XESTIÓN DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E ARQUITECTÓNICO, MUSEOS E MERCADO DA ARTE

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

Información xeral Campamentos de Verán do Concello de Ames

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

ESCENARIO DE PRÁCTICAS Celebraranse as probas nas Pistas de Atletismo ao aire libre, de Elviña (A Coruña), e da Malata (Ferrol)

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Secretaría Xeral de Política Social 2014

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.

CMUS Profesional de Viveiro

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL DE CULTURA

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO

DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4670

ENTIDA D DE D S SEN ÁNIMO O DE D LU L C U R C O R 15/12/2015, A Coruña

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

Cuestionario de Convivencia Preguntas frecuentes

PROCESO PARTICIPATIVO PARA UN NOVO CONVENIO CTAG (PNC CTAG)

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comisión Galega de Bioética

(DOG do 2 de novembro de 2000) 91. Os horarios individuais de cada profesor forman parte do documento de organización do centro (DOC).

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Xestión da mobilidade

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

CENTRO SOCIAL DE OLEIROS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Atender los gastos de transporte público del curso 2016/2017 del siguiente alumnado:

Direccion Xeral de Comercio. Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia.

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

físicas ou xurídicas 2º.- Outra documentación acreditativa dos ingresos agrarios do solicitante. (So a petición do órgano xestor) Pago Verde

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA- PÁX.1

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

A través da presente convocatoria, a Concellaría de Educación proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx

BASES CONTRATACIÓN DE 1 OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE GRAO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

As características técnicas e ambientais de ditos produtos son as seguintes:

CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA AGROBIOTECH INNOVACIÓN

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS DA XUNTA DE GALICIA (RXC)

MODELO DE DECLARACIÓN SOBRE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE PRODUCIR INGRESOS ECONÓMICOS

Múltiplos e divisores. Múltiplos e divisores. Obxectivos. Antes de comezar

Boletín oficial. provincia de ourense

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

BUSCAR. MADURAR E AVALIAR IDEAS DE NEGOCIO

1.- Unha empresa presenta uns custos fixos de 800 unidades monetarias. Ademais os custos variables para cada nivel de produción son os seguintes:

Decreto 29/2000, do 20 de xaneiro, polo que se aproba o. regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica

III. COMUNIDADE AUTÓNOMA III. COMUNIDAD AUTÓNOMA Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

PUNTO GENERAL DE ENTRADA DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DE LA COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA

BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE BOLSAS DE MOBILIDADE PARA ESTUDANTES DE DOUTORAMENTO DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA O ANO 2014.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Os efectos da declaración do concurso

CONCELLO DE PORTOMARIN (LUGO)

Una empresa con vocación de servicio

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Campamentos de verano específicos para personas con discapacidad 2016

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS SERVIZO PROVINCIAL DE LUGO. Anuncio

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

BASES REGULADORAS PARA LA CONCESIÓN DE BECAS DE COMEDOR COLEGIOS PÚBLICOS DE EJEA DE LOS CABALLEROS

Prestacións por desemprego. Prestación por desemprego de nivel contributivo. Protección por desemprego XANEIRO GOBIERNO DE ESPAÑA

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

MODELO DE ORDENANZA TIPO MUNICIPAL REGULADORA DA XESTION DA BIOMASA E DISTANCIAS DAS PLANTACIONS DO CONCELLO DE.

CONVOCATORIA E BASES QUE REGULAN A SELECCIÓN DO PERSOAL PARA PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO E A ECONOMÍA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DA PROVINCIA DE

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

Créditos totais Créditos (**) 24(*)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

A Xunta de Goberno Local en sesión Ordinaria de 16 de maio de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

Transcripción:

