III FORO DE EMPREGO UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 24, 25 e 26 de novembro de 2009

Documentos relacionados
DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

Convocatoria ordinaria de 2012

II FORO DE EMPLEO DE LA UNIVERSIDAD ALFONSO X EL SABIO 12 y 13 de marzo 2014 Campus de Villanueva de la Cañada

Créditos totais Créditos (**) 24(*)

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

FORO DE EMPLEO DE LA UNIVERSIDAD ALFONSO X EL SABIO. 17 y 18 de abril 2013 Campus de Villanueva de la Cañada

ANEXO VALIDACIÓN DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR ÍNDICE

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Secretaría Xeral de Política Social 2014

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

CMUS Profesional de Viveiro

Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

Diplomado en Óptica y Optometría (en extinción)

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

ESCENARIO DE PRÁCTICAS Celebraranse as probas nas Pistas de Atletismo ao aire libre, de Elviña (A Coruña), e da Malata (Ferrol)

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

UNIVERSIDAD DE BURGOS Acceso a GRADOS en el curso Ponderaciones de las materias de Bachillerato

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Foro Virtual: del 14 al 20 de octubre de 2013 Foro Presencial: Ciudad Universitaria, 15 y 16 de octubre de 2013 de 10:00h. a 18:00h.

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

ESCOLA DE IDIOMAS ACTIVA: INNOVACIÓN E CALIDADE

GRADOS UNIVERSITARIOS IMPARTIDOS POR LAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE CASTILLA Y LEÓN

Universidad de Valladolid Universidad Autónoma de Barcelona Historia Historia Graduado 2

CENTRO SOCIAL DE OLEIROS

Comisión Galega de Bioética

002 GRIEGO Licenciado en: - Filosofía y Letras, sección Filología Clásica. - Filología Clásica LATÍN Licenciado en:

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

TITULACIONES DE ORDENACIONES ANTERIORES AL RD 1393/2007. D.G. Universidades e Investigación 1 Servicio de Enseñanza Universitaria

Cuestionario de Convivencia Preguntas frecuentes

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

TABLA DE MATERIAS MODALIDAD BACHILLERATO CURSO 2010/2011, (*) PARÁMETROS DE PONDERACIÓN 2011

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

3 Validacións de materias e de créditos nos

TITULACIONES DE ACCESO AL MÁSTER POR ESPECIALIDADES

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Os sistemas operativos (S. O.)

Titulaciones con acceso directo

FACULTADE DE FILOLOXÍA

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

REGULAMENTO PARA A DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER EN XESTIÓN DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E ARQUITECTÓNICO, MUSEOS E MERCADO DA ARTE

Una empresa con vocación de servicio

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

CONCELLO DE OURENSE SERVIZO DE CONTRATACIÓN

Curso : Alumnado matriculado en primer y segundo ciclo o grado distribuido por centros y titulaciones

REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA

Seminarios de Formación Continua

PLANES DE ESTUDIOS POR CENTROS CRÉDITOS MÍNIMOS A MATRICULAR PARA OBTENER BECA

CURSO DE MEDIACIÓN FAMILIAR, E INTRODUCIÓN Á MEDIACIÓN PENAL E PENITENCIARIA

BUSCAR. MADURAR E AVALIAR IDEAS DE NEGOCIO

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

Unidade 4: Pneumática

INFORME DE LA ENCUESTA REALIZADA A TODO EL PERSONAL DE LA FACULTAD DE QUÍMICA CON LOS CURSOS DE FORMACIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ASISTENCIA PERSOAL Un Dereito recoñecido na Convención

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

Xestión da mobilidade

III Feria Virtual de Empleo

17 y 18 de abril 2014 Campus de Villanueva de la Cañada

Oferta de titulaciones

PROCESO PARTICIPATIVO PARA UN NOVO CONVENIO CTAG (PNC CTAG)

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Licenciado en Bellas Artes Grado en Bellas Artes Arquitecto Grado en Arquitectura

ANEXO I TITULACIONES PARA EL DESEMPEÑO DE PUESTOS EN RÉGIMEN DE INTERINIDAD

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

CURRICULUM VITAE I. DATOS DE IDENTIFICACIÓN. Teléfono researchgate.net Mónica Arto-Blanco II. RESEÑA BIOGRÁFICA

