N IÓ C AMA R G O R P

Documentos relacionados
DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

CENTRO SOCIAL DE OLEIROS

Convocatoria ordinaria de 2012

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

Seminarios de Formación Continua

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

ACTIVIDADES AJEDRECÍSTICAS PRIMAVERA VERANO

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

Crónica de la Jornada: J.C. Nóvoa Muñoz y M. Arias Estévez Fotografías: J.C. Nóvoa Muñoz y Rosa Tedín (DUVI)

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

LÍNEAS TEMÁTICAS PARA OS TRABALLOS FIN DE GRAO EN HISTORIA DA ARTE

ENTIDA D DE D S SEN ÁNIMO O DE D LU L C U R C O R 15/12/2015, A Coruña

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Secretaría Xeral de Política Social 2014

VI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

Comisión Galega de Bioética

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

Currículo Vitae Begoña Garrido Labrador (socia fundadora de Xeitura: Xestión Integral do Patrimonio Cultural)

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

FACULTADE DE FILOLOXÍA

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

Programación Cultural setembro - decembro 2009 Ourense

Una empresa con vocación de servicio

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.

CMUS Profesional de Viveiro

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

Direccion Xeral de Comercio. Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia.

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

Diario de Pontevedra PONTEVEDRA

A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

Hermanamiento con EL SALVADOR

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA

...DON MANUEL JOSÉ DÍAZ SÁNCHEZ, secretario xeral do pleno do excelentísimo Concello da Coruña.

NOTICIA FECHA MEDIO LOGO XIC /9/ Minutos. 10/9/2013 Correo Gallego. 20/9/2013 El correo Gallego. 18/10/2013 Inversión y finanzas

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

PAU XUÑO 2014 DESEÑO

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

ESCENARIO DE PRÁCTICAS Celebraranse as probas nas Pistas de Atletismo ao aire libre, de Elviña (A Coruña), e da Malata (Ferrol)

Educación Infantil Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuatrimestre. 6 FB 1 2c

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

AULA DA NATUREZA DE CABO UDRA

Arquivos estatais do Ministerio de Cultura h t t p : / / w w w. m c u. e s / a r c h i v o s / i n d e x. h t m l

REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA

DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2011 Páx. 8548

RECOMENDACIÓNS XERAIS

Xestión da mobilidade

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR SERVIZO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

Galicia >> Voluntariado: nuevos retos, el mismo compromiso

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

ACTA DE LA SESION EXTRAORDINARIA URGENTE CELEBRADA POR EL PLENO DEL AYUNTAMIENTO EL DIA VEINTE DE SEPTIEMBRE DE MIL NOVECIENTOS NOVENTA Y UNO.

FACULTADE DE HUMANIDADES DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA E ANTROPOLOXIA SOCIAL

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

REGULAMENTO PARA A DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER EN XESTIÓN DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E ARQUITECTÓNICO, MUSEOS E MERCADO DA ARTE

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

O ENSINO DO GALEGO COMO LINGUA ESTRANXEIRA

Modelos de Gestión Clínica. Servizo Galego de Saude

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Educar para a cidadanía global

CURRICULUM VITAE I. DATOS DE IDENTIFICACIÓN. Teléfono researchgate.net Mónica Arto-Blanco II. RESEÑA BIOGRÁFICA

...DON MANUEL JOSÉ DÍAZ SÁNCHEZ, Secretario General del Pleno del Excelentísimo Ayuntamiento de A Coruña.

COLECCIÓN DE MAQUETAS ARTESANAIS DO CRE DE PONTEVEDRA

As horas/ad Hoc. Chámalle X.

GRAO EN RRLL E RHH TRABALLOS FIN DE GRAO (TFG) Relación de traballos e prazo de solicitude para a súa asignación ao alumnado Curso 2013/14

ASISTENCIA PERSOAL Un Dereito recoñecido na Convención

Formación Profesional. Contrastes curriculares dos títulos da Familia Profesional de Hostalería e Turismo de Galicia e Portugal

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

Currículo vitae dos conferenciantes de O Sáhara, trinta anos despois ciclo conversascon: Pontevedra, 27, 28 e 29 de febreiro de 2008

DIÁLOGO SOCIAL EN GALICIA

Lexislación e Territorio

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

AVANCE PROGRAMA DETALLADO Y HORARIO MÁSTER EN LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL COMO APORTE A LA FORMACIÓN Y DESARROLLO DE HÁBITOS LECTORES