ER-0021/2009

Santiago, 28 de xaneiro de SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR Estimado/a amigo/a: A continuación presentámoslle toda a información referente ó servizo de respiro familiar que levará a cabo ó longo do ano. 1. Programación do Servizo de Respiro Familiar (xustificación, obxectivos, persoas beneficiarias, modalidades do servizo)... páx. 02 2. Documentación necesaria para solicitar os servizos... páx. 04 3. Apoios puntuais individuais (información, custo e pasos a seguir para solicitar este servizo)... páx. 05 4. Estancias sen aloxamento... páx. 07 5. Estancias programadas en instalacións comunitarias (inclúe táboa de cotas e calendario das estancias programadas).. páx. 07 Cálculo de cotas... páx. 08 6. Estancias en residencia (inclúe información das residencias que ofertan prazas e táboas de custos das prazas)... páx. 10 7. Pasos a seguir para solicitar praza nas estancias en residencia, en instalacións comunitarias e estancias sen aloxamento... páx. 12 8. Baremación dos motivos da demanda... páx. 15 9. Aspectos importantes a ter en conta e novidades... páx. 16 10. Rexistros de Respiro... páx. 17 a. Certificado da entidade de non participar noutra subvención do 0,7 IRPF para persoas con discapacidade... páx. 18 b. Certificado da familia de non participar noutra subvención do 0,7 IRPF para persoas con discapacidade... páx. 19 c. Ficha de solicitude de apoios puntuais individuais... páx. 20 d. Ficha de solicitude de estancias en instalacións comunitarias, residencia e estancias sen aloxamento... páx. 21 e. Ficha de coñecemento persoal... páx. 22 f. Informe xustificativo da demanda.... páx. 25 g. Autorización do/a usuario/a... páx. 27 h. Autorización materna/paterna/tutelar... páx. 28 É importante que esta información chegue ás familias co fin de que podan beneficiarse do mesmo. Para calquera consulta ou dúbida que lle xurda, pode poñerse en contacto no teléfono 981 51 96 50 con calquera das seguintes persoas: - Ana Fraga (Responsable do Servizo de respiro familiar). - Moisés Lamigueiro (Coordinador do Programa de Apoio a Familiares). - Juan Bao (Responsable da Xestión dos Programas do IRPF). 1

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR 1. PROGRAMACIÓN SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR XUSTIFICACIÓN Sabemos que unha idónea contorna familiar da persoa con discapacidade intelectual é esencial para o desenvolvemento de actitudes e comportamentos positivos e normalizados. Unha contorna familiar estable facilita o complexo desenvolvemento madurativo da persoa con discapacidade intelectual. É por isto que o Servizo de Respiro Familiar cobra sentido, pois proporciona medios facilitadores para que as FAMILIAS poidan afrontar as situacións, moitas veces conflitivas e estresantes, que se derivan da convivencia cunha persoa con discapacidade intelectual, ofrecendo un espazo de tranquilidade e descanso aos pais, irmáns, e/ou titores para que carguen pilas, feito que repercutirá positivamente na evolución da persoa con discapacidade intelectual. Deste xeito levamos observando ano tras ano que o Servizo de Respiro Familiar é unha ferramenta fundamental no noso traballo coas Familias. OBXECTIVOS Favorecer a satisfactoria permanencia na contorna familiar natural da persoa con discapacidade intelectual, evitando a súa inclusión en programas menos normalizados e de maior custo económico e social. Prestar servizos de atención temporal a curto prazo á persoa con discapacidade intelectual, co fin de liberar aos pais e/ou titores e reducir a tensión familiar. Favorecer dinámicas familiares e de parella normalizadas (de relación, de lecer, etc.) que a atención intensiva ao membro con discapacidade intelectual dificulta. Evitar o desarraigamento e deterioro das familias que teñan unha persoa con discapacidade intelectual no seu seo. Previr situacións de crise persoal e/ou familiar. Aliviar as sobrecargas que soportan as familias con fillos con discapacidade intelectual máis acusada (necesidades de apoio extenso ou xeneralizado) ou con problemas de comportamento. Mellorar as condicións ambientais, familiares e sociais dos beneficiarios. Favorecer a promoción e integración no medio. Fomentar a solidariedade cidadá. PERSOAS BENEFICIARIAS Familias de persoas con discapacidade intelectual que non se atopen en réxime de residencia. 2

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR MODALIDADES DO SERVIZO DE RESPIRO APOIOS PUNTUAIS INDIVIDUAIS ESTANCIAS SEN ALOXAMENTO ESTANCIAS PROGRAMADAS EN INSTALACIÓNS COMUNITARIAS ESTANCIAS EN RESIDENCIA (entre 1 e 7 días) Con carácter EXCEPCIONAL (entre 7 e 14 días): só se concederán en casos de emerxencia (hospitalización ou enfermidade grave do/a coidador/a principal ou outro membro da unidade de convivencia) cunha duración máxima de 14 días. Aquelas familias cuns ingresos superiores ó 1,75 % do IPREM, terán que asumir o custo total da praza a partir do sétimo día. Esta modalidade de Respiro pódese pedir para os distintos lugares que aparecen na táboa (páx. 8), tendo en conta as características da entidade que oferta a praza. NOTA: ó longo do ano poderanse valorar outras opcións posibles, sempre e cando encaixen nas esixencias de normativa e xustificación impostas polos organismos subvencionadores. 3

