BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Documentos relacionados
TITULACIONES EN EDUCACIÓN INFANTIL Y EDUCACIÓN PRIMARIA

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

A O 1. propuesta pedagogica a la que hace referencia el apartado 2 del. docente, por maestros de otras especialidades cuando las ensenanzas

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DISPONGO: Artículo 1. Objeto del real decreto.

Convocatoria ordinaria de 2012

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1. Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

CMUS Profesional de Viveiro

INFORME REQUISITOS DEL PROFESORADO PARA ESO Y BACHILLERATO EN CENTROS PRIVADOS/CONCERTADOS

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

d. Los que ya fuesen declarados equivalentes por otra Universidad española.

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Formación Profesional. Contrastes curriculares dos títulos da Familia Profesional de Hostalería e Turismo de Galicia e Portugal

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

TITULACIONES ACADÉMICAS POR CUERPOS Y ESPECIALIDADES CUERPOS CUERPOS Y ESPECIALIDADES CONVOCADAS CURSO 2016/2017 ANEXO II A.

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

CUADRO DE EQUIVALENCIAS REGULADAS POR NORMA

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

ANEXO II TITULACIONES ACADÉMICAS POR CUERPOS Y ESPECIALIDADES ESPECIALIDADES CONVOCADAS CURSO 2014/2015

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

MODELO DE DECLARACIÓN SOBRE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE PRODUCIR INGRESOS ECONÓMICOS

ESCOLA DE IDIOMAS ACTIVA: INNOVACIÓN E CALIDADE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ANEXO I BAREMO DE VALORACIÓN DE MÉRITOS PARA DESEMPEÑAR PUESTOS EN RÉGIMEN DE INTERINIDAD. Convocatoria interinos ALCE de Bélgica - Curso 2016/2017

DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4670

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

MENCIONES ESPECIALIDADES ADQUISICIÓN DE LAS ESPECIALIDADES

REAL DECRETO POR EL QUE SE REGULAN LAS TITULACIONES DEL PROFESORADO DE INFANTIL Y PRIMARIA EN CENTROS PRIVADOS.

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

ANEXO I. CONSEJERIA DE EDUCACIÓN EMBAJADA DE ESPAÑA EN MARRUECOS

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL DE CULTURA

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA PROFESORADO Artículo 20 R.D. 127/2014, de 28 de febrero

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

ORGANIZACIÓN de TRABAJADORES de ENSEÑANZA CONCERTADA de ASTURIAS

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Decreto 29/2000, do 20 de xaneiro, polo que se aproba o. regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Consejo de Gobierno 4 de marzo de 2015

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

REQUISITOS Y PRUEBAS CUIDADOR

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

OPOSICIONES 2010 SECUNDARIA

Programación 2º de EP MATEMÁTICAS

I. COMUNIDAD DE MADRID

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

SESION EXTRAORDINARIA DE 14 DE XULLO DE 2015

REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BASES CONTRATACIÓN DE 1 OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

Pola Federación Galega da Construción dirixiuse a esta Xunta Consultiva de Contratación Administrativa o seguinte escrito de consulta:

CURSO EN MANTENIMIENTO DE INSTALACIONES CON RIESGO DE LEGIONELA

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

4ş CURSO PRAZAS. 6ş CURSO.. 3 PRAZAS. 1ş CURSO PRAZAS 2ş CURSO. 1 PRAZA 3ş CURSO. 12 PRAZAS

ORDENANZA REGULADORA DO DEBER DE CONSERVACIÓN, DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS E DA DECLARACIÓN DE RUINA DO CONCELLO DE OURENSE

MINISTERIO EDUCACIÓN Y CIENCIA.

Consejería de Educación 872 ORDEN 513/2008, de 7 de febrero, de la Consejera de

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR SERVIZO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Boletín oficial. provincia de ourense

EQUIVALENCIAS, CONVALIDACIONES Y EXENCIONES PARA LA PRUEBA PARA LA OBTENCIÓN DIRECTA DEL TÍTULO DE BACHILLER PARA PERSONAS MAYORES DE 20 AÑOS

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

GUÍA DE TRÁMITES CONCEPTOS:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Lexislación e Territorio

REGLAMENTO DE EVALUACIÓN COMPENSATORIA PARA EL GRADO EN TURISMO DE LA EUTL

A través da presente convocatoria, a Concellaría de Educación proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

O PEC. Aspectos lexislativos e organizativos

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Educación Infantil Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuatrimestre. 6 FB 1 2c