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Cuestionario de Convivencia Preguntas frecuentes

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

EXTRACTO DO BORRADOR DA ACTA. da sesión ORDINARIA, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno do Excmo. Concello de Lugo o día

ENERXÍA HIDRAÚLICA. COMPOÑENTES DUNHA CENTRAL HIDROELÉCTRICA

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO

Transcripción:

PROGRAMACIÓN

CENTENARIO DAS IRMANDADES DA FALA En 2016 cúmprese o centenario da fundación das Irmandades da Fala, movemento histórico nacido en defensa do idioma galego e do recoñecemento político da identidade de Galicia. As Irmandades da Fala foron promotoras de moitas das aspiracións da Galicia do século XX no aspecto lingüístico, cultural e político. A súa contribución supuxo un paso adiante decisivo no cultivo do idioma galego e na defensa da identidade de Galicia como suxeito político dentro do contexto xeral de rexeneración do país. Promoveron unha renovación cultural que abriu novas vías para o desenvolvemento das artes en Galicia, tanto na plástica, como na música e na literatura. A primeira Irmandade dos Amigos da Fala creouse o 18 de maio de 1916 na Coruña da man de Antón Vilar Ponte, convocante da xuntanza, e arredor de 20 galeguistas máis, entre os que se encontraban Ramón Vilar Ponte, Manuel Lugrís Freire ou Lois Porteiro Garea. Tras dela foron constituíndose outras agrupacións locais ata que, en 1931, se funda o Partido Galeguista, no que quedan integradas as 46 irmandades existentes que se repartían por toda Galicia e mesmo por países con comunidades galegas de emigrantes. As Irmandades da Fala orientáronse inicialmente á promoción da cultura e da lingua galegas, mais axiña ampliaron o seu campo de acción cara a iniciativas de carácter político, que incluirían a presentación de candidatos ás eleccións parlamentarias de 1918 ou a aprobación do Manifesto nazonalista da I Asemblea Nazonalista (Lugo, 1918), que constituiría a base de todos os programas do nacionalismo galego ata 1936. No seu afán de dignificaren a lingua galega e convertérena en idioma plenamente actual e útil nunha sociedade do século XX, promoveron medios e canles de difusión que lles permitisen desenvolver os xéneros textuais menos cultivados durante o Rexurdimento (narrativa, ensaio, teatro, artigo xornalístico), tales como a revista A Nosa Terra voceiro das súas propostas e inquedanzas ou as editoriais Lar e Céltigos, nas que consolidarían a súa carreira como escritores as principais figuras da Xeración Nós, herdeira, por outra banda, do empeño modernizador da cultura galega que guiou sempre a actuación das Irmandades. 3

ENTIDADES IMPLICADAS NA PROGRAMACIÓN INSTITUCIONAL CONXUNTA O Parlamento de Galicia aprobou o 29 de abril de 2015 unha proposición non de lei para a declaración por parte da Xunta de Galicia do ano 2016 como Ano das Irmandades da Fala (09/PNP 002634 [36023]). No texto aprobado, ínstase tamén o Goberno galego a establecer un programa de actividades que permita divulgar o labor desta organización animada polo propósito de traballar pola consecución dunha Galicia máis culta, libre, xusta e comprometida consigo mesma. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e o Museo do Pobo Galego, coa colaboración de concellos e doutras entidades públicas e privadas, poñen en marcha unha programación conxunta para a celebración do Ano das Irmandades da Fala, consonte a declaración unánime do Parlamento de Galicia. 4

