CONCELLO DE PORTOMARIN (LUGO)

Documentos relacionados
2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

ACTA Nº 2 DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CONCELLO DE MUROS.

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Pola Federación Galega da Construción dirixiuse a esta Xunta Consultiva de Contratación Administrativa o seguinte escrito de consulta:

ORDENANZA REGULADORA DO DEBER DE CONSERVACIÓN, DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS E DA DECLARACIÓN DE RUINA DO CONCELLO DE OURENSE

1. Objeto del contrato.

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CONCELLO DE OURENSE SERVIZO DE CONTRATACIÓN

OFERTA DE PRODUCTOS Y SERVICIOS: ILUSTRE COLEGIO DE ABOGADOS DE ASTURIAS

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Idazkaritza Teknikoaren Zerbitzua Servicio de Secretaría Técnica

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria de 22 de xaneiro de 2009, adoptou, entre outros o seguinte acordo: ORDENANZA MUNICIPAL DE ANTENAS

ORDENANZA PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE URBANIZACIÓN, CONTROL DAS OBRAS E RECEPCIÓN DESTAS NO CONCELLO DE CARBALLO

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

PLIEGO DE BASES TÉCNICAS

PORTÁTILES ECONÓMICOS SEPTIEMBRE 2015

1 108, , , NO CUMPLE NO CUMPLE MB CACHE) WINDOWS 7 PROFESSIONAL ORIGINAL, SIN COMPUTADORA.

TÉCNICO EN REPARACIÓN DE ORDENADORES

Borrador versión preliminar

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONTRATO MENOR PARA EL SUMINISTRO DE DIVERSOS EQUIPOS INFORMÁTICOS Y APOYO A SU INSTALACIÓN

Una empresa con vocación de servicio

Os efectos da declaración do concurso

MODALIDADE A OPCION 1: OPCION 2: ASUS K53E-SX061V EEE PC 1011PX-WHI069S WHITE ASUS. PRECIO: 635 A PAGAR: (iva incluido)

Madrid, febrero Pliego de Prescripciones Técnicas Acuerdo Marco Sum. Bienes Informáticos Página 1 de 5

Especificaciones Técnicas para la Adquisición de Elementos de Computación

II) III) IV) GOBIERNO DEL ESTADO DE VERACRUZ. SECRETARIA DE FINANZAS Y PLANEACION LICITACION SIMPLIFICADA LS-SFP/019/JUL/12

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

IFCT0309 Montaje y Reparación de Equipos Microinformáticos

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

EMPRESA FOC. Informe indicadores Xunta de Galicia Informe indicadores Xunta de Galicia

REQUISITOS Y PRUEBAS CUIDADOR

BASES CONTRATACIÓN DE 1 OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

Catálogo de Equipamiento Tecnológico para la Secretaría de Seguridad Pública

ECOM CHACO S.A. Pág. 1 de Pages. Licitación Privada Nro RRptInvitacionEnBlanco PROVINCIA DEL CHACO 02 - SECRETARIA GENERAL DE LA GOBERNACION

1.4.1 Inicio de la computadora por primera vez Hay problemas Causas, síntomas y soluciones a posibles averías...

VICERRECTOR DE SEDE CIRCULAR VR 014

Pliego de prescripciones técnicas para contratar, mediante procedimiento abierto, el suministro de ordenadores y pizarras digitales para diversos

1 concello de Lugo ACTA DA MESA DE CONTRATACION

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

I. ROTURAS Y AVERÍAS DE LOS PORTÁTILES ESCUELA TIC 2.0:

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLAS COMISIÓNS DE FESTAS PARA SOLICITAR A AUTORIZACIÓN (ORIXINAL OU FOTOCOPIA COTEXADA)

ANEXO I CANTIDADES CONTRATADAS EN LA ACTUALIDAD POR EL AYUNTAMIENTO Y QUE SE INDICAN CON CARÁCTER ORIENTATIVO:

Boletín oficial. Provincia de ourense

IT Essentials I: PC Hardware and Software

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

Pliego de Prescripciones Técnicas. Servicio de mantenimiento hardware de equipos microinformáticos fuera de garantía

provincia de ourense n.º 145 sábado, 25 xuño 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

HARDWARE DE UN ORDENADOR. Elementos básicos

PLIEGO DE BASES Y CONDICIONES PARTICULARES

PLIEGO DE PRESCRIPCIONES TECNICAS PARA LA CONTRATACIÓN DEL SERVICIO MUNICIPAL DE DESINFECCIÓN Y DESINSECTACIÓN.

