RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-35/2010: ROUPA INFANTIL EN OURENSE.

Documentos relacionados
LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

Convocatoria ordinaria de 2012

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

RESOLUCIÓN DE ARCHIVO Expte. RA-34/2010: Abogados de Vigo.

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

RESOLUCIÓN DE ARCHIVO EXP. RA 14/2008. PROCURADORA DE LA ESTRADA.

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

RESOLUCIÓN (Expte. 2792/07, REDISLOGAR)

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

ORDENANZA REGULADORA DO DEBER DE CONSERVACIÓN, DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS E DA DECLARACIÓN DE RUINA DO CONCELLO DE OURENSE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

MODELO DE DECLARACIÓN SOBRE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE PRODUCIR INGRESOS ECONÓMICOS

Pola Federación Galega da Construción dirixiuse a esta Xunta Consultiva de Contratación Administrativa o seguinte escrito de consulta:

CONCELLOS CERVO. Anuncio

CMUS Profesional de Viveiro

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

As características técnicas e ambientais de ditos produtos son as seguintes:

LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx

1.- Unha empresa presenta uns custos fixos de 800 unidades monetarias. Ademais os custos variables para cada nivel de produción son os seguintes:

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

Resolución R 1/2014 Productores audiovisuales independientes

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

ACTA Nº 2 DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CONCELLO DE MUROS.

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

O CONTRATO DE VITALICIO

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

GRAO EN RRLL E RHH TRABALLOS FIN DE GRAO (TFG) Relación de traballos e prazo de solicitude para a súa asignación ao alumnado Curso 2013/14

CONCELLO DE OURENSE SERVIZO DE CONTRATACIÓN

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4670

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

d. Los que ya fuesen declarados equivalentes por otra Universidad española.

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR SERVIZO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Social, Sentencia de 11 Sep. 2009, rec. 2050/2009

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

RESOLUCIÓN R 4/2012 CONSEJO GALLEGO DE COLEGIOS DE APAREJADORES Y ARQUITECTOS TÉCNICOS

4ş CURSO PRAZAS. 6ş CURSO.. 3 PRAZAS. 1ş CURSO PRAZAS 2ş CURSO. 1 PRAZA 3ş CURSO. 12 PRAZAS

REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA

CERTIFICACIÓN. "INFORME SOBRE MOROSIDADE E PERÍODO MEDIO DE PAGAMENTO Período: 2 Trimestre Exercicio 2015

Una empresa con vocación de servicio

Programación Cultural setembro - decembro 2009 Ourense

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

RESOLUCIÓN (Expte. R 165/96, Funerarias Madrid 3)

Hermanamiento con EL SALVADOR

RESOLUCIÓN DE ARCHIVO Expte. RA-37/2010: Ambulancias de A Coruña.

REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo

ANTECEDENTES DE HECHO

CONVOCATORIA Y FICHA DE INSCRIPCION ENCUENTRO EMPRESARIAL FRANCIA FERIA BATIMAT-INTERCLIMA-ELEC- IDEOBAIN FRANCIA Del 1 al 7 de noviembre de 2015

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria de 22 de xaneiro de 2009, adoptou, entre outros o seguinte acordo: ORDENANZA MUNICIPAL DE ANTENAS

CENTRO SOCIAL DE OLEIROS

Programación 2º de EP MATEMÁTICAS

III. COMUNIDADE AUTÓNOMA III. COMUNIDAD AUTÓNOMA Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

Os sistemas operativos (S. O.)

BOP Deputación Provincial da Coruña

PAU XUÑO 2014 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL II

Seminarios de Formación Continua

INFORME DE LA ENCUESTA REALIZADA A TODO EL PERSONAL DE LA FACULTAD DE QUÍMICA CON LOS CURSOS DE FORMACIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

ASISTENCIA PERSOAL Un Dereito recoñecido na Convención

A través da presente convocatoria, a Concellaría de Educación proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

Acta da Comisión Permanente celebrada o 18 de novembro de 2011

ANTECEDENTES DE HECHO

Boletín oficial. provincia de ourense

Segunda.- Presentación do suposto.

