ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Axentes de Emprego e AEDLs

Documentos relacionados
a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

Seminarios de Formación Continua

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

ENTIDA D DE D S SEN ÁNIMO O DE D LU L C U R C O R 15/12/2015, A Coruña

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Convocatoria ordinaria de 2012

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

DIÁLOGO SOCIAL EN GALICIA

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ASISTENCIA PERSOAL Un Dereito recoñecido na Convención

Una empresa con vocación de servicio

Xunta de Galicia. Consellería de Política Social Dirección Xeral de Inclusión Social

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Unidade 4: Pneumática

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

RSE. e formación continua

CENTRO SOCIAL DE OLEIROS

ESCOLA DE IDIOMAS ACTIVA: INNOVACIÓN E CALIDADE

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

Formación Profesional. Contrastes curriculares dos títulos da Familia Profesional de Hostalería e Turismo de Galicia e Portugal

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

INFORME DE LA ENCUESTA REALIZADA A TODO EL PERSONAL DE LA FACULTAD DE QUÍMICA CON LOS CURSOS DE FORMACIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2011 Páx. 8548

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo

Educar para a cidadanía global

II XORNADA DE TRABALLO PARA AVALIADORES EXTERNOS

AULA DA NATUREZA DE CABO UDRA

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

Patrocina Xunta de Galicia Consellería de Innovación e Industria Dirección Xeral de Turismo. Edición María Xosé Fernández Cerviño

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio CMPS003. Código. Proba de. Ciencias sociais. Páxina 1 de 10

GARANTÍA JUVENIL Aval jóvenes

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

GUÍA DE PUBLICIDADE E INFORMACIÓN DAS INTERVENCIÓNS COFINANCIADAS POLOS FONDOS ESTRUTURAIS EN GALICIA

Hermanamiento con EL SALVADOR

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

CMUS Profesional de Viveiro

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

CONCELLO DE OURENSE SERVIZO DE CONTRATACIÓN

Os efectos da declaración do concurso

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Programación 2º de EP MATEMÁTICAS

GRAO EN RRLL E RHH TRABALLOS FIN DE GRAO (TFG) Relación de traballos e prazo de solicitude para a súa asignación ao alumnado Curso 2013/14

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

Acta da Comisión Permanente celebrada o 18 de novembro de 2011

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

BoletÝn Dixital da Asociaci¾n Profesional de Orientaci¾n Educativa de Galicia. N 5 û DECEMBRO 2006

OPCIÓN B. NON abra o exame ata que o tribunal llo indique

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

EXTRACTO DO BORRADOR DA ACTA. da sesión ORDINARIA, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno do Excmo. Concello de Lugo o día

OPCIÓN B. NON abra o exame ata que o tribunal llo indique

20 anos de compromiso coas empresas de Ferrol, Eume e Ortegal. Javier Guerra. Directorio de Empresas Asociadas

CURSO DE MEDIACIÓN FAMILIAR, E INTRODUCIÓN Á MEDIACIÓN PENAL E PENITENCIARIA

EMPRESA FOC. Informe indicadores Xunta de Galicia Informe indicadores Xunta de Galicia

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

ENERXÍA HIDRAÚLICA. COMPOÑENTES DUNHA CENTRAL HIDROELÉCTRICA

O ENSINO DO GALEGO COMO LINGUA ESTRANXEIRA

Galicia busca unha oportunidade no termalismo terapéutico con pacientes doutros países

ESTRATEXIA GALEGA ACUICULTURA

As características técnicas e ambientais de ditos produtos son as seguintes:

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria de 22 de xaneiro de 2009, adoptou, entre outros o seguinte acordo: ORDENANZA MUNICIPAL DE ANTENAS

Índice. uía de estilo para xornalistas

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Butlletí Oficial de la Província d Alacant edita excma. diputació provincial d alacant

INSERCIÓN LABORAL. Acciones y/o Programas:

El tejido productivo de Galiza

Xornada Mundial da Xuventude

ENTIDADES DEL ÁMBITO DE LOS MOVIMIENTOS MIGRATORIOS DE VIGO ENTIDADES (POR ORDEN ALFABÉTICO)

Os sistemas operativos (S. O.)

