Cuestionario de Convivencia Preguntas frecuentes

Documentos relacionados
X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

Una empresa con vocación de servicio

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

INFORME DE LA ENCUESTA REALIZADA A TODO EL PERSONAL DE LA FACULTAD DE QUÍMICA CON LOS CURSOS DE FORMACIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

CURSO DE MEDIACIÓN FAMILIAR, E INTRODUCIÓN Á MEDIACIÓN PENAL E PENITENCIARIA

Programación 2º de EP MATEMÁTICAS

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA

II XORNADA DE TRABALLO PARA AVALIADORES EXTERNOS

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

ESCOLA DE IDIOMAS ACTIVA: INNOVACIÓN E CALIDADE

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

DIÁLOGO SOCIAL EN GALICIA

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

O ENSINO DO GALEGO COMO LINGUA ESTRANXEIRA

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

A prol dun debate verbo da reforma da LOCE Repensar a educación. Xoves, 3 de marzo (Salón de Actos da Facultade de CC.EE. da USC en Compostela)

Programación Cultural setembro - decembro 2009 Ourense

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

DOR CRÓNICA NON ONCOLÓXICA

Educar para a cidadanía global

OPCIÓN B. NON abra o exame ata que o tribunal llo indique

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo

OPCIÓN B. NON abra o exame ata que o tribunal llo indique

BoletÝn Dixital da Asociaci¾n Profesional de Orientaci¾n Educativa de Galicia. N 5 û DECEMBRO 2006

EMPRESA FOC. Informe indicadores Xunta de Galicia Informe indicadores Xunta de Galicia

Os efectos da declaración do concurso

Acta da Comisión Permanente celebrada o 18 de novembro de 2011

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

Índice. uía de estilo para xornalistas

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

MATERIA: LOXĶSTICA e MERCADOTECNIA DA INDUSTRIA TEXTIL Y DA MODA ANO: 2012 CURSO: NŚMERO DE CRÉDITOS: 4

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

REQUISITOS Y PRUEBAS CUIDADOR

O PEC. Aspectos lexislativos e organizativos

Plan anual de lecturas Curso 2014/2015

psicoloxía clínica da saúde en galicia Tratamento dos transtornos somatomorfos desde a terapia familiar breve

PREGUNTAS Y RESPUESTAS PARA EMPRESAS RESPONSABLES

Direccion Xeral de Comercio. Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia.

UN FUTURO AUTISMO GALICIA PARA O AUTISMO

NOTICIA FECHA MEDIO LOGO XIC /9/ Minutos. 10/9/2013 Correo Gallego. 20/9/2013 El correo Gallego. 18/10/2013 Inversión y finanzas

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Tecnología para un mundo más accesible Tecnoloxía para un mundo máis accesible

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 10

formativos de de grao grao superior CSPC003 Código Proba de Matemáticas Páxina 1 de 12

III. COMUNIDADE AUTÓNOMA III. COMUNIDAD AUTÓNOMA Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

Alegaciones al Informe Provisional de Seguimiento del Master Universitario en Estudios Medievales Europeos. Imágenes, textos y contextos.

CURSO EN MANTENIMIENTO DE INSTALACIONES CON RIESGO DE LEGIONELA

ENERXÍA HIDRAÚLICA. COMPOÑENTES DUNHA CENTRAL HIDROELÉCTRICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 9

DATOS IDENTIFICATIVOS Obrigatoria Quinto 2º cuadrimestre

PROPOSTA DE PROXECTO DE FIN DE MASTER EN INFORMÁTICA

Boletín oficial. provincia de ourense

ACTA Nº 2 DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CONCELLO DE MUROS.

CONVOCATORIA Y FICHA DE INSCRIPCION ENCUENTRO EMPRESARIAL FRANCIA FERIA BATIMAT-INTERCLIMA-ELEC- IDEOBAIN FRANCIA Del 1 al 7 de noviembre de 2015

Dia da Liberdade de Documentos Estándares Abertos A situación dende o punto de vista legal

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria de 22 de xaneiro de 2009, adoptou, entre outros o seguinte acordo: ORDENANZA MUNICIPAL DE ANTENAS

CONCELLOS CERVO. Anuncio

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

GUÍA PARA A DETECCIÓN DO MALTRATO INFANTIL

Galicia busca unha oportunidade no termalismo terapéutico con pacientes doutros países