CONVOCATORIA. INFORMACIÓN SOBRE LA FERIA IBC AMSTERDAM : 1. CONCEPTOS OBJETO DE LA AYUDA, PLAN DE VIAJE Y COSTE

A Xunta de Goberno Local en sesión Ordinaria de 16 de maio de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Os efectos da declaración do concurso

BASES CONTRATACIÓN DE 1 OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Información xeral Campamentos de Verán do Concello de Ames

Transcripción:

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-35/2010: ROUPA INFANTIL EN OURENSE. Pleno Sres.: D. Francisco Hernández Rodríguez, Presidente D. Fernando Varela Carid, Vogal D. Alfonso Vez Pazos, Vogal En Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2010. O Pleno do Tribunal Galego de Defensa da Competencia (en adiante TGDC ou Tribunal), coa composición indicada mais arriba, e sendo relator o seu presidente D. Francisco Hernández Rodríguez, ditou a seguinte Resolución no Expediente RA-35/2010, Roupa infantil en Ourense (Expediente 7/2010, do Servizo Galego de Defensa da Competencia, en adiante SGDC ou Servizo), tras examinar a proposta de non incoación de procedemento e arquivo das actuacións efectuada polo SGDC, segundo escrito de 12 de agosto de 2010, ao non apreciar nos feitos denunciados indicio algún de infracción da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia (en adiante Lei 15/2007 ou LDC). ANTECEDENTES DE FEITO 1.- O 10 de xuño de 2010 tivo entrada no SGDC un escrito de denuncia formulada por Dona Ana López Pita, representante da entidade Alopezpita, 1

S.L.U., con domicilio en Ourense, dirixida contra BUMA Galicia S.L., por presuntas prácticas contrarias á competencia. 2.- Alopezpita S.L.U. é titular dun establecemento de venda retallista de obxectos de decoración e roupa infantil que vende roupa de bebé da marca Lío Lío, de BUMA Galicia, das tallas de 0 a 24 meses. De acordo coa denuncia, a pesar de que existía entre ambas partes un acordo verbal de exclusividade para Ourense, BUMA Galicia abriu unha tenda propia nesta cidade para a comercialización da súa roupa en tódalas tallas comprendidas entre 0 meses e 12 anos. Ademais, a denunciante manifesta que nesta tenda a denunciada vende en promoción roupa de temporada moi por debaixo do prezo que cobra aos distribuidores. 3.- No marco da información reservada desenvolvida ao abeiro do disposto no artigo 49.2 LDC, o SGDC solicitou información a BUMA Galicia que, nun escrito do 27 de xullo, manifestou que en ningún momento existiu un acordo verbal de exclusividade tal e como se di na denuncia e que a roupa da marca Lío Lío xa se vendía noutra tenda de Ourense chamada Fresa y Menta. 4.- Con relación á suposta venda en promoción de roupa de temporada moi por debaixo do prezo que BUMA Galicia cobra aos distribuidores, o representante da denunciada indica que o artigo adquirido pola denunciante na tenda de Lío Lío en Ourense estaba en promoción, tal e como aparece no ticket de compra, por tratarse dun produto de muestrario e así o acredita mediante a aportación da factura dos artígos que tanto con condición de tara como de muestrario foron enviados á tenda de Lío Lío en Ourense, na que consta o artigo coa referencia que aparece no ticket de compra que aporta a propia denunciante, dona Ana López Pita. Finalmente, BUMA Galicia achega copia da factura dos artigos vendidos a Isa Foira S.L. (titular da tenda de Lío Lío en Ourense) para acreditar que os prezos son os mesmos que se aplicaron a Alopezpita S.L. 2

5.- O SGDC, ao abeiro do artigo 49.2 LDC, con data 28 de maio de 2010 elevou a este Tribunal a proposta de non incoación de procedemento e arquivo das actuacións. 6.- Na súa reunión de 29 de setembro de 2010, o Pleno do Tribunal deliberou e pronunciouse sobre este asunto. FUNDAMENTOS DE DEREITO PRIMEIRO.- Conforme ao réxime establecido na Lei de coordinación das competencias do Estado e das comunidades autónomas en materia de defensa da competencia (Lei 1/2002, do 21 de febreiro) e a súa Lei de creación (Lei 6/2004, do 12 de xullo) ao Tribunal Galego de Defensa da Competencia (TGDC) correspóndelle resolver os procedementos sancionadores que teñan por obxecto as condutas prohibidas polos artigos 1, 2 e 3 da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia (LDC). SEGUNDO.- O apartado 3 do artigo 49 da devandita Lei 15/2007 establece que o Tribunal, a proposta da Servizo, poderá acordar non incoar os procedementos derivados da presunta realización de condutas prohibidas polos artigos 1, 2 e 3 LDC e ordenar o arquivo de actuacións cando considere que non hai indicios de infracción. Neste caso, corresponde ao Tribunal Galego de Defensa da Competencia, por tanto, analizar a proposta realizada polo SGDC para ver se procede aceptala e, en consecuencia, arquivar as actuacións desenvolvidas ata agora ou, polo contrario, se procede rexeitar esa proposta por se apreciar indicios de infracción das normas de competencia, instando nese caso ao SGDC a que prosiga a súa investigación e acorde, no seu caso, a incoación do oportuno expediente sancionador. 3