ANEXO II. Resumen de la actuación

12995 LEI 16/2002, do 1 de xullo, de prevención. do seu contorno. e control integrados da contaminación. 3. Arquipélago das illas de Sálvora e illotes

TurnoGes. Sistema de gestión de turnos de espera

REQUISITOS PARA CENTROS DE EXAMEN

Boletín oficial. provincia de ourense

Boletín oficial. provincia de ourense

Montaje y Reparación de Equipos Microinformáticos. Certificados de profesionalidad

O CONTRATO DE VITALICIO

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA

IMPRESORA HP COLOR LASERJET PRO M452DW ( CF394A ),28 PPM CLR Y NGO

PLIEGO DE CLÁUSULAS TÉCNICAS OBJETO: SUMINISTRO DE 100 TABLETS PARA SU INTEGRACIÓN EN EL SISTEMA DE OFICINA MÓVIL DEL PARLAMENTO VASCO.

El equipamiento de tecnología de informática y comunicaciones para el edificio se conforma como un lote único.

ESTÁNDAR DE COMPETENCIA. Mantenimiento a equipo de cómputo y software

D NOTA CONSUMO ENERGÉTICO

Xinzo de Limia. Viana do Bolo

ACLAS PP9 Impresora fiscal térmica

Vigencia: Octubre 31 de Procesadores Intel. Sistema Operativo Windows Windows

PLIEGO DE CLÁUSULAS PARA LA CONTRATACIÓN DE LA PRESTACIÓN DE LOS SERVICIOS DE PUBLICIDAD INSTITUCIONAL EN PRENSA ESCRITA NEGOCIADO CON PUBLICIDAD

Impresora HP LaserJet M3020 Multifunción

D NOTA CONSUMO ENERGÉTICO

Direccion Xeral de Comercio. Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia.

S U M A R I O ADMINISTRACIÓN DEL ESTADO. Puertos del Estado Autoridad Portuaria de Vigo... 2

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

0-31 : caracteres de control : carac. Comunes : especiales (flechas, símbolos) y particulares (ñ)

PLIEGO DE PRESCRIPCIONES TÉCNICAS PARA EL SUMINISTRO DE CINCO (5) CORRENTÓMETROS DOPPLER MONOPUNTO PARA FONDEOS OCEANOGRÁFICOS.

PUNTO GENERAL DE ENTRADA DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DE LA COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA

III. COMUNIDADE AUTÓNOMA III. COMUNIDAD AUTÓNOMA Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

Transcripción:

