CONVOCATORIA E BASES QUE REGULAN A SELECCIÓN DO PERSOAL PARA PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO E A ECONOMÍA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DA PROVINCIA DE

Documentos relacionados
LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

MODELO DE CONVOCATORIA DE CONTRATACIÓN

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

BASES CONTRATACIÓN DE 1 OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CONCELLO DE OURENSE SERVIZO DE CONTRATACIÓN

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

CONVOCATORIA Y FICHA DE INSCRIPCION ENCUENTRO EMPRESARIAL FRANCIA FERIA BATIMAT-INTERCLIMA-ELEC- IDEOBAIN FRANCIA Del 1 al 7 de noviembre de 2015

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

Boletín oficial. provincia de ourense

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

ORDENANZA REGULADORA DO DEBER DE CONSERVACIÓN, DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS E DA DECLARACIÓN DE RUINA DO CONCELLO DE OURENSE

III. COMUNIDADE AUTÓNOMA III. COMUNIDAD AUTÓNOMA Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

A Xunta de Goberno Local en sesión Ordinaria de 16 de maio de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

CERTIFICACIÓN. "INFORME SOBRE MOROSIDADE E PERÍODO MEDIO DE PAGAMENTO Período: 2 Trimestre Exercicio 2015

Boletín oficial. provincia de ourense

d. Los que ya fuesen declarados equivalentes por otra Universidad española.

Os efectos da declaración do concurso

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

CONVOCATORIA. INFORMACIÓN SOBRE LA FERIA IBC AMSTERDAM : 1. CONCEPTOS OBJETO DE LA AYUDA, PLAN DE VIAJE Y COSTE

Boletín oficial. provincia de ourense

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

Boletín oficial. Provincia de ourense

Es objeto de las presentes bases la contratación en régimen laboral temporal, de los siguientes puestos de trabajo:

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLAS COMISIÓNS DE FESTAS PARA SOLICITAR A AUTORIZACIÓN (ORIXINAL OU FOTOCOPIA COTEXADA)

AYUDAS A EMPRESAS Y AUTONOMOS PARA LA CONTRATACIÓN DE JOVENES TITULADOS UNIVERSITARIOS ANUNCIO

Boletín oficial. Provincia de ourense

boletín oficial Provincia de ourense n.º 103 mércores, 7 maio 2014 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

S U M A R I O ADMINISTRACIÓN DEL ESTADO. Puertos del Estado Autoridad Portuaria de Vigo... 2

CONCELLOS CERVO. Anuncio

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria de 22 de xaneiro de 2009, adoptou, entre outros o seguinte acordo: ORDENANZA MUNICIPAL DE ANTENAS

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

ANUNCIO 1. AMBITO DE APLICACIÓN

BOP Deputación Provincial da Coruña

BECAS IBEROAMÉRICA. SANTANDER INVESTIGACIÓN

Solicitud de ayudas para la compensación de cuotas a la Seguridad Social a emprendedores que contraten a trabajadores

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

Régimen de concesión.

XUNTA DE GALICIA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DEL LUGO

CONVOCATORIA DE SUBVENCIONES PARA LA REALIZACIÓN DE LA CAMPAÑA DE NATACIÓN 2015 EN LOS MUNICIPIOS DE LA PROVINCIA

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DE LUGO. Anuncio

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 292 Martes, 21 decembro 2004 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

CIRCULAR INFORMATIVA Nº 21/2016

ANEXO I CONVOCATORIA PARA LA CONCESIÓN DE SUBVENCIONES EN MATERIA DE AYUDAS A ESTUDIANTES QUE ESTUDIAN FUERA DE BENISSA CURS

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

CONVOCATORIA DE SUBVENCIONES PARA LA REALIZACIÓN DE LA CAMPAÑA DE NATACIÓN 2016 EN LOS MUNICIPIOS DE LA PROVINCIA

Cuarto. Criterios de baremación. En el proceso de selección se aplicará el baremo establecido en el Anexo I.