TERCEIRO.- A denuncia ante o SGDC refírese a dúas condutas diferentes que merecen consideracións distintas dende o punto de vista do Dereito de defensa da competencia: a ruptura dun pacto de exclusividade e a venda por parte da tenda do fabricante de produtos a un prezo moito mais baixo do que éste cobra aos distribuidores, o que podería tratarse dunha discriminación ou, mesmo, dunha práctica de prezos predatorios. CUARTO.- É preciso destacar que nin na denuncia nin na documentación achegada na información reservada aparecen datos que proben ou, que polo menos, levanten a sospeita da existencia dun pacto verbal de exclusividade. Atopámonos, polo tanto, ante un suposto acordo que a denunciada nega e que a denunciante non pode probar. Ante a inexistencia de ningún tipo de proba, nin sequera indiciaria, sobre a existencia do citado acordo, o Tribunal non considera necesario entrar a valorar os seus posibles efectos sobre a libre competencia. Asemade, consta no expediente a existencia doutra tenda en Ourense, anterior a aberta pola denunciada, que xa vendía produtos da citada marca, polo que, de feito, non existía xa tal suposta exclusividade. QUINTO.- En relación cos supostos actos de discriminación ou de venda a perda (prezos predatorios no ambito antitrust) hai que decir que os mesmos, no seu caso, poderían constituir unha práctica prohibida prevista no artigo 2 LDC, cando son realizadas por unha empresa con posición dominante no mercado. Para atoparnos ante unha conducta prohibida pola lexislación de defensa da competencia sería necesario demostrar en primeiro lugar que BUMA Galicia ostenta unha posición dominante no mercado relevante (o que no parece ser o caso, dada a naturaleza do produto de referencia) e, en segundo lugar, que os baixos prezos da súa tenda Lío Lío constituísen un abuso nos termos do citado artigo 2 LDC. Agora ben, o ticket de compra dun artículo en promoción non é suficiente indicio para acreditar nin unha estratexia de venda por debaixo do coste realizada coa intención de eliminar do mercado a un competidor (abuso chamado exclusionario), nin unha práctica discriminatoria. 4

SEXTO.- O artigo terceiro da Lei de Defensa da Competencia establece que A Comisión Nacional da Competencia ou os órganos competentes das comunidades autónomas coñecerán, nos termos que esta Lei establece para as condutas prohibidas, dos actos de competencia desleal que por falsear a libre competencia afecten o interese público. Pola súa parte, a Lei 3/1991, de 10 de xaneiro de Competencia Desleal considera que a venda realizada baixo custo ou baixo prezo de adquisición se reputará desleal nos casos seguintes: a) cando sexa susceptible de inducir a erro aos consumidores acerca do nivel dos prezos doutros produtos ou servizos do mesmo establecemento; 2) cando teñan por efecto desacreditar a imaxe dun producto ou establecemento alleo; 3) cando forme parte dunha estratexia encamiñada a eliminar a un competidor ou grupo de competidores do mercado. En relación coa aplicación do artigo terceiro da Lei de defensa da competencia este Tribunal mantén a opinión de que un ticket de compra dun artigo en promoción non constitúe indicio suficiente para acreditar a existencia dunha estratexia de venda por debaixo de custo. Por outro lado, tampouco cabe considerar que, no caso de atoparnos ante un suposto de competencia desleal, este tería unha dimensión e uns efectos no mercado suficientes como para afectar ao interese público permitindo, deste xeito, a actuación do Tribunal Galego de Defensa da Competencia. Á vista do anterior, ao non se apreciar indicios razoables da existencia dalgunha práctica prohibida pola Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia, o Tribunal Galego de Defensa da Competencia coincide co criterio do Servizo Galego de Defensa da Competencia de que non procede incoar expediente sancionador polas conductas denunciadas, polo que se acorda o arquivo das actuacións practicadas. En mérito a canto antecede, vistos os preceptos citados e os demais de xeral aplicación, este Tribunal 5

RESOLVE ÚNICO.- Confirmar a proposta do Servizo Galego de Defensa da Competencia de non incoar expediente sancionador e proceder ao arquivo das actuacións referentes á denuncia de Dona Ana López Pita en representación de Alopezpita S.L.U. contra BUMA Galicia S.L. ao non se apreciar indicios de incumprimento das normas que regulan a competencia no mercado. Comuníquese esta resolución ao Servizo Galego de Defensa da Competencia e notifíquese aos interesados, facendo constar que contra ela non cabe recurso algún en vía administrativa, podéndose interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a súa notificación. 6