1. Obxecto O obxecto do presente contrato e homoxeneizar e modernizar o parque informático do Concello debido as últimas novidades lexislativas en canto a administración electrónica, procedemento administrativo, etc. Esta homoxeneización e modernización pretende reducir a complexidade actual a hora de resolver incidencias tanto de sofware como de hardware debido os programas e aplicacións utilizadas na actualidade. Ademais ao dotar de equipamento moderno aos diferentes servizos e postos, buscase incrementar a axilidade no traballo cotián así como mellorar na xestión da administración electrónica. O presente suministro ten por obxecto o arrendamento do equipamento informático que se cita nos seguintes apartados coas características que se especifican neste prego. O contrato que en base ao presente prego se realice, terá por obxecto o arrendamento financeiro por período de 60 meses, do equipamento informático sinalado neste prego e pertencente o Excmo Concello de Portomarin. Estarán incluídos no mesmo os gastos derivados da instalación do equipo na dependencia que corresponda, o seu mantemento e seguro durante os 60 meses. 2. Xeneralidades. Os produtos informáticos cuxa adquisición é obxecto de presente procedemento englobaranse dentro da gama de microinformática profesional. As especificacións técnicas concretas de cada tipoloxía de produtos detallaranse polo miúdo nunhas fichas anexas a documentación a presentar. Os licitadores ofertarán un prezo mensual polo total dos equipos que se inclúen na licitación. O procedemento de arrendamento recollerá os seguintes conceptos: - Ante a substitución dos equipos contemplase a obriga da instalación, posta a punta e traspaso de datos do usuario. - A finalización do contrato o Concello de Portomarin determinará si se convoca un novo concurso ou se exerce o dereito de compra do equipamento informático que teña nese momento nas súas dependencias. - A finalización do contrato o Concello de Portomarin se se exerce o dereito de compra do equipamento informático ofertado a adquisición será por un custo de cero euros. - O arrendatario financeiro estará obrigado a continuidade na prestación do servizo de mantemento calquera que sexa a súa situación, ben sexa quebra técnica, ben sexa calquera outro tipo de situación e/ou casuística. - O prezo mensual por equipo, I.V.E. incluído, será ofertado polo licitante para os 60 meses de duración do mesmo. No prezo entenderanse comprendidos tódolos gastos de compra e mantemento, incluso os de transporte, gastos xerais, seguro, beneficio industrial e I.V.E. que correrán a cargo do licitante.

3. Instalación dos equipos. A instalación do equipamento informático sempre se realizará nas distintas dependencias municipais, segundo sexa o caso, debendo a empresa adxudicataria facer a posta en marcha dos mesmos con sistema operativo e software como paquete de ofimática, antivirus e outras utilidades básicas necesarias e as configuracións de conexión á rede municipal que se lle proporcione á empresa adxudicataria. 4.- Seguro complementario. O equipamento fornecido deberá estar cuberto por un seguro complementario durante toda a duración do contrato. A póliza entregarase xunto co resto da documentación técnica. Este seguro cubrirá calquera dano, roubo ou perda sufrido mentres se atopen dentro das instalacións municipais ou sexan transportados entre as distintas dependencias municipais ben pola empresa adxudicataria como por persoal de Concello de Portomarin. 5.- Mantemento do equipamento. O equipamento subministrado contará co servizo de mantemento durante toda a vixencia do contrato en canto a reparacións, aínda que se requira a substitución de pezas ou do equipo completo. Dito mantemento levarase a cabo na dependencia onde se atope nese momento o equipo. Dada unha diminución no rendemento/funcionalidade de traballo dun equipo ou dunha impresora, o Departamento correspondente requirirá unha revisión e/ou actualización de compoñentes hardware/software para que o seu funcionamento volva ser óptimo. A empresa adxudicataria proporcionará un número de teléfono para a comunicación de avarías ou incidencias. Este número estará dispoñible de Luns a Venres, en horario de 8:00 a 15:00. Na oferta deberase indicar o número de liñas e persoal de atención telefónica existente. Ao informar dunha incidencia a empresa proporcionará un número de identificación único da mesma. Tras a resolución de calquera actuación de mantemento, entregarase un informe de resolución indicando o número de incidencia, datas, identificativo do computador, diagnóstico da incidencia, proceso de resolución e compoñentes substituídos ou reparados. Con todo, ao anteriormente indicado, o persoal do Departamento municipal correspondente terá liberdade para tentar solucionar as incidencias en primeira instancia, sen restrición á manipulación técnica dos equipos. Sen que isto menoscabe en ningún caso a garantía ou o servizo ofrecido. Na oferta valorarase como unha mellora o que a empresa adxudicataria ofreza sistemas máis avanzados de xestión de incidencias: sistema web online de comunicación de incidencias, sistema de xestión e seguimento de estado de incidencias, etc. 6.- Tipoloxía do equipamento informático.