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA- PÁX.1

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

AGENCIA PARA LA CALIDAD DEL SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

Informe Dirección General de Universidad y Estudios Superiores. Servicio de Regulación Universitaria

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Carreras en el politécnico

17 y 18 de abril 2014 Campus de Villanueva de la Cañada

1.1. DATOS IDENTIFICATIVOS DO CENTRO

VICERRECTORADO DE ESTUDIANTES UNIVERSIDAD DE SEVILLA ÁREA DE ALUMNOS Servicio de Acceso NOTA 1º

LEDsEE MADRID 10 DE DICIEMBRE DE 2014

RECOMENDACIÓNS XERAIS

Decreto 172/2010 Técnico superior en axencias de viaxes e xestión

DIÁLOGO SOCIAL EN GALICIA

VI FERIA DE EMPLEO DE LA UNIVERSIDAD POLITÉCNICA DE MADRID Noviembre de 2012

GRADOS UNIVERSITARIOS EN ANDALUCIA

Direccion Xeral de Comercio. Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Transcripción:

III FORO DE EMPREGO UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 24, 25 e 26 de novembro de 2009 III FORO DE EMPREGO UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 24 e 25 de novembro: Campus de Santiago Lugar de Celebración: Fac. de CC. Económicas e Empresariais 26 de novembro: Lugar de Celebración: Facultade de Veterinaria VICERREITORÍA DE COMUNIDADE UNIVERSITARIA E COMPROMISO SOCIAL Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega Casas Reais, 8. 15782-Santiago de Compostela Tfno.: 981 563 100 ext.: 12850 / 12851 Enderezo Electrónico: vrcomun@usc.es

III FORO DE EMPREGO UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 24, 25 e 26 de novembro de 2009 Os días 24, 25 e 26 de novembro de 2009 terá lugar o III Foro de Emprego da Universidade de Santiago de Compostela, un magnífico lugar de encontro entre empresas, organismos públicos e estudantes de todas as titulacións. Un ano máis, o Foro desenvolverase nos dous campus da USC: 24 e 25 de novembro na Facultade de CC. Económicas e Empresariais do Campus Norte de Santiago de Compostela e o día 26 de novembro na Facultade de Veterinaria do. Un evento como este, é un espazo de encontro entre empresas ofertantes de emprego e estudantes de últimos cursos e recén titulados das universidades. Os visitantes, acuden á feira co seu CV, e co ánimo de falar cara a cara aos responsables de selección das empresas, sendo ésta unha grande oportunidade para eles de coñecer de primeira man o que as diversas firmas buscan nos candidatos. A USC, comprometida co primeiro emprego dos seus egresados universitarios e coas súas saídas profesionais, decide crear un encontro aberto, destinado aos alumnos e titulados da Universidade de Santiago, así como ao resto de universitarios galegos, polo que durante os días 24, 25 e 26 de novembro de 2009, abrimos de novo as nosas portas para que empresas e institucións se acheguen a coñecer aos estudantes de maneira directa, contando cun posto dende o que recoller currículos e presentar aos visitantes as súas ofertas de emprego e prácticas. Este encontro está destinado a todos os estudantes e titulados das titulacións impartidas na Universidade de Santiago de Compostela, así como doutras Universidades galegas. Este foro de emprego está integrado no Tour del Empleo 2009 que, ao longo do presente ano recorre as mellores universidades do país, alcanzando a máis de 100.000 estudantes.

