MODIFICACIÓN DA NORMATIVA REGULADORA DA DOCENCIA EN INGLÉS NAS TITULACIÓNS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Documentos relacionados
Convocatoria ordinaria de 2012

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

Unidade 4: Pneumática

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

Facultad de Fisioterapia

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

MODELO DE CONVOCATORIA DE CONTRATACIÓN

REGLAMENTO PRÁCTICAS EN EMPRESAS FACULTAD DE CIENCIAS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

Formación Profesional. Contrastes curriculares dos títulos da Familia Profesional de Hostalería e Turismo de Galicia e Portugal

Seminarios de Formación Continua

Universidad Europea del Atlántico Página 1 de 7

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

Alegaciones al Informe Provisional de Seguimiento del Master Universitario en Estudios Medievales Europeos. Imágenes, textos y contextos.

Máster Universitario en Asesoría Fiscal de Empresas por la Universidad Cardenal Herrera-CEU

CMUS Profesional de Viveiro

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

1. La suspensión de las aulas durante el periodo de exámenes.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

INFORME DE SEGUIMIENTO DEL TÍTULO

d. Los que ya fuesen declarados equivalentes por otra Universidad española.

INFORME ANUAL de SEGUIMENTO. Título: MEDIO AMBIENTE Y RECURSOS NATURALES. Curso Académico:

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

CURSO EN MANTENIMIENTO DE INSTALACIONES CON RIESGO DE LEGIONELA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

11.- INCENTIVO A LA CALIDAD DEL PERSONAL DOCENTE E INVESTIGADOR PERMANENTE CON DEDICACIÓN A TIEMPO COMPLETO DE LA UNIVERSIDAD DE CASTILLA-LA MANCHA.

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

PROCESO DE DEFINICIÓN DEL PERFIL DE INGRESO Y CAPTACIÓN DE ESTUDIANTES

Evidencia de: Máster en Sistemas Software Inteligentes y Adaptables. Justificación. Plan de mejora

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS

PUNTOS, RECTAS E PLANOS NO ESPACIO

I. COMUNIDAD DE MADRID

FICHA DE PROCEDIMIENTO Facultad de Formación de Profesorado y Educación

CRITERIOS GENERALES DE VALORACIÓN DE MERITOS PARA LA CONTRATACIÓN DE PROFESORADO DE LA UNIVERSIDAD DE GRANADA

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

INFORME FINAL PARA LA OBTENCIÓN DEL SELLO EUR-ACE

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

Informe de Seguimiento del Graduado o Graduada en Relaciones Laborales y Recursos Humanos de la Universidad de Granada

REQUISITOS Y PRUEBAS CUIDADOR

CERTIFICACIÓN. "INFORME SOBRE MOROSIDADE E PERÍODO MEDIO DE PAGAMENTO Período: 2 Trimestre Exercicio 2015

CURSO DE MEDIACIÓN FAMILIAR, E INTRODUCIÓN Á MEDIACIÓN PENAL E PENITENCIARIA

INFORME FINAL EVALUACIÓN PARA LA RENOVACIÓN DE LA ACREDITACIÓN

NORMATIVA DE RÉGIMEN ACADÉMICO Y PERMANENCIA EN LAS TITULACIONES OFICIALES DE GRADO Y MÁSTER DE LA UNIVERSIDAD DE LEÓN.

TITULACIONES EN EDUCACIÓN INFANTIL Y EDUCACIÓN PRIMARIA

DOCENCIA DE LA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA EL EMPLEO SSCE0110 (340 horas)

Programación 2º de EP MATEMÁTICAS

Resumen Ejecutivo del Programa DOCENTIA _UC3M

(Aprobado por acuerdo del Consejo de Gobierno de 19 de diciembre de 2003).

O PEC. Aspectos lexislativos e organizativos

F02-PE01-REGLAMENTO DE LA COMISIÓN DE GARANTÍA DE LA CALIDAD ESCUELA UNIVERSITARIA DE ESTUDIOS EMPRESARIALES

ASISTENCIA PERSOAL Un Dereito recoñecido na Convención

Normativa Transferencia y Reconocimiento de créditos Centro Universitario EDEM

Informe de Seguimiento. Máster Universitario en Marketing y Comportamiento del Consumidor

Formación Profesional Básica

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

EL ALUMNADO DEBE ASISTIR A CLASE Y DEMÁS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE LOS MÓDULOS CUYA CONVALIDACIÓN HA SOLICITADO.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1. Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

Módulo Formativo:Selección, Elaboración, Adaptación y Utilización de Materiales, Medios y Recursos Didácticos

Os efectos da declaración do concurso

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

OPOSICIONES 2010 SECUNDARIA

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

UNIVERSIDAD POLITÉCNICA DE CARTAGENA VICERRECTORADO DE INTERNACIONALIZACIÓN Y COOPERACIÓN AL DESARROLLO

Escuela de Enfermería Fundación Jiménez Díaz Grado en Enfermería 9. Sistema de Garantía Interna de Calidad