Os equipos informáticos que compoñen o obxecto do presente concurso, clasificados segundo a súa tipoloxía, detállanse a continuación: Categoría 1. Computador persoal de sobremesa Categoría 2. Computador persoal de sobremesa + Monitor LED 19 + teclado + rato. Categoría 3. Impresora láser multifunción cor A3. Categoría 4. Impresora de etiquetas. Categoría 5. Escáner de escritorio de alta velocidade. Categoría 6. Sistema de Alimentación ininterrompida (SAI/UPS). As características técnicas xerais mínimas recomendadas e específicas para os produtos cuxo subministración é obxecto deste procedemento son: 1. Computador persoal de sobremesa Procesador Memoria Disco Duro Unidade Óptica Tarxeta gráfica Sistema Operativo Outros Intel core TM i5-6500 ou superior 4GB RAM con capacidade de ampliación 500GB SATA DVD Súper Multi Intel HD Graphics 530 ou superior Windows 7 Professional 64bit OEM Portos usb2.0 e 3.0 frontais 2. Computador persoal de sobremesa + monitor LED 19 + teclado + rato Procesador Intel core TM i5-6500 o superior Memoria 4GB RAM con capacidade de ampliación Disco Duro 500GB SATA Unidade Óptica DVD Super Multi Tarxeta gráfica Intel HD Graphics 530 o superior Sistema Operativo Windows 7 Professional 64bit OEM Monitor LED de 19 Outros Puertos usb frontais Periféricos Teclado con lector de dni integrado e rato óptico non inalámbricos 3. Impresora láser multifunción cor A3. Método de impresión Velocidade de impresión A4 (BN / cor) Velocidade de impresión A3 (BN / cor) Resolución de impresión (BN / cor) Impresión a dobre cara Por haz láser en cor 40 / 35 ppm ou superior 20 / 17,5 ppm ou superior 1200*1200 ppp / 600*600 ppp ou superior Automática (estándar)

Push Scan Método de escaneado Escáneo desde o computador (Pull Scan). Escaneado a dispositivo de memoria USB. Velocidade de escaneado A4 (BN / cor) 200 ppp ou superior Velocidade de impresión A3 (BN / cor) 100 ppp ou superior Resolución de escaneado 600 ppp ou superior Escaneado a dobre cara Automática (2 caras a 2 caras) Capacidade de entrada de papel máxima 5.000 follas (80 g/m 2 ) Casete: 52 a 220 g/m 2 Gramaxes de papel compatibles Bandexa multi: 52 a 256 g/m 2 Dobre cara: 52 a 220 g/m 2 ou superior 4. Impresora de etiquetas. Método de impresión Velocidade de impresión Resolución de impresión Anchura de impresión Lonxitude máxima de impresión Memoria Procesador Transferencia térmica 120 mm por segundo ou superior 200 dpi ou superior 104 mm 990 mm 4 MG flash ou superior RISC de 32 bits 5. Escáner de escritorio de alta velocidade. Tipo Escáner con alimentación de papel vertical Resolución óptica 600 ppp ou superior Cara de lectura Anverso/reverso/dobre cara B/N: 25 ppm / 50 ipm ou superior Velocidade de lectura Esc. de grises: 25 ppm / 50 ipm ou superior Cor: 25 ppm / 50 ipm ou superior Dimensións máximas con bandexa aberta 300x235x339 mm 6. Sistema de alimentación ininterrompida. (SAI/UPS). Topoloxía Línea interactiva con AVR Potencia 850 VA/ 480 W ou superior Tensión de entrada e saída 230 VAC Saídas 2 Schucko mínimo Tempo de carga Comunicacións 4-6 horas Porto USB