AYUNTAMIENTO DE PILAR DE LA HORADADA

EMPRESA FOC. Informe indicadores Xunta de Galicia Informe indicadores Xunta de Galicia

Lexislación e Territorio

Boletín Oficial de la Provincia de Valladolid

PA02. GESTIÓN DE EXPEDIENTES Y TRAMITACIÓN DE TÍTULOS

AYUDAS A PROYECTOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE TERAPIA OCUPACIONAL EN LA PROMOCIÓN DE LA AUTONOMÍA PERSONAL Y ATENCIÓN A LAS PERSONAS EN SITUACIÓN DE

GRAO EN RRLL E RHH TRABALLOS FIN DE GRAO (TFG) Relación de traballos e prazo de solicitude para a súa asignación ao alumnado Curso 2013/14

PROGRAMA BECAS IBEROAMÉRICA. ESTUDIANTES DE GRADO. SANTANDER UNIVERSIDADES

Empresas con domicilio fiscal en Extremadura.

BASES. Las personas beneficiarias de las becas de estudiante colaborador deberán desarrollar las siguientes funciones:

Una empresa con vocación de servicio

BECAS BENEDICTO XVI PARA BACHILLERATO. (Colegio San Ignacio de Loyola) CONVOCATORIA DE BECAS PARA BACHILLERATO CURSO 2016/2017

PREGUNTAS Y RESPUESTAS PARA EMPRESAS RESPONSABLES

PROCESO CAS N ANA COMISION PERMANENTE

INFORMACIÓN SOBRE LA CONVOCATORIA DE BECAS DE FORMACIÓN PUBLICACIÓN CONVOCATORIA EN EL BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

O CONTRATO DE VITALICIO

BOP Deputación Provincial da Coruña

Requisitos Es imprescindible estar en posesión de la titulación requerida o acreditar el abono de los correspondientes derechos para su expedición.

SUBVENCIONES A ENTIDADES PRIVADAS SIN FIN DE LUCRO QUE PRESTEN SERVICIOS SOCIALES A PERSONAS MAYORES

ACTA Nº 2 DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CONCELLO DE MUROS.

La FIIAPP precisa incorporar al Área de Comunicación mediante contrato laboral formativo en prácticas un Técnico de Comunicación.

DIÁLOGO SOCIAL EN GALICIA

ANUNCIO PUBLICADO EN EL BOP DE CÁDIZ, Nº 46 DE

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

BASES DE LA CONVOCATORIA DE AYUDAS ECONÓMICAS PARA MUJERES VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DE GÉNERO CON MENORES A SU CARGO DEL AYUNTAMIENTO DE PALENCIA (2013).

Pola Federación Galega da Construción dirixiuse a esta Xunta Consultiva de Contratación Administrativa o seguinte escrito de consulta:

Desarrollar proyectos comunitarios de interés social o común, los definidos como Proyectos Garantía+55

ANUNCIO PARTICIPACIÓN CIUDADANA

PROGRAMA EMPRESA-EMPLEO. Dirección General de Empleo y Juventud -Servicio Incentivos al Empleo-

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

Transcripción:

CONVOCATORIA E BASES QUE REGULAN A SELECCIÓN DO PERSOAL PARA PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO E A ECONOMÍA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DA PROVINCIA DE LUGO, FASE II. Antecedentes A Deputación de Lugo puxo en marcha o Proxecto programa do fomento do emprego e a economía dos sectores estratéxicos da provincia de Lugo co fin de estimular a xeración de novos postos de traballo e reforzar as pemes e autónomos, eixo esencial da economía local. Dende a Deputación, consciente das dificultades que teñen as empresas para atopar apoio financeiro e persoal de calidade para manter a actividade empresarial dentro de parámetros de competitividade, propuxo o mencionado plan para que estas poidan contar con novos recursos humanos emprender novos camiños e remontar a crise económica que estamos a vivir. Por outro lado, os cidadáns da provincia de Lugo están atopando serias dificultades para integrarse no mercado de traballo. Polo que, atendendo a estas dúas necesidades, xurdiu o proxecto que desembarca na segunda fase, na que unha vez vistas as necesidades das entidades beneficiarias da provincia de Lugo xurde un listado de perfís de traballadores necesarios. A Deputación deseña estas bases para emparellar de xeito correcto a oferta e demanda e así eliminar custes e tempo na realización de procesos selectivos, ás entidades beneficiarias e asegurar un produtivo engranaxe. Por último, resulta un feito constatado que o crecemento equilibrado do emprego en tódolos sectores soe vir determinado polo incremento dos recursos dispoñibles e as oportunidades asociadas a estes recursos nun territorio, por todo iso este proxecto configúrase como precursor de investimentos que sexan fonte de riqueza e xeradora de emprego estable a través de garantir unhas condicións de traballo dignas de acordo ás necesidades reais evitando a contratación en precario que se vén practicando estes últimos anos e non favorece a mellora da crise. En exercicios anteriores, esta Deputación levou a cabo actividades de fomento da empregabilidade como a formación para desempregados ou Programa temporal de fomento do emprego e posta en valor do territorio dirixidos os concellos da provincia de Lugo de menos de 5.000 habitantes pero este programa e máis ambicioso xa que contempla actuacións que combinando o reforzo ó sector produtivo e a mellora da empregabilidade, así coma a inserción no ámbito laboral dos traballadores desempregados da provincia de Lugo, fomentando contratos que melloren a situación dentro do mercado de traballo nun intento de frear os datos de paro e estabilizar o dereito a un salario digno que aborde os gastos mínimos dunha vida cotiá. 1

Esta convocatoria do PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO E A ECONOMÍA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DA PROVINCIA DE LUGO-FASE II rexerase polas seguintes: BASES PARA A SELECCIÓN DOS DESEMPREGADOS DO PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO E A ECONOMÍA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DA PROVINCIA DE LUGO BASE 1. OBXECTO O obxecto da presente convocatoria ten como finalidade articular as condicións polas que rexerá a fase II do programa fomento do emprego e a economía dos sectores estratéxicos da provincia de Lugo e regular a súa convocatoria publica para a selección dos perfís requiridos polas empresas subvencionadas na fase I. A finalidade do plan é seleccionar os candidatos desempregados solicitados polas entidades para acadar un dos obxectivos do programa que é a incorporación ó mercado de traballo de desempregados de acordo a resolución da fase I e dotar ás entidades beneficiarias capital humano cualificado para xerar un crecemento da economía, a través desta convocatoria pública que rexerá as condicións para a selección dos candidatos desempregados na provincia de Lugo. BASE 2. BENEFICIARIOS Para poder ser beneficiario destas bases estableceranse uns requisitos xenéricos para todos os postos, que serán os seguintes. a. Desempregados da provincia de Lugo maiores de 16 anos. b. Empadroados en calquera municipio da provincia de Lugo e ou/inscritos na correspondente oficina de emprego. Quedan excluídos os que se atopen en Situación de Mellora de Emprego. c. Capacitación ou titulación requirida para o posto de traballo solicitado. Ademais cada posto de traballo establecerá os seus requisitos específicos, que quedaran reflectidos no anexo I destas bases. BASE 3. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. Para poder ser traballador en empresas seleccionadas como beneficiarias das axudas reguladas nesta convocatoria deberá presentarse unha solicitude axustada aos modelos normalizados que figuran como anexos destas Bases e que se porán a disposición dos interesados na páxina web institucional da Deputación de Lugo (www.deputacionlugo.gal). 2