4ş CURSO PRAZAS. 6ş CURSO.. 3 PRAZAS. 1ş CURSO PRAZAS 2ş CURSO. 1 PRAZA 3ş CURSO. 12 PRAZAS

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

PLAN DE ACTUACIONES DE LA INSPECCIÓN DE SERVICIOS DE LA UNIVERSIDAD DE MÁLAGA

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA

REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO

MODELO DE DECLARACIÓN SOBRE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE PRODUCIR INGRESOS ECONÓMICOS

Transcripción:

MODIFICACIÓN DA NORMATIVA REGULADORA DA DOCENCIA EN INGLÉS NAS TITULACIÓNS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada polo Consello de Goberno do 30 de abril do 2015 e modificada no Consello de Goberno do 14 de abril de 2016) Exposición de motivos Altérase a normativa reguladora da docencia en inglés, que experimentou un importante desenvolvemento na nosa universidade grazas ao esforzo do profesorado implicado no programa, a fin de introducir un prazo para a acreditación da capacidade lingüística necesaria para impartir esa docencia e adaptarse a normativa pola que se regula a dedicación do persoal docente e investigador. Aprovéitase a reforma para actualizar a denominación da vicerreitoría responsable do programa. A UDC ven apostando fortemente pola docencia en inglés como medida de internacionalización na casa. Para os estudantes propios a vantaxe principal e directa proxéctase na mellora das súas competencias lingüísticas en inglés, a través da aprendizaxe integrada de contidos e linguas; isto favorece a súa mobilidade académica e profesional, dándolles a oportunidade de estudar e traballar nun entorno internacional e multicultural. Por outra banda, a docencia en inglés mellora o atractivo da oferta académica da UDC de cara a potenciais estudantes estranxeiros, tanto para os que buscan obter unha titulación oficial, como os estudantes de intercambio ou visitantes. Así mesmo, aumenta as posibilidades de establecer dobres titulacións e titulacións conxuntas de carácter internacional. O Plan estratéxico aprobado polo Claustro da UDC en 2013 establece como obxectivo ampliar a oferta de titulacións plurilingües na UDC; reto que tamén se expresa no recente Plan estratégico de internacionalización de las universidades españolas, aprobado polo Consejo de Universidades, en febreiro de 2015. A implantación de estudos plurilingües é un paso moi significativo cara á internacionalización da UDC, que require o esforzo conxunto de toda a comunidade, especialmente dos profesores que imparten docencia en inglés, sendo compromiso da UDC incentivar este esforzo.

Para consolidar estas iniciativas e cara á súa calidade e viabilidade, cómpre establecer unhas normas xerais que determinen o papel dos diferentes centros na implantación e seguimento dos programas de docencia en inglés e que definan a participación dos profesores e os estudantes nos devanditos programas. En virtude do anterior, a vicerreitoría de relacións internacionais e cooperación propuxo ao Consello de Goberno do 30 de abril do 2015 as seguintes normas. ARTIGO 1.- Procedemento de implantación, aprobación e seguimento nos centros dos programas de docencia en inglés 1. Os programas de docencia en inglés que se establezan nas diferentes titulacións da UDC serán aprobados polo órgano do centro que teña atribuídas as competencias para decidir sobre as titulacións implicadas (xa sexa a Xunta de Facultade ou, de ser o caso, as Comisións de Coordinación do Mestrado), logo de ser autorizados pola Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente e pola Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación. 2. Os programas de docencia en inglés terán como obxectivo, en xeral, a implantación progresiva de titulacións bilingües de grao o posgrao-, en que se impartan, polo menos, un 40% dos créditos en inglés. Outros modelos (oferta de bloque de materias en inglés, ou titulacións integramente en inglés, por exemplo) haberán de contar cunha xustificación específica. 3. A implantación do programa bilingüe será paulatina, ano a ano, e comezará polo primeiro curso da titulación, agás que razoablemente se demostre a conveniencia dun sistema de implantación diverso. 4. As materias que formen parte da oferta en inglés deberán impartirse integramente nesta lingua, tanto no que se refire á docencia maxistral como á interactiva e as tutorías. Tamén se redactará en inglés a guía docente da materia e os materiais didácticos que se empreguen directamente. A avaliación será en inglés. 5. Para a súa viabilidade, o programa de docencia en inglés que se aprobe no centro haberá de especificar: a) As materias que se imparten en inglés en cada curso; b) O profesorado que asume esa docencia; e c) A estrutura