Tecnología para un mundo más accesible Tecnoloxía para un mundo máis accesible

OFERTA DE PRÁCTICAS CURRICULARES EN EMPRESAS CURSO

CONTRIBUCIÓN DE LA XUNTA DE GALICIA A LA CONSULTA PÚBLICA UE 2020

Xornada. CURSO estudos de mercados internacionais

COÑECEMENTO DO MEDIO 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. A) Obxectivos xerais do curso e competencias (temporalizados por avaliacións).

PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE, DE DÚAS PRAZAS DE OPERARIO INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2010

formativos de de grao grao superior CSPC003 Código Proba de Matemáticas Páxina 1 de 12

ANEXO I CANTIDADES CONTRATADAS EN LA ACTUALIDAD POR EL AYUNTAMIENTO Y QUE SE INDICAN CON CARÁCTER ORIENTATIVO:

Galicia Norte Portugal

1 de 5 10/10/26 16:47

Transcripción:

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO Axentes de Emprego e AEDLs

- 1 -

AXENTES DE EMPREGO E AEDLs - 2 -

- 3 -

9. Axentes de Emprego e Axentes de Emprego de Desenvolvemento Local 9.1 Os Axentes de Emprego e os AEDLs... 6 9.2 Conclusións... 10 9.3 DAFO... 11-4 -

- 5 -

9.1 Os Axentes de Emprego e os AEDLs Polo seu labor específico no fomento de emprego debemos mencionar dun xeito máis específico aos AEDL e Axentes de Emprego da zona. No territorio do Pacto existe toda unha rede de persoal técnico que desenvolve as súas funcións no eido da implantación das políticas activas de emprego e o apoio das iniciativas empresariais xeradoras de novos postos de traballo a nivel local. Está formada polo persoal especializado no asesoramento empresarial situado nos concellos e noutras asociacións ou entidades sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción empresarial. Entre as súas funcións prioritarias están: - Xestionar axudas para favorecer o emprego, centrándose sobre todo naqueles colectivos con maiores dificultades á hora de conseguir emprego. - Informar ás empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade empresarial dispoñibles, así como facilitar o seu acceso aos mesmos. - Promover a cultura emprendedora fomentando iniciativas empresariais e apoiando novos proxectos de autoemprego individual ou colectivo, informando das medidas de apoio existentes e poñendo en relación persoas emprendedoras e recursos. - Comunicar a empresas e persoas emprendedoras as subvencións para a formación e o emprego, así como facilitar o acceso ás mesmas. - Facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego, en especial das participantes en políticas activas de emprego, identificando as necesidades de persoal das empresas a curto e medio prazo e propoñendo accións de mellora da empregabilidade da poboación desempregada. - Realizar unha observación estratéxica do territorio e estudos coa fin de detectar necesidades formativas e educativas da poboación desempregada. - Contribuír ao desenvolvemento socioeconómico do territorio mediante as seguintes técnicas: A prospección de recursos ociosos ou infrautilizados e de proxectos empresariais de promoción económica e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego. A difusión e estímulo das potenciais oportunidades de creación de actividades entre persoas desempregadas, promotores e promotoras, persoas emprendedoras e institucións colaboradoras. O acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas. O apoio aos promotores a ás promotoras das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoos/as tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento. Os axentes de emprego e desenvolvemento local e os axentes de emprego teñen un labor complementario e as mesmas funcións, desenvolvidas no primeiro caso dende a Administración Local e, no segundo, dende outras Administracións, Universidades e entidades sen ánimo de lucro. A este respecto temos que comentar que dos 8 concellos que integran o Pacto, 7 contan con AEDL (1 en cada concello, agás Noia e Rianxo que contan con 2), mentres no outro hai un funcionario municipal que desempeña estas funcións. - 6 -