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR 2. DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITAR O SERVIZO ESTANCIAS PROGRAMADAS EN INSTALACIÓNS COMUNITARIAS, ESTANCIAS EN RESIDENCIA E ESTANCIAS SEN ALOXAMENTO: 1ª vez que se solicita o servizo: - Ficha de solicitude (páx. 20). - Ficha de coñecemento persoal (apartados 1, 2 e 3). É moi importante que esta ficha reflicta axeitadamente as características dos usuarios. Debido a que en anos anteriores a información errónea nas necesidades de apoio dos participantes supuxo a necesidade de incorporar algún monitor a maiores unha vez iniciado o turno, no o custo deste novo monitor recaerá na entidade que envíe información errónea ou incompleta (páx. 21-23). - Informe xustificativo da demanda (páx. 24-25). - Informe médico coa prescrición da medicación ou apartado 2 da ficha de coñecemento persoal asinada por un médico. - Datos económicos do exercicio fiscal en curso: fotocopias da declaración da renda e/ou pensións da unidade familiar e do xustificante dos ingresos percibidos pola persoa con discapacidade. - Fotocopia do certificado de discapacidade. - Certificados de non participar noutra subvención do 0,7 (páx. 18-19). - Fotocopia do DNI e fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante no servizo. - Autorización do usuario/a ou paterna/materna/tutelar (no caso de menores ou persoas con incapacitación xudicial) (páx. 26 ou 27). - No caso de que a persoa participante no servizo esté incapacitada xudicialmente, será preciso enviar unha copia desta sentencia. Cada turno: - Ficha de solicitude. - Informe médico coa prescrición da medicación ou apartado 2 da ficha de coñecemento persoal asinada por un médico. - Informe xustificativo da demanda. - Autorización do usuario/a ou paterna/materna/tutelar (no caso de menores ou persoas con incapacitación xudicial). Cada vez que hai modificación nos datos: - Ficha de coñecemento persoal. - Fotocopia do DNI e fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante no servizo de respiro. - Fotocopia do certificado de discapacidade. - Datos económicos do exercicio fiscal en curso: fotocopias da declaración da renda e/ou pensións da unidade familiar e do xustificante dos ingresos percibidos pola PCDI. 4

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR APOIOS PUNTUAIS INDIVIDUAIS: - Ficha de solicitude (páx. 20) - Informe xustificativo da demanda (páx. 25-26). - Datos económicos do exercicio fiscal en curso: fotocopias da declaración da renda e/ou pensións da unidade familiar e do xustificante dos ingresos percibidos pola persoa con discapacidade. - Certificado de discapacidade (só na primeira solicitude) - Certificados de non participar noutra subvención do 0,7 da familia e da entidade (só na primeira solicitude) (páx. 18-19). IMPORTANTE: a novidade principal desta modalidade é que a persoa que prestará o servizo deberá contar cun contrato laboral, que será xestionado a través da Federación. 3. APOIOS PUNTUAIS INDIVIDUAIS INFORMACIÓN DO SERVIZO DE APOIOS PUNTUAIS INDIVIDUAIS: Esta modalidade do servizo consiste en apoios puntuais por períodos curtos (horas) para favorecer a conciliación da vida familiar, social e laboral. Estes apoios ofreceranse no propio domicilio ou, debido a emerxencias hospitalarias, en hospitais. Este servizo darase a través dunha persoa (coidador/a) durante un máximo de 60 horas anuais por familia. A familia poderá propoñer á persoa que realizaría o servizo, a cal non poderá ser en ningún caso familiar da persoa con discapacidade intelectual e deberá ter, como mínimo, o certificado de ESO ou equivalente. A Federación será a encargada de valorar á persoa proposta e, no caso de aprobación, procederá a xestionar o correspondente contrato de coidador/a. Poderase recorrer á carteira de monitores de respiro familiar coa que conta a Federación, para aqueles casos que sexan precisos. A familia pagará á Federación a parte correspondete do servizo en función IPREM familiar (ver páx. 8 para o cálculo), segundo o seguinte cadro: CUSTO DO SERVIZO DE APOIOS PUNTUAIS INDIVIDUAIS: IPREM APORTACIÓN FAMILIAR/HORA 0-1 3 > 1-1,25 4 > 1,25-1,50 5 > 1,50-1,75 6 > 1,75 2,00 7 > 2,00 8 COSTE DO SERVIZO: 10,24 /hora. (O coidador cobrará segundo convenio) 5