RAZA AUTÓCTONA GALEGA BOLETÍN INFORMATIVO DO CLUB

4 2 2 Optativa Segundo 2º cuadrimestr e. Tecnoloxía da Información e as Comunicacións

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

A xestión do litoral. Carlos Vales Vázquez COORDINADOR. Documentos para a Educación Ambiental do CEIDA Nº 3

PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE, DE DÚAS PRAZAS DE OPERARIO INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2010

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB03. Código. Proba de. Física. Páxina 1 de 11

Do 16 de ao 21 de abril

Tecnoloxía da Información e as Comunicacións

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio CMPS003. Código. Proba de. Ciencias sociais. Páxina 1 de 10

ORDENANZA REGULADORA DO DEBER DE CONSERVACIÓN, DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS E DA DECLARACIÓN DE RUINA DO CONCELLO DE OURENSE

LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA

PUNTO GENERAL DE ENTRADA DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DE LA COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA

Pola Federación Galega da Construción dirixiuse a esta Xunta Consultiva de Contratación Administrativa o seguinte escrito de consulta:

Versión 1. Setembro 2008

CONVOCATORIA. INFORMACIÓN SOBRE LA FERIA IBC AMSTERDAM : 1. CONCEPTOS OBJETO DE LA AYUDA, PLAN DE VIAJE Y COSTE

Transcripción:

Cuestionario de Convivencia 2015 - Preguntas frecuentes Que é e para que serve este cuestionario? No marco do Decreto 8/2015, de 8 de xaneiro, e da Lei 4/2011 que desenvolve, prevese a redacción e execución en cada centro escolar da nosa comunidade, dun Plan de Convivencia Escolar, que deberá estar baseado na diagnose da súa situación particular. Así mesmo, en base ao dito Decreto, constituíuse o día 24 de abril de 2015 o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa primeira tarefa foi a revisión e aprobación da Estratexia Galega para a Convivencia Escolar 2015-2020 (coñecida como educonvives.gal). O primeiro eixe proposto para esta estratexia é a diagnose do clima escolar da nosa comunidade para detectar os seus puntos fortes e febles e, en base a evidencias e datos de calidade, poder tomar decisións axeitadas. Esta diagnose debe servir a un dobre propósito: dunha banda debe informar a nivel global sobre a comunidade e doutra debe facilitar o traballo dos centros fornecéndoos tanto dunha análise previa como dos datos pertinentes para a elaboración do seu propio plan de Convivencia. A fase censual vai supoñer todo un reto e o maior esforzo en diagnóstico preciso da convivencia no noso pais. Van a cubrilo todos os centros? Si, pero non todos ao mesmo tempo. Os 36 centros que conformaron o piloto cubriron os cuestionarios durante a segunda quincena de maio, ao resto de centros correspóndelles neste primeiro trimestre do curso. Por que se fixo un piloto e para que serviu? Unha recollida de datos censual desta magnitude afecta a máis de 1300 centros. Por iso foi necesario facer unha fase de pilotaxe que permitise comprobar que os sistemas funcionan e, no caso de ter problemas, verificar maneiras de solucionalos. Quen ten que cubrilo en cada centro? A dirección do centro, o profesorado, o persoal non docente, todo alumnado a partir de 5º de EP (ESO, bacharelato, Formación Básica, FP, Ensinanzas de Adultos, alumnado de ensinanzas especiais, deportivas, EOI, etc) e as familias de todo o alumnado menor de 18 anos. Páxina 1 de 5