PROGRAMACIÓN 2016-2018 18 DE MAIO DE 2016 ACTO CONMEMORATIVO DA FUNDACIÓN DAS IRMANDADES DA FALA No mes de maio, a Real Academia Galega promove, xunto co Concello da Coruña, un acto conmemorativo da fundación das Irmandades da Fala, de carácter cívico e literario-musical, que se celebrará na cidade da Coruña. INICIATIVAS DE DIFUSIÓN SOCIAL DAS IRMANDADES DA FALA DO 20 DE MAIO 2016 A MAIO 2017 Exposición Centenario das Irmandades da Fala A Deputación da Coruña, a Real Academia Galega e o Museo do Pobo Galego organizan unha exposición itinerante para difundir entre a cidadanía o labor das Irmandades da Fala. Deseñada por Pepe Barro, a mostra estrutúrase arredor de dez temas vinculados co labor desta organización. Materiais audiovisuais, música en escoita, documentos orixinais, publicacións e unha selección de obras de arte e obxectos singulares constrúen un completo relato da dimensión das Irmandades da Fala. A mostra, que botará a andar en maio na sede da Fundación Barrié da Coruña, visitará, nunha primeira xeira, grazas á colaboración das catro deputacións provinciais, as sete cidades galegas para logo percorrer outros concellos da provincia da Coruña, nun percurso que se alongará ata maio de 2017. Colaboran no proxecto expositivo a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Fundación Penzol, Fundación Otero Pedrayo, Fundación Antonio Losada Diéguez, Fundación Vicente Risco, Fundación Castelao, Fundación Alexandre Bóveda, Fundación Illa Couto, Fundación Antonio Fraguas, Museo de Pontevedra, Fundación Galiza Sempre, Fundación Moncho Reboiras, Galiza Cultura, Fundación Rosalía de Castro, Fundación Bautista Álvarez, Fundación Manuel María e o Departamento de Galego-Portugués da Universidade da Coruña. 5

Mostra Memoria do galeguismo en Ourense OUTUBRO 2016 O Arquivo Histórico Provincial de Ourense propón unha exposición panorámica da memoria documental e bibliográfica do galeguismo ourensán que se custodia neste centro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Coa finalidade de ofrecer unha visión de conxunto baixo unha liña cronolóxica, documentos orixinais e materiais bibliográficos conducirannos polos momentos e as persoas protagonistas dos inicios das Irmandades, singularmente, Lamas Carvajal, Curros Enríquez, Risco, Otero Pedrayo e Xaquín Lorenzo. Exposicións Irmandades da Fala De acordo coa expansión que as Irmandades da Fala protagonizaron entre 1916 e 1918, o Consello da Cultura Galega prolongará ata 2018 a súa programación. Para o 2017 e o 2018 planifica dúas exposicións: As sociedades corais nos tempos das Irmandades da Fala 2017 Esta mostra é unha revisión do período das Irmandades a través das sociedades corais que impulsaron e promoveron a normalización da lingua e a cultura de Galicia. Céntrase, principalmente, nos catro coros históricos que manteñen a súa actividade artística: a Coral de Ruada (Ourense), Cántigas da Terra (A Coruña), Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) e o coro Toxos e Froles (Ferrol). A exposición achega documentación variada que abrangue partituras, vestiario, escenografía, libretos etc., que dan conta da súa faceta musical e teatral. Alba de Gloria: sobre a simbólica nacional galega Coincidindo co 70.º aniversario do célebre discurso político de Afonso R. Castelao coñecido como Alba de Gloria, pronunciado o 25 de xullo de 1948 en Buenos Aires, a exposición achegará as 64 personalidades que Castelao cita nesa alocución como as grandes figuras da historia de Galicia. 2018 Mostras bibliográficas Irmandades da Fala nas bibliotecas públicas 2016 As bibliotecas públicas de xestión autonómica de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo realizarán nos seus centros mostras de publicacións sobre as Irmandades da Fala procedentes dos seus fondos bibliográficos e documentais. 6

ACTIVIDADES ACADÉMICAS DE DIFUSIÓN DO LABOR DAS IRMANDADES 17, 18 E 19 NOVEMBRO DE 2016 Simposio Repensando Galicia: As Irmandades da Fala 1916-1931 O Museo do Pobo Galego, coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, organiza este congreso co obxectivo de fornecer un marco de análise da significación das Irmandades da Fala na evolución do pensamento, das ciencias, da literatura e das artes de Galicia, e a súa incidencia política no ámbito estatal nunha época convulsa. O simposio desenvolverase entre o 17 e o 19 de novembro de 2016 no Auditorio do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, e organizarase en dez sesións arredor de temáticas diversas: Ideoloxías e programas; Organización e acción política; Lingua, literatura e medios de comunicación; Economía e sociedade; A cuestión de xénero nas Irmandades da Fala; Ciencias, artes plásticas e música; Relacións exteriores; e Análise comparativa. DE XUÑO A DECEMBRO DE 2016 Ciclo de mesas de debate No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos A Real Academia Galega programa un ciclo de mesas de debate sobre temas relacionados coas Irmandades da Fala e as súas propostas, ideas e iniciativas de relevancia para a consolidación do idioma galego, a creación literaria e a comunicación, en coa visión da cultura e da identidade da época. Este ciclo desenvolverase de xuño e decembro deste ano en distintas localidades de Galicia, en acompañamento da itinerancia da exposición, e será tamén marco para a difusión pública dos catro volumes antolóxicos editados pola RAG no segundo semestre deste ano, en coedición co Parlamento de Galicia. Seminarios Irmandades da Fala O Consello da Cultura Galega ten previsto abordar tres seminarios arredor das Irmandades que se desenvolverán ata 2018, en paralelismo coa notable expansión que as Irmandades da Fala amosaron entre 1916 e 1918. OUTUBRO 2016 As nacionalidades na Europa de entreguerras: de imperios a nacións, o contexto internacional das Irmandades da Fala Baixo a coordinación do profesor Xosé Manuel Núñez Seixas, profesor da Universidade de München e da Universidade de Santiago de Compostela, analizaranse neste seminario as Irmandades da Fala en clave europea, co estudo das nacionalidades da época de entreguerras. 7

