Facultade de Fisioterapia REGULAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

Documentos relacionados
TRABAJO FIN DE GRADO (TFG)

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

TRABAJO FIN DE GRADO (TFG)

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

REGLAMENTO SOBRE LOS TRABAJOS DE FIN DE GRADO Y FIN DE MÁSTER DE LA FACULTAD DE CIENCIAS ECONÓMICAS Y EMPRESARIALES DE LA UNIVERSIDAD DE ALICANTE

NORMATIVA MASTER INGENIERIA TÉRMICA PARA LA REALIZACIÓN DEL TRABAJO FIN DE MASTER APROBADA EN LA COMISIÓN ACADÉMICA ( )

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

REGLAMENTO PARA LA ELABORACIÓN Y DEFENSA DE LOS TRABAJOS DE FIN DE GRADO

GUÍA DEL TFG (PROCEDIMIENTO)

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

(Aprobado en Junta de centro el día 2 de Mayo de 2012).

GUÍA DOCENTE 2016/2017. Trabajo fin de Grado Grado en ENFERMERÍA 4º curso. Modalidad presencial

Normativa del Trabajo de Fin de Grado (TFG)

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

1. La suspensión de las aulas durante el periodo de exámenes.

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

UNIVERSIDAD CATÓLICA SANTA MARÍA LA ANTIGUA Reglamento de Práctica Profesional Supervisada

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Alegaciones al Informe Provisional de Seguimiento del Master Universitario en Estudios Medievales Europeos. Imágenes, textos y contextos.

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

PROCEDIMIENTO CLAVE PARA EL EVALUACIÓN DE LOS ESTUDIANTES DE LA FACULTAD DE CIENCIAS DE LA ACTIVIDAD FÍSICA Y EL DEPORTE DE LA ULPGC

PROGRAMA DOCENTE ESCOLA SUPERIOR DE ENXEÑERÍA INFORMÁTICA DEPARTAMENTO DE INFORMÁTICA TITULACIÓN: INGENIERÍA TÉCNICA EN INFORMÁTICA DE GESTIÓN

INFORME DE LA ENCUESTA REALIZADA A TODO EL PERSONAL DE LA FACULTAD DE QUÍMICA CON LOS CURSOS DE FORMACIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

d. Los que ya fuesen declarados equivalentes por otra Universidad española.

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Acta da Comisión Permanente celebrada o 18 de novembro de 2011

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

NORMATIVA PARA EL DESARROLLO DEL TRABAJO DE FIN DE GRADO EN QUIMICA

Os efectos da declaración do concurso

Diagnóstico del Estado de Conservación del Patrimonio Histórico

PROCESO DE DEFINICIÓN DEL PERFIL DE INGRESO Y CAPTACIÓN DE ESTUDIANTES

PROTOCOLO DE EVALUACIÓN PARA LA VERIFICACIÓN Y MODIFICACIÓN DE TÍTULOS OFICIALES DEL SISTEMA UNIVERSITARIO DE CASTILLA Y LEÓN (Ed.

MODELO DE CONVOCATORIA DE CONTRATACIÓN

APLICACIONES INFORMÁTICAS PARA FINANZAS Y CONTABILIDAD

F02-PE01-REGLAMENTO DE LA COMISIÓN DE GARANTÍA DE LA CALIDAD ESCUELA UNIVERSITARIA DE ESTUDIOS EMPRESARIALES

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CURSO DE MEDIACIÓN FAMILIAR, E INTRODUCIÓN Á MEDIACIÓN PENAL E PENITENCIARIA

Cada Departamento ha designado uno o varios responsables de su programa de Doctorado

Sistema de Garantía Interna de Calidad de los programas de doctorado de la UAM

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

NORMATIVA TRABAJOS FIN DE MÁSTER (TFM) MÁSTER UNIVERSITARIO EN GESTIÓN DE INSTALACIONES ENERGÉTICAS E INTERNACIONALIZACIÓN DE PROYECTOS

INFORME ANUAL de SEGUIMENTO. MASTER EN MEDIO AMBIENTE E RECURSOS NATURAIS Curso Académico:

PAU XUÑO 2015 DEBUXO ARTÍSTICO II

PLAN DE ACTUACIONES DE LA INSPECCIÓN DE SERVICIOS DE LA UNIVERSIDAD DE MÁLAGA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

Establecimiento de la Imagen Corporativa de una Floristería (Online)

Estructura del Trabajo Fin de Máster

"#$%& Normativa General

IMPRESO SOLICITUD PARA VERIFICACIÓN DE TÍTULOS OFICIALES 1. DATOS DE LA UNIVERSIDAD, CENTRO Y TÍTULO QUE PRESENTA LA SOLICITUD

Estudios de doctorado en España: la cotutela de tesis doctorales

ACTA Nº 2 DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CONCELLO DE MUROS.