A solicitude (Anexo I) poderá presentarse na oficina do Rexistro Xeral da Deputación de Lugo (Rúa san Marcos, 8-27001 Lugo) ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para tal efecto e co fin de determinar a data de presentación, deberá figurar no modelo oficial de solicitude o selo de entrada da oficina de rexistro correspondente. Non se admitirá máis dunha solicitude por candidato, aínda que na mesma solicitude poderase optar a dous perfís por orde de preferencia, segundo modelo normalizado. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais (10) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na paxina web e taboleiro de anuncios da Deputación Provincial de Lugo. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Non axustarse aos termos desta convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. BASE 4. DOCUMENTACIÓN: 4.1 Xunto co formulario de solicitude (Anexo I) deberá anexarse en papel a seguinte documentación: DNI. Tarxeta de demanda de emprego, no caso de desempregado inscrito como demandante de emprego na provincia de Lugo, e ou certificado de empadroamento. Currículo Vitae actualizado. Vida laboral. Certificado de empresa de prestación de servizo. Titulo académico esixido. Orixinal ou copia cotexada dos méritos presentados na solicitude. Se do exame do expediente segundo o procedemento establecido no artigo seguinte se comprobase que a documentación non reúne os requisitos necesarios, é insuficiente ou non se achega na súa totalidade, requirirase o solicitante para que, nun prazo de 3 días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se considerará que desistiu da súa petición, logo da correspondente resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 42 desta lei. 3

4.2 Para calquera notificación, de acordo o artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, as notificacións os participantes no proceso selectivo realizaranse a través do taboleiro de anuncios e da paxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.org BASE 5. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DOS TRABALLADORES DESEMPREGADOS: O procedemento de selección dos desempregados beneficiarios será o seguinte, unha vez resolta a selección das entidades beneficiarias ( Fase I) e á vista dos perfís subvencionados publicarase na páxina web e taboleiro de anuncios da Deputación provincial o Anexo I correspondente o listado de postos de traballo que se ofertan así coma a localidade de onde se atopan situados. Os desempregados interesados deben anotarse ó posto concreto onde desexen ser valorados. Un mesmo candidato pode inscribirse ata en 2 postos diferentes. Ademais debe presentar no rexistro da Deputación Provincial de Lugo os anexos de solicitude, xunto coa documentación requirida na base 4. Revisados os expedientes e completados para a valoración das solicitudes, remitiranse á Comisión de Valoración que estará composta por tres funcionarios da Deputación Provincial de Lugo mais o Secretario Xeral da Corporación ou funcionario en quen delegue ou substitúa, este último asistirá en calidade de secretario con voz pero sen voto. Ante a situación da taxa de paro actual, prevese un volume de solicitudes moi elevado polo que a Comisión de valoración poderá dividirse en sub-comisións. Estas poderán estar asistidas por expertos na materia para proceder a súa avaliación e informe, no que se concretará o resultado da avaliación efectuada co obxectivo de non prolongar este procedemento e non desvirtuar o obxecto do programa. Neste punto publicarase na paxina web e taboleiro de anuncios da entidade a listaxe por perfil (Anexo II) coa puntuación definitiva dos traballadores presentados, e abrirase un prazo de 3 días hábiles para posibles reclamacións na valoración dos candidatos. Transcorrido o prazo e/ou resoltas as reclamacións, publicarase un novo listado na páxina web e taboleiro de anuncios da Deputación provincial (Anexo III ), no cal asignaranse a cada posto de traballo un desempregado solicitante. Neste senso o traballador asignarase á empresa tendo en conta a súa solicitude e sempre respectando o perfil requirido. O resto de persoas solicitantes quedarán en lista de reserva para o caso de que algún traballador non supere o período de proba ou para casos que poidan xurdir tales como baixas de longa duración ou baixas de maternidade, etc. 4