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR PASOS PARA SOLICITAR O SERVIZO DE APOIOS PUNTUAIS INDIVIDUAIS 1.- Cubrir a ficha de solicitude do servizo (páx. 20) indicando as datas e horas nas que se vai a realizar. Esta ficha deberá vir asinada nos lugares e polas persoas indicadas. 2.- Cubrir o informe xustificativo da demanda (páxs. 25-26) e asinalo onde se indique. 3.- Enviar á Federación estas follas xunto con: Certificado de discapacidade da persoa á que se vai a atender (só na primeira solicitude que se realice no correspondente ano). Certificados de non participar noutra subvención do 0,7 (só na primeira solicitude). (Páx.18 e 19). Xustificantes dos datos económicos percibidos pola unidade familiar no ano fiscal en curso: declaración da renda se a houbese ou, senón, xustificante de Facenda e/ou da Seguridade Social dos ingresos percibidos, así como certificado das prestacións percibidas pola persoa con discapacidade. Unha vez confirmado o servizo, a familia beneficiaria deberá realizar o ingreso da cota correspondente no nº de conta 2080 0300 89 3040126857, achegando vía e-mail ou fax o xustificante de pago. No caso de cancelación non xustificada do servizo deberá asumir o custo total das horas non realizadas. ESTA DOCUMENTACIÓN DEBERÁ CHEGAR A FADEMGA CUN MÍNIMO DE 10 DÍAS DE ANTELACIÓN Ó COMENZO DO SERVIZO. 6

4. ESTANCIAS SEN ALOXAMENTO SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR Este servizo ofrécese exclusivamente coa finalidade de facilitar ás familias a súa participación na Xornada de familias ou outros eventos organizados dende a Federación. A realización deste servizo será informada ás entidades na convocatoria da actividade. Para solicitalo haberá que presentar a documentación indicada para esta modalidade, que é a mesma que para as estancias programadas en instalacións comunitarias e en residencia. A cota de participación deste servizo establecerase na convocatoria da Xornada de Familias ou actividade correspondente. 5. ESTANCIAS PROGRAMADAS EN INSTALACIÓNS COMUNITARIAS As estancias grupais en instalacións comunitarias terán unha duración de entre 3 e 5 días. Dado que as prazas en cada unha das estancias programadas son limitadas, á hora de adxudicar as mesmas teranse en conta as circunstancias económicas, persoais e familiares do solicitante. A baremación destes criterios vén especificada na páxina 13. Neste ano, antes de aplicar a baremación, terase en conta que a familia solicitante non disfrutara de ningunha estancia ó longo do ano, é dicir, priorizarase a primeira solicitude de cada familia. Cada familia terá dereito inicialmente a un máximo de 20 días nas modalidades de estancias en residencia e/ou en instalacións comunitarias. Poderán admitirse solicitudes daquelas familias que superen os 20 días iniciais, e conceder ata un máximo de 30 días, naquelas estancias en instalacións comunitarias das que non se cubran as prazas totais ofertadas. Terán prioridade, e por tanto tamén dereito a un máximo de 30 días por familia, aqueles casos nos que o usuario manifeste graves problemas de conduta que xeren disfunción a nivel familiar (ata 40 días se non se cobren as prazas ofertadas nas estancias programadas en instalacións comunitarias). 7