QUE OFRECEMOS Á SÚA EMPRESA? O principal obxectivo é permitir ás empresas e institucións crear un espazo de encontro con miles de estudantes galegos de todas as titulacións de maneira que poidan contactar directamente con eles no propio campus, presentándolles os seus programas de emprego e prácticas. Para iso, poñemos a súa disposición unha serie de servizos que lle permitirán realizar o seu labor promocional coa maior eficacia, e que prolongarán a súa participación neste foro máis alá dos dous días de duración do mesmo: - POSTO AMOBLADO. A participación na feira, inclúe a entrega chave en man dun posto modular montado con antelación para que a súa empresa só teña que vestilo, optimizando o tempo que dedica a esta actividade. Igualmente, xestionamos o contacto coa súa axencia de comunicación e/ou empresa de montaxe. O tamaño do seu posto varía segundo a modalidade contratada. - DÚAS PÁXINAS A COR DA GUÍA DE EMPRESAS, que se entrega a todos os visitantes á feira, e que é unha ferramenta de grande utilidade que prolonga a súa presenza na feira, xa que os estudantes emprégana nos meses posteriores para remitir CVs ás empresas ou avaliar participar en programas de posgrao. - ACCESO AOS CV EN LIÑA durante dous meses, de maneira que pode buscar entre os miles de CVs que os visitantes introducen no portal de recollida de currículos da feira. - PUBLICIDADE en documentos promocionais e nas webs da feira e do Tour del Empleo, reflectindo a súa imaxe corporativa no material que se difunde polos campus, e ao que acceden miles de estudantes. - MICROSITE NA WEB. Se desexa dar máis presenza Web á súa empresa, pode contratar un microsite de maneira que os candidatos que visiten a web poidan acceder directamente a toda a súa información corporativa

A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA A Universidade de Santiago, con máis de 500 anos de historia, é unha das universidades de referencia dentro do noso país, sendo das mellor valoradas entre as universidades españolas. Despois de 5 séculos segue mirando con decisión cara ao futuro, respetando o seu pasado, pero promovendo cada día novas iniciativas, poñendo o coñecemento e o seu liderato ao servizo da sociedade. Na actualidade, entre os seus dous campus de Santiago e Lugo, os universitarios dispoñen de cerca de trinta centros, cerca de oitenta departamentos e máis de sesenta titulacións, ademais de numerosas instalacións como os institutos de investigación, residencias universitarias, instalacións deportivas ou culturais, bibliotecas,etc. No Curso 2008/2009, a Universidade de Santiago conta con 30.000 alumnos (Campus de Santiago e de Lugo). As titulacións da Universidade de Santiago divídense en: - Ciencias da Saúde - Ciencias Experimentais - Ciencias Xurídicas e Sociais - Ensinanzas Técnicas - Humanidades

TITULACIÓNS DO CAMPUS DE SANTIAGO Ciencias Sociais e Xurídicas Humanidades Diplomatura en Educación Social Licenciatura en Filoloxía Alemá Diplomatura en Relacións Laborais Licenciatura en Filoloxía Clásica Diplomatura en Traballo Social Licenciatura en Filoloxía Francesa Mestre. Esp. Educación Infantil Licenciatura en Filoloxía Galega Mestre. Esp. Educación Musical Licenciatura en Filoloxía Hispánica Mestre. Esp. Educación Primaria Licenciatura en Filoloxía Inglesa Mestre. Esp. Educación Estranxeira Licenciatura en Filoloxía Italiana Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración Licenciatura en Filoloxía Portuguesa Licenciatura en Comunicación Audiovisual Licenciatura en Filoloxía Románica Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas Licenciatura en Filosofía Licenciatura en Dereito Licenciatura en Xeografía Licenciatura en Economía Licenciatura en Historia Licenciatura en Pedagoxía Licenciatura en Historia da Arte Licenciatura en Xornalismo Licenciatura en Psicoloxía Licenciatura en Psicopedagoxía Ciencias da Saúde Ciencias Experimentais Diplomatura en Enfermería Diplomatura en Óptica e Optometría Licenciatura en Farmacia Licenciatura en Bioloxía Licenciatura en Medicina Licenciatura en Física Licenciatura en Odontoloxía Licenciatura en Matemáticas Licenciatura en Química Ensinanzas Técnicas Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas Enxeñaría Química

