prevención de riscos no manexo de grandes máquinas agropecuarias

Documentos relacionados
LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

Convocatoria ordinaria de 2012

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

REGULAMENTO CLP: consellos de prudencia (frases P) (bilingüe) Consejos de prudencia Consellos de prudencia

CMUS Profesional de Viveiro

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

Unidade 4: Pneumática

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

Formación Profesional. Contrastes curriculares dos títulos da Familia Profesional de Hostalería e Turismo de Galicia e Portugal

Os sistemas operativos (S. O.)

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

Boletín oficial. provincia de ourense

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

Boletín oficial. provincia de ourense

Una empresa con vocación de servicio

As características técnicas e ambientais de ditos produtos son as seguintes:

Dia da Liberdade de Documentos Estándares Abertos A situación dende o punto de vista legal

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL DE CULTURA

INFORME DE LA ENCUESTA REALIZADA A TODO EL PERSONAL DE LA FACULTAD DE QUÍMICA CON LOS CURSOS DE FORMACIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE, DE DÚAS PRAZAS DE OPERARIO INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2010

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

DOR CRÓNICA NON ONCOLÓXICA

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

formativos de de grao grao superior CSPC003 Código Proba de Matemáticas Páxina 1 de 12

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLAS COMISIÓNS DE FESTAS PARA SOLICITAR A AUTORIZACIÓN (ORIXINAL OU FOTOCOPIA COTEXADA)

REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO

III. COMUNIDADE AUTÓNOMA III. COMUNIDAD AUTÓNOMA Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

MODELO DE DECLARACIÓN SOBRE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE PRODUCIR INGRESOS ECONÓMICOS

EXTRACTO DO BORRADOR DA ACTA. da sesión ORDINARIA, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno do Excmo. Concello de Lugo o día

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

(Actualización a ) 1. MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

ORDENANZA REGULADORA DO DEBER DE CONSERVACIÓN, DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS E DA DECLARACIÓN DE RUINA DO CONCELLO DE OURENSE

ASISTENCIA PERSOAL Un Dereito recoñecido na Convención

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

Información da Dirección Xeral de Saúde Pública. consellos de saúde para o verán. consejos de salud para el verano

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BASES CONTRATACIÓN DE 1 OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA

REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

ESCOLA DE IDIOMAS ACTIVA: INNOVACIÓN E CALIDADE

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB03. Código. Proba de. Física. Páxina 1 de 11

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

DIÁLOGO SOCIAL EN GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1. Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 10

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

Xian Estevez Ventosa SHISHA

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA

Pola Federación Galega da Construción dirixiuse a esta Xunta Consultiva de Contratación Administrativa o seguinte escrito de consulta:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

Versión 1. Setembro 2008

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria de 22 de xaneiro de 2009, adoptou, entre outros o seguinte acordo: ORDENANZA MUNICIPAL DE ANTENAS

A través da presente convocatoria, a Concellaría de Educación proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR SERVIZO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

REQUISITOS Y PRUEBAS CUIDADOR

Lexislación e Territorio

Programación 2º de EP MATEMÁTICAS

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

Prestacións por desemprego. Prestación por desemprego de nivel contributivo. Protección por desemprego XANEIRO GOBIERNO DE ESPAÑA

Educación Infantil Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuatrimestre. 6 FB 1 2c

O MONTE DA MADROA (EL MONTE DE LA MADROA)

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

INSTRUCCIÓN TÉCNICA DE TRABAJO MANTENIMIENTO PREVENTIVO DE MOLINOS (CAMBIO DE CRIBAS)

Boletín oficial. Provincia de ourense

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Direccion Xeral de Comercio. Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia.

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

DOCUMENTOS. Carta de Florencia-Xardíns Históricos. Preámbulo. Definición e obxectivos. ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios)

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

Decreto 29/2000, do 20 de xaneiro, polo que se aproba o. regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teńen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.