TÁBOA DE COTAS DO SERVIZO DE ESTANCIAS PROGRAMADAS SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR Para o cálculo das cotas do servizo de respiro familiar, a partir de agora teranse en conta o IPREM e o número de membros da unidade familiar en lugar da renda per cápita utilizada ata este ano. O procedemento é o seguinte: 1. Os rendementos netos anuais da unidade familiar divídense entre os 12 meses. 2. A cantidade resultante divídese, segundo o número de membros da unidade familiar, entre os coeficientes sinalados na seguinte táboa. Nº de membros da unidade familiar Suma de coeficientes segundo o nº de membros 1 2 3 4 5 6 7 8 1 1.9 2.7 3.4 4 4.5 5 5.5 3. Unha vez obtida esta cantidade, divídese polo IPREM do (igual a 532.51 mensuais), o que nos da unha porcentaxe. 4. En función da porcentaxe obtida, na táboa de abaixo pódense ver as cotas correspondentes ós menores de 18 anos e ós maiores de 18 anos. TRAMOS COEF. TOTAL COTA SERVIZO / DÍA IPREM COTA/DÍA GTOS. APORTACIÓN FAMILIAR IPREM = 532.51 /MES MENORES 18 ANOS MAIORES 18 ANOS ACTIV. +XESTIÓN MENORES 18 ANOS MAIORES 18 ANOS 0-1 7 11 10 17 21 > 1-1,25 9 13 11 20 24 > 1,25-1,50 14 18 12 26 30 > 1,50-1,75 18 22 13 31 35 > 1,75-2,00 23 27 14 37 41 > 2,00-2,50 28 33 15 43 47 > 2,50 31 35 16 47 52 COSTE DO SERVIZO: 185 /DÍA ( O custo total sinalado é unha media do custo real do servizo, posto que, dependendo da súa ubicación, este varía.) 8

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR CALENDARIO DAS ESTANCIAS PROGRAMADAS EN INSTALACIÓNS COMUNITARIAS MES LOCALIZACIÓN DATA DE ENTRADA HORA DE ENTRADA DATA DE SALÍDA HORA DE SAÍDA Nº TOTAL DE DÍAS Nº DE PRAZAS FEBREIRO - MARZO ALVARELLA 28 de febreiro 18:00 horas 04 de marzo 17:00 horas 4 días 10 ABRIL 16 de abril 18:00 horas 20 de abril 17:00 horas 4 días 10 ABRIL - MAIO 30 de abril 18:00 horas 4 de maio 17:00 horas 4 días 10 XULLO 9 de xullo 11:00 horas 13 de xullo 17:00 horas 5 días 10 XULLO 14 de xullo 11:00 horas 18 de xullo 17:00 horas 5 días 10 XULLO 23 de xullo 11:00 horas 27 de xullo 17:00 horas 5 días 10 XULLO - AGOSTO 30 de xullo 11:00 horas 03 de agosto 17:00 horas 5 días 10 AGOSTO 6 de agosto 11:00 horas 10 de agosto 17:00 horas 5 días 10 AGOSTO 13 de agosto 11:00 horas 17 de agosto 17:00 horas 5 días 10 AGOSTO 20 de agosto 11:00 horas 24 de agosto 17:00 horas 5 días 10 AGOSTO 25 de agosto 11:00 horas 29 de agosto 17:00 horas 5 días 10 OUTUBRO 09 de outubro 18:00 horas 12 de outubro 17:00 horas 3 días 5 OUTUBRO - NOVEMBRO 30 de outubro 18:00 horas 2 de novembro 17:00 horas 3 días 5 DECEMBRO 5 de decembro 18:00 horas 8 de decembro 17:00 horas 3 días 10 A programación poderá sufrir algunha variación, engadindo ou suprimindo algunha estancia programada, en función da demanda recibida ó longo do ano e do orzamento dispoñible para este servizo. En calquera caso notificaranse as modificacións pertinentes con antelación suficiente. 9

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR 5. ESTANCIAS EN RESIDENCIA O servizo de respiro familiar en residencia ofrece unha estancia de duración variable (entre dous e sete días), excepto en casos de emerxencia nos que se podería ampliar ata catorce días. As residencias que ofertan prazas para a realización deste servizo, así como as características das mesmas, son as seguintes: TIPOS DE PERIODO ASOCIACIÓN IDADE SEXO APOIO DISPOÑIBLE ASPNAIS LIMITADOS > 18 MIXTO FINS DE SEMÁN (excepto períodos vacacionais) RICARDO BARÓ XENERALIZADO Todas MIXTO TODO O ANO DE LUNS A VENRES (excepto períodos ASDEME LIMTADOS > 18 MIXTO vacacionais) NOTA: No caso de que algunha entidade se incorpore ó longo do ano, será notificado con antelación suficiente. CUSTO DA PRAZA DO SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR EN RESIDENCIA PARA PERSOAS QUE NECESITAN MENOS APOIOS (ASPNAIS, LAMASTELLE, APADER, ASDEME, ASPANAS): TRAMOS COEF. IPREM IPREM = 532.51 /MES APORT. FAMILIAR / DÍA MENORES MAIORES 18 ANOS 18 ANOS APORT. PROGRAMA/DÍA MENORES MAIORES 18 ANOS 18 ANOS TOTAL CUSTO PRAZA/DÍA 0-1 14 18 42 38 56 1-1,25 18 22 38 34 56 1,25-1,5 22 26 34 30 56 1,50-1,75 28 32 28 24 56 1,75-2,00 34 38 22 18 56 2,00-2,50 40 44 16 12 56 MÁS DE 2,5 46 50 10 6 56 (Ver páxina 6 para o cálculo dos tramos correspondentes) 10