Cantas variantes de cuestionario hai? Documento de recollida de datos para a dirección do centro: é o único que non é anónimo por razóns obvias. Por isto non se solicitan datos de opinión senón unicamente métricas obxectivas. Cuestionario de profesorado: a cubrir por todo o profesorado, incluída a dirección do centro. Cuestionario de alumnado de 5º de EP a 4º de ESO: trátase dun cuestionario reducido, con xuízos de valor menos elaborados, linguaxe sinxela e máis directo. Cuestionario de alumnado de postobrigatorias: alumnado de Bacharelato, FP, adultos e ensinanzas de réxime especial. Algo máis completo e elaborado que o anterior. Cuestionario pictográfico: apoio visual para alumnado con NEE usuario de SAAC pictográfico ou similar, para que sirva de axuda ao profesorado que actúe como mediador. Cuestionario para familias: breve e directo para que poida ser abordable. Cuestionario para persoal non docente. Cantas preguntas ten cada cuestionario? En torno a 20 preguntas, incluíndo os datos estatísticos como sexo ou idade. Dependendo das respostas poden ser máis ou menos dado que non se pregunta sobre cuestións que xa se declarou previamente que non se daban ou non eran un problema no centro. Que tipo de preguntas teñen os cuestionarios? Hay preguntas estatísticas como sexo, idade ou nacionalidade, pero sempre con coidado de ver que non sexan suficientes para identificar ás persoas concretas; preguntas sobre coñecemento (coñece vostede o PEC do centro), preguntas sobre experiencia persoal ( fuches testemuña dalgún estrago no centro? ) e preguntas de apreciación ( paréceme que a convivencia no centro mellorou moito ). Excepto aquelas preguntas que solicitan datos numéricos como idade, a meirande parte das preguntas se responden ben por elección simple, ben por elección múltiple, sendo obvio cando se pode dar ou non máis dunha resposta. Canto se tarda en cubrir cada cuestionario? Segundo os datos que temos da fase piloto, tárdase uns 10 minutos. Esta métrica serve como mecanismo de control interno: todos os cuestionarios que se cubran nun tempo anormalmente baixo, serán descartados do cómputo de resultados por seguridade, pois imos presupoñer que son cubertos ao chou e sen ler as preguntas. Os cuestionarios que se cubran nun tempo excepcionalmente superior, non obstante, non serán desbotados posto que entendemos que certas persoas poden darse situacións como ter que reflexionar máis do esperado ou ben precisar axuda coa interpretación das preguntas. Páxina 2 de 5

Como se van a cubrir? Debe ser cuberto en liña accedendo a unha ferramenta de xestión de cuestionarios que a Consellería utilizou en ocasións anteriores. Esta ferramenta o que fai e presentar en pantalla os formularios para que poidan cubrirse facendo clic nas caixas correspondentes. Que se vai facer cos resultados? Por un lado cada centro vai a recibir os seus datos agregados, de tal xeito que non poida deducir, trazando respostas, a quen pertence cada cuestionario; así como unha preanálise que consideramos suficiente para encarar a redacción do Plan de Convivencia. Por outra banda a Consellería vai facer un diagnóstico xeral da situación da comunidade que permita caracterizar o clima escolar galego e mellorar a toma de decisións a nivel global. Isto servirá tamén de referente para cada centro a nivel individual. A Consellería en ningún momento vai traballar con datos centro a centro nin vai a establecer métricas nesa liña. Non se trata de respaldar ningunha visión nin de premiar ou facer de menos a ningún. En convivencia escolar todos temos debilidades e fortalezas, puntos de mellora a curto e a longo prazo... É labor de cada centro tirar as súas propias conclusións e atopar nos datos e no pre-informe os seus puntos fortes e febles. Cando hai que cubrir os cuestionarios? Os cuestionarios estarán dispoñibles ata o 30 de novembro. A pilotaxe amosou que tres semanas foi tempo máis que suficiente para os centros. Por outra banda o mes de decembro é máis complicado nos centros educativos e o obxectivo é interferir o menos posible no normal desenvolvemento da actividade educativa. Cando imos ter os resultados? Logo de recabados os resultados teremos que traballar sobre a presentación que garanta exquisitamente o anonimato abordando as casuísticas que poidan xurdir e de xeito totalmente automatizado. Todo iso seguramente levaranos un tempo. Que son as claves e para que serven? Son códigos de números e letras que permiten acceder aos cuestionarios soamente ás persoas dun determinado colectivo e centro, pero sen identificalas de forma individual. A dirección do centro xerará desde a aplicación https://www.edu.xunta.es/convivenciaxestion/ un informe en formato PDF coas claves de acceso para os cuestionarios de cada colectivo. Neste documento tamén irán as comunicacións pertinentes a cada un dos colectivos. Así, por exemplo, ao xerar as claves para o profesorado, obterase un documento en formato PDF con tantas notificacións como profesorado teña o centro (máis unha cantidade adicional do 10 % por se fose necesaria) que inclúe as claves correspondentes. Cada código está asociado a un centro e colectivo, pero non está asociado a persoas concretas. Deste xeito ninguén sen código poderá engadir datos nos cuestionarios e non se mesturarán os datos de Páxina 3 de 5

