Informe climatolóxico outono 2016 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2016

Documentos relacionados
INFORME DE PRECIPITACIÓN EN GALICIA OS DÍAS 2/10/2010 e 3/10/2010.

Rachas m $)A (" ximas registradas el 8/11/2010 Racha m $)A (" xima (km/h) Xares A Veiga Cabeza de Manzaneda Manzaneda Lardeira Carballeda

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO

Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

Convocatoria ordinaria de 2012

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

XEOGRAFÍA DE GALICIA 1. O RELEVO DE GALICIA

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Secretaría Xeral de Política Social 2014

Características climáticas del trimestre junio-agosto de Temperaturas

ESTUDIO DE LOS DATOS CONTENIDOS EN EL REGISTRO DE ENTIDADES LOCALES

Características climáticas del trimestre diciembre- febrero de 2012.

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

Informe climatolóxico Mes de novembro 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA

CMUS Profesional de Viveiro

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS DA XUNTA DE GALICIA (RXC)

ENERXÍA HIDRAÚLICA. COMPOÑENTES DUNHA CENTRAL HIDROELÉCTRICA

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

LA RESPUESTA DEL EDUCADOR EN LOS CENTROS DE MENORES

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

ESCENARIO DE PRÁCTICAS Celebraranse as probas nas Pistas de Atletismo ao aire libre, de Elviña (A Coruña), e da Malata (Ferrol)

Comisión Galega de Bioética

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

VARIEDADES AUTÓCTONAS DE TOMATES DE GALICIA

Acta da Comisión Permanente celebrada o 18 de novembro de 2011

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

PAU XUÑO 2014 DESEÑO

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

Cara ao descoñecido. Rutas culturais 2016/2017 Apuntate xa!

formativos de de grao grao superior CSPC003 Código Proba de Matemáticas Páxina 1 de 12

Unidade 4: Pneumática

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

CONCELLOS CERVO. Anuncio

O ENSINO DO GALEGO COMO LINGUA ESTRANXEIRA

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

Informe Galicia Empleo y población en las comarcas de Galicia en

Seminarios de Formación Continua

Crónica de la Jornada: J.C. Nóvoa Muñoz y M. Arias Estévez Fotografías: J.C. Nóvoa Muñoz y Rosa Tedín (DUVI)

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Direccion Xeral de Comercio. Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia.

ACTA DE LA SESION EXTRAORDINARIA URGENTE CELEBRADA POR EL PLENO DEL AYUNTAMIENTO EL DIA VEINTE DE SEPTIEMBRE DE MIL NOVECIENTOS NOVENTA Y UNO.

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

Programación Cultural setembro - decembro 2009 Ourense

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

CENTROS DE COORDINACIÓN DE INCENDIOS FORESTALES EN GALICIA. Madrid, 22 de mayo de 2013

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Galicia >> Coñecendo o mundo con Cruz Vermella Xuventude

O 5 de Agosto de 2008 solicitase unha Xuntanza co Sr. Figueroa Vila para solicitar información sobre os campos de fútbol.

RECOMENDACIÓNS XERAIS

Boletín de Predicción de Cosecha Castilla y León

PREDICCIÓN MENSUAL DE LA TENDENCIA METEOROLÓGICA

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

Resumen Climático del año Temperaturas

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR SERVIZO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

PAU XUÑO 2015 DEBUXO ARTÍSTICO II

AULA DA NATUREZA DE CABO UDRA

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

LA SITUACIÓN DE SEQUÍA EN CATALUNYA EN EL AÑO 2007

INFORME SOBRE LOS FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS DEL DÍA 9 DE MARZO DE 2013

Informe meteorológico

II XORNADA DE TRABALLO PARA AVALIADORES EXTERNOS

A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

PROGRAMA DE MAYORES DE LA UNIVERSIDAD DE VIGO, CAMPUS DE VIGO

Olas de calor en España desde 1975 Área de Climatología y Aplicaciones Operativas

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo

PAU XUÑO 2014 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL II

EN CASO DE PROBLEMAS EN LA RECEPCIÓN, POR FAVOR LLAME A NUESTRAS OFICINAS

Do 16 de ao 21 de abril

NOTICIA FECHA MEDIO LOGO XIC /9/ Minutos. 10/9/2013 Correo Gallego. 20/9/2013 El correo Gallego. 18/10/2013 Inversión y finanzas

