Informe climatolóxico outono 2015 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2015

Documentos relacionados
Rachas m $)A (" ximas registradas el 8/11/2010 Racha m $)A (" xima (km/h) Xares A Veiga Cabeza de Manzaneda Manzaneda Lardeira Carballeda

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA

Características climáticas del trimestre junio-agosto de Temperaturas

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

Características climáticas del trimestre diciembre- febrero de 2012.

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

Informe climatolóxico Mes de novembro 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

LA RESPUESTA DEL EDUCADOR EN LOS CENTROS DE MENORES

ENERXÍA HIDRAÚLICA. COMPOÑENTES DUNHA CENTRAL HIDROELÉCTRICA

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

Informe socioeconómico del sector logístico en Galicia.

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

ESTUDIO DE LOS DATOS CONTENIDOS EN EL REGISTRO DE ENTIDADES LOCALES

O 5 de Agosto de 2008 solicitase unha Xuntanza co Sr. Figueroa Vila para solicitar información sobre os campos de fútbol.

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

Direccion Xeral de Comercio. Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia.

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

NOTICIA FECHA MEDIO LOGO XIC /9/ Minutos. 10/9/2013 Correo Gallego. 20/9/2013 El correo Gallego. 18/10/2013 Inversión y finanzas

VARIEDADES AUTÓCTONAS DE TOMATES DE GALICIA

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

Programación Cultural setembro - decembro 2009 Ourense

O ENSINO DO GALEGO COMO LINGUA ESTRANXEIRA

DISPOSITIVOS DE ATENCIÓN A TRASTORNOS ADICTIVOS EN GALICIA DATOS ACTUALIZADOS A JUNIO DE 2010

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

CONCELLOS CERVO. Anuncio

CURSO DE MEDIACIÓN FAMILIAR, E INTRODUCIÓN Á MEDIACIÓN PENAL E PENITENCIARIA

Acta da Comisión Permanente celebrada o 18 de novembro de 2011

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio CMPS003. Código. Proba de. Ciencias sociais. Páxina 1 de 10

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

ACTA DE LA SESION EXTRAORDINARIA URGENTE CELEBRADA POR EL PLENO DEL AYUNTAMIENTO EL DIA VEINTE DE SEPTIEMBRE DE MIL NOVECIENTOS NOVENTA Y UNO.

INFORME SOBRE LOS FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS DEL DÍA 9 DE MARZO DE 2013

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

formativos de de grao grao superior CSPC003 Código Proba de Matemáticas Páxina 1 de 12

COLECCIÓN DE MAQUETAS ARTESANAIS DO CRE DE PONTEVEDRA

CALENDARIO ACADMICO DO CURSO (Aprobado no C.G. do 7 de maio de 2015)

DIÁLOGO SOCIAL EN GALICIA

PROGRAMA DE MAYORES DE LA UNIVERSIDAD DE VIGO, CAMPUS DE VIGO

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEC02. Código. Proba de. Química. Páxina 1 de 12

CURSO EN MANTENIMIENTO DE INSTALACIONES CON RIESGO DE LEGIONELA

ORDENANZA REGULADORA DO DEBER DE CONSERVACIÓN, DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS E DA DECLARACIÓN DE RUINA DO CONCELLO DE OURENSE

Una empresa con vocación de servicio

Educar para a cidadanía global

II XORNADA DE TRABALLO PARA AVALIADORES EXTERNOS

Programación 2º de EP MATEMÁTICAS

III. OTRAS DISPOSICIONES

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

(A Habana, )

Boletín de Predicción de Cosecha Castilla y León

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Boletín oficial. provincia de ourense

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 10

TEMPERATURA. Temperatura media del invierno en España. Serie de temperaturas medias en España en el trimestre diciembre -febrero ( )

PAU XUÑO 2013 DESEÑO

PAU XUÑO 2015 DEBUXO ARTÍSTICO II

GEOGRAFÍA 2º Bat. Tema 2º Tiempo y Clima

Resumen Climático del año Temperaturas

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teńen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Do 16 de ao 21 de abril

TEMAS. Verbas do Presidente Información Aprendo Colaboracións Recordatorios e propostas Felicitación de Nadal

Informe Galicia Empleo y población en las comarcas de Galicia en

Tecnología para un mundo más accesible Tecnoloxía para un mundo máis accesible

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DE LUGO. Anuncio

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB03. Código. Proba de. Física. Páxina 1 de 11

PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE, DE DÚAS PRAZAS DE OPERARIO INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2010

AFIGAL avala la recuperación de la Costa da Morte Microcréditos a tipo de interés cero y amortizables en cinco años. 3 AFIGAL concedió Nº 31

CENTROS DE COORDINACIÓN DE INCENDIOS FORESTALES EN GALICIA. Madrid, 22 de mayo de 2013

GRAO EN RRLL E RHH TRABALLOS FIN DE GRAO (TFG) Relación de traballos e prazo de solicitude para a súa asignación ao alumnado Curso 2013/14

INFORME DE LA ENCUESTA REALIZADA A TODO EL PERSONAL DE LA FACULTAD DE QUÍMICA CON LOS CURSOS DE FORMACIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RAZA AUTÓCTONA GALEGA BOLETÍN INFORMATIVO DO CLUB

DEPARTAMENTO DE PRODUCCIÓN ÁREA DE CLIMATOLOGÍA Y APLICACIONES OPERATIVAS

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 292 Martes, 21 decembro 2004 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

CONCELLOS PEDRAFITA DO CEBREIRO. Anuncio

1.- Unha empresa presenta uns custos fixos de 800 unidades monetarias. Ademais os custos variables para cada nivel de produción son os seguintes:

Boletín oficial. provincia de ourense

FESTAS DA BARQUIÑA 2016

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS AUGAS DE GALICIA-SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Acto de adhesión al documento de consenso. Hablemos de las vacunas desde la ciencia y el conocimiento. Santiago de Compostela, 17 de diciembre

SANTA EULALIA DE BÓVEDA

Ciencias da terra e ambientais

ACTA Nº 2 DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CONCELLO DE MUROS.

provincia de ourense n.º 142 martes, 21 xuño 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Informe meteorológico

OFRENDA NACIONAL AO APÓSTOLO SANTIAGO DELEGADO REXIO: ALCALDE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, Xosé A. Sánchez Bugallo 25 de xullo de 2008

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 9

INSERCIÓNS PRENSA

Ribadumia entorno natural...entre dúas augas

Transcripción:

INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2015

ÍNDICE 1 INTRODUCCIÓN... 3 2 BALANCE DA TEMPERATURA E PRECIPITACIÓN EN OUTONO 2015 EN GALICIA.... 3 2.1. Temperatura... 4 2.2. Precipitación... 9 3 EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA TEMPERATURA E A PRECIPITACIÓN DE OUTONO.... 13 3.1. Temperatura... 13 3.2. Precipitación... 16 Data edición: 16-12-2015 Páxina 2 de 17

Outono cálido e seco, principalmente debido ao mes de novembro. 1 INTRODUCCIÓN O outono de 2015, aínda que cálido, foi moi distinto ó do ano anterior, que presentou 2ºC de anomalía positiva. Nesta ocasión o valor de referencia do período 1971-2000, que é 14.3 ºC, foi superado en 0.9 ºC, o que fai que a estación sexa considerada como cálida. En canto ás precipitacións, a chuvia rexistrada foi inferior nun 21% ao valor climático de referencia do período 1971-2000, que é de 390 L/m 2, e polo tanto, o outono pode cualificarse como seco. O ano que acadou unha anomalía inferior a este ano foi o 2007. A continuación preséntase unha descrición climatolóxica que caracterizou á estación de outono (dende setembro de 2015 a novembro de 2015). Así analízanse os datos de temperatura e precipitación e a súa evolución no tempo considerando o período de referencia 1971-2000. Os criterios para definir as categorías climáticas correspondentes á precipitación e á temperatura móstranse na táboa 1. Categoría PP Porcentaxe de precipitación total rexistrada respecto da media climática Categoría temperatura Diferenza entre a temperatura media e a media climática. Moi seco <30% Moi cálido 3ºC Seco Entre 30% e 90% Cálido Entre +3ºC e +0.5ºC Normal Entre 90% e 110% Normal Entre 0.5ºC e -0.5ºC Húmido Entre 110% e 190% Frío Entre -0.5ºC e -3ºC Moi Húmido >190% Moi Frío -3ºC Táboa 1: Categorías para precipitación e temperatura. Se falamos de temperatura media, enténdese por anomalía a diferenza entre a temperatura media deste outono e o valor climático obtido con respecto ó período de referencia 1971-2000. Para a variable precipitación enténdese por anomalía a porcentaxe da precipitación acumulada no outono respecto do valor da media climática correspondente. Páxina 3 de 17