MINISTERIO DE EDUCACIÓN SECRETARIA DE ESTADO DE EDUCACIÓN Y FORMACIÓN PROFESIONAL DIRECCIÓN GENERAL DE EVALUACIÓN Y COOPERACION TERRITORIAL

Consejería Economía, Empresas y Empleo Dirección General de Trabajo, Formación y Seguridad Laboral

Transcripción:

Suplemento en lingua galega ao núm. 167 Sábado 13 de xullo de 2013 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE 7708 Real decreto 476/2013, do 21 de xuño, polo que se regulan as condicións de cualificación e formación que deben posuír os mestres dos centros privados de educación infantil e de educación primaria. O artigo 92 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que a atención educativa directa aos nenos do primeiro ciclo de educación infantil correrá a cargo de profesionais que posúan o título de Mestre coa especialización en Educación Infantil ou o título de grao equivalente e, se for o caso, doutro persoal coa debida titulación para a atención ás nenas e nenos desta idade. En todo caso, a elaboración e o seguimento da proposta pedagóxica a que fai referencia o número 2 do artigo 14 estarán baixo a responsabilidade dun profesional co título de Mestre de Educación Infantil ou título de grao equivalente. O segundo ciclo de educación infantil será impartido por profesores co título de Mestre e a especialidade en Educación Infantil ou o título de grao equivalente e poderán ser apoiados, no seu labor docente, por mestres doutras especialidades cando as ensinanzas impartidas o requiran. O artigo 93 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, establece que para impartir as ensinanzas de educación primaria será necesario ter o título de Mestre de Educación Primaria ou o título de grao equivalente, sen prexuízo da habilitación doutras titulacións universitarias que, para efectos de docencia, poida establecer o Goberno para determinadas áreas, logo de consulta ás comunidades autónomas. A educación primaria será impartida por mestres, que terán competencia en todas as áreas deste nivel. O ensino da música, da educación física, dos idiomas estranxeiros ou daqueloutras ensinanzas que determine o Goberno, logo de consulta ás comunidades autónomas, será impartido por mestres coa especialización ou cualificación correspondente. O artigo 8 do Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria, establece os requisitos de titulación dos profesionais que atenden a educación infantil e indica que a atención educativa no primeiro ciclo de educación infantil correrá a cargo de profesionais que posúan o título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre de educación infantil, o título de Mestre coa especialidade de Educación Infantil, ou o título de técnico superior en Educación Infantil regulado no Real decreto 1394/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o título de técnico superior en Educación Infantil e se fixan as súas ensinanzas mínimas. Así mesmo, indica que o segundo ciclo de educación infantil correrá a cargo de profesionais que posúan o título de grao en Educación Infantil, ou o título de Mestre coa especialidade de Educación Infantil. Cando as ensinanzas impartidas o requiran, o grupo poderá ser atendido por mestres doutras especialidades. O artigo 12 do Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, refírese aos requisitos de titulación académica do profesorado que imparte educación primaria, que deberá ser graduado en Educación Primaria ou Mestre coa cualificación adecuada para impartir o ensino da música, a educación física e as linguas estranxeiras. Así mesmo, indica que, ademais do persoal docente, os centros de educación primaria que escolaricen nenos que presenten necesidade específica de apoio educativo contarán, se for o caso, cos recursos humanos e materiais de apoio que determine a Administración educativa competente, necesarios para garantir a correcta atención deste alumnado, que deberá dispor da titulación ou cualificación adecuada. Establecidos, por tanto, os requisitos de titulación para impartir a educación infantil e a educación primaria, procede ditar unha nova regulación sobre as condicións de