ANEXO I CANTIDADES CONTRATADAS EN LA ACTUALIDAD POR EL AYUNTAMIENTO Y QUE SE INDICAN CON CARÁCTER ORIENTATIVO:

GRAO EN RRLL E RHH TRABALLOS FIN DE GRAO (TFG) Relación de traballos e prazo de solicitude para a súa asignación ao alumnado Curso 2013/14

Transcripción:

prevención de riscos no manexo de grandes máquinas agropecuarias

Edición: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) Casa da Parra - Praza da Quintana, s/n Santiago de Compostela http://issga.xunta.es Santiago de Compostela, maio, 2015 Deseño e maquetación: INTEAGA ENXEÑERÍA S.C. Depósito legal: C 995-2015 ISSGA. Xunta de Galicia. Coopera na túa seguridade_prevención no manexo de grandes máquinas agropecuarias Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón: http://issga.xunta.es/portal/contido/documentacion/publicacions/ Esta obra distribúese cunha licenza CC-Atribución-CompartirIgual 3.0 España de Creative Commons. Para ver unha copia da licenza, visite: https://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/deed.es_es

ÍNDICE RUTINAS DE ENGANCHE E PARADA... FICHA Enganche e parada... 01 PREPARACIÓN DO TERREO Arado... 02 Grade... 03 FERTILIZACIÓN Cisterna de xurro... 04 Remolque esparexedor de esterco... 05 Fertilizadora centrífuga... 06 SEMENTEIRA Sementadora... 07 RECOLLEITA Colleitadora autopropulsada... 08 Grandes remolques e remolque autocargador... 09 Segadora... 10 Macroempacadora e rotoempacadora... 11 Pa cargadora... 12 ALIMENTACIÓN Mesturador de forraxes... 13 ACTUACIÓNS EN CASO DE EMERXENCIA Activa o sistema de emerxencia: P.A.S.... 14 PRIMEIROS AUXILIOS... 15 NORMATIVA... 16

01 RUTINAS DE ENGANCHE E PARADA Enganche e parada RUTINA DE ENGANCHE COMPROBACIÓN PREVIA Que o apeiro estea ben asentado Asegúrate de que o cabezal da toma de forza (TDF) é adecuado ao réxime de xiro do apeiro Comproba que as pezas de ensamblaxe estean en bo estado, limpas, engraxadas e coas proteccións necesarias Que levas roupa axustada, chaqueta abotoada e o pelo recollido APROXIMACIÓN Asegúrate de que non hai ninguén entre o tractor e o apeiro No enganche aos tres puntos, toma como referencia o terceiro punto de enganche do sistema hidráulico No enganche ao punto de tiro, centra o sistema de enganche do tractor co apeiro Axusta a altura dos puntos de fixación previstos para o enganche ENSAMBLAXE Se precisas de axudante, non o perdas de vista, apaga a radio e atende as súas indicacións Se non entendes as instrucións, baixa do tractor, comproba a manobra e coordínate co axudante Para corrixir distancias curtas acciona o hidráulico. En todo caso, usa o embrague e o acelerador con extrema suavidade Antes de baixar do tractor para colocar os bulóns de enganche e a xunta cardán, sigue a rutina de parada COMPROBACIÓN POSTERIOR Se tiveches que retirar o escudo protector da TDF, volve colocalo correctamente Antes de arrancar, comproba que o selector da TDF está nas revolucións correspondentes ao apeiro enganchado Move arriba e abaixo o apeiro para ver se a fixación do apeiro foi adecuada RUTINA DE PARADA 1. Desconecta a TDF 2. Para o motor 3. Pon o freo de man 4. Saca as chaves do contacto 5. Espera a que pare por completo o volante de inercia da máquina, de ser o caso

PREPARACIÓN DO TERREO Arado 02 Adquire a formación necesaria: teórica e práctica uso da máquina para calquera dúbida sobre o seu funcionamento, reparación... Sigue a rutina de enganche Nos desprazamentos leva o arado en posición de transporte e coa sinalización axeitada Cando teñas que desatrancar o apeiro, báixao ao chan e sigue a rutina de parada É moi perigoso situarse debaixo do arado Realiza os axustes, reparacións..., co apeiro no chan e non te sitúes debaixo del cando estea suspendido no sistema hidráulico Regula o arado co tractor parado Mantén os dispositivos de seguridade en bo estado Dispón dun parafuso de rotura do arado para cando o terreo ofreza unha resistencia maior ao permitido. Se rompe, coloca un novo de iguais características resistente aos impactos e con sola antiescorregadiza Luvas de protección contra riscos mecánicos