2 BALANCE DA TEMPERATURA E PRECIPITACIÓN EN OUTONO 2015 EN GALICIA. 2.1. Temperatura En setembro, houbo dous períodos fríos ao principio e a mediados do mes, que foron compensados polos períodos máis cálidos do resto do mes. Como resultado disto o mes estivo moi preto da normalidade, se ven foi cualificado como frío cunha anomalía de -0.5 ºC debido a que incluso nos períodos cálidos as temperaturas mínimas foron baixas para a época do ano. No segundo mes da estación as temperaturas estiveron lixeiramente por riba do normal, resultando un outubro cálido. Isto debeuse en gran parte ás altas temperaturas que se rexistraron nos períodos anticiclónicos. Sen embargo, nos casos en que Galicia estivo baixo a influencia das borrascas, estas localizábanse ao sur de Galicia e polo tanto achegaban aire cálido, polo que as temperaturas tamén foron altas. Temos que destacar sen embargo o episodio frío nos últimos días do mes. O mes de novembro foi o responsable de que este outono resultase cálido, cunha anomalía de temperatura de 2.5 ºC. Neste mes o descenso térmico dos derradeiros 10 días non puido cancelar a importante anomalía positiva da primeira metade do mes. Destacan as elevadas temperaturas rexistradas principalmente nas xornadas do 6, 7 e 8, onde se superaron rexistros históricos en moitas localidades de Galicia, como os 26.1ºC de máxima o día 7 na cidade de Ourense ou os 19.1ºC de mínima o día 6 na cidade da Coruña. Nas táboas 2 e 3 móstranse as temperaturas máximas máis altas rexistradas na Comunidade Galega na estación de outono 2015 para estacións situadas por debaixo e por enriba dos 1000 metros de altitude respectivamente. Destaca especialmente a xornada do 7 de setembro en altitudes baixas, nas que se rexistraron valores de temperatura que superaron os 30 ºC. Porén, nas zonas altas destaca tamén o día 25. Todas estas temperaturas déronse principalmente na metade sur da Comunidade. Páxina 4 de 17

Temperaturas máximas máis altas rexistradas no outono 2015 por debaixo dos 1000 m de altitude Data Estación Concello Provincia TA (ºC) 07/09/2015 Remuíño Arnoia Ourense 34.8 06/09/2015 EVEGA Leiro Leiro Ourense 34.7 07/09/2015 Ourense Ourense Ourense 33.3 07/09/2015 Prado Castrelo de Miño Ourense 32.8 07/09/2015 Ourense-Estacións Ourense Ourense 32.7 07/09/2015 A Portela Vilamartín de Valdeorras Ourense 31.7 07/09/2015 Meder Salvaterra de Miño Pontevedra 31.7 07/09/2015 Cequeliños Arbo Pontevedra 31.7 07/09/2015 San Clodio Ribas de Sil Lugo 31.4 07/09/2015 Míllara Ferreira de Pantón Lugo 31.4 Táboa 2: Temperaturas máximas máis altas rexistradas na outono de 2015 a altitude menor de 1000 m. Temperaturas máximas máis altas rexistradas no outono 2015 por riba dos 1000 m de altitude Data Estación Concello Provincia TA (ºC) 07/09/2015 O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense 26.8 07/09/2015 Xurés Muiños Ourense 25.7 08/09/2015 San Xoán de Río San Xoán de Río Ourense 25.6 25/09/2015 A Mezquita A Mezquita Ourense 25.6 08/09/2015 Corzos A Veiga Ourense 24.7 08/09/2015 Xurés Muiños Ourense 24.2 25/09/2015 Serra do Eixe O Barco de Valdeorras Ourense 23.1 24/09/2015 O Cebreiro Pedrafita do Cebreiro Lugo 23.0 25/09/2015 Casaio Carballeda de Valdeorras Ourense 22.7 08/09/2015 Ancares Cervantes Lugo 21.8 Táboa 3: Temperaturas máximas máis altas rexistradas na outono de 2015 a altitude maior de 1000 m. Nas táboas 4 e 5 móstranse as temperaturas mínimas máis baixas rexistradas na Comunidade no outono de 2015 para as estacións situadas por enriba e por debaixo dos 1000 metros de altitude respectivamente. A xornada do 23 de novembro foi a que resultou máis baixa en altitudes elevadas, mentres que as dúas últimas xornadas do outono resultaron as máis fría por debaixo dos 1000 m.. Páxina 5 de 17

Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no outono 2015 por riba dos 1000 m de altitude Data Estación Concello Provincia TA (ºC) 23/11/2015 Cabeza de Manzaneda Manzaneda Ourense -5.6 23/11/2015 Xares A Veiga Ourense -5.2 23/11/2015 Lardeira Carballeda de Valdeorras Ourense -4.5 23/11/2015 Corzos A Veiga Ourense -4.5 23/11/2015 O Cebreiro Pedrafita do Cebreiro Lugo -3.9 23/11/2015 Ancares Cervantes Lugo -3.6 23/11/2015 Alto do Poio Pedrafita do Cebreiro Lugo -2.9 23/11/2015 Serra do Eixe O Barco de Valdeorras Ourense -2.0 30/11/2015 O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense -2.0 23/11/2015 A Mezquita A Mezquita Ourense -1.9 Táboa 4: Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas na outono de 2015 a altitude superior a 1000m. Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no outono 2015 por debaixo dos 1000 m de altitude Data Estación Concello Provincia TA (ºC) 30/11/2015 Calvos Calvos de Randín Ourense -8.2 30/11/2015 Baltar Baltar Ourense -5.3 30/11/2015 Morelle Sarria Lugo -4.1 29/11/2015 Verín-Vilela Verín Ourense -3.8 29/11/2015 Viana do Bolo Viana do Bolo Ourense -3.5 29/11/2015 Mouriscade Lalín Pontevedra -3.2 29/11/2015 Sambreixo Guitiriz Lugo -3.0 29/11/2015 Monte Medo Baños de Molgas Ourense -3.0 30/11/2015 Xinzo Xinzo de Limia Ourense -2.9 29/11/2015 EVEGA Leiro Leiro Ourense -2.7 Táboa 5: Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas na outono de 2015 a altitude inferior a 1000m. Páxina 6 de 17

Na figura 1 móstrase o mapa de temperatura media para o outono de 2015. Os valores máis baixos desta variable presentáronse en Pena Trevinca e en Cabeza de Manzaneda, onde se acadaron valores de ata 6.6 ºC. Os valores máis altos de temperatura déronse na comarca de Coruña e en parte da comarca de Vigo, con valores que superaron os 17 ºC. Figura 1: Temperatura media no outono 2015 Páxina 7 de 17

Na figura 2 pode verse o mapa de anomalías de temperatura para este outono. Houbo zonas nas que resultou normal, cunha anomalía moi próxima a 0ºC. Sen embargo, en xeral foi cálido, destacando as comarcas de Vigo, o Baixo Miño e os Ancares, con valores de +2.5ºC. A anomalía media foi de 1.0 ºC, co que o outono considérase cálido. Figura 2: Mapa de anomalías de temperatura na outono 2015 Páxina 8 de 17

2.2. Precipitación O outono comezou cun mes de setembro en canto a precipitacións, cunha distribución espacial moi irregular. Así, as chuvias acumuladas estiveron moi condicionadas polo episodio do 15 de setembro, no que se rexistrou máis da metade da chuvia que se acumulou en todo o mes. As precipitacións afectaron nesta xornada principalmente ao sur da Comunidade. Así o resto de Galicia quedou con valores de precipitación máis baixos do normal. Como resultado disto, no conxunto do territorio acadáronse valores próximos aos agardados. Outubro foi húmido, con xornadas de precipitación especialmente chuviosas e o número de días de chuvia estivo moi preto da normalidade. Compre destacar este mes o episodio do 4 e o 5, no que a chegada dun río atmosférico propiciou a acumulación de importantes cantidades de precipitación en toda a Comunidade. Novembro, novamente, marcou a tendencia desta estación de outono, xa que resultou moi seco en moitas rexións do territorio galego. Isto debeuse a escaseza de episodios de chuvia persistente e xeneralizada, propios desta época do ano. As frontes que afectaron a Galicia a principio e a finais do mes, chegaron moi debilitadas e o predominio de situacións anticiclónicas deixou máis días dos agardados de tempo completamente seco. As primeiras neves apareceron de forma efémera na xornada do 22 por riba dos 1000. Páxina 9 de 17