Suplemento en lingua galega ao núm. 167 Sábado 13 de xullo de 2013 Sec. I. Páx. 2 cualificación e formación que deben posuír os mestres dos centros privados de educación infantil e primaria, que substitúa a Orde do 11 de outubro de 1994 pola que até o momento se viñan regulando as titulacións mínimas que deben posuír os profesores dos centros privados de educación infantil e primaria. Este real decreto ten o carácter de norma básica e dítase ao abeiro do artigo 149.1.30.ª da Constitución, que atribúe ao Estado as competencias para a regulación das condicións de obtención, expedición e homologación dos títulos académicos e profesionais e normas básicas para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución, co fin de garantir o cumprimento das obrigas dos poderes públicos nesta materia. Na tramitación deste real decreto emitiu ditame o Consello Escolar do Estado a través da súa Comisión Permanente, consultáronse as comunidades autónomas na Comisión Xeral da Conferencia de Educación, e emitiu informe o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Na súa virtude, por proposta do ministro de Educación, Cultura e Deporte, de acordo co Consello de Estado, e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 21 de xuño de 2013, Artigo 1. Obxecto do real decreto. DISPOÑO: Este real decreto ten por obxecto regular as condicións de cualificación e formación que deben posuír os mestres dos centros privados de educación infantil e de educación primaria, para impartir as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Artigo 2. Educación infantil. 1. A educación infantil será impartida por mestres que posúan o título de graduado que habilite para o exercicio da profesión de mestre en Educación Infantil, de mestre especialista de Educación Infantil, de diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica ou de mestre de Primeira Ensinanza coa especialidade de Educación Infantil ou Educación Preescolar. 2. A atención educativa no primeiro ciclo de educación infantil correrá a cargo dos mestres a que se refire o número anterior e, se for o caso, doutro persoal co título de técnico superior en Educación Infantil ou outros títulos declarados equivalentes. 3. O segundo ciclo de educación infantil será impartido polos mestres a que se refire o número 1 deste artigo. Cando as ensinanzas impartidas o requiran, o grupo poderá ser atendido por mestres doutras especialidades. 4. Ademais, poderán impartir educación infantil en todos os centros docentes privados deste nivel educativo os mestres co título de graduado que habilite para o exercicio da profesión de mestre en Educación Primaria en calquera das súas mencións, os mestres que estean en posesión do título universitario oficial de Mestre nas súas diversas especialidades, os diplomados en Profesorado de Educación Xeral Básica, e os mestres de Primeira Ensinanza, sempre que estean en posesión dalgún dos seguintes requisitos: a) Especialidade en Educación Preescolar ou en Pedagoxía Preescolar das licenciaturas de Filosofía e Letras (sección Ciencias da Educación) ou de Filosofía e Ciencias da Educación (sección Ciencias da Educación). b) Ter superado os cursos da especialidade en Educación Infantil, segundo o establecido no artigo 7 deste real decreto. c) Ter superado a fase de oposición da especialidade de Educación Infantil, segundo o establecido no artigo 8 deste real decreto. Artigo 3. Educación primaria. 1. A educación primaria será impartida por mestres co título de graduado que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Primaria, mestres que

Suplemento en lingua galega ao núm. 167 Sábado 13 de xullo de 2013 Sec. I. Páx. 3 estean en posesión do título universitario oficial de Mestre en calquera das súas especialidades, diplomados en Profesorado de Educación Xeral Básica en calquera das súas especialidades, ou mestres de Primeira Ensinanza. 2. Así mesmo, as ensinanzas da educación primaria poderán ser impartidas por mestres co título de graduado que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Infantil, co requisito de ter superado a fase de oposición da especialidade de Educación Primaria segundo o establecido no artigo 8 deste real decreto. Artigo 4. Ensinanzas das áreas de educación primaria. Os mestres a que se refire o artigo anterior poderán impartir todas as áreas de coñecemento da educación primaria, sen prexuízo do disposto no artigo 5 para as ensinanzas de música, de educación física e de lingua estranxeira. Artigo 5. Ensinanzas de música, de educación física e de lingua estranxeira (inglés, francés, alemán) na educación primaria. 1. As ensinanzas de música, de educación física e de lingua estranxeira (inglés, francés, alemán) na educación primaria, serán impartidas por mestres que estean en posesión do título de graduado que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Primaria e que inclúa, respectivamente, unha mención en música, educación física ou lingua estranxeira no idioma correspondente e, para esta última, ademais, a acreditación do nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas, na lingua correspondente. Estas ensinanzas tamén poderán ser impartidas por aqueles que estean en posesión do título de Mestre especialista en Música, Educación Física ou Lingua Estranxeira no idioma correspondente, respectivamente, ou diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica ou Mestre de Primeira Ensinanza coa especialidade correspondente. 2. Os mestres a que se refire o número anterior que carezan da mención cualificadora, requisitos ou especialidade indicada, poderán impartir as ensinanzas de música, de educación física ou de lingua estranxeira en centros docentes privados de educación primaria, sempre que estean en posesión dalgún dos seguintes requisitos: a) Ensinanzas de música: 1.º Título superior de Música relativo ás ensinanzas artísticas superiores a que se refire o artigo 54 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 2.º Licenciado en Musicoloxía ou en Historia e Ciencia da Música. 3.º Título superior de Música da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, ou titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia. 4.º Título profesional de Música da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, ou da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio. 5.º Diploma elemental ou ter cursado as ensinanzas de solfexo e teoría da música, conxunto coral e instrumento correspondentes ao grao elemental conforme o Decreto 2618/1966, do 10 de setembro. 6.º Ter superado os cursos da especialidade de Música, segundo o establecido no artigo 7 do presente real decreto. 7.º Ter superado a fase de oposición da especialidade de Música segundo o establecido no artigo 8 deste real decreto. b) Ensinanzas de educación física: 1.º Graduado no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte. 2.º Licenciado en Educación Física ou ter superado tres cursos completos desta licenciatura. 3.º Diplomado en Educación Física.