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR CUSTO DA PRAZA DO SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR EN RESIDENCIA PARA PERSOAS QUE NECESITAN MÁIS APOIOS (RICARDO BARÓ): TRAMOS COEF. IPREM IPREM = 532.51 /MES APORT. FAMILIAR / DÍA MENORES MAIORES 18 ANOS 18 ANOS APORT. PROGRAMA/DÍA MENORES MAIORES 18 ANOS 18 ANOS TOTAL CUSTO PRAZA/DÍA 0-1 14 18 68 64 82 1-1,25 18 22 64 60 82 1,25-1,5 22 26 60 56 82 1,50-1,75 28 32 54 50 82 1,75-2,00 34 38 48 44 82 2,00-2,50 40 44 42 38 82 MÁS DE 2,5 46 50 36 32 82 (Ver páxina 6 para o cálculo dos tramos correspondentes) *En todos os casos a aportación familiar deberase realizar no nº de conta de FADEMGA 2080 0300 89 3040126857 debendo achegar vía e-mail ou fax o xustificante de pago. As anteriores táboas seguiranse sempre, salvo en casos excepcionais: PERSOAS QUE SOLICITEN RESPIRO NO CENTRO DO QUE SON USUARIOS/AS: Neste suposto, o custo da praza establecerase segundo as táboas anteriores cando os días que solicita non se cubran coa cota mensual que paga como usuario/a (p.ex. fins de semana, festivos, vacacións,...). No caso de coincidir as datas con días nos que a persoa ten aboada a súa cota (normalmente días de semana), o custo da praza establecerase en base aos seguintes criterios: PERSOAS QUE NECESITEN MENOS APOIOS: - Aportación Familiar = 7 /día - Aportación Programa = 7 /día - TOTAL = 14 /día PERSOAS QUE NECESITEN MÁIS APOIOS: - Aportación Familiar = 13 /día - Aportación Programa = 14 /día - TOTAL = 27 /día CUSTO DA PRAZA DO SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR EN ESTANCIAS LONGAS: Neste caso os 7 primeiros días cubriranse seguindo o criterio de Estancia Curta e a partir de 8º día (este incluído) e ata o 14º (este incluído) a familia deberá abonar o 50% do CUSTO TOTAL da praza e o Programa cubrirá o 50% restante nos casos en que a renda familiar non supere os 850 euros mensuais. A partir do día 15º en todos os casos, e do 8º cando a renda sexa de máis de 850 euros, a familia terá que facerse cargo do CUSTO TOTAL da praza. IMPORTANTE: COMO SE INDICABA ANTERIORMENTE, A DIFERENCIA DE OUTROS ANOS, A APORTACIÓN ECONÓMICA CORRESPONDENTE Á FAMILIA DEBERÁ INGRESARSE NA CONTA DE FADEMGA E NON NA ASOCIACIÓN NA QUE SE VAI A RECIBIR O SERVIZO. 11