Caracas, marzo de 2011

Educar para a cidadanía global

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

(A Habana, )

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB03. Código. Proba de. Física. Páxina 1 de 11

PAU XUÑO 2013 DESEÑO

CALENDARIO ACADMICO DO CURSO (Aprobado no C.G. do 7 de maio de 2015)

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 292 Martes, 21 decembro 2004 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

CENTRO SOCIAL DE OLEIROS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEC02. Código. Proba de. Química. Páxina 1 de 12

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

...DON MANUEL JOSÉ DÍAZ SÁNCHEZ, secretario xeral do pleno do excelentísimo Concello da Coruña.

Transcripción:

INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2016

ÍNDICE 1 INTRODUCCIÓN... 2 2 BALANCE DA TEMPERATURA E PRECIPITACIÓN NO OUTONO 2016 EN GALICIA.... 3 2.1. Temperatura... 3 2.2. Precipitación... 8 3 EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA TEMPERATURA E A PRECIPITACIÓN DE OUTONO.... 12 3.1. Temperatura... 12 3.2. Precipitación... 15 Data edición: 19-12-2016 Páxina 1 de 16

Outono moi seco e cálido. 1 INTRODUCCIÓN A continuación preséntanse unha descrición climatolóxica que caracterizou á estación de outono (dende setembro de 2016 a novembro de 2016). Así analízanse os datos de temperatura e precipitación e a súa evolución no tempo considerando os períodos de referencia 1971-2000 e 1981-2010 1. Neste informe estacional, considérase o período climático de referencia 1981-2010. Así, as anomalías calculadas nas táboas, mapas e gráficos, e percentiles calcúlanse con respecto a este período de referencia. Para caracterizar a estación en función da temperatura considéranse os seguintes criterios: Percentil Categoría < mínimo en 1981-2010 Extremadamente frío Entre 5% e 20% Moi frío Entre 20% e 40% Frío Entre 40% e 60% Normal Entre 60% e 80% Cálido Entre 80% e 95% Moi cálido >máximo en 1981-2010 Extremadamente cálido. Táboa 0.1. Cualificación do mes en función da temperatura. Para caracterizar a estación en función da precipitación considéranse os seguintes criterios: Percentil Categoría < mínimo en 1981-2010 Extremadamente seco Entre 5% e 20% Moi seco Entre 20% e 40% Seco Entre 40% e 60% Normal Entre 60% e 80% Húmido Entre 80% e 95% Moi Húmido >máximo en 1981-2010 Extremadamente Húmido. Táboa 0.2. Cualificación do mes en función da precipitación. Se falamos de temperatura media, enténdese por anomalía a diferenza entre a temperatura media deste outono e o valor climático obtido con respecto ó período de referencia considerado. Para a variable precipitación enténdese por anomalía a porcentaxe da precipitación acumulada no outono respecto do valor da media climática correspondente. 1 Na caracterización dos meses e a estación do ano, faise referencia ao período 1981-2010. Páxina 2 de 16

2 BALANCE DA TEMPERATURA E PRECIPITACIÓN NO OUTONO 2016 EN GALICIA. 2.1. Temperatura No outono destacaron os episodios de situacións anticiclónicas, con altas temperaturas máximas no mes de setembro, que mesmo superaron os 40 ºC en moitas localidades galegas e que en certa medida continuaron no mes de outubro. O mes de novembro, aínda que lixeiramente frío, non puido compensar estes dous meses cálidos. Como resultado disto, a estación de outono resultou cálida en practicamente toda Galicia, con excepción dalgunhas zonas das comarcas de A Coruña, Bergantiños e Terra de Soneira, nas que as temperaturas estiveron por debaixo dos valores normais para esta estación. Así, o outono comezou cun setembro cálido, sendo as diferenzas respecto ao valor climático máis notables nos valores das máximas. As elevadas temperaturas rexistradas nos dous episodios de principio e final de mes e a escaseza de días de frío (días con temperatura media menor de 7 ºC) contribuíron a esta situación. Outubro tamén presentou temperaturas máis elevadas do habitual nesta época do ano, resultando moi cálido. Isto debeuse principalmente a episodios nos que a configuración sinóptica propiciaba a chegada a Galicia de aire cálido. Novamente isto foi máis acusado nas temperaturas máximas que nas mínimas, as cales acadaron valores próximos aos normais. A tónica cambiou no mes de novembro, que pódese considerar lixeiramente frío debido principalmente a que os períodos secos e fríos alternáronse con períodos de chuvia e temperaturas suaves. Tamén neste mes apareceron as primeiras nevaradas do outono, no que se contabilizaron ata 10 días nos que nevou nalgunha localidade galega, sendo o día 24 no que se rexistrou neve en máis localidades. Páxina 3 de 16