03 PREPARACIÓN DO TERREO Grade Adquire a formación necesaria: teórica e práctica uso da máquina para calquera dúbida sobre o seu funcionamento, reparación... Sigue a rutina de enganche As sachas xiratorias terán a protección en bo estado para impedir a proxección de pedras, partes que se poidan romper das sachas ou outros obxectos Cando teñas que desatrancar o apeiro, colócao no chan e sigue a rutina de parada Realiza os axustes, reparacións..., co apeiro no chan e non te sitúes debaixo del cando estea suspendido Regula a grade co tractor parado Se empregas a grade combinada con outro apeiro aumenta o peso que transmite ao tractor e, polo tanto, favorece a inestabilidade do conxunto. Se é necesario, coloca contrapesos no tractor Evita que se achegue alguén á máquina mentres traballa. Mantén a distancia de seguridade resistente aos impactos e con sola antiescorregadiza Luvas de protección contra riscos mecánicos

FERTILIZACIÓN Cisterna de xurro Adquire a formación necesaria: teóri- 04 Evita pasar por encima do eixe de Mantén os elementos de regulación Dispón das proteccións adecuadas en Leva roupa de traballo axustada, as Se fose necesario realizar a limpeza En caso de avaría durante o traballo, Se é necesario coloca contrapesos Antes de abrir a comporta da cisterna, asegúrate de que non hai sobrepresión Deixa transcorrer un tempo prudencial dende que se abre a comporta traseira, para a súa ventilación Se é posible, limpa a cisterna empregando ferramentas que eviten a entrada ao seu interior Evita facer desprazamentos con me- ca e práctica uso da máquina para calquera dúbida sobre o seu funcionamento, reparación... transmisión e aproximarte a el cando estea en funcionamento bo estado: protección do eixe cardán, proteccións da xuntas cardán... Sigue a rutina de enganche interior da cisterna: sigue a rutina de parada dia carga, pois transmite inestabilidade ao conxunto de presión da cisterna segundo o indicado polo fabricante chaquetas de traballo abotoadas, e recolle o pelo longo, para evitar atrapamentos no tractor segundo o indicado polo fabricante Evita traballar en curvas de nivel con máis do 20% de pendente e por encima do 45% en liñas de máxima pendente, pois o risco de escorregadura, perda de control e envorcadura é moi elevado Se é necesario entrar na cisterna para a súa limpeza, e a cantidade de osíxeno no seu interior non fose a axeitada para realizar a tarefa, emprega un equipo de protección individual independente do medio resistente aos impactos e con sola antiescorregadiza Luvas de protección Lentes de protección Máscara con filtros mixtos (partículas, gases e vapores)

05 FERTILIZACIÓN Remolque esparexedor de esterco Adquire a formación necesaria: teórica e práctica uso da máquina para calquera dúbida sobre o seu funcionamento, reparación... Sigue a rutina de enganche Dispón das proteccións adecuadas en bo estado: protector do eixe cardán e xuntas cardán, reixa do ancho da caixa cunha altura mínima de 2,60 m dende o chan, proteccións laterais das partes móbiles traseiras do remolque... Para realizar mantementos, axustes, desatrancos..., sigue a rutina de parada Se tes que subir ao remolque, sigue a rutina de parada e sube e baixa pola escada de cara ao remolque Mantén unha axeitada proporción entre o apeiro e o tractor. Se fose necesario lastra o tractor Engraxa con frecuencia os elementos móbiles da máquina Evita que se achegue alguén á máquina mentres está en funcionamento, principalmente pola parte traseira. Garda a distancia de seguridade con outros operarios resistente aos impactos e con sola antiescorregadiza Luvas de protección contra riscos mecánicos

FERTILIZACIÓN Fertilizadora centrífuga 06 Adquire a formación necesaria: teórica e práctica uso da máquina para calquera dúbida sobre o seu funcionamento, reparación... Sigue a rutina de enganche Antes de poñer en marcha a máquina Enche a moega con fertilizante mineral. Se se fai manualmente, cumpre co procedemento de manipulación de cargas Regula o dosificador Comproba que dispón de todos os protectores das súas partes móbiles en bo estado Mantén unha adecuada proporción entre o apeiro e o tractor. Se fose necesario, lastra o tractor Durante o traballo Garda a distancia de seguridade con outros operarios Fertiliza sempre que sexa posible co vento de fronte Para realizar axustes, reparacións, desatrancos..., sigue a rutina de parada resistente aos impactos e con sola antiescorregadiza Luvas de protección contra riscos mecánicos Luvas de neopreno para o manexo do fertilizante químico Lentes de seguridade para realizar a carga do fertilizante Máscara e filtros de partículas