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR 7. PASOS PARA SOLICITAR PRAZA (ESTANCIAS EN RESIDENCIA / ESTANCIAS PROGRAMADAS EN INSTALACIÓNS COMUNITARIAS / ESTANCIAS SEN ALOXAMENTO) A - PERSOAS QUE PARTICIPAN NO SERVIZO POR PRIMEIRA VEZ - Cubrir a ficha de solicitude do servizo (páx. 20). - Cumprimentar adecuadamente a ficha de coñecemento persoal (páxs. 21-23). - Informe médico no que conste a medicación e as doses prescritas ao usuario (NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA SOLICITUDE SEN ESTA PRESCRICIÓN). - Cubrir o informe xustificativo da demanda (páxs. 24-25). - Autorización do usuario/a ou paterna/materna/tutelar no caso de incapacitados e/ou menores (páx. 26-27). Enviaranse á Federación estas follas asinadas nos lugares e polas persoas indicadas xunto con: - Certificados de non participar noutra subvención do 0,7 (páx. 18-19). - Certificado de discapacidade da persoa á que se vai a atender e na que conste o tipo e a porcentaxe de dita discapacidade. - Fotocopia do DNI e fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante no servizo. - Xustificantes dos datos económicos percibidos pola unidade familiar: declaración da renda, se a houbese ou, senón, xustificante de Facenda e/ou da Seguridade Social dos ingresos percibidos, así como certificado das prestacións percibidas pola persoa con discapacidade. Os datos económicos enviaranse en cada exercicio fiscal. - No caso de que a persoa participante no servizo estea incapacitada xudicialmente, será preciso enviar unha copia da sentenza. B - PERSOAS QUE XA PARTICIPARON ANTERIORMENTE NAS ESTANCIAS EN RESIDENCIA OU EN INSTALACIÓNS COMUNITARIAS Deberán enviar á FEDERACIÓN debidamente cumprimentados: - Ficha de solicitude do servizo. - Apartados 1 e 2 da Ficha de coñecemento persoal actualizados e asinados por un facultativo ou informe médico. - Informe xustificativo da demanda. - Autorización do usuario/a ou paterna/materna/tutelar no caso de incapacitados e/ou menores. C CADA VEZ QUE SE DEN MODIFICACIÓNS - Ficha de coñecemento persoal. - Fotocopia do DNI e fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante no servizo. - Fotocopia do certificado de discapacidade. - Datos económicos do exercicio fiscal en curso: fotocopias da declaración da renda se a houbese ou, senón, xustificante de Facenda e/ou da Seguridade Social dos ingresos percibidos e do xustificante dos ingresos percibidos pola persoa con discapacidade. PRAZOS: Toda esta documentación deberá chegar a Fademga cun mínimo de 15 días de antelación á data da realización da estancia en instalacións comunitarias solicitada e de 10 días para a estancias en residencia. Para as estancias en instalacións comunitarias programadas do verán, deberán presentar as solicitudes antes do 31 de maio (reservaranse 4 prazas por estancia para aquelas que presenten a solicitude máis tarde, pero sempre cun mínimo de 15 días). A finalidade destes prazos é poder confirmarlle ás familias con suficiente antelación. 12

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR IMPORTANTE Os datos económicos deberán enviarse en cada exercicio fiscal. Para solicitar as estancias posteriores ó mes de xullo só se admitirá a declaración da renda do 2013 salvo casos excepcionais que podan xurdir e que se analizarían dende a Federación. Nesta xustificación económica só será necesario incluír: Páxina na que consten os datos do/a declarante e se a declaración é conxunta ou non. Páxinas na que aparecen os rendementos netos. No caso de que a familia non teña que facer declaración da renda, deberase achegar un xustificante de Facenda no que consten os ingresos recibidos durante o ano correspondente. No caso de que algún membro da familia perciba prestacións dependentes da Seguridade Social, deberá enviar unha copia na que conste a contía da pensión percibida. En aqueles casos en que os pais do usuario estén separados legalmente, haberá que incluír unha copia da parte da sentenza xudicial na que se especifiquen as prestacións alimenticias percibidas polos membros da unidade familiar que conviven co solicitante do servizo. Así mesmo, deberase achegar un xustificante de Facenda e/ou da Seguridade Social cos ingresos percibidos pola persoa con discapacidade (pensión de orfandade, non contributiva...). Haberá que enviar unha solicitude para cada estancia programada. No caso de que nunha solicitude se pidan varias quendas, só se terá en conta a primeira solicitada. Non se admitirá ningunha solicitude enviada posteriormente á data límite ou que non inclúa a documentación necesaria. En casos de urxencia, a solicitude terá que ser presentada en canto se teña coñecemento da mesma para poder atendela. Cando a solicitude se realice para os casos de urxencia nunha residencia, haberá que enviar igualmente a documentación a FADEMGA, excepto os datos económicos que poderán presentarse ata 10 días despois do inicio da estancia. No caso de non entregar os xustificantes de renda necesarios neste prazo, a familia deberá asumir a cota máis alta. No caso de baixa dalgún dos participantes, esta deberá comunicarse por escrito ata 10 días antes da estancia programada. Noutro caso a familia terá que asumir igualmente o custo da praza, a non ser que sexa por forza maior (enfermidade debidamente xustificada ou outros motivos valorados como tal polo equipo técnico da Federación). O incumprimento disto suporá a non concesión de praza en posteriores solicitudes. No momento da confirmación da praza, e cun mínimo de dous días de antelación ao comezo do turno, a familia realizará o ingreso, especificando as datas da ESTANCIA e NOME DO/A USUARIO/A, e enviara unha copia do xustificante bancario. O ingreso farase no seguinte nº de conta de NOVAGALICIA BANCO: 2080 0300 89 3040126857. 13