Ademais deste persoal nos concellos tamén se conta con Axentes de Emprego en dúas Asociacións Empresariais do Pacto: na FEB (Federación de Empresarios do Barbanza ) hai 1 e no CECB (Centro Empresarial da Construción do Barbanza) outro. Na seguinte táboa recóllese o persoal para este ano: CONCELLO ENTIDADE PERSOAL Nº AEDL / AE BOIRO Concello Axente de emprego e desenvolvemento local 1 Federación de Empresarios do Barbanza Axente de emprego 1 LOUSAME Concello Axente de emprego e desenvolvemento local 1 NOIA Concello Axente de emprego e desenvolvemento local 2 OUTES* Concello Axente de emprego e desenvolvemento local 0 POBRA Concello Axente de emprego e desenvolvemento local 1 PORTO DO SON Concello Axente de emprego e desenvolvemento local 1 RIANXO Concello Axente de emprego e desenvolvemento local 2 RIVEIRA Concello Axente de emprego e desenvolvemento local 1 Centro Empresarial da Construción do Barbanza Axente de emprego 1 TOTAL 11 Fonte: Elaboración propia a partir de fontes municipais. * No concello de Outes conta cun funcionario municipal que desempeña as funcións de AEDL. Móstrase a continuación a relación entre a poboación parada rexistrada (PPR) a decembro de 2008 e o número de AEDL e AE da zona. Hai que sinalar que o número de persoas a atender é moito maior, xa que non só inclúe a persoas paradas senón a todas aquelas que buscan asesoramento para a creación de empresas. CONCELLO PPR 2008 Nº AEDL e AE Boiro 1.547 2 Lousame 238 1 Noia 974 2 Outes* 471 0 Pobra 638 1 Porto do Son 586 1 Rianxo 926 2 Riveira 1.696 2 Barbanza 4.807 7 Noia 2.269 4 Total Pacto 7.076 11 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e da Oficina do SPE de Boiro. - 7 -

Ao igual que no apartado dedicado á orientación e co fin de acadar un mellor coñecemento do traballo dos AEDL e AE da zona realizouse unha enquisa entre este persoal. A análise dos datos proporcionados polo 42% dos AEDL e AE do Pacto dá paso ás seguintes achegas: En primeiro lugar, das 5 persoas enquisadas, o 80% considera que é suficiente o número de AEDL e AE do Pacto e máis da metade ( 60%) considera que existe precariedade na contratación. A maioría (80%) realiza outras funcións á parte das ligadas ao posto, o que incrementa nalgúns casos a carga de traballo. Non se conta cunha programación anual de traballo, aínda que nalgún caso matízase o feito de que ao longo do ano séguense máis ou menos as mesmas pautas de actuación ou realízase unha programación a curto prazo, que permite adaptala mellor ás necesidades que xorden. En relación con este tema cabe comentar que tampouco é habitual (en menos da metade dos casos) contar con protocolos de actuación para os distintos ámbitos de intervención. A maioría conta con formación continua adecuada ao posto de traballo e só nun caso afírmase non recibir formación, debido en parte a que non existe no contorno próximo oferta formativa de interese. Unha das persoas enquisadas demanda que esta formación non se centre só no Plan de Emprego e que acolla outras áreas ademais da do emprendemento, que tamén poden ser de interese para o desempeño do seu traballo. A totalidade dos enquisados recibe información específica sobre Ordes relevantes para o desenvolvemento do seu traballo, aínda que, nalgún dos casos coméntase o feito de que o campo do asesoramento é tan amplo que en moitas ocasións vénse na necesidade de procurala persoalmente. En canto á coordinación, o 60% considera que non existe. Aínda no caso das persoas que afirman o contrario, considérase que podería mellorarse, por exemplo, propiciando o coñecemento de todas as persoas que traballan neste eido, facilitando unha maior interacción entre o persoal e posibilitando o intercambio de experiencias sobre o traballo que está a desenvolver cada un no seu concello. Neste sentido, quizais sería de interese contar cun espazo aberto á cooperación e ao intercambio desas experiencias, o que suporía aproveitar o traballo das persoas que teñen desenvolvido determinados proxectos. Tamén se considera útil a coordinación de cara a publicitar os servizos da rede e cara o establecemento de accións conxuntas que fagan desa rede unha realidade. Para rematar, cabe comentar que a totalidade de axentes coincide no descoñecemento do servizo por parte da poboación e, en particular, polos emprendedores, que xeralmente non saben que poden acudir a un servizo público e recibir asesoramento para a creación da empresa (información, axudas ), aínda que algunha persoa recoñece que se teñen dado avances neste sentido e que se realizan accións para que esta situación cambie. Entre as accións suxeridas para paliar esta situación estarían: a mellora do sistema de información existente, publicitando máis os servizos en lugares públicos ou concorridos polos potenciais usuarios dos mesmos (oficinas de emprego delegacións de facenda, INSS, bibliotecas, centros sociais ), establecendo contacto cos veciños, empresas, medios de comunicación Tamén se sinala, a realización de accións mancomunadas, co fin de acadar unha maior difusión da rede e conseguir que sexa coñecida por un maior número de persoas, ou contar coa colaboración de todos os organismos oficiais na difusión de información sobre todos os servizos que ofrece a Administración. - 8 -