dos grupos para esta docencia. En ningún caso, os grupos que se poidan formar para a docencia en inglés suporán a contratación de profesorado. 6. Á marxe da publicidade e promoción que faga a Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación a través das súas propias canles, o centro deberá proporcionar información sobre a existencia do programa, a súa configuración e o xeito de tomar parte neste, na súa web e no momento da matrícula. 7. Corresponde ás comisións académicas da titulación, no marco do Sistema de Garantía da Calidade da UDC, o seguimento do desenvolvemento destes programas de docencia en inglés, e poderán transmitir á vicerreitoría competente propostas de mellora ou de revisión cando se estime oportuno. ARTIGO 2.- Docentes que participen nos programas 1. Os docentes que participen deberán acreditar a súa capacidade para impartir docencia en inglés dalgunha das seguintes formas: a) Mediante a certificación dun C1 do MCRL a través dunha certificación oficial; b) Mediante un diploma que acredite un nivel de C1 completo do Centro de Linguas da UDC; c) Acreditando que impartiu docencia en inglés en universidades estranxeiras mediante o nomeamento de visiting professor; d) Mediante a realización das actividades especialmente deseñadas para tal fin no PALDI, no artigo 4.3. Excepcionalmente poderán contemplarse outras vías de acreditación diferentes ás mencionadas anteriormente mediante solicitude razoada do profesor á Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación. Para acreditar a devandita capacidade os docentes disporán dun prazo máximo de dous cursos académicos a contar desde o inicio da docencia nesta lingua. 2. Os docentes que se incorporen a estes programas de docencia en inglés terán dereito a un desconto máximo anual de 25 horas de docencia no POD, durante tres anos, prorrogables segundo as circunstancias da titulación e os recursos dispoñibles. A tal efecto, os departamentos deberán remitir á Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente, co visto e prace das direccións dos centros onde se imparta a docencia, as solicitudes de redución, co fin de que se autorice a súa inclusión no POD. 3. O profesorado que forme parte dos programas de docencia en inglés terá dereito a continuar tres anos consecutivos impartindo a mesma materia

4. nesa lingua. 5. Para facilitar a súa formación continua e auxilialo en tarefas metodolóxicas, o profesorado que participe nos programas de docencia en inglés poderá participar no Plan de apoio á docencia en inglés, nas condicións que se expresan no artigo 4.2 deste plan. En particular, poderán acceder ao Curso de Inglés como Lingua de Instrución (30 horas), expresamente concibido para tal fin. 6. Unha vez comprobados en cada caso os requisitos mencionados no artigo 2.1, a Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación emitirá o correspondente certificado que habilite ao profesorado para impartir docencia nesa lingua na UDC, o cal será mérito expresamente recoñecido no programa Docentia da UDC. ARTIGO 3.- Incorporación dos estudantes aos programas de docencia en inglés 1. Nos programas de docencia en inglés poderanse matricular estudantes nacionais ou internacionais. 2. A forma de participación dos estudantes nos programas de docencia en inglés será comunicada polos centros con suficiente antelación ao comezo da cada curso académico. 3. Para a viabilidade dos programas bilingües, o número de estudantes matriculados no primeiro curso do grupo de inglés debe ser como mínimo de 10. Se non se chega a esa cifra para o ano académico correspondente, e non se forma o grupo, os estudantes internacionais cos que hai compromiso de docencia en inglés e que non queiran mudar ao grupo de galego/español- recibirán a súa docencia a través da modalidade de titorías, que xerará un desconto docente de 15 horas para o profesor implicado. 4. De se tratar de estudantes nacionais, é requisito xeral e previo á incorporación ao grupo a súa capacitación lingüística, que poderá ser acreditada da seguinte forma: a) B1 do MCRL a través dunha certificación oficial; b) en caso de non ter a devandita acreditación, deberá superar unha proba de nivel que levará a cabo o Centro de Linguas da UDC a comezos de setembro, nunha data indicada con suficiente antelación. Os centros en que se imparta a docencia en inglés poden elevar estos requisitos lingüísticos, comunicando de maneira fidedigna, na publicidade que se faga do programa, esta circunstancia.

5. O alumnado que sexa admitido no grupo de inglés disporá de quince días para realizar o cambio aos grupos de galego/español. 6. Todas as materias do plan de estudos que se cursaran en inglés reflectiranse no expediente académico do estudante, facendo constar esta circunstancia nos certificados académicos expedidos pola universidade. Ademais, consignarase no Suplemento Europeo ao Título (SET) a mención dos estudos superados en inglés. ARTIGO 4.- Plan de apoio lingüístico á docencia en inglés 1. Baixo a coordinación do Departamento de Filoloxía Inglesa da UDC, desenvólvese un Plan de Apoio Lingüístico á Docencia en Inglés (PALDI) para procurar a formación continua dos profesores que forman parte dos programas de docencia nesta lingua. 2. Ao inicio do curso académico, facilitarase o programa de actividades formativas do PALDI, en que poderán participar os profesores que formen parte destes programas, e nos que terán preferencia. Se hai prazas vacantes, serán ofrecidos ao resto do PDI. 3. Os profesores que non dispoñan da acreditación lingüística referida no artigo 2.1, haberán de realizar unha das seguintes actividades deseñadas para tal fin: a) superar o Curso de Inglés como Lingua de Instrución, de 30 horas, que se impartirá antes do inicio de cada semestre académico; ou b) realizar unha proba específica de avaliación da capacidade para impartir docencia en inglés. ARTIGO 5.- Entrada en vigor A presente normativa entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Taboleiro Electrónico Oficial da Universidade da Coruña DILIXENCIA para facer constar que o presente documento composto de 5_ páxina/s numerada/s e selada/s, foi aprobado polo Consello de Goberno na súa sesión de data 14 de abril de 2016 O secretario xeral Asdo. Carlos Aymerich Cano 5