PROCEDIMIENTO PARA EL RECONOCIMIENTO DE CRÉDITOS POR EXPERIENCIA LABORAL Y PROFESIONAL.

Boletín oficial. provincia de ourense

CALENDARIO ACADMICO DO CURSO (Aprobado no C.G. do 7 de maio de 2015)

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Normativa sobre la lectura de la tesis doctoral y la constitución del tribunal de tesis

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN DE LAS COMUNIDADES DE APRENDIZAJE PROFESIONAL (CAP) DEL INSTITUTO CANARIO DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

BECAS IBEROAMÉRICA. SANTANDER INVESTIGACIÓN

Programa docente de. Generadores y Motores Térmicos I

FACULTAD DE HUMANIDADES

PROGRAMA BECAS IBEROAMÉRICA. ESTUDIANTES DE GRADO. SANTANDER UNIVERSIDADES

1. Oferta y adjudicación de Proyectos Fin de Carrera por las Áreas o Departamentos Universitarios

Universidad Europea del Atlántico Página 1 de 7

Una empresa con vocación de servicio

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CURSO EN MANTENIMIENTO DE INSTALACIONES CON RIESGO DE LEGIONELA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

INFORME DE EVALUACIÓN PROPUESTAS OFICIALES DE POSGRADOS DE MASTER DE LAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS CANARIAS

1.2. Carácter esencial ou estratéxico: resposta a necesidades prácticas e científicas do SUG

1. OBJETIVO El presente procedimiento tiene como objetivo normar el desarrollo del internado de los alumnos de la carrera de psicología

REGLAMENTO DE EVALUACIÓN COMPENSATORIA PARA EL GRADO EN TURISMO DE LA EUTL

GRAO EN RRLL E RHH TRABALLOS FIN DE GRAO (TFG) Relación de traballos e prazo de solicitude para a súa asignación ao alumnado Curso 2013/14

Facultad de Ciencias del Trabajo. Sede Campus de Jerez

TÍTULO XIV: CALIFICACIONES, ACTAS Y CERTIFICADOS

GUÍA DOCENTE CONTRATACIÓN PÚBLICA

Núm. 94. Boletín Oficial de Aragón

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 10

Becas de Movilidad Virtual Internacional UNED CAMPUS NET. Convocatoria

INFORME DE SEGUIMIENTO DEL TÍTULO

Normativa Transferencia y Reconocimiento de créditos Centro Universitario EDEM

I. Comunidad Autónoma

Reglamento para la realización del Trabajo Fin de Grado (TFG) Grado en Comunicación Audiovisual

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

Departamento de Antropología Social

REQUISITOS Y PRUEBAS CUIDADOR

Transcripción:

REGULAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO O Real decreto 1393/2007, que establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, dispón no artigo 12 que estes concluirán coa elaboración e defensa dun Traballo de Fin de Grao (TFG) que deberá realizarse na fase final do plan de estudos e estar orientado á avaliación das competencias asociadas ao título. A memoria do Título de Grao en Fisioterapia inclúe a elaboración e exposición do TFG e asínalle unha carga lectiva de 9 ECTS a realizar no octavo semestre. Co fin de acadar unha carga de traballo semellante en todos e cada un dos TFG que realizará o alumnado, tendo en conta que van ser titorizados por diversos/as profesores/as e que haberá varios tribunais xulgadores, é conveniente establecer unha normativa para a elaboración dos devanditos traballos e para a valoración dos mesmos. Baseándose no antedito e no regulamento para o desenvolvemento dos TFG das titulacións oficiais aprobadas en Consello de Goberno con data catorce de novembro de dous mil once, a de Fisioterapia elabora o seguinte regulamento: Artigo 1. Obxecto. 1. O presente regulamento ten por obxecto regular a definición, titoría académica, procedemento de elaboración, presentación publica, avaliación e revisión do TFG. 2. A aplicación e interpretación do presente regulamento corresponderalle á Xunta de Centro. Artigo 2. Definición 1. O TFG forma parte do plan de estudos do grao en Fisioterapia cunha carga lectiva de 9 créditos, debendo ser un traballo orixinal, realizado de xeito persoal e autónomo polo alumnado, baixo titorización docente, e debe permitir amosar de xeito integrado a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título. 2. O TFG deberá contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades: a. Capacidade para definir a metodoloxía dun proxecto e formular un plan de traballo relacionado con algún ámbito de coñecemento do grao. b. Capacidade para realizar o traballo proxectado. c. Capacidade para presentar e defender o TFG.