Nas táboas 1 e 2 móstranse as temperaturas máximas máis altas rexistradas na Comunidade Galega na estación outono de 2016 para estacións situadas por debaixo e por enriba dos 1000 metros de altitude respectivamente. O día do outono máis caloroso foi tendo en conta as dúas altitudes o 6 de setembro. Temperaturas máximas máis altas rexistradas no outono 2016 por debaixo dos 1000 m de altitude InstanteLectura Estación Concello Provincia TA (ºC) 06/09/2016 Cequeliños Arbo Pontevedra 42.0 06/09/2016 San Clodio Ribas de Sil Lugo 41.9 06/09/2016 EVEGA Leiro Leiro Ourense 41.9 06/09/2016 Remuíño Arnoia Ourense 41.7 06/09/2016 Ourense Ourense Ourense 41.6 06/09/2016 Ourense-Estacións Ourense Ourense 41.2 06/09/2016 Sergude Boqueixón A Coruña 40.3 06/09/2016 Míllara Ferreira de Pantón Lugo 40.3 06/09/2016 A Portela Vilamartín de Valdeorras Ourense 40.2 06/09/2016 Xabrega Sober Lugo 40.2 Táboa 1: Temperaturas máximas máis altas rexistradas no outono de 2016 a altitude menor de 1000 m. Temperaturas máximas máis altas rexistradas no outono 2016 por riba dos 1000 m de altitude InstanteLectura Estación Concello Provincia TA (ºC) 06/09/2016 A Mezquita A Mezquita Ourense 34.8 06/09/2016 O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense 34.7 06/09/2016 San Xoán de Río San Xoán de Río Ourense 34.5 06/09/2016 Corzos A Veiga Ourense 33.9 06/09/2016 O Cebreiro Pedrafita do Cebreiro Lugo 33.5 06/09/2016 Xurés Muiños Ourense 33.4 06/09/2016 Serra do Eixe O Barco de Valdeorras Ourense 32.8 06/09/2016 Ancares Cervantes Lugo 32.6 06/09/2016 Alto do Poio Pedrafita do Cebreiro Lugo 31.5 06/09/2016 Casaio Carballeda de Valdeorras Ourense 31.3 Táboa 2: Temperaturas máximas máis altas rexistradas no outono de 2016 a altitude maior de 1000 m. Páxina 4 de 16