07 SEMENTEIRA Sementadora Adquire a formación necesaria: teórica e práctica uso da máquina para calquera dúbida sobre o seu funcionamento, reparación... Sigue a rutina de enganche Antes de poñer en marcha a máquina Enche as moegas de sementes, de fertilizantes e de fitosanitarios, segundo corresponda. Se se fai manualmente, cumpre co procedemento de manipulación de cargas Regula os dosificadores Cando se combina con outras máquinas aumenta o peso que lle transmite ao tractor, o cal favorece a inestabilidade do conxunto. Se fose necesario lastra o tractor segundo o indicado polo fabricante Durante o traballo, garda a distancia de seguridade con outros operarios Sigue a rutina de parada antes de realizar tarefas de axustes, reparacións, desatrancos... Comproba que dispón de todos os protectores das súas partes móbiles en bo estado Se manipulas fitosanitarios e/ou fertilizantes emprega os EPI necesarios resistente aos impactos e con sola antiescorregadiza Luvas de protección contra riscos mecánicos

RECOLLEITA Colleitadora autopropulsada 08 Adquire a formación necesaria: teórica e práctica uso da máquina para calquera dúbida sobre o seu funcionamento, reparación... Antes de comezar o traballo Recoñece minuciosamente a franxa de terreo de labor, previo ao inicio do traballo Asegúrate de que non existen persoas próximas á máquina. Garda a distancia de seguridade Sigue a rutina de parada antes de realizar tarefas de axustes, reparacións, desatrancos... Durante os desprazamentos por estrada, se polas súas dimensións se considera un transporte especial, será acompañado por un vehículo de advertencia da súa presenza, e estará debidamente sinalizada Mantén en bo estado os elementos de protección das partes móbiles Establece rutinas de mantemento da máquina, principalmente, o engraxado periódico de todos os elementos de transmisión Sube e baixa sempre de cara á máquina e utiliza as escadas e agarradoiras. Non saltes da máquina para abandonala nin cando estea en movemento resistente aos impactos e con sola antiescorregadiza Luvas de protección contra riscos mecánicos

09 RECOLLEITA Grandes remolques e remolque autocargador Adquire a formación necesaria: teórica e práctica uso da máquina para calquera dúbida sobre o seu funcionamento, reparación... Mantén en bo estado os elementos de protección das partes móbiles Establece rutinas de mantemento da máquina, principalmente, o engraxado periódico de todos os elementos de transmisión Sigue a rutina de enganche. Engancha o remolque no punto máis baixo sinalado polo fabricante para favorecer a estabilidade e emprega as cadeas de protección Cando circules por vía pública, sigue as normas de circulación e utiliza a sinalización axeitada Mantén a estabilidade do conxunto tractor-apeiro. Se é necesario, coloca contrapesos no tractor Distribúe a carga o máis uniforme posible para evitar envorcaduras Cumpre coa carga máxima indicada polo fabricante Se é necesario subir ao remolque para realizar diferentes mantementos, sube e baixa pola escada de cara ao remolque Nos remolques autocargadores, sigue a rutina de parada antes de realizar tarefas de axustes, desatrancos... Mantén a distancia de seguridade con outros operarios resistente aos impactos e con sola antiescorregadiza Luvas de protección contra riscos mecánicos

RECOLLEITA Segadora 10 Adquire a formación necesaria: teórica e práctica uso da máquina para calquera dúbida sobre o seu funcionamento, reparación... Mantén en bo estado os elementos de protección das partes móbiles: eixe cardán, xuntas cardán, faldóns protectores... Sigue a rutina de enganche Mantén a estabilidade do conxunto tractor-apeiro. Se é necesario, coloca contrapesos no tractor Cando circules por vía pública, sigue as normas de circulación, leva a máquina en posición de transporte e utiliza a sinalización axeitada A segadora estará dotada dun dispositivo de desconexión para cando a serra de corte tropece con algún obstáculo Asegúrate de que non existan persoas preto da máquina e mantén a distancia de seguridade con outros operarios, xa que poden proxectarse pedras, restos e incluso partes de coitelas Afía ou cambia as coitelas empregando os EPI necesarios pois, aínda que non estea en funcionamento, poden cortar Se detectas algún problema na máquina e tes que realizar algún axuste, desatranco..., sigue a rutina de parada resistente aos impactos e con sola antiescorregadiza Luvas de protección contra riscos mecánicos