Na táboa 6 móstranse os valores máximos de precipitación acumulada rexistrados neste outono de 2015. Precipitación máxima estacional no outono 2015 Estación Municipio Provincia Precipitación (L/m2) Fornelos de Montes Fornelos de Montes Pontevedra 902 Xesteiras Cuntis Pontevedra 809 Muralla Lousame A Coruña 744 Fontecada Santa Comba A Coruña 726 Pereira Forcarei Pontevedra 665 Ponte Caldelas Ponte Caldelas Pontevedra 638 O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense 625 Coto Muiño Zas A Coruña 607 Paramos Val do Dubra A Coruña 604 Cespón Boiro A Coruña 576 Táboa 6: Valores máximos de precipitación acumulada na outono de 2015. Na táboa 7 móstranse os valores mínimos de precipitación acumulada rexistrados: Precipitación mínima estacional no outono 2015 Estación Concello Provincia Precipitación (L/m2) Larouco Larouco Ourense 154 Xinzo Xinzo de Limia Ourense 165 Gandarela Celanova Ourense 168 Casaio Carballeda de Valdeorras Ourense 178 Punta Candieira Cedeira A Coruña 179 Verín-Vilela Verín Ourense 185 Ponte Boga Castro Caldelas Ourense 188 San Clodio Ribas de Sil Lugo 193 A Coruña-Torre de Hércules A Coruña A Coruña 195 Castro R. de Lea Castro de Rei Lugo 198 Táboa 7: Valores mínimos de precipitación acumulada no outono de 2015 Páxina 10 de 17

Na figura 3, móstrase a precipitación total acumulada neste outono de 2015. Destaca o concello de Fornelos de Montes con case 900 L/m 2 e tamén o oeste da Comunidade. A zona máis seca resultou a comarca de Valdeorras, na que nalgúns puntos rexistráronse menos de 50 L/m 2. En xeral para Galicia, tendo en conta os valores do mapa, rexistrouse unha media de 337 L/m 2. Figura 3: Mapa de precipitación acumulada no outono de 2015. Páxina 11 de 17

Na figura 4 móstrase o mapa de anomalías de precipitación en forma de porcentaxe con respecto aos valores normais (1971-2000), sendo 100% a porcentaxe que representa a normalidade. Destacan algunhas zonas, principalmente, nas comarcas de Valdeorras, Coruña e Ferrol, con porcentaxes de precipitación moi baixas, próximas ó 40%. Porén, os valores máis altos acadáronse na Baixa Limia e zonas do leste de Lugo, cunha porcentaxe do 48% por riba do normal nesta zona. No conxunto da Comunidade, o outono resultou seco, pero próximo á normalidade, xa que choveu un 20% menos do normal. Figura 4: Porcentaxe de precipitación acumulada con respecto á media climática na outono de 2015. Páxina 12 de 17

3 EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA TEMPERATURA E A PRECIPITACIÓN DE OUTONO. 3.1. Temperatura A temperatura media de outono para Galicia, considerando once estacións meteorolóxicas representativas, presentou unha anomalía positiva de 0.8 ºC con respecto ó período climático de referencia 1961-1990 e de 0.9 ºC con respecto ó 1971-2000. Como resultado disto tratouse dun outono cálido para os dous períodos de referencia segundo a táboa 1. Isto pódese observar na seguinte táboa: Temperatura media outono (ºC) 2015 1961-1990 1971-2000 15.2 14.4 14.3 Táboa 8: Comparación entre a temperatura media en outono e a media climática galega. Na seguinte táboa móstrase a distribución por meses da temperatura media no outono de 2015 para esta serie de referencia. Temperatura media mensual (ºC) Mes 2015 1961-1990 1971-2000 Setembro 17.2 18.1 17.9 Outubro 15.2 14.6 14.2 Novembro 13.1 10.6 10.8 Táboa 9: Comparación entre a temperatura media mensual do outono 2015 e as medias mensuais climáticas nos períodos de referencia mostrados. Como se pode observar en canto á temperatura media, o mes de setembro resultou frío con respecto aos dous períodos de referencia, mentres que outubro e novembro resultaron cálidos con respecto aos mesmos. Na táboa 10 pódense observar as temperaturas máximas e mínimas na estación de outono e os seus valores mensuais. Obsérvase que tendo en conta a temperatura máxima, foi cálida con respecto ós dous períodos de referencia. Páxina 13 de 17