Nas táboas 3 e 4 móstranse as temperaturas mínimas máis baixas rexistradas na Comunidade no outono de 2016 para as estacións situadas por enriba e por debaixo dos 1000 metros de altitude respectivamente. A partir da segunda quincena do mes de novembro, rexistráronse as temperaturas máis baixas do outono. Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no outono 2016 por riba dos 1000 m de altitude InstanteLectura Estación Concello Provincia TA (ºC) 22/11/2016 Cabeza de Manzaneda Manzaneda Ourense -6.5 22/11/2016 Xares A Veiga Ourense -5.4 23/11/2016 Corzos A Veiga Ourense -5.3 22/11/2016 Lardeira Carballeda de Valdeorras Ourense -5.2 22/11/2016 Ancares Cervantes Lugo -3.3 23/11/2016 San Xoán de Río San Xoán de Río Ourense -3.0 22/11/2016 Alto do Poio Pedrafita do Cebreiro Lugo -2.9 22/11/2016 O Cebreiro Pedrafita do Cebreiro Lugo -2.6 22/11/2016 Casaio Carballeda de Valdeorras Ourense -2.4 07/11/2016 Serra do Eixe O Barco de Valdeorras Ourense -2.3 Táboa 3: Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no outono de 2016 a altitude superior a 1000m. Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no outono 2016 por debaixo dos 1000 m de altitude InstanteLectura Estación Concello Provincia TA (ºC) 23/11/2016 Verín-Vilela Verín Ourense -3.8 22/11/2016 Calvos Calvos de Randín Ourense -3.5 23/11/2016 Viana do Bolo Viana do Bolo Ourense -3.3 22/11/2016 Melide Melide A Coruña -3.1 30/11/2016 Lanzós Vilalba Lugo -3.0 25/11/2016 Castro R. de Lea Castro de Rei Lugo -2.6 30/11/2016 Bóveda Bóveda Lugo -2.4 29/11/2016 Xinzo Xinzo de Limia Ourense -2.4 25/11/2016 Campus Lugo Lugo Lugo -2.3 23/11/2016 Morelle Sarria Lugo -2.3 Táboa 4: Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no outono de 2016 a altitude inferior a 1000m. Páxina 5 de 16

Na figura 1 móstrase o mapa de temperatura media para o outono de 2016. As zonas da alta montaña ourensá, como Cabeza de Manzaneda e Pena Trevinca, rexistraron os valores máis baixos de temperatura media nesta estación do ano, con valores próximos aos 7 ºC. A comarca de Vigo e algúns puntos das comarcas limítrofes, presentaron as temperaturas máis altas de outono, con valores próximos aos 17ºC, contrastando con valores en torno aos 12 ºC de media no conxunto da Comunidade. Figura 1: Temperatura media no outono 2016 Páxina 6 de 16

Na figura 2 pode verse o mapa das desviacións da temperatura respecto do valor medio 1981-2010 para este outono. En xeral tratouse dun outono cálido, no que cabe destacar algunhas localidades das Comarca de A Coruña, Bergantiños e Terra de Soneira que, como xa sucedera na estación de verán, foron lixeiramente frías. As zonas máis cálidas foron as comarcas de Vigo e Baixo Miño, con anomalías positivas próximas aos 2 ºC. Figura 2: Mapa de anomalías da temperatura media no outono 2016 Páxina 7 de 16

2.2. Precipitación O outono deste ano 2016 resultou moi seco, cunha chuvia rexistrada ata un 33% inferior aos valores normais, sendo a porcentaxe máis baixa dende 2007, ano no que choveu ata un 71% menos do agardado con respecto ao período climático de referencia 1981-2010. Isto debeuse principalmente ao mes de outubro que resultou moi seco, mentres que setembro e novembro acadaron valores normais no conxunto da Comunidade. Así, no mes de setembro cabe destacar a escaseza de días de chuvia, xa que tan só houbo dous episodios, a mediados e finais do mes, nos que a precipitación foi importante, tanto que rexistráronse cantidades dabondo para considerar o mes normal en canto á precipitación. As chuvias no mes de outubro estiveron por debaixo da metade das agardadas neste mes (un 64% menos). A persistencia das situacións anticiclónicas tan só permitiu o achegamento de tres borrascas á Comunidade. Estas borrascas, salvo en momentos puntuais, non deixaron precipitacións moi intensas. O outono rematou cun mes de novembro, que tanto en número de días de chuvia como en precipitación acumulada, acadou valores próximos aos normais. Se ven se aprecia un gran contraste nas anomalías de precipitación a provincia de Lugo, A Baixa Limia, e as comarcas de A Coruña e Ferrol e o resto da Comunidade. Neste mes destacaron as frontes do día 8 e do día 19 como as máis significativas en canto as chuvias aportadas. Páxina 8 de 16