3. O TFG incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación. 4. A titularidade dos dereitos da propiedade intelectual corresponderá ao/á estudante que o elaborou. Esta titularidade pode compartirse coa persoa titora. 5. O TFG terá a súa guía docente, axeitada á normativa correspondente. 6. A avaliación do TFG será responsabilidade dun tribunal. Artigo 3. Matrícula. Para poder realizar a matrícula no TFG será requisito imprescindible ter realizada a matrícula en todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos. Artigo 4. Coordinación. A Xunta de Centro nomeará un coordinador do TFG coas seguintes funcións: - Establecer un calendario que constará de: Datas para que os/as alumnos/as soliciten titores/as. Datas de entrega por parte dos/das profesores/as titores/as da relación de alumnos/as titorizados/as. Datas de entrega por parte dos/das titores/as dos traballos dos/das alumnos/as. - Repartir os traballos entre os tribunais, entregando as tres copias ao/á presidente/a do tribunal, tendo en conta que ningún tribunal xulgará ningún traballo que titorizara algún dos seus membros. Entregar outra copia ó decanato. - Fixar a data de entrega, por parte do alumado, do certificado do expediente académico previo á presentación do TFG. - Ser o referente para o alumnado, e a conexión co decanato para resolver calquera incidencia. - Remitir unha relación dos/das profesores/as titores e dos/das alumnos/as que titorizaron ao decanato, de cara a telo en conta na desgravación docente do curso académico seguinte.

Artigo 5. Titor/a académico/a. Os TFG realizaranse baixo a dirección e supervisión dunha persoa que actuará como titor/a académico/a do TFG. É misión da persoa titora supervisar e orientar ao/á estudante na temática, metodoloxía, elaboración, presentación e calquera outro aspecto académico, así como facilitar a súa xestión, actuando como dinamizadora e facilitadora de todo o proceso ata a presentación e defensa do TFG. Poderá actuar como profesor/a titor/a calquera profesor/a que imparta docencia na titulación. O/A coordinador/a do TFG será o/a responsable da substitución da persoa titora, temporal ou permanentemente, cando se dean casos de baixa prolongada ou se produza a finalización da súa vinculación coa Universidade de Vigo, podendo, neste caso, a Xunta de Centro decidir o réxime de cotitoría. A titorización do TFG forma parte das obrigas docentes do profesorado, e, como tal, ter o recoñecemento segundo o estableza a Universidade de Vigo. Artigo 6. Asignación da persoa titora e temática. 1. Para garantir que todo o estudantado matriculado no TFG teña a titorización correspondente aceptando, na medida do posible, a preferencia dos/as estudantes e persoas titoras, establécese que: a. Os/as titores/as determinaran o número de alumnos/as máximo que desexan titorizar cada curso académico. Así mesmo, cada titor/a poderá establecer criterios e normas específicas para a aceptación dos alumnos/as, como por exemplo establecemento de datas de entregas parciais ou determinacións de temas específicos sobre os que desenvolverá o TFG. Os/as alumnos/as serán informados do anterior. b. Os/as alumnos/as solicitarán titores/as a principio do sétimo semestre. Estableceranse dous prazos para a solicitude dos/as titores/as. - Primeiro prazo: Establecerase un prazo comprendido entre dúas datas, onde o alumno/a poderá solicitar a titorización do titor/a a través da plataforma faitic. Cada alumno/a so poderá solicitar a titorización de un/unha profesor/a.unha vez rematado o primeiro prazo de solicitudes, cada titor/a deberá comprobar cantas solicitudes recibiu e aceptará os alumnos/as que desexe titorizar, informando desta elección ao coordinador da materia. A elección dos alumnos/as a titorizar farase a criterio de cada profesor/a. No caso de que o número de solicitudes de alumnos/as para titorizar supere o número máximo que o profesor/a desexe/poda titorizar, quedaran alumnos/as sin titor/a os cales deberán solicitar un novo titor/a no segundo prazo.