Así, pois, entre as principais dificultades coas que se atopan no desenvolvemento do seu traballo podemos sinalar: a falta de estabilidade no posto de traballo (dependentes de subvencións), o descoñecemento por parte da poboación do servizo que ofrecen ou a realización doutras funcións que non entran dentro das súas competencias. Así mesmo, tamén sería necesario combinar a formación continua de carácter xeneralista con outra de tipo máis especializado e optimizar os recursos, mediante a coordinación e consulta entre os distintos axentes de emprego. A este respecto hai que destacar a existencia da UPD Coordina Local, entidade promovida polo Igape e Bic Galicia (Consellería de Economía e Industria) en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar como recurso de coordinación e apoio aos axentes de promoción económica do territorio galego. Encárgase de dar cohesión á rede, de divulgar e dar a coñecer o traballo que desenvolven os técnicos/as e de ofrecerlles ferramentas e información útil para o seu labor diario. O fin último da UPD e dos propios técnicos/as é incentivar o proceso de creación e consolidación de empresas. As persoas destinatarias dos servizos son: axentes de emprego e desenvolvemento local, axentes de emprego e outro persoal técnico de promoción económica. - 9 -

9.2 Conclusións Existe unha importante rede de ADL e Axentes de Emprego no territorio (9 AEDL e 2 Axentes de Emprego). Entre as dificultades coas que se atopan hai que resaltar a falta de estabilidade no posto de traballo, o descoñecemento por parte da poboación das funcións asociadas aos mesmos, co cal algunhas veces acaban por asumir a realización doutros traballos que non lles competen, ou a necesidade de complementar a formación de carácter xeral con outra de tipo máis especializado. Para tarefas de coordinación existe na actualidade unha UPD (Coordina Local) que trata de coordinar e prestar apoio ao conxunto de axentes de promoción económica, pero quizais sería necesario incentivar a cooperación entre os distintos axentes do Pacto. - 10 -

9.3 DAFO DEBILIDADES Pouco coñecemento do servizo por parte da cidadanía. Necesidade dunha maior coordinación e coñecemento entre o persoal da zona. Inestabilidade laboral do persoal. AMEAZAS Dependencia de subvencións para a contratación do persoal. FORTALEZAS Existencia dun importante número de AEDL e AE na zona. OPORTUNIDADES Ampliación e mellora da calidade do servizo. - 11 -

Este estudo foi posible grazas á colaboración das entidades integrantes do Pacto Territorial. Agradecer especialmente o apoio e a información achegada polos axentes de emprego e desenvolvemento local e os técnicos de distintos servizos dos concellos, dos axentes sociais e do servizo público de emprego, así como ás direccións e/ou xerencias dos centros de formación profesional regrada, ocupacional e continua e ás entidades supramunicipais que teñen o seu ámbito de actuación nas comarcas de Barbanza e Noia. Tamén a todas aquelas organizacións non gobernamentais que teñen realizado accións encamiñadas á promoción do emprego. Unidade de Promoción e Desenvolvemento Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego do Barbanza-Noia Equipo Técnico Santiago Páramo Aller Director Beatriz Pérez Rey Técnica en Prospección e Análise do Mercado de Traballo Sandra Pérez González Técnica en Emprendemento e Promoción do Emprego Carolina Pampín Pérez Técnica en Orientación e Mellora da Empregabilidade Carmen Paz Brión Persoal de Apoio Novembro 2009-12 -

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA - 13 -