centros e colectivos diferentes. Na aplicación haberá un documento para explicar o uso da mesma. As claves poden usarse máis dunha vez? Non. Son de uso único. Para cada centro xéranse un 10% de claves de máis para cada un dos cuestionarios, de xeito que, de ordinario, todos os centros dispoñan dun colchón de claves para cubrir eventualidades. Que pasa se perdo a miña clave? Deberei solicitar á dirección do centro unha nova clave das que foron emitidas como marxe de seguridade. No caso de non contar con máis claves a dirección pode contactar coa UAC para acceder a novas claves, se hai causa xustificada. Cantos cuestionarios teñen que cubrir as familias? Cada familia cubrirá un único cuestionario por cada centro, independentemente do número de fillos, fillas, titorandos/as que se atopen matriculados no mesmo centro. Que mecanismos internos temos para validar as respostas e garantir o anonimato? Incorpóranse todos os mecanismos posibles para garantir o anonimato, xa que nos parece un aspecto crucial: Utilizaranse claves aleatorias para acceder aos cuestionarios. As preguntas presentaranse de modo aleatorio a cada usuario, así que, aínda coincidindo na mesma sala para cubrir os cuestionarios, non é posible ver o que está a contestar o compañeiro cunha simple mirada furtiva. Garantirase que cada centro accederá unicamente aos datos agregados do informe pero non poderá acceder aos datos individuais de cada consulta nin identificar ou relacionar a persoas concretas coas consultas realizadas. Esta garantía está asegurada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia e responsable da execución dos instrumentos da política da Xunta no eido das tecnoloxías da información e comunicacións. En ningún caso se van a entregar aos centros datos que, pola súa natureza, poidan permitir a identificación da persoa que os aporta. Por exemplo, a opinión do Persoal non Docente será tida en conta en todos os casos a nivel global tanto no comunidade como nos centros, pero os datos sobre opinión do Persoal non docente non se entregarán diferenciados a cada centro cando este conte con menos de 5 persoas, dado que con menos individuos sería relativamente sinxelo extrapolar a quen corresponden as respostas. Páxina 4 de 5

Como se organizan os centros para cubrir os cuestionarios? Como en ocasións anteriores (enquisas sobre hábitos dixitais ou vocacións STEM, realizadas con esta mesma ferramenta en centros da comunidade) prégase aos centros a máxima facilidade para o profesorado e o persoal non docente, de xeito que poidan ter acceso aos cuestionarios en liña no propio centro. En canto ao alumnado do ensino obrigatorio, un profesor ou grupo de profesores acompañará por quendas a cada grupo de alumnado ás salas con ordenadores para cubrir o cuestionario, facilitando que non poidan verse facilmente as respostas os uns aos outros. Pode parecer un proceso complexo pero logo da incertidume do primeiro grupo, resulta unha tarefa sinxela. O alumnado de ensino postobrigatorio cubrirá os cuestionarios polos seus propios medios toda vez que é autónomo nestas tarefas. Así mesmo entregarase aos irmáns e irmás maiores a carta para as familias, coas que estas poderán participar polos seus propios medios na recollida de datos. Os cuestionarios son accesibles desde calquera dispositivo móbil con conexión a internet tanto en WIFI como mediante tarifa de datos, de xeito áxil e sinxelo. Que pasa co alumnado con necesidades educativas especiais? O alumnado con NEE precisará de un mediador ou mediadora que lle axude a cubrir o cuestionario. Pode ser calquera profesor co que o alumno ou alumna teña afinidade ou pode ser a súa propia familia. Será unha decisión que deberá consensuarse, en calquera caso. A persoa mediadora axudará ao alumno/a a entender o significado das preguntas e posibles respostas, na medida das súas posibilidades. A modo de axuda existe un cuestionario pictográfico sinxelo elaborado con pictogramas de ARASAAC que, centrado nas cuestións máis básicas, facilita dar voz a este colectivo de alumnado. A persoa mediadora transcribirá logo as preguntas a un cuestionario en liña ao obxecto de dixitalizar as respostas. É un proceso moi rápido e sinxelo. E se algún alumno ou algunha alumna ten dificultades co cuestionario? Pode contar coa axuda dunha persoa mediadora, profesor/a do centro ou a súa propia familia, que lle axude a entender as preguntas e elaborar as respostas, sempre desde o rigor e a obxectividade. No caso de alumnado que tivese imposible aportar ningunha resposta, pregamos as direccións que anoten cales son as razóns que motivan tal imposibilidade (ausencia prolongada por enfermidade, descoñecemento total das linguas vehiculares...) para poder facer un computo diferenciado destes casos con respecto á abstención. Páxina 5 de 5