Temperatura media das máximas en outono (ºC) 2015 1961-1990 1971-2000 20.1 19.4 19.2 Táboa 10: Comparación entre a temperatura máxima media en outono e a media climática galega. Mensualmente, setembro resultou normal e novembro cálido con respecto os dous períodos de referencia. Porén, outubro resultou cálido con respecto a 1971-2000 e normal con respecto ó período 1961-1990.. Temperatura media das máximas por mes (ºC) Mes 2015 1961-1990 1971-2000 Setembro 23.3 23.8 23.6 Outubro 19.8 19.5 19.0 Novembro 17.2 14.8 15.0 Táboa 11: Comparación entre a temperatura máxima media mensual do outono de 2015 e as medias mensuais climáticas nos períodos de referencia mostrados. En canto ás temperaturas mínimas, o outono pódese considerar cálido cunha anomalía de 0.8 ºC con respecto aos dous períodos de referencia 1961-1990 e 1971-2000. Temperatura media das mínimas en outono (ºC) 2015 1961-1990 1971-2000 10.2 9.4 9.4 Táboa 12: Comparación entre a temperatura mínima media en outono e a media climática galega. A escala mensual, o mes de setembro resultou frío e os meses de outubro e novembro cálidos con respecto aos dous períodos de referencia. Temperatura media das mínimas por mes (ºC) Mes 2015 1961-1990 1971-2000 Setembro 11.2 12.3 12.1 Outubro 10.6 9.6 9.4 Novembro 8.9 6.4 6.6 Táboa 13: Comparación entre a temperatura mínima media mensual do outono de 2015 e as medias mensuais climáticas nos períodos de referencia mostrados. Páxina 14 de 17

Na figura 5 móstrase a evolución da temperatura media dos outonos dende o ano 1961 ao 2015. Figura 5: Evolución da temperatura media en outono para a serie rexional galega. A anomalía media para o outono do 2015 en Galicia, obtida a partir das anomalías medias en once estacións meteorolóxicas representativas, foi de 0.9 ºC, o que fai que poida considerarse cálido. Contrasta co outono anterior, que rexistrou a anomalía máis alta da serie (principalmente polas altas temperaturas do mes de outubro de 2014). Figura 6: Anomalías da temperatura media para a serie rexional galega. O período de referencia é o 71-00. Páxina 15 de 17

3.2. Precipitación Na táboa 14 móstranse os valores medios de precipitación acumulada no outono de 2015 ademais dos valores climáticos dos períodos 1961-1990 e 1971-2000. A serie rexional constrúese a partir de dezaseis estacións meteorolóxicas representativas. Precipitación acumulada estacional (mm) 2015 1961-1990 1971-2000 303 370 390 Táboa 14: Comparación entre a precipitación acumulada no outono 2015 e os valores climáticos. A porcentaxe de precipitación neste outono foi un 18% inferior con respecto ó período 1961-1990 e un 21% inferior con respecto ó 1971-2000. Segundo os criterios da táboa 1, considérase un outono normal con respecto ao período 1961-1990 e seco con respecto ao período 1971-2000. A precipitación rexistrada mostra un mes de setembro normal, outubro húmido e novembro seco con respecto aos dous períodos de referencia. Precipitación acumulada por mes(ºc) Mes 2015 1961-1990 1971-2000 Setembro 81 78 85 Outubro 169 138 145 Novembro 54 154 159 Táboa 15: Comparación entre os valores acumulados de precipitación dos meses de outono e as medias correspondentes aos períodos climáticos. Na figura 7, pode verse a evolución da precipitación nas outonos do período 1961 a 2015. Asímesmo, na figura 8, móstranse as anomalías de precipitación en outono, xunto coa media móbil de 5 anos. Páxina 16 de 17

Figura 7: Precipitación acumulada en outono para a serie rexional galega. A anomalía media das precipitacións para este outono en Galicia, obtida a partir das anomalías medias en dezaseis estacións meteorolóxicas representativa, foi dun 21 % por debaixo do valor normal, o que fai que poida considerarse seco. O anterior outono máis seco foi o 2007, un dos más secos da serie. Figura 8: Anomalías de precipitación en outono para a serie rexional galega. O período de referencia é 1971-2000. MeteoGalicia Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental Consellería de Medio Ambiente e ordenación do Territorio Xunta de Galicia Páxina 17 de 17