11 RECOLLEITA Macroempacadora e rotoempacadora Adquire a formación necesaria: teórica e práctica uso da máquina para calquera dúbida sobre o seu funcionamento, reparación... Mantén en bo estado os elementos de protección das partes móbiles: eixe cardán, xuntas cardán... Sigue a rutina de enganche Mantén a estabilidade do conxunto tractor-apeiro. Se é necesario, coloca contrapesos no tractor Evita traballar en curvas de nivel con máis do 20% de pendente e por encima do 45% en liñas de máxima pendente, pois o risco de deslizamento, perda de control e envorcadura é moi elevado Sigue a rutina de parada antes de realizar tarefas de axustes, desatrancos, cambio do fío... Mantén a distancia de seguridade con outros operarios Unha vez feito o rolo, descárgao sobre unha superficie chá para evitar que rode resistente aos impactos e con sola antiescorregadiza Luvas de protección contra riscos mecánicos Lentes de protección

RECOLLEITA Pa cargadora 12 Adquire a formación necesaria: teórica e práctica uso da máquina para calquera dúbida sobre o seu funcionamento, reparación... Mantén en bo estado os elementos de protección da máquina No transporte: - Cumpre a carga máxima establecida polo fabricante - Comproba a estabilidade da carga antes de iniciar o desprazamento - Circula sen realizar movementos bruscos - Leva a carga o máis baixa posible Coa máquina parada deixa a pa sobre o chan Ten en conta os sinais de advertencia que ten a máquina Sigue a rutina de parada e coloca a pa sobre o chan antes de realizar traballos de reparación, mantemento... resistente aos impactos e con sola antiescorregadiza Luvas de protección contra riscos mecánicos

13 ALIMENTACIÓN Mesturador de forraxes Adquire a formación necesaria: teórica e práctica uso da máquina para calquera dúbida sobre o seu funcionamento, reparación... Establece rutinas de mantemento da máquina, principalmente o engraxado periódico de todos os elementos de transmisión, limpeza das acumulacións de po... Mantén en bo estado os elementos de protección das partes móbiles Sube e baixa sempre de cara á máquina autopropulsada e utiliza as escadas e agarradoiras. Non saltes da máquina para abandonala nin cando estea en movemento Cando circules por vía pública sigue as normas de circulación, leva a máquina en posición de transporte e utiliza a sinalización axeitada No remolque arrastrado mantén unha boa proporción entre o tractor e o apeiro. Se é necesario lastra o tractor Mantén as distancias de seguridade con outros operarios. Ninguén estará no interior do silo de forraxe cando o carro mesturador realice a manobra de carga Sigue a rutina de parada antes de realizar traballos de reparación, mantemento... resistente aos impactos e con sola antiescorregadiza Luvas de protección contra riscos mecánicos

P.A.S. ACTUACIÓNS EN CASO DE EMERXENCIA Activa o sistema de emerxencia 14 ANTE UNHA EMERXENCIA, ACTIVA O PROTOCOLO P.A.S. P PROTEXE Asegúrate de estar fóra de perigo antes de actuar A AVISA Sempre que sexa posible, daremos aviso aos servizos sanitarios (médico, ambulancia ) En caso de urxencia ou sinistro chama ao S SOCORRE Efectúa a avaliación primaria ou, o que é o mesmo, o recoñecemento dos seus signos vitais: conciencia, respiración e pulso, sempre por esta orde. Unha vez que se comprobe a presenza de conciencia ou de respiración, iniciarase a avaliación secundaria ou, o que é o mesmo, o recoñecemento dos seus signos non vitais AVALIACIÓN PRIMARIA Examina as constantes vitais: 1. CONSCIENCIA 2. RESPIRACIÓN 3. PULSO Se é necesario, aplica a reanimación cardiopulmonar: 1. Determina a consciencia do accidentado movéndoo e falándolle 2. Abre a canle respiratoria da cabeza cara atrás e cara arriba e comproba que respira 3. Se o resultado é negativo, avisa a emerxencias e inicia o RCP 4. Comeza coas compresións cardíacas, intercalando insuflacións de aire nos pulmóns do accidentado SECUENCIA: 2 insuflacións de aire cada 30 compresións cardíacas RITMO: 100 compresións cardíacas por minuto COMPROBA PERIODICAMENTE O ESTADO DO PACIENTE AVALIACIÓN SECUNDARIA Examina o accidentado da cabeza aos pés, buscando lesións que poidan agravar posteriormente o estado xeral: Feridas Hemorraxias Fracturas Queimaduras Picaduras Mordeduras