Suplemento en lingua galega ao núm. 167 Sábado 13 de xullo de 2013 Sec. I. Páx. 4 4.º Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. 5.º Ter superado os cursos da especialidade de Educación Física, segundo o establecido no artigo 7 do presente real decreto. 6.º Ter superado a fase de oposición da especialidade de Educación Física, segundo o establecido no artigo 8 deste real decreto. c) Ensinanzas de lingua estranxeira (inglés, francés, alemán): 1.º Graduado en lingua estranxeira no idioma correspondente. 2.º Licenciado en Filoloxía do idioma correspondente ou ter superado tres cursos completos desa licenciatura. 3.º Licenciado no idioma correspondente, polas facultades de Tradución e Interpretación. 4.º Diplomado no idioma correspondente, polas escolas universitarias de idiomas (tradutores e intérpretes). 5.º Certificado de nivel avanzado ou certificado de aptitude da escola oficial de idiomas no idioma correspondente. 6.º Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre en Educación Primaria bilingüe no idioma correspondente. 7.º Ter superado os cursos da especialidade de lingua estranxeira no idioma correspondente, segundo o establecido no artigo 7 do presente real decreto. 8.º Ter superado a fase de oposición da especialidade de lingua estranxeira no idioma correspondente, segundo o establecido no artigo 8 deste real decreto. Artigo 6. Postos de pedagoxía terapéutica e de audición e linguaxe. 1. Os mestres en centros de educación especial e os mestres de apoio en centros ordinarios deberán estar en posesión do título de graduado que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Primaria que inclúa unha mención en Pedagoxía Terapéutica, ou aqueloutras mencións cuxo currículo estea especificamente relacionado coa atención ao alumnado con necesidades educativas especiais, respectivamente, ou unha mención en Audición e Linguaxe, ou o título de Mestre coa especialidade de Educación Especial e de Audición e Linguaxe, respectivamente, ou o diploma en Profesorado de Educación Xeral Básica, ou o título de Mestre de Primeira Ensinanza coa especialidade correspondente. 2. Os mestres a que se refire o número anterior que carezan da mención cualificadora ou especialidade indicada poderán ocupar postos en centros de educación especial ou como profesores de apoio de pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe, sempre que estean en posesión dalgún dos seguintes requisitos: a) Para postos de pedagoxía terapéutica: 1.º Licenciado en Psicopedagoxía. 2.º Licenciado en Filosofía e Letras, sección de Pedagoxía, subsección de Educación Especial, ou equiparación correspondente, de acordo co disposto na Orde do 7 de novembro de 1983 pola que se declara a equivalencia dos títulos de licenciado en Filosofía e Letras (sección de Ciencias da Educación) e licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación (sección de Ciencias da Educación) nas opcións ou especialidades de Pedagoxía Terapéutica ou Educación Especial ao título de profesor especializado en Pedagoxía Terapéutica. 3.º Diploma de Educación Especial correspondente a cursos realizados mediante convenio entre as diferentes administracións educativas e universidades. 4.º Ter superado os cursos da especialidade de Pedagoxía Terapéutica, segundo o establecido no artigo 7 do presente real decreto. 5.º Ter superado a fase de oposición da especialidade de Pedagoxía Terapéutica, segundo o establecido no artigo 8 deste real decreto.