TITULACIÓNS DO CAMPUS DE LUGO Ensinanzas Técnicas Ciencias Experimentais Enxeñaría Técnica Agrícola. Esp. Explotacións Agropecuarias Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos Enxeñaría Técnica Agrícola. Esp. Hortofruticultura e Xardinaría Licenciatura en Química Enxeñaría Técnica Agrícola. Esp. Industrias Agrarias e Alimentarias Enxeñaría Técnica Agrícola. Esp. Mecanización e Construcións Rurais Enxeñaría Técnica en Obras Públicas. Esp. Transportes e Servizos Urbanos Ciencias da Saúde Enxeñaría Técnica en Topografía Enxeñaría Técnica Forestal. Esp. Explotacións Forestais Diplomatura en Enfermería Enxeñaría Técnica Industrial. Esp. Química Industrial Licenciatura en Veterinaria Enxeñaría Agrónoma Enxeñaría de Montes Ciencias Sociais e Xurídicas Diplomatura en Ciencias Empresariais Diplomatura en Relacións Laborais Mestre. Esp. Educación Física Mestre. Esp. Educación Infantil Mestre. Esp. Educación Primaria Mestre. Esp. Educación Estranxeira Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas Humanidades Licenciatura en Filoloxía Hispánica Licenciatura en Humanidades

TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO Ciencias Sociais e Xurídicas Ciencias Grao en Relacións Laborais e RRHH Grao en Bioloxía Grao en Relacións Laborais e RRHH () Grao en Física Grao en Administración e Dirección de Empresas Grao en Matemáticas Grao en Administración e Dirección de Empresas () Grao en Química Grao en Ciencia Política e da Administración Grao en Comunicación Audiovisual Grao en Economía Ciencias da Saúde Grao en Xornalismo Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio Grao en Enfermaría Grao en Enfermaría () Grao en Psicoloxía Humanidades Grao en Filoloxía Clásica Grao en Filosofía Grao en Lingua e Literatura Española Grao en Lingua e Literatura Galega Grao en Lingua e Literatura Inglesa Grao en Lingua e Literatura Modernas Grao en Historia Grao en Historia da Arte Grao en Pedagoxía Grao en Educación Social Enxeñaría e Arquitectura Grao en Enxeñaría Informática

PROMOCIÓN DO FORO Ademais da promoción nos 3 Campus da USC Campus Norte e Sur de Santiago e - efectuarase tamén nas propias clases e mediante envíos personalizados de correos electrónicos dende a Universidade. Para toda entidade participante neste foro, ofrecemos incluso a posibilidade de, sen custo extra ningún, realizar publicidade personalizada de dita empresa en aquelas Escolas ou Facultades nas que poidan estar máis interesadas. Os canles principais de promoción serán os seguintes: -- Correos electrónicos e cartas enviadas aos alumnos pola propia Universidade Cartelaría en todos os campus de Santiago: encartes publicitarios, posters nos tres campus da USC Guía oficial de empresas distribuida gratuitamente entre todos os alumnos. Artigos en prensa local e nacional e en prensa universitaria Distribución da información a través do Gabinetes de Prensa da Universidade e links dende a páxina web www.usc.es Mailing informativo a todos os usuarios de e-curricula.com (tanto universitarios como xa titulados) Colaboración con páxinas web de recollida de CV en liña: Laboris.net

EDICIÓN ANTERIOR. II FORO DE EMPREGO DA USC Datas: 11, 12 e 13 de novembro de 2008 Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Campus Norte de Santiago de Compostela). Facultade de Administración e Dirección de Empresas () Horario: de11.00h a 18.00h Público asistente: 5.000 visitantes Entidades participantes: 28 D.X. DE ORDENACIÓN E CALIDADE DO S.U.G. CAIXANOVA CONCELLO DE LUGO FEUGA CAIXA GALICIA BANESTO CONCELLO DE SANTIAGO ALCOA CONSELLERÍA DE TRABALLO (XUNTA DE GALICIA) IGAPE EVERIS INFOEMPLEO TECNOCOM CEL DELOITTE DIGAMEL GARRIGUES D.X. DE PROMOCIÓN DE EMPREGO PRICEWATERHOUSECOOPERS INLUDES FUNDACIÓN UNIVERSIDAD-EMPRESA COREMAIN KIABI BANCO PASTOR TRAGSA INYCOM ACCENTURE SAP SOLUTIONS DECATHLON