Na táboa 5 móstranse os valores máximos de precipitación acumulada rexistrados neste outono de 2016. Precipitación máxima estacional no outono 2016 Estación Municipio Provincia Fornelos de Montes Fornelos de Montes Precipitación (L/m2) Pontevedra 527 Cespón Boiro A Coruña 496 Muralla Lousame A Coruña 491 Castrove Poio Pontevedra 475 Xesteiras Cuntis Pontevedra 449 Labrada Abadín Lugo 434 Ponte Caldelas Ponte Caldelas Pontevedra 432 Pereira Forcarei Pontevedra 418 Aldea Nova Narón A Coruña 416 Vigo-Campus Vigo Pontevedra 411 Táboa 5: Valores máximos de precipitación acumulada no outono de 2016. Na táboa 6 móstranse os valores mínimos de precipitación acumulada rexistrados: Precipitación mínima estacional no outono 2016 Estación Concello Provincia Precipitación (L/m2) Larouco Larouco Ourense 114 As Petarelas Rubiá Ourense 128 Viana do Bolo Viana do Bolo Ourense 135 Verín-Vilela Verín Ourense 144 Ponte Boga Castro Caldelas Ourense 144 Lardeira Casaio Carballeda de Valdeorras Carballeda de Valdeorras Ourense 148 Ourense 149 A Portela Vilamartín de Valdeorras Ourense 154 Marroxo Monforte Lugo 155 San Clodio Ribas de Sil Lugo 155 Táboa 6: Valores mínimos de precipitación acumulada no outono de 2016 Páxina 9 de 16

Na figura 3 móstrase a precipitación total acumulada neste outono de 2016. Os valores máis altos rexistráronse na provincia de Pontevedra e suroeste da provincia de A Coruña, con valores que chegaron aos 526 L/m 2 en Fornelos de Montes. Os valores máis baixos acadáronse principalmente no sueste da Comunidade, onde se rexistraron puntualmente valores por debaixo dos 100 L/m 2. O valor medio de precipitación para o conxunto de Galicia, a partir dos valores do mapa, foi de 280 L/m 2. Figura 3: Mapa de precipitación acumulada no outono de 2016. Páxina 10 de 16

Na figura 4 móstrase o mapa de anomalías de precipitación en forma de porcentaxe con respecto aos valores normais (1981-2010), sendo 100% a porcentaxe que representa a normalidade. Son moi poucas as zonas que rexistraron valores por riba dos normais. As anomalías máis altas déronse principalmente no nordeste da Comunidade, con valores de precipitación entorno a un 40% máis altos do habitual.. Os lugares máis secos encóntranse en zonas do sur da Coruña e do sueste da Comunidade, onde choveu ata un 60 % menos do normal. A anomalía de precipitación para o conxunto de Galicia, tendo en conta os valores do mapa, foi un 34% por debaixo do normal. Figura 4: Porcentaxe de precipitación acumulada con respecto á media climática no outono de 2016. Páxina 11 de 16

3 EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA TEMPERATURA E A PRECIPITACIÓN DE OUTONO. 3.1. Temperatura A temperatura media de outono para Galicia, considerando once estacións meteorolóxicas representativas, presentou unha anomalía positiva de 0.6 ºC con respecto ó período climático de referencia 1971-2000 e de 0.4 ºC con respecto ao 1981-2010. Como resultado disto tratouse dun outono outono cálido tendo como referencia o período 1981-2010 segundo a táboa 0.1. Isto pódese observar na seguinte táboa: Temperatura media outono(ºc) 2016 1971-2000 1981-2010 14.9 14.3 14.5 Táboa 7: Comparación entre a temperatura media en outono e a media climática galega. Na seguinte táboa móstrase a distribución por meses da temperatura media no outono de 2016 para esta serie de referencia. Temperatura media mensual (ºC) Mes 2016 1971-2000 1981-2010 setembro 18.7 17.9 17.8 outubro 15.6 14.2 14.5 novembro 10.3 10.8 10.9 Táboa 8: Comparación entre a temperatura media mensual do outono 2016 e as medias mensuais climáticas nos períodos de referencia mostrados. Pódese dicir que, en canto á temperatura media e considerando o período de referencia 1981-2010, o mes setembro resultou cálido, outubro moi cálido e novembro lixeiramente frío. Na táboa 9 pódese observar a temperatura media das máximas na estación de outono e a comparación cos valores de referencia dos períodos 1971-2000 y 1981-2010. Tendo en conta os percentiles das series, as máximas deste outono poden cualificarse como cálidas. Páxina 12 de 16