Protección sobrecarga Si Protección tensión baixa de batería Si Módulo de batería 12 V/7 AHx1 12 V/9 AH x1 Durante a duración do contrato os equipos que sexan substituídos deberán presentar as características recomendadas segundo o estándar do momento e dentro da gama establecida actualmente. Será obrigatorio que as ofertas presentadas se refiran a equipos informáticos cuxas marcas e modelos satisfagan as condicións seguintes: 1. Recoñecemento Internacional. 2. Representación Oficial en Territorio Español. 3. Canles de Distribución de Ámbito Nacional. Calquera oferta que, a xuízo do Ilmo Concello de Portomarin, non satisfaga as especificacións anteriores será eliminada antes da súa avaliación. Os licitantes deberán presentar documentación técnica de todo o equipamento a subministrar para facilitar a información técnica relativa ás súas propostas. As empresas licitantes deberán presentar as súas ofertas para a totalidade dos produtos obxecto deste procedemento de subministración. A adxudicación efectuarase de maneira conxunta a un único licitante. As empresas licitantes están obrigadas a recollida, retirada e reciclaxe dos equipos informáticos. 7.- Mantemento do equipamento. O equipamento fornecido contará co servizo de mantemento durante toda a vixencia do contrato en canto a reparacións, aínda que se requira a substitución de pezas ou do equipo completo. Dito mantemento levarase a cabo na dependencia onde se atope nese momento o equipo. Dada unha diminución no rendemento/funcionalidade de traballo dun equipo, o Departamento de Informática requirirá unha revisión e/ou actualización de compoñentes hardware/software para que o seu funcionamento volva ser óptimo. Todos os gastos derivados de calquera clase de operación esixida pola reparación ou substitución de equipos, incluído o movemento ou retirada das máquinas, serán por conta do adxudicatario, non podendo este reclamar abonos por estes conceptos. A empresa adxudicataria proporcionará un número de teléfono para a comunicación de avarías ou incidencias. Este número estará dispoñible polo menos de Luns a Venres, en horario de 8:00 a 15:00. Na oferta deberase indicar o número de liñas e persoal de atención telefónica existente, así como o número potencial de clientes atendidos polo devandito servizo. Ao informar dunha incidencia a empresa proporcionará un número de identificación único da mesma. Ante a avaría un equipo informático, é unha vez identificada a incidencia resolverase o problema ou sustiruirase temporalmente o equipo nun prazo inferior a 24 horas.

Tras a resolución de calquera actuación de mantemento, entregarase un informe de resolución indicando o número de incidencia, datas, identificativo do computador, diagnóstico da incidencia, proceso de resolución e compoñentes remplazados ou reparados. Con todo, ao anteriormente indicado, o concello terá liberdade para tentar solucionar as incidencias en primeira instancia, sen restrición á manipulación técnica dos equipos. Sen que isto menoscabe en ningún caso a garantía ou o servizo ofrecido. Na oferta valorarase como unha mellora o que a empresa adxudicataria ofreza sistemas máis avanzados de xestión de incidencias: sistema web online de comunicación de incidencias, sistema de xestión e seguimento de estado de incidencias, etc 8.- Plan de suministro. A firma do contrato, a empresa adxudicataria deberá proveer un total de: - Catro equipos da categoría 1. (computador persoal de sobremesa) - Un equipo da categoría 2. (computador persoal de sobremesa+monitor LED 19 +teclado+rato) - Un equipo da categoría 3. (impresora láser multifunción cor A3) - Un equipo da categoría 4. (Impresora de etiquetas) - Un equipo da categoría 5. (Escáner de escritorio de alta velocidade) - Nove equipos da categoría 6. (Sistema de Alimentación ininterrompida (SAI/UPS) 9.- Orzamento e duración do contrato. Establécese un orzamento de licitación máximo de 14.400,00 Euros mais IVE. Prezo 14.400,00 IVA 21% 3.024,00 TOTAL 17.424,00 A duración do contrato será de 60 meses, polo que o prezo mensual será de 240,00 euros/mes. 10.- Criterios de adxudicación. Para a valoración das ofertas máis vantaxosas atenderase os seguintes criterios: Criterio Oferta económica Adxudicaranse 6 puntos por cada 1% de rebaixa sobre o prezo fixado, sen que se teñan en conta as fraccións desta porcentaxe. Melloras técnicas Puntuación Ata 50 puntos Ata 30 puntos