Suplemento en lingua galega ao núm. 167 Sábado 13 de xullo de 2013 Sec. I. Páx. 5 b) Para postos de audición e linguaxe: 1.º Graduado en Logopedia. 2.º Diplomado en Logopedia. 3.º Certificados que fosen expedidos polo Ministerio de Sanidade e Consumo: Psicopatoloxía da Linguaxe e a súa Rehabilitación, Rehabilitación da Linguaxe ou Rehabilitación Audiofonolóxica e Técnicas Logopédicas. 4.º Diploma de Patoloxía da Linguaxe, hospital da Santa Cruz e San Pablo (Barcelona). 5.º Diploma de Logopedia. Universidade Pontificia de Salamanca. 6.º Diploma de Psicoloxía da Linguaxe. Universidade Pontificia de Salamanca. 7.º Diploma de Logopedia correspondente aos cursos realizados mediante convenio entre as diferentes administracións educativas e universidades. 8.º Ter superado os cursos da especialidade de Audición e Linguaxe, segundo o establecido no artigo 7 do presente real decreto. 9.º Ter superado a fase de oposición da especialidade de Audición e Linguaxe, segundo o establecido no artigo 8 deste real decreto. Artigo 7. Requisito de ter superado os cursos da especialidade. Este requisito entenderase cumprido ao ter superado os cursos de especialidade convocados ben polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, ou ben polos órganos correspondentes das comunidades autónomas, caso en que os cursos deben estar homologados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e ter sido iniciados con anterioridade á data de entrada en vigor deste real decreto. Artigo 8. Requisito de ter superado a fase de oposición da especialidade correspondente. O dito requisito refírese á superación da fase de oposición da especialidade correspondente, a que fan referencia os artigos 18 e seguintes do Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, aprobado polo Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, e será de aplicación a partir da data de entrada en vigor do presente real decreto. Disposición adicional primeira. Prórroga da actividade docente. Os mestres que, no momento de entrada en vigor deste real decreto, e en aplicación da Orde do 11 de outubro de 1994 pola que se regulan as titulacións mínimas que deben posuír os profesores dos centros privados de educación infantil e primaria, reunían os requisitos exixidos para impartir docencia en educación infantil ou en educación primaria, poderán continuar impartindo docencia nas ditas etapas. Disposición adicional segunda. Profesionais habilitados. Os profesionais que, na data de entrada en vigor do presente real decreto, fosen habilitados ou tivesen recoñecemento oficial e expreso da Administración educativa para a docencia en centros privados, en ambos os ciclos da educación infantil ou na educación primaria, manterán a dita habilitación ou recoñecemento. Así mesmo, os profesionais que reunisen os requisitos establecidos pola normativa vixente para obter a habilitación ou recoñecemento indicado anteriormente e non a solicitasen expresamente, poderana solicitar. Disposición adicional terceira. Docencia nunha lingua estranxeira en educación infantil e en educación primaria. As administracións educativas regularán os requisitos de formación engadidos que se exixirán aos mestres que impartan educación infantil ou educación primaria, para impartir nunha lingua estranxeira as ensinanzas destas etapas nos centros cuxos proxectos

Suplemento en lingua galega ao núm. 167 Sábado 13 de xullo de 2013 Sec. I. Páx. 6 educativos comporten un réxime de ensino plurilingüe. Os ditos requisitos, a partir do curso académico 2013/14, suporán acreditar, polo menos, competencias dun nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas, na lingua estranxeira correspondente. Disposición adicional cuarta. Ensino de lingua estranxeira en educación primaria por profesorado de educación secundaria. O profesorado que reúna os requisitos para impartir docencia de linguas estranxeiras na educación secundaria obrigatoria ou bacharelato poderá, excepcionalmente e por un tempo limitado, impartir ensinanzas das linguas estranxeiras respectivas na etapa de educación primaria, por extensión e analoxía co disposto na disposición adicional sétima da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Para estes efectos, as administracións educativas deberán fixar, no seu ámbito de xestión, o tempo máximo durante o cal este profesorado poderá impartir docencia en educación primaria. Disposición adicional quinta. Ensinanzas propias das linguas cooficiais. As administracións educativas competentes determinarán os requisitos que deban reunir os mestres que impartan as ensinanzas propias das linguas cooficiais naquelas comunidades autónomas que así o tivesen regulado. Disposición adicional sexta. Mestres doutros centros. O disposto neste real decreto sobre condicións de cualificación e formación que deben posuír os mestres será de aplicación aos mestres dos centros de educación infantil e de educación primaria localizados no ámbito de xestión de administracións distintas das administracións educativas. Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa. Queda derrogada a Orde do 11 de outubro de 1994 pola que se regulan as titulacións mínimas que deben posuír os profesores dos centros privados de educación infantil e primaria, así como calquera disposición que se opoña ao regulado neste real decreto. Disposición derradeira primeira. Título competencial e carácter básico. Este real decreto ten o carácter de norma básica e dítase ao abeiro do artigo 149.1.30.ª da Constitución, que atribúe ao Estado as competencias para a regulación das condicións de obtención, expedición e homologación dos títulos académicos e profesionais e normas básicas para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución, co fin de garantir o cumprimento das obrigas dos poderes públicos nesta materia. Disposición derradeira segunda. Habilitación normativa. Facúltase o titular do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para ditar, no ámbito das súas competencias, cantas disposicións requira a aplicación do disposto neste real decreto. Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Dado en Madrid o 21 de xuño de 2013. JUAN CARLOS R. O ministro de Educación, Cultura e Deporte, JOSÉ IGNACIO WERT ORTEGA http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X