Rematado este proceso de asignación dos traballadores ás entidades beneficiarias, terán que realizar a contratación dos mesmos mediante a modalidade contratual e pola xornada laboral establecida na solicitude de axuda. Nos cinco días seguintes á comunicación de tal circunstancia. No caso de que algún traballador non supere o período de proba enviarase o seguinte candidato da lista de reserva que cumpra co perfil, e o traballador eliminado volverá a lista de reserva na posición correspondente a puntuación da calificación de méritos. Para o caso daqueles postos de traballo que queden desertos en canto a candidatos por falta de perfil axeitado e/ou por falta de solicitudes, a Deputación de Lugo reservase o dereito a elixir outro mecanismo para a localización do mesmo. A concesión e gozo destas axudas non suporá, en ningún caso, relación contractual ou laboral coa Deputación de Lugo. BASE 6. CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS SOLICITUDES: Sempre que se cumpran os requisitos establecidos na presente orde, a Comisión de Valoración prevista no artigo anterior valorará as solicitudes presentadas conforme criterios de obxectividade, igualdade e non discriminación dentro das dispoñibilidades orzamentarias. No apartado de valoración da entrevista curricular terase en conta os seguintes criterios: Adecuación o posto de traballo: 4 Aptitude do candidato: 4 Dispoñibilidade: 2 Total máximo de puntuación obtida na suma de tódolos items será 10 puntos. BASE 7. 5 RESOLUCIÓN: O órgano instrutor elevará á Xunta e Goberno da Deputación para a súa aprobación o informe da comisión de valoración, listaxe por perfil (Anexo III), no cal asignaranse a cada entidade un traballador/es (desempregado solicitante ) acorde o perfil de traballo asignado na resolución da fase I. O resto de persoas solicitantes quedarán en lista de reserva para o caso de que algún traballador non supere o período de proba ou para casos que poidan xurdir tales como baixas de longa duración ou baixas de maternidade, etc Rematado este proceso de asignación dos traballadores ás entidades beneficiarias, terán que realizar a contratación dos mesmos mediante a modalidade contractual e pola xornada laboral establecida na solicitude de axuda. Nos cinco días seguintes á

comunicación. No caso de que algún traballador non supere o período de proba enviarase o seguinte candidato da lista de reserva que cumpra co perfil, e o traballador eliminado volverá a lista de reserva na posición correspondente a puntuación da calificación de méritos. Sen prexuízo do anterior, en calquera momento poderase instar os beneficiarios solicitantes para que cubran calquera outro requisito ou trámite omitido, de acordo co previsto no artigo 76 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, concedéndose a tal efecto dez días hábiles a partir da notificación, con expreso apercibimento de que, de non o facer así, se poderá declarar decaída no seu dereito. En calquera momento, a comisión da avaliación poderalles requirir ós solicitantes beneficiarios a documentación complementaria para verificar os datos que figuran na súa solicitude. A comprobación da existencia de datos non axustados á realidade, tanto na solicitude, poderá comportar a denegación de participar no proceso. BASE 8. ACEPTACIÓN/ RENUNCIA/ O POSTO COMO TRABALLADOR SELECCIONADO EN EMPRESAS BENEFICIARIAS DAS AXUDAS Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, os desempregados beneficiarios disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, nos termos establecidos no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, axustándose o modelo que se inclúe como anexo VI. No caso de que os beneficiarios non comuniquen a renuncia no prazo establecido entenderase que o proceso é aceptado. BASE 9. MODIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN DE CONCESIÓN Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación ou reintegro, respectivamente, da resolución de concesión. BASE 10. DEREITOS E OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS/AS CONTRATADOS Dar o seu consentimento ao tratamento de datos de carácter persoal e a súa publicación de acordo co previsto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Cumprimento das funcións e obrigas do posto asinado. Respetar o código ético e de conduta da empresa ou entidade asinada. Cumprimento das obrigas da lexislación vixente. 6