15 PRIMEIROS AUXILIOS Conxunto de actuacións e técnicas urxentes que permiten a atención inmediata dun accidentado, ata que chega a asistencia médica profesional, a fin de que as lesións que sufriu non empeoren Feridas Lava con auga corrente e seca Aplica algún antiséptico Cubre con apósito Hemorraxias Deita o accidentado Eleva a parte da ferida por riba do nivel do corazón Fai presión sobre a ferida con gasas, panos... Hemorraxias nasais Aperta as ás do nariz Inclina a cabeza da vítima cara adiante Mantén a presión durante 10 min Queimaduras Lava con auga corrente Non rompas as ampolas Cubre con apósito Nas grandes queimaduras, non tires a roupa, agás no caso de queimadura química Fracturas Recoñecerás unha fractura polos seguintes sinais: Imposibilidade de mover o membro afectado Dor na zona fracturada Ás veces, deformación ou simple inchazón Non intentes endereitar o membro ou manipular a fractura Inmobiliza a fractura, collendo sempre a articulación superior e inferior No caso de fractura aberta, aplica un apósito estéril sobre a ferida Nas fracturas de columna, evita o movemento desta e espera a que cheguen os servizos médicos Intoxicacións Aplica as medidas mencionadas na ficha de seguridade / etiqueta do produto Chama e actúa segundo as indicacións que se vaian recibindo do 112 ou do Instituto Nacional de Toxicoloxía Nunca provoques o vómito Picaduras Lava a zona da picadura con auga e xabón Pon unha bolsa de xeo sobre a zona da picadura En caso de picaduras de serpe, busca atención médica inmediatamente, e non chupes o veleno nin fagas cortes na zona da picadura Mordeduras Lava completamente a zona da mordedura Aplica presión, se a zona da mordedura sangra sen parar Acude ao médico canto antes

NORMATIVA 16 A continuación, exponse a recompilación da lexislación, non exhaustiva, en materia de prevención de riscos, orientada ás grandes máquinas Real decreto 1644/2008, do 10 de outubro, polo que se establecen as normas de comercialización e posta en servizo das máquinas (BOE núm. 246, do 11 de outubro) Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (BOE núm. 269, do 10 de novembro) Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención (BOE núm. 27, do 31 de xaneiro) Real decreto 485/1997, do 14 de abril, sobre as disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo (BOE núm. 97, do 23 de abril) Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores de equipos de traballo (BOE núm. 188, do 7 de agosto) Real decreto 487/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á manipulación manual de cargas que entrañen riscos, en particular dorso-lumbares para os traballadores (BOE núm. 97, do 23 de abril) Real decreto 1299/2006, do 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no Sistema de Seguridade Social e establécense criterios para a súa notificación e rexistro (BOE núm. 302, do 19 de decembro) Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde, relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual (BOE núm. 140, do 12 de xuño) Real decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo (BOE núm. 124, do 24 de maio) Real decreto 374/2001, do 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo (BOE núm. 104, do 1 de maio) Real decreto 286/2006, do 10 de marzo, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ao ruído (BOE núm. 60, do 11 de marzo) Real decreto 1311/2005, do 4 de novembro, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores fronte aos riscos derivados ou que poidan derivarse da exposición ás vibracións mecánicas (BOE núm. 265, do 5 de novembro) Normativa actualizada a decembro do 2014

prevención de riscos no manexo de grandes máquinas agropecuarias