Temperatura media das máximas en outono(ºc) 2016 1971-2000 1981-2010 20.2 19.2 19.4 Táboa 9: Comparación entre a temperatura máxima media en outono e a media climática galega. Mensualmente, setembro e outubro resultaron moi cálidos. Porén, novembro foi normal con respecto ao período 1981-2010. Temperatura media das máximas por mes (ºC) Mes 2016 1971-2000 1981-2010 setembro 25.1 23.6 23.9 outubro 21.1 19.0 19.3 novembro 14.5 14.9 15.0 Táboa 10: Comparación entre a temperatura máxima media mensual do outono de 2016 e as medias mensuais climáticas nos períodos de referencia mostrados. En canto ás temperaturas mínimas, o outono pódese considerar normal, acadándose o valor climático do período de referencia 1981-2010. Temperatura media das mínimas en outono(ºc) 2016 1971-2000 1981-2010 9.5 9.3 9.5 Táboa 11: Comparación entre a temperatura mínima media en outono e a media climática galega. A escala mensual, setembro resultou normal, outubro lixeiramente cálido e novembro lixeiramente frío, con respecto ao último período de referencia. Temperatura media das mínimas por mes (ºC) Mes 2016 1971-2000 1981-2010 setembro 12.3 12.1 12.2 outubro 10.2 9.4 9.6 novembro 6.1 6.6 6.7 Táboa 12: Comparación entre a temperatura mínima media mensual do outono de 2016 e as medias mensuais climáticas nos períodos de referencia mostrados. Páxina 13 de 16

Na figura 5 móstrase a evolución da temperatura media dos outonos dende o ano 1961 ao 2016. Figura 5: Evolución da temperatura media no outono para a serie rexional galega. A anomalía media para o outono en Galicia, obtida a partir das anomalías medias en once estacións meteorolóxicas representativas, foi de 0.42 ºC, o que fai que poida considerarse cálido, cun valor moi próximo a anomalía do outono de 2015 que foi lixeiramente máis baixa. Isto debeuse principalmente as máximas (cunha anomalía positiva de 0.8 ºC), mentres que as mínimas resultaron normais. Figura 6: Evolución da anomalía da temperatura no outono no período 1961-2016. Páxina 14 de 16

3.2. Precipitación Na táboa 13 móstranse os valores medios de precipitación acumulada no outono de 2016, ademais dos valores climáticos dos períodos 1971-2000 e 1981-2010. A serie rexional constrúese a partir de dezaseis estacións meteorolóxicas representativas. Precipitación acumulada estacional (mm) 2016 1971-2000 1981-2010 274 390 417 Táboa 14: Comparación entre a precipitación acumulada no outono 2016 e os valores climáticos. A porcentaxe de precipitación neste outono foi un 30% inferior con respecto ao período de referencia 1971-2000 e un 33% inferior con respecto ao período de referencia 1981-2010. Segundo os criterios da táboa 0.2, considérase un outono moi seco con respecto ao último período. O estudo mensual da precipitación acumulada neste outono (táboa 15) mostra que setembro e novembro foron normais e o mes de outubro foi moi seco tendo como referencia o período 1981-2010. Precipitación acumulada por mes(ºc) Mes 2016 1971-2000 1981-2010 setembro 71 85 78 outubro 61 145 167 novembro 142 159 173 Táboa 15: Comparación entre os valores acumulados de precipitación dos meses de outono e as medias correspondentes aos períodos climáticos. Na figura 7, pode verse a evolución da precipitación nos outonos desde o ano 1961 ao 2016. Páxina 15 de 16

Figura 7: Precipitación acumulada no outono para a serie rexional galega. Na figura 8 móstranse as anomalías de precipitación en outono, xunto coa media móbil de 5 anos. A anomalía media das precipitacións para este outono en Galicia, obtida a partir das anomalías medias en dezaseis estacións meteorolóxicas representativas, foi dun 33 % por debaixo do valor normal, o que fai que poida considerarse como moi seco. O ano precedente cun outono moito máis seco foi 2007. Figura 7: Evolución da anomalía de precipitación no outono no período 1961-2016. MeteoGalicia Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia Páxina 16 de 16