BASE 11. OBRIGAS DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS: As entidades beneficiarias deberán cumprir, principalmente, as seguintes obrigas: Aceptar o/s traballador/es asignado/s pola Deputación e manter no seu cadro de persoal ás persoas traballadoras durante o período de 12 meses de duración do contrato subvencionado. Contratar os candidato outorgados mediante a modalidade contractual e pola xornada laboral establecida na solicitude do programa, nos cinco días seguintes á comunicación da resolución da fase II. Facilitarlle os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas tarefas. Cumprir coa normativa laboral, de afiliación e cotización á seguridade social e de prevención de riscos laborais e de seguridade e saúde no traballo que se encontre vixente durante a execución do traballo así como a lexislación de datos de carácter persoal así como satisfacer, as obrigas económicas de carácter salarial e tributario en prazo ordinario independentemente do momento do pago da subvención. Entregar á Deputación de Lugo toda a documentación requirida nas presentes bases relativa o desempregado contratado. Empregar a subvención outorgada para o mesmo fin para o que foi concedida, axustándose os termos do plan. Someterse ás actuacións de comprobación e control que poida efectuar a Deputación de Lugo. Comunicar calquera modificación que afecte á solicitude inicial realizada. Comunicar, tan pronto como se coñeza, a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de outras administracións e entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais. Asumir os custes non subvencionables. Dilixenciar os xustificantes de gastos (nóminas) co texto Subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo. BASE 12. 7 PAGAMENTO O pago de cotas de seguridade social e salario dos desempregados seleccionados correrá a cargo da entidades beneficiarias da fase I. A Deputación esta exenta deste cumprimento, a súa función será o control documental destas obrigas.

BASE 13. CAUSAS EXCEPCIONAIS No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención por causas alleas a entidade beneficiaria a Deputación facilitará un traballador de existir o perfil requirida dentro da lista de reserva de traballadores, para o caso de non existir semellanza de perfil a entidade poderá renunciar á parte de subvención non aplicada e devolvela voluntariamente segundo a base 19. Para o caso de reposición de traballadores, por causas sobrevidas debidamente xustificadas, a Deputación valorará individualmente cada unha delas previa solicitude da entidade beneficiaria e comunicará a súa resolución, sen que en ningún caso supoña incremento da cantidade subvencionada. No suposto concreto de baixa por maternidade,paternidade, adopción ou acollemento, risco durante o embarazo, ou risco durante a lactancia natural a entidade beneficiaria poderá optar pola substitución do traballador/ora subvencionado por outro de semellante perfil dentro da lista de reserva, sen que en ningún caso supoña incremento da cantidade subvencionada. BASE 14. PENALIZACIÓNS A constatación do incumprimento dos requisitos necesarios ou das obrigas asumidas como consecuencia da concesión da subvención, así como a falsidade documental, poderá dar lugar á extinción do dereito o seu goce ou á modificación da resolución de concesión, ao reintegro das cantidades percibidas e, no seu caso, á incoación do correspondente expediente sancionador conforme ó previsto na Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de subvencións así como cantas responsabilidades de todo orden puideran derivarse. BASE 15. RÉXIME DE RECURSOS As resolucións de concesións ou denegación das subvencións aos beneficiarios, poñerán fin á vía administrativa, podendo interpor contra os mesmos recurso de reposición, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución de concesión, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de concesión e na forma prevista na Lexislación reguladora de dita Xurisdición, todo elo, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se estime procedente. 8

BASE 16. PROTECCIÓN DE DATOS A Deputación de Lugo velará polos datos de carácter persoal incorporados a este procedemento administrativo e haberá que aterse ao disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e na súa normativa de desenvolvemento. Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros agás de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente. BASE 17. NORMATIVA DE APLICACIÓN Para todo o non previsto nesta bases estarase ao disposto en: Lei 30/1992, do 2 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Lei 7/1985, do 2 de Abril, reguladora das Bases do Réxime Local Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-adminsitrativa. A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de Novembro, xeral de subvencións. A Ordenanza xeral de subvencións da Excma. Deputación Provincial de Lugo, aprobada por acordo do Pleno de data 28 de febreiro de 2005. Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo. Bases de execución do orzamento e a normativa sobre delegación de competencias e atribucións dos órganos de goberno da Deputación vixentes no momento da concesión Disposición Adicional Primeira. As declaracións responsables previstas nestas bases surtirán os efectos previdos polo artigo 71 bis da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 9