- Segundo prazo: Os titores/as con prazas libres para titorizar poderán volver a ser solicitados/as como titores/as neste segundo prazo establecido entre dúas datas. O procedemento será igual que no primeiro prazo, de forma que unha vez recibidas as solicitudes os profesores/as titores/as aceptarán os/as alumnos/as a titorizar. c. Tras os dous prazos de solicitude, se un/unha estudante non ten titor/a, o/a coordinador/a lle asignará un/unha titor/a entre os profesores titores/as voluntarios de TFG e no caso de non ser suficientes para o número de alumnos/as matriculados na materia de TFG sortearase a titoración entre o resto dos profesores/as da titulación. d. Os/As estudantes acordarán co/coa titor/a o tema do seu TFG, tendo en conta os temas dos TFG realizados en cursos anteriores aos que pode accederse a través da páxina web da da Universidade de Vigo. Os temas escollidos polo alumnado/a no curso académico actual serán publicados en faitic. No caso de realizarse un cambio no tema do TFG no transcurso da súa elaboración, este deberá comunicarse ao/á coordinador/a. e. A adxudicación dun tema para o TFG e dunha persoa titora terá unha validez máxima de dous anos. Unha vez transcorridos estes, o/a estudante terá que volver a realizar un novo proceso de solicitude. f. O/A estudante poderá solicitar cambio na titorización do seu TFG, do mesmo xeito que o titor poderá solicitar cambio de estudante; debendo facelo mediante solicitude razoada ao/á coordinador/a. Artigo 7. Presentación e defensa. O TFG será presentado e defendido, coa autorización do/a titor/a e tras ter un informe favorable na Secretaría Virtual subido polo/a seu/súa autor/a, ante un tribunal de avaliación que o avaliará e cualificará. As persoas titoras indicarán, no prazo establecido, as persoas que presentarán o TFG en cada convocatoria. Para a presentación e defensa do TFG o alumnado deberá ter superadas todas as materias, tal e como se especifica na memoria de verificación do título. Para confirmar este aspecto, os/as alumnos/as entregarán ao/á coordinador/a un certificado do expediente académico no que conste que ten o resto das materias aprobadas para poder presentarse á exposición e defensa do traballo. De non ter especificadas no certificado todas as materias aprobadas por non estar aínda as actas cubertas ou introducidas no sistema informático, o/a alumno/a poderá presentar probas fidedignas de que superou as materias que

non aparecen como superadas no certificado con xustificante do profesorado responsable da materia, notas da materia que consten na secretaría virtual, etc. Artigo 8. Avaliación e cualificación. A Xunta de Centro nomeará tribunais do TFG entre o profesorado da Xunta de Centro. Seguiranse os criterios de categoría docente e antigüidade para a determinación do/a presidente/a e do/a secretario/a. O/A titor/a dun TFG non poderá ser membro do tribunal que o cualifique, aínda que si poderá estar presente no acto de defensa e nas deliberacións, tendo dereito a voz pero non a voto. No caso de que un titor/a queira estar presente na defensa dun TFG dun/ha alumno/a titorizado/a e éste titor/a sexa membro de un tribunal avaliador de TFGs deberá solicitalo con anterioridade para que un membro suplente de tribunal ocupe o seu lugar. Deberá solicitalo como data límite o día da distribución dos TFGs aos diferentes tribunais. O tribunal poderá constituírse excepcionalmente con dúas persoas, que ocuparán os cargos da presidencia e secretaría. Avaliación: Unha vez verificado que o traballo se adapta ás normas, e superada esta fase, o/a alumno/a deberá expoñer e defender o traballo. O tribunal terá en conta: A relevancia do traballo. A presentación con medios audiovisuais. A claridade na exposición, cinguíndose ao tempo marcado de entre 7 e 10 minutos. Será motivo de non superación un tempo inferior a 6 ou superior a 12 minutos. A defensa ante as preguntas do tribunal. A nota que acada o alumno/a se corresponde coa media das notas establecidas polos tres membros do tribunal. A persoa que actúe como secretaría custodiará as valoracións de todos os membros do TFG. No caso de obter a cualificación de suspenso, o tribunal de avaliación achegará un informe coas recomendacións oportunas ao/á estudante e á persoa titora, de cara á mellora do TFG e á súa posterior avaliación. Os tribunais cubrirán e asinarán a acta na secretaría virtual. APROBADO EN XUNTA DE FACULTADE O 25 DE OUTUBRO DE 2017