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR Vía Pasteur, 53-A. Polígono do Tambre 15.890. Santiago de Compostela. Tlf: 981.51.96.50. Fax: 981.51.96.51 e-mail: fademga@fademga.org www.fademga.org CRITERIOS DE BAREMACIÓN Código: SRF1-D-1 Edición: 1 Data: 30/06/2008 Páxina: 1 de 1 Para a participación nas estancias en instalacións comunitarias, deberán facerse dous ingresos separados: - Cota do servizo: a correspondente segundo as táboas da páxina 6. - Cota de actividades: a correspondente segundo as táboas da páxina 6. Ditos pagos non se reintegrarán no caso de que non se preste o servizo por motivos externos á Federación ou á entidade que preste o servizo (renuncia da familia, etc.). 14

6. BAREMACIÓN DOS MOTIVOS DA DEMANDA SERVICIO RESPIRO FAMILIAR (Criterios á hora de valorar as solicitudes no caso de haber excesiva demanda) SITUACIÓN SOCIO-FAMILIAR ORFO FAMILIA MONOPARENTAL CUIDADOR/A PRINCIPAL MAIOR DE 60 ANOS CUIDADADOR/A PRINCIPAL MENOR DE 60 ANOS 5 PUNTOS 4 PUNTOS 3 PUNTOS 2 PUNTOS XUSTIFICACIÓN DA SOLICITUDE EMERXENCIA (HOSPITALIZACIÓN, ENFERMIDADE, ETC.) ESTRÉS FAMILIAR. DISTORSIÓN DA DINÁMICA FAMILIAR AILLAMIENTO SOCIAL OUTROS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR CON PROBLEMÁTICA PROBLEMAS DE RELACIÓN COA PERSOA CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL ACONTECEMENTO SOCIAL (VODA, CEAS, ETC.) TEMPO LIBRE PARA A FAMILIA 7 PUNTOS 6 PUNTOS 5 PUNTOS 4 PUNTOS 3 PUNTOS 2 PUNTOS 1 PUNTO SITUACIÓN ECONÓMICA / PORCENTAXE DO IMPREM 0 1 IPREM 7 PUNTOS >1 1.25 IPREM 6 PUNTOS >1.25 1.5 IPREM 5 PUNTOS >1.5 1.75 IPREM 4 PUNTOS >1.75 2 IPREM 3 PUNTOS >2 2.5 IPREM 2 PUNTOS >2.5 IPREM 1 PUNTO CARACTERÍSTICAS DA PERSOA CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL GRAVES PROBLEMAS DE CONDUCTA PERSOAS CON MAIORES NECESIDADES DE APOIO 4 PUNTOS 3 PUNTOS GRAO DE MINUSVALÍA > 90% 5 PUNTOS >75% - 90% 4 PUNTOS >65% - 75% 3 PUNTOS 65% 2 PUNTOS 15

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR 7. ASPECTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA E NOVIDADES: Na modalidade de estancias en instalacións comunitarias, poderá ampliarse o nº máximo de días concedidos en función da existencia de prazas vacantes: ver páx. 5. En todas as modalidades do servizo, o ingreso da cota familiar deberá realizarse integramente no nº de conta de. Para as estancias programadas en instalacións comunitarias, deberá ingresarse ademais a cantidade correspondente en concepto de cota de actividades e xestión. Na modalidade de Servizo de Apoios puntuais individuais, a Federación será a encargada de xestionar o contrato laboral á/ó coidador/a que vaia a prestar o servizo. A familia poderá propoñer á persoa que realice o servizo facilitando os seus datos. O cálculo das cotas correspondentes ás familias é diferente a outros anos, tense en conta o número de membros da unidade familiar e o IPREM: ver páx. 6. É imprescindible o envío da ficha médica (ou documento similar) asinada por un médico xunto con cada solicitude. Non se lle dará aos usuarios ningún medicamento que non veña recollido nela. Debe xustificarse o motivo da demanda, pola contra valorarase con 1 só punto. Os datos económicos deberán vir debidamente xustificados. É preciso asinar todas as follas nas que así se indique. Autorizacións: comprobe as sinaturas necesarias. 16

8. REXISTROS DO SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR: SERVICIO RESPIRO FAMILIAR 17