RESUMO EN CIFRAS DO II FORO DE EMPREGO DA USC Vicerreitoría da Comunidade PARTICIPACIÓN Número de visitantes 4.200 Currícula On-line recollidos 600 Inscricións recollidas 441 Nº medio de asistentes por presentación 80 Entidades Participantes 28 Entidades captadas directamente pola Vicerreitoría de Comunidade 14 Persoas en proceso de selección ao remate do foro 54 MATERIAL PROMOCIONAL Folletos Promocionais 10.000 Guía de Empresas 4.500 Cartelaría 1.000 PÁXINA WEB www.forodeempregousc.com Usuarios 27.757 Páxinas vistas 26.707 Visitas 4.261

CÓMO PARTICIPAR NO III FORO DE EMPREGO DA USC Se desexa que a súa empresa ou institución estea presente neste Foro de Emprego, tan só ten que elixir a modalidade de participación que prefira e poñerse en contacto con nós. A.- Entidade Participante - Stand amoblado de 6 m 2 durante 2 días - 2 páxinas a cor da guía de empresas - Espazo para entrevistas persoais con candidatos - Acceso á base de datos de CV do Tour del Empleo Online - Publicidade en documentos promocionais e nas webs da feira e do Tour del Empleo - Servizo gratuito de atención ao expositor (comida, e acceso á sala VIP) PARTICIPANTE 1 día: 1500 2 días: 2500 3 días: 3500 B.- Entidade Promotora - Stand amoblado de 12 m 2 durante 2 días - Presentación da empresa/institución - 2 páxinas a cor da guía de empresas - Espazo para entrevistas persoais con candidatos - Acceso á base de datos de CV do Tour del Empleo Online - Publicidade destacada nos documentos promocionais e nas webs da feira e do Tour del Empleo - Servizo gratuito de atención ao expositor (comida, e acceso á sala VIP) PROMOTOR 1 día: 2200 2 días: 3700 3 días: 4.500 C.- Entidade Patrocinadora Aquelas entidades cunha vinculación especial co fomento do emprego universitario teñen a posibilidade de participar en calidade de Entidade Promotora e disfrutar de vantaxes adicionais, tales como: - Stand amoblado de entre 16/20 m 2 - Páxina extra na guía con entrevista sobre temas de emprego / formación - Imaxe destacada como entidade patrocinadora en todos os documentos da feira: Cartelaría, folletos, guía de empresas, web, etc - Participación na inauguración oficial do evento - Microsite na web do foro PATROCINADOR C. de Santiago: 5200 C. de Lugo: 3250 Todos os días: 6500 *Estes prezos non inclúen IVE

D.- Entidade Colaboradora Se vostede quere participar no III Foro de Emprego da USC como entidade colaboradora, ten esta opción: - Aparecer na guía de empresas con 2 páxinas a cor (o custo deste servizo é de 500 + IVE) Outros Xeitos de Colaborar Se ningunha das modalidades ofrecidas encaixa coas súas necesidades, podemos ofrecerlle a posibilidade de dar difusión ás ofertas de traballo da súa empresa no stand que o SAEE vai ocupar no III Foro de Emprego da USC. Se desexa que a súa empresa estea presente nesta feira de Emprego, é sinxelo. Tan só ten que: 1. Elixir a modalidade de participación que desexa en función dos servizos que inclúe cada unha delas e que lle mostramos a continuación. 2. Cubrir o formulario de inscrición que figura neste documento e envialo por fax aos Servizos de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE) da USC. Fax: 981 547 008 3. Poñerémonos en contacto con vostede para solicitarlle a información necesaria para el material impreso. 4. Se opta pola opción Outros Xeitos de Colaborar, non é necesario que envíe o formulario de participación, póñase directamente en contacto coa Área de Orientación Laboral-SAEE. Para máis información: Área de Orientación Laboral-SAEE Vicerreitoría de Comunidade Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega Casas Reais, 8. 15782-Santiago de Compostela Tfno.: 981 563 100. Ext.: 12850 / 12851 Enderezo Electrónico: forodeemprego@usc.es