Teranse en conta as melloras técnicas ofrecidas. É necesario que os licitadores expoñan de xeito claro e detallado as prestacións que inclúen neste apartado e describan as melloras que supoñen para o Concello as prestacións adicionais. Outras melloras Valorarase calquera tipo de mellora non contemplada e que supoña para o concello un aumento nas prestacións iniciais. 11.- Compromiso de confidencialidade. Ata 20 puntos A empresa adxudicataria comprométese de maneira expresa a utilizar calquera información propia do Ilmo Concello de Portomarin á que teña acceso como consecuencia da execución do contrato coa exclusiva finalidade de realizar a subministración contratada. Enténdese por información propia calquera información relativa a aspectos administrativos, financeiros, comerciais e/ou técnicos do seu funcionamento que sexa fornecida polo Ilmo Concello de Portomarin ao adxudicatario coa finalidade descrita. A información propia do Ilmo Concello de Portomarin nos termos definidos terá a consideración de información confidencial, polo que o adxudicatario comprométese de maneira expresa a non difundir, transmitir, nin revelar a terceiras persoas, nin a utilizar tal información, en interese propio ou de terceiros, tanto durante a vixencia do contrato, como despois da súa extinción, sen o previo consentimento expreso do Ilmo Concello de Portomarin que haberá de constar necesariamente por escrito. Dita prohibición esténdese á reprodución en calquera soporte de tal información. O adxudicatario responde fronte ao Ilmo Concello de Portomarin do cumprimento destas obrigacións polas persoas que asigne á execución do contrato. Así mesmo o adxudicatario comprométese a destruír a devandita información en canto o seu uso xa non sexa necesario para a execución do contrato. 12.- Protección de datos de carácter persoal. O adxudicatario obrígase a cumprir a normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal. Se en execución do contrato fose necesario o acceso do adxudicatario a datos de carácter persoal contidos en ficheiros titularidade do Ilmo Concello de Portomarin, o adxudicatario unicamente poderá tratar tales datos conforme ás instrucións do Ilmo Concello de Portomarin, responsable do tratamento, e non os aplicará ou utilizará con fin distinto, nin os comunicará, nin sequera para a súa conservación, a outras persoas. O tratamento de tales datos, por parte do adxudicatario unicamente poderá ser realizado coa exclusiva finalidade de executar o contrato subscrito co Ilmo Concello de Portomarin. Se o tratamento de datos ten lugar, o adxudicatario comprométese: + A non utilizar nin a tratar tales datos de carácter persoal cunha finalidade distinta da mencionada e a non comunicalos baixo ningún concepto a terceiras persoas, nin sequera para a súa conservación, e, en especial, non reproducirá, publicará nin difundirá ningunha información acerca daqueles.

+ A garantir o cumprimento das medidas de seguridade establecidas no Regulamento de Medidas de Seguridade do Ilmo Concello de Portomarin. Á extinción da relación contractual por calquera causa, os datos de carácter persoal aos que tivese acceso o adxudicatario deberán ser destruídos ou devoltos ao Ilmo Concello de Portomarin, do mesmo xeito que calquera soporte ou documento no que conste algún dato de carácter persoal obxecto do tratamento. O incumprimento destas obrigacións por parte do adxudicatario faralle responder persoalmente as infraccións que cometa coma se ocupase a posición de Responsable do Tratamento. A vulneración das estipulacións contidas na presente cláusula será considerada como causa xustificada de resolución do contrato, sen dereito á percepción de indemnización algunha por parte do adxudicatario nin observancia de ningún prazo de preaviso por parte do Ilmo Concello de Portomarin. No suposto de incumprimento das obrigacións asumidas en virtude desta cláusula, e con independencia do anteriormente exposto, o Ilmo Concello de Portomarin se reserva en todo caso o dereito de reclamar o resarcimiento dos danos e prexuízos que se lle puidesen causar como consecuencia do devandito incumprimento. O adxudicatario deberá achegar, a toda a documentación presentada, unha declaración na que indique expresamente a estrita observancia destas obrigacións por parte do seu persoal en xeral e, en particular, por parte das persoas que asigne á execución do contrato. Asinado electronicamente a marxe do documento Fdo.- Roberto Rodríguez Vázquez Técnico Municipal