Cultura e política na España do primeiro terzo do século XX: nacionalismos culturais e políticos, o exemplo das Irmandades da Fala 2017 Neste seminario preténdese afondar na cultura e na política do primeiro terzo do século XX. Galicia-América, unha viaxe de ida e volta: Ecos das Irmandades da Fala fóra de Galicia 2018 Pecha o ciclo un seminario centrado na relación das Irmandades da Fala co movemento migratorio. PUBLICACIÓNS Antoloxías A Real Academia Galega prepara a edición de catro antoloxías que verán a luz no segundo semestre do ano, estruturadas por xéneros: ensaio e oratoria, teatro, narrativa e poesía. 2016 Actas No tempo das Irmandades, fala, escrita e prelos Os relatorios que se presentarán no ciclo de mesas de debate No tempo das Irmandades fala, escrita e prelos, deseñado pola Real Academia Galega, serán recollidos nun volume impreso, editado por esta institución coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia. 2017 Vertente xornalística das Irmandades da Fala A Asociación de Prensa da Coruña recupera, na súa Biblioteca de Autores, con motivo do centenario das Irmandades, a vertente xornalística do labor dalgúns dos fundadores desta organización, como Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, Luis Porteiro Garea, Francisco Tettamancy e, principalmente, Antón Vilar Ponte, todos eles asistentes á asemblea do 18 de maio celebrada na Coruña e tamén participantes das distintas directivas da Asociación de Prensa da Coruña. Esta edición conta co apoio económico da Consellería de Cultura e Educación. ABRIL 2016 8

AS IRMANDADES DA FALA NA REDE E NAS PANTALLAS 2016 Web das Irmandades da Fala O Consello da Cultura Galega albergará ao longo do 2016 un espazo web dedicado ás Irmandades da Fala, co fin de difundir as distintas vertentes daquela organización. 2016 Álbum das Irmandades da Fala Este proxecto do Consello da Cultura Galega materializará, con motivo do centenario, o Álbum das Irmandades da Fala, un espazo web destinado a recoller as biografías dos seus principais protagonistas. MAIO 2016 Micrositio Galiciana: Publicacións das Irmandades da Fala A Biblioteca de Galicia creará un novo micrositio en Galiciana no que se mostrarán, dixitalizadas, as publicacións históricas realizadas polas Irmandades da Fala (manifestos, revistas, panfletos etc.), que se fará público en maio, con motivo da celebración do centenario da súa fundación. MARZO 2016 Fondos dixitalizados en academia.gal Desde o 21 de marzo, a Real Academia Galega porá a disposición pública na rede, a través do seu espazo web, materiais do seu arquivo relacionados coas Irmandades da Fala, os seus principais persoeiros e as súas actividades. 2016 Difusión da programación nas redes sociais A Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, daralles difusión, a través das redes sociais e boletíns informativos, ao conxunto das actividades programadas polas institucións con motivo da celebración do centenario. 2016 Difusión na Rede de Dinamización Lingüística A Rede de Dinamización Lingüística, coordinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, e integrada por 170 concellos de Galicia, realizará ao longo do ano unha serie de accións conxuntas para a difusión social das Irmandades nos medios dixitais. 9

A época das Irmandades na pantalla MARZO 2016 O Centro Galego de Artes da Imaxe dependente da Agadic promove a proxección da curtametraxe recuperada de José Gil Miss Ledyia (1916). Con guión de Rafael López Aro e coa participación de Afonso R. Castelao como intérprete, a produción conta a chegada dunha excéntrica moza norteamericana á Toxa, onde se aloxan, de incógnito, os reis de Suavia, ameazados polos anarquistas. 10