SERVIZOS EXTRA Microsite Como empresa participante, vostede pode contratar un microsite no apartado de empresas destacadas na web oficial do III Foro de Emprego da Universidade de Santiago de Compostela: www.forodeempregousc.com Elementos a destacar: - Os candidatos poden enviar directamente o CV á súa empresa ou ser redireccionados ao portal de emprego do que dispoñan. - Maior impacto visual para todos os visitantes que acceden á Web. - Os usuarios poden acceder a un perfil da súa empresa con só visitar a web, o que maximiza o retorno da súa inversión. Se a súa empresa desexa contratar esta modalidade, póñase en contacto con IMASTE no 91 536 05 03, xa que o número de microsites disponibles está limitado. O custo deste servizo é de 500 euros + IVE. Carta de presentación de directivo de RRHH Para as empresas participantes en calquera das modalidades, é posible contratar unha carta dun directivo da empresa que se incluirá na parte dianteira da guía. Esta carta, inclúe unha foto do directivo e un espazo de 2500 caracteres para que os estudantes poidan coñecer de primeira man qué significa traballar nunha determinada empresa ou en qué pode axudarlles unha entidade. O custo deste servizo é de 500 euros + IVE. Sección patrocinada na guía de empresas Ofrecemos a posibilidade de patrocinar unha sección da guía de empresas. (Exemplo: Sección de consellos de emprego, cómo preparar unha entrevista de traballo, cómo redactar un currículo, etc.). Esta sección debe de ter como máximo 3.600 caracteres. O custo deste servizo é de 1000 euros + IVE. Contraportada da guía de empresas Poden insertar un anuncio ou imaxe corporativa na contraportada da guía de empresas que se entregará de forma gratuita a todos os asistentes ao Foro. A contraportada é a parte máis visible e demandada da guía, polo que se a súa empresa desexa contratar este servizo comuníquenoslo canto antes. O custe deste servizo é de 1.500 euros + IVE.

FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN NO III FORO DE EMPREGO DA USC (Para remitir cumprimentado por fax ao 981 547 008) A) DATOS DA EMPRESA / ENTIDADE (para facturación) RAZÓN SOCIAL: CIF: DOMICILIO: CÓDIGO POSTAL: CIDADE: C) NIVEL DE PARTICIPACIÓN: 1- Seleccione o seu nivel de participación PARTICIPANTE CAMPUS SANTIAGO PROMOTOR CAMPUS LUGO PATROCINADOR OS DOUS CAMPUS COLABORADOR SERVIZOS EXTRA: Microsite en web do foro Carta directivo en guía Sección patrocinada en guía Contraportada guía de empresas NÚMERO DE DÍAS: B) PERSOA ENCARGADA DA PARTICIPACIÓN (para contacto) NOME: CARGO: TELÉFONO: FAX: E-MAIL: D) PROCEDIMENTO DE PAGO O pago realizarase contra factura. Será emitida en canto recibamos este formulario completado e será enviada por defecto á persoa aquí designada como responsable. No caso de que a factura deba ser enviada a outra persoa, por favor indíquenolo aquí NOME: DIRECCIÓN: TELÉFONO: E-MAIL : EMITE NUMERO DE PEDIDO/ALTA DE PROVEEDOR: SI NON Indique o custo de dita participación tal e como aparece no dossier do Foro TARIFA : E) FIRMA OU SELO DA EMPRESA

TOUR DEL EMPLEO 2009 Ao longo de 2009, o Tour del Empleo está presente en varias Universidades españolas. Poden ampliar a información de cada foro en www.tourdelempleo.com V Foro de Empleo Universitat de les Illes Balears. Palma de Mallorca.11 e 12 de marzo Sevilla Mercado Joven. Segunda Feria de Empleo, Postgrado y Emprendedores. Universidad Pablo de Olavide. Sevilla, 22 e 23 de abril VIII Foro de Empleo Universidad de Burgos. Burgos. 29 de abril III Foro de Empleo Universidad Rey Juan Carlos. Madrid. 6, 7 e 8 de maio III Foro de Empleo Ciudad Universitaria. Madrid,5, 6, 7 e 8 de outubro XIX Jornadas de Empleo de la Escuela de Obras Públicas. Madrid. 2-5 de novembro III Foro de Emprego da USC. Santiago de Compostela e Lugo, 24, 25 e 26 de novembro I Foro de Empleo Universidad de Cádiz (outono, datas por confirmar)